Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros Descarga Revista Bravú - Vieiros

18.04.2013 Views

ROU POLA RIA explotación das minas. Para a historia oficial, a idade de pedra do futbol español ficaba en Huelva. Pero aqueles ingleses que gustaban pelotear na explanada onde secaba o mineral e que despois fundarían o Huelva Recreation Club xa pasaran pola Ría. Cosme arrancou con seguridade:“O Go go recalou tres días en Vilagarcía, camiño de Huelva, e os enxeñeiros e o persoal da mina aproveitaban o tempo libre para “practicar ese sport escandaloso por lo amoral del atuendo que difícilmente llegará a cuajar por estos pagos”, según contaba El Vigía, un periódico de 1783 que rescatei do arquivo familiar”. Na taberna, agora só se escoitaba o cu dos vasos contra o mármore. Non era doado saber se o abaneo dos contertulios era culpa do insólito relato ou da marexada de cerveza. O Roncón continuou co maxisterio: “O Go go afundiuse na Barra de Huelva antes de descargar. Este feito provocou a chegada do buque Don Hugo, que tamén faría escala en Vilagarcía. Entre a súa tripulación e un grupo de estudiantes e homes avanzados da Vila celebrouse o primeiro partido xogado por españois. Esa e non outra é a verdadeira historia do futbol en España”. Cun movemento certeiro, Cosme sacou un exemplar de El Vigía: “El balón era de quien lo zapaba y todos, locales y foráneos, intentaban marcar goal sin contar con sus compañeros... Tuvieron que utilizarse dos balones: uno salió del campo y no apareció porque los chavales, siempre a la expectativa, tan pronto agarraban el esférico, salían como centellas a esconderlo”. Todos botaron a rir. “Con ese balón comezaron a xoga-los antergos e así ata hoxe, uns campións”, espetou Ramón, o taberneiro, xa máis preocupado da charla que de atende-lo local. O rostro de Ron V era un rictus infinito. Non era deste mundo nin ficaba nel. O contramestre Ron MacDanniels I apropiárase do espíritu do seu tataraneto, que soñaba con se converter en beneficiario da Lei Bossman. Co peito ardendo e sinalando ó televisor, Ron V explotou:“por qué no cogemos el balón y lo echamos “Cando os da Royal Navy arribaron a Vilagarcía por primeira vez quedaron asombrados de que aquí xa souberan xogar ó football”, espetoulle Cosme O Roncón a Ron MacDanniels V. a rodar”. Ramón atravesouno con pensamento: “darlle patadas a eses monumento é un sacrilexio”... Na escuridade do areal, as pupilas desorbitadas dos trouladores eran toda a iluminación. As risotadas deron paso ós bramidos. O partido tornou competente, mentes o ár recibía máis patadas das regulamentadas. Todos atacaban sen cuartel e corrían tra-lo coiro, rememorando a gloriosa T inglesa, aquel 1-1- 9 que practicaran os pioneiros de Vilagarcía en 1873. “Ahora entiendo porqué también les dicen ingleses”, atinou o espíritu de Ron I mentres o corpo de Ron V pagaba no chan unha fault pouco diplomática. “Los ingenieros británicos lograron ganar el partido por doce goals, otros dicen trece. Doce o trece tanto da, pero parece ser que sólo fueron doce después de todo”, remataba aquela crónica que O Roncón rescatara do dique seco da historia. JOAQUÍN PEDRIDO

34 A ESCUADRA IMPOSIBLE os que fixeron grande o noso fútbol e non han poder xogar na selección E a canteira deu boapedra. Xogadores poderosos, de punteira e fungueirazo, tipo Tomás ou Quique Costas, rudeza castrexa. E o toque de Luis Suárez, Fran ou Pichi Lucas, preciosismo barroco, requintado como a fachada da Azibechería. A laxe máis dura ainda é repescable. Vicente Alvárez Núñez, Vicentuco. Naceu en Ourense. Dende o 79 ata o 96 rachou o peito e os xoenllos polo Celta. Tiña cualidades dabondo para xogar en calquer posto e sobre todo peito como un cabalo para dalo todo polo equipo. Recibiu estopa a eito, pasou 5 Todo se acaba. Galiza é unha grande rocha de granito e ata o o granito se termina. Segundo os expertos da pedra milenaria só hai reservas para 50 anos. Á canteira do fútbol galego quédalle moito menos. Nestes días tristes de fútbol mercenario precisamos con urxencia da Selección para que siga habendo enxebreza nos campos. E, inmensa paradoxa, os alicerces da mellor peneda, os que fixeron grande o noso veces polo quirófano e foi quen de seguir adiante. En pleno proceso de recuperación saíu xogar porque o Celta o precisaba, rachou, operouse e volveu xogar. Duro como o pau do zócalo, Vicente chantado no corazón dos bons siareiros de Balaídos. Media ducia de xogadores como el e o Mundo todo había tremar coa nosa Selección. Nunca tivo oportunidade de ser internacional. Galiza está ben lonxe da Meseta. Tras tanta entrega ao Celta, a actual directiva só lle ofrece boas palabras. Vicente ocupa o tempo no que máis lle presta, traballar a terra e falar de sementes nas feiras cos paisanos. Ogallá que na terra atope mellores froitos. O máis grande puntal da canteira deixámolo marchar pola porta de atrás. Canta ingratitude.

34

A ESCUADRA IMPOSIBLE

os que fixeron grande o noso fútbol e non han poder xogar na selección

E a canteira deu boapedra. Xogadores poderosos, de

punteira e fungueirazo, tipo Tomás ou Quique Costas,

rudeza castrexa. E o toque de Luis Suárez, Fran ou Pichi

Lucas, preciosismo barroco, requintado como a fachada da

Azibechería.

A laxe máis dura ainda é repescable. Vicente Alvárez Núñez,

Vicentuco. Naceu en Ourense. Dende o 79 ata o 96 rachou o peito

e os xoenllos polo Celta. Tiña cualidades dabondo para xogar en calquer posto e sobre

todo peito como un cabalo para dalo todo polo equipo. Recibiu estopa a eito, pasou 5

Todo se acaba. Galiza é unha grande rocha de granito e ata o o

granito se termina. Segundo os expertos da pedra milenaria

só hai reservas para 50 anos. Á canteira do fútbol galego

quédalle moito menos. Nestes días tristes de fútbol

mercenario precisamos con urxencia da Selección para que

siga habendo enxebreza nos campos. E, inmensa paradoxa, os

alicerces da mellor peneda, os que fixeron grande o noso

veces polo quirófano e foi quen de seguir adiante. En pleno proceso de recuperación

saíu xogar porque o Celta o precisaba, rachou, operouse e volveu xogar. Duro como o pau

do zócalo, Vicente chantado no corazón dos bons siareiros de Balaídos. Media ducia de

xogadores como el e o Mundo todo había tremar coa nosa Selección.

Nunca tivo oportunidade de ser internacional. Galiza está ben lonxe da Meseta. Tras

tanta entrega ao Celta, a actual directiva só lle ofrece boas palabras. Vicente ocupa o

tempo no que máis lle presta, traballar a terra e falar de sementes nas feiras cos

paisanos. Ogallá que na terra atope mellores froitos. O máis grande puntal da canteira

deixámolo marchar pola porta de atrás. Canta ingratitude.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!