19.04.2013 Views

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Subida ao Monte Castelo

DÍA DO SOCIO - XUÑO 2010

O

27 de xuño citámonos na

praza da Mariña a media

mañá para disfrutar do Día do

Socio con unha nova subida ó

Monte Castelo. A xornada presentábase

interesante, concorrida

e con bo tempo. Para sacar

a foto de rigor os fotógrafos

tivéronse que retirar bastantes

metros para encadrar a todos

os participantes, que éramos

moitos. Como quen non quere

a cousa puxémonos a andar uns

detrás dos outros cara ó paseo

marítimo do Cantiño.

Esta vez cambiamos radicalmente

o itinerario da ruta con

respecto a edicións anteriores.

Sempre subiamos pasando pola

praia da Marosa, pero esta ruta

planifi couse para ascender pasando polo Cantiño. Eu penso que foi unha decisión acertada

por que na variación está o gusto e tivemos a oportunidade de coñecer e dar a

coñecer outras paisaxes do noso concello. Falando animosamente en galego de Burela,

en galego de Foz, en asturiano de Navia, en castelán de Madrid en…fomos sumando

quilómetros moi cómodos ata chegar á ponte da variante que hai enfronte da gardería.

A partir de aquí os grupos fanse mais pequenos e preparámonos para xestionar as

primeiras subidas en vertical que hai ata a cima. O paso faise lento e case sen querer

colocámonos en fi la india e automaticamente deixamos de conversar para dosifi car a

enerxía.

Pasada das Cabras é unha asociación de sendeirismo veterana e conta con socios moi

curtidos e preparados para camiñar en calquera situación do terreo e condición atmosféricas.

A subida ó Monte Castelo fíxose corta e doada aínda que a costa mais

pronunciada medira uns tres quilómetros. Este ano chegamos cedo á meta, e co deber

cumprido, preparamos a nosa mente para outro tipo de actividades menos fatigosas,

aparentemente. O primeiro que fi xemos foi practicar, cada un para si, con un tirador de

cervexa para acadar unhas cañas que con mais ou menos espuma acabara coa sede de

cada un de nos.

O xantar que compartimos foi abundante e variado, a base de xamón, polbo, carne…e

con música de calidade que nos puxo en movemento moito antes de rematar o postre.

Bailamos, cantamos e pasámolo moi ben. A promesa de repetir esta ruta fíxose colectiva,

como se fi xo colectiva a sensación de confi anza e compañeirismo que se viviu nesta

xornada. O sendeirismo ten estas cousas.

Unha aperta.

Alfredo Llano García

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!