18.04.2013 Views

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O ANO QUE GAÑAMO-

44

Señoras e Señores. Hoxe pode ser un día histórico. A Selección

Galega pode proclamarse campiona do mundo e nós estamos

aquí para retransmitirlle-lo en directo. Pero antes ímoslles

ofrecer un reportaxe do noso servicio de documentación no

que se resumen os paso

dados ata chegar a este

momento histórico.

Vémonos despois da

publicidade:

MORREU O BRASIL

“Deus xa lle alumeou o pé; era moito pediren que tamén lle alumeara a

cabeza”, podíase ler no ano 2023 no epitafio de ex-presidente Pelé.

A súa derradeira disposición gubernamental foi liberar ós munidalistas

brasileiros da penosa obriga de sua-la camisola por eses mundos de Deus

(do Deus que figura no reverso do dólar), otorgándolles o rango vitalicio de

ministros (con carteira) cada vez que superasen os oitavos de final. Foi unha

boa e relaxante nova para os dez tirulares

canarinhos (Romualdo, Ricaldo,

Runildo, Resgualdo...) dun Desportivo

de Copacabana que precisaba da-lo

callo e meterse dunha vez na

Champions League despoins dunha

longa crise que xa se tiña cobrado trinta

adestradores (un galés e 29 brasileiros).

Nono foi tanto para o presidente (do

clube, do goberno interprovincial, do

Académico de Hockey-Sala e da

Sociedade de Amigos do Futbolín)

Jesús Fernández

César Angustio, que aínda soñaba co

úneca presidencia que se lle resistía: a

da FOFA, en mans dun tal Paco, tamén

paisano por certo. Os estadios -Riazor

máis que ningún- padeceron a seca brasileira

ata ficar valeiros e César

Angustio, xa se sabe como lle van os

desafíos, emprendeu unha cruzada que

ía revolucionar o mundo do fútbol ( o

pouco que quedaba). Asi foi como chegou

a Lei Trosman.

A ERA TROSMAN

Trosman (Artemio Trosman, O Científico, Arteixo, 1940) foi un

astuto artesano da pelota que tivo a precaución de investi-los

seus aforros nuns apañados cursiños de informática do INEM

para maiores de 45 anos. Contan que Artemio atopou na súa

reconocida divisa ¡Que duda cabe, hombre! unha chave metafísica

para resolver peludos desafíos do soft-ware cos que nin o

propio Bill Gates se atrevera. E foi precisamente unha vez

esgotado o filón brasileiro e con media ducia de Plataformas

Dixitais camiño da bancarrota cando o noso sabio -hoxe con

busto de bronce ás portas da FOFA en Bruxelas- sentou as bases

do novo xogador de fútbol: namorado das cores (non só dos

verdes billetes verdes), obediente, sacrificado e, a poder ser, de

poucas palabras. Unha xoia, coma quen di... ¿pero onde se atopaba

a canteira duns tales diamantes?. Contan tamén (a xente

moito conta, ho, que diría Artemio) que o foi encontrar nada

menos que nun vello patrón de corte e confección usado pola

súa muller -o clásico Sistema Pampín de contrastada eficacia-, que o avisado Artemio transformaría co

primeiro programa de futbolista androide. A Lei Trosman simplificou bastante o papel dos adestradores a

quen, lonxe de obrigalos a domina-la complexa psicoloxía do crack dun millón de dólares - el fútbol es

así... e outras máximas de inextricable fondura-, abondáballes agora coa táctica máis directa de ¡Baixa,

carallo!. E baixaban a fume de carozo. Nin que decir ten que a Lei Trosman abriu un mercado de sofisticados

androides futboleros made in Japan ou Germany, pero ningún deles conseguiu facerlle sombra ó pioneiro

modelo Trosman: un robot da terra que atendía ó nome de Fran Kstein e mestruraba maxistralmente

o mecanismo dun reloxio suizo cun laconismo moi galego.

Pitón

UN MUNDO VIRTUAL

Coa explosión do fútbol dixital impúxose tamén unha nova orde. O mundo real deixou paso ó virtual. Os

estadios trocáronse en macrotecnodiscos -A Revolta Blues-,onde, previo paso por taquilla, ún podía

tomarse unhas copas e confraternizar cos hologramas dos seus xogadores favoritos e mesmo darlle unhas

labazadas á representación virtual dalgún crack do Madrid sen medo a que lle pecharan o chiringuito.

Tamén os presidentes se tornaron virtuais e nos palcos lucían o estilizado cuello de cisne de Angustio

César, a brillante retórico de Cañeda Brava ou o rexuvenecido palmito de Patrón Fraga, entre outras

presidencias. E as novas sancións axeitáronse ós novos tempos virtuais: César Angustio penaba uns meses

reconvertido nun programa IBM de contabilidade mentres Cañeda Brava pasaba un tempo transformado

nun CDROM de corrección lingüística ou GiliGili era condenado a se transfomra nun videoxogo SEGA. Así

andaban as cousas cando o mundo escoitou falar por primeira vez dunha tal Selección Galega.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!