19.04.2013 Views

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O Camiño de Santiago a Fisterra:

Cee - Fisterra

DECEMBRO 2010

Non era outro sábado máis non, era a

data da derradeira etapa do camiño Xacobeo,

do fermoso e atinado proxecto programado

por esta Asociación consistente na

realización ó longo do presente ano (unha

etapa por mes) da Ruta Xacobea (camiño

Francés) no seu treito galego, dende O Cebreiro

ata Fisterra, por mor da celebración

do Ano Santo 2010.

O destino fai que, por circunstancias familiares

viaxe un fín de semana sí e outro cáseque

tamén ata a Costa da Morte, así que

agardei expectante, xunto coa miña parella

Espe a chegada do autobús da Asociación na

vila de Cee, punto de comenzo da devandita

etapa. O presidente José Antonio, sempre

pendente e preocupado de cada asociado,

me informaba puntualmente da ubicación e

da hora de chegada.

Unha vez superadas as primeiras emocións

polo súpeto encontro con tantos e tantas

coñecidos e coñecidas, amigos e amigas de

Burela e da Mariña, nun medio e nun espazo

diferente e tan pouco habitual, puxémonos sen demora a camiñar, xusto diante o Hospital comarcal de Cee, pouco despois das

11:00 horas. O día estaba estupendo como sí quixera o Apostol recompensar os sufridos peregrinos polos esforzos destos ó

longo do ano e engadirse oculto e impasible ó roteiro.

O paso pola fermosa e senlleira vila de Corcubión foi o primeiro intre sublime da andaina. O grupo sempre homoxéneo camiñaba

nunha interminable ringleira polas empedradas, estreitas e laberínticas rúas desta histórica vila, cun fermos Sol outonal

as nósas costas que iluminaba o fermoso e seguro paso do grupo. Saímos da vila por unha fermosa congostra ascendente,

non forte, pero sí contínua que arrancou os primeiros sudores dos participantes para sen darnos conta acadar a parroquia de

Vilar (qm. 2,5) nun engaiolante promontorio que compensou o esforzo da subida cunhas espectaculares vistas da ría.

Baixamos á Estorbe (qm. 6), vila cunha fermosa cala e sen separarnos do Mar de Fisterra acadamos sen darnos conta 2 km.

máis adiante Sardiñeiro, xa no termo municipal de Fisterra. Nada máis atravesar esta vila comenzo dunha nova subida con

outro premio fi nal: o mirador de Calcoba coa idílica e retirada cala de talón ós nósos pés, a interminable praia de Langosteira

pouco máis adiante e o promontorio de Fisterra coa vila de base e o faro (destino da etapa) na punta.

O remate da fermosa corredoira de 2 qm. a carón da Langoasteira, que tanto frecuentaba e inspiraba a Camilo José Cela e

que leva o seu nome, coincide con outro momento culminante do camiño, sobre todo para gastrónomos e amantes da boa

mesa: o Restaurante “Tira do Cordel” un referente nestas terras, sempiterno aspirante a “extrella Michelín” e que nos servíu

de escusa para tomar un merecido refrixerio para repoñer as enerxías perdidas e afrontar con reservas o treito ata o fi nal da

etapa no Faro de Fisterra.

Atravesamos o fermoso e descuidado trazado urbano da vila de Fisterra (qm. 12) xa co grupo máis diperso e con parada

obligada no acolledor albergue do centro do povo para recoller a acreditación Xacobea ós que fi xeron o camiño completo dende

Compostela. A ascensión dende a vila ata o Faro –a pesar do contínuo asfalto, unha mágoa!-, tamén supón outro punto

inesquecible da andaína coa inmensidade do océano de fronte a pespectiva do cabo cada vez máis preto e a silueta do Pindo

e pouco maís alá do Louro a esquerda. Rematamos o camiño xusto no cabo a carón do improvisado santuario que sirve de

purifi cación ós peregrinos queimando nel as roupas e/ou botas que o acompañaron na peregrinaxe. As faces dos presentes refl

exaban a satisfación interna pola culminación desta fermosa aventura que, algúns máis remisos duvidaban completar cando

comenzaron este proxecto 11 meses antes no Santuario de O Cebreiro e

sobre todo loubando e agradecendo a aorganización a realización desta

ansiada ilusión.

Preto das 16:00 horas comenzamos o xantar de volta á vila de Cee. O

local seleccionado –outro éxito organizativo– foi o puxante restaurante

do Hotel Ínsua que nos delitou cun menú enxebre e mariñeiro, producto

galego cen por cen e cociña tradicional sen disfraces, e lonxe dos mediáticos

sabores esnoubistas tan de moda.

Un pouco nostálxico pola recente despedida do grupo pero inmensamente

féliz polos intres emocinalmente intensos que acababa de vivir,

vin desaparecer o autobús de Morán polas rúas de Cee. Xa de volta

cara a nósa morada ocasional da Costa da Morte veume a mente aquela

refl exión de afamado autor que ven á decir: “Los amigos son la familia

que uno escoge”. É por iso que pertenzo a esta Asociación dende a súa

constitución no ano 2005, porque que “Pasada das Cabras” forma parte

da miña familia.

ALFONSO IGLESIAS

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!