06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

dereito penal debe cumprir a súa función de última ratio, sancionando aqueles comportamentos

que atentan de forma máis grave aos dereitos propios da relación familiar. Tal

e como significou a doutrina, o dereito penal non é instrumento idóneo para a tutela da

institución familiar”. 343

Outro factor a ter en conta radica en que quen lexisla, ao introducir o precedente do

actual artigo 173.2 do Código Penal, isto é, o artigo 425 do Código Penal de 1973, precisamente

considerou reprochable de forma especial o feito de que a conduta de violencia

habitual se producise no ámbito familiar, entendido non como o lugar físico onde vive

a familia, senón no ámbito extenso onde se desenvolven as relacións familiares. A familia

constitúe, xa que logo, un elemento vertebrador do tipo penal, pero isto non quere dicir

que a paz e a convivencia nas relacións entre os seus membros constitúan un ben necesitado

de protección a través do instrumento penal. 344

C.- A dignidade da persoa

Outro importante sector doutrinal refire a “dignidade” da persoa como o interese necesitado

de protección a través do delito de violencia habitual, resaltando a maior parte dos

autores que defenden esta postura a especial proxección que supón a dita vulneración

no seo da familia. 345

343 Prats Canut, J. M.: “De los delitos contra las relaciones familiares” en Comentarios al nuevo Código

Penal, 2ª ed., Aranzadi, Pamplona, 2001, p. 1050.

344 Díez Ripollés sinala que o artigo 153 describe unha figura delituosa que se caracteriza, en primeiro

lugar, porque o feito punible ten sempre como suxeitos activos e pasivos persoas que se encontran

ligadas facticamente mediante unha relación de convivencia; Díez Ripollés: Comentarios al Código

Penal. Parte Especial, Tirant lo Blanch, Valencia, 1997, p. 415.

345 Así, para J. Carbonell Mateu e J. L. Gónzalez Cussac “non estamos ante un xenuíno delito de lesións,

senón ante unha infracción de malos tratos, á que a habitualidade e o ámbito familiar converten en

delito. Tampouco, obviamente, o ben xurídico protexido é o mesmo das lesións: nin a saúde nin a integridade

corporal son obxecto de tutela por canto é perfectamente concibible a consumación do delito

sen resultado lesivo ningún; é máis, a concorrencia das lesións obrigará a aplicar o correspondente

concurso de delitos. Cremos que se trata de protexer a dignidade da persoa humana no seo da familia,

e, concretamente, o seu dereito a non ser sometido a trato inhumano ou degradante ningún, no

sentido do artigo 15 da Constitución española de 1978. Tamén pode ser concibido, en certa maneira,

como un delito contra o honor, en tanto que concreción da dignidade. E, en certa medida, tamén comporta

algún perigo para a saúde”, Carbonell Mateu, J. ; Gónzalez Cussac, J. L.: Comentarios al Código

Penal de 1995, volume I, Tirant lo Blanch, Valencia, 1996, p. 801. Tamén M. C. Falcón Caro se refire á

protección da dignidade e o grupo familiar ao manifestar que “é un delito que se desenvolve cíclica e

permanentemente corroendo paulatina e mesquiñamente a identidade da persoa, a súa incolumidade,

globalmente entendida, física e psicolóxica. O que se protexe é o EU persoal, ou a dignidade

entendida como identidade da persoa, sendo a familia o marco conxuntural ou delimitador, propiciador

do desenvolvemento dunha agresión permanente e tan intrínseca en canto espazo de convivencia,

onde se establecen unhas especiais e estreitas relacións. Por conseguinte, nin se respecta a persoa

en canto tal, nin o desenvolvemento do grupo familiar, tanto global como individualmente entendido”;

Falcón Caro, M. C.: Malos tratos habituales a la mujer, Bosch, Barcelona, 2001, p. 151.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

149

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!