06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

sas tan distintas como son o xénero e o sexo... Falar de violencia de xénero parece

demasiada submisión aos ditados da ONU, autora de tantos atropelos lingüísticos” 56 .

Este autor, con posterioridade, ratifícase nesa opinión sinalando: “en rigor os nomes en

inglés carecen de xénero gramatical. Pero moitas linguas si o posúen, e na nosa contan

con xénero (masculino ou feminino) non só as palabras; as persoas teñen sexo (home

ou muller). A pesar diso, os signatarios hispanofalantes aceptaron devotamente xénero

por sexo nos seus documentos, e, de tales e doutras reunións internacionais, o termo

expandiuse como un rumor. Sinaleino hai meses, pero por aí temos galopando tan aberrante

anglicismo; e aos que tan xusta e briosamente combaten a violencia contra o sexo,

exercéndoa cada vez máis contra o idioma” 57 .

Á marxe das opinións baseadas en criterios lingüísticos, e xa dentro da nosa disciplina,

MARTÍNEZ-BUJÁN PÉREZ tamén manifestou a súa repulsa á utilización da expresión,

asumindo a tese de LÁZARO CARRETER baixo a consideración de que “resulta gramaticalmente

incorrecto recorrer ao aberrante anglicismo «violencia de xénero» (bastante

estendido na linguaxe actual), que provén da expresión violencia de gender (literalmente

«violencia de sexo» para aludir á exercida polos homes sobre as mulleres): esquécese

con iso que só as palabras teñen xénero (masculino ou feminino, ou incluso neutro);

as persoas teñen sexo (home ou muller)” 58 .

Porén, voces tan autorizadas como as anteriores rebateron tal repulsa á utilización da

expresión atendendo a distintas consideracións. Así, DE ANDRÉS CASTELLANOS sinalou

ao respecto que “Para moitos resulta bastante certo que, como vén sucedendo con

certa frecuencia, o español se somete aquí á omnipresente influencia do inglés contemporáneo,

pero convén non esquecer que, á súa vez, a lingua inglesa se nutre constantemente

e ao longo da súa propia historia, durante séculos, de termos de orixe latina que

entraron directamente ou ben a través do francés e doutras linguas romances; neste

caso, gender entrou no inglés a través do antigo francés gendre (genre en francés

moderno), que procede do neutro latino genus, generis, derivado de gignere, xerar,

segundo Corominas, ou do grego genio; o inglés violence é igualmente procedente do

latín violentia e o inglés sex procede do latín sexus, palabra de xénero masculino” 59 .

56 Lázaro Carreter, F.: “El dardo en la palabra. Vísperas navideñas” en El País, 3 de decembro de 2000,

páx.17.

57 Lázaro Carreter, F.: “El dardo en la palabra. Con algún género de dudas” en El País, 3 de marzo de

2002, p. 17. No mesmo sentido, Grijelmo, A.: La seducción de las palabras, Taurus, Madrid, 2000, p.

252, manifesta: “Moitas feministas levaron a súa xusta loita ao terreo da linguaxe, pero desprezando a

historia das palabras e as estruturas da lingua común... O concepto de xénero é gramatical. Escribir

violencia de xénero equivalería a escribir violencia de subxuntivo. Unha mesa é do xénero feminino

pero carece de sexo... Conviría, a quen defende a expresión violencia de xénero, ler os expertos que

apoiaron as teses feministas sen descoñecer por iso as leis da gramática nin a historia da lingua”.

58 Véxase o prólogo de C. Martínez-Buján Pérez á obra Núñez Castaño, E.: El delito de malos tratos en

el ámbito familiar, aspectos fundamentales de la tipicidad,Tirant lo Blanch, Valencia, 2002, p. 11.

59 Andrés Castellanos, S. de: “¿‘Violencia de género’?” en Revista Electrónica de Estudios Literarios

Espéculo, Universidade Complutense de Madrid, Madrid. Dispoñible en: http://www.ucm.es/info/especulo/cajetin/generob.html.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

37

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!