06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

44

certo grao, na forza ou na ameaza de facer uso dela. A familia é un sistema de poder

como outro calquera, e cando unha persoa non encontra outro recurso, existen moitas

probabilidades de que utilice a violencia para manter o seu poder; en definitiva, que a violencia

viría ser un recurso para conseguir o que se desexa; a teoría do intercambio toma

prestado da psicoloxía da aprendizaxe o principio de que todos os seres humanos buscan

o reforzo e evitan o castigo. Un individuo que lle proporciona reforzo a outro, fórzao

a cumprir cunha obrigación e, polo tanto, débelle proporcionar ao primeiro beneficios; se

fose doutro xeito, a interacción interromperíase. Segundo esta teoría, se se viola o “principio

distributivo da xustiza”, é moi probable que se incremente a rabia, o resentimento,

o conflito e a violencia.

Á vista desta descrición, pregúntome se estas últimas teorías non están esquecendo que

existe unha orde xurídica que sanciona os membros da familia que fan uso da violencia

e que se constitúe nun dos principios básicos sobre os que se asenta o Estado de

Dereito.

Por último, dentro das distintas explicacións do exercicio habitual da violencia contra as

mulleres, figura a teoría feminista; para esta perspectiva teórica, a violencia é o reflexo

da relación desigual de poder nas relacións entre as mulleres e os homes, podéndose

encontrar a raíz da violencia na dimensión de dominio e poder masculino na nosa sociedade;

o estado de subordinación no que se encontran as mulleres na maioría das sociedades

condiciónaas a sufrir o abuso de poder. Segundo esta teoría, é indispensable considerar

o constructo de xénero, que fai referencia ás construcións sociais que conteñen

conceptos do si mesmo, trazos psicolóxicos e roles familiares, ocupacionais ou políticos

asignados de forma dicotómica aos membros de cada sexo.

Para BERGALLI e BODELÓN, a antropoloxía social demostrou que as diferenzas entre

homes e mulleres, que se manifestan como nocións antagónicas, non dependen da natureza

biolóxica de cada sexo, senón que son o resultado de procesos de construción

social mediante os cales se adxudican simbolicamente as expectativas e valores que

cada cultura atribúe aos seus homes e mulleres. A orde simbólica xurdida de semellantes

procesos é a que foi contestada polos estudos sobre o xénero 74 .

Para RUBIO CASTRO, “marcar a diferenza sexual supón unha ruptura lóxica que permite

enfrontarse á historia e á teoría da igualdade. Identificarse, diferenciándose do estatuto

ontolóxico humano xenérico, supón non aceptar esa universalidade desvelando que

a muller non se recoñece nel. Asumir a diferenza significa optar pola realidade; significa

facer evidente como a pesar de que unha e outra vez se repite que nas sociedades

modernas todas as persoas son iguais, que as diferenzas, aínda que existentes, non son

significativas, a diferenza sexual atravesa todos os planos da vida social, política e xurídica

”75 .

Consecuentemente, a perspectiva feminista formula que a análise dos malos tratos debe

facerse dentro do contexto cultural, social, económico e político onde se producen, e que

a análise debe dirixirse non ao exame de por que un concreto suxeito arremete contra a

súa parella, senón a tratar de entender por que os homes en xeral utilizan a violencia

74 Bergalli, R. ; Bodelón, E. “La cuestión de las mujeres y el derecho penal simbólico” en Anuario de filosofía

del derecho, Madrid, Nueva Época, Tomo IX, (1992), p.53.

75 Rubio Castro, A.: Feminismo y ciudadanía, Instituto Andaluz da Muller, Sevilla, 1997, p.21.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!