06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A Lei orgánica 11/2003, do 29 de setembro, veu modificar substancialmente a tipificación

do delito de violencia habitual, afectando a varios aspectos, entre os que destaca a localización

sistemática, a ampliación dos suxeitos pasivos ou o catálogo de penas, o que

permite mostrarnos o pulo e interese de quen lexisla por encontrar, dentro do sistema

penal, o instrumento máis eficaz na loita contra a violencia no eido familiar. Cuestión distinta

será a de valorar se o camiño utilizado é o idóneo, pois non debemos esquecer que,

desde a introdución do tipo penal da violencia habitual no noso Código no ano 1989, en

catro ocasións leváronse a cabo importantes modificacións deste, algunhas de amplo

calado. 296

A identificación do ben xurídico protexido no delito de violencia habitual constituíu unha

das cuestións máis discutidas e con maior transcendencia na análise deste tipo penal, e

isto na medida en que as distintas posturas doutrinais esgrimidas nos últimos anos puxeron

en tea de xuízo a correcta localización sistemática do precepto desde o momento en

que se produciu a súa introdución a través da Lei orgánica 3/89, do 21 de xuño, dentro

do Título III do Libro II do Código, no que quen lexisla castiga as lesións; xuízo crítico que

se agudizou en moita maior medida en virtude da introdución da violencia psíquica a través

da reforma operada pola Lei orgánica 14/1999, do 21 de xuño. 297

Realmente este debate, na miña opinión de gran relevancia, parece representar un indicio

da extrema preocupación, manifestada nos últimos anos pola comunidade xurídica,

ante a repercusión que estas condutas representaron para toda a estrutura social e ante

296 A Lei orgánica 3/1989, do 21 de xuño, de actualización do Código Penal, introduciu o artigo 425 ao

Código Penal de 1973, hoxe derrogado; a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, castigaba a violencia

habitual a través do artigo 153 do Código Penal 1995; con posterioridade a Lei orgánica

14/1999, do 9 de xuño, levou a cabo unha importante modificación do tipo, cuxa máis importante contribución

foi o recoñecemento da violencia psíquica, o establecemento de medidas de protección ás

vítimas, a ampliación dos posibles suxeitos pasivos, ou a máis acertada delimitación do concepto de

habitualidade que rompeu coa interpretación restritiva que ata ese momento realizaran os nosos tribunais;

e xa recentemente o lexislador levou a cabo unha reforma de importante calado a través das

normas seguintes: Lei orgánica 27/2003, do 31 de xullo, reguladora da orde de protección; Lei orgánica

11/2003, do 29 de setembro, de medidas concretas en materia de seguridade cidadá, violencia

doméstica e integración social dos estranxeiros; Lei orgánica 13/2003, do 24 de outubro, pola que se

modifica a prisión provisional, e Lei orgánica 15/2003, do 25 de novembro, pola que se modifica a LO

10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal, que na súa maior parte entrará en vigor o 1 de outubro

de 2004.

297 Esa introdución conduciu á maior parte da doutrina a distinguir entre o ben xurídico protexido no artigo

153 do Código Penal ata a modificación operada pola Lei orgánica 14 /1999, do 21 de xuño, e outro

ben xurídico protexido distinto tras esa reforma e a conseguinte incriminación da violencia psíquica no

mesmo tipo. Así, para P. García Álvarez e J. del Carpio Delgado, “na análise do ben xurídico protexido

no delito de malos tratos habituais no ámbito familiar poden diferenciarse dúas fases: unha, coincidente

coa situación lexislativa existente tanto no anterior Código Penal como na redacción do artigo

153 previa á incorporación da violencia psíquica; e a outra, coa recente regulación incriminada tanto

da violencia física como da psíquica: así, a primeira fase permitiranos determinar cal era o ben xurídico

protexido cando só se incriminaba a violencia física, e a outra levaranos a analizar se a incorporación

da violencia psíquica dá pé a unha modificación do ben xurídico protexido neste delito ou a unha

ampliación deste”. García Álvarez , P. ; del Carpio Delgado, J.: El delito de malos tratos habituales,

Tirant lo Blanch, Valencia, 2000, p. 20.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

131

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!