06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Unha vez que o suxeito é quen de identificar a emoción é instruído na aplicación de técnicas

que lle permiten controlala, como a reestruturación cognitiva, a distracción cognitiva

(p. e., practicar algunha actividade mental, como contar amodo de 1 a 20 de atrás

adiante) e a relaxación; 3) Aplicación das técnicas en contexto real, isto é, a situacións de

tensión ou conflitivas, empregando para iso a visualización de escenas violentas, role-playing

e modelado. Dada a importancia e complexidade das técnicas de reestruturación

cognitiva e de control da activación (relaxación), dedícaselles un apartado propio.

Reestruturación cognitiva.

É moi habitual que os agresores manifesten pensamentos e crenzas erróneas respecto a

diferentes aspectos relacionados coa súa parella ou coas mulleres en xeral (v. gr., a miña

parella non ten dereito nin a cuestionarme nin a levarme a contraria; as mulleres son inferiores

aos homes), emprego da violencia (v. gr., as labazadas son ás veces necesarias) e

en relación consigo mesmo (v. gr., todo na miña vida é un desastre). Debido a isto, tórnase

imprescindible a utilización dunha técnica que permita a identificación de tales pensamentos

erróneos para a súa posterior eliminación mediante a interrupción, desafío ou

redefinición dos patróns de pensamento distorsionados ou crenzas irracionais.

Técnicas de control da activación.

Con estas técnicas preténdese que os participantes aprendan a controlar o seu propio

nivel de activación, en especial, a activación emocional resultante de pensamentos distorsionados,

situacións externas estresantes ou incluso as súas propias condutas. A utilización

deste tipo de técnicas responde á necesidade de evitar as respostas agresivas

por parte dos participantes a través do coñecemento das respostas de activación previas

á emisión daquelas (tensión muscular, aumento do ritmo cardíaco, aumento da frecuencia

respiratoria, etc.). No presente programa optamos polo emprego de dúas técnicas de

control da activación: a relaxación progresiva ou diferencial, cuxo obxectivo é conseguir

que a persoa aprenda a identificar os sinais fisiolóxicos provenientes dos seus músculos

cando están en tensión e a relaxarse mediante o emprego da técnica, ou o adestramento

autóxeno, o cal consiste en inducir, mediante determinados exercicios, unha “desconexión”

xeral do organismo que supoña un determinado cambio de actitude e, en xeral,

unha modificación na forma de afrontar as demandas do medio.

Resolución de problemas.

Un dos problemas ao que nos enfrontamos cando traballamos con agresores, como xa

se sinalou, é a súa tendencia ao emprego de tácticas violentas como forma de dar termo

a un conflito coa súa parella ou outros membros da familia. A intervención sobre tal problemática

require a aprendizaxe, adestramento e xeneralización de modos de resolución

de problemas non agresivos ou hostís, que lles permitan solucionar as posibles situacións

de tensión. Así, a técnica de resolución de problemas permítelles aos usuarios do

programa realizar un achegamento reflexivo e racional aos posibles conflitos que teñan

que afrontar, tanto na súa vida cotiá como no ámbito de relación coa súa parella ou exparella,

evitando, deste modo, que a impulsividade os leve a actuar dunha maneira agresiva

ou hostil. Concretamente, son adestrados nunha serie de pasos que deberán seguir

ante calquera problema: realizar unha orientación xeral cara ao problema, a definición e

formulación deste; xeración de solucións alternativas; toma de decisións e, finalmente, a

execución e verificación da solución formulada (D’Zurilla, 1986; en Labrador, Cruzado e

Muñoz, 1998).

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

241

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!