06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

170

que ver coa violencia habitual que se pretendía mellorar; realmente o lexislador neste

aspecto quizais desviou a necesaria perspectiva. E aínda que o presente estudo está referido

ao delito de violencia habitual, agora artigo 173.2 do Código Penal e a súa modificación

en canto aos novos suxeitos pasivos, é necesario manifestar agora que a modificación

operada nel e a ampliación extensiva a outros supostos que en nada coinciden coa

violencia que afecta ás mulleres, aos menores e incluso aos anciáns no ámbito familiar,

desvirtuou o desenvolvemento lexislativo que tivo o tipo delituoso, provocando importantes

desaxustes nos tipos penais próximos como este de nova creación, que castiga os

malos tratos ocasionais a que fai referencia o novo artigo 153 do Código Penal.

A crítica á perspectiva do lexislador estriba na pretendida xeneralización do exercicio da

violencia como algo consubstancial ao xénero humano, no que poden ser considerados

como suxeitos pasivos multiplicidade de persoas en circunstancias diferentes, condutas

que deberán ser consideradas como iguais á hora do seu axuizamento, prescindindo por

tanto da propia natureza e especificidade da violencia contra as mulleres, problemática

que pola súa propia virulencia, gravidade e características debera, ao meu xuízo, ter un

tratamento específico no noso sistema penal. 394

En todo caso, e mesmo cando o presente texto non podería abarcar unha análise en profundidade

das reformas acontecidas nos anos 2003 e 2004, sobre todo atendendo ás

importantes modificacións levadas a cabo pola Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro,

de medidas de protección integral das vítimas da violencia de xénero, si procede valorar

se o noso lexislador abandonou ou non a dinámica reprochada ao longo deste texto en

relación cunha histórica e intensiva aplicación do principio de intervención mínima cando

se trataba de axuizar condutas que atentaban maioritariamente contra as mulleres, para

iniciar o camiño da reforma permanente, da busca imparable de mecanismos de sanción

ante un fenómeno que puxo en tea de xuízo a capacidade da administración do Estado

para resolver conflitos graves e persistentes por requirir un exame profundo das causas

e unha intervención especialmente dirixida ás raíces; isto é, á desigualdade.

E para valoralo é necesario prescindir desa perspectiva, desa orientación, hoxe minoritaria,

que parte da consideración de que a violencia contra as mulleres non existe ou que

a violencia contra as mulleres só é un dato estatístico, ou, dito doutra forma, que a violencia

dos homes contra as mulleres é un fenómeno sexualmente neutro, subsumible no

tipo xenérico de violencia no seo da familia. E digo minoritaria, aínda que fose asumida

polo lexislador, porque a comunidade científica é practicamente unánime ao considerar

que a violencia contra as mulleres ten a desigualdade como denominador común.

Partindo desta última consideración, é imprescindible analizar cal foi o vehículo que o

dereito utilizou para afrontar a desigualdade. Creo que se pode afirmar que o lexislador

español elixiu a opción neoliberal que considera que para nivelar a desigualdade histórica

e combater a violencia, o Estado debe promover a intervención punitiva, eficaz e contundente

como solución máis idónea e eficaz; opción neoliberal que prescindiu desa

segunda visión alternativa que entende que os homes e as mulleres se aproximan aos

dilemas éticos de maneira diferente e que o problema debe ser atacado a través dunha

menor utilización do dereito penal, sen descartalo para os supostos máis extremos, pero

394 No mesmo sentido maniféstase B. del Rosal Blasco: “La regulación de la violencia habitual en el ámbito

conyugal o en el de las relaciones de pareja en el Código Penal: legislación vigente y propuestas

de reforma”, Congreso de violencia doméstica, Consello Xeral do Poder Xudicial, Madrid, 2004, p. 343.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!