06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cial encóntrase nas experiencias de aprendizaxe de ambos: diferente exposición a modelos

violentos, diferentes repertorios de resposta para manexar conflitos e diferentes reaccións

emocionais ante os conflitos entre homes e mulleres.

O perfil do home que maltrata producido pola teoría ecolóxica toma factores prestados

dos catro niveis analizados para predicir o risco de maltrato: un home cunha forte necesidade

de dominar e controlar a muller (ontoxenético); cun nivel de ansiedade esaxerado

nas súas relacións íntimas (ontoxenético); con modelos violentos de conduta (ontoxenético);

con pobres habilidades de resolución de conflitos (ontoxenético); con estrés no

traballo ou, polo contrario, sen un posto de traballo (exosistema); illado dos grupos de

apoio (exosistema); con estrés na súa relación, é dicir, con dificultades na comunicación

(microsistema), loitas de poder (microsistema) e que vive nunha cultura onde os homes

demostran a súa valentía resolvendo os seus conflitos de forma agresiva (macrosistema)

tenderá a maltratar a súa parella.

Sen descartar a importancia dalgunha das consideracións previstas por esta teoría, considero

que non explicaría o motivo da existencia de condutas de violencia habitual en

familias non afectadas por graves problemáticas de estrés, laborais ou sociais, que con

frecuencia se deron na práctica e que serían alleas á descrición anterior.

Para a teoría familiar sistémica, a familia considérase un sistema adaptativo orientado

cara a unha meta e céntrase nos procesos que causan e manteñen a violencia familiar.

Para esta opción os malos tratos manifestaranse naquelas parellas que non se comuniquen

dunha maneira asertiva, igualitaria ou onde os roles non se compartan. Dentro da

teoría sistémica existen diversas tendencias que centran a súa atención en diferentes

características do sistema. Algúns investigadores consideran a violencia como o resultado

do aumento do estrés no sistema, onde a explosión de violencia fai que o sistema

volva ao seu estado homeostático ata que o estrés aumente outra vez. Outros céntranse

no equilibrio de poder na familia, onde o marido, ao sentirse ameazado por unha

muller moito máis preparada ca el, fai uso da violencia para manter o seu status dominante.

Pero a idea principal dos teóricos sistémicos é a noción de causalidade circular. Esta

noción atribúelle igual responsabilidade ao home que á muller pola violencia e percibe a

ambos como vítimas, tendo como consecuencia que cada membro da parella debe asumir

a responsabilidade de calquera acción que acelere a aparición dos malos tratos e

que estes se deberían ver como un problema mutuo en vez de responsabilizar a un ou

a outro pola situación. No modelo sistémico interprétanse os malos tratos como unha resposta

ao estrés, como unha resposta involuntaria ante os eventos desencadeantes.

As anteriores consideracións permítennos afirmar que esta teoría cae no recurso, tan

estendido, de facer culpables ás vítimas da súa desgraza, obviando que na maior parte

dos supostos os mecanismos de resolución dos conflitos están tan distantes e afastados

das vítimas que a busca de solucións se converte nun obstáculo infranqueable.

Identificar as vítimas como parcialmente responsables da situación que padecen avalaría

a consideración de que o exercicio da violencia contra calquera grupo oprimido ou

subordinado estivese lexitimado, o cal atenta contra os principios básicos nos que se

asenta o noso ordenamento xurídico.

Dentro das teorías que se poden enmarcar na perspectiva familiar sistémica está a teoría

dos recursos, para a que todos os sistemas sociais, incluída a familia, se basean, en

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

43

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!