06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

1.- Da intensiva aplicación do Principio de intervención

mínima á intensiva utilización do dereito penal como

medio de amortecer a “alarma social”

É innegable que os últimos anos se caracterizaron polo importante impulso dado polo lexislador

na busca de novos instrumentos que permitan combater máis eficazmente a grave

problemática da violencia nos fogares españois; problemática que atopou nos medios de

comunicación o vehículo dinamizador dunha sociedade que durante séculos lles virou as

costas ás vítimas desas condutas mesmo cando atentaban contra bens susceptibles de

protección; e sociedade que no día de hoxe lles reclama aos distintos estamentos da

Administración do Estado, con participación directa neste ámbito, solucións específicas.

O citado impulso deu lugar a importantes modificacións tanto no ámbito da regulación

procesual como no ámbito da regulación substantiva, modificacións que se ben no primeiro

suposto foron maioritariamente ben acollidas, non sucedeu así en canto ao segundo.

En páxinas anteriores xa se fai referencia á creación do novo tipo penal contido no

novo artigo 153 que regula os malos tratos non habituais, e a crítica xurdida en distintos

autores en canto podería vulnerar o principio de proporcionalidade. Porén, non é esta a

única reforma, nin sequera a máis relevante.

Desta forma, a Lei orgánica 11/2003, do 29 de setembro, modifica o artigo 173 do Código

Penal, procedendo a introducir na regulación del o exercicio da violencia cando esta se

produce nuns determinados ámbitos, que, se ben en principio xenericamente poderían

ser considerados como familiares, non sempre será así, por canto o lexislador procedeu

a integrar no citado precepto condutas violentas que en esencia poucas similitudes teñen

co exercicio da violencia habitual no ámbito familiar. 386

386 A Lei orgánica 11/2003, do 29 de setembro, de medidas concretas en materia de seguridade cidadá,

violencia doméstica e integración social dos estranxeiros, BOE n.º 234, do 30 de setembro de 2003,

no seu artigo primeiro, procedeu á modificación da Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do

Código Penal. De conformidade coa citada reforma, o artigo 173 establece: “O que habitualmente exerza

violencia física ou psíquica sobre quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou sobre persoa que estea ou

estivese ligada a el por unha análoga relación de afectividade, mesmo sen convivencia, ou sobre os

descendentes, ascendentes ou irmáns por natureza, adopción ou afinidade, propios ou do cónxuxe ou

convivente, ou sobre os menores ou incapaces que con el convivan ou que se encontren suxeitos á

potestade, tutela, curatela, acollemento ou garda de feito do cónxuxe ou convivente, ou sobre persoa

amparada en calquera outra relación pola que se encontre integrada no núcleo da súa convivencia

familiar, así como sobre as persoas que pola súa especial vulnerabilidade se encontran sometidas a

custodia ou guarda en centros públicos ou privados, será castigado coa pena de prisión de seis meses

a tres anos, privación do dereito a ter e portar armas e, de ser o caso, cando o xuíz ou tribunal o estime

adecuado ao interese do menor ou incapaz, inhabilitación especial para o exercicio da patria potestade,

tutela, curatela, garda ou acollemento por tempo dun a cinco anos, sen prexuízo das penas que

puideran corresponder aos delitos ou faltas en que se concretasen os actos de violencia física ou psíquica.

Imporanse as penas na súa metade superior cando algún ou algúns dos actos de violencia se

perpetren en presenza de menores, ou utilizando armas, ou teñan lugar no domicilio común ou no

domicilio da vítima, ou se realicen quebrantando unha pena das previstas no artigo 48 deste código

ou unha medida de seguridade ou prohibición da mesma natureza. Para apreciar a habitualidade a que

se refire o apartado anterior, atenderase ao número de actos de violencia que resulten acreditados,

así como á proximidade temporal destes, con independencia de que esa violencia se exercese sobre

a mesma ou diferentes vítimas das comprendidas neste artigo e de que os actos violentos fosen ou

non obxecto de axuizamento en procesos anteriores.”

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

167

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!