06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

152

En palabras do propio Tribunal Constitucional, 353 “os dereitos fundamentais son os compoñentes

estruturais básicos tanto do conxunto da orde xurídica obxectiva como de cada

unha das ramas que o integran, en razón de que son a expresión xurídica dun sistema

de valores que, por decisión do constituínte, ha de informar o conxunto da organización

xurídica e política; son, en fin, como di o artigo 10 da Constitución, o fundamento da orde

xurídica e da paz social”. 354

En conclusión, a dignidade constitúe na fórmula proclamada polo artigo 10.1 da

Constitución española un principio motor do Estado de dereito, en canto recoñece o seu

compromiso firme de defensa e promoción dos distintos dereitos fundamentais que logo

enumera, pero non pode constituír un ben xurídico específico a ser tutelado polo dereito

penal.

D.- A integridade moral

Unha vez concluído que o artigo 173.2 do Código Penal non tutela os mesmos bens que

os protexidos polo tipo penal que castiga os actos individuais de violencia, isto é a saúde

e integridade física ou psíquica, nin tampouco a paz familiar, nin a dignidade, haberá que

preguntarse que é o que realmente tutela este delito, cando ademais quen lexisla preveu

non absterse de castigar os actos de violencia individual a través da cláusula concursal

prevista no parágrafo 1º do apartado 2 do artigo 173 ao sinalar “...sen prexuízo das

penas que puideran corresponder aos delitos ou faltas en que se concretaran os actos

de violencia física ou psíquica”.

Quizais o punto de partida inicial radique na valoración que, sobre a problemática da violencia

contra as mulleres, realizaron os distintos organismos internacionais. A análise do

concepto de violencia achegado polos textos internacionais, dos criterios achegados

para a súa delimitación, e mesmo das previsións de intervención por parte dos Estados

asinantes resulta un presuposto ineludible para lograr o obxectivo deste traballo. Así, en

febreiro de 1996, a Organización de Nacións Unidas emitiu un informe relativo aos dereitos

das mulleres, recoñecendo que a violencia contra elas é asimilable á “tortura”. 355

Creo que para os efectos da delimitación do ben xurídico protexido este é o punto de partida.

Iniciar a análise da integridade moral como posible ben xurídico protexido no delito de

violencia habitual implica necesariamente ter que remitirse aos textos internacionais dos

cales se desprenden os conceptos de tratos inhumanos e degradantes, como privilexiados

instrumentos de protección das persoas ante a realización de penas ou sufrimentos

graves. Así, e aínda cando, en principio, se refiren a un ámbito de suxeitos activos específico,

como é que o autor da conduta delituosa posúa a condición de funcionario, ou, se

é o caso, o autor actúe a instigación súa, é necesario ter presente neste estudo o artigo

1 da Resolución 3.452 da Asemblea Xeral de Nacións Unidas: Declaración sobre a

Protección de Todas as Persoas contra a Tortura e Outros tratos ou Penas Crueis,

353 STC 53/1985, do 11 de abril

354 Véxase Blanco Valdés, R.: Introducción a la constitución de 1978, Alianza Editorial, Madrid, 1998. p. 47.

355 Véxase o apartado 22 do informe da relatora especial sobre a violencia contra a mujer, presentado de

conformidade coa Resolución 1995/85 da Comisión de Dereitos Humanos. 55º período de sesións E

/ C N. 4/1999/68, do 10 de marzo de 1999.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!