19.04.2013 Views

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O Camiño de Santiago a Fisterra:

Negreira - Lago

OUTUBRO 2010

Outra etapa mais do Camiño

de Santiago, no seu percorrer

ata Fisterra, outra etapa menos

que nos resta para deleitarnos das

fermosas vistas que nos ofrece o

cabo de Fisterra.

Saímos dende Burela e imos recollendo

a xente de diferentes parroquias

ata xuntar un grupo de 35

camiñantes, moi aventureiros, xa

que o tempo nos vaticinaba moita

choiva para ista etapa.

Despois da viaxe en autobús, que

para algún se fi xo moi pesada,

chegamos a Negreira con moitas

ganas de percorrer a etapa.

Negreira recibemos cun día moi

neboado e con moita humidade, algún alegranse porque polo menos con neboas non hai

choivas.

O ritmo de saída foi algo mais tranquilo do habitual, seguramente que a xente quixo dosifi -

car as enerxías, xa que con 27 quilómetros que tiñamos por diante, a etapa presumíase moi

longa.

Os primeiros treitos percorremolos polo medio

dunhos castiñeiros e carballeiras que, nesta época

do ano, parece que está no seu esplendor e nos

regalan algunhas estampas moi espectaculares.

Pero a beleza destes primeiros quilómetros logo

se torna en decepción ao ver a cantidade de treitos

que temos que facer polo asfalto, incluso algún

treito se volve moi perigoso porque descorre pola

estrada, sen arcén, e con algúns turismos circulando

a velocidades inapropiadas, o que nos leva

a tomar moitas precaucións.

Na segunda parte do percorrido empezamos a

atopar con cantidade de granxas gandeiras onde a

sua principal actividade son as vacas de leite, isto

sempre vai aparellado con o típico aroma pestilente

que deixa o purín, o que para algún dos camiñantes

se lle torna moi ingrato, pero coma outros dín, estamos en Galicia, e isto e así.

Nesta etapa tivemos outro incoveniente, xa que polas características das estradas, tan só

puidemos ter un punto de encontro co autobús, e ademais tivémolo moi preto da chegada,

polo que obligou a facer un percorrido de 20 quilómetros para aqueles que peferiron deixar

a mochila con a comida no autobús, polo menos no punto de encontro había un bar que nos

permiteu tomar un cafetiño para quentar o corpo.

Dende eiquí ata o remate da etapa, xa todo o percorrido pola estrada, algo que desluce moito

ista actividade.

Quédanos a ledicia de saber que tan só nos quedan duas etapas para chegar a Fisterra, algo

que moitos esperamos con moita ilusión.

Juan Carlos Pernas Balseiro

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!