Pepe Ventureira Teiman algunhas xentes de fe en formar, seica, unha selección galega de fútbol, e non vai ser ún quen os afaste de tan fondas e sentidas creencias. Fe, a fin de contas, é crer naquelo que non existe, e unha selección galega (de fútbol ou de criadores de cogumelos) implicaría necesariamente a existencia previa de Galicia, algo que, moito me temo, aínda está por demostrar dun xeito científico e incontrovertible. Galicia, como ninguén ignora, é un ente de ficción ideado a medias entre Alvaro Cunqueiro e a empresa consignataria do Castromil co ladino por máis que lexítimo propósito de vender libros e billetes de autobús (según qué caso). Axudaron a conforma-lo mito o apóstol Santiago subido no seu branco cabalo; San Castelao que en alba de gloria esté; o criptogaleguismo histórico; o galeguismo-leninismo; o excelso cocido de Lalín; o semiclandestino Parlamento galego; Don Manuel I, restaurador do vello Reino de Galicia; e últimamente, polo que vexo, os siareiros galegos, coa súa trela da selección nacional da nación de ningures. Ignoran os siareiros en cuestión que si a algo lle podemos chamar Galicia –coas reservas propias do caso, claro está– é precisamente a esa desagrupación de tribus que cifra a súa existencia no esmagamento e aniquilación do enemigo. Pudera parece-lo contrario, pero estamos a falar dunha Galicia multiétnica na que caben os turcos da Coruña e mailos portugueses de Vigo, sempre e cando non se esqueza o fundamental, a saber: que un celtista nunca poderá hermanarse (¿cómo se dí eso en galego?) cun do Deportivo, nin un coruñés será digno da tribu herculina e cascarilleira si, nun momento de debilidade, decide botar unha novia/novio do Celta. O propio e natural de Galicia –o que define a súa dubidosísima existencia– é, para entendérmonos, a permanente loita das tribus que a malhabitan polo reparto das universidades, os aeroportos, as circunvalacións, os museus, as orquestras e, a non tardar moito, as casas de lenocinio (sempre que estean subvencionadas). Todo iso ten naturalmente a súa metáfora nos estadios de Balaídos e Riazor, que é onde se xoga pola vía interposta dos balcánicos e dos brasileiros a honra e mailo prestixio das dúas principais forzas étnicas do país. Rendidos á imitación estranxeira –vasca e catalana, maiormente–, os argallantes da selección galega pretenden atacar agora a esencia mesma da galeguidade, que é outra que a tribu, a parroquia, o paisano e certa suave forma de caos que se deriva de todo iso. Como andamos nas vísporas do fin de milenio, ata é posible que lles fagan caso e algún día asistamos á aberración de ver xogar xuntos a turcos e portugueses nunha única selección impropiamente chamada galega. Galicia, naturalmente, deixará de ser un habitable ente de ficción coas fronteiras marcadas polo Castromil para se convertir nunha adocenada rexión española do tipo do País Vasco, Aragón ou Cataluña. De ahí a que nos constrúan prazas de touros en tódalas capitais de provincia non hai máis que un paso. Eu, no caso dos siareiros –que son xente nova e, por tanto, disculpable– pensaríao moito antes de seguir adiante. Para seleccións paveras xa están as do Reader’s Digest. ANXEL VENCE CONTRA A SELECCIÓN TURCO-PORTUGUESA Lalo R. Villar 25
Vari Caramés
- Page 1 and 2: número 1 XXX pta. xenreira + NACHO
- Page 3 and 4: CÉSAR FERNÁNDEZ ARIAS PEPE BARRO
- Page 5 and 6: Director Xosé Manuel Pereiro Comit
- Page 7 and 8: MMANO A N O NNEGRA E G R A E S T Á
- Page 9 and 10: 10 de Padrón. Tocou a guitarra (co
- Page 14 and 15: Concha Salgado HISTO RIAS DA VELLA
- Page 16 and 17: Fotos Roxelio Vilas ORIXINAL DA DEC
- Page 18 and 19: NA BEIRA DO INDICO Había dous tipo
- Page 20 and 21: MEDIO ANO ENTEIRO Na sala de operac
- Page 22 and 23: Miguelanxo Prado 23
- Page 26 and 27: TREMENDO GATILLAZO ...xa está. Xa
- Page 28 and 29: OS DE DAQUELAS, OS DE ANTES E OS DE
- Page 30 and 31: GUILLERMO AYMERICH GOYANES 31
- Page 32 and 33: ROU POLA RIA explotación das minas
- Page 34 and 35: “Non choréi ao nacer, nacín ber
- Page 36 and 37: 180 ESPECTADORES En Decembro do 88
- Page 38 and 39: madrileños e non co clube chulapó
- Page 40: Os galegos temos queimada e estamos
- Page 44 and 45: LA COPA DO MUNDO SOMOS UNHA POTENCI
- Page 46 and 47: Gorro. Sustitúe a unha peluca hist
- Page 48 and 49: é a mascota da peña Compostolos e
- Page 50 and 51: FIONBARA e DÉAGLáN óMAITIU Depor
- Page 52 and 53: CALLOS NO MAR Do mar de Tirán, á
- Page 54 and 55: NO PRINCIPIO, A SARDIÑA O Porrón
- Page 56 and 57: Richi entende que “o bravú ten q
- Page 58 and 59: Pepe Ferrín presenta-lo último do
- Page 60 and 61: SÍ! RH NEGRO A banda de Vilagarcí
- Page 62 and 63: De pequeno non lle deixaban ver a t
- Page 64: COSTUMES SEXUAIS “¡A follar, que
- Page 67 and 68: 68 historias. Africa, Australia, vi
- Page 69 and 70: 70 que un anaco e acabamos bailando
- Page 71 and 72: 72 ESQUEIT ALFONSO PATO Johnatan é
- Page 73 and 74: meu deus, por favor, xa teño a ent
- Page 75 and 76:
CATRE SANTIAGO JAUREGUIZAR Cal é a
- Page 77 and 78:
FANZINES/PUBLICACIÓNS Alas de Pape
- Page 79 and 80:
ARROUTADAS P.V.P.:1.600 PTAS. BRAV
- Page 81:
“Mirou o reloxio, xa eran as nove