MEDIO ANO ENTEIRO Na sala de operacións de Pescamar hai un poster do Celta que trouxo o director xerente, David Troncoso García-Cambón, un economista vigués de 32 anos que se desenvolve no ambiente mozambicano con igual soltura que se desenvolvía hai anos no Kremlin (a discoteca), e respira cariño polo país e pola xente. O poster está enmarcado, pero riba dunha mesa, como un plano máis. Os da oficina son maioritariamente do Depor, como Tajes ou Manuel Negreira, de Ribeira, que leva oito anos en Beira. Aquí gobernan ó cento escaso que queda deses mariñeiros que arrenegan dun oficio “que morre, e cómo non vai morrer, se gañas o mesmo que un barrendeiro municipal” pero asexan pola ventaniña do avión a ver se ven o seu barco amarrado aló abaixo, no porto. Non lles falta razón nin para arrenegar do choio nin para botar de menos o lugar de traballo. Pasan nel seis meses, sen máis relación con terra que o mercante que cando se precisa lles leva comida e correo e lles recolle as capturas. Medio ano enteiro embarcados, a pesar de que os caladoiros, a un paso nos mapas de Madagascar, das Comoress ou dunha illa pequerrecha que se chama A Galega (Agalega, na Enciclopedia Británica), están a un día de navegación. “Polo menos non vai frío”, sorrí Cabaleiro,“pero hai que estar atentos ós que non aguantan e se poñen tolos. Teño visto sair a cuberta a algún coa maleta, decir ‘espérovos en Vigo’ e saltar pola borda antes de lle poder botar man”. Así que Beira, e Mozambique enteiro, é polo xeral para as tripulacións un trampolín para desfogarse unhas horas antes de saltar cara a casa ou cara o barco. Hai casos particulares. “Houbo un de Cangas, dos primeiros que chegaron, que colleu muller e tivo fillos coela. Tiña familia aquí e alá. Chegou a levalos a Cangas para que se coñeceran, e contactaron divinamente. A muller, a legal, entendía que pasando tanto tempo aquí, o home en algo se tería que entreter”. O fillo de aquel de Cangas é o único branco que traballa nos talleres (onde, ó contrario das actuais tendencias empresariais da subcontratación auxiliar, mesmo fan redes que amañan coches). Na flota, de contramaestre para abaixo, son case todos mozambicanos.“A xente é igual en todas partes, se lles exixes, cumpre.Tamén antes había que ir buscar á forza ás tripulacións polos bares e polas casas de putas dos portos”. DOMINGOS, COCIÑEIRO NA FLOTA GALEGA, MARCANDO PELEGRÍN MIRáMONOS EN ALCAMPO Agostinho Gamandanhe é agora contínuo (ordenanza ou recadeiro) nas oficinas, pero hai trinta anos, foi dos primeiros que traballaron para aqueles brancos que non eran portugueses.“Fun tripulante no Lemos, que agora está a apodrecer”. Agostinho, que o mesmo pode ter 50 que 70 anos, contesta poñéndose firme dentro do seu uniforme máis que folgado, como se o único que pasara no seu mundo neses dez trienios en nómina (colonialismo, independencia, réxime paramaoísta, guerra civil, mandados do FMI) fora que a empresa cambiou de nome. “A diferencia que vía entre nós e os patroes é que os mozambicanos a veces non pensan e gostan de beber. O senhor capitao gostaba de min porque eu non bebía, só fumaba”. Ramilo estaría encantado de coñecelo. Outro dos históricos é Luis, o xefe de carpinteiros, que de tanto trato con galegos desenvolveu unha figura e un xeito como si se alimentara de porco e pata- I. Romero cas. Leva 20 anos facendo as comportas de arrastre, adaptándoas ás sucesivas técnicas de pesca, pero agora anda nervoso porque foi o traballador premiado neste ano. Dentro duns días viaxará ata Vigo, o país do que todos falan e poucos viron, onde vai o langostino e de onde veñen as xentes e as cousas da empresa. Botará alí unha semana, e cos aforros e os cartos que lle dean a maiores irá a ese sitio, Alcampo, onde hai de todo. Posiblemente, na sección de chandals ou de calzado deportivo se cruce con algún deses compañeiros que van e veñen en avión, arrastrado ata alí pola familia, pero coa cabeza posta no estreito de Madagascar, xunto ó Trópico de Capricornio, onde as augas están inzadas de camaraos tigre e as noites son quentes e cheas de estrelas que se ven xusto ó revés que aquí. XOSÉ MANUEL PEREIRO 21
Vari Caramés
- Page 1 and 2: número 1 XXX pta. xenreira + NACHO
- Page 3 and 4: CÉSAR FERNÁNDEZ ARIAS PEPE BARRO
- Page 5 and 6: Director Xosé Manuel Pereiro Comit
- Page 7 and 8: MMANO A N O NNEGRA E G R A E S T Á
- Page 9 and 10: 10 de Padrón. Tocou a guitarra (co
- Page 14 and 15: Concha Salgado HISTO RIAS DA VELLA
- Page 16 and 17: Fotos Roxelio Vilas ORIXINAL DA DEC
- Page 18 and 19: NA BEIRA DO INDICO Había dous tipo
- Page 22 and 23: Miguelanxo Prado 23
- Page 24 and 25: Pepe Ventureira Teiman algunhas xen
- Page 26 and 27: TREMENDO GATILLAZO ...xa está. Xa
- Page 28 and 29: OS DE DAQUELAS, OS DE ANTES E OS DE
- Page 30 and 31: GUILLERMO AYMERICH GOYANES 31
- Page 32 and 33: ROU POLA RIA explotación das minas
- Page 34 and 35: “Non choréi ao nacer, nacín ber
- Page 36 and 37: 180 ESPECTADORES En Decembro do 88
- Page 38 and 39: madrileños e non co clube chulapó
- Page 40: Os galegos temos queimada e estamos
- Page 44 and 45: LA COPA DO MUNDO SOMOS UNHA POTENCI
- Page 46 and 47: Gorro. Sustitúe a unha peluca hist
- Page 48 and 49: é a mascota da peña Compostolos e
- Page 50 and 51: FIONBARA e DÉAGLáN óMAITIU Depor
- Page 52 and 53: CALLOS NO MAR Do mar de Tirán, á
- Page 54 and 55: NO PRINCIPIO, A SARDIÑA O Porrón
- Page 56 and 57: Richi entende que “o bravú ten q
- Page 58 and 59: Pepe Ferrín presenta-lo último do
- Page 60 and 61: SÍ! RH NEGRO A banda de Vilagarcí
- Page 62 and 63: De pequeno non lle deixaban ver a t
- Page 64: COSTUMES SEXUAIS “¡A follar, que
- Page 67 and 68: 68 historias. Africa, Australia, vi
- Page 69 and 70: 70 que un anaco e acabamos bailando
- Page 71 and 72:
72 ESQUEIT ALFONSO PATO Johnatan é
- Page 73 and 74:
meu deus, por favor, xa teño a ent
- Page 75 and 76:
CATRE SANTIAGO JAUREGUIZAR Cal é a
- Page 77 and 78:
FANZINES/PUBLICACIÓNS Alas de Pape
- Page 79 and 80:
ARROUTADAS P.V.P.:1.600 PTAS. BRAV
- Page 81:
“Mirou o reloxio, xa eran as nove