06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

D.- A estrutura social como mecanismo lexitimador da

violencia contra as mulleres

O II Plan Integral contra a Violencia Doméstica aprobado polo Consello de ministros do

Estado español parte da afirmación de que a “violencia contra as mulleres é un fenómeno

social de múltiples e diferentes dimensións. É a expresión dunha orde social baseada

na desigualdade, como consecuencia da asignación de roles diferentes aos homes e

ás mulleres en función do seu sexo e cun recoñecemento distinto e superior para o masculino.

A violencia, manifestación da desigualdade entre xéneros, é a fórmula á que recorren

moitos homes para dominar as mulleres e manter os seus privilexios no ámbito familiar,

producindo terribles efectos para as vítimas” 69 .

Nos últimos anos, dentro do campo da socioloxía e da criminoloxía, detectouse un cambio

substancial na apreciación das causas que conducen ao exercicio da violencia contra as

mulleres no ámbito familiar. Así, pasouse de considerar que a violencia se exercía en casos

moi illados e en determinados estratos sociais directamente relacionados con problemáticas

de alcoholismo, toxicomanía ou dentro dunha familia desestruturada, ao recoñecemento

da existencia dunha estrutura social desigual e lexitimadora do exercicio da violencia.

Moito se escribiu nos últimos vinte anos sobre as causas que motivan que nunha determinada

unidade familiar xurda o exercicio da violencia como medio habitual por parte dun

dos seus membros, e elaboráronse distintas teorías explicativas dese fenómeno 70 .

Quixera destacar, en primeiro lugar, as denominadas teorías sociolóxicas que iniciaron a

súa andadura nos anos setenta, sobre todo a causa do impulso dado polos movementos

de mulleres en Europa e Estados Unidos. Para a maior parte dos sociólogos, a violencia

dentro da familia ten as súas raíces na crise que padece a institución familiar, motivada

pola gran cantidade de estresores externos aos que está actualmente exposta; problemas

laborais, desemprego, inseguridade económica ou o cambio que están sufrindo

as nosas normas sociais, producindo nalgúns dos seus membros condutas violentas 71 .

Esta tendencia estrutural á violencia vese exacerbada pola alta valoración que a familia

lle dá á privacidade, a cal permite que a violencia se encontre fóra do control social ou

que pase socialmente inadvertida. A sociedade actual concibe o exercicio da violencia

como un asunto que pertence á esfera do privado, segundo esta orientación, e acéptaa

como un mecanismo válido de resolución de conflitos. Segundo esta perspectiva sociolóxica,

a responsabilidade da violencia corresponde por igual a homes e mulleres, con

independencia de que, dado que son as mulleres as que a sofren maioritariamente,

deben ser obxecto de especial consideración 72 .

69 II Plan Integral contra a Violencia Doméstica, aprobado polo Consello de ministros do Estado español

con data do 11 de maio de 2001.

70 Véxanse os modelos teóricos sobre a explicación da orixe dos malos tratos expostos por Cerezo

Domínguez, A. I.: El homicidio en la pareja: tratamiento criminológico, Tirant lo Blanch, Valencia, 2000,

p. 80.

71 Véxase Villavicencio Carrillo, P. ; Sebastián Herranz, J.: Violencia doméstica: su impacto en la salud

física y mental de las mujeres, Instituto da Muller, Madrid, 1999, p. 55.

72 Véxase tamén Meil Landwerlin, G.: “La violencia doméstica en el contexto del cambio familiar. Una

perspectiva sociológica” en La violencia en el ámbito familiar. Aspectos sociológicos y jurídicos,

Consello Xeral do Poder Xudicial, 2001, p. 77.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

41

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!