19.04.2013 Views

Misas Vótivas - Unidade Pastoral dos Santos

Misas Vótivas - Unidade Pastoral dos Santos

Misas Vótivas - Unidade Pastoral dos Santos

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

VOTIVAS

SANTISIMA TRINDADE (MR, 1)

968

Tómase a Palabra da solemnidade da Santísima Trindade, domingo I despois de

Pentecostés, nn. 164-166

MISTERIO DA SANTA CRUZ (MR, 2)

969

DO ANTIGO TESTAMENTO (I)

1.

Éx 12, 1-8. 11-14

Preceptos acerca da cea pascual

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

12 1 O Señor díxolles en Exipto a Moisés e a Aharón: 2-Teredes este mes polo

primeiro dos meses, o mes principal de todo o ano. 3Dicídelle a toda a comunidade de

Israel: "No día dez deste mes que cada un busque un año por familia e por casa. 4Se a

familia é moi pequena para come-lo año enteiro, que se xunte co veciño máis próximo

á súa casa, botando conta das persoas. O año será estimado conforme ó que cada un

poida comer. 5O año será sen defecto, macho e dun ano. Pode se-lo mesmo un año

coma un cabrito. 6Gardarédelo ata o catorce deste mes e, entre lusco e fusco dese día,

inmolarao a comunidade toda de Israel en asemblea. 7Colleréde-lo sangue e

mollaredes con el as xambas e os linteis das casas nas que se vai comer. 8Comeréde-la

carne esa noite, asada no lume, con pan sen levedar e con verduras amargas.

11Comerédelo deste xeito: a cintura cinguida, as sandalias nos pés, o caxato na man.

Comerédelo ás presas, pois é a Pascua do Señor.

12Esa noite pasarei eu por todo o Exipto e ferirei de morte tódolos primoxénitos,

desde os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza con tódolos deuses de

Exipto. Eu, o Señor. 13O sangue será o sinal das casas onde vós habitades. En vendo

o sangue, pasarei sen me deter, e así, cando eu fira a Exipto, non vos tocará a vós a

praga exterminadora. 14Este día quedaravos na memoria e faredes nel festa ó Señor.

Será festa de precepto por tódalas xeracións.

2.

Sab 2, 1a. 12-22

Condenémolo a unha morte horrible

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA

Din para si os malvados argüíndo erradamente:

12Espreitémo-lo home xusto que nos dá tanto noxo

e se opón ós nosos feitos,

botándonos en cara as transgresións da lei,

reprochándonos faltas da nosa educación.

13Gloríase de coñecer a Deus,

noméase a si mesmo fillo do Señor.

14Converteuse en censura dos nosos criterios;

soamente ollalo xa nos irrita,

15pois a súa vida difire das dos outros

e os seus vieiros son estraños.

16Coida que somos falsarios

e afástase dos nosos camiños coma da podredume;

considera feliz o destino dos xustos

e presume de ter por pai a Deus.

17Examinemos se son veraces as súas razóns,

comprobemos como é o seu finar.

18Se o xusto é fillo de Deus, virá El a acorrelo

e ceibarao da man dos seus inimigos.

19¡Poñámolo na proba da aldraxe e do tormento

para constatármo-la súa mansedume

e experimentármo-la súa resistencia ó mal!

20¡Condenémolo a unha morte ignominiosa,

pois, segundo el fala, terá quen o protexa!

21Tal pensan, mais engánanse:

Cégaos a súa malicia.

22Non se decatan dos misterios de Deus

nin esperan no premio da virtude

nin afiúnzan na recompensa das persoas sen chata.

3.

Is 50, 4-9a

Non escondín a miña cara dos insultos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

4O Señor Deus concedeume lingua de discípulo,

para saber instruír ó cansado cunha palabra que o anime na mañá.

El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.

5O Señor Iavé abriu o meu oído,

e eu non me rebelei, non me botei para atrás.

6Ofrecín o lombo ós que me azoutaban, e a miña cara ós que me arrincaban a barba.

Non escondín a miña cara dos insultos e das cuspiñadas.

7Pero o Señor axudarame,

por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma un diamante,

pois sei que non me avergonzarei.

8O que defende a miña causa está cerca.

¿Quen litigará comigo, cando comparezamos ante a comunidade?

Quen traballa a miña xusta sentencia está detrás de min.

9O Señor Iavé axudarame: ¿Quen será o que me declare culpable?

4.

Is 52, 13--53, 12

Foi ferido por culpa das nosas iniquidades

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

13Velaí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle éxito ó seu servo.

14A grande multitude quedará abraiada ante el,

pois o seu aspecto non parecía o dun home,

a súa figura non parecía a dun fillo de Adam.

15Pero agora fará conmover a pobos numerosos:

por causa del os reis pecharán a súa boca,

porque contemplarán o que nunca se lles contou, e comprenderán o que nunca

escoitaron.

53 1¿Quen creu o que lle dixemos?

¿A quen se lle revelou o brazo do Señor?

2El subiu coma tenro gromo na súa presencia,

coma raíz en terra reseca.

Non tiña beleza nin esplendor;

vímolo, e o seu aspecto non era atraente.

3Desprezado, o máis rexeitado dos homes,

varón de sufrimentos, familiarizado coa dor.

Coma alguén de quen se esconde a cara,

desprezado, non lle tivemos aprezo.

4El cargou coas nosas dores,

el soportou os nosos sufrimentos.

Nós considerámolo ferido,

castigado por Deus e aflixido.

5Pero foi ferido por causa das nosas rebeldías,

foi esmagado polas nosas iniquidades.

O castigo que nos trouxo a paz caeu sobre el,

a súa ferida foi a nosa curación.

6Todos nós coma rabaño andabamos descarriados,

cada un polo seu camiño.

Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.

7Foi oprimido, foi aflixido;

pero el non abriu a súa boca.

Foi levado como unha res á matanza,

e, coma ovella muda ante o tosquiador,

non abriu a súa boca.

8Foi levado cun xuízo perverso,

ninguén se preocupou da súa vida.

El foi arrincado do mundo dos vivos,

para o noso ben foi ferido pola rebeldía do seu pobo.

9Puxeron a súa sepultura entre os malvados,

e a súa tumba entre os ricos,

aínda que non cometeu violencia,

nin houbo fraude na súa boca.

10O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento:

"Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado".

Pero el verá descendencia, alongará os seus días

e por medio del cumprirase a salvación do Señor.

11Polos traballos da súa vida verá a luz,

alcanzará a sabedoría.

O Xusto volverá xusto ó seu servo

para o ben de moitos

e as iniquidades destes el soportará.

12Por isto repartirei con el xunto cos grandes,

e cos poderosos terá parte no botín,

porque entregou a súa vida á morte

e foi contado cos malvados.

Si, el foi o que cargou co pecado de moitos

e fai a intercesión polos malvados.

5.

Zac 12, 10-11; 13, 6-7

Han mirar para quen traspasaron

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ZACARÍAS

Isto di o Señor:

10Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de

gracia e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán

lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán

amargamente por el, coma ó amargurarse por un primoxénito.

11No día aquel será grande a lamentación en Xerusalén coma a lamentación de

Hadad-Rimón no val de Meguido.

6Pero diranlle: "¿Que son esas feridas entre as túas mans?". E responderá el: "Si,

ferinme no templo dos meus amantes". 7Érguete, espada, contra o meu pastor, contra

o home que está ó meu carón -oráculo do Señor dos exércitos-. Fire ó pastor e que se

escorrenten as ovellas. Daquela voltarei a miña man contra as máis febles.

970

DO NOVO TESTAMENTO (I).

TEMPO PASCUAL

1.

Feit 10, 34-43

A quen mataron suspendéndoo dun madeiro. A

éste, Deus resucitouno ó terceiro día.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

34Tomou Pedro a palabra e dixo:

-Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, 35senón que acepta ó que lle é

fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa. 36El mandóulle-la súa palabra ós

fillos de Israel, anunciándolle-la boa nova da paz por Xesús Cristo: este é o Señor de

todos. 37Vós sabéde-lo que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois

do bautismo que Xoán predicou: 38como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a

Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a tódolos que estaban

asoballados por Satán; pois Deus estaba con el. 39E nós somos testemuñas de todo o

que fixo no país dos xudeus e mais en Xerusalén. Matárono, colgándoo dun madeiro.

40A este resucitouno Deus ó terceiro día e concedeulle que se deixase ver, 41non de

todo o pobo, senón das testemuñas escollidas de antemán por Deus: nós que comemos

e bebemos con el, logo de que resucitou de entre os mortos. 42E mandounos que

predicasemos ó pobo e atestemos que el é quen foi constituído por Deus xuíz de vivos

e de mortos. 43El é de quen tódolos profetas dan este testemuño: tódolos que crean

nel recibirán polo seu nome o perdón dos pecados.

2.

Feit 13, 26-33

Deus cumpriu a súa promesa resucitando a Xesús

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

Vindo Paulo a Antioquia de Pisidia, dicía na sinagoga:

26Irmáns, descendentes de Abraham e os que seguides ó noso Deus: é a nós a quen se

nos manda esta mensaxe de salvación. 27É certo que os veciños de Xerusalén e os

seus gobernantes descoñeceron a Xesús e, condenándoo, cumpriron as palabras dos

profetas, que se len tódolos sábados. 28Aínda que non atoparon nel nada que

merecese a morte, pedíronlle a Pilato que o mandase matar. 29E, cando cumpriron

todo o que acerca del estaba escrito, baixárono do madeiro e puxérono nun sepulcro.

30Pero Deus resucitouno de entre os mortos; 31e durante moitos días apareceuse ós

que subiran con El de Galilea para Xerusalén, que son agora as súas testemuñas diante

do pobo.

32E nós anunciámosvo-la boa nova de que a promesa feita ós nosos pais 33a cumpriu

en nós, os seus fillos, resucitando a Xesús, conforme estaba escrito no salmo segundo:

''Ti e-lo meu Fillo: eu enxendreite hoxe''.

3.

Ap 1, 5-8

Primoxénito de entre os mortos, que nos ama e

nos absolve dos nosos pecados polo seu sangue

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

5A gracia e maila paz de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro

en renacer da morte e soberano dos reis da terra.

A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue 6e que nos

converteu nun reino, en sacerdotes para o seu Deus e Pai: a El a gloria e mailo poder

polos séculos dos séculos. Amén.

7Velaquí vén nas nubes,

e todo ollo o verá,

mesmo aqueles que o traspasaron:

por El baterán no peito tódalas razas da terra''.

Certo. Amén.

8Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o

que todo o sostén.

4.

Ap 5, 6-12

Rescatáchesnos para Deus co teu sangue

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

Eu, Xoán vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en

pé, coma se estivese degolado, con sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos

de Deus, mandados a toda a terra. 7O Año achegouse ó trono e recibiu o libro da man

dereita de quen está sentado no trono. 8Cando o colleu, os catro animais e os

vintecatro anciáns axeonlláronse diante do Año, con cadansúa cítara e con frascos de

ouro cheos de perfumes, que son as oracións do pobo santo. 9E cantaban un canto

novo:

''Ti es merecente de recibi-lo libro,

e de abri-los selos,

porque te degolaron e adquiriches para Deus co teu sangue

xentes de toda raza, lingua, pobo e nación.

10E fixeches deles un reino de sacerdotes para o noso Deus e reinarán na terra''.

11E vin e oín a voz de moitos anxos arredor do trono e dos animais e dos anciáns: o

número deles era de milleiros e milleiros. 12Proclamaban con forte voz:

''Merecente é o Año, por estar degolado,

de recibi-lo poder, a riqueza, a sabedoría, a forza, a honra, a gloria e a bendición''.

971

SALMOS RESPONSORIAIS

1 . Sal 21, 8-9. 17- 18a. 19-20. 23-24

R/ (2a): Meu Deus, meu Deus, ¿por qué me abandonaches?

Ou tamén: (Mt 26, 42): Meu Pai, fágase a túa vontade

8Tódolos que me ven fan burla de min,

torcendo os labios, movendo a cabeza:

9"Acode ó Señor, que El o libre,

que El o salve, se é que o ama".

17Rodéanme cans,

cércame un fato de malvados,

atan as miñas mans e os meus pés.

18Eu podo conta-los meus ósos

19Reparten os meus vestidos

e botan ás sortes o meu manto.

20Pero ti, Señor, non esteas lonxe;

meu socorro, ven axiña axudarme.

23Eu falareilles de ti ós meus irmáns,

louvareite no medio da asemblea.

24Servidores do Señor, louvádeo,

liñaxe de Xacob, glorificádeo,

liñaxe de Israel, temédeo.

2- Sal 30, 2 e 6. 12-13. 15-16. 17 e 25

R/ (Lc 23, 46): Meu Pai, nas túas mans entrego o meu espírito

2A ti, Señor, eu acóllome:

que endexamais non me vexa defraudado.

6Nas túas mans encomendo a miña vida,

e ti librarasme, Señor, Deus fiel.

12Son o riso dos inimigos,

a burla dos meus veciños.

Para os meus coñecidos son espanto:

foxen ó verme na rúa.

13Esquécense de min, coma dun morto;

eu son coma un cacharro que non serve.

15Mais eu teño confianza en ti, Señor,

e digo:--"Ti e-lo meu Deus.

16Nas túas mans está o meu porvir:

líbrame do poder dos inimigos e dos meus perseguidores.

17Fai brilla-lo teu rostro para o teu servo,

sálvame, pola túa misericordia.

25Sede fortes e valentes

os que esperades no Señor.

3. Sal 54, 5-6. 13. 14-15. 17-18. 23

R (23a): Encomenda ó Señor a túa sorte,

que El te sosterá

Ou tamén: Aleluia

5O corazón retórceseme dentro,

asáltanme medos de morte-

6éntranme terrores e tremores

e cóbreme o espanto.

13Se fose meu inimigo o que me aldraxa,

eu sabería aturalo;

se fose meu adversario o que me oprime,

eu agacharíame del.

14Mais es ti, un do meu igual,

meu amigo e compañeiro,

15con quen tiven doce intimidade,

con quen fun de festa á casa de Deus.

17Eu invoco ó meu Deus,

e o Señor hame salvar.

18Á tarde, á mañá e ó mediodía,

quéixome suspirando,

e el hame escoitar.

23Encomenda ó Señor a túa sorte,

que El te sosterá:

El non deixa nunca que o xusto abanee.

4. Sal 68, 8-10. 15-16. 17-19. 20-21 . 22 e 27. 31 e 33-34

R/ (14c): Pola túa moita bondade, respóndeme, Señor

Ou tamén (cf. 21cd): Agardo compaixón e non a hai;

quen me console e non o atopo

8Por ti aturo eu afrentas

e cóbreme a cara a vergonza.

9Volvinme estraño para meus irmáns,

alleo ós fillos da miña nai.

10Consómeme o celo da túa casa

e as aldraxes dos que te aldraxan

caen enriba de min.

15Sácame da lama e que non afogue

líbrame dos que me aborrecen

e das augas sen fondo.

16Non me envolvan as correntes,

non me engula o remuíño

e non peche o pozo a boca sobre min.

17Respóndeme, Señor, conforme ó teu amor,

pola túa misericordia, vólvete a min

18Non escónda-la túa cara ó teu servo;

estou no apreto- respóndeme axiña;

19achégate a min, rescátame,

líbrame dos meus inimigos.

20Ti coñéce-la miña afronta,

a miña aldraxe, o meu oprobio;

á túa vista están os que me asoballan.

21A afronta québrame o corazón, e desfalezo,

agardo compaixón, e non a hai;

quen me console, e non o atopo.

22Na comida bótanme fel

e para a sede danme vinagre.

27Xa que abouran a quen ti feriches

e contan as chagas da túa víctima,

31Louvarei a Deus con cantos,

gabareino con acción de gracias.

33Olládeo, humildes, e alegrádevos,

avivecede o corazón os que buscáde-lo Señor,

34pois o Señor escoita ós humildes,

non despreza ós seus na cadea.

5. Sal 117, [5-7. 10-12. 13-15.] 16ab-18. 19-21. 22-24

R/ (1): Louvade ó Señor porque é bo,

porque o seu amor é eterno

Ou tamén: Aleluia.

5No apreto invoco o Señor

e El escóitame e líbrame.

6O Señor está comigo: non teño cousa que temer;

¿que me poden face-los homes?

7O Señor está comigo: El é quen me axuda:

verei os meus inimigos en desfeita.

10Rodéame un fato de pobos:

no nome do Señor esmagareinos;

11póñenme cerco e apúranme:

no nome do Señor esmagareinos;

12envólvenme coma abellas,

quéimanme coma o lume os espiños:

no nome do Señor esmagareinos.

13Empurran, empurran para tirarme,

pero o Señor é o meu auxilio.

14O Señor é a miña forza, o meu cantar,

El é a miña salvación.

15Óense cantares de gozo e de victoria.

nas moradas dos xustos:

a dereita do Señor é valente,

16a dereita do Señor é poderosa,

a dereita do Señor é valente.

17Non hei morrer, vivirei

e cantarei os feitos do Señor.

18O Señor, certo, castígame,

mais non me entrega á morte.

19Abrídeme as portas da victoria:

quero cantar e dar gracias ó Señor.

20Esta é a porta do Señor:

os xustos entran por ela.

21Douche as gracias porque me escoitas:

ti e-la miña salvación.

22A pedra que desbotaron os canteiros

convértese en pedra angular.

23Isto é cousa do Señor,

admirable feito á nosa vista.

24Este é o día en que obra o Señor:

relouquemos e alegrémonos nel.

972

DO NOVO TESTAMENTO (II)

1.

1 Cor 1, 18-25

Nós predicamos a Cristo crucificado

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

A palabra da cruz é loucura para os que se perden, pero para nós, os que nos

salvamos, é poder de Deus. 19Pois está escrito:

''Desmontarei a sabedoría dos sabios

e derrubarei a intelixencia dos intelixentes''.

20¿Onde está o sabio? ¿Onde o letrado? ¿Onde está o investigador conforme ós

criterios deste mundo?

¿É que non mostrou Deus que a sabedoría do mundo é unha parvada? 21Mirade, xa

que o mundo con todo o seu saber non recoñeceu a Deus na súa Sabedoría, tivo Deus

a ben salvar coa loucura da predicación ós que teñen fe. 22Así os xudeus piden signos

e os gregos buscan a sabedoría; 23pero nós predicamos un Mesías crucificado: e isto

para os xudeus é un escándalo e para os pagáns é unha loucura. 24Pero para os

chamados, tanto xudeus coma gregos, El é Cristo, marabilla do poder e da sabedoría

de Deus. 25Porque a loucura de Deus é máis sabia ca toda a sabedoría dos homes e a

debilidade de Deus é máis forte ca toda a fortaleza dos homes.

2.

Ef 2, 13-18

El é a nosa paz, supera a inimistade na súa carne

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

Vós, que antes estabades lonxe, agora gracias a Cristo Xesús estades cerca, no sangue

de Cristo. 14El é a nosa paz: o que dos dous pobos fixo un só, derrubando a

medianeira divisoria -a inimizade-, e abolindo na súa carne 15aquela lei de

mandamentos e normas, para crear en si mesmo cos dous unha nova humanidade,

facendo a paz; 16e reconciliando con Deus ámbolos dous nun único corpo por medio

da cruz, matando nel mesmo a inimizade. 17El veu e anunciou a paz: paz para vós -os

de lonxe-, e paz para os que estaban cerca: 18porque por El temos uns e outros acceso

ó Pai, nun mesmo Espírito.

3.

Flp 2, 6-11

Abaixouse a sí mesmo, polo que Deus o exaltou

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

Cristo Xesús, con ser de condición divina,

non se agarrou cobizosamente á súa categoría de Deus;

7senón que se espiu do seu rango,

asumiu a condición de escravo;

fíxose un home normal e presentouse como tal

8abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte,

¡e a morte na cruz!

9Por iso tamén Deus o exaltou sobre todo

e lle concedeu un título que está por riba de calquera título

10para que ante o título de Xesús se dobre todo xeonllo

no ceo, na terra e mais no abismo,

11e para que toda lingua proclame

para gloria de Deus Pai

que Xesús Cristo é o Señor.

4.

Flp 3, 8-14

Para coñecer a Cristo, experimenta-la forza da

súa resurrección e solidarizarse cos seus

sufrimentos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

Irmáns e irmás:

8Todo me parece perda comparado co grande que é coñecer a Cristo Xesús, o meu

Señor. Por El tirei con todo e doulle tanto valor coma ó lixo con tal de gañar a Cristo

9e de vivir nel; non por ter unha xustiza miña propia por cumpri-la Lei, senón pola

xustiza que se recibe como resposta á fe.

10Así podereino coñecer a El, experimenta-la forza da súa resurrección e

solidarizarme cos seus sufrimentos, reproducindo en min a súa morte, 11para ver de

chegar eu tamén á resurrección dos mortos.

12Non é que eu xa chegase á meta nin que xa teña chegado á perfección. Non. Eu

aínda vou correndo, a ver se a alcanzo, xa que tamén eu fun alcanzado por Cristo

Xesús. 13Irmáns, eu non boto de conta que a teña alcanzado. Ei-lo único que fago:

esquezo o que quedou atrás, lánzome cara ó que está diante,

5.

Heb 5, 7-9

Aprendeu a obedecer y veu a ser autor da nosa salvación

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

Cristo, nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas, presentou oracións e

súplicas a quen o podía salvar da morte e Deus escoitouno por mor da súa sumisión.

8Aínda que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer; 9e, consumada deste xeito

a súa consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación eterna, para tódolos

que lle obedecen,

973

ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1. Flp 2, 8-9:

Cristo fíxose obediente, por nós, ata a morte, e a morte na cruz. Por iso tamén Deus o

exaltou e lle concedeu un nome que está por riba de calquera nome.

2.

Adorámoste, Cristo, e bendicímoste:

porque, pola túa cruz redimíche-lo mundo.

3.

Pola árbore viñemos a ser servos, e pola santa Cruz fomos liberados;

o froito da ábore seduciunos, o Fillo de Deus redimiunos.

974

EVANXEOS

1.

Mc 8, 31-34:

É necesario que o Fillo do Home padeza moito

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Con toda claridade, empezou Xesús a adoutrinalos discípulos acerca de que era

preciso que o Fillo do Home padecese moito, e que o rexeitasen os anciáns, os sumos

sacerdotes e mailos letrados; que o ían matar, e que ós tres días había resucitar.

32Explicoulles isto con toda claridade. Entón Pedro, colléndoo á parte, empezou a

rifarlle. 33Pero Xesús volvéndose cara ós discípulos, reprendeuno:

-¡Arreda de min, Satanás, que ti non te me deixas guiar por Deus, senón polos homes!

34E chamando á xente onda os seus discípulos, díxolles a todos:

-Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, cargue coa súa cruz, e que me

siga.

2.

Mc 12, 1-12

Collendo ó fillo amado, matárono e guindárono

fora da viña

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Comezou Xesús a falarlles en parábolas ós sacerdotes, escribas e anciáns:

-Un home plantou unha viña, rodeouna cun valado, cavou nela un lagar e construíu un

caseto para o garda. Logo arrendóullela a uns viñadores, e marchou para lonxe.

2No seu tempo, mandou un criado para cobrárlle-las rendas da viña ós viñadores.

3Pero eles, botáronse enriba del, zorregáronlle duro, e despedírono coas mans

baleiras. 4Vaise el e mándalles outro criado, pero tamén mallaron nel e aldraxárono.

5Mandoulles outro, e matárono; e a outros moitos bouraron neles e matáronos.

6Pero aínda lle quedaba un a quen mandar: o seu fillo benquerido, e mandóullelo de

último, dicindo para si: "El é fillo meu, e hano respectar". 7Pero os viñadores

comentaron: "¡Oi! Este é o herdeiro: veña, matámolo e, ¡herdanza para nós!". 8E

agarrárono, matárono e botárono fóra da viña.

9¿Que fará o dono da viña? Voltará, acabará con estes viñadores e darálle-la viña a

outros.

10¿Ou seica non lestes aquilo da Escritura:

"A pedra que desbotaron os canteiros

é agora o esquinal;

esa colocouna o Señor;

¡que regalía para nós!"?

12Decatándose de que a parábola ía por eles, quixérono prender, pero por medo á

xente, deixárono e fóronse.

3.

Lc 24, 35-48

Ollade as miñas mans e os meus pés

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Os discípulos contaron o que lles pasara polo camiño, e como recoñeceran a Xesús no

parti-lo pan.

36Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles Xesús no medio e díxolles:

-¡A paz sexa convosco!

37Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un espírito. 38Pero el

díxolles:

-¿Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas? 39Mirade para as miñas

mans e para os meus pés: sonvos eu. Palpade aquí e decatádevos de que un espírito

non ten carne nin ósos, como vedes que teño eu.

40E dicindo isto, mostróulle-las mans e mailos pés. 41Pero eles, tolos de contento e

sen saíren do seu asombro, non acababan de crer. Xesús preguntoulles:

-¿Tedes por aí algo que comer?

42Déronlle un anaco de peixe asado. 43El colleuno e comeuno diante deles. 44Logo

díxolles:

-A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía que conviña que se

cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos profetas e máis nos Salmos

acerca de min.

45E abriu os seus entendementos para que comprendesen as Escrituras. 46E engadiu:

-Así está escrito: O Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no terceiro día,

47e predicarase no seu nome a conversión e mailo perdón dos pecados a tódolos

pobos, empezando por Xerusalén. 48Vós seredes testemuñas de todo isto.

4.

Xn 12, 31-36a

Cando sexa exaltado da terra, atraerei a todos cara a min

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dille Xesús á xente:

31Agora é o xuízo deste mundo; agora ó príncipe deste mundo vano botar fóra: 32E

eu, cando me ergan da terra, atraerei a todos cara a min.

33Dicía isto, indicando de que morte había de morrer. 34Respondeulle entón a xente:

-Nós coñecemos pola Lei que o Mesías permanece para sempre; ¿como dis ti que ten

que ser erguido o Fillo do Home? ¿Quen é ese Fillo do Home?

35Xesús contestoulles:

-Aínda por un pouco estará a luz entre vós. Camiñade mentres téde-la luz, para que a

tebra non vos atrape: quen camiña na tebra, non sabe para onde vai. 36Mentras téde-la

luz, crede na luz, para que vos volvades fillos da luz.

975

DA HISTORIA DA PASIÓN DO SEÑOR

1.

Mt 26, 47-56

¿Saístes para prenderme con espadas e paus,

coma se fora un bandido?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

47Aínda estaba Xesús falando cando chegou Xudas, un dos Doce, acompañado dunha

troupelada de xente con espadas e paus, mandada polos sumos sacerdotes e polos

senadores do pobo. 48O traidor déralles esta contraseña:

-A quen eu lle dea un bico, ese é, prendédeo.

49De seguida achegouse a Xesús e díxolle:

-¡Saúde, Mestre!

E bicouno. 50Xesús respondeulle:

-Amigo, ¿e para isto viñeches?

Entón, adiantáronse, botáronlle a man enriba a Xesús e prendérono.

51Pero un dos que estaba con Xesús, botando man á súa espada, desenvaiñouna, e

feriu ó criado do sumo sacerdote, rabenándolle unha orella. 52Pero Xesús díxolle:

-Volve a espada ó seu sitio, pois tódolos que levan espada pola espada perecerán.

53¿Seica pensas que non podo acudir a meu Pai? El poñería á miña disposición, agora

mesmiño, máis de doce lexións de anxos. 54Pero, ¿como se ían entón cumpri-las

Escrituras, que din que ten que suceder así?

55E naquela hora díxolle á xente:

-Saístes prenderme con paos e espadas, coma se fose un bandido. A diario estiven

sentado no templo ensinando e non me prendestes. 56Pero todo isto pasa para que se

cumpra o que escribiron os profetas.

Entón tódolos discípulos fuxiron, abandonándoo.

2.

Mt 27, 33-50

Xesús, dando de novo un grande berro, entrgou a alma

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

33Cando chegaron a un lugar chamado Gólgota, que quere dicir: "lugar da Caveira",

34déronlle de beber a Xesús viño mesturado con fel. Xesús probouno, pero non o

quixo beber. 35Crucificárono, e repartiron entre eles a roupa botándoa a sorteo.

36Despois sentaron alí a ter conta del.

37Puxéronlle tamén enriba da cabeza un escrito co motivo da condena: "Este é Xesús,

o rei dos xudeus". 38Tamén crucificaron con el dous bandidos, un á dereita e outro á

esquerda.

39Os que pasaban por alí, insultábano, abaneando a cabeza 40e dicindo:

-¡Vaites, vaites, o que destrúe o templo e o reconstrúe en tres días! Ora, sálvate a ti

mesmo e baixa da cruz, se es fillo de Deus.

41Do mesmo xeito os sumos sacerdotes, burlándose del xunto cos letrados e

senadores, dicíanlle:

-42¡Salvou a outros, pero non se pode salvar a si mesmo! ¡É o rei de Israel! ¡Que

baixe agora da cruz e creremos nel! 43Confía en Deus: pois que o salve agora, se é

que de verdade o quere; ben que dixo: "Son fillo de Deus".

44Tamén o aldraxaban os bandidos que estaban crucificados con el.

45Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata as dúas e pico da tarde. 46E

nesa hora Xesús berrou moi forte dicindo:

-Elí, Elí ¿lemá sabactaní?

Isto é: "Meu Deus, meu Deus, ¿por que me abandonaches"?

47E algúns dos que estaban alí, oíndo aquilo, comentaban:

-Este chama a Elías.

48Inmediatamente un deles foi correndo coller unha esponxa con vinagre e,

espetándoa nunha cana, deulle de beber. 49Pero os demais dicían:

-Deixade, a ver se vén Elías salvalo.

50Pero Xesús, dando de novo un grande berro, entregou a alma.

3.

Mc 14, 32-41

A miña alma está triste ata a morte

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

32Chegaron a unha finca chamada Xetsemaní, e díxolles Xesús ós discípulos:

-Sentade aquí, mentres eu vou orar.

33E levando consigo a Pedro, Santiago e Xoán, empezou a sentir arrepío e angustia.

34E díxolles:

-Morro de tristura; quedade aquí, e vixiade.

35E avanzando un pouco, caeu no chan, rogando para que se fose posible pasase del

aquela hora. 36E dicía:

-Abba, meu Pai, ti pódelo todo, arreda de min este cáliz. Pero non se faga o que eu

quero, senón o que queres ti.

37E voltando onda eles, atopounos durmindo. Díxolle a Pedro:

-Simón, ¿dormes? ¿Seica non podes velar unha hora tan sequera? 38Estade atentos e

rogade, para que non se vos someta á tentación. O espírito está disposto, pero a carne

é débil.

39E arredándose de novo, volveu a pregar do mesmo xeito. 40O voltar, outra vez os

atopou durmindo, pois caíanlle-los ollos co sono; e non sabían que lle dicir. 41E por

terceira vez, voltou Xesús dicindo:

-¿Conque durmides e descansades? Pois sabede que xa chegou a hora, e ó Fillo do

Home vano entregar nas mans dos pecadores.

4.

Mc 14, 55-65

Tódo-lo condenaron, coma reo de morte

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Os sumos sacerdotes e mailo Sanedrín teimaban por encontrar algunha testemuña

contra Xesús, para o poderen condenar á morte; pero non a atopaban. 56Moitos

testemuñaban en falso contra el, pero non chegaban a porse de acordo. 57Algúns,

erguéndose, trataron de levantarlle un falso testemuño, dicindo:

-58Nós mesmos oímoslle dicir: "eu destruirei este templo, feito por homes, e en tres

días construirei outro non feito por homes".

59Pero nin así chegaban a se poñeren de acordo no testemuño. 60Entón, erguéndose

o sumo sacerdote e adiantándose ata o medio, interrogou a Xesús:

-¿Non respondes nada? ¿Que é o que estes testemuñan contra ti?

61Pero el calaba, e non respondeu palabra. De novo lle volveu pregunta-lo sumo

sacerdote:

-¿Es ti o Mesías, o Fillo do Bendito?

62Xesús contestoulle:

-Eu son. E habedes ve-lo Fillo do Home, sentado á dereita do Todopoderoso, vir entre

as nubes do ceo.

63Daquela o sumo sacerdote, rachando os vestidos, exclamou:

-¿Que necesidade temos, xa, de testemuñas? Vós mesmos oíste-la blasfemia. ¿Que

vos parece?

64Todos o declararon culpable, e que merecía a morte.

65Algúns empezaron a cuspir nel e tapándolle a cara, dábanlle labazadas, dicindo:

-¡Adiviña, profeta!

Mesmo os criados tamén mallaban nel.

5.

Mc 15, 1-15

¿Qué queredes que faga ó rei dos xudeus?

Crucifícao

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

15 1A mañanciña cedo, os sumos sacerdotes, os anciáns e mailos letrados -todo o

Sanedrín-, despois dunha reunión do Consello, amarraron a Xesús e fórono entregar a

Pilato.

2Pilato preguntoulle:

-¿Es ti o rei dos xudeus?

Respondeulle:

-Ti o dis.

3E os sumos sacerdotes acusábano de moitas cousas. 4Pero Pilato volveu-lle

preguntar:

-¿Non respondes nada? Xa ves de cantas cousas te acusan.

5Pero Xesús non respondeu nada, deixando moi estrañado a Pilato.

6Polas festas tiña o costume de solta-lo preso que lle pedisen. 7Estaba daquela na

cadea un tal Barrabás, xunto cos sediciosos que nunha revolta mataran a un home.

8Cando subiu o xentío, empezou a reclama-lo indulto tradicional. 9Pilato

respondeulles:

-¿Queredes que vos solte ó rei dos xudeus?

10Pois el ben sabía que os sumos sacerdotes llo entregaran por envexa. 11Pero eles

encirraban á xente, para que lles ceibase a Barrabás. 12Pilato respondeu:

-¿E que fago eu con ese ó que lle chamades rei dos xudeus?

13A xente volveu a berrar:

-¡Crucifícao!

14Pilato replicou:

-Pero, ¿que mal fixo?

Mais eles berraban máis forte:

-¡Crucifícao!

15E Pilato, para compracer ó pobo, soltou a Barrabás; e a Xesús, despois de o

mandar azoutar, entregouno para que o crucificasen.

6.

Mc 15, 16-20

Vísteno de púrpura e impóñenlle unha coroa de espiñas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

16Os soldados levaron a Xesús para dentro do pazo do gobernador, é dicir, do

Pretorio, e chamaron a toda a compañía. 17Vestírono de púrpura, e trenzaron unha

coroa con espiños e encaixáronlla. 18Empezáronlle a facer saúdos:

-¡Saúde, rei dos xudeus!

19E cunha canivela dábanlle golpes na cabeza, cuspían nel e, axeonllándose,

rendíanlle homenaxe. 20E despois de faceren riso del, quitáronlle a púrpura e

puxéronlle a súa roupa. Despois levárono fóra, para o crucificaren.

7.

Mc 15, 33-39; 16, 1-6

Heloi, Heloi, lema sabacthani?.Buscades a Xesús Nazareno, crucificado: resucitou

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

33Chegado o mediodía, a escuridade cubriu toda a terra, ata as dúas e pico da tarde.

34E nesa hora, Xesús berrou moi forte:

-"Eloí, Eloí, lamá sabactaní" (que quere dicir: "Meu Deus, meu Deus, por que me

abandonaches").

35Oíndo aquilo, algúns dos presentes comentaban:

-¿Oístes? Está chamando por Elías.

36E un deles, botando a correr, empapou unha esponxa en vinagre, espetouna nunha

canivela, deulle de beber, dicindo:

-Deixade, a ver logo se vén Elías baixalo.

37Pero Xesús, dando un berro moi alto, expirou.

38O veo do templo rachou en dous de arriba abaixo. 39O centurión, que estaba diante,

oíndo o berro que deu ó morrer, dixo:

-Verdadeiramente este home era Fillo de Deus.

16 1Pasado o sábado, María Magdalena, María de Santiago e mais Salomé mercaron

perfumes para iren embalsamalo. 2E moi cedo, no primeiro día da semana, despois da

alborada, foron ó sepulcro. 3Ian comentando entre elas:

-¿Quen nos vai arreda-la lousa da entrada do sepulcro?

4Pero, erguendo a vista, descubriron que a lousa estaba arredada; iso que era moi

grande.

5Entrando no sepulcro, viron un mozo vestido de branco, sentado no lado dereito, e

quedaron espantadas. 6Pero el díxolles:

-Non vos espantedes. ¿Buscades a Xesús Nazareno, o crucificado? Non está aquí,

resucitou. Mirade o lugar onde o puxeron.

8.

Lc 23, 33-34. 39-46

Meu Pai, nas túas mans entrego o meu espírito

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

33E cando chegaron ó lugar chamado "A Caveira", crucificaron alí a Xesús; e con el

ós dous bandidos: un á dereita e outro á esquerda del.

34Xesús dicía:

-Meu Pai, perdóaos que eles non saben o que fan.

E, botando á sorte, repartiron a roupa del.

39Un dos bandidos que estaban crucificados, insultábao tamén:

-¿Non es ti o Mesías? Pois sálvate ti e sálvanos a nós.

40Pero contestoulle o outro, reprendéndoo:

-¿Seica non temes a Deus, ti que sófre-la mesma condena ca el? 41Nós, polo menos,

recibímo-lo que merecemos, pero este non fixo mal ningún.

42E dicíalle:

-Xesús, lémbrate de min cando volvas coma rei.

43Xesús respondeulle:

-Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso.

44Chegado o mediodía, a escuridade cubriu a terra ata a media tarde. 45Pois houbo

unha eclipse de sol. E o veo do Santuario rachou polo medio. 46Entón Xesús, pegou

un berro moi alto e dixo:

-¡Meu Pai! Nas túas mans entrego o meu espírito.

E dicindo isto, morreu.

9.

Xn 19, 28-37

Abriulle o costado e saiu sangue e auga

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Xesús, sabendo que xa todo estaba acabado, para que se cumprise plenamente a

Escritura, dixo: ''Teño sede''. 29Había alí un xerro cheo de vinagre. Entón, atando

unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo, achegáronlla á boca.

30Cando probou Xesús o vinagre dixo: ''Está cumprido''. E, inclinando a cabeza,

entregou o espírito.

31Entón os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os

corpos na cruz durante o sábado -pois era grande aquel día de sábado-, rogáronlle a

Pilato que lles rompesen as pernas e os retirasen.

32Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlle-las pernas ó primeiro e mais ó outro que

crucificaran con el. 33Pero ó chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle

romperon as pernas, 34senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza;

e no instante saíu sangue e auga.

35Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade,

para que tamén vós creades. 36Porque isto aconteceu para que se cumprise a

Escritura: ''Non lle crebarán óso ningún''. 37E noutro lugar di: ''Han mirar para quen

traspasaron''.

SANTISIMA EUCARISTIA (MR, 3)

976

DO ANTIGO TESTAMENTO (I)

1.

Xén 14, 18-20

Ofreceu pan e viño

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

18Melquisédec, rei de Salem, sacerdote do Deus Altísimo, sacou pan e viño 19e

bendixo a Abram con estas palabras:

-Bendito sexa Abram polo Deus Altísimo, que fixo ceo e terra.

20Bendito sexa o Deus Altísimo,

que puxo os teus inimigos na túa man.

Abram deulle a Melquisédec o décimo de toda a súa presa.

2.

Éx 12, 21-27

Cando o Señor olle o sangue, pasará da porta

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

21Moisés convocou ós anciáns todos de Israel e díxolles: -Buscade e facédevos cunha

res por familia e inmolade a víctima da Pascua. 22Collede un ramallo de hisopo,

molládeo no sangue que recollades nun recipiente, e unxide con el o lintel e as xambas

da porta. E que ninguén saia da porta da casa para fóra, namentres non amañeza. 23O

Señor vai pasar ferindo ós exipcios. Pero, en vendo o sangue no lintel e nas xambas,

pasará diante da porta sen se deter. Non deixará entrar nas vosas casas ó exterminador

para ferir. 24Cumpriredes estas ordes coma lei a perpetuidade para vós e para os vosos

fillos. 25Cando un día entredes na terra que o Señor vos dará, conforme a súa

promesa, observaredes este rito. 26Entón preguntaranche os teus fillos: "¿Que

significa este rito que facedes?". 27Vosoutros dirédeslles: "É o sacrificio da Pascua,

cando o Señor pasou sen deterse diante das casas dos israelitas en Exipto, ferindo ós

exipcios e deixando a salvo as nosas casas".

Nisto o pobo postrouse e adorou.

3.

Éx 16, 2-4. 12-15

Mandareivos pan do ceo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

2Toda a comunidade murmuraba no deserto contra Moisés e Aharón. 3Dicían: -

¡Sequera morresemos pola man do Señor na terra de Exipto, sentados ó redor dos

potes de carne e con pan a fartar!. Trouxéstesnos a este deserto, para matar de fame a

toda esta comunidade.

4O Señor díxolle a Moisés: -Vou facer chover un pan do ceo para vós. O pobo sairá e

collerá o que lle cumpra para o día. Quero poñelo á proba para ver se anda ou non coa

miña lei.

12-Oín as murmuracións dos israelitas. Dilles isto: "O anoitecer teredes carne que

comer e pola mañá pan a fartar. E saberedes que eu son o Señor, o voso Deus".

13O serán viñeron paspallás e cubriron o campamento. Pola mañá había nos arredores

unha capa de orballo. 14Cando esvaeu o orballo, apareceu no deserto unha capa

miúda, coma escamas miúdas, que semellaban xeada sobre o chan. 15Os israelitas, ó

que o viron, preguntábanse uns ós outros: -¿Que é isto? Pois non sabían o que era

aquilo.

4.

Éx 24, 3-8

Este é o sangue da alianza que o Señor estableceu convosco

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

3Moisés veu e expúxolle ó pobo as palabras do Señor e as súas decisións, e o pobo a

unha respondeu: -Faremos todo o que dixo o Señor. 4Moisés puxo por escrito tódalas

palabras do Señor.

O día seguinte Moisés ergueuse cedo, construíu un altar na aba da montaña e chantou

doce estelas, polas doce tribos de Israel. 5Despois mandou a algúns mozos israelitas

que ofrecesen holocaustos e sacrificios de comunión ó Señor. 6Moisés colleu a

metade do sangue e botouna en recipientes, e a outra metade asperxeuna no altar.

7Despois colleu o libro da alianza e leullo en voz alta ó pobo. Este respondeu: -

Faremos todo o que dixo o Señor, e obedeceremos. 8Entón colleu Moisés o sangue e

asperxiu ó pobo con el, dicindo: -Este é o sangue da alianza que o Señor fai convosco,

conforme as palabras lidas.

5.

Dt 8, 2-3. 14b-16a

Deuche como alimento o maná, que descoñécías ti e tamén os teus pais

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO

DEUTERONOMIO

Moisés faloulle ó pobo dicindo:

2Has de te lembrar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, te fixo camiñar polo

deserto durante estes corenta anos para aflixirte e pórte a proba e sabe-lo que hai nas

túas intencións: se ti querías garda-los seus mandamentos, ou non. 3El aflixiute,

facéndote pasar fame, e logo deuche de come-lo maná, que nin coñecías ti nin

coñecían teus pais, coa fin de che dar a coñecer que non soamente do pan vive feliz o

home, senón que o home vive feliz con todo o que sae da boca do Señor.

Non te esquezas do Señor, o teu Deus, que foi quen te sacou do país de Exipto, da

casa da escravitude; 15foi quen te fixo camiñar polo deserto grande e terrible, por

culpa das serpentes de mordedura queimante, dos escorpións e da sequidade (pois non

había auga); foi El quen fixo saír para ti auga da pedra de granito; 16foi El quen che

deu a comer no deserto o maná, que teus pais non coñecían

6.

1 Re 19, 4-8

Coa fortaleza daquel alimento camiñou ata o monte de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS

REIS

Elías seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foise sentar debaixo dunha xesta, e

pediu a morte, dicindo: "Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós

meus pais".

5Deitouse á sombra da xesta e durmiuse. Un anxo tocouno e díxolle: "Érguete e

come". 6Mirou Elías e viu á súa cabeceira unha bica cocida no rescaldo e un xerro de

auga. Comeu e bebeu daquilo e volveuse deitar.

7Tornou de segundas o anxo do Señor e tocouno, dicíndolle: "Érguete e come, que

che queda moito camiño". 8Ergueuse Elías, comeu e bebeu e, coa forza daquel

sustento, andou corenta días coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.

7.

Prov 9, 1-6

Comede o meu pan e bebede o viño que preparei para vós

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS PROVERBIOS

9 1A Sabiduría construíu a súa casa

tallou as súas sete columnas,

2fixo a matanza do gando, mesturou o seu viño,

e preparou a súa mesa;

3despachou as súas criadas a anuncia-lo convite

polos altos da cidade:

4"Quen sexa inxenuo, que se achegue aquí";

ó que carece de siso dille:

5"Vide, comede do meu pan

e bebede do viño que mesturei,

6deixade a vosa inxenuidade e viviredes,

camiñade pola vía da intelixencia".

977

DO NOVO TESTAMENTO (I)

TEMPO PASCUAL

1 .

Feit 2, 42-47

Eran perseverantes na comunicación, na fracción do pan

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

Os irmáns eran perseverantes en escoita-la ensinanza dos apóstolos, na comunión da

vida, no rito de partiren o pan, e nas oracións. 43Apoderouse de todos o respecto, pois

os apóstolos facían moitas marabillas e sinais. 44Tódolos crentes vivían unidos e tiñan

todo en común: 45vendían os seus bens e propiedades, e repartíanos entre eles,

conforme ás necesidades de cada un. 46Todos a unha asistían diariamente ó templo,

partían o pan nas casas, comendo con alegría e sinxeleza de corazón; 47louvaban a

Deus, e eran ben vistos por todo o pobo. Cada día o Señor aumentaba o número dos

salvos e xuntábaos ó grupo.

2.

Feit 10, 34a. 37-43

Comemos e bebemos con él despois de resucitar de entre os mortos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

34Tomou entón Pedro a palabra e dixo:

37Vós sabéde-lo que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do

bautismo que Xoán predicou: 38como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a

Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a tódolos que estaban

asoballados por Satán; pois Deus estaba con el. 39E nós somos testemuñas de todo o

que fixo no país dos xudeus e mais en Xerusalén. Matárono, colgándoo dun madeiro.

40A este resucitouno Deus ó terceiro día e concedeulle que se deixase ver, 41non de

todo o pobo, senón das testemuñas escollidas de antemán por Deus: nós que comemos

e bebemos con el, logo de que resucitou de entre os mortos. 42E mandounos que

predicasemos ó pobo e atestemos que el é quen foi constituído por Deus xuíz de vivos

e de mortos. 43El é de quen tódolos profetas dan este testemuño: tódolos que crean

nel recibirán polo seu nome o perdón dos pecados.

3.

Ap 1, 5-8

Amounos e absolveunos dos nosos pecados polo seu sangue

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

Gracia e paz para vós de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro

en renacer da morte e soberano dos reis da terra.

A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue 6e que nos

converteu nun reino, en sacerdotes para o seu Deus e Pai: a El a gloria e mailo poder

polos séculos dos séculos. Amén.

7Velaquí vén nas nubes,

e todo ollo o verá,

mesmo aqueles que o traspasaron:

por El baterán no peito tódalas razas da terra''.

Certo. Amén.

8Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o

que todo o sostén.

4.

Ap 7, 9-14

Lavaron os seus vestidos e branquexáronos co sangue do Año

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

Eu, Xoán, mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas

nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca

e levaban ramallos de palma nas mans. 10Proclamaban con grande voz:

''A salvación perténcelle ó noso Deus,

que senta no trono, e mais ó Año''.

11Tódolos anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais,

postráronse diante do trono para adoraren a Deus. 12Proclamaban:

''¡Amén! A bendición, a gloria, a sabedoría,

a acción de gracias, a honra,

o poder e maila forza perténcenlle ó noso Deus,

polos séculos dos séculos. Amén''.

13Un dos anciáns preguntoume: ''¿Quen son e de onde viñeron estes que van vestidos

de roupa branca?''. 14Eu respondinlle: ''Meu Señor, ti xa o sabes''. E díxome: ''Estes

son os que veñen de pasa-las súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e

branquexáronnos co sangue do Año.

978

SALMOS RESPONSORIAIS

1 . Sal 22, 1-3. 4. 5. 6

R/ (I): O Señor é o meu pastor: nada me falta.

Ou tamén: Aleluia

O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Ós pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as minas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

a cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

2. Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9- 10-11

R/ (9a): Gustade e vede que bo é o Señor

Ou tamén: Aleluia

2Eu bendigo ó Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa louvanza;

3gloríome no Señor,

e os humildes alégranse, ó escoitalo.

4Exaltade comigo ó Señor,

louvemos xuntos o seu nome.

5Eu busco ó Señor, e El responde,

líbrame de tódolos temores.

6Ollade para El e refulxide,

non poñades caras murchas.

7O Señor escoita ó pobre que o chama

e líbrao de tódolos apretos.

8O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis

e dálles seguridade.

9Gustade e vede que bo é o Señor:

feliz quen a El se acolle.

10Temede ó Señor os seus devotos,

pois nada lles falta ós que o temen.

11Empobrecen os ricos, pasan fame,

pero ós que buscan ó Señor ningún ben lles faltará.

3. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10

R/ (8a. 9a): Aquí veño, Señor, para facela túa vontade

2Esperar, eu espero no Señor:

El vólvese para min e escoita o meu lamento.

4Ponme na boca un cantar novo,

louvanza do noso Deus.

7Ti non queres sacrificios e ofrendas

--sobre iso abríchesme o oído--

non pides holocaustos nin víctimas expiatorias.

8Entón digo:--"Aquí veño

co libro escrito para min".

9Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero;

a túa lei está no fondo de min mesmo.

10Proclamo a túa salvación na asemblea

non pecho os meus labios: ben o sabes, Señor.

4. Sal 77, 3 e 4a e 7ab. 23-24. 25 e 54

R/ (24b): O Señor deulles pan do ceo

3O que oímos e sabemos,

o que os pais nos contaron,

4non llelo podemos calar a seus fillos-

7Estes porán en Deus a súa esperanza,

non se esquecerán das súas obras,

23Ordenou logo as nubes desde arriba,

abriu as portas do ceo,

24e fixo chover maná para comeren;

deulles trigo do ceo.

25Comeu o home pan dos fortes,

deulles sustento a fartar.

54Levounos á súa terra santa,

ó monte que adquirira coa súa dereita.

5. Sal 109, 1-2. 3-4

R/ Sacerdote para sempre conforme ó rito de Melquisedec,

Cristo Señor ofreceu pan e viño

Ou tamén (4bc): Ti es sacerdote para sempre

conforme ó rito de Melquisedec

Palabra do Señor ó meu señor:

--"Senta á miña dereita

mentres poño os teus inimigos

por estrado dos teus pés".

2O cetro do poder

mándacho o Señor desde Sión:

domina nos teus inimigos.

3--"Es príncipe desde o día que naciches,

tes aura sagrada desde o seo,

desde o albor da túa infancia".

4O Señor xurouno, e non se arrepinte:

--"Ti es sacerdote para sempre

conforme ó rito de Melquisédec".

6. Sal 115, 12-13. 15 e 16bc. 17-18

R/ (1 Cor 10, 16): O caliz de bendición é comuñon co sangue de Cristo

Ou tamén: Aleluia.

12¿Con que lle pagarei ó Señor

todo o ben que me fai?

13Alzarei a copa da salvación,

invocando o nome do Señor

15Moi custosa é ós ollos do Señor

a morte dos seus amigos.

16¡Ai, Señor, que eu son o teu servo,

servo teu e fillo da túa serva

a quen ti rompíche-las cadeas!

17Ofrézoche sacrificios de louvanza,

invocando o nome do Señor.

18Cumprirei os meus votos ó Señor,

á vista de todo o seu pobo,

7. Sal 144, 10-11. 15-16. 17-18

R/ (cf. 16): Abres ti a túa man e dasnos fartura

10Lóuvente, Señor, as túas obras,

bendígante os teus amigos.

11Pregoen a gloria do teu reino,

proclamen as túas fazañas.

15Tódolos ollos cara a ti agardan

que ti lles déa-lo sustento ó seu tempo.

16Abres ti a túa man

e dáslle fartura a todo ser vivo.

17O Señor é xusto nos seus camiños todos,

bo en tódolos seus feitos.

18O Señor está cerca dos que o chaman,

dos que sinceramente o invocan.

8. Sal 147, 12-13. 14-15. 19-20

R/ (Xn 6, 58C): Quen coma deste pan, vivirá para sempre

Ou tamén: Aleluia.

12Glorifica ó Señor, Xerusalén,

louva o teu Deus, Sión.

13El reforza os ferrollos das túas portas

e bendice os teus fillos no teu seo.

14Establece a paz nos teus confíns

e fártate de flor de trigo.

15El manda á terra a súa mensaxe

e a súa palabra corre lixeira.

19El anuncia a Xacob os seus proxectos,

os seus estatutos e mandatos a Israel.

20Non fai así con outros pobos

que descoñecen as súas decisións.

979

DO NOVO TESTAMENTO (II)

1.

1 Cor 10, 16-17

Un pan, un corpo formamos moitos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

16A copa da bendición que bendicimos, ¿non é unha comuñón co sangue de Cristo?

O pan que partimos, ¿non é unha comuñón co corpo de Cristo? 17E como hai un

único pan, tamén nós, sendo moitos, formamos un único corpo, porque todos

participamos dese único pan.

2.

1 Cor 11, 23-26

Cantas veces comades e bebades, anunciádela morte de Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

Eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que

o entregaron, colleu pan e, despois de dar gracias, partiuno e dixo: ''Isto é o meu

corpo, que se entrega por vós; facede isto en lembranza miña''. 25Do mesmo xeito,

despois de cear, tomou a copa dicindo: ''Esta copa é a Nova Alianza, no meu sangue;

cada vez que bebades, facédeo en lembranza miña''.

26Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta copa, anunciáde-la morte

do Señor, ata que El volte.

3.

Heb 9, 11-15

O Sangue de Cristo purificará a nosa conciencia

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

Ó presentarse Cristo como sumo sacerdote dos auténticos bens, entrando a través

dunha tenda-santuario maior e máis perfecta, non de feitío humano, isto é, non deste

mundo, 12e ofrendando o seu propio sangue, non o sangue de carneiros ou de

becerros, entrou dunha vez para sempre no santuario e, deste xeito, conseguiu unha

redención definitiva. 13Se o sangue de carneiros e de touros e a cinsa dunha xuvenca

asperxida polos impuros consagra estes, dándolles unha pureza corporal, 14moito

máis o sangue de Cristo (que movido polo Espírito que animou toda a súa vida, se

ofreceu a si mesmo a Deus, como víctima sen mancha) limpará a nosa conciencia das

obras de morte, para así servímo-lo Deus vivo.

15Por iso é mediador dunha nova alianza, xa que morreu para redimir dos pecados

cometidos baixo a primeira alianza, a fin de que os que están chamados á herdanza

eterna, poidan recibi-lo cumprimento desta promesa.

4.

Heb 12, 18-19. 22-24

Achegástesvos ó sangue de aspersión, máis elocuente ca o de Abel

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

Irmáns e irmás:

18Non estades diante dun monte que se poida apalpar nin dun lume ardente nin dunha

nube negra e borrascosa nin dunha tormenta 19nin diante do bucinazo dunha trompeta

nin do boureo dunhas palabras coma as que escoitaron aqueles que, ó sentilas, pediron

que non lles falase máis;

22Vós, en cambio, estades diante do monte Sión, da cidade do Deus vivo, da

Xerusalén celeste; diante de milleiros de anxos, da asemblea 23en festa dos

primoxénitos censados no ceo, e diante de Deus, xuíz de todos, e das ánimas dos

xustos que xa chegaron á súa perfección, 24e diante de Xesús, mediador da Nova

Alianza, e diante do sangue da aspersión, que clama máis forte có de Abel.

5.

1 Pe 1, 17-21

Fostes redimidos polo precioso sangue do Año inmaculado, Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PEDRO

Benqueridos irmáns e irmás:

Aínda que lle podedes chamar Pai ó que xulga con imparcialidade as obras de cada

un, comportádevos con respecto durante o tempo do voso peregrinar. 18Porque xa

vedes que non vos rescataron dese tipo idolátrico de vida, que recibistes dos vosos

pais, con algo perecedeiro, tal coma ouro ou prata; 19senón que vos rescataron co

precioso sangue de Cristo, Año sen defecto nin tacha. 20El xa estaba escollido de

antes da creación do mundo pero presentouse nos derradeiros tempos para o voso ben.

21Por medio del tedes fe en Deus que o resucitou da morte e o glorificou e dese xeito

a vosa fe e a vosa esperanza están postas en Deus.

6.

1 Xn 5, 4-8

Tres son os que dan testemuño: o Espírito, a auga e o sangue

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

XOÁN

Benqueridos irmáns e irmás:

4porque nacer de Deus permítenos vence-lo mundo. E esta é a victoria que derrota o

mundo: a nosa fe. 5Porque ¿quen é o que derrota o mundo, senón o que cre que Xesús

é o Fillo de Deus?

6O que veu con auga e sangue, foi El, Xesús Cristo; non veu con auga só, senón con

auga e con sangue. E o Espírito é quen dá testemuño, xa que o Espírito é a Verdade.

7Porque tres son os que dan testemuño: 8o Espírito, a auga e mailo sangue; e os tres

testemuñan no mesmo senso.

980

ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1. Xn 6, 51:

Eu son o pan vivo, que baixei do ceo, di o Señor;

se alguén come deste pan, vivirá para sempre

2. Xn 6, 56:

Quen come a miña carne

e bebe o meu sangue

permanece en min e eu nel, di o Señor

3. Xn 6, 57:

Así como me mandou a min o Pai que vive, e eu vivo polo Pai,

tamén aquel que me coma, vivirá por min, di o Señor

4. Cf. Ap 1, 5ab:

Xesús Cristo, ti es testemuña fiel, primoxénito dos mortos,

amáchesnos e laváchelos nosos pecados co teu sangue

5. Ap 5, 9:

Ti, Señor, es digno de recibi-lo libro e abrilos seus selos,

porque foches matado e redemíchesnos para Deus no teu sangue

981

EVANXEOS

1.

Mc 14, 12-16. 22-26

Este é o meu corpo. Este é o meu sabgue

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

12No primeiro día da festa dos Azimos, cando se sacrificaba o año pascual,

preguntáronlle os seus discípulos:

-¿Onde queres que vaiamos prepara-la Cea Pascual?

13El mandou a dous discípulos, dicíndolles:

-Ide á cidade, e havos saír ó paso un home, cunha sella de auga. 14Ide tras el e onde

entre, dicídelle ó dono da casa: "O Mestre pregunta: ¿onde está o lugar no que podo

come-la Pascua cos meus discípulos?" 15El havos mostrar no sobrado unha grande

sala, xa disposta e arranxada. Vós preparade o que faga falta.

16Marcharon os discípulos e, chegando á cidade, atoparon todo tal como llelo el

dixera. E prepararon a Pascua.

23E collendo unha copa, dando gracias, pasóullela, e todos beberon dela. 24E

díxolles:

-Isto é o meu sangue da Alianza, vertido por todos. 25Asegúrovos que xa non volverei

beber este producto da viña ata o día que o beba, noviño, no Reino de Deus.

26Despois de cantaren os Salmos, saíron para o Monte das Oliveiras.

2.

Mc 15, 16-20

Visten a Xesús de púrpura e impóñenlle unha coroa de espiñas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

16Os soldados, levaron a Xesús para dentro do pazo do gobernador, é dicir, do

Pretorio, e chamaron a toda a compañía. 17Vestírono de púrpura, e trenzaron unha

coroa con espiños e encaixáronlla. 18Empezáronlle a facer saúdos:

-¡Saúde, rei dos xudeus!

19E cunha canivela dábanlle golpes na cabeza, cuspían nel e, axeonllándose,

rendíanlle homenaxe. 20E despois de faceren riso del, quitáronlle a púrpura e

puxéronlle a súa roupa. Despois levárono fóra, para o crucificaren.

3.

Lc 9, 11b-17:

Comeron e fartáronse todos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Xesús faláballe a xente do Reino de Deus e curaba a cantos o necesitaban. 12E como

empezaba a cae-lo día, achegáronse os Doce e dixéronlle:

-Despide a xente, para que vaian ás vilas e aldeas próximas en procura de sitio para se

hospedaren e para que poidan tamén comprar algo que levar á boca, porque aquí

estamos nun descampado.

13Pero el replicoulles:

-Dádelles vós de comer.

Eles contestaron:

-Pero ¡se non temos máis ca cinco bolos de pan e mais dous peixes! A non ser que

vaiamos nós mercar mantenza para toda esta xente.

14Eran uns cinco mil homes. Mais el díxolles ós seus discípulos:

-Colocádeos en grupos de cincuenta.

15Dixéronllelo, e sentaron todos. 16El, colleu os cinco bolos e mailos dous peixes,

ergueu a vista ó ceo, bendiciunos, partiunos e déullelos ós discípulos, para que llelos

servisen á xente. 17Comeron todos a fartar, e coas sobras encheron aínda doce cestas.

4.

Lc 22, 39-44

Fíxoselle a suor coma pingas de sangue que esvaraban ata a terra

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Xesús foise como facía sempre ó Monte das Oliveiras, seguido dos seus discípulos.

40Cando chegaron ó sitio, díxolles:

-Rogade que non caiades na tentación.

41E arredándose deles, como un tiro de pedra, púxose a rogar axeonllado:

-42Meu Pai, se queres, arreda de min este cáliz. Pero que non se faga a miña vontade,

senón a túa.

43E un anxo do ceo aparecéuselle para confortalo. 44E cheo de angustia, pregaba con

máis teima aínda, mentres suaba coma pingas de sangue que esvaraban ata o chan.

5.

Lc 24, 13-35 (longo) vel 13-16. 28-35 (breve):

Coñecérono ó parti-lo pan

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Dous dos discípulos de Xesús ían camiño de Emaús, unha aldea que está a uns dez

quilómetros de Xerusalén. 14Ian falando de canto pasara. 15E resulta que mentres

parolaban e discutían, Xesús en persoa, achegouse e camiñaba canda eles. 16Pero os

seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren. 17Entón preguntoulles:

-¿De que ides falando polo camiño?

Eles pararon cun semblante moi tristeiro, 18e Cleofás, un deles, respondeulle:

-¿Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non sabe nada do que pasou alí

durante estes días?

19El preguntou:

-¿De que, logo?

Eles contestaron:

-Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obras e palabras,

ante Deus e ante o pobo todo; 20de como os nosos sumos sacerdotes e demais xefes o

condenaron á morte e o crucificaron. 21Nós esperabamos que el fose quen liberase a

Israel; pero xa van alá tres días desde que pasaron estas cousas. 22Claro que algunhas

mulleres das nosas déronnos un susto, porque foron ó risca-lo día ó sepulcro. 23E, ó

non atoparen o corpo, volveron falando dunha visión de anxos, que lles aseguraron

que el vive. 24E algúns dos nosos alá foron ó sepulcro, atopando todo como as

mulleres dixeran; pero a el non o viron.

25Entón díxolles:

-¡Que parvos e lentos sodes para crer todo o que anunciaron os profetas! 26E logo

¿non cumpría que o Cristo padecese todo isto, antes de entrar na súa gloria?

27E comezando por Moisés e tódolos profetas, foilles interpretando o que as

Escrituras falaban del.

28O entraren na aldea onde ían fixo coma quen quería seguir para adiante. 29Pero

eles porfiáronlle, dicindo:

-Quédate connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase enriba.

Quedou con eles. 30E mentres estaban na mesa, colleu o pan, bendiciuno e partiuno e

déullelo. 31Entón abríronselle-los ollos e recoñecérono; pero el desapareceu. 32E

dixeron:

-¿Non ardía o noso corazón, cando nos falaba polo camiño, interpretándono-las

Escrituras?

33E levantándose axiña volveron a Xerusalén. Alí atoparon ós Once reunidos cos seus

acompañantes, 34que dicían:

-É certo, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón.

35Eles tamén contaron o que lles pasara polo camiño, e como o recoñeceran no partilo

pan.

6.

Xn 6, 1-15

Distribuilles canto desexaban

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Xesús foise á outra banda do Mar de Galilea (o de Tiberíades). 2Seguíao unha chea de

xente, porque viran os sinais que facía nos enfermos. 3Subiu Xesús ó monte e sentou

alí cos seus discípulos. 4Estaba a chega-la Pascua, a festa dos xudeus. 5Levantou a

vista Xesús e, vendo vir tanta xente cara a el, díxolle a Felipe:

-¿Onde imos mercar pan, para que coma esta xente? 6(Isto decíao para tantealo, que el

ben sabía xa o que ía facer).

7Respondeulle Felipe:

-Nin medio ano de xornal chega para que cada un deles reciba un codelo.

8Un dos seus discípulos, Andrés, o irmán de Simón Pedro, díxolle:

-9Hai aquí un rapaz que ten cinco bolos de pan de cebada e dous peixes. Claro que,

¿que é iso para tantos?

10Xesús ordenou:

-Facede senta-la xente.

Había moita herba naquel sitio. E sentaron como uns cinco mil hombres. 11Entón

colleu Xesús os pans e, dando gracias, repartiu ós sentados canto quixeron e o mesmo

os peixes. 12Cando se fartaron, díxolles ós seus discípulos:

-Recollede os anacos sobrantes, para que non se estrague nada.

13Entón xuntáronos e encheron doce cestas cos anacos dos cinco bolos de pan de

cebada, que lles sobraran ós que comeron. 14O veren aqueles homes o sinal que

fixera, dicían: ''Este si que é o profeta que había de vir ó mundo''.

15Entón Xesús, decatándose de que o ían vir coller para proclama-lo rei, retirouse só

outra vez ó monte.

7.

Xn 6, 24-35

Aquel que ven a min, non terá fame; quen cre en min nunca terá sede

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

En vendo a xente que Xesús non estaba alí, nin tampouco os seus discípulos,

montaron nos botes e chegaron a Cafarnaúm buscando a Xesús. 25Atopárono na outra

banda do mar e dixéronlle:

-Rabbí ¿cando chegaches aquí?

26Xesús contestoulles:

-Con toda verdade volo aseguro: buscádesme non porque vistes sinais, senón porque

comestes pan ata vos fartar. 27Traba-llade non polo pan que se acaba, senón polo que

dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home: pois el é a quen o Pai Deus

marcou co seu selo.

28Eles preguntáronlle:

-¿Que temos que facer para realiza-las obras de Deus?

29Respondeu Xesús:

-Esta é a obra de Deus: que creades naquel que El mandou.

30Replicáronlle:

-¿Que sinal fas ti, para que véndoo creamos en ti? ¿Que podes facer? 31Os nosos

pais comeron o maná no deserto, conforme está escrito: ''deulles a comer pan do ceo''.

32Entón díxolles Xesús:

-Con toda verdade volo aseguro: non foi Moisés quen vos deu o pan do ceo; meu Pai é

quen vos dá o verdadeiro pan do ceo: 33pois o pan de Deus é o que baixa do ceo e que

lle dá vida ó mundo.

34Dixéronlle entón:

-Señor, dános sempre dese pan.

35Xesús respondeulles:

-Eu son o pan da vida: quen vén onda min, non pasará fame e quen cre en min,

endexamais non terá sede.

8.

Xn 6, 41-51

Eu son o pan vivo que baixou do ceo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Os xudeus comezaron a murmurar del, porque dixera ''Eu son o pan que baixou do

ceo'', 42e dicían:

-¿Non é este Xesús, o fillo de Xosé? ¿Non lle coñecémo-lo pai e maila nai? ¿Como

di, logo ''Eu baixei do ceo''?

43Xesús respondeulles:

-Non esteades aí a murmurar. 44Nin-guén pode vir onda min, se non o trae o Pai que

me mandou e eu resucitareino no derradeiro día. 45Está escrito nos profetas: ''todos

serán ensinados por Deus'': todo aquel que escoita ó Pai e aprende, vén onda min.

46Non porque alguén vise ó Pai; o único que viu ó Pai é o que estaba onda Deus;

47Con toda verdade volo aseguro: quen cre, ten vida eterna.

48Eu son o pan da vida. 49Os vosos pais comeron o maná no deserto, pero morreron.

50Este é o pan que baixa do ceo, para que quen coma del non morra. 51Eu son o pan

vivo que baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para sempre; e o pan que eu

darei, é a miña carne, para a vida do mundo.

9.

Xn 6, 51-58

A miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós xudeus:

51Eu son o pan vivo que baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para

sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida do mundo.

52Discutían entón entre eles os xudeus:

-¿Como pode este darnos a come-la súa carne?

53Díxolles entón Xesús:

-Con toda verdade volo aseguro: se non coméde-la carne do Fillo do Home e non

bebéde-lo seu sangue, non teredes vida en vós. 54Quen come a miña carne e bebe o

meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día. 55Pois a miña carne

é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. 56Quen come a miña carne

e bebe o meu sangue, permanece en min e eu nel. 57Así como o Pai, que me mandou,

vive e eu vivo polo Pai, así tamén quen me coma vivirá por min. 58Este é o pan que

baixou do ceo; non coma o que comeron os Pais que mesmo así morreron: quen come

este pan, vivirá para sempre.

10.

Xn 19, 31-37

Abriulle o cpostado e imediatamente saíu sangue e auga

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os corpos na

cruz durante o sábado -pois era grande aquel día de sábado-, rogáronlle a Pilato que

lles rompesen as pernas e os retirasen.

32Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlle-las pernas ó primeiro e mais ó outro que

crucificaran con el. 33Pero ó chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle

romperon as pernas, 34senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza;

e no instante saíu sangue e auga.

35Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade,

para que tamén vós creades. 36Porque isto aconteceu para que se cumprise a

Escritura: ''Non lle crebarán óso ningún''. 37E noutro lugar di: ''Han mirar para quen

traspasaron''.

11.

Xn 21, 1-14

Xesús toma o pan e dálle-lo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Aparecéuselles outra vez Xesús ós seus discípulos onda o lago de Tiberíades. Foi

deste xeito: 2Estaban xuntos Simón Pedro, Tomé o chamado Xemeo, Natanael o de

Caná de Galilea, os do Zebedeo, e mais outros dous discípulos seus. 3Simón Pedro

díxolles:

-Vou pescar.

Eles contestaron:

-Imos nós contigo tamén.

Saíron, e subiron a bordo. Pero aquela noite non colleron nada. 4Xusto cando acababa

de rompe-lo día, presentouse Xesús na ribeira do lago. Pero non se decataron os

discípulos de que era Xesús. 5Xesús preguntoulles:

-Rapaces, ¿tendes algo que comer?

Eles responderon:

-Non.

6Díxolles entón:

-Largade o aparello por estribor e atoparedes.

Eles largárono, e xa non podían halalo a bordo, de tanto peixe. 7Daquela, aquel

discípulo a quen amaba Xesús díxolle a Pedro:

-É o Señor.

Entón Simón Pedro, o escoitar que era o Señor, cinguiu o vestido -pois estaba espido-

e botouse ó mar. 8Os outros discípulos chegaron no bote, porque non estaban lonxe de

terra senón a menos de cen metros, remolcando o aparello cos peixes. 9Cando vararon

en terra, viron que había unhas brasas cun peixe enriba, e mais pan.

10Xesús díxolles:

-Traede peixes dos que acabades de coller.

11Simón Pedro subiu ó bote e arrastrou para terra o aparello cheo de cento cincuenta e

tres peixes grandes; e, con seren tantos, non rachou o aparello.

12Xesús díxolles:

-Vinde comer.

Ningún dos seus discípulos se atrevía a preguntarlle ''ti quen es'', sabedores de que era

o Señor. 13Foi Xesús, colleu o pan e déullelo, e igualmente o peixe.

14Esta foi a terceira vez que Xesús se manifestou ós seus discípulos resucitado de

entre os mortos.

982

NOSO SEÑOR XESÚS CRISTO,

SUMO E ETERNO SACERDOTE (MR, 3B)

PRIMEIRA Is 52, 13 - 53, 12:

El foi ferido por causa das nosas iniquidades

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

13Velaí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle éxito ó seu servo.

14A grande multitude quedará abraiada ante el,

pois o seu aspecto non parecía o dun home,

a súa figura non parecía a dun fillo de Adam.

15Pero agora fará conmover a pobos numerosos:

por causa del os reis pecharán a súa boca,

porque contemplarán o que nunca se lles contou, e comprenderán o que nunca

escoitaron.

53 1¿Quen creu o que lle dixemos?

¿A quen se lle revelou o brazo do Señor?

2El subiu coma tenro gromo na súa presencia,

coma raíz en terra reseca.

Non tiña beleza nin esplendor;

vímolo, e o seu aspecto non era atraente.

3Desprezado, o máis rexeitado dos homes,

varón de sufrimentos, familiarizado coa dor.

Coma alguén de quen se esconde a cara,

desprezado, non lle tivemos aprezo.

4El cargou coas nosas dores,

el soportou os nosos sufrimentos.

Nós considerámolo ferido,

castigado por Deus e aflixido.

5Pero foi ferido por causa das nosas rebeldías,

foi esmagado polas nosas iniquidades.

O castigo que nos trouxo a paz caeu sobre el,

a súa ferida foi a nosa curación.

6Todos nós coma rabaño andabamos perdidos,

cada un polo seu camiño.

Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.

7Foi oprimido, foi aflixido;

pero el non abriu a súa boca.

Foi levado como unha res á matanza,

e, coma ovella muda ante o tosquiador,

non abriu a súa boca.

8Foi levado cun xuízo perverso,

ninguén se preocupou da súa vida.

El foi arrincado do mundo dos vivos,

para o noso ben foi ferido pola rebeldía do seu pobo.

9Puxeron a súa sepultura entre os malvados,

e a súa tumba entre os ricos,

aínda que non cometeu violencia,

nin houbo fraude na súa boca.

10O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento:

"Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado".

Pero el verá descendencia, alongará os seus días

e por medio del cumprirase a salvación do Señor.

11Polos traballos da súa vida verá a luz,

alcanzará a sabedoría.

O Xusto volverá xusto ó seu servo

para o ben de moitos

e as iniquidades destes el soportará.

12Por isto repartirei con el xunto cos grandes,

e cos poderosos terá parte no botín,

porque entregou a súa vida á morte

e foi contado cos malvados.

Si, el foi o que cargou co pecado de moitos

e fai a intercesión polos malvados.

Ou Heb 10, 12-23

Cunha única ofrenda deixou para sempre perfectos ós que El santifica

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

Cristo, logo que ofreceu un único sacrificio polos pecados, sentou para sempre á

dereita de Deus 13e, deste xeito, non lle queda máis que agardar a que ''Deus faga dos

seus inimigos un estrado para os seus pés''. 14Cunha única ofrenda deixou para

sempre perfectos ós que El santifica.

15Isto mesmo nos testifica o Espírito Santo, xa despois de ter dito: 16''Esta é a alianza

que pactarei con eles cando cheguen aqueles días, di o Señor: cando dea as miñas

Leis, héillelas de escribir nos seus corazóns e nas súas mentes'', 17e engade: xa non

me lembrarei máis dos seus pecados e dos seus delitos. 18Ora, se hai perdón dos

pecados, xa non pode haber sacrificios polos pecados.

19Pois logo, irmáns, xa que temos entrada libre no santuario, debido ó sangue de

Xesús, 20un vieiro novo e vivente que El nos abriu a través da cortina, isto é, a través

da súa carne, 21e, xa que temos un gran sacerdote á fronte da casa de Deus,

22manteñámonos con criterios sans na súa presencia con plenitude de fe. Xa que

estamos limpos por dentro de toda consciencia de pecado e xa que estamos lavados

por fóra con auga limpa, 23manteñámo-la esperanza indefectible que profesamos, pois

quen prometeu é fiel.

SALMO RESPONSORIAL. Sal 39, 6ab. 9bc. 10. 11ab

R/ (8a. 9a): Aquí veño, Señor, facela túa vontade

6Grandes cousas fas, Señor, meu Deus;

nos teus proxectos sobre nós ninguén se che semella.

Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero;

a túa lei está no fondo de min mesmo.

10Proclamo a túa salvación na asemblea

non pecho os meus labios: ben o sabes, Señor.

11Non escondo no peito a túa xustiza

anuncio a túa fidelidade e o teu auxilio.

ALELUIA Is 42, 1:

Velaí o meu servo a quen teño collido da man;

velaí o meu escollido no que eu me comprazo.

Teño posto sobre el o meu espírito:

dictaralles sentencia xusta ás nacións

EVANXEO Lc 22, 14-20

Facede isto en memoria de min

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

14Cando chegou a hora, púxose Xesús á mesa cos seus apóstolos. 15Díxolles:

-¡Moito levo desexado comer esta Pascua convosco antes de eu padecer! 16Porque

vos digo que xa non a volverei comer ata que chegue o seu cumprimento no Reino de

Deus.

17E collendo unha copa, deu gracias e dixo:

-Tomade e repartídea entre vós, 18pois asegúrovos que non volverei a beber do

producto da viña ata que chegue o Reino de Deus.

19E collendo pan, deu gracias, partiuno e déullelo, dicindo:

-Este é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria de min.

20E despois de cear, fixo o mesmo coa copa, dicindo:

-Esta copa é a Nova Alianza, selada co meu sangue, que se verte por vós.

SANTÍSIMO NOME DE XESÚS (MR, 4)

983

DO ANTIGO TESTAMENTO (I)

1.

Éx 3, 11-15

Eu son quen son. Este é o meu nome para sempre

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

Oindo Moisés a voz do Señor que viña da silveira, díxolle a Deus: -¿Quen son eu para

ir onda o faraón e para sacar ós israelitas de Exipto?

12Respondeulle Deus: -Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando:

Cando sáque-lo pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña.

13Moisés replicou: -Xa me estou vendo chegar onda os israelitas e dicíndolles: "O

Deus dos vosos pais mándame onda vós. Mais eles preguntaranme: ¿E cal é o seu

nome?". ¿Que lles direi eu entón?

14Deus respondeulle a Moisés: -EU SON O QUE SON. E engadiu: -Diraslles así ós

israelitas: "EU SON mándame onda vós. 15E mandoulle aínda: -Diraslles tamén ós

israelitas: "IAVÉ, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob

mándame onda vós". Ese será o meu nome para sempre. Por el invocaranme tódalas

xeracións.

2.

Eclo 51, 11-17 (gr. 8-12)

Louvarei o teu nome asiduamente

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO

8Cando lembrei a piedade do Señor

e as súas bondades permanentes

de quen salva a cantos a el se acollen

rescatándoos de todo mal.

9Lancei o meu berro desde a terra,

pedín axuda desde as portas do inferno;

10gritei: "Señor, ti e-lo meu pai,

es ti o meu heroe salvador,

non me deixes no día da angustia

no tempo da desfeita e da destrucción;

11louvarei de contino o teu nome,

lembrareite na miña pregaria".

Daquela escoitou o Señor a miña voz

e oíu a miña súplica;

12libroume de todo mal,

salvoume no día da angustia;

por iso doulle gracias e lóuvoo

bendicindo o nome do Señor.

984

DO NOVO TESTAMENTO (I)

1.

Feit 3, 1-10

No nome de Xesús Cristo, levántate e anda

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

3 1Pedro e Xoán subían ó templo para a oración das tres da tarde. 2Había alí un home

tolleito de nacemento, que levaban e poñían tódolos días cabo da porta chamada

''Fermosa'', para que pedise esmola ós que entraban no templo. 3Vendo que Pedro e

Xoán estaban para entrar, pediulles esmola. 4Pedro -e o mesmo fixo Xoán- reparou

nel e díxolle:

-Mira ben para nós.

5El ollaba para eles, esperando recibir algunha cousa. 6Entón Pedro díxolle:

-Non teño prata nin ouro, pero douche o que teño: en nome de Xesús Cristo de

Nazaret, érguete e anda.

7Colleuno pola man dereita e levantouno. No instante, afirmáronselle os pés e os

nocelos; 8dun brinco púxose en pé e camiñaba. Entrou con eles no templo, andando,

choutando e louvando a Deus. 9Todo o pobo o viu camiñar louvando a Deus, 10e,

recoñecendo que era o mesmo que se sentaba na porta Fermosa pedindo esmola,

ficaron pasmados e desconcertados polo que lle acontecera.

2.

Feit 4, 8-12

Non hai outro nome no poidamos ser salvos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

Pedro, cheo do Espírito Santo, díxolles:

-Xefes do pobo e anciáns, 9xa que nos demandades polo favor feito a un enfermo e

sobre o xeito como se curou, 10sabede todos vós e sáibao o pobo de Israel que é no

nome de Xesús Cristo de Nazaret, a quen vós crucificastes e Deus resucitou de entre

os mortos: por El está este home en pé e san diante de vós. 11El é a pedra que

refugastes vós, os constructores, e que se converteu en pedra esquinal. 12En ningún

outro hai salvación, porque non hai ningún outro nome baixo do ceo, dado ós homes,

no que nos poidamos salvar.

3.

Feit 5, 27b-32. 40b-42

Iban alegres os apóstolos porque foran dignos de sufriren polo nome de Xesús

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

O xefe dos sacerdotes interrogou ós apóstolos:

28-Expresamente vos mandamos que non ensinasedes nese nome, e vós enchestes

Xerusalén coa vosa doutrina. Vós queredes botar sobre nosoutros o sangue dese home.

29Pedro e os apóstolos responderon:

-Cómpre obedecer a Deus antes cós homes. 30O Deus de nosos pais resucitou a

Xesús, a quen vós matastes colgándoo dun madeiro; 31pois a este enxalzouno Deus

coa súa dereita, facéndoo Xefe e Salvador, a fin de lle outorgar a Israel a conversión e

perdón dos pecados. 32E nós somos testemuñas destas cousas e tamén o Espírito

Santo, que Deus dá ós que o obedecen.

40Entón chamaron polos apóstolos, e, despois de os azoutar, ordenáronlles que non

falasen no nome de Xesús, e deixáronos ir. 41Eles saíron de diante do consello moi

alegres de resultaren dignos de sufrir por mor do Nome; 42e cada día, no templo e nas

casas non paraban de ensinar e de anuncia-la Boa Nova de que Xesús é o Mesías.

985

SALMOS RESPONSORIAIS

1. Is 12, 2-3. 4bcd. 5-6

R/ (4a): Dádelle gracias ó Señor e invocade o seu nome

2Velaí, Deus é a miña salvación, terei confianza, e non medo.

El é a miña forza, por isto louvareino.

Si, o Señor é a miña salvación.

3Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación.

4O día aquel diredes: "Dádelle gracias ó Señor, invocade o seu nome.

Dade a coñecer entre os pobos os seus feitos,

facédelle a lembranza de que é grande o seu Nome.

5Cantádelle ó Señor. De verdade fixo cousas magníficas,

que serán coñecidas en toda a terra.

6Clamade con gozo e ledicia, habitantes de Sión:

Que grande é no medio de ti o Santo de Israel.

2. Sal 112, 1-2. 3-4. 5-6

R/ (2): Bendito sexa o nome do Señor,

agora e por sempre

Ou tamén: Aleluia.

Louvade, servidores do Señor,

louvade o nome do Señor.

2Bendito sexa o nome do Señor,

agora e por sempre.

3Desde o nacente ó poñente

louvado sexa o nome do Señor.

4Excelso sobre as xentes é o Señor,

sobre o ceo a sua gloria.

5¿Quen coma o Señor, noso Deus,

que habita nas alturas

6e que baixa para coidar

do ceo e mais da terra?

986

DO NOVO TESTAMENTO (II)

1.

1 Cor 1, 1-3

Con tódolos que invocan o nome do noso Señor Xesús Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

1 1 Paulo, chamado a ser apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, así como o

irmán Sóstenes: 2á Igrexa de Deus que está en Corinto, ós que están santificados en

Cristo Xesús, chamados a ser santos cos que en calquera lugar invocan o nome do

noso Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso, 3desexámosvos gracia e paz de parte de

Deus, noso Pai, e do Señor Cristo.

2.

Flp 2, 6-11

Deulle un nome que estará por riba de todo nome

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

Cristo Xesús, con ser de condición divina,

non se agarrou cobizosamente á súa categoría de Deus;

7senón que se espiu do seu rango,

asumiu a condición de escravo;

fíxose un home normal e presentouse como tal

8abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte,

¡e a morte na cruz!

9Por iso tamén Deus o exaltou sobre todo

e lle concedeu un título que está por riba de calquera título

10para que ante o título de Xesús se dobre todo xeonllo

no ceo, na terra e mais no abismo,

11e para que toda lingua proclame

para gloria de Deus Pai

que Xesús Cristo é o Señor.

3.

Col 3, 12-17

Facédeo todo no nome do Señor Xesús

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS COLOSENSES

Irmáns e irmás:

Como elixidos de Deus, santos e benqueridos, revestídevos de sentimentos de

misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia. 13Aturádevos

uns ós outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; como o Señor vos perdoou,

perdoádevos tamén vós. 14E, por riba de todo isto, cinguídevos co amor, que é o lazo

que todo o une e leva a perfección. 15Que a paz de Cristo goberne os vosos corazóns,

xa que a ela vos chamaron coma membros dun mesmo corpo. Sede tamén

agradecidos.

16Que a Palabra de Cristo habite en vós con toda a súa riqueza. Ensinádevos e

alentádevos uns a outros o mellor que saibades. Co corazón cheo de agradecemento

cantádelle a Deus salmos, himnos e cántigas inspiradas. 17E todo canto fagades, de

palabra ou de obra, facédeo para honra de Xesús, o Señor, dándolle gracias a Deus Pai

por medio del.

987

ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1. Sal 95, 2:

Cantádelle ó Señor, bendicide o seu nome,

anunciade cada día a súa salvación

2. Dn 3, 52b:

Bendito o teu nome santo e glorioso,

moi digno de gloria e moi enxalzado polos séculos

988

EVANXEOS

1.

Mt 1, 18-25

Poñeraslle de nome Xesús

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

18O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e

antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. 19Xosé,

o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala

secretamente. 20Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en

soños, dicíndolle:

-Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o

que nela se concebiu é obra do Espírito Santo. 21Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de

nome Xesús, porque salvará ó seu pobo de tódolos seus pecados.

22Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:

23"Mirade: a virxe concebirá e dará a luz un fillo,

e poñeranlle de nome Emmanuel"

(que quere dicir "Deus connosco").

24Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando

consigo a súa prometida; 25e sen que a tocase, ela deu a luz un fillo. E el púxolle de

nome Xesús.

2.

Lc 2, 16-21:

O seu nome é Xesús

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

16Foron os pastores a correr ata Belén e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura

deitada na manxadoira. 17O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño,

18deixando pasmados a cantos escoitaban o que tal dicían os pastores. 19María, pola

súa parte, conservaba todas estas cousas no seu corazón. 20Os pastores voltaron,

glorificando e louvando a Deus por canto viran e oíran, tal como lles fora anunciado.

21Os oito días tocaba circuncida-lo neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o

chamara o anxo antes da súa concepción.

3.

Xn 14, 6-14

O que pidades no meu nome, fareino

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dille Xesús a Tomé:

-Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min. 7Se

me coñecesedes, coñeceriades tamén a meu Pai; anque xa desde agora o coñecedes e o

tedes visto.

8Felipe díxolle:

-Señor, móstrano-lo Pai e abóndanos.

9Xesús replicoulle:

-Pero, Felipe, ¿levo tanto tempo convosco e aínda non me coñeces? Quen me viu a

min, viu o Pai. ¿Como dis entón ''móstrano-lo Pai''? 10¿Non cres que eu estou no Pai

e o Pai en min? As palabras que eu vos digo non as falo pola miña conta; é o Pai, que

permanece en min, quen fai as súas obras. 11Crédeme que eu estou no Pai e o Pai en

min. Se non, polo menos crede por esas mesmas obras. 12Con toda verdade volo

aseguro: quen cre en min, fará el tamén as obras que eu fago, e faraas meirandes

aínda, pois estou para irme onda o Pai; 13e o que pidades no meu nome, heino facer,

para que o Pai sexa glorificado no Fillo. 14Se algo me pedides no meu nome, eu

fareino.

PRECIOSÍSIMO SANGUE DO NOSO SEÑOR XESÚS CRISTO (MR, 5)

989

DO ANTIGO TESTAMENTO (I)

1.

Éx 12, 21-27

Cando o Señor vexa o sangue no dintel e nos dous postes, pasará de largo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

21Moisés convocou ós anciáns todos de Israel e díxolles: -Buscade e facédevos cunha

res por familia e inmolade a víctima da Pascua. 22Collede un ramallo de hisopo,

molládeo no sangue que recollades nun recipiente, e unxide con el o lintel e as xambas

da porta. E que ninguén saia da porta da casa para fóra, namentres non amañeza. 23O

Señor vai pasar ferindo ós exipcios. Pero, en vendo o sangue no lintel e nas xambas,

pasará diante da porta sen se deter. Non deixará entrar nas vosas casas ó exterminador

para ferir. 24Cumpriredes estas ordes coma lei a perpetuidade para vós e para os vosos

fillos. 25Cando un día entredes na terra que o Señor vos dará, conforme a súa

promesa, observaredes este rito. 26Entón preguntaranche os teus fillos: "¿Que

significa este rito que facedes?". 27Vosoutros dirédeslles: "É o sacrificio da Pascua,

cando o Señor pasou sen deterse diante das casas dos israelitas en Exipto, ferindo ós

exipcios e deixando a salvo as nosas casas".

Nisto o pobo postrouse e adorou.

2.

Éx 24, 3-8

Este é o sangue da Alianza, que o Señor estableceu convosco

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

3Moisés veu e expúxolle ó pobo as palabras do Señor e as súas decisións, e o pobo a

unha respondeu: -Faremos todo o que dixo o Señor. 4Moisés puxo por escrito tódalas

palabras do Señor.

O día seguinte Moisés ergueuse cedo, construíu un altar na aba da montaña e chantou

doce estelas, polas doce tribos de Israel. 5Despois mandou a algúns mozos israelitas

que ofrecesen holocaustos e sacrificios de comunión ó Señor. 6Moisés colleu a

metade do sangue e botouna en recipientes, e a outra metade asperxeuna no altar.

7Despois colleu o libro da alianza e leullo en voz alta ó pobo. Este respondeu: -

Faremos todo o que dixo o Señor, e obedeceremos. 8Entón colleu Moisés o sangue e

asperxiu ó pobo con el, dicindo: -Este é o sangue da alianza que o Señor fai convosco,

conforme as palabras lidas.

990

DO NOVO TESTAMENTO (I)

1.

Ap 1, 5-8

Amounos e absolveunos dos nosos pecados polo seu sangue

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

Gracia e paz para vos de parte de Xesús Cristo, a testemuña que merece fe, o primeiro

en renacer da morte e soberano dos reis da terra.

A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados co seu sangue 6e que nos

converteu nun reino, en sacerdotes para o seu Deus e Pai: a El a gloria e mailo poder

polos séculos dos séculos. Amén.

7Velaquí vén nas nubes,

e todo ollo o verá,

mesmo aqueles que o traspasaron:

por El baterán no peito tódalas razas da terra''.

Certo. Amén.

8Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o

que todo o sostén.

2.

Ap 7, 9-14

Lavaron os seus vestidos e branquexáronos no sangue do Año

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

Eu, Xoán, mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas

nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca

e levaban ramallos de palma nas mans. 10Proclamaban con grande voz:

''A salvación perténcelle ó noso Deus,

que senta no trono, e mais ó Año''.

11Tódolos anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais,

postráronse diante do trono para adoraren a Deus. 12Proclamaban:

''¡Amén! A bendición, a gloria, a sabedoría,

a acción de gracias, a honra,

o poder e maila forza perténcenlle ó noso Deus,

polos séculos dos séculos. Amén''.

13Un dos anciáns preguntoume: ''¿Quen son e de onde viñeron estes que van vestidos

de roupa branca?''. 14Eu respondinlle: ''Meu Señor, ti xa o sabes''. E díxome: ''Estes

son os que veñen de pasa-las súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e

branquexáronnos co sangue do Año.

991

SALMOS RESPONSORIAIS

1. Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10

R/ (cf. 8a et 9a): Aquí veño, Señor, facela túa vontade

2Esperar, eu espero no Señor:

El vólvese para min e escoita o meu lamento.

4Ponme na boca un cantar novo,

louvanza do noso Deus.

7Ti non queres sacrificios e ofrendas

--sobre iso abríchesme o oído--

non pides holocaustos nin víctimas expiatorias.

8Entón digo:--"Aquí veño

co libro escrito para min".

Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero;

a túa lei está no fondo de min mesmo.

10Proclamo a túa salvación na asemblea

non pecho os meus labios: ben o sabes, Señor.

2. Sal 115, 12-13. 15-16bc. 17-18

R/ (1 Cor 10, I6): O caliz de bendición é comuñón

co sangue de Cristo

Ou tamén: Aleluia.

12¿Con que lle pagarei ó Señor

todo o ben que me fai?

13Alzarei a copa da salvación,

invocando o nome do Señor

15Moi custosa é ós ollos do Señor

a morte dos seus amigos.

16¡Ai, Señor, que eu son o teu servo,

servo teu e fillo da túa serva

a quen ti rompíche-las cadeas!

17Ofrézoche sacrificios de louvanza,

invocando o nome do Señor.

18Cumprirei os meus votos ó Señor,

á vista de todo o seu pobo,

992

DO NOVO TESTAMENTO (II)

1.

Heb 9, 11-15

Polo propio sangue entrou de unha vez para sempre no Santuario

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

Ó presentarse Cristo coma sumo sacerdote dos auténticos bens, entrando a través

dunha tenda-santuario maior e máis perfecta, non de feitío humano, isto é, non deste

mundo, 12e ofrendando o seu propio sangue, non o sangue de carneiros ou de

becerros, entrou dunha vez para sempre no santuario e, deste xeito, conseguiu unha

redención definitiva. 13Se o sangue de carneiros e de touros e a cinsa dunha xuvenca

asperxida polos impuros consagra estes, dándolles unha pureza corporal, 14moito

máis o sangue de Cristo (que movido polo Espírito que animou toda a súa vida, se

ofreceu a si mesmo a Deus, como víctima sen mancha) limpará a nosa conciencia das

obras de morte, para así servÍrmo-lo Deus vivo.

15Por iso é mediador dunha nova alianza, xa que morreu para redimir dos pecados

cometidos baixo a primeira alianza, a fin de que os que están chamados á herdanza

eterna, poidan recibi-lo cumprimento desta promesa.

2.

Heb 12, 18-19. 22-24

Achegástesvos ó sangue de aspersión, máis elocuente ca o de Abel

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

Irmáns e irmás:

18Non estades diante dun monte que se poida apalpar nin dun lume ardente nin dunha

nube negra e borrascosa nin dunha tormenta 19nin diante do bucinazo dunha trompeta

nin do boureo dunhas palabras coma as que escoitaron aqueles que, ó sentilas, pediron

que non lles falase máis; 20porque non podían co que se lles estaba mandando: ''Quen

toque o monte, aínda que sexa un animal, morrerá acantazado''. 21Tan sublime era a

aparición que o mesmo Moisés dixo: ''Estou abraiado e tremendo''. 22Vós, en cambio,

estades diante do monte Sión, da cidade do Deus vivo, da Xerusalén celeste; diante de

milleiros de anxos, da asemblea 23en festa dos primoxénitos censados no ceo, e diante

de Deus, xuíz de todos, e das ánimas dos xustos que xa chegaron á súa perfección, 24e

diante de Xesús, mediador da Nova Alianza, e diante do sangue da aspersión, que

clama máis forte có de Abel.

3.

1 Pe 1, 17-21

Fostes redimidos polo precioso sangue do Año inmaculado, Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PEDRO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns e irmás:

Aínda que lle podedes chamar Pai ó que xulga con imparcialidade as obras de cada

un, comportádevos con respeto durante o tempo do voso peregrinar. 18Porque xa

vedes que non vos rescataron dese tipo idolátrico de vida, que recibistes dos vosos

pais, con algo perecedeiro, tal coma ouro ou prata; 19senón que vos rescataron co

precioso sangue de Cristo, Año sen defecto nin tacha. 20El xa estaba escollido de

antes da creación do mundo pero presentouse nos derradeiros tempos para o voso ben.

21Por medio del tedes fe en Deus que o resucitou da morte e o glorificou e dese xeito

a vosa fe e a vosa esperanza están postas en Deus.

4.

1 Xn 5, 4-8

Tres son os que dan testemuño: o Espírito, a auga e o sangue

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

XOÁN

Benqueridos irmáns e irmás:

O nacer de Deus permítenos vence-lo mundo. E esta é a victoria que derrota o mundo:

a nosa fe. 5Porque ¿quen é o que derrota o mundo, senón o que cre que Xesús é o

Fillo de Deus?

6O que veu con auga e sangue, foi El, Xesús Cristo; non veu con auga só, senón con

auga e con sangue. E o Espírito é quen dá testemuño, xa que o Espírito é a Verdade.

7Porque tres son os que dan testemuño: 8o Espírito, a auga e mailo sangue; e os tres

testemuñan no mesmo senso.

993

ALELUIAS E VERSOS ANTES DOS EVANXEOS

1. Cf. Ap 1, 5ab:

Xesús Cristo, ti es testemuña fiel, o primeiro en renacer:

amáchesnos e purificáchelos nosos pecados co teu sangue

2. Ap 5, 9:

Ti, Señor, es digno de recibi-lo libro e abri-los seus selos,

porque te degolaron e adquiríchesnos para Deus co teu sangue

994

EVANXEOS

1.

Mc 14, 12-16. 22-26

Este é o meu corpo. Este é o meu sangue

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

12No primeiro día da festa dos Azimos, cando se sacrificaba o año pascual,

preguntáronlle os seus discípulos:

-¿Onde queres que vaiamos prepara-la Cea Pascual?

13El mandou a dous discípulos, dicíndolles:

-Ide á cidade, e havos saír ó paso un home, cunha sella de auga. 14Ide tras el e onde

entre, dicídelle ó dono da casa: "O Mestre pregunta: ¿onde está o lugar no que podo

come-la Pascua cos meus discípulos?" 15El havos mostrar no sobrado unha grande

sala, xa disposta e arranxada. Vós preparade o que faga falta.

16Marcharon os discípulos e, chegando á cidade, atoparon todo tal como llelo el

dixera. E prepararon a Pascua.

22Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan, deu gracias, partiuno e déullelo,

dicindo:

-Tomade, isto é o meu corpo.

23E collendo unha copa, dando gracias, pasóullela, e todos beberon dela. 24E

díxolles:

-Isto é o meu sangue da Alianza, vertido por todos. 25Asegúrovos que xa non volverei

beber do producto da viña ata o día que o beba, noviño, no Reino de Deus.

26Despois de cantaren os Salmos, saíron para o Monte das Oliveiras.

2.

Mc 15, 16-20

Vísteno de púrpura e impóñenlle unha coroa de espiñas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

16Os soldados, levaron a Xesús, para dentro do pazo do gobernador, é dicir, do

Pretorio, e chamaron a toda a compañía. 17Vestírono de púrpura, e trenzaron unha

coroa con espiños e encaixáronlla. 18Empezáronlle a facer saúdos:

-¡Saúde, rei dos xudeus!

19E cunha canivela dábanlle golpes na cabeza, cuspían nel e, axeonllándose,

rendíanlle homenaxe. 20E despois de faceren riso del, quitáronlle a púrpura e

puxéronlle a súa roupa. Despois levárono fóra, para o crucificaren.

3.

Lc 22, 39-44

Fíxoselle unha suor coma pingas de sangue que esvaraban ata a terra

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Foise Xesús, como facía sempre ó Monte das Oliveiras, seguido dos seus discípulos.

40Cando chegaron ó sitio, díxolles:

-Rogade que non caiades na tentación.

41E arredándose deles, como un tiro de pedra, púxose a rogar axeonllado:

-42Meu Pai, se queres, arreda de min este cáliz. Pero que non se faga a miña vontade,

senón a túa.

43E un anxo do ceo aparecéuselle para confortalo. 44E cheo de angustia, pregaba con

máis teima aínda, mentres suaba coma pingas de sangue que esvaraban ata o chan.

4.

Xn 19, 31-37

Abriulle o costado e saiu sangue e auga

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os corpos na

cruz durante o sábado -pois era grande aquel día de sábado-, rogáronlle a Pilato que

lles rompesen as pernas e os retirasen.

32Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlle-las pernas ó primeiro e mais ó outro que

crucificaran con el. 33Pero ó chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle

romperon as pernas, 34senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza;

e no instante saíu sangue e auga.

35Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade,

para que tamén vós creades. 36Porque isto aconteceu para que se cumprise a

Escritura: ''Non lle crebarán óso ningún''. 37E noutro lugar di: ''Han mirar para quen

traspasaron''.

SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS (MR, 6)

995

DO ANTIGO TESTAMENTO (I)

1.

Éx 34, 4b-6. 8-9

Señor, Señor Deus, misericordioso e clemente

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

4Moisés ergueuse cedo e subiu ó monte Sinaí, conforme lle mandara o Señor, levando

consigo as dúas táboas de pedra. 5O Señor baixou na nube e parou alí con el. Moisés

pronunciou o nome do Señor.

6O Señor pasou diante del proclamando: -O Señor, o Señor. Deus compasivo e

benfeitor, tardo á ira, rico en amor e lealdade,

8Moisés, ó tempo que se postraba polo chan e adoraba, 9dixo: -Se merezo, Señor, o

teu favor, pídoche que veñas ti connosco. Este pobo ten cerviz dura, pero ti perdoara-las

nosas culpas e pecados e farás de nós a túa herdade.

2.

Dt 7, 6-11

Amouvos o señor e elixiuvos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO

DEUTERONOMIO

Faloulle Moisés ó pobo dicindo:

Ti es un pobo consagrado ó Señor, o teu Deus.

O Señor, o teu Deus, escolleute para sére--lo pobo da súa persoal propiedade entre

tódolos pobos que viven sobre a superficie da terra.

7Non foi por serdes vós máis numerosos ca tódolos pobos, polo que o Señor se

namorou de vós e vos escolleu, pois sóde-lo máis pequeno de tódolos pobos; 8senón

que foi polo amor do Señor para vós e por manter El o xuramento que lles fixera ós

vosos pais, polo que o Señor vos sacou con man forte e vos rescatou da situación de

escravitude, do poder do faraón, rei de Exipto.

9Has de saber que o Señor, o teu Deus, é Deus: Deus fiel, que mantén a súa alianza e

a súa misericordia por mil xeracións cos que o aman e cumpren os seus mandamentos,

10e que llelas devolve á cara ós que o aborrecen, facéndoos desaparecer; non queda

dubidoso ante o que o aborrece, senón que llelas paga en persoa.

11Garda os mandamentos, os preceptos e os decretos que eu che mando hoxe pór en

práctica.

3.

Dt 10, 12-22

Amounos e elixiu ós seus descendentes despois deles

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO

DEUTERONOMIO

Faloulle Moisés ó pobo dicindo:

12E agora Israel ¿que é o que o Señor, o teu Deus, che pide? Tan só que respécte-lo

Señor, o teu Deus, que camiñes por tódolos seus vieiros, que o ames e que sírva-lo

Señor, o teu Deus, con tódalas túas intencións e con tódolos teus folgos, 13que gárdelos

mandamentos do Señor e os seus preceptos, que eu che mando para o teu ben.

14Si, do Señor, o teu Deus, son os ceos e o máis esplendoroso dos ceos, a terra e todo

o que hai nela; 15pero soamente de teus pais se enamorou o Señor, e escolleuvos a

vós, a súa descendencia, de entre tódolos pobos, tal como se ve hoxe.

16Circuncidade os prepucios dos vosos corazóns e non volvades endurece-la vosa

cabeza, 17pois o Señor, o teu Deus, é Deus dos deuses, Señor dos señores, o Deus

grande, poderoso e temible; é imparcial e non acepta o suborno; 18El é quen lles fai

xustiza ó orfo e á viúva, e quen ama ó emigrante dándolle pan e vestido.

19Amaréde-lo emigrante, xa que fostes emigrantes no país de Exipto. 20O Señor o teu

Deus, respectarás, a El servirás e a El has de te apegar e prestar xuramento no seu

nome. 21El será a túa louvanza, El será o o teu Deus, que fixo por ti esas grandes e

terribles cousas que viron os teus ollos. 22Setenta persoas eran os teus devanceiros,

cando baixaron a Exipto, pero agora o Señor, o teu Deus, volveute tan numeroso coma

as estrelas do ceo.

4.

Is 49, 13-15

Ainda que a muller esqueza ó seu fillo, eu pola contra non te esquecerei

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

13Exulta, ceo; brinca de ledicia, terra; que se fendan os montes coa alegría,

pois o Señor consolou ó seu pobo, e compadeceuse dos seus pobres.

14Sión di: "Iavé non me abandonou, o Señor non se esqueceu de min".

15¿Esquécese unha muller do seu meniño? ¿Non se compadece do fillo das súas

entrañas?

Aínda que ela se esqueza, eu non me esquecerei de ti.

5.

Xer 31, 1-4

Ameite con amor perpetuo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

Di o Señor:

Eu serei Deus para tódalas tribos de Israel,

e eles serán o meu pobo.

2Así fala o Señor:

No deserto atopa ó Bondadoso

o pobo dos que fuxiron da espada;

Israel vai á procura do seu acougo,

3de lonxe aparéceselle o Señor.

Quíxente cun amor eterno,

por iso mantiven moito tempo a miña fidelidade.

4Volverei construírte e quedarás construída,

virxe de Israel;

volverás a arranxa-los teus pandeiros,

e sairás á danza cos que están de festa.

6.

Ez 34, 11-16

Apacentarei as miñas ovellas e fareinas acougar

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

Isto di o Señor:

11Pois así fala o meu Señor, Iavé:

Velaí, eu en persoa virei

seguírlle-las pisadas ás miñas reses e a buscalas.

12O mesmo que mira o pastor polos años,

o día en que el se atopa diante do rabaño dispersado,

así eu vou mirar polas miñas reses,

e vounas salvar, sacándoas de tódolos sitios

por onde se espallaron un día de nubes e escuridade.

13Vounas sacar de entre os pobos,

vounas reunir dos países,

e vounas facer volver á súa terra

e pastorealas nos montes de Israel,

nos vales e en tódolos lugares habitables do país.

14Fareinas pastar en bos pasteiros,

e nos montes do alto Israel estarán as súas pradeiras,

acougarán alí en boas camposas

e pastarán en pasteiros fértiles nos montes de Israel.

15Eu mesmo apacentarei o meu rabaño,

e eu en persoa fareino acougar

-é o meu Señor, Iavé, quen fala-.

16Buscarei a ovella perdida,

farei volve-la extraviada,

vendarei a que ten a pata partida,

fortalecerei á feble,

pero farei que perezan a gorda e a forte.

Apacentarei o meu rabaño conforme a xustiza.

7.

Os 11, 1 . 3-4. 8c-9

Vólvese a min o meu corazón

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE OSEAS

Isto di o Señor:

11 1Cando Israel era escravo, eu ameino,

e de Exipto chamei ós seus fillos.

3Pero eu ensináralle a Efraím a camiñar,

tíñao collido nos meus brazos,

e non quería saber que eu era o seu médico.

4Coas cordas das miñas mans acollinos con brazos de amor,

e fun para eles como quen lles levanta o xugo do pescozo,

ligueinos a min e dáballes de comer.

O meu corazón revólvese contra min,

ó mesmo tempo que a miña compaixón se conmove.

9Non provocarei o incendio da miña ira,

non volverei a destruír a Efraím,

pois son Deus, e non un home,

o Santo no medio de ti: non te volverei a destruír.

996

DO NOVO TESTAMENTO (I)

1.

Ap 3, 14b. 20-22

Cearei con el e el comigo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

Isto di o Amén, a testemuña fiel e lexítima, o comezo da creación de Deus:

20Mira que hai tempo que estou a petar na túa porta. Se alguén escoita a miña voz e

abre a porta, eu entraría cabo del e cearía con el e el comigo. 21O vencedor

outorgareille sentar onda min no meu trono, do mesmo xeito que tamén eu vencín e

sentei cabo do meu Pai no seu trono.

22Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas.

2.

Ap 5, 6-12

Redimíchesnos para Deus co teu sangue

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

Eu, Xoán, vin no medio do trono e dos catro animais e diante dos anciáns, un Año en

pé, coma se estivese degolado, con sete cornos e sete ollos, que son os sete espíritos

de Deus, mandados a toda a terra. 7O Año achegouse ó trono e recibiu o libro da man

dereita de quen está sentado no trono. 8Cando o colleu, os catro animais e os

vintecatro anciáns axeonlláronse diante do Año, con cadansúa cítara e con frascos de

ouro cheos de perfumes, que son as oracións do pobo santo. 9E cantaban un canto

novo:

''Ti es merecente de recibi-lo libro,

e de abri-los selos,

porque te degolaron e adquiriches para Deus co teu sangue

xentes de toda raza, lingua, pobo e nación.

10E fixeches deles un reino de sacerdotes para o noso Deus e reinarán na terra''.

11E vin e oín a voz de moitos anxos arredor do trono e dos animais e dos anciáns: o

número deles era de milleiros e milleiros. 12Proclamaban con forte voz:

''Merecente é o Año, por estar degolado,

de recibi-lo poder, a riqueza, a sabedoría, a forza,

a honra, a gloria e a bendición''.

997

SALMOS RESPONSORIAIS

1. Is 12, 2-3. 4bcd. 5-6

R/ (3): Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación

2Velaí, Deus é a miña salvación, terei confianza, e non medo.

El é a miña forza, por isto louvareino.

Si, o Señor é a miña salvación.

3Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación.

4O día aquel diredes: "Dádelle gracias ó Señor, invocade o seu nome.

Dade a coñecer entre os pobos os seus feitos,

facédelle a lembranza de que é grande o seu Nome.

5Cantádelle ó Señor. De verdade fixo cousas magníficas,

que serán coñecidas en toda a terra.

6Clamade con gozo e ledicia, habitantes de Sión:

Que grande é no medio de ti o Santo de Israel.

2 . Sal 22, 1-3 . 4. 5 . 6

R/ (I): O Señor é o meu pastor: nada me falta.

O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Ós pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as minas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

a cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

3. Sal 24, 4bc-5ab. 6-7bc. 8-9. 10 e 14

R/ (6a): Lémbrate, Señor, do teu amor

4Móstrame, Señor, os teus camiños,

ensíname os teus sendeiros,

5diríxeme na túa verdade, apréndeme,

pois ti es, Deus, o meu salvador

e estoute a esperar todo o día.

6Lémbrate, Señor, da túa compaixón e do teu amor,

pois existen desde sempre.

7Dos erros e das culpas da miña mocidade non te lembres:

acórdate de min segundo o teu amor,

Señor, pola túa bondade.

8O Señor é bo e recto:

por iso ensínalle-lo camiño ós extraviados,

9dirixe ós xustos no xuizo

e móstralles ós humildes o vieiro.

10Os camiños do Señor son todos amor e lealdade,

para os que gardan a súa alianza e as súas instruccións.

14O segredo do Señor é para os que o temen,

e instrúeos coa súa alianza.

4. Sal 32, 1-2. 4-5. 11-12. 18-19. 20-21

R/ (5b): A misericordia do Señor enche a terra

Ou tamén (Mt 11, 29b): Aprendede de min que son bo e humilde de corazón

1Alegrádevos, xustos, no Señor:

ós rectos acáelle-la louvanza.

2Festexade ó Señor con cítolas,

tocade con harpa de dez cordas.

4A palabra do Señor é recta

e tódalas súas obras son leais:

5El quere o dereito e a xustiza,

a súa misericordia enche a terra.

11O consello do Señor dura por sempre,

os seus plans de xeración en xeración.

12Feliz a nación que ten a Deus por Señor,

o pobo que El elixiu como herdade.

18Os ollos do Señor miran polos seus fieis,

polos que esperan na súa misericordia,

19para libra-la súa vida da morte,

para os manter no tempo da miseria.

20Nós agardámo-lo Señor:

El é o noso socorro, o noso escudo.

21Nel alégrase o noso corazón

e confiamos no seu nome.

5- Sal 33, 2-3- 4-5. 6-7. 8-9. 17-18. 19 e 23

R/ (9a): Gustade e vede que bo é o Señor

2Eu bendigo ó Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa louvanza;

3gloríome no Señor,

e os humildes alégranse, ó escoitalo.

4Exaltade comigo ó Señor,

louvemos xuntos o seu nome.

5Eu busco ó Señor, e El responde,

líbrame de tódolos temores.

6Ollade para El e refulxide,

non poñades caras murchas.

7O Señor escoita ó pobre que o chama

e líbrao de tódolos apretos.

8O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis

e dálles seguridade.

9Gustade e vede que bo é o Señor:

feliz quen a El se acolle.

17mais o Señor mira con enfado ós malvados,

para borrar da terra a súa memoria.

18Claman aqueles, e o Señor escoita,

líbraos de tódalas angustias.

19O Señor está preto do aflixido,

salva ó asoballado.

230 Señor redime os seus servos:

non será castigado quen a El se acolle.

6. Sal 102, 1-2. 3-4. 6-7. 8 e 10

R/ (17): O amor do Señor dura por sempre para os que o temen

Alma miña, bendice ó Señor

e todo o meu ser, o seu santo nome.

2Alma miña, bendice ó Señor,

non esquéza-los seus beneficios.

3El perdoa as túas culpas

e sanda as túas doenzas;

4rescata a túa vida da morte

e coróate de amor e de tenrura;

6O Señor fai xustiza

e defende o dereito do oprimido.

7Mostroulle a Moisés os seus camiños,

ós fillos de Israel as súas fazañas.

8O Señor é misericordioso e clemente,

tardo á ira e rico en mercedes.

10Non nos trata conforme ós nosos erros

nin nos paga conforme ás nosas culpas.

998

DO NOVO TESTAMENTO (II)

1.

Rm 5, 5-11

O amor de Deus foi derramado nos nosos corazóns

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

A esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o

Espírito Santo, que se nos deu.

6De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo

morreu polos impíos. 7Non é fácil, en verdade, que alguén queira morrer por un home

xusto (anque por un home bo, quizais se atreva alguén a morrer); 8pero Deus

demostróuno-lo seu amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu

por nós. 9Con máis razón, logo agora, que xa estamos xustificados polo seu sangue,

seremos por El salvos da ira. 10Porque, se cando eramos aínda inimigos, fomos

reconciliados con Deus mediante a morte do seu Fillo, moito máis, xa reconciliados

seremos salvos pola súa vida. 11Aínda máis: mesmo orgullosos estamos en Deus por

medio do noso Señor Xesús Cristo, por quen agora recibímo-la reconciliación.

2.

Ef 1, 3-10

Segundo as riquezas da súa gracia, que sobreabundou en nós

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

3¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos

bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito! 4Porque nos escolleu antes

da formación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha perante El polo amor.

5El decidiu xa daquela profillarnos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o

designio da súa vontade, 6para louvanza da súa gloriosa benquerencia, coa que nos

agraciou no Fillo amado, 7quen co seu sangue nos acadou a redención e o perdón dos

pecados, en proba da xenerosidade da súa gracia. 8E fíxoa rebordar sobre nós con toda

sabedoría e intelixencia, 9ó nos descubri-lo misterio da súa vontade, conforme o

designio que El tiña 10para leva-la historia á súa plenitude e, por medio de Cristo,

levar a cabo a unidade do universo, do que hai no ceo e do que hai na terra.

3.

Ef 3, 8-12

Anunciárlles ás xentes as inescrutables riquezas de Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

8A min, o máis cativo de tódolos crentes, concedéuseme o honor de anunciarlles ós

xentís a inimaxinable riqueza de Cristo 9e amosarlles a todos a realización do misterio

escondido desde sempre en Deus, que creou tódalas cousas. 10Así desde o ceo e por

medio da Igrexa dáselles a coñecer a príncipados e autoridades a variedade de formas

da sabiduría de Deus, 11contidas no proxecto eterno que se levou a cabo por medio de

Cristo Xesús, noso Señor. 12Gracias a El témo-la liberdade de acceso confiado, pola

fe nel.

4.

Ef 3, 14-19

Saber a supereminente caridade de Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

Axeónllome perante o Pai, 15de quen toma nome toda paternidade no ceo e mais na

terra, 16para que vos conceda -segundo a riqueza da súa gloria-, que se robusteza

poderosamente en vós o home interior por medio do seu Espírito; 17que Cristo habite

pola fe nos vosos corazóns e que teñáde-la vosa raíz e o voso alicerce no amor, 18de

xeito que poidades comprender, con todo o pobo crente, o ancho, o longo, o alto e o

profundo que é 19o amor de Cristo, que supera todo coñecemento; e así quededes

cheos da plenitude total, que é Deus.

5.

Flp 1, 8-11

Nas entrañas de Cristo Xesús

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

Irmáns e irmás:

8¡Ben sabe Deus con que morriña cristiá vos boto a faltar aquí! 9E na miña oración

pido que o voso amor reborde de penetración e de sensibilidade para todo: 10así

poderedes acertar co mellor para chegardes enxebres e sen chata ó día de Cristo

Xesús, 11e cheos do froito da xustiza que se consegue por medio de Xesús Cristo para

gloria e louvanza de Deus.

6.

1 Xn 4, 7-16

El amounos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

XOÁN

Benqueridos irmáns e irmás:

Amémonos úns ós outros, porque o amor vén de Deus; e todo aquel que ama naceu de

Deus e coñece a Deus. 8O que non ama, aínda non coñece a Deus, porque Deus é

amor.

9O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo o seu Fillo

Unixénito, para que nos dese a súa vida. 10Hai amor dentro de nós, non porque nós

teñamos amado a Deus, senón porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para

que expiase os nosos pecados.

11Meus amigos, se Deus nos amou tanto, tamén nós nos temos que amar uns ós

outros. 12A Deus non o deu visto nunca ninguén; pero, se nós nos amamos uns ós

outros, Deus está en comuñón connosco e o seu amor faise realidade cumprida en nós.

13Coñecemos que estamos en comunión con El e El connosco, en que nos deu parte

no seu Espírito. 14Nós mesmos o contemplamos e por iso testemuñamos que o Pai

mandou o seu Fillo como salvador do mundo. 15Se un profesa que Xesús é o Fillo de

Deus, Deus está en comunión con el e el con Deus. 16Pero nós xa o coñecemos e

temos posta a nosa fe neste amor: o amor que Deus mantén vivo entre nós. Deus é

amor e quen permanece no amor, permanece en Deus e Deus permanece nel.

999

ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1I. Cf. Mt 11, 25:

Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,

porque lles reveláchelos misterios do Reinos ós humildes

2. Mt 11, 28:

Achegádevos a min tódolos que traballades e estades cansados,

e eu aliviareivos, di o Señor

3. Mt 11, 29ab:

Tomade o meu xugo sobre vós, di o Señor,

e aprendede de min que son manso e humilde de corazón

4. Xn 10, 14:

Eu son o bo pastor, di o Señor,

e coñezo as miñas ovellas e elas coñécenme a min.

5. Xn 15, 9:

Así como me4 amou a min o meu Pai, tamén eu vos amei a vós;

permanecede no meu amor, di o Señor.

6. 1 Xn 4, 10b:

Deus amounos, e mandóuno-lo seu Fillo

como propiciación polos nosos pecados

1000

EVANXEOS

1.

Mt 11, 25-30

Son bo e humilde de corazón

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Di Xesús:

-Bendito sexas, meu Pai, Señor do Ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas

cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde. 26Si, meu Pai,

bendito sexas por che agradar iso así. 27Meu Pai ensinoume tódalas cousas e ninguén

coñece ó Fillo agás o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo

queira revelar.

28Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.

29Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e

atoparedes acougo para as vosas almas; porque o meu xugo é levadeiro e a miña carga

leviá.

2.

Lc 15, 1-10

Haberá alegría no ceo por un pecador que faga penitencia

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

15 1Tamén os publicanos e pecadores se achegaban a Xesús para o escoitaren. 2Por

iso os fariseos e letrados murmuraban:

-Este acolle ós pecadores e come con eles.

3Entón Xesús contoulles esta parábola:

-4¿Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no

descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa? 5E cando a atopa, volve todo

contento 6para a casa, con ela no lombo; e, chamando por amigos e veciños, dilles:

"Alegrádevos comigo, que atopei a ovella que perdera. 7Pois asegúrovos unha cousa:

no ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove

xustos que non precisan conversión.

8E ¿que muller que teña dez moedas e perde unha, non encende a luz, e non varre a

casa, buscándoa con coidadiño ata atopala? 9E cando a atopa, chama polos amigos e

veciños para lles dicir: "Alegrádevos comigo, que atopei a moeda perdida".

10Asegúrovos que outro tanto se alegran os anxos por un só pecador que se converta.

3.

Lc 15, 1-3. 11-32

Era necesario alegrarse, porque o teu irmán estaba morte e reviviu

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

15 1Tamén os publicanos e pecadores se achegaban a Xesús para o escoitaren. 2Por

iso os fariseos e letrados murmuraban:

-Este acolle ós pecadores e come con eles.

3Entón Xesús contoulles esta parábola:

11E dixo tamén:

-Un home tiña dous fillos. 12O máis novo díxolle ó pai: "Papá, dáme a parte da

herencia que me corresponde". El repartíulle-los seus bens. 13Días despois, este fillo

recibiu todo xunto e marchou para un país remoto, onde malgastou a súa fortuna

vivindo como un perdido.

14Despois de o gastar todo, houbo unha grande fame naquela terra, e empezou a pasar

necesidade. 15Entón, acudindo a un natural do país, entrou a servir, e mandouno a

unha granxa a coida-los porcos. 16Alí chegou a ter gana de enche-lo estómago coas

landras que comían os porcos, pero ninguén llas daba.

17Recapacitando, pensou: "¡Hai que ver! Cantos xornaleiros do meu pai teñen pan a

fartar, e eu morro coa fame. 18Si, vou volver á de meu pai e voulle dicir: "Papá,

pequei contra o ceo e contra ti; 19xa non son digno de que me trates coma un fillo,

trátame coma un xornaleiro".

20Levantouse e volveu onda seu pai. Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo,

saíu emocionado a recibilo, e botándoselle nos brazos, bicouno garimosamente. 21O

fillo exclamou: "Papá, pequei contra o ceo e contra ti, xa non son digno de que me

trates coma un fillo".

22Pero o pai díxolles ós seus criados: "Axiña, sacade a túnica mellor e vestídella;

poñédelle un anel na man e calzado nos pés. 23Preparade un cuxo cebado para comelo

e facer unha gran festa. 24Porque este fillo meu estaba morto e volve á vida, estaba

perdido e atopámolo". E empezou a festa.

25Pero resulta que o fillo máis vello estaba na leira e cando viña para casa, oíu a

música e mailo baile. 26Chamou por un criado e preguntoulle que pasaba. 27O criado

contestoulle: "Éche que volveu teu irmán, e teu pai mandou mata-lo cuxo cebado por

recuperalo san e salvo". 28Entón alporizouse moito, e non quería entrar.

Pero o pai, saíndo, intentouno convencer. 29El díxolle: "Tantos anos como levo

servíndote sen che faltar nunca en nada, e nunca un cabrito me deches para farrear cos

meus amigos; 30e agora resulta que vén ese teu fillo, que queimou os teus bens con

mulleres de mala vida, e máta-lo cuxo cebado".

31O pai contestoulle: "Meu fillo, ti sempre estás comigo e todo o meu é teu, 32¿que

menos que celebrar unha festa cheos de alegría, xa que ese teu irmán estaba morto e

volve á vida, estaba perdido e atopámolo?".

4.

Xn 10, 11-18

O bo pastor entrega a súa vida polas ovellas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

11Eu son o Bo Pastor. O Bo Pastor dá a súa vida polas ovellas. 12O criado, que non é

pastor, de quen non son as ovellas, cando ve vi-lo lobo, deixa as ovellas e foxe e o

lobo rapínaas e dispérsaas; 13porque el anda ó xornal e as ovellas non lle importan.

14Eu son o Bo Pastor: coñezo as miñas e as miñas coñécenme a min. 15Igual que o

Pai me coñece a min e eu coñezo ó Pai. E dou a miña vida polas ovellas. 16Teño

ademáis outras ovellas que non son deste curro: tamén a esas as teño que guiar e

escoitarán a miña voz e farase un único rabaño e un único pastor.

17Por iso ámame o Pai: porque eu dou a miña vida, para tomala de novo. 18Ninguén

ma quita; non, eu douna voluntariamente. Teño poder para dala e teño poder para

tomala de novo. Este mandato recibino do meu Pai.

5.

Xn 15, 1-8

Permanecede en min e eu en vós

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

15 1Eu son a verdadeira vide, e meu Pai é o labrador. 2O sarmento que en min non

leva froito, arríncao; e o que leva froito, límpao, para que leve máis froito aínda. 3Vós

xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado. 4Permanecede en min e eu en

vós.

Así como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non permanece na vide, vós

tampouco, se non permanecedes en min. 5Eu son a vide; vós os sarmentos. Quen

permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non podedes

facer nada. 6Se alguén non permanece en min, é como os ramos arrincados fóra, que

secan; apáñanos, bótanos no lume e arden. 7Se permanecedes en min e as miñas

palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e hásevos facer. 8Nisto é

glorificado meu Pai: en que levedes froito abondoso e vos mostredes como discípulos

meus.

6.

Xn 15, 9-17

Este é o meu mandamento, que vos amedes uns ´ós outros como eu vos amei

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

9Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor. 10Se gardáde-los

meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu gardei os mandamentos

de meu Pai, e permanezo no seu amor. 11Díxenvos estas cousas, para que a miña

alegría estea en vós, e a vosa alegría sexa plena.

12Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros como eu vos amei.

13Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos. 14Vós

sodes amigos meus, se facedes canto eu vos mando. 15Xa non vos chamo servos, que

o servo non sabe o que fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle

oín a meu Pai déivolo a coñecer. 16Non me escollestes vós a min, senón que vos

escollín eu a vós; e púxenvos para que vaiades e levedes froito e o voso froito

permaneza; de xeito que todo o que lle pidades ó Pai no meu nome, volo conceda.

17Mándovos isto: que vos amedes uns a outros.

7.

Xn 17, 20-26

Amáchelos, como me amaches

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Levantando os ollos ó ceo, Xesús orou dicindo:

Pai santo, non che rogo só por estes, senón tamén polos que han de crer en min pola

palabra deles; 21que todos sexan un, como ti, Pai, en min, e eu en ti; que tamén eles

sexan un en nós, para que o mundo crea que ti me mandaches. 22E a gloria que ti me

deches, déillela a eles, para que sexan un como nós somos un. 23Eu neles e ti en min,

para que cheguen á perfecta unidade, de xeito que o mundo recoñeza que ti me

mandaches e que os amaches a eles, como me amaches a min.

24Pai, os que me deches, quero que, onde estou eu, estean tamén eles comigo, para

que contemplen a miña gloria, a que ti me concediches, porque me amabas xa antes da

fundación do mundo. 25Pai xusto, o mundo non te coñeceu, pero eu coñecinte, e estes

coñeceron que ti me mandaches. 26Eu manifestéille--lo teu nome e llelo seguirei

manifestando, para que o amor co que me amaches estea neles, e tamén eu estea neles.

8.

Xn 19, 31-37

Abriu o seu costado e inmediatamente saiu sangue e auga

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os corpos na

cruz durante o sábado -pois era grande aquel día de sábado-, rogáronlle a Pilato que

lles rompesen as pernas e os retirasen.

32Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlle-las pernas ó primeiro e mais ó outro que

crucificaran con el. 33Pero ó chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle

romperon as pernas, 34senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza;

e no instante saíu sangue e auga.

35Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade,

para que tamén vós creades. 36Porque isto aconteceu para que se cumprise a

Escritura: ''Non lle crebarán óso ningún''. 37E noutro lugar di: ''Han mirar para quen

traspasaron''.

1001

ESPÍRITO SANTO (MR, 7)

Tómase a Palabra do domingo de Pentecostés, nn. 62-63 ou da de

"Confirmación", nn. 764-768

1002

SANTA MARÍA VIRXE (MR, 8)

Tómase a Palabra do "Común da B. V. María, nn. 707-712

SANTA MARÍA,

NAI DA IGREXA (MR, 8B)

1.

Xén 3, 9-15. 20, n. 707, 1

Ou: Feit 1, 12-14, n. 708, 1

SALMO RESPONSORIAL

Xudt 13, 18bcde. 19, n. 709, 2

ALELUIA n. 711, 5

EVANXEO

Xn 19, 25-27, n. 712, 12

SANTÍSIMO NOME DE MARÍA (MR, 8C)

1

Gál 4, 4-7 n. 710, 3

Ou: Ef 1, 3-6. 11-12 n. 710, 4

SALMO RESPONSORIAL

Lc 1, 46-47. 48-49- 50-51. 52-53- 54-55, n. 709, 5

ALELUIA Cf. Lc 1, 45, n. 711, 2

EVANXEO

Lc 1, 39-47, n. 712, 5

DOS SANTOS ANXOS (MR, g)

Tómase a Palabra da festa dos Ss. Arcanxos, día 29 de setembro, n. 647,

ou da memoria dos Ss. Anxos Custodios, día 2 de outubro, n. 650

1004

DE S. XOSÉ (MR, IO)

Tómase a Palabra da solemnidade de S. Xosé, día 19 de marzo, n. 543,

ou da memoria de S. Xosé Obreiro, día 1 de maio, n. 559

1005

SANTOS APÓSTOLOS (MR, II)

Tómase a Palabra da festa de Ss. Simón e Xudas, día 28 de outubro, n. 666

1006

SS. PEDRO E PAULO, APÓSTOLOS (MR, 12)

Tómase a Palabra da memoria da dedicación das basílicas dos mesmos

Apóstolos, día 18 de novembro, n. 679

1007

S. PEDRO, APOSTOLO (MR, 13)

Tómase a Palabra da festa da Cátedra de San Pedro, día 22 de febreiro, n. 535.

1008

S. PAULO, APÓSTOLO (MR, 14)

Tómase a Palabra da festa da Conversión de S. Paulo, día 25 de xaneiro, n. 519

1009

DE UN SANTO APÓSTOLO (MR, 15)

Tómase a Palabra coma na súa festividade. Pero se se celebra coa de outro

Apóstolo, e os textos concordan menos, entón tómase a Palabra da Misa de Ss.

Simón e Xudas, día 28 de outubro, n. 666

1010

DE TÓDOLOS SANTOS (MR, 16)

Tómase a Palabra da solemnidade de Tódolos Santos, día 1 de novembro, n. 667

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!