06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

118

A devandita autora conclúe na súa análise que “podería pensarse que coa entrada en

vigor do novo ordenamento penal diminuíu a especial protección que merece o domicilio

particular”; no entanto, precisa que “a resposta punitiva aumenta co novo Código Penal

de 1995” porque todo feito delituoso cometido na morada da persoa que resulta ofendida,

que leva consigo unha entrada ilexítima no devandito domicilio, constituirá ademais

un delito de violación de morada e non unha mera circunstancia de agravación xenérica,

ou, de ser o caso, específica”. 279

Seguindo o razoamento anterior, impecable ao meu xuízo, xorde entón a dúbida de se

quen lexisla pretendía, naqueles supostos en que non se produce unha entrada ilexítima

senón que, pola contra, o lugar onde se perpetra o delito constitúe tamén o domicilio do

agresor, facer diminuír, ou mesmo facer desaparecer por completo, a histórica protección

que no noso ordenamento mereceu o domicilio particular. Ou dito doutro xeito: ¿a vivenda

familiar posúe a merecida protección de que historicamente foi obxecto? Ao meu ver,

a resposta necesariamente terá que ser afirmativa; o feito de que quen lexisla variase a

configuración das circunstancias no novo Código Penal non quere dicir necesariamente

que desaparecese esa especial protección, e avala esta opinión os diferentes tipos

penais vixentes no Código Penal de 1995, 280 e a propia vixencia e especial protección

outorgada polo texto constitucional no seu artigo 18. 281 Quen lexisla non deixou de protexer

o domicilio no noso ordenamento; soamente optou por un criterio máis xenérico,

sendo este a referencia á “circunstancia de lugar” sempre que “debilite a defensa do

ofendido” ou “facilite a impunidade do delincuente”. 282

279 Figueroa Navarro, M. C.: Las circunstancias agravantes de morada y lugar, Opera Prima, Madrid, 1998,

p. 51.

280 O artigo 202 do Código Penal castiga o particular que entre en morada allea; o artigo 203 castiga o

que entre contra a vontade do seu titular no domicilio dunha persoa xurídica; o artigo 534 do Código

Penal castiga o funcionario público que entre nun domicilio sen o consentimento do morador, e o artigo

241,2 e 3 recolle os supostos específicos de roubo en casa habitada ou dependencias de casa

habitada respectivamente.

281 O artigo 18 da Constitución española establece, no seu punto 1º, que “se garante o dereito á intimidade

persoal e familiar”, e no seu punto 2º que “o domicilio é inviolable”.

282 O Tribunal Supremo, en sentenza do 6 de abril de 1998, axuíza un suposto especialmente significativo

en relación coa posible aplicación desta agravante. No relato de feitos probados consta que o procesado,

tras unha discusión coa súa esposa, lle lanza un coitelo que se crava no pescozo da vítima,

seccionándolle a xugular. Tras a morte da vítima o acusado duchouse, cambiouse de roupa e abandonou

a vivenda, pechando a porta da rúa e dobrando a chave ata que rompeu, quedando o cabezal

na súa man, e por tanto a pechadura anulada, e impedindo o acceso a ela.

Malia todo, o fundamento terceiro da citada resolución considera non aplicable a circunstancia prevista

no punto 2º do artigo 22 do Código Penal coa seguinte argumentación: “no novo Código, amplíanse

as circunstancias de lugar e tempo a supostos distintos dos de despoboado e nocturnidade, nos

cales as características do lugar ou do momento cronolóxico determinen debilitacións da defensa do

ofendido ou impunidade para o delincuente. Será preciso que tales características locais ou temporais

se aproveiten para levar a efecto o delito, con diminución do risco de defensa por parte da vítima, e do

perigo de descubrimento do delito e da captura do delincuente polos axentes da policía... Non se dan

as esixencias obxectivas para estimar as agravantes, posto que non pode cualificarse de lugar propiciador

da indefensión e a impunidade o domicilio conxugal, polo feito de que nel, tratándose de casados

de hai pouco, estean só o marido e a muller.” Véxase a sentenza do Tribunal Supremo do 6 de

abril de 1998. RX 1998/6228.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!