06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

en todo caso considerando que os nosos tribunais, e os razoamentos que se articulan

nas súas resolucións xudiciais, estiveron apoiados en estruturas que prescindiron das

especiais condicións de desigualdade nas que se desenvolveron maioritariamente as

mulleres, polo que se fai necesario non tanto modificar o sistema penal, senón apuntar

ao propio corazón de todo o ordenamento xurídico. 395

Así, e seguindo o profesor Lascuraín, encontrámonos con que algunhas das medidas

que se conteñen nas reformas levadas a cabo o pasado ano 2003 evocan o expeditivo

modo no que a Raíña de Corazóns resolvía os conflitos do país das marabillas: “Que lles

corten a cabeza”. 396

A verdade é que o agresor nunca estivo atento ao que publica o BOE; nunca lle importou

que o seu delito implique máis ou menos pena; non obstante, ese incremento das

penas, e a creación de novos tipos penais, quizais innecesarios, si que modificou profundamente

a estrutura do noso sistema penal. A dúbida reside en determinar en profundidade

se o camiño é o adecuado ou non, e merece en todo caso un tempo de reflexión,

imprescindible para valorar se a Lei orgánica 11/2003; a Lei orgánica 15/2003 e,

sobre todo, a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, nos permitirán no futuro afirmar

que o dereito penal é un instrumento válido para evitar resultados lesivos para as tradicionalmente

vítimas da desigualdade, as mulleres e as súas fillas e fillos menores, ou se,

polo contrario, se está consumando, como expón o profesor PORTILLA CONTRERAS,

“a metamorfose dunha progresiva renuncia ao dereito penal de cidadáns e a súa substitución

por un dereito penal de inimigos”. 397

É tentador deixarse levar polos mecanismos que o lexislador puxo como remedio infalible

á problemática, pero as mulleres como colectivo e os grupos sociais que o conforman

e historicamente permaneceron como “convidados de pedra” no xogo da participación

social deben valorar se a citada intervención ofrecida ten un alto prezo agora que se

pode acceder aos espazos de liberdade e de igualdade; cando un colectivo determinado

ten dentro de si un grupo en situación de especiais condicions de opresión e articula fórmulas

dirixidas á súa superación, prescindindo dos valores que presiden o noso ordenamento

xurídico, os métodos utilizados comprometen e trasladan a opresión ó resto do

colectivo.

Para HABERMASS “canto máis se entumece nos ámbitos da vida privada a forza socializadora

da acción comunicativa e se extinguen as chispas da liberdade, tanto máis facilmente

se prestan os actores, así illados e alienados uns doutros, a non comportarse

máis que como masa nese hipotecado espazo da opinión pública, a someterse á supervisión

do Estado e a deixarse poñer en movemento en termos plebiscitarios”.. 398

395 Véxase neste mesmo sentido Montalbán Huertas, I.: Perspectiva de género: criterio de interpretación

internacional y constitución, Consello Xeral do Poder Xudicial, Madrid, 2004, p. 220.

396 Lascuraín Sánchez, J. A.: “¿Que les corten la cabeza?” en Claves de Razón Práctica, n.º 145, (2004),

p. 34.

397 Portilla Contreras, G.: “La respuesta del neofuncionalismo penal al cumplimiento íntegro de las penas”,

en Jornadas de Derecho Penal. Las reformas penales de 2003 y Derecho Penal del siglo XXI,

Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, 2004, p. 4.

398 HABERMAS, J.: Facticidad y validez. Sobre el derecho y el Estado democrático de derecho en términos

de teoría del discurso. Ed. Trotta. Madrid. 2005, páx. 450.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

171

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!