18.04.2013 Views

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Isabel Romero

MANU, O

CON JOSEFA, DE RUADA EN BASTABALES

Manu aprendeulle hai anos ós franceses a decir carallo,

con un grupo Los Carayos, e un tema, Ai vai, carallo ai vai.

Fillo do xornalista galego Ramón Chao, que leva en París a

metade da sua vida, neto dun emigrante a Cuba que colleu alí o

vicio da opera e a teima de ter un fillo músico, ata hai pouco os seus

recordos de Galicia eran moi difusos. Os de cando viña a Vilaba a

ver á aboa ou á Coruña á casa da miña tía. Vir estaba ben, pero

pasábao mellor quedándome cos amigos en París. Meu pai é

moi de aquí, falaba con moito cariño de Galicia, e iban moitos

galegos pola casa, pero a verdade é que eu prefería estar noutro

lado, metendo ruido.

Volveu hai uns dez anos, a tocar con Los Carayos, pero foi un bolo de

ida e volta. Desde aquela, o que sí melloraron foron as carreteras.

¡Madre mía!. Viñamos de Xénova ou de Suiza para

Coruña...Pasamos por Vilalba, a miña aboa estaba na cama e

pasei a vela. Presentéille a aquel do grupo enorme, gordo e

calvo, e supoño que lle impactou bastante...

- ¿Que crees que pensaría de tí e da tua música o teu abó, o que

quería a todo trance ter un fillo pianista?

-O meu non é exactamente o mundo musical que querería el,

(rise) pero coido que lle tería gustado.

a ras de CHAO

líder de Mano Negra redescúbrese como galego. E vai devolver o golpe

QUÉDOME CO NORTE

Fala nun español quente e apaixoado como o dos chicanos,

dito cun leve ton francés, no que mestura cada

vez máis palabras en galego. “Nai”, “vello”, “moita

xente” empezáronlle a entrar -e a sair- hai algo máis

dun par de anos. Cando Manu, e Mano Negra a par

del, fartos de voar alto e faltos de aire, decidiron deixar

París (ou mellor os seus aeroportos) e recalar en

España. A primeira vez que viñemos aquí como

Mano Negra é que nos considerabamos en débeda,

tiñamos tocado en Barcelona, no Pais Vasco, ... Cando nos

fomos vivir a Madrid, decidimos ir tocar onde nunca estiveramos.

Para min Galicia, e Andalucía, eran importantes.

Nun ano descubrín moitas cousas de España que non captaba...

e quédome co Norte. E iso que nós, desde Francia,

cando eramos rapaces, España era -dá palmas- Los

Chunguitos, Los Chichos, Deprisa deprisa , o clásico. A verdade

é que Galicia entroume moi forte, xa cando fixemos

aquí a primeira xira dinme conta de que había xente interesante,

de decir para min: si me teño que quedar seis

meses ou un ano, mellor que en Madrid, seguro. Nos concertos

galegos, decatéime de que a xente recordaba o dos

Carayos, e foi unha sorpresa, igual que alucinei con que os

Diplomáticos versionaran “Ai vai”, non o esperaba e foi un

orgullo.

- ¿Por qué mellor que en Madrid?

-Madrid, ben, pero cando nos fomos, non nos fomos chorando.

Estivemos un ano, permitíunos facer cousas positivas, pero non

é unha cidade que me enganchara, e síntoo polos madrileños.

Supoño que agora estará de baixada, logo dos famosos 80. O

mellor que tiña era que estaba céntrica para recorrer todo.

-¿Qué diferencias notáche con Francia?

-Francia coñézoa ben, as provincias máis que París, e non

hai esas diferencias que hai aquí, que Galicia e Andalucía

son culturas completamente diferentes. Alí xa está todo xa

moi uniformizado e cheo de problemas: o paro, o islamismo,

a extrema dereita...cheira a guerra civil, e se a cousa

sigue así, estoupa en cinco anos. Os rapaces de 14 e 15 anos

dos barrios están tolos, queimados de todo.

-¿Non viches o mesmo en España?

-Non, -(rise)- España é todo pastillas e bakalao.

DOUS CHAOS EN MOTO

O detonante deste reencontro con Galicia foi culpa de Chao

pai. Ramón propúxome vir por aquí e díxenlle que se aló

por setembro eu non tiña nada urxente, que o podiamos

facer, el na sua vespa e eu coa miña moto. Quedamos en

Sigüenza, por Guadalajara e collemos cara Ávila. El quería

baixar a Mérida, pero por terras de Palencia, mirámonos e

dixemonos: imos ó grao, e

viñémonos. Foi unha viaxe

moi bonita, non andaba-

“España é todo

pastillas e bakalao”

mos á busca de recordos,

eu estou descobrindo

Galicia a toda hostia, e

absorbendo.

Vaia se absorbeu. Como se

tivera sustituido Mano

Negra pola charanga de Cuco de Velle, non fixo xiras por garitos

de moda, senón por furanchos e pendellos. Cantou con

Pinto de Herbón riba dun remolque dun tractor nun alpendre

9

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!