18.04.2013 Views

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Arquivo Municipal da Coruña

“En Betanzos víñanme as vellas cos

paraugas, a ver que fas porteiriño,

ese si que era medo escénico ”

(Buyo)

aos ídolos nas tascas. “Xanetas”Acuña, o porterio máis mítico do

Deportivo.“Xa che teño sucesor”, dixo o propio Zamora cando o viu parar.

Acuña sufriu nas súas catro cuartas de lombo os estigmas escuros que nos

dedicaron tradicionalmente aos galegos. Ofrecéronlle xogar no Madrid,

non lles quixo ir, pecado imperdonable. Galiza está moi apartada, tamén

da Selección Española. Cando por fin o chamaron para o Mundial do

Brasil, a lenda di que ao chegar á concentración algún figura comentou:

“Gallego, ponme ahí las maletas”. Acuña non lle puxo as maletas pero si

catro golpes na cara que o deixaron ben aviado.

Xa non o querían levar, os xogadores bascos negáronse a ir ao Brasil

sen Acuña. Ainda alí tivo que soportar o ostracismo do adestrador, e só

xogou nun partido amistoso cando se lesionou o porteiro suplente e

España xa estaba eliminada do Mundial. Xanetas Acuña, un talento superior,

tampouco puido xogar na Selección Enxebre.

A canteira galega é boa, é grande, é variada. É seixo, é granito é lousa de

Valdeorras. Deu grandes xogadores que triunfaron fóra Quique Costas,

Marcelino, Tomás Reñones. Mesmo parece increíble dun país tan

pequecho saísen dúas figuras verdadeiras do futbol mundial: Amancio e

Luis Suárez. Aquí pouco disfrutamos da súa arte. Marcharon por dous

patacóns, granito do Porriño, e nolos venderon despois requintandos,

como granito rosado de Carrara.

EXóTICOS E SIMPáTICOS

Traspasados na primeira xuventude a equipos inmensos, a súa condición de

galegos tiña o aquel de exotismo simpático co que se acolle agora aos xogadores

das máis remotas latitudes. Luis Suárez, foi o primeiro en recibir o alcume

de “il divino” no fútbol italiano, tras o seu breve paso polo Barcelona, cos cartos

do seu trapaso comezouse a construir o Nou Camp, triunfou no Calcio, no Inter

de Milán, ata o mango como din por Malpica. “Il divino” foi antes “o peseto” en

Monte-Alto, porque era pequecho como unha peseta, segundo a versión máis

amable.O seu acento enxebre empastou ben co italiano e Luis soubo desenvolverse

entre Sofías e Ginas Lollobrigidas. Nos veráns voltaba a Coruña, Riazor

enchíase para velo adestrar.

Amancio, un dos Mallos, representa o ideal do asimilado, pero non deu perdido

o acento.Talento tan inmenso, a quen se lle permitiu todo (excepto beber

gaseosa, disque baixaba moito o rendimento), ata ser galego. A maxia de

Amancio era tal que mesmo colaborou a alonxar do mundo a ameaza da destrución

nuclear. Nos peores anos da Guerra Fría, Henry Kissinguer o secretario

de Estado dos Estados Unidos ten collido avións ex proceso para ver a

Amancio facer caneos no Bernabeu.

A pesar do radical caleado madrileño en Amancio Amaro, ás veces, aparecía

inesperadamente a enxebreza. Tras un gol in extremis no Mundial de

Inglaterra, Amancio declarou á prensa “metí el gol con el queso”. Non lle deron

entendido, na Coruña todos sabemos dicir “queixo” ,“quijada” xa non tantos.

Unha tese afirma que os galegos aprenderon a xogar ao fútbol a fins do século

pasado nas invernadas da Frota Inglesa na ría de Arousa. O primeiro lugar da

Península, moito antes que en Huelva comezasen a lle dar couces ao balón. A

canteira galega trouxo unha copada fecunda de bons peixes:Dende Chacho (“ai,

Chachiño, se ti quixeras”,decían daquela), o céltico Pahiño, Veloso a Vicente

Celeiro,ou Mandiá,que ainda reparte bravura na distancia dende Toledo.Ogallá

que, nestes días de tanto fletán, as redes sigan vindo cheas de robalizas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!