18.04.2013 Views

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

20

OS ANOS NOS QUE PESCAMOS PERIGOSAMENTE

Mozambique era daquela posiblemente a máis tranquila

das colonias de Portugal. Media ducia de fermosas cidades

nas que os negros aparecían para servir o almorzo e desaparecían

pola noite, camiño de non importaba ónde. Mesmo

cando comezou a guerrilla anticolonialista da Frelimo, e

logo cando controlou case a totalidade da zona rural, a vida

seguíu prácticamente igual.

Ata que a revolución dos

caraveis do 1974 lles deu o

“ Algunha vez ún dí

´espérovos en Vigo´e

salta pola borda coa

maleta”

goberno do país a aqueles

revoltados do mato, tan de

golpe que colleu por sorpresa

ós dous bandos. Os da

Frelimo aplicáronse a contruir

unha república popular

medio tipo chino e os portugueses

(estrictamente,

mozambicanos brancos na

súa maioría) a fuxir por

milleiros, algúns mesmo agachados en contedores. Con eles

fóronse empresas, capitais e inversións extranxeiras.

Pescanova limitouse a constituir unha sociedade mixta coas

novas autoridades, Pescamar, e seguíu.

Pouco despois, Rhodesia (hoxe Zimbabwe) fixo unha guerra.

Logo Sudáfrica, en funcións de vixiante xurado da orde occidental

e cristiana, armou unha guerrilla, a Renamo, que

pouco a pouco se foi facendo co rural, estragou todo o que

poido e aillou outra vez ás cidades. Ata chegaron a poñer

duas bombas no porto. Os galegos seguiron ó langostino.

Xosé Manuel Sieira, que é de Covelo (Ribeira), estivera xa no

71 e volveu, daquela, no 81, por un mes.“Recordaba o Hotel

Mozambique da época colonial, e aló me levaron. Ó tipo que

estaba cunha vela no mostrador díxenlle que tiña unha

reserva e díxome que fora ó séptimo piso. “Xa no primeiro

empecei a ver as portas rebentadas e xente amoreada nos

pasillos, a escuras, e din a volta. Había un mes con enerxía

eléctrica en todo o ano. Fóronse indo case todos menos nós

e unha pesqueira xaponesa, Maruha “.

FAÇA O AMOR CON JEITO

Hoxe, pouco máis de catro anos logo de que unha operación da ONU deu amigado ós contendentes

(convencéndoos de que cun sistema parlamentario hai para todos) e aprendido ós

pacificados que a prostitución é unha excelente fonte de ingresos cando hai extranxeiros con

cartos, Beira é unha cidade que ainda ten -pero non conserva- fermosos edificios de cando

foi capital colonial. Ten tamén un hotel de luxo ocupado por centos de familias que se quentan

como poden prendendo lumes no que foi a piscina, unha inmensa estación ferroviaria

tipo Le Corbusier da que só saen trens de cercanías con horarios de longo recorrido e un clube

náutico no se bota de menos á pantasma de Marcello Mastroianni cun traxe de liño branco.

Nas farmacias non hai case máis nada que condóns marca Jeito (“Faça o amor con jeito”),

pero hai un par de discotecas onde para todo o mundo (que pode) e unha emisora de televisión

que emite películas que pillan no videoclube. E tamén a pesqueira dos galegos.

As oficinas centrais non aparentan moito máis que unha cooperativa de mensaxeiros. O edificio

dos talleres e sala de operacións parece unha chapistería de pouco fiar. Sin embargo,

Pescamar levou varios anos o premio do goberno de Mozambique á empresa con máis volume

de exportacións, e incluso agora, (cando o capital sudafricano tenta convertir ó país veciño

no paraíso do negocio fácil que foi o seu) a sua facturación supón arredor do 17 % de todo

o que vende o país. Mesmo eses mariñeiros que chegan polo aire ceo despotricando do seu

destiño no mar, son o dous por cento da clientela total que teñen os tres avións que constitúen

as Linhas Aéreas Moçambicanas (LAM).

I. Romero

I. Romero

DESCARGANDO CAMARÓN NO PORTO DE BEIRA.

BENASIRA E MARIAMO, GALEGOMOZAMBICANAS COAS SUAS CAMISETAS DO XABARÍN.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!