06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

158

ción, como mecanismo de salvación. En palabras de ANNA FREUD, unha vítima potencial

cre que se puidera ver o mundo a través dos ollos do agresor, podería ser capaz de

salvarse a si mesma da súa destrución.

Outros estudos refírense á unión ou lazo traumático fundamentando nas características

deste tipo de relación na que se dá preferentemente unha relación de superioridade e

poder, caracterizado porque a agresión se produce de forma intermitente e impredicible,

e pola actitude afectiva tamén presente como aspecto relevante do seu mantemento e

perpetuidade. Segundo estes autores, as condutas de afecto cara á vítima actúan como

reforzo dos valores positivos que existen na relación, sustentando a esperanza de que

cada nova ocasión vai ser a última e definitiva, e que as razóns e explicacións esgrimidas

nese momento si son cribles. Segundo estes autores, a muller permanece unida ao

seu agresor por unha especie de gomas elásticas xigantes. Cando intenta terminar a

relación e se afasta del, a goma vai estirando ata chegar mesmo a un punto próximo á

ruptura, pero resulta moi difícil de superar e, canto máis se afasta, maior é a tensión para

facela volver. 376 Para unha persoa debilitada fisicamente, anulada psiquicamente e

temerosa de dar os pasos será moi difícil lograr escapar destes lazos; necesita a axuda

doutras ou dos mecanismos sociais que actúen como tesoiras que permitan liberala.

Esta descrición explicaría as numerosas dificultades que entraña para as vítimas promover

a intervención das forzas da orde pública ou, se é o caso, da administración de

xustiza, e á vez os numerosos supostos en que tras a interposición da denuncia a vítima

non volve a comparecer ante os xulgados ou manifesta a súa intención de retirala. 377

A pesar das distintas denominacións utilizadas polos diferentes estudos, a maioría dos

autores coinciden en sinalar que a persoa maltratada verá o seu agresor cada vez máis

poderoso e omnipotente, e ela cada vez encontrarase máis indefensa e necesitada do

que a agride. A incorporación deste esquema de poder e submisión fixo que se compare

a situación que padece cos síntomas que aparecen nos prisioneiros en campos de

concentración. As consecuencias e secuelas son similares ás que se producen despois

de ser torturado ou secuestrado: recordos traumáticos, estado de hipervixilancia, angustia,

vulnerabilidade a novas situacións estresantes, etc.

As Nacións Unidas, no seu Informe sobre a Poboación Mundial do ano 2000, ao analizar

o cómputo do custo que orixina a desigualdade de xénero, cando se refire ao exercicio

da violencia de xénero afirma que “a discriminación por motivos de xénero entraña un

menoscabo da autoestima e da capacidade da muller durante toda a súa vida. A discriminación

por motivos de xénero desbarata as aspiracións da muller e restrinxe as súas

oportunidades. Denégalle a experiencia sobre a cal cimentar a súa competencia e o seu

autogoberno e posibilitar alianzas en condicións de igualdade cos homes. As restricións

que se lles impoñen ás mulleres poden conducir a un estado de “desamparo adquirido”,

típico da depresión clínica. É desproporcionada a poboación de mulleres que padecen

376 Lorente Acosta, M.: Maltrato, violación y acoso, Comares, Granada, 1999, p. 110. Véxase Carrasco

Gómez, J. J.: “Violencia psíquica. Lesiones y secuelas en las víctimas” en Las últimas modificaciones

del Código Penal y de la Ley de Enjuiciamiento Criminal en materia de violencia doméstica. La orden

de protección, Instituto da Muller, Madrid, 2003.

377 Véxanse as distintas razóns polas que as mulleres non abandonan unha relación violenta en Gracia

Fuster, E.: Las víctimas invisibles de la violencia familiar. El extraño iceberg de la violencia doméstica,

Paidós, Barcelona, 2002, p. 54.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!