19.04.2013 Views

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O Camiño Francés: Terceira Etapa

Sarria - Portomarín

MARZO 2010

1.-A VIAXE BURELA-SARRIA

Un grupiño de peregrinos, ao redor de oitenta persoas, vaise

formando na Estación de Autobuses de Burela; desde

as 7:15 hs escoitase falar do tempo, da hora de levantarse

e das historias soñadas de cadaquén. O grupo arriba á

estación polos seus propios medios; o guía, José Antonio,

presidente da Asociación Deportiva “Pasada das Cabras”, dá

a benvida co cóctel de “bos días”; empeza a familiarizarse

o grupo de viaxe ata a chegada dos dous autobuses da empresa

Morán de Mondoñedo.

En torno ás 7:30 horas arráncase escoitando que a uns se

lles pegaron as sabas, a outros aquelouselles o electrónico

e así conversas de temática variada, con paradas en Nois

(Foz), Cruz do Lobo (Barreiros) e Lourenzá para recoller máis peregrinos, chégase ao Hotel Montero á entrada de Vilalba onde

se fai unha paradiña para ollear a prensa escrita e observar os grupos de fumadores e non fumadores que se conformaron

nun santiamén.

Sobre as 10:00 hs da mañá estáse en Sarria. Despois da obrigada foto de familia, coma de costume, desfaise a agrupación;

iniciase a visita ao patrimonio histórico e bares ou cafeterías abertos de Sarria. Entre o augurio doutro bo día comeza a andaina

por unha subida de escaleiras.

2.-PERFIL DA ETAPA

Sáese de Sarria deixando a un lado o Mosteiro dos pais Mercedarios para adentrarse nun senfín de corredoiras. Estes camiños

entre muros de pedra están cubertos de carballos e castiñeiros. É unha etapa repleta de natureza, prados, bosques, vacas e

paisanos guiando o gando dun terreo a outro, desta fermosa Galicia rural ata chegar ao río Miño. Destaca a paisaxe de terras

cerradas con lastras de lousa. Cátase a tansformación da vida do agricultor pasando etapas de gando de leite, a gando de

carne e recentemente a rabaños de ovellas e cabras.

Hai tramos do camiño nos que se ven restos das antigas calzadas romanas descubertas pola erosión da auga. O grupo atópase

con tramos do camiño que son verdadeiros ríos de auga con pasos de pedra que hai que ir saltando para non mollar os pés.

Esta terceira etapa dende o Cebreiro é para algúns camiñantes a primeira, xa que Sarria atópase moi cerca dos míticos e derradeiros

100 quilómetros, a distancia mínima que hai que andar a pé para gañar a “Compostelá”.

A etapa non defrauda nin o primeirizo nin ao curtido peregrino. Ofrece incontables aldeas dos

concellos de Sarria, Paradela e Portomarín, bos exemplos do románico, pistas veciñais asfaltadas,

senadas e corredoiras rurais, pontes medievais e pasadoiros rústicos e ata unha moderna

área de descanso chea de máquinas expendedoras.

O tramo inicial de 2,9 quilómetros entre Sarria e As Paredes ofrece un excelente comezo de

etapa. Pasando xunto ao edifi cio da Prisión Preventiva, chégase ao mirador sobre Sarria, adornado

cun cruceiro. Uns trescentos metros despois do mirador, o Camiño xúntase co Convento

da Magdalena.

Esta rota está chea de paixases fermosas e patrimonio histórico. En Barbadelo sae ao camiño o

crego ofertando aos peregrinos a visita guiada á Igrexa románica monumento nacional.

En Mirallos, parroquia de Ferreiros no concello de Paradela, un home de ben explica ao grupo de

peregrinos que posúe sete credenciais asinadas por outros tantos bispos, e parola que os sinais

do camiño desta etapa son obra súa. O lugareño destaca a importancia da igrexa rómanica que

se baixou pedra a pedra desde Ferreiros no 1790.

3.-CHEGADA A PORTOMARÍN

Resulta moi agradable pasear polas rúas desta localidade de vida tranquila, só minimamente alterada polos peregrinos, e con

fermosas vistas sobre o val do río Miño.

A vila nova está edifi cada no alto dun outeiro. A vila antiga quedou submerxido nas augas do Miño cando se fi xo o encoro de

Belesar no 1960.

Nun parqueciño fronte ao río pódese descansar, gozar da conversa e da tarde tan estupenda mentres tanto van chegando os

últimos do grupo, algo cansos, para superar a subida fi nal polas escaleiras que levan ao medio da vila.

A visita á igrexa é obrigada; a portada principal mostra a pegada do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago; no exterior

pódense ver os números escritos no seu día sobre as pedras para poder facer o traslado e a posterior reconstrución.

Así, con compras e visitas, entre unhas cousas e outras, vai pasando a tarde e chegan as 18:00 horas para volver ao punto

de partida.

4.-OBXECTIVOS CUMPRIDOS

O regreso deste grupo heteroxéneo en idade e intereses foi de ledicia e satisfación polos obxectivos acadados xa que se cumpriu

cunha etapa máis para gañar a “compostelá”, andouse por aldeas e vilas de Galicia, e probáronse os produtos típicos da

zona.

O grupo séntese gratifi cado por pasar outro día camiñando e conversando con outros peregrinos de Ferrol,Ourense, etc, que

tamén fan o camiño francés a Santiago.

Despois desta 3ª etapa, na que é imposible aburrirse, ten practicamente de todo, o grupo estivo entretido e atópase cada vez

máis unido e harmonioso agardando a próxima con ilusión e curiosidade.

Asdo.: Antonio Mogo Río

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!