19.04.2013 Views

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O Camiño Francés: Primeira Etapa

O Cebreiro - Triacastela

XANEIRO 2010

Son as 7.30 horas da mañá do sábado,

23 de xaneiro, desafi ando os pronosticos

do tempo e logo dunha noite de vento

e auga, arrancamos da estación cara O

Cebreiro dos autobuses cheos de ilusión

por principiar a nosa aventura do Camiño

Francés.

Chegamos ao O Cebreiro logo de dúas horas,

máis ou menos, de viaxe, e logo dun

café, unhos, e outros dunha cunca de caldo,

visitamos, á presa, a aldea.

Inesgotable, o conxunto histórico e etnográfi

co do Cebreiro aínda está disposto a

deleitarnos coa presenza de nove ben restauradas

e conservadas pallozas; unha delas

está habitada como museo, eso reza

na porta, xa que non poidemos vela por

atoparse pechada, continuando chegamos

O Santuario de Santa María a Real,

sempre aberto, amosa unha encantadora e atemporal

arquitectura popular. Trala torre-porche, a estructura

toda en aparello de lousa, descubrimos unha disposición

basical con tres naves irregulares, baptisterio independente

e muros encalados. Para se proteger das

treboadas, o edifi cio atópase parcialmente soterrado,

contén a imaxe de Santa María a Real. Unida ao templo

está a hospedería, un antigo mosteiro que funcionou

como hospital de peregrinos e logo como hospedería.

Mencionar tamén a conservación das pallozas.Trátase

dunha construcción de orixe prerromano que só vela dá

idea do enseño dos seus primeiros moradores. A planta

oval, os baixos muros de pedra e un teito cónico de

postóns de carballo cubertos de palla de centeo garantízan

a protección fronte ó extremo rigor climatolóxico

que rolda as alturas.

Deixamos O Cebreiro pola estrada, e non polo camiño

de pedra que atravesa o poblado, nós non poidemos

ver o fondo do val e as casas de Barxamaior e A Lagúa

de Tablas por mor da intensa néboa coa que nos despideu

O Cebreiro. A catro quilómetros, chegamos a Liñares,

dín que nestas terras tiñan os monxes do Cebreiro

as súas prantacións de liño e que tamén aquí gardaban

os seus teares. Pasamos pola iglesia de Santo Estevo,

un templiño medievo moi infl uído, como todos os da

comarca, pola estructura de Santa María a Real, e chegamos

o alto de San Roque (1270 m.), onde un colosal

peregrino de bronce sustitúe a antiga capela. A fi gura

apoiándose nunha grosa cachaba e termando do sombreiro

que quere voar, avanza contra o vento.

Á dereita segue o camiño estreito cara un alto. Ó chegar

ao outeiro do Penedo, non nos chegan os ollos para

contemplar o que temos diante: Ancares, O Val do Navia,

a vertente do Sil, a serra do Courel e os montes do

Bierzo perdéndose ao lonxe. A natureza, ás veces, dá

alegrías como esta.

Na baixada está o pobo de Hospital, antes chamado da

Condesa que, segundo din, debe o seu nome a un vello

hospital. Pasada a fonte con lavadoiro, outra igrexa

“modelo Cebreiro”, enfi lamos unha desviación que sae

á dereita, camiñamos pola esquerda e chegamos a Padornelo.

A fonte da Pinguela, de moito caudal, aparece

próxima á igrexa de San Xoán, con varias dependencias

anexas abandonadas, eso parece. Desde O Padornelo,

unha costa empinada, dura por estar chea de cascallos,

fainos calar a todos ata chegar ao Alto do Poio, o derradeiro

miradoiro da montaña. Desde O Poio (1335 m.),

lugar onde paramos, unhos para respirar e recuperar

os folgos, outros para picar un pouco e cargalas pilas,

outros para tirar do pitillo, pero todos para contemplar

por última vez o cadro desta comarca de Cebreiro. A

moitos nos chamou a atención a fonda parcelación das

montañas, con praderías e labradíos mesmo nas pendentes.

Desde O Poio, todo é costa abaixo ata o fi n da xornada,

avanzamos por un camiño paralelo á estrada ata entrar

en Fonfría, que se chama así pola baixa temperatura

das augas da súa fonte.

Á saída da aldea, O Camiño e a estrada seguen rumbos

distintos que non se fundirán ata ben lonxe. Polo

Barreiro chegamos a Viduedo, pasamos a pequena capela

de San Pedro e bordeamos xa o monte Calderón.

Vemos ao lonxe unha canteira. Máis adiante, de súpeto

aparece a singular silueta do monte Oribio, é o seupé,

Triacastela. Desde este punto, a baixada e moi rápida

por Filloval, As Pasantes, resta un curto e moi agradable

paseo no que abondan os vellos castiñeiros, freixos

e teixo. Entramos en Ramil, aldea precedida dun famoso

e centenario castiñeiro (800 anos), e de caserío

ben conservado. Antes de introducirnos en Triacastela,

a esquerda témolo albergue de peregrinos, nunha gran

fi nca que chega ata o río e que nos anuncia a fi n da

nosa xornada.

Xa para rematar, e logo de recuperar un pouco os folgos,

visitamos Samos e o seu mosteiro, pero esto fi xémolo

en autobús, que para o primeiro día non estivo

mal. Para o sábado, 13 de febreiro, agárdanos a segunda

etapa: TRIACASTELA-SARRIA (por Furela), pero

esta será outra historia.

Anxo Rubiños.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!