06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

1. Introdución

A violencia de xénero, definida como todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo

feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou

psicolóxico para as mulleres, constitúe unha das problemáticas de índole relacional que

maior interese e preocupación ten espertado en todos os estamentos sociais, debido,

principalmente, ás múltiples repercusións que comporta, tanto aos receptores directos

dela como ao común da sociedade. Desta forma, e contrariamente ao que sucedía noutrora,

a violencia exercida cara ás mulleres deixou de ser un problema de índole privada

e ignorado socialmente, para se converter nunha cuestión de interese comunitario

(Fernández, 2003). Non obstante, e malia as diferentes iniciativas e intervencións propostas

coa finalidade de eliminar esta lacra social, a incidencia das agresións sobre as

mulleres segue en aumento. Así, e segundo os datos proporcionados polo Consello Xeral

do Poder Xudicial, durante o pasado ano foron tramitadas 66.188 denuncias por malos

tratos, o que constitúe, sen dúbida, unha cifra alarmante. Por todo isto, e a pesar da idoneidade

das diferentes alternativas propostas para eliminar a incidencia desta forma de

violencia, consideramos necesario un cambio de perspectiva, isto é, a intervención sobre

o maltratador e non só sobre a vítima. A intervención sobre a muller maltratada é imprescindible,

pero resulta insuficiente se non se actúa simultaneamente sobre o agresor. En

caso contrario, existe un risco alto de que a situación de maltrato se reproduza –o 23%

das vítimas volve co seu agresor– (El Correo Gallego, 27/08/2004), e mesmo se estenda

a outros membros do fogar, o que ocorre nun 30 ou 40% dos casos (Echeburúa e

Corral, 1998) ou a futuras parellas do maltratador (Echeburúa e Corral, 1999).

Non cabe dúbida de que este gravísimo problema debe ser castigado con severidade a

nivel lexislativo e xudicial, pero non por iso debemos obviar a importante función doutras

iniciativas de carácter psico-educacional, as cales deberán ser consideradas como unha

medida de reforzo contra a violencia de xénero (Fariña, Villar e Suárez, 2004). Debemos

matizar que tratar un agresor non significa consideralo non responsable; lonxe de tal afirmación,

consideramos que os agresores son responsables das súas condutas violentas.

Baixo esta perspectiva, e ao fío dos novos enfoques recollidos na Lei orgánica 1/2004,

de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, propoñemos a posta en

marcha dun programa centrado no agresor e baseado na súa reeducación e no seu tratamento

psicolóxico. Especificamente, o programa que se formula a continuación pretende

acadar os seguintes obxectivos xerais: erradicación de crenzas irracionais, mitos e

estereotipos sexistas, eliminación de patróns condutuais agresivos ou violentos cara á

muller, educación en igualdade de xénero e internalización de condutas alternativas ao

emprego da violencia cara á muller. A implantación deste tipo de programas poderá

constituír unha alternativa á pena de prisión naqueles casos en que tal pena privativa de

liberdade sexa inferior a dous anos, tal e como recolle o artigo 35 da LO 1/2004. Pola súa

vez, con isto conseguiremos integrar, de maneira adecuada, as diversas funcións das

medidas penais segundo o artigo 25.2 da Constitución e o artigo 1 da Lei xeral penitenciaria,

isto é, as funcións retributiva, exemplarizante e protectora da sociedade, así como

as de reeducación e a posibilidade de reinserción social do infractor.

2. “Programa de reeducación para maltratadores de xénero”

As penas de cárcere impostas polos delitos do artigo 153 do Código Penal e 173.2 do

Código Penal non van ser efectivamente cumpridas polo agresor condenado. Esta continxencia

motivounos a proposta dun programa de reeducación para maltratadores de

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

237

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!