18.04.2013 Views

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

Descarga Revista Bravú - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Guni

Guni

NA CASA DE MANOLA A DA BREXA (DAMIL-FIGUEIROA-ABEGONDO). METIDO NA LAREIRA, RAMÓN CHAO.

CON PINTO E “OS TRES DE MONFORTE”, NO BARRIO DE CARUD, MONFORTE.

P O L O C A M I Ñ O D E P R I S C I L I Á N

Subín na Vespa e arranquéi, polo bulevar de Montparnasse enriba, cara a porta

de Orleáns. Propoñíame chegar desde París a Fisterra, polo camiño de Priscilián.

A primeira etapa foi Chartres. Alí atopei un grupo de italianos descalzos que

seguían o mesmo rumbo; cheguei a Combray, onde Marcel Proust sitúa as

primeiras páxinas da “Busca do tempo perdido”; paréime nuhn café e na

derradeira páxina do xornal de Tours “La nouvelle Republique” descubrín un comic onde salía o meu

personaxe. Víase a Priscilián con San Martiño de Tours, aquel que fixera da sua capa dous medios

saios, despóis de que este intercedera ante ó emperador Máximo para salvar a vida do mártir

galego. Parecéume de bon augurio. Seguín por Ligugé. No mosteiro desta bisbarra convertíuse

Priscilián ao cristianismo. Paréime en Burdeos, onde estudiara co poeta Ausonio e máis co retórico

Eipidio. Despois fun a Zaragoaza, teatro do primeiro concilio que condenóu a súa doutrina, e unha semana despois dde sair

cheguéi a Sigüenza, onde tiña cita con Manu.

O Manu chegara a Sigüenza ca sua Yamaha 500 e eu iba cunha renqueante Vespa 125, pero prometérame ir a modiño para

non nos perder na estrada. Saímos de Sigüenza ás catro da tarde.A iso das dez da noite chegamos a Avila, sede episcopal

acupada por Priscilián no ano 383. O meu propósito, en cada etapa era mergullarme nos arquivos, entrevistarme con

historiadores, para escribir un libro sobre ese home que foi herexe para uns, santo e mártir para outros, e que, en calquer

caso, predicóu como un Savonarola contra a corrupción da xeraquía cristiá. A visita a Avila tivo pouco froito: a metade dos

cregos estaban de vacacións (¡qué tempos os nosos :os ministros de Deus gazando da vida!). Unha mañá chegóume para

coñecer a opinión oficial: a elección de Priscilián non foi válida, pois ainda que o elixira a base, só o respaldaron dous

bispos, cando facían falta tres. Argucias, e aínda non saíran os xesuítas. Tamén me enteréi de que as murallas de Avila

foron feitas por galegos mandados alí no século XII para repoboar Castela.

As doce e media saímos cara a Mérida. Outra etapa priscilianista; despóis de ser elexido bispo de Avila, Priscilián intentoú

dar un “golpe de estado eclesiástico” contra o primado Hydacio. Manu xa me iba deixando atrás. Perdino de vista. Atopeino

na entrada de Palencia e invitóume a tomar un café na praza maior. Alí díxome que lle parecía unha insensatez ir ata

Mérida ca miña Vespa; millor subir xa para o norte. Asentín e o semblante de Manu iba cambiando a medida que

chegábamos á fronteira con Zamora. Cando entramos en Galicia tomoú directamente a organización da viaxe. Parada aquí,

tasca aquela, pan de millo acolá, visita de Ourense, vin que tiña un regueiro de amistades en Galicia e que sabía moito

máis da miña terra que eu.¡Qué certo é que un ignora todo dos seus fillos!. Unha vez asentados en Bastavales foomos a

praia do Trece, a San Andrés de Teixido, a Fisterra, onde comulgamos na relixión astral de Priscilián. ¿Qué mais podo decir,

se iso xa o escribéu él en “Toliño por vivir”.

Ramón Chao

11

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!