06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

22

Xustiza de facer fronte a esas condutas, incluso naqueles supostos nos que as gravísimas

consecuencias foran advertidas polas vítimas e a pouca eficacia das reformas lexislativas

operadas. En definitiva, a alarma social non se debe tanto á sucesión de feitos

delituosos producidos nos últimos anos, como á ineficacia do sistema para evitalas ou,

se é o caso, sancionalas.

No 2005 morreron en España neste ano 62 mulleres, 1 en Galicia, a mans das súas parellas

ou ex-parellas; en 2004 a cifra ascendeu a 72; en 2003 faleceron 71; 54 no ano 2002;

50 no ano 2001; todo iso segundo os datos ofrecidos polo Instituto da Muller, Ministerio

de Traballo e Asuntos Sociais, e sen deternos na “guerra de cifras” entre as distintas institucións

e as asociacións que traballan nesta materia, integradas na Rede de

Organizacións Feministas contra a Violencia de Xénero, así como o Consello Xeral do

Poder Xudicial. 15

Quizais fose máis adecuado utilizar o termo femicidio ou feminicidio para referirnos á

acción de matar unha muller coa que existiron vínculos afectivos, e distinguila expresamente

do modelo xenérico ao que responde o Código Penal español, que tipifica como

homicidio a acción de matar a outro, e como asasinato cando na acción concorra aleivosía,

prezo, recompensa ou promesa, ou, de ser o caso, asañamento. Se ben os xuíces

e tribunais teñen a facultade de aplicar a circunstancia mixta de parentesco co fin de

agravar a pena, o recoñecemento expreso desta conduta delituosa a través dun neoloxismo

propio permitiría delimitar a súa propia especificidade e os seus caracteres delimitadores

e definitorios diferentes do homicidio, sen que iso implique necesariamente

unha pena máis agravada, pero si a consideración expresa de que a sociedade e, de ser

o caso, os textos penais se enfrontan a unha problemática diferente. 16

O Consello Xeral do Poder Xudicial, a través do Informe sobre falecementos por violencia

doméstica, delimita os supostos obxecto de investigación no ano 2001 a 70, nos que

faleceron 77 persoas, pois en 4 supostos morreu máis dunha vítima; en relación co ano

15 Fonte: elaboración do Instituto da Muller a partir de datos facilitados polo Ministerio do Interior e de

notas de prensa. Nas Comunidades Autónomas de Euskadi e Cataluña, contabilizábanse os casos

que quedaban baixo a competencia da Policía Nacional e a Guardia Civil, quedando sen cuantificar os

que eran competencia da Ertxantxa e dos Mosso d´Squadra. Segundo o Instituto da Muller, inclúense

aqueles casos en que o agresor é o cónxuxe, ex-cónxuxe, compañeiro sentimental, ex-compañeiro

sentimental, noivo ou ex-noivo. Tamén se inclúen aqueles nos que existe unha analoxía evidente cos

descritos, a pesar de non existir vínculo matrimonial; por exemplo filla ou nai da compañeira sentimental,

e aqueles nos que a morte se produciu como consecuencia dunha agresión de xénero.

http://www.mtas. es /mujer /mujeres/cifras/violencia/index.htm. “Un de cada oito homicidios en España

en 1999 foi cometido por un cónxuxe, e un de cada catro, perpetrado por un familiar.” Retuerto, M.

vogal do CXPX. El País, 8 de xuño de 2001, páx. 38. Para a Red feminista contra la violencia hacia las

mujeres, o número de mulleres mortas ascendeu no ano 2005 a 85; http://www.redfeminista.org. Para

Amnistía Internacional: No hay excusa. Violencia de género en el ámbito familiar y protección de los

derechos humanos de las mujeres en España, 2002. http://www.a-i.es, páx. 69 “as autoridades deberán

conseguir información sobre as necesidades e demandas das mulleres que sofren violencia familiar

baixo metodoloxías adecuadas. Esta información será a base para deseñar políticas adecuadas”.

16 Véxanse os artigos 138, 139 e 23 do Código Penal. Consultada a Real Academia Española, manifestou

que «ningún dos termos, “femicidio” e “feminicidio”, foron de momento admitidos pola Academia».

10 de xaneiro de 2002. Porén, o termo estendeuse sobre todo en virtude da difusión no ámbito iberoamericano

das mortes de 300 mulleres e a desaparición de 450 nos últimos cinco anos en Ciudad

Juárez (México). Véxase http://www.mujeresdejuarez.org.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!