06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

244

3. Implantación do programa

O programa componse de 52 sesións, a metade delas individuais e as restantes grupais;

non obstante, co fin de alcanzar os obxectivos xerais propostos anteriormente, a intervención

individual pódese ver ampliada. As sesións individuais posibilitan levar a cabo un

seguimento continuo e exhaustivo dos participantes no programa, facilitando con isto a

avaliación da súa adecuada progresión. Así mesmo, permite adaptar o programa aos

deficits e necesidades de cada un dos participantes. Pola súa parte, as sesións grupais

facilitan a exposición dos contidos educativos do programa e a posta en práctica das destrezas

e habilidades que se adquiren durante o seu desenvolvemento. Pola súa vez, a

dinámica grupal axuda a que os usuarios superen os problemas relacionais, sendo este

un paso previo para facilitar a súa adecuada reinserción social.

A seguir, procederemos a sinalar os contidos que guiarán as sesións que constitúen o programa,

debendo destacar que tanto os contidos como as sesións son susceptibles de ser

modificadas, en función das necesidades concretas das persoas que asisten ao programa.

3.1. Contidos do programa

a) Avaliación pre-intervención.

Contrariamente ao que se cría, só unha pequena porcentaxe dos agresores son persoas

que padecen enfermidade mental (Musitu e Cava, 2001). Non obstante, a avaliación

do estado psicolóxico previo dos agresores tórnase imprescindible para garantir que ningún

dos participantes presente patoloxías significativas (v. gr., trastorno antisocial da

personalidade, trastorno por abuso de substancias, trastornos psicóticos). Deste xeito,

contrólase que ningún usuario que non poida beneficiarse do programa o inicie, á vez

que se evita que estas persoas interfiran no adecuado desenvolvemento das sesións e

na apropiada progresión dos outros asistentes. Naqueles casos en que o agresor presente

patoloxía relevante, infórmase o xuíz co obxecto de que este tramite a orde xudicial

para que reciba tratamento psiquiátrico. Unha vez controlado ou superado o seu problema

mental, reconsidérase a súa participación no programa de reeducación.

Por tanto, o obxectivo principal da sesión pre-intervención focalízase na avaliación do

estado mental dos participantes, coa finalidade de descartar aqueles suxeitos que

presenten un grao de alteración psicolóxica que requira unha intervención de carácter

terapéutico. Igualmente, para poder adaptar a intervención ás necesidades do

agresor, así como para poder valorar a súa progresión no transcurso do programa,

avalíanse outros aspectos, tales como historia persoal e datos sobre as súas cognicións

e condutas, que se concretan como segue:

– Avaliación psicolóxica mediante a aplicación do inventario multifásico de personalidade

MMPI-2. Este inventario avalía o suxeito a través de 10 escalas clínicas; así,

unha puntuación significativa en calquera delas estaría indicando un posible

menoscabo no seu axuste psicolóxico.

– Avaliación dos pensamentos ou crenzas irracionais relacionados coa muller e coa

utilización da violencia como medio de solucionar problemas. Para isto utilízase un

cuestionario baseado no Inventario de Pensamentos Distorsionados de Echeburúa

e Fernández-Montalvo (1997).

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!