06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

42

A vía de análise non sería polo tanto o fenómeno da violencia contra as mulleres, senón

a problemática da violencia familiar, utilizando denominacións como a violencia marital,

violencia de parella en común ou maltrato marital 73 .

Creo que habería que preguntarse se as teorías sociolóxicas non obvian un aspecto relevante

como son as especiais circunstancias de desigualdade económica, laboral e cultural

na que se desenvolven aínda moitas mulleres, condicións que favoreceron, apoiaron

e incluso lexitimaron o exercicio da violencia ata non hai moito tempo, xa non só nos

países en vías de desenvolvemento, senón incluso naquelas sociedades que acadaron

altas cotas de desenvolvemento. Prescindir deste condicionante e reflectir a problemática

como se se tratase dun conflito entre “iguais” supón partir dun presuposto radicalmente

inexacto.

Outra das vías de análise do maltrato no fogar foi a teoría da aprendizaxe social; para os

seus defensores, existe unha importante correlación entre formar parte dunha familia na

que se produciron importantes vivencias de violencia e asumir no futuro o papel de suxeito

activo ou pasivo da violencia. Chegouse a afirmar que maltratar as mulleres é unha

conduta aprendida que se adquire a través dun modelo. Os datos empíricos parecen avalar

que esta conduta se transmite de xeración en xeración; o feito de ser vítima de violencia

parental fai a vítima máis susceptible de que no futuro manteña unha relación

onde se reproduzan esas condutas; as nenas e os nenos, ao observar ou sufrir a violencia

na súa familia, aprenden que as persoas que os aman son as que os maltratan;

que golpear un membro da familia é aceptable e que a violencia é xustificable cando é o

último recurso.

Dentro das teorías da aprendizaxe social, a teoría ecolóxica entende a violencia familiar

baixo as seguintes premisas: o contexto social divídese en macrosistema, que analiza en

que medida as crenzas e os valores culturais inflúen de maneira directa no exercicio da

violencia. Segundo esta teoría, o sistema de crenzas patriarcal contribuiría na incidencia

do maltrato ao xerar nos homes a crenza de que as súas expectativas ou desexos non

poden ser criticados por unha muller. En certos homes este sistema de crenzas xustificaría

a violencia como un medio para conseguir establecer ese dereito natural. En

segundo lugar, o exosistema inclúe as estruturas sociais tanto formais como informais

que inflúen, delimitan e determinan o ambiente no que unha persoa se desenvolve. Os

factores do exosistema que poderían, segundo esta perspectiva, contribuír á aparición

do maltrato serían: o estrés laboral, uns ingresos económicos baixos, o desemprego e a

ausencia de apoio social. En terceiro lugar, o microsistema, que englobaría a unidade

familiar ou o contexto inmediato no cal se produce o maltrato.

A estes condicionantes habería que engadir os factores ontoxenéticos, que son aqueles

referidos ao desenvolvemento individual ou historia de aprendizaxe de cada individuo,

que sería o que cada persoa leva a este contexto social de tres niveis. Ao examinarse a

interacción das características ontoxenéticas co contexto social, pódense predicir os

patróns de conduta dos individuos. Por esta razón, a pesar de que dous homes fosen

criados coas mesmas crenzas culturais, posúan empregos e redes de apoio similares e

igual cantidade de conflitos no ambiente familiar, só un destes homes reaccionará con

violencia neste contexto social, mentres que o outro non. A base desta reacción diferen-

73 Véxase Bosch, E. ; Ferrer, V.: La voz de las invisibles. Las víctimas de un mal que mata, Cátedra,

Madrid, 2002, pp. 176-177.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!