19.04.2013 Views

OS TOUROS DE FONTAO - Transmedia 2009

OS TOUROS DE FONTAO - Transmedia 2009

OS TOUROS DE FONTAO - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

XENÉTICA

FONTAO Nº5

OS TOUROS DE FONTAO

PASAN CON NOTA A ÚLTIMA RONDA DE CALIFICACIÓN

Megamagic e Morodo Rojo

ALH Elegant

ELEGANT CONSÁGRASE

COMO TOURO DE ELITE

NA SÚA SÉTIMA PROBA

Mario Xacobeo

XACOBEO

REVALIDA A SÚA POSICIÓN

DE LIDERATO EN ESPAÑA

Badiola Megamagic

Outubro 2009

MEGAMAGIC

EXCELENTE CON 32 MESES

DE IDADE

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 EDITORIAL 3

O VALOR DO ESFORZO

En Xenética Fontao estamos de noraboa.

As últimas valoracións xenéticas (tanto de

CONAFE coma de Interbull) revalidaron a calidade

dos nosos mellores sementais, á vez

que avalan o despuntar de novos touros que

poden dar moitas alegrías no futuro. Como

era de esperar, Mario Xacobeo continúa a liderar

o ránking español, mentres consolida

posicións en Holanda e o Reino Unido e se coa nun meritorio 40º posto

no Top 100 TPI USA Internacional. Dancer, que xa é líder para ubres en

España e Holanda, gaña posicións no Reino Unido e é reclamado desde

lugares tan remotos coma Nova Celandia.

Outros astros do firmamento de Fontao, coma Cid, Elegant ou Moes,

ven reafirmada a súa xa recoñecida valía na última publicación de probas

de CONAFE. Por outra banda, sementais coma Stio, Valerón, Sacho

ou Javito reciben uns índices que permiten predicir prometedoras carreiras.

En canto á última ronda de calificación, comprácenos en especial que

as boas puntuacións non foran parar só aos sementais probados. Animais

da cabana de Xenética Fontao en espera de proba estrean calificacións

que poden considerarse espectaculares. Xovencos coma Badiola

Megamagic ou Morodo Rojo teñen todas as papeletas para converterse

en breve en excelentes sementais.

Esta calidade observada nos animais máis novos é a demostración

palpable de que o éxito da nosa cabana non se basea na aparición de

“estrelas” ocasionais. Pola contra, a mellora xenética impulsada por

Xenética Fontao é xa un edificio completo, con sólidos cimentos, grosas

paredes e unha espléndida cúpula.

É o resultado de anos de traballo para conseguir as mellores liñas xenéticas

do mundo, aplicalas nos nosos animais e contribuír así ao desenvolvemento

xeral da raza frisona no noso país. Neste arduo camiño foi

fundamental a contribución dos nosos técnicos e, desde logo, da Xunta

de Galicia e a Federación Frisona Galega, copartícipes na xestión de

Xenética Fontao. Pero o que hoxe queremos destacar desde estas liñas

é o papel que desempeñaron os destinatarios finais do noso esforzo: os

criadores. Eles son os que, a base de ilusión e traballo duro, conseguiron

ascender á Holstein Champions League e xogar cos mellores.

XENÉTICA FONTAO

ediTA:

XeNÉTicA FONTAO S.A.

Fontao, Esperante. Aptdo. 128

27080. Lugo

Tfno: +34 982.284.391

Fax: +34 982.284.626

e-mail: xeneticafontao.agri@xunta.es

Web: www.xeneticafontao.com

PROdUciÓN:

Transmedia Comunicación & Prensa

Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A

27002. Lugo

Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893

e-mail: transmedia@ctransmedia.com

Web: www.transmedia.es

Tirada :

7.000 exemplares

dePÓSiTO LeGAL:

LU 173-2008

ÍNdice

TOUROS PROBADOS: ELEGANT...... 4

RONDA DE CALIFICACIÓN............... 8

O SISTEMA aAa...........…................ 11

PROBAS DE VERÁN....................... 12

4 TOUROS PROBADOS

ELEGANT,

A CONFIRMACIÓN DUNHA PROBA

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009

Trala publicación das últimas probas españolas de sementais (CONAFE, xullo do

2009), ALH Elegant, un semental de Xenética Fontao, conságrase como un touro de

elite ao situarse no posto 14 dos mellores touros por ICO. Este membro da recoñecida

familia “Converse Judy” confirma así o seu poder de transmisión, con case 200 fillas

de primeira colleita e despois de superar con éxito 7 probas consecutivas.

ALH Elegant

ALH Elegant é un semental nacido

hai agora algo máis de 8 anos

que chegou a Xenética Fontao

con pouco máis de seis meses de idade,

o 28 de febreiro do 2002. Desde entón

tivo un desenvolvemento espectacular

e converteuse nun touro de gran morfoloxía,

que amosa tremenda capacidade

(EX-94), grande estrutura leiteira (EX-

90), unha grupa perfecta (EX-92) e patas

de gran calidade (MB-89). Todo isto con-

vérteo no touro con máis alta calificación

morfolóxica neste momento en Xenética

Fontao: EX-92. Como méritos que xa figuran

no seu pedigrí destacamos o premio

Superior Produción outorgado no

ano 2006 (SP ’06) e o premio Superior

Tipo do ano 2007 (ST ’07).

Elegant é un fillo de Ricecrest Emerson

EX-96, semental americano descendente

directo de Emprise Bell Elton EX-95 e da

célebre vaca nai Wa-Del RC Blckst Martha

ET EX-93 2E USA GMD DOM 2*.

Emerson, o pai de Elegant, foi un touro

ao que ás veces se lle atribuíu certa irregularidade

no seu patrón de transmisión,

se ben hoxe en día, e 15 anos despois do

seu nacemento, ten unha proba española

con máis de 3.000 fillas e que achega datos

moi relevantes, sobre todo para leite

e proteína, e máis que correctos para

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 TOUROS PROBADOS 5

Romualdo Tonecha Elegant MB-85

patas e ubres. A estrutura e capacidade

en xeral, e o ubre posterior en particular

(altura e anchura), son os seus caracteres

morfolóxicos máis débiles. Precisamente

estes últimos rasgos son dúas

das grandes virtudes presentes na familia

“Converse Judy”. Quizais neste acoplamento

correctivo resida o equilibrado

patrón de transmisión de Elegant.

A FAMILIA MATERNA: “CONVERSE

JUDY”

A familia “Converse Judy” está de plena

actualidade. As femias desta familia

destacaron en sucesivas xeracións pola

gran morfoloxía e as súas altas producións

de leite con moi boas calidades de

graxa e proteína.

Elegant está precedido por 6 xeracións

de vacas MB ou EX, catro das cales son

GMD DOM en EE.UU. A súa nai é unha

Os caracteres máis débiles da

familia paterna de Elegant son

corrixidos pola familia materna, co

que queda un equilibrado patrón de

transmisión

célebre filla de Manfred, Morningview

Mnfd Jabber ET, calificada MB-86 en

EE.UU e con case 50.000 quilos de leite

producidos en dúas lactacións, ao

3,70% de graxa e 3,40% de proteína. Esta

vaca ten unha selecta descendencia,

na que á parte de Elegant (sen dúbida o

seu fillo máis destacado) figuran outros

seis touros en diversos centros de inseminación

de Canadá e EE.UU, e varias

femias: Kleverland Capri Cassy ET MB-

87 (con dous fillos en proba en EE.UU),

Morningview Emrsn Justic ET MB-87,

en primeiro parto e irmá completa de

Elegant, cun rexistro de 19.990 quilos de

leite ao 3,60% de graxa e 3,30% de proteína

na súa primeira lactación e dous

sementais en proba en centros de inseminación

americanos, e Morningview

Cnvncr Jolt ET EX-91 USA GMD DOM,

que tamén é nai de sementais e ten catro

fillos en proba en EE.UU.

Pero son quizais as súas dúas fillas

con Aaron, unha en Holanda e outra en

EE.UU, as que máis destacan pola calidade

da súa descendencia. Aaron Jabber

MB-85 en primeiro parto en Holanda, ten

23 fillos en centros de inseminación. Un

deles está en espera de proba en Xenética

Fontao, o seu fillo con Six: Bos Six

Sixilo ET, froito do contrato de Jabber co

semental número 1 de España por ICO

daquel momento: Edgemont Wade 2365

Six ET . Unha proba que evidencia o intenso

poder de transmisión desta vaca é

que as súas 6 primeiras fillas foron calificadas

MB en primeiro parto.

Por último está Morningview Aaron

Juco ET MB-88 USA GMD DOM, cunha

primeira lactación de 14.402 quilos de

leite ao 3,60% de graxa e 3,50% de proteína,

con tres fillos en proba en EE.UU

e varias fillas e netas destacadas, todas

elas nais de sementais, pero mención

especial merecen as que proceden do

cruce de Aaron Juco con Champion:

Morningview Chmpn Flora ET EX-91

USA e Bos Champion Judith ET MB-

88, que é unha das vacas emblemáticas

hoxe en día na UTE de Bos. Judith, unha

vaca de espectacular morfoloxía e altísima

produción (14.035 quilos de leite

ao 3,30% de graxa e 3,30% de proteína

na súa primeira lactación), ten 19 descendentes

rexistrados, dos que tres son

sementais de Xenética Fontao: Bos Goldwyn

Judo, en espera de proba, e os dous

irmáns completos Bos Quintian Airraid

Rouco ET e Bos Baixo Airraid Xudan ET,

que se porán en proba proximamente.

Como curiosidade cómpre dicir que Flora,

a irmá completa americana de Judith,

ten un fillo en proba en EE.UU, e tamén é

un fillo con Airraid.

Morningview Converse Judy EX-93 GMD DOM

A avoa materna de Elegant, Mornin-

gview Converse Judy EX-93 USA GMD

DOM, unha vaca de tremenda estrutura e

6 TOUROS PROBADOS

Rego Elegant Sonia 8797

Paulina Eleg. Unai Celeiro S.C.

fantástico ubre, é sen dúbida a peza clave

nesta familia. Judy (quizais a mellor filla

do semental americano Highlight Converse

ET) produciu en dúas lactacións

máis de 45.000 quilos de leite ao 4,30%

No 2006, na súa primeira valoración

oficial, Elegant xa superou os 2.000

puntos de ICO. Na actualidade ten

2.292, ocupando o posto número 14

de España

de graxa e 3,50% de proteína e deixou

unha ampla descendencia, entre a que

se atopan 7 sementais probados e 6 femias,

todas calificadas MB e catro delas

coas distincións honoríficas de GMD DOM:

as irmás completas Morningview Mnfd Jabber

ET (nai de Elegant) e Morningview

Manfred Judy ET MB-85 USA GMD DOM;

Morningview Belwood Judy ET MB-85

USA; outras dúas irmás completas fillas

de Gibbon, Morningview Gibbon Jewel

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009

As fillas de Elegant son vacas

rendibles nos establos, lonxevas, con

boas producións e morfoloxía moi

correcta

ET MB-87 USA e Morningview Gibbon

Judy ET MB-85 USA GMD DOM (nai á

súa vez de Morningview Mtoto April MB-

89 GMD DOM e Leggo BW Marshall Judy

ET EX-92, ambas recoñecidas nais de

sementais); e, por último, Morningview

Form Ashley ET MB-88 USA, nai do actual

semental número 3 do TOP LPI canadiense,

Morningview Ashlar ET.

Morningview Converse Judy, considerada

como unha das mellores vacas

americanas para mérito neto ($NM),

está precedida por catro xeracións máis

de vacas MB ou EX que se remontan 30

anos atrás no Libro Xenealóxico da Asociación

Holstein Americana.

A PROBA DE ELEGANT

Elegant obtivo a súa primeira valora-

ción oficial en xullo do ano 2006. Con 33

fillas para tipo e 59 para produción, era

xa un semental cunha proba moi balanceada

que superaba os 2.000 puntos de

ICO. Hoxe en día, e despois de seis valoracións

máis, con case 200 fillas e un

95% de fiabilidade, a súa proba é igual

de equilibrada ca entón, pero mellorou

en practicamente todos os seus rasgos

(tanto de tipo coma de produción), alcanzando

un ICO de 2.292 que o sitúa no número

14 dos mellores sementais por ICO

de España.

Despois de triplicar o número de fillas

valoradas, os seus datos de produción

achegan unha clara melloría en quilogramos

de leite e proteína. En canto ao

tipo, multiplica por 6 o número de fillas

calificadas e obtén claros incrementos

nos datos de tipo en xeral (pasando o

seu IGT de +1,04 a +1,77), estrutura e capacidade

(de +0,48 no seu ICAP a +1,24),

angulosidade (de +0,44 a +1,25) e, sobre

todo, de patas e pés (o IPP sobe de +1,70

a +2,71), rasgo este último no que Elegant

é un claro mellorante, figurando entre os

mellores touros españois para este ca-

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 TOUROS PROBADOS 7

rácter e, particularmente, para o ángulo

podal (+3,18).

En referencia ás insercións do ubre

(sobre todo posteriores), os valores xenéticos

da súa primeira proba oficial

estaban fortemente influenciados polo

peso do pedigrí, pero melloraron considerablemente

a medida que incorporou

novas fillas calificadas. Outros rasgos

destacados son a súa alta lonxevidade

(+111) e un tan coñecido como estimado

por todos os gandeiros: a súa altísima

fertilidade.

As fillas de Elegant son vacas rendibles

nos establos de hoxe en día, lonxevas,

con boas producións e morfoloxía

moi correcta. É un touro fácil de usar en

calquera acoplamento, pola baixa consanguinidade

(tanto do seu propio pedigrí

como coa poboación de vacas actual)

e a ausencia de marcados defectos morfolóxicos.

Elegant foi un touro intensamente usado

en datas recentes. Proba diso é o gran

número de fillas rexistradas que figuran

xa no Libro Xenealóxico español da raza

frisona (5.465). No seu numeroso segundo

grupo de fillas xa se poden apreciar

xovencas de gran morfoloxía que destacan

nas pistas dos concursos.

Elegant é un touro fácil de usar en

calquera acoplamento, pola baixa

consanguinidade e a ausencia de

marcados defectos morfolóxicos

Os mellores resultados conséguense

sobre todo cando se usa a Elegant sobre

vacas con marcado carácter leiteiro, insercións

posteriores do ubre altas e anchas

que necesitan unha clara melloría

a nivel de patas e pés. Non debemos esquecer

que Elegant ocupa un posto moi

destacado entre os mellores touros para

este rasgo, entre todos os sementais,

tanto nacionais coma estranxeiros, con

proba española.

Fontestriz Elegant Elegante

XeNeALOXÍA

♀ MORNINGVIEW AEROSTAR JIX ET MB-87 USA

♀ MORNINGVIEW CONVERSE JUDY EX-93 USA GMD DOM

♀ MORNINGVIEW MNFD JABBER ET TV MB-86 USA GMD DOM

♂ ALH ELEGANT EX-92 TL TV SP ’06 ST ’07

8 CALIFICACIÓN

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009

BOS RESULTADOS

NA ÚLTIMA RONDA DE CALIFICACIÓN

EN XENÉTICA FONTAO

Xenética Fontao acolleu hai unhas semanas a ronda de calificación. Esa xornada supón

para o centro, como para moitos gandeiros da raza frisona, un día no que esperamos

obter boas calificacións e, sobre todo, que estas respalden con contundencia os

touros probados de elite ou os mellores pedigrís no caso dos sementais novos.

Afortunadamente, así foi.

Calificados 80 touros, o resultado

final dá unha cifra próxima

ao 70% de animais calificados

BB ou mellor, o que colmaría as expectativas

de calquera gandeiro, máxime en

explotacións coma a de Xenética Fontao,

que acolle máis de 400 touros Holstein

de todas as idades.

Badiola Megamagic EX-90

A calificación máis destacada foi para

Badiola Megamagic, un semental novo en

espera de proba que foi calificado EX-90

con 32 meses de idade, quizais o touro

máis novo en recibir unha calificación tan

alta na historia da raza frisona do noso

país. Megamagic é un fillo de Dúplex e de

Badiola St. Megamática ET MB-89, vaca

número 2 por ICO de España e destacado

membro da familia Megate, liña xenética

desenvolvida na Ganadería Badiola (Asturias).

Por certo, Xenética Fontao conta

con outro descendente desta vaca, o

seu fillo con Chamoso, Bos Chamoso M-

Chalar ET, que se porá en proba proximamente.

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 CALIFICACIÓN 9

Megamagic é un xovenco de espectacu-

lar morfoloxía, con gran desenvolvemen-

to e tremenda potencia para un animal

da súa idade. Destacan ademais o seu

profundo costeleiro e a gran calidade das

súas patas. As rexións máis importantes

na calificación dun touro son excelentes

no caso de Megamagic: 92 puntos en estrutura

e 91 para patas e pés e estrutura

leiteira. Este touro posúe uns índices

xenéticos de pedigrí realmente elevados,

cun ICO de 2.956, un índice para tipo de

3,40 e 1.220 quilos para leite.

A calidade da súa descendencia é xa

evidente nas súas fillas novas, xatas con

moito estilo, grande estrutura leiteira e

moi boas patas e pés. Megamagic foi un

touro moi demandado polos gandeiros,

incluso de países tan lonxanos coma Canadá,

a onde se exportaron doses no seu

día. Este verán xa empezaron a nacer alí

as súas primeiras fillas.

Outro touro novo, neste caso con a penas

26 meses de idade, fíxose coa segunda

mellor calificación, MB-88: ALH Admiraal

Morodo ET Rojo (Morodo Rojo). Este

xovenco vermello de sólida estrutura (88

puntos) e inmellorables patas e pés (89

puntos) é fillo de KHW Kite Advent-Red

ET EX-94 USA (un referente mundial para

tipo no Holstein vermello) e de Golden-

Circle Reba Red ET, unha vaca vermella

calificada MB-85 en EE.UU, que descende

dunha das mellores vacas vermellas de

todos os tempos: Sellcrest No Rachel Red

EX-94 USA GMD DOM.

Morodo é, sen dúbida, o mellor touro

vermello que se viu en Xenética Fontao,

e as súas fillas (que empezan a nacer)

están a espertar moi boas sensacións

entre os seus gandeiros propietarios.

Outros touros en espera de proba e

que recibiron altas calificacións son:

Badiola Megamagic foi calificado

EX-90 con só 32 meses de idade.

Quizais ningún touro tan novo tiña

recibido unha calificación tan alta

en España ata o momento

ALH Admiraal Morodo ET Rojo MB-88

Dos 80 touros calificados en Xenética

Fontao na última ronda, o 70% é BB

ou máis

Bos Shottle Lombo ET MB-85 (Shottle x

Bos Wade Quintana ET EX-90 2E), ALH

Superman Maher ET MB-85 (Shottle x

Mayerlane-Sa Durham Mae ET EX-92 2E

USA GMD DOM), Bos Modest Model ET

MB-85 (Modest x Windy-Knoll View Pledge

EX-95 2E USA GMD DOM), etc.

Como touros probados podemos destacar

a Bos Cid Allen Maciñeiro ET (Allen x

Bos Celsius Maciñeira ET), touro probado

e número 7 por ICO de España, que alcanzou

a puntuación de MB-88 aos seus

cinco anos de idade grazas á excelente

estrutura, a súa grupa perfecta e o gran

carácter leiteiro que amosa.

Son, sen embargo, os xovencos máis novos

os que alcanzaron calificacións realmente

altas en relación ás súas curtas

idades. Parece evidente que o crecente nivel

xenético destes animais, procedentes

das mellores familias de vacas do mundo

e fillos de destacados sementais do momento,

conleva unha alta corrección morfolóxica,

que confiamos sexa transmitida á

súa futura descendencia. Entre todos eles

destacamos os seguintes:

• Bos Bolton Boimorto ET BB-84

(Familia Hillary).

• Bos Wildman Orto ET BB-84 ---

(Familia Gypsy Grand).

• Ridgefield Ashers ET BB-84 ----

(Familia Ashlyn).

• Ridgefield Delete ET BB-83 ----

(Familia Alicia).

• Ecstasy Al Rojo ET BB-83 -----

(Familia Tina).

• Venturo Bolton Brianne BB-83 --

(Familia Menthe).

• Bos Toystory Token ET BB-83 --

(Familia Bellwood Linda).

• Bos Goldwyn Belenos ET BB-83

(Familia Aeroflower).

• Bos Shottle Ambar ET BB-83 --

(Familia Bellwood Linda).

• Bos Lou Calino ET BB-83 ------

(Familia Mtoto Calico).

• Bos Lou Albares 7712 ET BB-83

(Familia Blackstar Raven).

ALH Superman Maher MB-85

10 CALIFICACIÓN

Ecstasy Al Rojo ET BB-83 Ridgefield Delete ET BB-83

Ridgefield Ashers ET BB-84

No que se refire á calificación de fillas

de touros de Xenética Fontao en explo-

tacións, podemos destacar algunhas das

últimas “Xacobeo” do seu primeiro grupo

de fillas, así como as recalificacións

daquelas que xa están en segunda lactación,

as boas puntuacións alcanzadas

polas “Cid” nos seus primeiros partos,

as das fillas de Ross, Lucus, Moes, Javito,

Pazos, Valerón ou Sacho, e mesmo

auténticos “touros promesa”, como

é o caso de Stio, con fillas que amosan

unhas características morfolóxicas verdadeiramente

impactantes no referente

a estruturas leiteiras, ubres, patas

e calidade en xeral. As recalificacións

das fillas de Dancer confirman sen dúbida

algunha a madurez que estes ani-

Os xovencos máis novos

alcanzaron calificacións realmente

altas en relación ás súas curtas

idades. Parece evidente o crecente

nivel xenético destes animais

mais van adquirindo coa idade e as altas

producións de leite que alcanzan xa en

segundos partos, mantendo uns ubres

realmente fantásticos.

Por último, unha merecida homenaxe

desde estas páxinas aos touros veteranos

de Xenética Fontao, algúns deles

auténticas lendas vivas, con miles de

fillas nas súas probas (practicamente

invariables desde o primeiro día) e que

aínda están entre os mellores touros españois,

como son Six ou Landoi, dos que

se seguen a calificar fillas MB, mesmo

de primeiro parto, como é o caso de Tasil

Six Seda 3098 MB-85 SM-85 (Ganadería

Silva, Dozón, Pontevedra) ou de Penedos

9771 Maura Landoi MB-85 SM-86 (SAT

Os Penedos, A Pastoriza, Lugo).

Mención especial para aqueloutros

touros que xa forman parte da historia,

pero que deixaron unha pegada imborrable

na cabana frisona galega e española,

como foron Lérez, Louro ou Cubeiro,

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009

dos que aínda se calificaron fillas nesta

última ronda. Algunhas delas chegaron

ao máis alto en canto a calificación morfolóxica

se refire, a categoría Excelente:

Baixo 588 Louro Mistry (Baixo de Hermida,

Sarria, Lugo), As Cargas Lérez 075

(Gandería As Cargas, SC, Mesía, A Coruña)

ou Sabiola Cubeiro Pereira (Unai

Celeiro SC, Láncara, Lugo).

A vaca Sabiola Cubeiro Pereira converteuse

na primeira filla dun touro de

Xenética Fontao en ser calificada dúas

veces Excelente. Sabiola, que acaba de

finalizar a súa quinta lactación, produciu

máis de 70.000 quilos de leite ata o

momento, cun récord na súa cuarta lactación

de 16.118 quilos de leite en 309

días. Sabiola ten dúas fillas na explotación

Unai Celeiro SC, de Láncara (Lugo),

unha delas con ALH Elegant. Malia que

aínda non cumpriu os 7 anos de idade,

está seca nestes momentos, próxima a

realizar o seu sexto parto. Sabiola espera

unha filla de... Mario Xacobeo.

Baixo 588 Louro Mistry EX-90. Baixo de Hermida (Sarria, Lugo) Sabiola Cubeiro Pereira EX-90 2E, Unai Celeiro SC (Láncara, Lugo)

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 CALIFICACIÓN 11

A ANÁLISE aAa,

UNHA FERRAMENTA MÁIS PARA

GANDEIROS E CENTROS DE I.A.

O

sistema aAa, máis coñecido

como Triple A, é un sistema de

análise (que non de calificación)

dos animais, tanto machos coma femias,

empregado como unha ferramenta máis

para realizar acoplamentos correctivos.

A finalidade é obter unha descendencia

libre dos defectos que puideran ter os

seus proxenitores. Este sistema, non

moi ben coñecido no noso país, é amplamente

usado nalgúns países europeos

e, sobre todo, americanos. O estadounidense

James Sarbacker e o holandés

Jan Schilder, analizadores do sistema

aAa, estiveron recentemente en Xenética

Fontao e asignáronlles aos nosos touros

os códigos aAa correspondentes.

O sistema aAa foi creado e desenvolvido

por Bill Weeks hai máis de 60 anos en

Estados Unidos. Weeks era calificador da

Asociación Holstein do seu país, á vez que

dirixía un modesto pero excelente rabaño

Holstein no estado americano de Vermont,

o Skyway Herd. A primeira vaca con

este prefixo naceu en 1942 e chamouse

Skyway Marigold Pride EX-92, gran campiona

en multitude de shows e feiras da

época e cuxa descendente directa, cinco

xeracións despois, Skyway Esteem, foi a

primeira vaca Holstein en ser calificada

oito veces consecutivas. Desta familia

procede Paclamar Bootmaker, unha das

lendas da raza. Deste pequeno rabaño,

con a penas 15 vacas en produción, saíron

máis de 30 animais calificados EX, catro

vacas GMD e tres touros GM.

O sistema aAa xorde, pois, da mente

dun gran criador da raza, que buscaba

con ansia un método para obter unha rápida

mellora dos seus animais xeración

tras xeración. Despois de aplicar o sistema

Triple A no seu propio establo, Weeks

deixa o seu traballo como calificador e

desenvolve un servizo de asesoramento

en ganderías particulares, que se van incrementando

en número paulatinamente.

Máis tarde, e por presión dos propios

criadores, son os centros de inseminación

os que requiren a análise aAa para

os seus touros. Hoxe en día son decenas

de países os que teñen miles de animais

analizados coa Triple A.

O sistema baséase na estreita relación

existente entre as distintas partes

do corpo do animal, o que determina a

súa funcionalidade: un defecto (ou falta

de calidade) nunha parte do corpo

do animal pode implicar un problema

noutra parte ou función do mesmo.

Hai seis cualidades externas básicas,

representadas polos códigos numéricos

1, 2, 3, 4, 5 e 6, co seguinte significado:

1- dAiRY: É a habilidade ou capacidade

dun animal, que posúe un tamaño suficiente,

para producir moito leite dun xeito

eficaz.

2- TALL: Animais de crecemento rápido,

altos, con ubres recollidos, alonxados

do chan, que permitan un muxido

fácil e rápido.

3- OPeN: Formas abertas, animais con

lombos fortes, costelas abertas e grupas

anchas. Teñen máis espazo para o

ubre, desprázanse mellor e son máis

lonxevos.

4- STRONG: Animais que maduran coa

idade e alcanzan un bo tamaño de adultos.

Ubres e patas sans, bo funcionamento

do aparato reprodutor, o respiratorio,

etc.

Unificación de criterios de calificadores de

EE.UU e Canadá. Coa cabezada, Bill Weeks

(Michigan, EE.UU, 1947)

5- SMOOTH: Animais con formas anchas

e amplitude en xeral, teñen menos

problemas. Morro ancho, patas dianteiras

ben separadas e aplomadas, lombo

ancho, flancos profundos, insercións de

ubre anchas, etc.

6- STYLe: Animais finos, elegantes e

con moi boa aparencia xeral. Teñen máis

valor en subastas e concursos.

Estas seis cualidades teñen a mesma

importancia e son esenciais para a funcionalidade

dunha vaca leiteira. O código

aAa dun touro indica cales destas cualidades

transmite con máis intensidade

e o dunha vaca, cales delas precisa con

máis prioridade.

Así, un touro coma Xacobeo ten un código

aAa 426153, o que quere dicir que as

súas fillas son vacas con excelente madurez,

gran calidade de patas, ubres moi

recollidos, saudables e de fácil muxido,

de grande estatura e con moito estilo. O

seu acoplamento ideal sería, pois, sobre

vacas de pouca estatura e formas redondeadas,

que precisen mellorar patas,

ubres e carácter leiteiro.

Foi o propio Bill Weeks, hai xa máis de

30 anos, o que lles recomendaba aos

gandeiros o emprego de sementais que

combinaran os números 4, 2 e 6 nos primeiros

lugares do seu código aAa, pois

ademais de ser os máis escasos, eran

os que lles proporcionarían fillas máis

lonxevas e con menos problemas, as

máis axeitadas para soportar altas producións

de leite durante moito tempo.

12 PROBAS

OS TOUROS DE FONTAO

CONSOLÍDANSE NAS PROBAS DE

VERÁN DE CONAFE E INTERBULL

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009

O pasado mes de xullo publicábanse as probas españolas de sementais e pouco

despois tiñamos as de distintos países europeos e americanos, así como as probas

Interbull. Como vén sendo habitual, os touros de Xenética Fontao posiciónanse ben,

non só no ránking nacional senón tamén nos internacionais. Mención especial para

Mario Xacobeo, que ademais de revalidar o seu liderato en España aparece nun

honroso posto 40º no Top 100 TPI USA Internacional, o que respalda aínda máis o

seu xa recoñecido prestixio a nivel mundial.

0316 Dancer

Tendo en conta que Xenética Fontao

pon en testaxe practicamente

a metade dos touros en proba

de todo o territorio nacional, non é de

estrañar que estes, unha vez probados,

acaparen a metade dos mellores postos

dos distintos ránkings. Así, dos 50 mellores

touros españois por ICO, 21 son de

Xenética Fontao. Dos 15 mellores touros

nacionais para produción de leite, 10 son

de Fontao, e no listado dos mellores 15

touros para quilos de proteína aparecen

8 co selo de Fontao.

Mellores cifras aínda nos datos de morfoloxía,

onde non só 9 touros de Xenética

Fontao se sitúan entre os 15 primeiros

touros españois por tipo, senón que para

rasgos tan importantes coma os ubres,

os catro mellores touros españois son

Dancer, Divino, Xacobeo e Sacho, auténticos

líderes da raza para este carácter.

Dancer é incluso o absoluto número 1 en

ubres de todo o catálogo de sementais

Dos 15 mellores touros nacionais

para producción de leite, 10 son de

Xenética Fontao

probados en España (touros nacionais

máis touros estranxeiros), no que dos 15

primeiros postos, cinco están ocupados

por touros de Xenética Fontao.

Respecto ás probas internacionais e Interbull,

estas reflicten que os nosos bos

touros tamén o son noutros países, ben

con probas convertidas (Interbull), ben

con probas reais, cando os nosos sementais

teñen fillas neses lugares.

É o caso de Dancer, que con 65 fillas

na súa proba holandesa é número 1 en

ubres nese país e número 5 en tipo. Estas

65 fillas de Holanda, xunto coas máis

de 300 que ten en España, axúdano con

forza na súa proba Interbull. Dancer

aparece posicionado entre os mellores

touros para ubres e tamén para tipo, por

exemplo, no Reino Unido, onde, xunto con

Xacobeo, está a ser intensamente usado

polos gandeiros. Así, nun futuro, Dancer

non só terá proba oficial en países coma

España, Holanda e o Reino Unido (onde

xa ten máis dun cento de fillas rexistradas),

senón tamén en Canadá, a onde xa

se exportaron milleiros de doses. Por

Dancer amosaron interese países tan

lonxanos coma Nova Celandia, e é que é

un líder da raza en ubres a nivel internacional.

E qué dicir do líder español, Mario Xacobeo,

reforzado no seu liderato despois

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 PROBAS 13

Cabanas Pericas Ross Marey Xacobeo Fiorena

destas probas de verán, nas que se con-

solida como número 1 por ICO e núme-

ro 2 en tipo en España. En Holanda, a

súa proba Interbull sitúao á cabeza dos

ránkings de tipo (número 3) e de ubres

(número 1), á par de sementais da sona

de Goldwyn, Shottle ou Durham. O mesmo

ocorre no Reino Unido, onde lidera

de xeito absoluto a lista dos mellores

touros para tipo (número 1) e sitúase no

número 4 para ubres.

Sen embargo, a meirande fazaña de Xacobeo

quizais teña sido aparecer nun dos

ránkings máis esixentes do mundo, o Top

100 TPI USA Internacional, confirmándose

como un dos mellores fillos que tivo

Bw Marshall.

O prestixio de Xacobeo está fóra de

toda dúbida, pois é xa un recoñecido pai

de sementais a nivel internacional. O

seu seme é obxecto dunha gran demanda

e exportouse xa a máis dunha ducia

de países, mesmo ultimamente a países

escandinavos coma Suecia e Finlandia,

que valoran enormemente, e desde hai

moitos anos, os denominados rasgos de

saúde, que tanta notoriedade están a cobrar

en todo o mundo (facilidade de parto,

lonxevidade, células somáticas, etc.),

para os que Xacobeo é tamén un semental

destacado.

Os catro mellores touros españois

para ubres son Dancer, Divino,

Xacobeo e Sacho

O seme de Mario Xacobeo

exportouse a máis dunha ducia

de países, onde é apreciado como

mellorante dos rasgos de saúde

Algúns comentarios sobre as probas

doutros touros que figuran entre os mellores

de Xenética Fontao:

cid. Rotunda confirmación dunha gran

proba para quilos de leite e proteína e,

sobre todo, para tipo, máxime tendo en

conta que dobra o número de fillas na

súa proba de produción e que incorpora

120 novas fillas calificadas na súa proba

de tipo. Cid sitúase no número 7 por ICO

e o número 3 por tipo dos touros españois.

Cantorna Moes 1471

eLeGANT. Grande estabilidade na súa

proba, con case 200 fillas de primeira

colleita. As súas fillas son vacas rendibles

con alta lonxevidade e moi correcta

morfoloxía. Ocupa o posto número 14

por ICO e é un dos mellores touros para

patas e pés. Prometedor segundo grupo

de fillas.

MOeS. Engade 50 fillas na súa proba

de conformación e 20 na de produción.

As súas fillas son vacas de altísimas

producións con moi boa morfoloxía. É o

terceiro mellor touro español para leite

e o número 5 por ICO.

ROSS. A súa proba alcanza un 96% de

fiabilidade despois de incorporar 245

14 PROBAS

Matias Lucus 128 2076

novas fillas en tipo, que mellora consi-

derablemente, e 154 en produción, que

practicamente permanece estable. As

súas fillas son vacas de moi boas patas

e ubres. Baixísimos recontos de células

somáticas.

LUcUS. Proba estable con moita fiabilidade.

Lixeiros axustes á baixa nalgún

rasgo (100 quilos en leite ou 0,5 puntos

en ubre), que non deberían estrañar se

pensamos que engade case 260 fillas na

súa proba de tipo e 150 en produción.

Touros coa máxima fiabilidade (99%),

como Six ou Landoi, con miles de fillas

valoradas, teñen probas de grande estabilidade,

e mesmo melloran lixeiramente.

SiX. Engade máis de 600 fillas e aínda

ocupa un respectable posto 29º entre os

mellores touros nacionais por ICO, con

case 12 anos de idade e despois de 14

valoracións consecutivas a partir da súa

primera proba, publicada en xaneiro do

2003.

Outros touros coma Tenorio, Bisbal,

Sisco, Mercurio ou Lupino non sofren

variacións nas súas probas, á espera

de incorporar xa o seu segundo grupo

de fillas, especialmente prometedor no

caso dalgúns, coma Chamoso ou Botafogo.

Sobre os touros de primeira valoración

oficial podemos destacar:

Cando Cid Rosana

STiO. Un pedigrí cunha impronta de

alta morfoloxía (Stormatic x James), que

procede dunha familia canadense en

plena emerxencia pero xa ben recoñecida.

A súa nai, Dohbell James Ciss MB-

87 5*, pariu en maio pasado por última

vez, e con dez anos cumpridos atópase

en plena forma. Ciss ten 9 fillas (89% BB

ou mellor) e tres fillos en centros de inseminación

en Canadá. As fillas de Stio

recordan en gran medida as femias da

familia. Son vacas con potentes estruturas,

moi angulosas e con fantásticos

ubres e patas.

VALeRÓN. Este fillo de Champion e de

Bos Igniter Valiosa (Familia Gipsy Grand),

transmite boas producións e moi bo tipo,

con tremendas estruturas, moito carácter

leiteiro e ubres moi correctos. Xa na

súa primeira valoración sitúase entre os

50 mellores touros por ICO.

SAcHO. Un fillo de Titanic e de Bos Igniter

Sacha, que cun tipo en xeral moi

destacado perfílase como un líder para

ubres, ademais de dar fillas de boa capacidade,

moi finas e angulosas.

JAViTO. Este touro (Stormatic x Bos Igniter

Glinda) mellora en gran medida a

súa proba preliminar. As súas fillas son

moi boas produtoras de leite e teñen tremendas

estruturas, son moi altas, con

anchos peitos, moi profundas de costela

e con grupas amplas e boa colocación de

isquions. As patas son de gran calidade

e teñen moi boa mobilidade.

XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009

PAZOS. Un fillo de Champion e de Bos

Wade Quintana, cunha proba moi equilibrada

en produción e con bo tipo. As

súas fillas son vacas de estatura media

pero con boas estruturas. As patas e os

ubres son moi correctos, é dicir, teñen o

tipo funcional de vacas que se busca en

moitos establos de hoxe en día.

VidUeiRO. Un pedigrí orixinal (Talent x

Bos Stoheham Raquel). Transmite boas

producións, correcta morfoloxía en xeral

e bos ubres (a súa nai é filla de Bos Wade

Quintana), ademais do factor vermello,

que herda do seu pai.

FiSHeR. É un fillo de Finley e da vaca

americana K&C View Storm, unha vaca

dunha gran morfoloxía, que tamén parece

transmitir o seu fillo, sobre todo en

canto a ubres se refire.

ROBiNLUcK. Este touro de singular

xenealoxía (Goodluck x Regancrest-Ur

Robin) é un neto de Regan-Joy Durham

Regenia, recoñecida nai da raza e con

moitos descendentes destacados. Robinluck

transmite moi bo tipo, as súas

fillas son vacas moi altas con boas estruturas

e moi angulosas, as patas son

correctas e os ubres ben inseridos e moi

recollidos.

GRANiT. Un pedigrí totalmente diferente

(Air Magna x Lukas), libre de consanguinidade.

As súas fillas son vacas de

producións medias, con moi altas calidades

e un tipo moi correcto.

SILLEDA 2009

CAMPIONATO DE VACA XOVEN LACTACIÓN

PERRELOS AMADA BOTAFOGO MB-85 VACA XOVEN SUBCAMPIONA DE GALICIA (FEFRIGA 2009)

TATO PANTeRA BOTAFOGO MB-85 FINALISTA VACA XOVEN LACTACIÓN ATA 30 MESES (FEFRIGA 2009)

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!