06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

138

interpretación de que esteamos ante un delito de perigo, argumentando que co razoamento

anterior habería dificultades para facer operativa a cláusula concursal do artigo

153 do Código Penal, segundo a cal “sen prexuízo das penas que puideran corresponder

aos delitos ou faltas en que se concretaran os actos de violencia física ou psíquica”,

concluíndo esa autora na afirmación de que a contradición xorde porque o delito de violencia

habitual é un delito de resultado, na medida en que resulta absurdo castigar unha

violencia se non hai un resultado; razoamento que considero impecable, coa excepción

de que non necesariamente teña que ser o resultado a existencia dunha lesión física ou

psíquica, senón que puidera ser outro ben xurídico o que o autor pretendese vulnerar.

En conclusión, considero que estamos ante un tipo penal que protexe non os mesmos

bens persoais que se encontran tutelados polos concretos actos de violencia (a saúde e

a integridade, xa sexa física ou psíquica), senón por outro ben xurídico necesitado de

protección e que no seu caso o tipo penal protexería con independencia de que os actos

de violencia fosen exercidos contra todos os integrantes da unidade familiar ou contra un

só (por exemplo, nos supostos antes referidos en que a persoa agredida é a nai exclusivamente,

pero as graves secuelas psíquicas poderían ser sufridas polas fillas e fillos

menores).

Non obstante, foi exposto como un argumento máis para apoiar que o artigo 153 do

Código Penal (hoxe 173.2 do Código Penal) protexe a saúde e a integridade o feito de

que esas condutas previstas no delito de violencia habitual deban conter un plus de castigo

polo feito da existencia dunha relación de parentesco entre o que agride e as súas

posibles vítimas. Este argumento resultaría acorde coas palabras de quen lexisla expostas

na exposición de motivos da Lei orgánica 3/1989, do 21 de xuño, cando introduciu

por primeira vez este tipo penal, ao manifestar que se introduce o tipo penal:

“Respondendo á deficiente protección dos membros fisicamente máis débiles do grupo

familiar fronte a condutas sistematicamente agresivas a outros membros deste”.

Porén, considero que ese argumento non posúe peso específico suficiente para apoiar

que a saúde e a integridade constitúan o ben xurídico a protexer; é indubidable que a

familia constitúe o ámbito de relación interpersoal caracterizado polo respecto mutuo, a

confianza e a axuda e socorro mutuo; a familia constitúese no ámbito onde os seus membros

establecen o máis firme compromiso de protección, de colaboración, de axuda, o

lugar onde a solidariedade se manifesta en toda a súa amplitude e onde os esforzos polo

outro se levan a cabo xeralmente a título gratuíto 313 .

O exercicio da violencia neste ámbito constitúe a máis grave vulneración dos devanditos

principios, pero isto non xustifica a creación dun novo tipo penal baseado exclusivamente

en que a acción se comete dentro da relación familiar, sobre todo tendo en conta a

tendencia despenalizadora de condutas que no seu momento mantiñan unha clara vinculación

co ámbito familiar (adulterio, amancebamento), e claramente vinculadas tamén

con condicionamentos de orde moral, hoxe en día desterrados, ou máis recentemente o

parricidio, o infanticidio ou o aborto privilexiado.

A esta cuestión tamén se referiu MARÍN DE ESPINOSA CEBALLOS, manifestando así

mesmo que “a maior facilidade para a comisión do feito e a indefensión da vítima non

313 O propio Código civil impón no seu título VI a obrigación entre parentes de todo o que é indispensable

para o sustento, habitación, vestido e asistencia médica.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!