06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cias máis graves. Ademais, a principal diferenza entre unha e outra forma radica en que a

violencia, cando se realiza de modo habitual, vén motivada ou amparada polas relacións de

poder, o que ten como clara consecuencia que só agride quen pode, non quen quere.

A sociedade busca mecanismos de autodefensa que xustifiquen a existencia de graves

condutas por parte dos seus membros, obviando que a súa propia estrutura constitúe o

xermolo para o desenvolvemento desas condutas delituosas, e isto porque unha vez que

sae á luz nos últimos anos a incidencia desta lacra, a todos e a todas nos custa admitir

que a raíz do problema se encontra na nosa propia organización social.

O desenvolvemento das sociedades occidentais chegou ata cotas tan elevadas e autocompracentes

que lles dificulta aos seus membros asumir a inexistencia de inmunidade

ante realidades incompatibles co nivel de desenvolvemento que se acadou, realidades

que si puidesen ser consideradas inherentes a sociedades máis rudimentarias ou primitivas.

Precisamente esa aparente inmunidade tivo como a súa máis grave consecuencia

a impunidade, a lexitimidade, a comprensión e a tolerancia ante as condutas e ante os

autores destas.

Para os autores que manteñen unha postura contraria á consideración de que sexa a

familia ou as relacións familiares o ben xurídico protexido polo artigo 173.2 do Código

Penal, a principal argumentación estriba en considerar que a utilización do dereito penal

non se constitúe como un instrumento adecuado para protexer a institución familiar,

como soporte básico da estrutura social, apuntando que a súa consideración podería

implicar unha excesiva intervención, non desexada, do Estado na institución familiar se

esta se constituíse como o ben xurídico protexido do delito que castiga a violencia habitual

no seo do ámbito familiar. 331

Desde esta segunda opción de rexeitamento á paz e convivencia familiar como obxecto

de protección neste tipo penal, a pregunta debería formularse cuestionando se o desenvolvemento

nun determinado espazo familiar a través de canles de convivencia máis ou

menos pacíficas constitúe un interese de tanta transcendencia que a súa posible infracción

poida dar lugar á intervención xurídico-penal, sobre todo hoxe en día en que a conceptualización

de “familia” constitúe unha tarefa difícil de delimitar tanto no ámbito do

dereito civil como do penal, atendendo ás distintas e novas formas de familia que a evolución

da estrutura social constituíu, en principio todas susceptibles de protección. 332

331 Véxase Díez Ripolles: Comentarios al Código Penal. Parte especial, Tirant lo Blanch, Valencia, 1997.

p. 417. Para E. Marín de Espinosa Ceballos, “o uso do dereito penal para tutelar a institución familiar,

como soporte ou núcleo importante para a propia existencia da sociedade, non é o instrumento adecuado.

Fundamentar na institución familiar o ilícito deste delito suporía un excesivo intervencionismo

estatal”; Marín de Espinosa Ceballos, E.: La violencia doméstica. Análisis sociológico, dogmático y de

derecho comparado, Comares, Granada, 2001, p. 179.

332 Como sinalaron P. García Álvarez e J. del Carpio Delgado, creo que con gran acerto “debe recoñecerse

que resulta dubidoso que a familia poida ser concibida, como tal, como valor susceptible dunha

abstracta tutela penal distinta á dos seus membros. O simple feito de que puidera admitirse a intervención

do dereito penal na esfera privada para protexer unha hipotética ou mesmo utópica paz familiar

como ben xurídico merecedor e necesitado de protección polo dereito penal parece poñer en perigo

o carácter de ultima ratio do ordenamento xurídico penal. É máis, os que afirman que o que se protexe

é a paz e a tranquilidade familiar parecen confundir o contorno onde se producen estas condutas

co obxecto de tutela delas”; García Álvarez, P. ; del Carpio Delgado, J.: El delito de malos tratos en el

ámbito familiar, Tirant lo Blanch, Valencia, 2000, p. 23.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

145

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!