18.04.2013 Views

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

40

pola patria!

Siareiros 7 - Persoeiros 2

Isabel Romero

Isabel Romero ¡Todo

Os Siaieros amosaron desde un primeiro momento a perfecta planificación

do encontro, que reflectía unha semana intensa de traballo estudando

vídeos dos seus contrincantes -especialmente dos do Xabarín Club- e

moitas pizarras esborranchadas. Representantes dos Celtarras de Vigo, Os

Fendetestas de Compostela, Grei Xentalla da Coruña, Radikais Vermellos de Ourense

e Muralla Norte de Lugo, souberon manterse perfectamente ordeados nun 4-4-2,

que deixou ás claras a súa eficacia fronte a unha escuadra desnortada.

O DESTEMIDO EQUIPO SIAREIRO.

OS PERSOEIROS, MOI ENTEIROS (ANTES DO PARTIDO).

Os Persoeiros improvisaron a súa disposición no terreo de xogo e o único que parecía ter un pouco claro o seu papel no campo, seguro que porque llo explicaron

antes, foi Pereiro, O Gato de Lemos, -recén chegado de Bratislava, onde xoga actualmente, para a ocasión-, que se colocou baixo os paos coa máis loubable

das intencións -defender o indefendible, e agachar unha petaca de augardente para os desmaios-; secundado eficazmente por Reixa e Cid Cabido, que

xa no patio do colexio aprenderon que xogar de defensa permite correr menos e reservar un cigarro na base dun dos postes para botarlle man nos ataques

do equipo propio. ó final, como soen facer os intelectuais, acabaron por xuntarse en roldiñas de debate e ensaio; o que, sen dúbida, explica o resultado final.

O rosario de goles siaeiros principou co que marcou Carlos ós cinco minutos de xogo, foi un tiro a traición e a dar, contra o que nada sirviu a espléndida estirada

de máis de dous metros quince que fixo Pereiro, esfolando de paso unha perna, como non se cansou de contar de alí en quince días.

A partir de aí foron entrando un trás doutro, cuns ataques rápidos dos carrileiros de Siaeiros, que permitían

que os balóns chegasen axeitadamente colocados para o remate dos seus habilidosos puntas;

Siaeiros Galegos, 7: Suso; Johnny, Carlos, José Ramón, Marcos, Juanchu, Santiago

Jaureguizar, Toni, Lois, Manolete e Tato. Algúns deles, -non sei cales- deixaron o seu

lugar ó longo do encontro a Davo, Esquelete, Kinla e Mianda, que corrían ainda máis.

Persoeiros do País, 2: X. M. Pereiro; Antón Reixa, Alfonso Eiré, Cid Cabido, Moncho

Viñas, Lolo Gantes, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Paco Lodeiro, Rómulo Sanjurjo e

Falque.

Arbitro: Souto Budiño, do Colexio da Coruña. Non tivo que tirar do tarxeteiro porque

os xogadores souberon comportarse e bisbisearon cando lles entraron as gañas de

saudar ás familias dos rivais.

Incidencias: Terreo de xogo en fodido mal estado, nunha tarde desapacible e

choivosa que non paraba. Máis de cen mil persoas abarrotaban os graderíos do

Estadio Cabo dos Intitutos da Estrada. A Marcha do Antigo Reino de Galicia,

interpretada á gaita por Xan, e o Miudiño, vociferado polos xogadores, serviron de

limiar ó acto reivindicativo dunha selección nacional galega.

A Guarda Civil colaborou eficazmente na espectacularidade e no morbo do acto

pedindo permisos, carnés, libros de familia e certificados de boa conducta ós que

peor pinta tiñan, tanto antes do partido como á volta á casa

exhibindo este conxunto un perfecto coñecemento dos rudimentos e dos desenrolos do fútbol control.

Ante iso nada puido facer Xurxo Souto, entregado en defensa e cubrindo eficazmente a súa banda,

pero impotente ante a ineficacia de Reixa e Cid Cabido, que parecían máis preocupados polo cigarro

que pola pelota. Alfonso Eiré, que agachaba baixo a sua ficha de director de A Nosa Terra, ó antigo

crack Pucheiro, multiplicábase en van.

No medio campo, Moncho Víñas e Lolo Gantes demostraban que non por moito falar de fúbol nos

micrófonos se xoga millor, ainda que mostraron tamén boas maneiras, sobre todo ó comentar co

público as sucesivas incidencias que ían mermando o seu físico. Mentres, Rivas e Rómulo, abandoados

á súa sorte de dianteiros virulillas nas antípodas do campo, reclamaban algún balón, aínda que

fora dos que se usan para adestrar. Afortunadamente, Paco Lodeiro (dianteiro potente tipo iugoslavo)

e Falque, posuido polo espírito de Bebeto, aproveitando dous despistes da retagarda siaeira permitiron

ós Persoeiros salvar a pouca dignidade que semellaba quedarlles. No segundo tempo, o pase de

Eiré á portería deulle máis orde e seguridade á zaga persoeira, pero desgraciadamente, levou aparellado

que Pereiro se sumara á tertulia dos defensas.

A pesar de todo, poideron facer gala da súa creatividade nos vestiarios, onde argumentaron toda sorte

de excusas para a súa escasa forma -”é que, ¡me cago en diola!, hai quince anos que non tocaba unha

pelota”,“o tabaco, é todo culpa do puto tabaco; que me ten escarallado”. O nerviosismo cundiu cando

se filtrou que tiña habido olladores de clubes galegos entre os asistentes.

A festa continuou nun concerto no que participaron Os Diplomáticos de Monte Alto, Joxe Ripiau e

Skatalá; durante o que se reclamou de novo a recuperación da selección galega de fútbol, pero, como

dixo alguén,“sen nengún deses impresentables”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!