Fotos Roxelio Vilas ORIXINAL DA DECLARACIÓN DO NAUFRAXIO. Unha marea no mar de Labrador “Pasou en agosto de 1983. Zarpamos no Virxe de Pastoriza da Coruña coa idea de que tiñamos unha licencia para patuxa na Illa dos Osos, ó norte de Noruega, e ibamos antes cargar as caixas a Vigo pero xa na canal da Torre nos dixeron que tirabamos para Groenlandia, pola cara, e xa vimos os embalaxes eses de cartón para o camarón. Daquela collemos dereitos para a baía de Baffin, doce días tardamos. E foi chegar e poñerse cando ó soltar as portas de arrastre, unha deu un xiro raro e levóulle a perna a ún de Marín. Alí, claro non podíamos estar, e non podiamos tocar porto ningún,ou sexa que houbo que coller ruta cara Terranova.Tardamos oito ou dez horas en chegar a Saint Pierre et Miquelón, unha illa que pertence a Francia onde tivo Al Capone a guarida para o alcol, e había un vello que non paraba de decir todo o camiño, “vámonos a fartar de foder”. Chegamos e o que había era unha chea de vascos e un tugurio, o Star, con catro vellas desas de muelle. Estivemos dous días facendo combustible e víveres e volvemos a Baffin. Puxémonos a pescar, agachados detrás dun iceberg para que non nos viran os pesqueiros daneses, uns rampleros deses pequenos, pero claro, non había maneira de agachar un barco así. Levabamos doce horas cando nos víu un avión e botou unha bengala. Logo chegou unha patrullera cun observador da CEE, amarránonos o pao ó seu, e para Godthab. É un portiño que os nativos lle chaman Nûk, metido en xeos eternos, cunha factoría de camarón, outra de balea e catro casas, só para o verán. O medio ano de noitetodos ían pasar o inverno a Copenhage e só quedaban os esquimais. A baía estaba chea de baleas e os esquimais pescaban con liña bacallaos máis grandes ca os de Terranova. O primeiro que fixeron foi soltar as carretelas da maquinilla, os aparellos, as portas de arrastre, e a carga. En 12 horas pescaramos 20 toneladas de camarón, e houbera que tirar moito porque os túneles de conxelación non daban feito. Alí estivemos presos. no barco, 18 días á espera de que pagaran a multa. Pero non nos aburrimos. Resulta que Dinamarca, para reforzar o dominio sobre Groenlandia, daba subvencións ás mulleres que tiveran fillos con europeos. Había doce anos que non viña unha tripulación europea, e nós chegabamos cun mundo de viño no barco. Foi como co camarón, chegar e encher. En canto amarramos, xa apareceu un tipo nun taxi con tres tías, a cambio de duas botellas de Torres 10. Á media hora xa tiñamos o barco cheo de mulleres. Ós 5 días xa había un mínimo fixo de 16. O gobernador sacóunos do porto e as tías viñan no chinchorro da patrulleira. Novas, vellas, con dentes e sen eles, trincábante polo pasillo ou donde fora. O último día, ó contramaestre de cuberta, que tiña 64 anos e era a última vez que se embarcaba, antes de xubilarse, tiráronlle a porta do camarote abaixo, porque se pechara. A intérprete dixéranos que moitas tiñan un venéreo canino, case incurable, (e o segundo de máquinas pillouno), pero a 40º baixo cero que facía...Acabaron pagando a multa, se é que a pagaron, e saimos cara os bancos de Terranova, supostamente para darlle parto do gasoil á parella da casa. A primeira noite houbo un apagón de máquinas, pola mañá outro, e xa vimos ó capitán polo pasillo decindo que o barco afundía, así que botamos as lanchas salvavidas e nós a elas. Estivemos sete horas nos botes, acojonados, porque non avisaran por radio, xunto ó barco, que tardou 15 horas en afundir. Acabounos por recoller unha parella de arrastreiros de Pasajes, que ó primeiro nos confundiron cos portugueses que pescan en lanchas, así que non recolleron os aparellos. Botaron unha rede e nós enganchámonos a ela. ó día seguinte, transbordáronos na lancha á parella da casa nosa, que levaba catro meses sen pescar, sen poder entrar nos límites porque non tiña licencia. Estaban tan desesperados que cando subimos a bordo, en vez de botarnos unha man a nós, botáronlla ás botellas que nos deran os vascos. Con eles volvemos outra vez a Saint Pierre, e estábanos esperando a televisión e todo. Os armadores creo que declararon ó seguro que o barco levaba 150 toneladas de peixe, déronnos 100.000 pesetas a cada ún e firmamos a declaración do naufraxio. Todo foron dous días, e logo fixemos Halifax -Montreal -Madrid -Santiago en avión. Ó chegar déronme outras 300.000 pesetas”. Alfredo Pardo (este é o verdadeiro nome do protagonista desta historia. O do barco, non)
I. Romero
- Page 1 and 2: número 1 XXX pta. xenreira + NACHO
- Page 3 and 4: CÉSAR FERNÁNDEZ ARIAS PEPE BARRO
- Page 5 and 6: Director Xosé Manuel Pereiro Comit
- Page 7 and 8: MMANO A N O NNEGRA E G R A E S T Á
- Page 9 and 10: 10 de Padrón. Tocou a guitarra (co
- Page 14 and 15: Concha Salgado HISTO RIAS DA VELLA
- Page 18 and 19: NA BEIRA DO INDICO Había dous tipo
- Page 20 and 21: MEDIO ANO ENTEIRO Na sala de operac
- Page 22 and 23: Miguelanxo Prado 23
- Page 24 and 25: Pepe Ventureira Teiman algunhas xen
- Page 26 and 27: TREMENDO GATILLAZO ...xa está. Xa
- Page 28 and 29: OS DE DAQUELAS, OS DE ANTES E OS DE
- Page 30 and 31: GUILLERMO AYMERICH GOYANES 31
- Page 32 and 33: ROU POLA RIA explotación das minas
- Page 34 and 35: “Non choréi ao nacer, nacín ber
- Page 36 and 37: 180 ESPECTADORES En Decembro do 88
- Page 38 and 39: madrileños e non co clube chulapó
- Page 40: Os galegos temos queimada e estamos
- Page 44 and 45: LA COPA DO MUNDO SOMOS UNHA POTENCI
- Page 46 and 47: Gorro. Sustitúe a unha peluca hist
- Page 48 and 49: é a mascota da peña Compostolos e
- Page 50 and 51: FIONBARA e DÉAGLáN óMAITIU Depor
- Page 52 and 53: CALLOS NO MAR Do mar de Tirán, á
- Page 54 and 55: NO PRINCIPIO, A SARDIÑA O Porrón
- Page 56 and 57: Richi entende que “o bravú ten q
- Page 58 and 59: Pepe Ferrín presenta-lo último do
- Page 60 and 61: SÍ! RH NEGRO A banda de Vilagarcí
- Page 62 and 63: De pequeno non lle deixaban ver a t
- Page 64: COSTUMES SEXUAIS “¡A follar, que
- Page 67 and 68:
68 historias. Africa, Australia, vi
- Page 69 and 70:
70 que un anaco e acabamos bailando
- Page 71 and 72:
72 ESQUEIT ALFONSO PATO Johnatan é
- Page 73 and 74:
meu deus, por favor, xa teño a ent
- Page 75 and 76:
CATRE SANTIAGO JAUREGUIZAR Cal é a
- Page 77 and 78:
FANZINES/PUBLICACIÓNS Alas de Pape
- Page 79 and 80:
ARROUTADAS P.V.P.:1.600 PTAS. BRAV
- Page 81:
“Mirou o reloxio, xa eran as nove