26.04.2013 Views

Otite: cando a dor entra polo oído

Otite: cando a dor entra polo oído

Otite: cando a dor entra polo oído

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Otite: cando a dor entra polo oído | Revista | CONSUMER EROSKI http://revista.consumer.es/web/ga/20090101/salud/74474.php

auditivo externo favorecen a aparición das infeccións. Algúns dos microorganismos máis frecuentes

son as pseudomonas aeruginosa e o Staphylococcus aureus.

Estímase que un 10% da poboación padeceu otite externa algunha vez, cun pico de incidencia entre os

7 e os 12 anos, segundo información da Guía ABE. Infeccións en Pediatría. Guía rápida para a

selección do tratamento antimicrobiano empírico, escrita por membros do Departamento de Pediatría

do Hospital 12 de Outubro no 2007. A carón dos nenos e adolescentes, os nadadores tamén figuran

entre as persoas máis proclives a sufrilas. A diferenza da otite externa, a media está máis ligada a

procesos infecciosos e catarrais propios do outono, inverno e primavera. Sábese que a súa incidencia

aumentou de xeito rechamante nos últimos anos e tornouse nunha enfermidade "case universal" entre a

poboación infantil. Os datos revelan que a padecen entre o 20% e o 62% dos nenos, proporción maior

en menores de tres anos. Estímase que antes desta idade a sufriron entre o 50% e o 83% dos menores.

Ademais, arredor do 5% dos cativos que sufriron un episodio de otite teñen predisposición a

desenvolver otite media aguda de repetición, e a terceira parte deles vai padecer un novo episodio

nun mes, segundo as Guías Clínicas 2005 de Otite Media Aguda Infantil, elaboradas por Raquel

Martínez Bugarín. Malia a que estas otites medias as causan distintos axentes infecciosos, a infección

por neumococo é a responsable do 40% de todas as producidas por bacterias, segundo datos da

Asociación Española de Pediatría. (AEP).

Factores de risco e medidas preventivas

Algúns factores de risco das otites externas son a humidade ambiental, a natación, a suoración

excesiva, a exposición a unha temperatura ambiental elevada e á auga contaminada, ter unha

inadecuada hixiene dos oídos ou intentar botar fóra o cerume con movementos enérxicos, sufrir

traumatismos locais ao intentar extraelo con bastonciños ou debido ao uso de auriculares -ao

taponaren os oídos producen unha acumulación de cerume- ou padecer enfermidades inflamatorias

crónicas como o eccema, a dermatite seborreica ou a acne. As medidas que se deben adoptar para

previr a otite son utilizar o gorro ou tapóns para nadar, evitar a humidade no conduto auditivo

externo e limpalo enerxicamente.

Entre os factores de risco das otites medias figuran a idade (máis frecuentes nos dous primeiros anos

de vida), a asistencia a garderías, a lactación artificial, o fume do tabaco, o uso da chupeta, ter

antecedentes familiares e certos factores xenéticos, a posición que se adopte durante o sono, a

estación do ano, as alteracións inmunolóxicas e as enfermidades asociadas, segundo un estudo de A. I.

Navazo Eguía, do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario de Burgos publicado no

2008 no Boletín de Pediatría da Sociedade de Pediatría de Asturias, Cantabria e Castela e León. Para

previr este tipo de otite pódense administrar vacinas que protexen dos patóxenos culpables, amais de

evitar os factores anteriores. Un exemplo é a vacina antineumocócica conxugada heptavalente, que

prevén a otite media aguda causada polo neumococo arredor do 35% e de máis do 55% para os

serotipos incluídos na vacina, informa a AEP.

A cada diagnóstico, o seu tratamento

A época do ano na que aparecen, a presenza ou non de febre, a

mucosidade e a perda ou non de audición son boas pistas para

saber que tipo de otite se padece, aínda que o diagnóstico

2 de 3 29/05/2009 11:47

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!