06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

3.2. Temporalización do programa

A duración mínima estimada do programa de reeducación é dun ano. Pola súa vez, lévase

a cabo un seguimento post-intervención de duración variable para cada caso, pero

nunca inferior a seis meses. Este seguimento é crucial para controlar se se reproducen

os desaxustes cognitivos e emocionais ao tempo que as recaídas na violencia de xénero,

máis alá do mandato xudicial.

Debemos matizar que a temporalización das sesións pode estar suxeita a modificacións

dependendo das necesidades e déficits concretos dos agresores familiares, isto é, en

función do perfil do agresor. Só desta maneira poderemos garantir a efectividade e éxito

do presente programa.

A continuación, detallaremos o desenvolvemento temporal das 52 sesións reeducativas

ao longo do ano de duración:

– Durante o primeiro mes levaranse a cabo 8 sesións de aproximadamente dúas

horas de duración, das cales 4 serán de carácter individual e 4 grupais. Así,

semanalmente levarase a cabo unha sesión individual e outra grupal. Durante as

sesións individuais avaliaremos as características propias dos asistentes ao programa

coa finalidade tanto de maximizar a efectividade das sesións grupais

como para avaliar a adecuada progresión daqueles.

– Durante os seguintes once meses realizaranse catro sesións mensuais, dúas de

carácter individual e dúas de carácter grupal.

– Para a xeneralización das aprendizaxes e habilidades proporemos, tras cada

sesión, tarefas de reforzo que os agresores deberán realizar fóra do horario do

programa. Todo isto permitirá asegurar a eficacia da reeducación.

– Tras a finalización do programa procederase á avaliación post-intervención, que

nos proporcionará información sobre a adecuada progresión dos asistentes a el.

Non obstante, debemos sinalar que a avaliación dos suxeitos se realizará durante

todo o programa, emitindo informes trimestrais sobre cada un dos usuarios.

Dado o caso, formularase a necesidade dunha nova intervención sobre aqueles

agresores que non alcanzasen os niveis de reeducación esixidos.

– Así mesmo, proponse un seguimento de 6 meses de duración durante os cales

se realizará unha entrevista individual de carácter mensual, onde se valorará a

xeneralización dos contidos abordados no programa.

– Finalmente, debemos destacar a existencia de asesoramento continuo; é dicir,

os usuarios terán a posibilidade de manter o contacto co persoal técnico do programa

tras a súa finalización e tras o período de seguimento.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

249

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!