18.04.2013 Views

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

32

O FUTBOL TAMEN ENT

Na concorrida taberna todo cheiraba a futbol: retratos de vellas

glorias, copas de latón, bufandas, camisetas dedicadas, carteis

rabuñados polo tempo... E un balón asinado pola plantilla do

Celta ye-yé coroando o televisor. Ata a banda sonora que viña das mesas

do fondo tiña sabor a bancada.

-”Cando os mariñeiros da Armada inglesa arribaron a Vilagarcía por primeira

vez quedaron asombrados de que aquí xa souberan xogar ó futbol”,

espetou coa mán na mesa Cosme O Roncón de Carril, un cuco de 83 anos

que sabía máis da historia do balón que Sarmiento Birba”.

“Esta comarca sempre foi como os Estados Unidos: unha terra de

oportunidades, pero mal aproveitadas. Cando o mar escupía marisco, non

reparamos. E lojo, cagámola. Cando o tabaco, o mesmo. Aquí so fumaron

uns poucos e remataron sementando fariña. E co futbol pasounos outro

tanto: nós xogamo-lo partido e outros saíron na foto”.

O barullo non impediu que Ron MacDanniels V quedara noqueado co que

viña de escoitar. Ron, un metro noventa de inglés licenciado en filoloxía

hispánica, chegara a “Arosa Bay” en festas, por Santa Rita, na procura de

ecos lonxanos: O seu antepasado, o contramestre Ron MacDanniels I era un

daqueles mariños que, segundo contaba o seu abó Ron MacDanniels III,

fixera historia futbolística naquelas terras españolas preñadas de mar.

Medrou ensanchando o mito e, no que tarda en baixar un grolo, un vello

con nariz de clarete tiráballe pola borda o seu épico pasado familiar. A el,

Ron V, que sempre preferiu Fisterra a Benidorm.

-”Eso que usted dice no puede ser verdad. Mi

tatarabuelo formaba parte de aquella expedición

de la Armada que trajo el football a

España, y jugó el primer partido en

Villagarcía”, defendeuse Ron con rabia, deixando

a pinta de rubia sobre a mesa mentres da

Michelle Rancio.

mochila sacaba un enrrugado recorte de prensa:“Esta

crónica prueba lo que digo”, e comenzou

a ler:“La segunda parte del match demostró

un dominio total y absoluto de los ingleses

que metieron tres goals, o sea que ganaron

por cinco contra dos...... Próximo al final del encuentro, el eleven local hizo

gala de un juego sucio y violentísimo. Comportamientos de esta índole no

favorecen el arraigo de este nuevo sport.”.

¡Así se fala, machiño! Animados polos efluvios do lúpulo que dende había

horas caía nos seus buches, os contertulios celebraron como un gol o speach

de Ron.

O vello Cosme non acougaba na banqueta, revolveuse e fíxose escoitar:

“Meu querido rapaz, o futbol entrou en España tamén pola ría e chegou a

Vilagarcía antes co tren.Trouxérono os ingleses é verdade, pero non fóron

os mariños da Royal Navy non...” e deixou a palabra no ár como un maestro

do suspense. Levantouse e arrastrou os pés ata a ringleira de barrís.“O

papel con papel se mata”, boreaba mentras collía unha gran carpeta e voltaba

á tribuna improvisada.

O Roncón sabía con certeza que a chegada do futbol a España estaba relacionada

co arrendamento das minas de Rio Tinto a unha compañía inglesa

en 1873. Tamén coñecía, e tiña documentos para probalo, que o primeiro

partido celebrouse no campo de Santa Rita (Vilagarcía) entre a tripulación

do buque “Go go”, que transportaba o material necesario para a

Socióloga francesa filla de arousá.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!