06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O domicilio conxugal, por tratarse do lugar onde os membros da familia levan a cabo os

seus actos máis íntimos, constitúese no lugar de repouso e descanso para os integrantes,

e, consecuentemente, onde a persoa normalmente se sente segura e protexida; en

definitiva, o lugar onde se protexe a esfera privada das persoas da dureza do competitivo

mundo exterior.

A propia configuración das vivendas nas sociedades occidentais, xa se trate de vivendas

unifamiliares ou de vivendas integradas nun edificio nunha cidade, constitúense como un

lugar de acceso restrinxido para os estraños, o cal lles concede a consideración de refuxio

e protección. Porén, estas condicións, cando o perigo para un dos integrantes da unidade

familiar devén precisamente do outro cónxuxe, converten ese refuxio nunha trampa

mortal pola súa propia inaccesibilidade e pola histórica prohibición de entrada en

fogar alleo, prevista non só na lei, senón pola rede de costumes sociais que transmitiu o

carácter “case sagrado do fogar familiar”. Dado o importante número de mortes de mulleres,

quizais non fose desacertado afirmar que o domicilio se constitúe nun espazo de elevado

risco para moitas mulleres no noso país; a pesar de que o noso alto tribunal non o

considere así.

O estudo que agora comentamos reflícteo con gran precisión ao sinalar que “o illamento,

a inviolabilidade da morada e o rigoroso coñecemento que o agresor ten das peculiaridades

do espazo en que se desenvolve, son notas presentes no relato de feitos probados

das sentenzas. En moitos casos o agresor preparou a acometida, foi buscar a

arma ou esperouna alí coa idea preconcibida de lle dar morte, o que indica a busca intencionada

do lugar”. 283 Non obstante, conclúen as autoras, de todos os supostos analizados,

en ningún suposto o Tribunal Supremo apreciou a agravante.

Se analizamos as cifras a que fixemos referencia con anterioridade, segundo as cales no

setenta e oito por cento dos supostos o domicilio, a casa, en definitiva, o fogar familiar,

acaba sendo o lugar onde as vítimas desta violencia son agredidas, e nalgunhas ocasións

con resultado de morte 284 , haberá que se preguntar: ¿Que ten o lugar onde se

cohabita para que maioritariamente sexa o lugar escollido polos agresores para realizar

a súa conduta lesiva ou, en casos, homicida? ¿Non será que as condicións de illamento,

inviolabilidade e difícil accesibilidade aos estraños son precisamente circunstancias

que favorecen unha maior “debilidade na defensa do ofendido”, motivo que conduce á

elección polo agresor? ou, negando a evidencia e mirando para outro lado, ¿debemos

apreciar que o feito de que a agresión se dea preferentemente no domicilio é casual?

É certo que non cabe apreciar dun modo xeral que toda conduta delituosa levada a cabo

no domicilio da vítima agrave de por si a responsabilidade criminal do agresor, como tampouco

o feito de que se realice a unha determinada hora do día permitiría a agravación

automática da circunstancia de tempo; a propia redacción da circunstancia xenérica,

segundo redacción do Código Penal de 1995, impediría esta interpretación. Non obstante,

tampouco parece admisible a negativa absoluta por parte dos nosos tribunais a introducir

na análise da conduta a especial consideración que debería merecer o feito de que

283 “Estudio de la jurisprudencia desde la perspectiva de género” en XV Congreso Estatal de Mulleres

Avogadas, Madrid, 2001, p. 24.

284 E segundo o estudo elaborado pola Asociació de Dones Juristes a que se fixo referencia con anterioridade,

de douscentos trinta e sete supostos analizados, en cento sesenta e seis deles a acción lesiva

produciuse no domicilio.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

119

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!