19.04.2013 Views

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O Camiño Francés: Segunda Etapa

Triacastela - Sarria

FEBREIRO 2010

A pesares de que o sábado

non prometía moito, pois

estaba moi nubrado en Burela,

madrugamos, tíñamos a hora de

partida ás 07:30 h. e todos fumos

caendo, de mellor ou peor

maneira, pola estación de autobuses

para partir á hora prevista.

As caras que tiñamos a esas

horas as 77 persoas que participamos

na ruta, non son para

comentar!

Despois dunha viaxe bastante

longa, pero non cansada, chegamos

a Triacastela, a poboación

onde habíamos rematado a primeira

xornada e que supoñía o

comezo da nova ruta que íamos

comenzar e onde facía un frío

terrible, estabamos a 0 graos,

paramos un intre nun bariño moi

típico a tomar o riguroso cafeiño

mañaneiro (que ven me fi xo!)

momento que aproveitou, o noso presi, para sellar as credenciais de todos nós…. dende logo

velo coa carpetiña baixo o brazo….parece todo un colexial!

Sen tempo que perder, sacamos a foto de rigor na Cruz de Santiago que hai na Praza da Diputación,

ó lado da Casa do Concello, serían as 10:30 h. cando nos puxemos en marcha. Volvimos

polos nosos pasos e cruzamos a carretera que cruza a vila, a LU-633, se mal non recordo, para

coller unha pista asfaltada que nos poñia xa en pleno Camiño, dirección San Xil, ó pouco de

comezar chegamos a aldea de Balsa, recordo unha costa empinada que nos deu que facer pois

estaba toda xeada e esbarábase con moita facilidade. Neste sitio hai unha capeliña mal cuidada

que ten un castiñeiro centenario ó lado, continuamos ascendendo polo camiño entre carballos

e castiñeiros ata chegar á Fonte dos Lameiros, unha fonte moi orixinal, pois ten unha cuncha

de vieira ben grande e do medio dela sae o chorro de auga, tamén ten unha balsa para recoller

a auga que, por certo, estaba xeada na sua superfi cie. Eiquí xa estabamos ben altos, ó mellor

a 900 m., logo chegamos a San Xil, catro casiñas nun alto, e seguimos por unha carreteiriña

ancha e asfaltada que ía pola loma dos montes hasta coroar no Alto de Riocabo, o lugar mais

alto desta ruta e tamén o máis bonito para min, porque había unhas vistas espectaculares de

todo o val de Sarria e xa estábamos a 124.5 qm. de Santiago, a partires de eiquí, todo llanear e

descender ata chegar primeiro a Fontearcuda e despois a Furela (curioso nome, ¿verdade? Que

parecido ao noso Burela). Eiquí paramos en Casa Franco, a comer os bocatas un bo número de

camiñantes, non vos creades que falamos moito mentres comíamos, as paroladas e as bromas

viñeron despois cos cafés e os chupitos. E despois……o peor, retomar a marcha, menos mal que

a maior parte do tramo que nos quedaba era en baixada, pasamos por Pintín e Calvor, recordo

cruzar por un bosque de castiñeiros moi bonito,

despois xa chegamos á carretera LU-5602 e xa non a

abandoamos ata chegar a Sarria, antes de adentrarnos

no pobo, pasamos por diante do albergue que

tiña moi boa pinta, moderniño e ben cuidado. Xa en

Sarria, o noso grupete de colegas que fi xemos a ruta

xuntos, e que non fumos dos primeiros precisamente,

deunos tempo de mudarnos e ir tomar un viño

antes de coller o bus de retorno.

Perso almente, foi un día moi intenso, en boa compañía

e unha experiencia que espero dure moitos anos

na miña retina ¡Que máis se pode pedir!

Aurelio Fernández

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!