06.05.2013 Views

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

pdf - Consello da Avogacía Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

que as unións de feito tiveron na nosa sociedade nos últimos anos; importancia que conduciu

ao recoñecemento de numerosos efectos xurídicos de asimilación ao matrimonio

legalmente constituído, tanto polo lexislativo como por parte de numerosos tribunais,

destacando neste ámbito as resolucións ditadas polo Tribunal Constitucional e a Sala I

do Tribunal Supremo. 266

Cómpre partir da consideración de que o xulgador debe ter presente, á hora de interpretar

a lei escrita, a realidade social do momento en que un determinado precepto debe

ser aplicado, de conformidade co punto 1º do artigo 3 do Código civil, 267 e á vez que

constitúe un presuposto ineludible o fuxir de criterios formalistas que outorguen prioridade

á existencia dun determinado vínculo sen ter en conta o propio contido da relación

que contempla ese vínculo; sobre todo á hora de axuizar condutas que lle esixen ao xulgador

tomar en consideración a natureza das relacións de familia que foron obxecto de

tantas modificacións nos últimos anos.

Non obstante, cómpre preguntarse se o acordo da Sala Segunda do Tribunal Supremo

do 18 de febreiro de 1994 non vulnera o espírito de quen lexisla, que a través da introdución

da circunstancia mixta prevista no artigo 23 do Código Penal lle outorgou ao xulgador

un mecanismo flexible, que debería ser aplicado na súa modalidade agravante,

atenuante, ou, de ser o caso, resultar indiferente atendendo “á natureza, aos efectos e

aos motivos” da propia actividade delituosa, e isto sobre a base de que, tal e como expuñamos

en páxinas anteriores, o fundamento da circunstancia mixta non radica na maior

ou menor gravidade do inxusto, senón na maior ou menor culpabilidade do autor, culpabilidade

que se deberá medir atendendo ás consideracións que tivo a ben establecer

quen lexisla: “natureza, efectos e motivos”.

Quen lexisla dotou o xulgador de dous tipos distintos de criterios a fin de valorar se a

relación de parentesco ten carácter agravatorio ou atenuatorio, ou, se é o caso, se resulta

indiferente. De carácter obxectivo será a natureza e os efectos do delito, e de carácter

subxectivo serán os motivos aducidos, e estes constitúen os únicos presupostos que

deben ser valorados polo xulgador.

Seguindo a doutrina maioritaria, non reviste maior gravidade nin reviste maior desvalor

matar un parente que un estraño; o que si pode é concorrer unha maior culpabilidade no

autor atendendo á natureza do delito, os efectos que produce nas relacións familiares e

os motivos que o conduciron a unha conduta de tal entidade; 268 en consecuencia, tampouco

reviste menos desvalor matar a quen foi cónxuxe que a quen o é; nin reviste

menos desvalor matar a quen anuncia unha separación fronte a quen non a anunciou.

266 Véxase Álvarez Lata, N.: Las parejas de hecho: perspectiva jurisprudencial, Derecho Privado y

Constitución, nº 12, Madrid, (1998), p. 7. Véxase sentenza do Tribunal Supremo, Sala 1ª, do 16 de

decembro de 1996, RX 1996/ 9020; sentenza do Tribunal Supremo, Sala 1ª, do 10 de marzo de 1998,

RX 1998/1272, entre outras.

267 O artigo 3, 1º do Código civil establece que “as normas interpretaranse segundo o sentido propio das

súas palabras, en relación co contexto, os antecedentes históricos e lexislativos, e a realidade social do

tempo en que han de ser aplicadas, atendendo fundamentalmente ao espírito e finalidade daquelas”.

268 Véxase Bajo Fernández, M.: O parentesco no dereito penal, Bosch, Barcelona, 1973, p. 38. Prats

Canut: “De la circunstancia mixta de parentesco” en Comentarios al nuevo Código Penal, 2ª ed.,

Aranzadi, 2001, p. 276.

O tratamento penal da violencia contra as mulleres

113

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!