18.04.2013 Views

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

30

Houbo tal decepción que comezaron a cavilar. Pensaban que o fútbol

galego era o millor, pois estabamos moi perto dos ingleses que o refundaron.

A percepción dos siareiros non se correspondeu coa realidade no

terreo de xogo. Matinaron que as equipas galegas debian de unirse, facer

un grande clube. Asi, deuse unha concentración de equipas. En vigo o

Fortuna e o Real Vigo fusionáronse baixo o impulso dos galeguistas, nascendo

o Real Clube Celta de Vigo. Na cidade departamenteal uniríanse

Racing e Ferrol. Na Coruña o Deportivo sobranceaba converténdose xa

anos antes na “equipa representativa”, despois de várias fusións.

Comezaba a loita Celta-Deportivo. A rivalidade fixo descender o entusiasmo

pola selección proxectando o localismo nos clubes. A etapa de Ditadura

de Primo de Rivera acentuou o sentir localista en detrimento do galego. As

dictaduras son reducionistas, por definición. A competición ligueira no

estado facíalle perder peso aos seleccionados en detrimento das equipas,

que eran impulsadas desde o Governo central ou desde a própria Coroa. As

seleccións ollábanse como “disgregadoras da pátria española”.

Os xogadores profesionalizábanse, os clubes arrebatábanlle o protagonismo

ás selección e as ideas galeguistas tiñan problemas de censura.

Os partidos amigábeis tamén case desaparecerian e os torneos interrexionais

serian suprimidos. A selección galega voltaria a aparecer en

1930, xogando en Chamartín contra a seleción do Centro. Os galegos vencerían

por 4-1 nun partido que foi a benefício da catástrofe mariñeira de

Bouzas. Galiza seguia a ser unha poténcia no fútbol estatal. E xa comenzaba

a exportar xogadores.

A Olimpiada Popular, a resposta progresista para facerlle fronte aos

ventos olímpicos de carácter autoritário que se ian celebrar en Berlín,

puxo a andar de novo á selección galega. O 4 de Xuño reuníanse en

Pontevedra representantes dunha dúcia e clubes. Desta reunión sae unha

comisión organizadora. Comezaron os partidos de preparación de selección

galega de contado. O primeiro en Vigo, o 1 de Xullo. O 12 de Xullo de

1936, teria lugar o último partido da Selección Galega de Fútbol. Xogaron

en Vigo o combinado nacional contra o Celta-Unión. A sublevación fascis-

ta atopariaos en Barcelona. A maioria dos integrantes desta selección loitarian

no bando republicán. Derrotados, cada un foi buscando sobrevivir,

mesmo nos campos de concentración alemáns e franceses, e, logo, asentaron

como millor puideron. Oito lograron voltar a Galiza nos anos cuarenta

pése ás represións. A barbárie galloupando no cabalo de Atila amamantado

no Ferrol, cortaria no só calquer esperanza, senón moitas vidas,

entre elas a de moitos futbolistas. Ainda así, Lister lograria formar unha

seleción galega para xogar representando ao seu V Reximento. Os galegos,

ao non ter ainda Governo propio coma bascos e cataláns, non puideron

manter a sua seleción xogando polo mundo adiante como embaixada

de boa vontade e denúncia da represión fascista.

Despois veu o que veu. A negra sombra, os anos escuros e as novas

mentes que ían abrindo horizonte entre a tépeda néboa da uniformidade

oficial e a calima da OJE e máis de Educación e Descanso, rexeitaban o

ópio do povo, que era toda disposición que saía da luciña do Pardo. E, sen

se decatar, deixábanlle á dictadura o campo deportivo todo para ela, para

modelar, usar e disfrutar. Nen a ollada ao Leste na percura de alimento

ideolóxico lles facia tragar co deporte. Non eran capaces de asimilalo,

vomitaban pestes.

Haberia que agardar a 1979 para que voltase agromar a idea da

selección galega de fútbol.Teria, como en 1922, que ser de novo un periódico,

A Nosa Terra, que voltaba do exílio, a que puxera a andar a idea.

Falamos cos millores xogadores da época: con Pousada, con García, con

Miguel Anxo, con Iglésias, con Suso Santomé, con Marque, con Xosé, treinador

do Compostela e con Luis Suárez na rúa dos viños de A Coruña.

Puxémonos en contacto con Iribar, que chamou tamén aos seus coñecidos.

A idea estaba coallada. Os xogadores aceitaban e os treinadores estaban

ilusionados. Decidimos que o primeiro partido seria contra a selección

de Euskadi. Todo un significado político. Os bascos xa xogaran contra

Irlanda ese mesmo ano e os cataláns contra a URSS en 1976. A seleción de

Euskadi xa tiña o seu organizador oficial, Sustriak.

Todo estaba disposto para o mes de Xullo de 1980. Ia ser en

Compostela, pero a organización técnica galega non sabía moito de

deportes. Fixou a data do 24 de Xullo pensando no Día da Pátria. Non se

deron conta que, para daquelas, os xogadores estaban na sua maioria de

vacacións. Houbo que aprazar o partido até o ano seguinte.

O golpe de estado do 23-F botou por terra moitas esperanzas e trouxo

leis como a LOHAPA e a Lei de Defensa da Constitución e proibiron a

celebración de encontros de fútbol oa máximo nível entre seleccións das

“nacionalidades españolas”. Houbo que seguir agardando.

Agora os ventos das ideas sopran de novo rexuvenecidos pola conciéncia

nacional, dándolle lentura ás sementes caidas en terra nova.

Tamén aqueles dos tempos despois xa se emocionan co Celta, o

Compostela ou o Deportivo. Os progres chegaron, tarde, da man de seus

fillos, ao deporte espectáculo. E, ouh!, agora cavilan que tamén se pode

facer algo polo país desde o fútbol. Como sempre, opóñense os “apolíticos”,

capitaneados por Fraga Iribarne.

ALFONSO EIRÉ

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!