06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

pode producirse un incremento do devandito problema, para o cal é preciso protexela,

sen lesionar os seus dereitos e contribuíndo ao fortalecemento da súa posición”. 270

Resulta, por tanto, claramente contraditorio que, tras intentar saír desa situación de violencia

cotiá, con independencia da relación de afecto que poida unir os suxeitos, o anuncio

do abandono da relación constitúa o detonante da conduta delituosa que, en numerosas

ocasións, ten levado a vítima á morte, e á vez constitúa o argumento utilizado polos

nosos tribunais para facer decaer a posible aplicación dunha agravación da culpabilidade

por razón de parentesco; a posibilidade de establecer unha liña de actuación conxunta

dos representantes do poder executivo da Unión Europea fronte á violencia contra

as mulleres con resultado de morte choca frontalmente coa doutrina do Tribunal

Supremo, sobre todo, atendendo á rixidez da súa formulación.

Cómpre facer constar que esta doutrina xurisprudencial, ademais, choca frontalmente

cos desexos de quen lexisla, xa que, a través da reforma operada pola Lei orgánica de

modificación do Código Penal en materia de protección ás vítimas de malos tratos e da

Lei de axuizamento criminal, quen lexisla estende a posible aplicación do delito de violencia

habitual aos supostos en que entre agresor e vítima tivese existido con anterioridade

á realización do feito delituoso unha relación matrimonial ou de convivencia análoga

á conxugal, non esixindo en tales supostos a convivencia entre vítima e agresor;

modificación que ten lugar tras a constatación de que nunha porcentaxe moi elevada a

conduta violenta (sobre todo naqueles supostos en que se produciu un resultado de

morte ou lesións graves) se produce tras se teren separado os cónxuxes ou conviventes,

ou incluso tras a manifestación expresa da intención por parte dun deles (normalmente,

a que se converte posteriormente en vítima) de levar a cabo tal separación.

Precisamente, unha das principais novidades da devandita reforma é a incorporación

dos ex cónxuxes e ex conviventes como posibles suxeitos activos ou pasivos desta actividade

delituosa. 271

Coido que os motivos que conduciron o lexislador á citada reforma, e o contido desta,

deben constituír un argumento máis para sumar aos xa expostos en relación coa conveniencia

dunha modificación por parte dos nosos tribunais á hora de estimar ou non a

posible aplicación da circunstancia mixta de parentesco que permita un maior achegamento

da súa doutrina á realidade social xa constatada recentemente por quen lexisla.

Xa BAJO FERNÁNDEZ manifestou no seu momento que “a circunstancia mixta naceu

para lle outorgar ao xulgador un medio flexible de mutación da responsabilidade criminal;

non pode converterse nunha norma ríxida e de recursos máis pobres que os utilizados

na creación dos tipos penais” 272 . ORTS BERENGUER, máis recentemente, sinalou que

a “natureza mixta da circunstancia suscita o arduo problema de determinar cando ha de

realizar unha función e cando a oposta. E a verdade é que non hai unha pauta definitiva.

270 Documento de debate para a Conferencia de Ministros da Unión Europea sobre violencia contra as

mulleres, Santiago de Compostela, España, marzo, 2002, p. 9.

271 Artigo 173.2 do Código Penal, modificado pola Lei orgánica 11/2003, do 29 de setembro, de medidas

concretas en materia de seguridade cidadá, violencia doméstica e integración social dos estranxeiros:

“o que habitualmente exerza violencia física ou psíquica sobre quen sexa ou teña sido cónxuxe ou

sobre persoa que estea ou teña estado ligada a el de forma estable por relación de afectividade.....”.

272 Véxase Bajo Fernández, M.: El parentesco en el derecho penal, Bosch, Barcelona, 1973, p. 42.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

115

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!