06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

146

Ademais, quixera sinalar que resulta especialmente contraditorio manifestar hoxe en día

que a “paz familiar” é o ben suxeito a protección, cando historicamente o respecto á paz

familiar e o mantemento da unidade familiar foron os argumentos maiormente esgrimidos

en contra das mulleres que, tratando de fuxir dos graves episodios de violencia, provocaban

a ruptura desa unión. 333 A maior parte das mulleres que sufriron unha grave

problemática de violencia con prolongación no tempo tivo presente que a ruptura ou a

posta en coñecemento ante as forzas da orde pública desa situación orixinaría precisamente

a extinción da “paz familiar”, ou polo menos na súa proxección de cara ao exterior,

de cara ao resto da sociedade.

Xa nos anos setenta BAJO FERNÁNDEZ, ao estudar a circunstancia mixta de parentesco,

sinalaba que “resultaría grotesco fundamentar a pena de reclusión maior a morte

do parricidio en razón da necesidade de protexer a orde familiar”. 334

Esa consideración non é gratuíta; a familia foi precisamente o ámbito de sobreidentificación

feminina. As mulleres, historicamente, tiveron o deber social de transmitir a orde

familiar e manter o funcionamento do cotián, aínda que isto significara perpetuar unha

orde e un modo de vida que, mesmo cando fora asumido de maneira voluntaria e desexada,

provocaba unha constante limitación do desenvolvemento persoal. A protección

desa aparente “paz familiar” supuxo en moitas ocasións un elevado custo para aquelas

mulleres que viron como o mantemento da estrutura familiar se facía incompatible co seu

propio desenvolvemento individual. 335

Nas ideoloxías patriarcais da realización feminina, aínda está vixente a moral que considera

os logros familiares como o camiño das mulleres á felicidade, mesmo a custa do

seu propio desenvolvemento. As mulleres deben satisfacer primeiro as necesidades da

familia e de cada un dos seus membros antes que as propias. Incluso a autoafirmación

das mulleres se basea en ocasións nos logros dos seus familiares, aínda que elas non

obteñan logros semellantes e a súa autoestima decaia cos fracasos e problemas dos

outros. Iso supuxo para moitas mulleres un grave prexuízo, na medida en que tivo como

contrapartida o sacrificio de pospoñer os seus propios obxectivos a prol da familia, ou

mesmo supeditar a ruptura dunha relación conxugal mediatizada pola violencia á supervivencia

desa aparente unidade e paz familiar. 336

333 Lorente Acosta sinalou ao respecto que “non hai que esquecer que unha gran parte da sociedade culpabiliza

á muller, tanto pola agresión en si, xa que consideran que a precipitou por non comprender o

marido cando este ten problemas, cando bebe, ou por non cumprir correctamente coas súas tarefas

de ama de casa; como por tomar calquera tipo de iniciativa en contra del ou para saír da situación na

que se encontra. Esta actitude podería precipitar a ruptura da familia, do cal ela sería responsable,

subliñando máis, paradoxalmente, a súa decisión, que a conduta violenta do home”; Lorente Acosta:

Agresión a la mujer: Maltrato, violación y acoso, Comares, Granada, 1999, p. 103.

334 Bajo Fernández, M.: El parentesco en el derecho penal, Bosch, Barcelona, 1973, p. 63.

335 J. Delgado Martín, ao analizar a escasa colaboración da vítima cos órganos do sistema penal con posterioridade

á interposición da denuncia, concibe como un dos factores favorecedores da falta de colaboración

a importante relación de dependencia da vítima fronte ao agresor. Desde esta óptica afirma

que “pese aos cambios producidos nos últimos tempos, a muller segue sendo educada en actitudes de

afectividade e servizo, outorgándolles valor ás calidades de abnegación, servizo e sacrificio que farán

nacer o seu papel de sostedora da harmonía familiar”. Delgado Martín, J.: La violencia doméstica.

Tratamiento jurídico: problemas penales y procesales; la jurisdicción civil, Colex, Madrid, 2001, p. 116.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!