19.04.2013 Views

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

Libro 20010/11 - Pasada das Cabras

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O Camiño de Santiago a Fisterra:

Santiago - Negreira

SETEMBRO 2010

Facendo o camiño de Santiago, nas últimas semanas, algún compañeiro ou compañeira

propuxo continuar a ruta hata Fisterra, ó que a gran maioría aceptou.

Comezamos a primeira etapa o día 25 de Setembro. Saímos de Burela no horario de costume,

as 7.30 h, coa incertidume de

si faría bo ou mal tempo.

Despois de tomar un tentempé

polo camino, chegamos a Santiago

ás 10.30 da mañá. Na praza do

Obradoiro xa había un bo ambiente.

Entre a cantidade de xente que alí

había, entraba un grupo de uns

tres mil veciños de corenta concellos

da provincia de León con máis

de 150 enormes pendós, algún superaba

os once metro de altura.

Para recibilos había un grupo folclórico,

asi que a verdade é que xa

non apetecía saír de alí.

Iniciamos a ruta. Saímos pola rúa

das Hortas, e a pouca distancia xa atopamos a pequeña carballeira de San Lourenzo e un

pouco despois una antiga fábrica de curtidos.

Comezamos a darlle ás pernas unhas corenta persoas polo medio do monte rodeados de

vexetación variada: eucaliptos, piñeiros, toxos…

Pasamos ó concello de Ames. A xente aínda iba con bo ritmo cando caíron unas gotas. Non

acabaramos de por a capa e xa hubo que gardala outra vez. Vaia casas se vían neste concello!

Seguindo o camiño cruzamos unha ponte medieval e xa comezamos o máis difícil da etapa,

unha costa duns 3 qm., parecía que non remataba nunca.

Por fi n chegamos ó Alto de Mar de Ovellas coa lingua de fóra e a camiseta empapada. Botamos

un traguín de auga e continuamos.

Pasamos do tramo máis duro á paraxe máis fermosa: Ponte Maceira, una ponte medieval

construída no século XIV que cruza o río Tambre. Ademáis, podemos disfrutar dun fermoso

conxunto monumental constituído por un poblado da época medieval, un antigo muíño, una

presa, un pazo moderno e ó outro lado da ponte a Capela de San Blás.

Seguindo o camiño atopamos una pequena carballeira para pasar de seguido ó asfalto. E por

fi n chegamos a Negreira. Cansos pero satisfeitos.

E despois de tomar unhos cafés e de camiño

ó autobús aínda podemos disfrutar do Pazo de

Cotón, una fortaleza medieval unida á Capela de

San Mauro.

As 17.30 h. iniciamos o regreso chegando a Burela

ás 20.30 h., e como di o refrán: Rematou o

día e rematou a romería.

ATA A PRÓXIMA.

FRANCISCO FERNÁNDEZ LÓPEZ

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!