Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

pasadadascabras.es
from pasadadascabras.es More from this publisher
19.04.2013 Views

Saúda do Presidente Parece que foi onte cando me puxen a facer o saúdo da revista do ano pasado e xa pasou un ano e teño que volver a esprimir os miolos (está claro que o meo non é a redacción) para volver a escribir catro palabriñas para confecionar o saúdo diste ano para a xa mais que consolidada revista anual desta gran Asociación como é Pasada das Cabras. Este ano que rematou adicámolo case que exclusivamente en facer o Camiño de Santiago, tiñamos programado facelo dende O Cebreiro ata Santiago pero a petición de varios socios continuamos ata Fisterra, así que menos en agosto fixemos unha etapa por mes acabando en Fisterra en decembro, que por certo rematamos con unha comida en Cee que lembraremos durante moito tempo tanto pola calidade e abundancia das viandas como polo servicio que nos prestaron e ademais o dono do restaurante agasallounos cun décimo de lotería de Nadal que pensamos nos faría ricos a Asociación pero non tocou un peso ¡que lle vamos facer... axa salud!. Do resto das rutas que tiñamos programadas para este ano solo fixemos a do Río Rigueira en Xove e a ruta das Praias en Castropol, o resto suspendemolas porque había moi pouca xente interesada en facelas, (facer duas rutas no mesmo mes a xente non está pola labor), exceptuando as xa clásicas do Día do Socio no Monte Castelo e a nocturna a San Cibrao. O Camiño de Santiago foi todo un éxito sobre todo a primeira fase ata Santiago, case que en todas as etapas tivemos que levar dous autobuses para dar cabida a toda a xente e fixéronse varios socios novos que empezaron o Camiño con nos e gustoulle a experiencia. A última etapa xuntamonos todos o chegar o Monte do Gozo xa que alí nos esperaba o tesoreiro Andrés con varias compañeiras da Asociación que tiñan montado un suculento catering a base de empanadas, xamón cocido e non sei cantas cousas mais que a Asociación ofreceu gratuitamente a todos os camiñantes. Para este ano o grupo que se fixo para a preparación das rutas capitaneado por Santi, que relevou a Graciano neste cometido, xa que este non podía adicarlle tanto tempo a Asociación, preparou un bo número de rutas, unhas mais fáciles, outras mais complicadas, pero cremos que todas moi atrativas, esperamos vos gusten e que poidamos seguir contando coa maior participación posible para poder seguir medrando. Unha aperta para todos. José Antonio Armesto Casas

O Camiño Francés: Primeira Etapa O Cebreiro - Triacastela XANEIRO 2010 Son as 7.30 horas da mañá do sábado, 23 de xaneiro, desafi ando os pronosticos do tempo e logo dunha noite de vento e auga, arrancamos da estación cara O Cebreiro dos autobuses cheos de ilusión por principiar a nosa aventura do Camiño Francés. Chegamos ao O Cebreiro logo de dúas horas, máis ou menos, de viaxe, e logo dun café, unhos, e outros dunha cunca de caldo, visitamos, á presa, a aldea. Inesgotable, o conxunto histórico e etnográfi co do Cebreiro aínda está disposto a deleitarnos coa presenza de nove ben restauradas e conservadas pallozas; unha delas está habitada como museo, eso reza na porta, xa que non poidemos vela por atoparse pechada, continuando chegamos O Santuario de Santa María a Real, sempre aberto, amosa unha encantadora e atemporal arquitectura popular. Trala torre-porche, a estructura toda en aparello de lousa, descubrimos unha disposición basical con tres naves irregulares, baptisterio independente e muros encalados. Para se proteger das treboadas, o edifi cio atópase parcialmente soterrado, contén a imaxe de Santa María a Real. Unida ao templo está a hospedería, un antigo mosteiro que funcionou como hospital de peregrinos e logo como hospedería. Mencionar tamén a conservación das pallozas.Trátase dunha construcción de orixe prerromano que só vela dá idea do enseño dos seus primeiros moradores. A planta oval, os baixos muros de pedra e un teito cónico de postóns de carballo cubertos de palla de centeo garantízan a protección fronte ó extremo rigor climatolóxico que rolda as alturas. Deixamos O Cebreiro pola estrada, e non polo camiño de pedra que atravesa o poblado, nós non poidemos ver o fondo do val e as casas de Barxamaior e A Lagúa de Tablas por mor da intensa néboa coa que nos despideu O Cebreiro. A catro quilómetros, chegamos a Liñares, dín que nestas terras tiñan os monxes do Cebreiro as súas prantacións de liño e que tamén aquí gardaban os seus teares. Pasamos pola iglesia de Santo Estevo, un templiño medievo moi infl uído, como todos os da comarca, pola estructura de Santa María a Real, e chegamos o alto de San Roque (1270 m.), onde un colosal peregrino de bronce sustitúe a antiga capela. A fi gura apoiándose nunha grosa cachaba e termando do sombreiro que quere voar, avanza contra o vento. Á dereita segue o camiño estreito cara un alto. Ó chegar ao outeiro do Penedo, non nos chegan os ollos para contemplar o que temos diante: Ancares, O Val do Navia, a vertente do Sil, a serra do Courel e os montes do Bierzo perdéndose ao lonxe. A natureza, ás veces, dá alegrías como esta. Na baixada está o pobo de Hospital, antes chamado da Condesa que, segundo din, debe o seu nome a un vello hospital. Pasada a fonte con lavadoiro, outra igrexa “modelo Cebreiro”, enfi lamos unha desviación que sae á dereita, camiñamos pola esquerda e chegamos a Padornelo. A fonte da Pinguela, de moito caudal, aparece próxima á igrexa de San Xoán, con varias dependencias anexas abandonadas, eso parece. Desde O Padornelo, unha costa empinada, dura por estar chea de cascallos, fainos calar a todos ata chegar ao Alto do Poio, o derradeiro miradoiro da montaña. Desde O Poio (1335 m.), lugar onde paramos, unhos para respirar e recuperar os folgos, outros para picar un pouco e cargalas pilas, outros para tirar do pitillo, pero todos para contemplar por última vez o cadro desta comarca de Cebreiro. A moitos nos chamou a atención a fonda parcelación das montañas, con praderías e labradíos mesmo nas pendentes. Desde O Poio, todo é costa abaixo ata o fi n da xornada, avanzamos por un camiño paralelo á estrada ata entrar en Fonfría, que se chama así pola baixa temperatura das augas da súa fonte. Á saída da aldea, O Camiño e a estrada seguen rumbos distintos que non se fundirán ata ben lonxe. Polo Barreiro chegamos a Viduedo, pasamos a pequena capela de San Pedro e bordeamos xa o monte Calderón. Vemos ao lonxe unha canteira. Máis adiante, de súpeto aparece a singular silueta do monte Oribio, é o seupé, Triacastela. Desde este punto, a baixada e moi rápida por Filloval, As Pasantes, resta un curto e moi agradable paseo no que abondan os vellos castiñeiros, freixos e teixo. Entramos en Ramil, aldea precedida dun famoso e centenario castiñeiro (800 anos), e de caserío ben conservado. Antes de introducirnos en Triacastela, a esquerda témolo albergue de peregrinos, nunha gran fi nca que chega ata o río e que nos anuncia a fi n da nosa xornada. Xa para rematar, e logo de recuperar un pouco os folgos, visitamos Samos e o seu mosteiro, pero esto fi xémolo en autobús, que para o primeiro día non estivo mal. Para o sábado, 13 de febreiro, agárdanos a segunda etapa: TRIACASTELA-SARRIA (por Furela), pero esta será outra historia. Anxo Rubiños.

Saúda

do Presidente

Parece que foi onte cando me puxen a facer o saúdo da revista do ano pasado e xa pasou

un ano e teño que volver a esprimir os miolos (está claro que o meo non é a redacción)

para volver a escribir catro palabriñas para confecionar o saúdo diste ano para a xa mais que

consolidada revista anual desta gran Asociación como é Pasada das Cabras.

Este ano que rematou adicámolo case que exclusivamente en facer o Camiño de Santiago,

tiñamos programado facelo dende O Cebreiro ata Santiago pero a petición de varios socios

continuamos ata Fisterra, así que menos en agosto fixemos unha etapa por mes acabando en

Fisterra en decembro, que por certo rematamos con unha comida en Cee que lembraremos

durante moito tempo tanto pola calidade e abundancia das viandas como polo servicio que

nos prestaron e ademais o dono do restaurante agasallounos cun décimo de lotería de Nadal

que pensamos nos faría ricos a Asociación pero non tocou un peso ¡que lle vamos facer... axa

salud!.

Do resto das rutas que tiñamos programadas para este ano solo fixemos a do Río Rigueira

en Xove e a ruta das Praias en Castropol, o resto suspendemolas porque había moi pouca

xente interesada en facelas, (facer duas rutas no mesmo mes a xente non está pola labor),

exceptuando as xa clásicas do Día do Socio no Monte Castelo e a nocturna a San Cibrao.

O Camiño de Santiago foi todo un éxito sobre todo a primeira fase ata Santiago, case

que en todas as etapas tivemos que levar dous autobuses para dar cabida a toda a xente e

fixéronse varios socios novos que empezaron o Camiño con nos e gustoulle a experiencia. A

última etapa xuntamonos todos o chegar o Monte do Gozo xa que alí nos esperaba o tesoreiro

Andrés con varias compañeiras da Asociación que tiñan montado un suculento catering a

base de empanadas, xamón cocido e non sei cantas cousas mais que a Asociación ofreceu gratuitamente

a todos os camiñantes.

Para este ano o grupo que se fixo para a preparación das rutas capitaneado por Santi,

que relevou a Graciano neste cometido, xa que este non podía adicarlle tanto tempo a Asociación,

preparou un bo número de rutas, unhas mais fáciles, outras mais complicadas, pero

cremos que todas moi atrativas, esperamos vos gusten e que poidamos seguir contando coa

maior participación posible para poder seguir medrando.

Unha aperta para todos.

José Antonio Armesto Casas

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!