19.04.2013 Views

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O Camiño Francés: Cuarta Etapa

Portomarín - Palas de Rei

ABRIL 2010

O dez de Abril ás 7:30

da mañá comezamos

a IV etapa do Camiño

de Santiago. Moi

contentos e preparados

collemos o autobús

e partimos cara o

punto de inicio da etapa,

Portomarín, previo

paso por Lourenzá para

completar o grupo da

viaxe.

A camiñata comezou

despois de tomar un

café e facer a sempre

típica foto de grupo.

O primeiro que fi xemos

foi cruzar o Rego das

Torres por unha pasarela

metálica, unha densa

néboa cubríao todo

e non deixaba refl ectir os raios do sol. Deixamos o río ás nosas costas emprendendo unha

longa subida de 11 qm; dosifi cando os esforzos fomos cruzando bosques de piñeiros e toxos.

Máis tarde o camiño levounos pola marxe da estrada ó mesmo tempo que o sol empezaba a

ser o noso compañeiro. A néboa comezou a desaparecer e a presenza do sol fíxose notar de

aquí en diante.

Así fomos subindo a serra de Ligonde, serra que divide os vales do Miño e Ulla. Á carón do

camiño atopamos un fermoso carballo xunto ó cruceiro de Lameiros, un dos máis importantes

de toda a ruta. Nos catro lados desde cruceiro puidemos observar pequenas referencias

ó calvario, mentres na cruz se amosa a maternidade e

a vida.

Saímos de Lameiros e chegamos ó pobo de Ligonde

que, antigamente, contaba cun hospital de peregrinos

e coa blasonada casa do Carneiro, onde se hospedou

Carlos I en 1.520 na súa viaxe de camiño para coroarse

Emperador.

Tamén o fi xo o seu fi llo Felipe II cando ía de viaxe a

Coruña para casar con Maria Tudor.

Continuamos polo asfalto e chegamos á Igrexa de Santiago

de Lestedo, de estilo neoclásico.

Deixamos á dereita, totalmente desviado da ruta, o mosteiro de Vilar de Donas, de grande

riqueza artística por ter unhas das mellores pinturas góticas de Galicia.

O fi nal estaba preto e animámonos a sacar folgos para poder chegar ó destino (Palas de Rei).

Estábamos moi cansos pero satisfeitos, xa que estabamos a punto de vencer esta ruta tan

longa e dura. Unha vez na meta atopamos a igrexa de San Tirso, hoxe igrexa parroquial, que

conserva unha fermosa porta románica do século XII.

Mereceu a pena este esforzo. Regresamos á casa moi animados cantando un popurri de cancións

da nosa xuventude e rematando así un longo día con 25 qm. de camiñata.

Eugenio López

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!