17.04.2013 Views

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

i 9 - Portal educativo

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

evista do

I E S T A B O A D A C H I V I T E - V E R Í N

í

09

editorial 2

6

9

Sumario

10

12

-viaxe 2º Bach. Rutas científicas

14

-premio Constitución: David López Filloy

16

-economía: premio bolsa

18

-I certame de relatos curtos. “AMIGOS PARA SEMPRE”: Lara Salgado

20

-Relatos mulleres con mérito e sen fama

22

-citas célebres: o principiño

25

-A Música no Cinema

26

-Obradoiro de Hip Hop

28

-Laza: a festa do Santo Cristo. Carmen Rivero

32

-premios relatos curtos e poemas

34

-premio AXENDA 21

38

-gastronomía: receitas de empanadas e empanadillas

42

-actividades no clube de lectura e o departamento de debuxo

46

-encontro luso-galaico

-curso de hipoterapia. Departamento de Orientación

-Proxecto Interdisciplinar e debuxo: actividades

-escritos de alumnos: lembranzas, fin de estudos, mellorando...

-symbols of the United Kingdom

Editora

Maquetación

Colabiracións

Concha Fernández

Departamento de Debuxo

Paula Castro

Isabel Cota (clube de lectura)

César González

Maite González

Dolores Gómez

Mercedes López

Mónica Pazos

Carmen Rivero

David Rodríguez

Patricia Rodríguez

Víctor Rodríguez

Nuria Trigueros

Case sen decatarnos, chegou a fin de curso

e por conseguinte un novo número da

revista “FAÏSCAS”.

Despois de moitas horas, días e noites de

insomnio, sen escatimar ilusión e paciencia,

recibimos a recompensa de ter realizado o

proxecto que nos propuxemos levar a cabo hai

xa tres anos.

A pesar das moitas eivas que acostuman presentarse

no camiño e grazas ao entusiasmo e altruísmo de

alumnos e profesores o compromiso témolo cumprido.

O obxectivo fundamental desta publicación é que, non só o

alumnado, senón calquera membro da comunidade escolar,

posúa un vehículo no que plasmar a súa creatividade e que sexa

tamén un medio no que amosar unha parte das diversas

actividades que realizamos no noso centro. Para iso, foi preciso

seleccionar, tarefa que tampouco resultou moi doada.

Neste número encontraredes unha reportaxe das Rutas Científicas que os

alumnos de 2º de Bacharelato desenvolveron na Mancha, varios artigos

premiados a nivel local e Comunidade Autónoma, poemas, historias reais que

nalgúns casos podemos pensar que só acontecen nas películas , música, festas

tradicionais da nosa bisbarra , gastronomía , intercambio luso-galaico, curso de

hipoterapia, cómics etc. e tamén unha parte moi triste, o adeus a Alba que

desgraciadamente deixounos para sempre.

Gustaríanos que fose en color, pero a nosa economía non nolo permite, malia todo puidemos

entregar un exemplar de forma gratuíta a toda a comunidade educativa.

Só quero que gocedes léndoa , pois nela

puxemos unha grande dose de ilusión. Por

último dar as grazas a todos os colaboradores

pola axuda prestada, pois de non ser por eles

nada disto sería posible.

Grazas, moitas grazas!

Concha Fernández

1

Rutas Científicas 2008 Exploradores da auga, da terra e do vento.

Nun lugar da Mancha de cuxo nome si quero lembrarme…

Un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato tivemos a oportunidade de ser pioneiros na experiencia

das rutas científicas grazas ós nosos profesores, en especial a Nuria, posto que se ela non fixera o

proxecto non estariamos hoxe a contarvos nada disto. Nun principio entregámoslle as autorizacións o

ano pasado sen crer realmente que nola puideran conceder, posto que eran moitos os centros que

presentaban os seus proxectos. Nun difícil final de curso chegounos a grata noticia de que nos fora

concedida unha das catro rutas que se ofertaban en toda Galicia.

…Albacete!!

Día 1, Luns 13 de outubro:

Por fin chegara o día da desexada partida. Tralas nosas caras de sono

agochábase unha profunda emoción: agardábanos unha semana imprevisible.

Saímos de Verín ás nove da mañá, quedábanos un longo camiño por

percorrer. Preto das seis da tarde chegamos a Albacete.

Alí agardábannos outros vinte e catro compañeiros que seguramente

estaban a sentir o mesmo ca nós. Foi entón o momento das presentacións.

Os rapaces viñan dun instituto de San Adrián, en Navarra. Esa mesma tarde,

baixo a “acolledora” chuvia que nos recibiu, saímos cara a primeira toma de

contacto coa cidade, a través dunha visita guiada polo centro histórico.

Despois do paseo instalámonos no “Hotel Universidad”. A continuación da

cea, tivo lugar un intercambio de agasallos entrámbolos dous grupos, nos

que cada un levaba algo representativo da súa terra. A primeira noite foi

moi especial xa que se produciu un gran achegamento entre navarros e

galegos, xuntámonos todos nunha habitación para ver unha recoñecida serie:

Física o Química.

rutas científicas

2

Comezo da viaxe

Galegos e navarros no concello de Albacete A típica coitelería albaceteña

Día 2, Martes 14 de outubro:

A primeira visita programada do día foi ó Concello de Albacete, onde tivemos unha cálida benvida. Alí a

Conselleira de Educación mostrounos brevemente a historia da cidade, e cada grupo fixo referencia ás súas

respectivas terras. Fóra, na praza, agardábannos os medios de comunicación locais, co obxectivo de extraer

as impresións dos alí presentes.

A nosa seguinte parada foi no Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe, onde nos achegamos a diversas

especies autóctonas. Todas as criaturas do lugar foron recollidas por persoas anónimas que as atoparon en

adversas condicións físicas, e alí o persoal especializado facíase cargo delas co fin de que se recuperasen

para así poder devolvelas ós seus hábitats novamente.

Pola tarde visitamos dous importantes museos da cidade; o primeiro foi o “Museo Refugio de la Paz”, o antigo

refuxio da Guerra Civil, baixo a emblemática “Plaza del Altozano”, conta con catro espazos temáticos e

exposicións de concienciación humanística. E o segundo museo que vimos foi o “Museo de la Cuchillería”, un

dos poucos museos de coitelería existentes a nivel mundial.

Chegada a noite estaba prevista unha Gymkhana Nocturna que non se puido

realizar, polo que foi substituída por uns xogos populares moi divertidos e nos que

compartimos risas e aumentamos a confianza entre ambos grupos. Os xogos eran

típicos de campamentos e xa eran coñecidos por bastantes dos alí presentes, o cal

non impediu que os disfrutaramos igualmente.

Xogos nocturnos

Día 3, Mércores 15 de outubro:

Este día estivo impregnado de contido turístico. Pola mañá visitamos Ossa de Montiel, a cal ten unha

gran tradición cervantina, dado que moitas das pasaxes relatadas en El Quijote refírense a paraxes

próximas a esta aldea. Dirixíndonos ás Lagoas de Ruidera, pasamos pola Cova de Montesinos, unha

cavidade cárstica duns oitenta metros de profundidade xerada por procesos de disolución que as

augas orixinaron no rochedo da zona. No interior existe un pequeno río. A comida foi nun restaurante

chamado Montesol, preto da nosa seguinte visita.

O próximo destino foi o parque natural das Lagoas de Ruidera, que dan orixe a este río interior da

cova. Caracterízanse por unha inmensa vexetación meseteña. A súa fauna é moi diversa, pois nas

súas augas atópanse numerosas especies de aves acuáticas. Os peixes máis abundantes son a

carpa, o barbo e a pardilla, e os mamíferos máis representativos son o teixugo, a lontra, o gato

montés e o morcego. Tamén son numerosos os anfibios e réptiles.

A actividade nocturna a realizar foi unha proxección cinematográfica dun filme relativamente recente:

Next.

Ossa de Montiel Lagoas de Ruidera

Cova de Montesinos

Día 4, Xoves 16 de outubro:

Á primeira hora da mañá montamos de novo no autobús, dirixíamonos a un pobo característico

polas incontables e abraiantes covas que se poden visitar nos seus arredores, Ribeira do

Xúcar. Estas estaban habilitadas como museos e bares. Ó longo das súas galerías podíanse

ver todo tipo de aparellos curiosos, e nas estancias máis amplas tiñamos a oportunidade de

aproveitar unha consumición gratuíta para os visitantes e disfrutar das vistas. Dúas das covas

máis interesantes pertencían a un peculiar personaxe que se facía chamar a si mesmo “El

Diablo”, nome que seguramente lle viña

dado polo seu bigote característico.

Xantamos nun restaurante da vila, “Casa el Moli”. Pola tarde visitamos o Parque Eólico de

Higueruela. Alí explicáronnos a importancia das fontes de enerxía renovables, e o seu

funcionamento, incluso tivemos a oportunidade de visitar o parque e estar a carón dos

aeroxeradores. Á volta déronnos tempo de lecer ata a hora da cea.

Á noite asistimos ó taller de “Xoves Científicos”, nos que se facía unha demostración moi

peculiar dalgúns trucos relacionados coa química. Logo, algúns alumnos decidiron saír de festa

acompañados polos profesores namentres os demais preferiron quedar no hotel.

Aproveitando a consumición

Parque eólico

3

Día 5, Venres 17 de outubro:

Poderiamos clasificar este día como un dos menos entretidos de toda a viaxe, a pesar de que as

actividades realizadas foran interesantes fixéronse moi difíciles de levar. Visitamos o ITAP, un centro

onde se estudan as enfermidades e pragas que afectaban a diferentes cultivos. Ensináronnos as

instalacións nas que se levaban a cabo as investigacións.

A continuación fomos ata plantacións de pistachos e amendoeiros. Nesa mesma visita, tivemos a

oportunidade de coñecer unha complexa instalación para a medición de presións.

Á tarde leváronnos a unha aldea próxima a Albacete, Chinchilla, onde visitamos un Museo de

Cerámica. Despois disto, tivemos o resto da tarde libre na cidade.

Finalmente, á noite, asistimos ó “Planetario noche de estrellas”, impartido pola mesma persoa que a

do taller de “Xoves Científicos”.

No ITAP En Chinchilla

Todos descansando

Día 6, Sábado 18 de outubro:

Comezamos a xornada dirixíndonos cara a comarca de Campos de Hellín. Alí estaba programado ver

o volcán Cancarix e o Tolmo de Minateda. Antes de levar a cabo estas visitas, ó chegar invitáronnos

pasar a unha aula na cal nos darían datos interesantes sobre o que iamos ver. Posteriormente,

trasladáronnos ata as proximidades do volcán e continuamos a nosa viaxe cara o Tolmo de Minateda.

Este é un xacemento arqueolóxico onde puidemos apreciar as pegadas que deixaron en España os

que habitaron nela; segundo parece estivo ocupado entre a Idade de Bronce

(arredor do 1500 a.C) e a época islámica (século X d.C). Foi habitado por romanos, visigodos e

árabes. Alí tivemos o privilexio de poder ver os restos dunha basílica visigoda e como eran as

necrópoles.

A comida foi, obviamente, en Hellín nun restaurante chamado Montymar, onde por primeira vez en

toda a semana tivemos a oportunidade de comer un pouco de peixe.

Xunto ó volcán de Cancarix Tolmo de Minateda

4

Pola tarde regresamos novamente á aula na que estiveramos pola mañá, pero desta vez para asistir

á explicación do que sería o próximo que veriamos, un parque de enerxía fotovoltaica. Resultounos

moi complicado a todos resistir o sono durante eses intres, pois a pesar de ser unha charla moi

interesante, levabamos varias noites sen durmir. Dito parque proporciona enerxía a máis de cinco mil

fogares e evita, aproximadamente, a emisión de sete mil toneladas de dióxido de carbono á

atmosfera.

Xa pola mañá metemos as maletas no autobús que nos trasladaba, posto que tiñamos que realizar

un cambio de hotel, o novo situábase en La Roda e chamábase “Flor de la Mancha”. O seu decorado

impresionounos a todos debido a que a súa temática era unicamente taurina.

Á noite, trala cea, tanto galegos como navarros xuntámonos no comedor do hotel para levar a cabo a

festa de despedida. Grazas á axuda dos profesores puidemos gozar dunha noite incrible. Foron

moitos os bailes, risas e confidencias entre ambos grupos. Todos eramos conscientes de que a hora

da despedida estaba cada vez máis proxima e iso fixo que

quixésemos aproveitar ata o derradeiro segundo xuntos.

Galegos e navarros no parque fotovoltaico Na festa de despedida

Día 7, Domingo 19 de outubro:

Poderíamos cualificar este día como o menos alegre de toda a nosa viaxe, posto que as

despedidas non son prato de gusto para ninguén.

Antes de que cada grupo se dirixise ós seus respectivos autobuses, produciuse unha emotiva

despedida pero facendo entre nós a matización de que tan só era un ata logo e non un adeus

definitivo, xa que nesa semana incluso se fixeran bocetos de plans que nos levarían a

atoparnos no verán dun xeito ou doutro.

Durante a viaxe, a gran maioría daban mostra do seu cansazo durmindo e sendo vítimas das

nosas cámaras fotográficas; outros estaban a recapacitar sobre todo o que ocorrera aquela

semana e facendo un balance disto.

Ó día seguinte esperábannos de novo as nosas aulas, o que fixo que as ganas de chegar a

Verín fosen ínfimas pero sabiamos que esto tiña que pasar.

Trala chegada, fixemos a foto que cerrou o álbum desta viaxe.

Volta á rutina. Tras unha semana na que estivemos xuntos as vinte e catro horas do día,

volviamos atoparnos no instituto ás nove menos dez… Non foi doado; pero aínda agora, non

pasa un só día sen que lembremos mil e un momentos dos alí vividos.

Aquela semana polas terras manchegas foi metáfora de felicidade completa e, por iso, só

temos verbas de agradecemento como pago:

- A cada un dos compañeiros, por tódolos sorrisos, loucuras, confesións, bágoas…

- Ós nosos profesores: Nuria e Bernardo. Que moito tiveron que aguantar e cos que

compartimos moito máis que unha viaxe.

- A todo o persoal que se preocupou para que levaramos unha boa imaxe da súa terra: ás

monitoras (das que temos un recordo especial…), ó

equipo dos dous hoteis, á Conselleira de Educación, ós

medios de comunicación…

É difícil definir sete días nunha soa palabra, pero

quedámonos con: INESQUECIBLE.

Nunha área de servizo Derradeira foto desta viaxe

Ana Boo Pérez

Marisol Arias Barja

Mónica Gómez García

5

constitución española

Constitución Española

Era una mañana de otoño con el cielo encapotado. Yo me dirigía al instituto, solo, por la calle, ya que la profesora de

matemáticas nos había comunicado que no podría asistir a primera hora. Los alumnos de primero de bachillerato

nos permitimos el lujo de estar un rato más en la cama. Caminaba a paso lento, pues me sobraba el tiempo antes

del comienzo de la segunda clase. Me llamó la atención un bulto que se arrinconaba en la esquina de un portal,

envuelto en trapos y cartones. Se trataba de un vagabundo, un sin techo. El frío, que era especialmente fuerte ese

día, me hizo pararme a pensar en esa persona que no tenía un lugar donde resguardarse ni una cama donde

descansar sus ancianos huesos. Ese pensamiento prosiguió unos instantes en mi cabeza mientras caminaba. No me

imaginaba como aquel pobre hombre podía aguantar aquellas condiciones infrahumanas. Me paré en un portal de

grandes dimensiones y pulse el botón que indicaba “3º G”, donde vivía un amigo. El edificio era un gran bloque de

apartamentos, en el que colgaban muchos carteles de “se vende”. Ya lo recordaba así desde hacía un tiempo. Juan,

que así se llamaba mi amigo, se había mudado a el nada más acabado. Habían tardado mucho en finalizarlo debido a

grandes protestas en contra de su construcción. Estas se debían a que donde ahora se levantaba el gran edificio,

los jardines y parques circundantes, antes, se situaba allí una aldea de chabolas gitanas. Pensé de nuevo en el

vagabundo. Quizás fuera uno de los ancianos expulsados de la barriada, por eso ahora se encontraba en esa

lamentable situación.

Una voz por el telefonillo me avisa de que Juan había marchado un par de minutos antes, y acelerando el paso me

propuse cogerlo por el camino.

Tras diez minutos andando a buen paso, al cruzar una esquina, veo a Juan unos metros delante de mi. Lo llamo

alzando la voz por encima del tráfico y se da la vuelta al escucharme. Corro un poco para ponerme a su altura y

cuando ya estamos a la par, volvemos a caminar a paso normal. Empezamos a hablar de las clases y de que los

exámenes ya estaban cerca. En ese momento me vinieron a la cabeza unos hechos que habían ocurrido una

semana atrás en clase, y digo:

- Oye, ¿y tú sabes algo de lo que pasó en 1º A?

A lo que me contesta:

- ¿Lo de Enrique?. Me parece que lo expulsaron tres días, el viernes ya fue a clase, pero llegó a tercera hora.

Enrique era un chico que tenía tres años más que nosotros, pero estaba en primero de bachillerato. Su única

ocupación era incordiar y “reventar” la clase. Nadie quería estar a su lado, ya que su sola compañía implicaba

problemas. Entonces le pregunto a Juan porque le permitían seguir asistiendo al instituto ya que ese individuo no

dejaba dar las clases, por lo que el resto de los alumnos nos teníamos que tragar sus tonterías. Y Juan me contesta:

- Dicen que no lo pueden echar por las buenas, porque todo el mundo tiene derecho a la educación.

Entonces tras reflexionar un rato me di cuenta que todos tenemos los mismos derechos, pero ser propietarios de

estos derechos nos obliga a ejercer unos deberes. Tras esta simple reflexión se me ocurrió leer un texto de la

Constitución, exactamente la sección primera del capítulo segundo “De los derechos fundamentales y de las

libertades públicas”, y así averiguar si esta norma era válida para todos estos derechos.

6

Empecé por el primero de los derechos:

Artículo 15: Derecho a la vida

Todos tienen derecho a la vida y a la integridad fisica y moral, sin que, en ningún

caso, puedan ser sometidos a tortura ni a penas o tratos degradantes. Queda

abolida la pena de muerte.

Es un derecho obvio, ya que nuestra más preciada posesión es nuestra vida y si la

perdemos o nos la degradan nos están dañando de una forma gravísima. Si se incumple este derecho los demás

carecen de sentido. Pero este derecho también acarrea un deber, que es el de no dañar la vida de nuestros

prójimos. El balance derecho/deber es muy obvio en este artículo.

Artículo 20. Libertad de expresión.

1. Se reconocen y protegen los derechos:

a) A expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones

mediante la palabra, el escrito o cualquier otro medio de reproducción.

b) A la producción y creación literaria, artística, científica y técnica.

c) A la libertad de cátedra.

d) A comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión. La ley

regulará el derecho a la cláusula de conciencia y al secreto profesional en el ejercicio de

estas libertades.

2. El ejercicio de estos derechos no puede restringirse mediante ningún tipo de censura

previa.

3. La ley regulará la organización y el control parlamentario de los medios de comunicación

social dependientes del Estado o de cualquier ente público y garantizará el acceso a dichos

medios de los grupos sociales y políticos significativos, respetando el pluralismo de la

sociedad y de las diversas lenguas de España.

4. Estas libertades tienen su límite en el respeto a los derechos reconocidos en este Título,

en los preceptos de las leyes que lo desarrollen y, especialmente, en el derecho al honor, a la

intimidad, a la propia imagen y a la protección de la juventud y de la infancia.

5. Sólo podrá acordarse el secuestro de publicaciones, grabaciones y otros medios de

información en virtud de resolución judicial.

Monumento a la Constitución de 1978 en Madrid

Todas las personas pueden expresarse libremente, nadie puede censurar una obra de arte

porque sea contraria a sus ideales. Nunca habrá una censura previa a la publicación de un artículo,

como sucedía y sucede en algunas dictaduras. Este derecho se basa en el respeto, el único limite

de este derecho es el de no vulnerar otros derechos como el de la intimidad o el del honor, ya que

nuestra libertad (de expresión en este caso) termina donde empieza la libertad de los demás. Si

dañamos el honor o la intimidad de alguien, estaremos abusando de nuestro derecho y haciendo

menguar los derechos de otra persona. Esto está incluido en el artículo de la libertad de expresión

(punto 4).

¿Pueden imaginarse un mundo donde la información no llegue a los ciudadanos, o bien la que llegue,

lo haga deformada por censuras?. Seriamos seres fácilmente dominables. Si no tenemos voz para

expresarnos, no tenemos peso en esta sociedad, pues la única superioridad que demuestra la

raza humana es una organización y una adaptación extraordinaria gracias a que somos los seres

más comunicativos. Si controlan nuestros ideales, nos anulan y esta es la forma más efectiva de

monopolizarnos. Esto es mucho más fácil y cómodo que llevar a cabo una represión militar o que

encarcelarnos en una prisión. Así pues, esta es una libertad que debemos ejercer, siempre en su

justa medida, basada en el respeto, y no permitir que se vulnere en ningún caso.

7

8

Artículo 27.Derecho a la educación

1. Todos tienen el derecho a la educación. Se reconoce la libertad

de enseñanza.

2. La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana en el respeto a

los principios democráticos de convivencia y a los derechos y libertades fundamentales.

3. Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los

padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus

propias convicciones.

4. La enseñanza básica es obligatoria y gratuita.

5. Los poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación, mediante una

programación general de la enseñanza, con participación efectiva de todos los sectores

afectados y la creación de centros docentes.

6. Se reconoce a las personas físicas y jurídicas la libertad de

creación de centros docentes, dentro del respeto a los principios

constitucionales.

7. Los profesores, los padres y, en su caso, los alumnos intervendrán en el control y gestión de

todos los centros sostenidos por la Administración con fondos públicos, en los términos que la

ley establezca.

8. Los poderes públicos inspeccionarán y homologarán el sistema educativo para garantizar el

cumplimiento de las leyes.

9. Los poderes públicos ayudarán a los centros docentes que reúnan los requisitos que la ley

establezca.

10. Se reconoce la autonomía de las Universidades, en los términos que la ley establezca.

Este derecho es uno de los más importantes, porque es el que preparará a las siguientes

generaciones, que serán las que mantengan los valores fundamentales de los derechos

constitucionales vivos, evitará que todo el trabajo que se ha realizado se eche por tierra. Por ese

motivo la enseñanza es obligatoria y gratuita, la constitución nos da igualdad a todos y así todos

tenemos las mismas oportunidades para elegir nuestro futuro. También tenemos derecho a ser

educados con una enseñanza religiosa o moral que nosotros deseemos, ya se religión católica, como

evangélica como musulmana…etc. La educación nos desarrollará como persona para desempeñar un

puesto útil en la vida, y tener unos valores basados en la democracia y en la convivencia. Los

poderes públicos harán lo posible por facilitar la enseñanza y el buen funcionamiento de los centros

(transporte público, luz, calefacción, etc.…).

Pero por otro lado y por mucho que las autoridades deban poner de su parte para el buen

funcionamiento de los centros, somos, en parte, los alumnos un factor importante, ya que si un

individuo se empeña en “reventar” las clases no dejara a los docentes desempeñar su función ni al

resto de los alumnos recibir las enseñanzas pertinentes. Si un niño sufre “bulling”, no querrá ir al

colegio y no estará atento a las clases, sino que estará en tensión y temeroso de lo que le puedan

hacer sus agresores. Este punto me recordó a Enrique, el que se dedicaba a armarla en 1º A, y

pienso que no es justo que gente que lleva con el varios años en clase tenga que seguir

aguantándolo mientras se carga la educación que tienen por derecho. Por eso hice esta reflexión, si

todos cumplimos nuestros deberes los derechos están garantizados, lo triste es que siempre hay

alguien como Enrique, que viola nuestros derechos, por eso necesitamos instrumentos que nos

protejan.

Esa protección nos la garantiza la Constitución en su Capítulo Segundo, más concretamente en la

sección 1ª, donde se especifican nuestros derechos fundamentales, de los que gozamos todos los

españoles.

Yo, que me considero una persona pragmática resumiré mi última reflexión con la siguiente

fórmula:

DERECHOS CONSTITUCIONALES + DEBERES = BIENESTAR SOCIAL

Esto siempre que se cumpla la siguiente igualdad:

DERECHOS=DEBERES

David López Filloy 1ºBACH B

a bolsa

í

“O XOGO DA BOLSA”

Foi unha experiencia inesquecible participar no Xogo da Bolsa.

As cinco pasamos a formar o equipo chamado “Money Money”.

Nada máis comezar tíñamos moita ilusión por ver como funcionaba este novo xogo e

poder acadar a mellor posición posible a nivel de España ou polo menos de Galicia.

Inda que ningunha o esperaba, moitas veces faciamos bromas e comentarios sobre

poder conseguir unha boa posición no ranking . No momento en que comezabamos

perdendo diñeiro, as nosas esperanzas acabáronse e a nosa situación non parecía

mellorar.

Un día , ante a sorpresa de todos os nosos compañeiros de 1º de bacharelato D,

vimos como da noite á mañá, unha potente empresa alemá, Wolsvagen, facía

duplicar o valor da nosa carteira e tamén situarnos entre os 12 primeiros de Galicia.

Despois deste golpe de sorte comezamos a comprar e vender accións máis ca

nunca preocupándonos de sacarlle o maior beneficio posible e de facelo no

momento preciso, sempre deixándonos aconsellar pola nosa profesora Loli.

Unhas semanas antes de rematar o xogo fixemos unhas inversións importantes

como Iberdrola, Banco Santander e outras empresas estranxeiras que nos situaron

no 3º posto a nivel de Galicia e no 9º de España.

Na recta final xogamos con moita tensión porque estabamos a pouco diñeiro de

diferenza do equipo de Monforte de Lemos, que ó final resultou gañador.

Rematamos o xogo nun 4º posto, tendo na nosa carteira unha suma de 74.000 euros

dos 50.000 cos que partimos ó comezo, e tan só a 6.000 € das gañadoras.

A pesares da alegría de obter esa posición, quedamos algo descontentas cando

soubemos que tan só os tres primeiros postos realizarían unha viaxe A Coruña para

asistir á entrega de premios. Pero semanas despois enterámonos de que farían esa

viaxe os dez primeiros.

Pasámolo moi ben e coñecemos moitos rapaces doutros centros. Como anécdota,

todos coincidimos en que se estabamos alí foi grazas a Wolsvagen.

Por último, esperamos que para o ano vindeiro o noso instituto poida acadar un

Maria, Tania, Patricia, Emma e Jessica.

9

I CERTAME DE RELATOS CURTOS “AMIGOS PARA SEMPRE”

SEMPRE ESTAREI AÍ

amigos para sempre

10

1º PREMIO Lara Salgado Santos 1ºBACH C

Era un día moi frío, como case todos os de outono e inverno na cidade, na cal ao estar situada a unha

altitude duns cincocentos metros, xa en novembro se divisaban algunhas folerpas de neve. Pese a todo,

era un día especial, xa que Brais cumpría nove anos. Aínda lembraba con especial ilusión o aniversario

celebrado anos atrás, cando recibira o mellor agasallo, un irmán. Chamábase Roldán e xa tiña máis de

tres anos, polo que xa era grande e aprendera a portarse ben.

A familia de Brais vivía nun pequeno piso de só dous dormitorios, así el e o seu fantástico e inseparable

amigo durmían xuntos. Non era unha habitación moi espaciosa, pero o rapaz aprendera a compartilo todo

con Roldán, xa que para iso era o novo membro da familia, un membro que Brais esperaba dende que era

máis cativo.

Un día, Manuel e Olga, os pais do neno, mantiveran unha conversa con respecto a Roldán. “ Non cres que

xa é moi grande?”, comentaba a nai. “ Quizais esteas no certo, pero non podemos facer nada, Brais

quérelle moito e levaría una desilusión tremenda se o facemos”, respondeu Manuel. Aquela vez, a cousa

quedara así, pero volveu xurdir o tema despois da cea, cando Roldán xogaba na cociña mentres Manuel e

Olga recollían a mesa. “Eu sigo pensando que aquí non cabemos todos, ti verás o que queres facer. O

mellor sería...”, pero Olga non puido rematar a frase, xa que foi interrumpida polo seu marido. “Nin o

nomees, non te decatas de que Roldán é moi intelixente e pode descubrir o que estamos a comentar?”

Pasaban os días e seguían sen solucionar o problema, mentres Brais continuaba alleo a todo. El só

pensaba no feliz que era tres anos despois da chegada do seu irmán á casa. Era o encargado de ir de

paseo con el e de educalo, debido a que o traballo dos seus pais non lles deixaba tempo para adicarse ao

que verdadeiramente importa, a familia.

Unha semana despois de que Manuel e Olga comezaran a cuestionar a estadía de Roldán na casa,

decidiron que tiñan que tomar unha decisión. “ O piso é moi pequeno e a nosa situación económica non é

moito mellor. Non podemos facer fronte a tantos gastos: a comuñón de Brais, a hipoteca do piso de

Monforte, as vacinas de Roldán... Aínda por riba, na empresa están a facer recorte de persoal, por mor da

crise, e eu son unha das máis vellas. Son perfectamente prescindible” dixo Olga. “Non comas a cabeza, ti

es unha das mellores e levas moitos anos dándolle beneficios á empresa, o lóxico sería que botaran

aquelas persoas que non traballan tan ben coma ti”. Pese ás palabras tan alentadoras de Manuel, Olga

continuaba coa mosca detrás da orella polo que decidiu tomar unha decisión moi drástica.

Aquela noite, cando estaban todos durmindo, ergueuse ás dúas da mañá, vestiuse, puxo o abrigo e colleu

en brazos a Roldán. “Como pesas condenado!” pensou para si mesma.

Dende logo, non era a mellor noite para saír, xa que o termómetro da farmacia da esquina marcaba oito

graos baixo cero. Aínda por riba, estaba nevando como se se tratara da mesma Siberia e a sensación

térmica era menor, por mor do forte e frío vento ábrego. A Olga parecía importarlle mais ben pouco, polo

que continuou a súa marcha. Apresurouse ata o garaxe e meteu a Roldán no asento traseiro. O pobre no

tiña moita idea sobre o que acontecía, xa que estaba durmindo. A nai de Brais xirou a chave e acendeu o

vehículo, non sen antes intentalo varias veces, debido a que o motor non se atopaba moi ben con ese frío.

Non tiña moi claro onde ir, o que si sabía era que facer con Roldán. Pensaba abandonalo! Desde o máis

profundo do seu ser era o que anhelaba dende había moito tempo. Nunca lle gustou a compañía de

Roldán, de aí o seu interese por desfacerse del o máis pronto posible. “Xa o aturei tres interminables anos,

xa non podo máis!” laiábase sen razón Olga. Despois de ter percorridos cinco quilómetros baixo aquela

tempestade, decidiu parar o coche. Acto seguido colleu o seu acompañante e deixouno tirado preto da

gabia. Volveu subir ao coche e regresou á casa. Cando se volveu meter na cama eran as tres menos

cuarto da mañá, pero non prendeu o sono ata ben pasadas as catro. Serían os remorsos os que a

aniquilaba por dentro e non a deixaba durmir? Ou tal vez pensaba no seu fillo Brais

e no moito que ía sufrir?

Á mañá seguinte, o neno espertou máis cedo do normal. No seu interior sabía

que algo non ía ben, pero non podía precisar que era. O primeiro que pensou ao

non ver o seu fiel amigo á súa beira non foi nada bo. Comezou a chamalo ao

longo e ancho dos cincuenta e cinco metros cadrados do seu fogar, pero non

contestaba. Desesperado, chamou os seus pais preguntándolles onde podía

estar Roldán, sen saber que o seu verdugo fora a súa propia nai.

í

í

í

í

í

í

í

Os días que seguiron á suposta desaparición de Roldán (esa fora

a escusa da nai, que non lle contara nin ao seu marido a

verdadeira razón pola que non se atopaba na casa) foron tan

negros para Brais coma o ceo, que continuaba sen dar unha

tregua.

Como a situación era insostible, Brais escapouse unha noite na

procura do seu inestimable compañeiro. O que el

non sabía era que non ía ser nada fácil dar con el,

pero ao rapaz non lle importaba o máis mínimo,

sabendo tamén que a súa vida podía correr perigo ao

seren as condicións climatolóxicas pouco apropiadas

para unha saída nocturna. Apresurouse a coller o seu

“kit de exploración”, que constaba dunha lanterna, unhas gafas de visión nocturna (que Roldán estropeara) e un

cinto con moitísimos accesorios, entre eles uns walkie-talkies aos que lles faltaban as pilas.

Equipado con todos eses trastos, marchou da casa sen que os seus pais se deran conta e comezou a camiñar

bastante á présa, para evitar o frío que durmía a noite. Non sabía ata onde tiña que camiñar, pero supuxo que o

seu compañeiro, irmán e amigo estaría fóra da contaminación da vila.

Cada pouco tempo, paraba para beber algo do seu zume favorito, amorodo e pexego. “Que frío está”, pensaba

o rapaz, ao que se lle comezaban a quedar as pernas durmidas. Para evitalo, continuou a súa travesía, aínda

que cada vez se sentía máis perdido.

Ao cabo de media hora de camiño, albiscou ao lonxe unha figura que se ía aproximando ata el, pero que non

podía discernir por culpa do intenso manto branco que cubría a estrada. A medida que se aproximaba, empezou

a apreciar de quen se trataba. Era Roldán! Levaba camiñado bastante tempo desde o lugar onde Olga o

deixara, sen ningún tipo de compaixón, a noite anterior. Estaba completamente cuberto de neve e os seus pasos

eran pesados, polo que se notaba a falta de alimentación e calor (tanto climatolóxica como familiar) que Roldán

tanto precisaba. Brais empezou a correr, pero non puido chegar ata o seu fiel amigo, xa que a poucos metros

del, as pernas falláronlle e obrigárono a precipitarse sobre o leito albo. Ante esta situación de desamparo,

Roldán, sen forzas nin sequera para respirar, botou a correr para protexer a Brais. Cando chegou ata el,

acaroouse e tapouno co seu propio corpo, para evitar a hipotermia do rapaz, que xacía esvaecido e tremendo.

Á mañá seguinte, Manuel espertou ás oito e media, xa que era sábado e quería montar o estante que días atrás

mercara nuns grandes almacéns. Pasada unha hora, de casualidade, entrou no cuarto do seu fillo para buscar a

chave inglesa e, a súa sorpresa foi maiúscula cando non o viu durmindo na súa cama. De contado, comezou a

buscalo por todas as dependencias do piso; cociña, salón, baño, pero non o atopou. Foi ao seu dormitorio a

espertar a Olga. “Cariño, esperta, Brais non está no seu cuarto. Busqueino incesantemente, pero non dou con

el. Non sei por que, pero creo que escapou para buscar a Roldán”. “Non pode ser”, dixo a súa muller con

tristura, “en realidade non escapou, deixeino a uns cinco ou seis quilómetros de aquí”. Manuel non o podía crer.

A súa muller era a responsable da desaparición de ambos, xa que ela fora a que abrira o círculo no que se

atopaban metidos e do que non sabían se ían poder saír.

Inmediatamente despois da súa conversa e das innumerables desculpas que emitira entre saloucos Olga,

avanzaron cára ao coche coa esperanza posta no tempo, que non se presentaba tan inestable como os días

anteriores. Era unha mañá fría, pero a tempestade que atacara a vila anteriormente convertérase en pequenas

folerpas que quedaban atrapadas nos cabelos e na roupa de ambos.

Abriron o garaxe e entraron no coche, no que aínda se atopaba a manta coa que Olga cubrira a Roldán

momentos antes de deixalo só e desamparado.

Despois dalgún tempo avanzando paseniño cára ao lugar no que Olga estivera días antes, viron dúas siluetas

algo afastadas da propia rúa, pero non podían deslindar unha da outra. Cando se atopaban a tres ou catro

metros, viron a Roldán e, debaixo del, a Brais. A alegría que inundaba ambos rostros era indescritible ao velos

aos dous con vida. Manuel colleu o seu fillo, que respiraba con dificultade e meteuno no coche. Olga, coa

culpabilidade perforándolle o peito tomou a Roldán nos seus brazos e susurroulle ao oído “perdoa fillo”, mentres

as bágoas decorrían con mesura a súa faciana. Levaron a Brais e a Roldán ao médico, onde se recuperaron en

seguida. “Se non fora por Roldán”, dixo o doutor, “probablemente o rapaz estaría morto. Grazas á calor corporal

do seu amigo, conseguiu manter en orde o seu propio organismo. Este si que é un amor incondicional”.

Felices e contentos, despois dunhas horas en observación, volveron á casa. Roldán fixera algo heroico e, por

encima de todo, conseguira darlle unha lección a Olga, que empezou a valorar a amizade e a familia. Decatouse

do mal que fixera, ao observar como ela abandonara a Roldán, pero el non o fixera con Brais, aínda que as

condicións eran adversas. Despois desta mala experiencia, que pronto se converteu nunha anécdota, a súa

familia xa non vivía nun pequeno piso de cincuenta e cinco metros, senón nun verdadeiro fogar.

Primeiro premio do Certame de relatos curtos “Amigos para Sempre”, organizado pola Consellería de Xunventude de Galicia

co gallo de concienciar á poboación do respeto e cariño que os animais precisan e do importante que é non abandonalos.

11

Co gallo do día da muller

os alumnos de 1º e 2º de ESO quixeron rendirlle unha merecida

homenaxe ás mulleres da súa familia “con mérito e sen fama”. Todas elas son merecedoras de estar

nestas páxinas, pero como é imposible, seleccionamos as dúas máis impactantes.

mulleres con mérito

12

XULIA RECIO GÓMEZ

(bisavoa)

Xulia naceu en Medinacelli e, aos 14 anos, enviárona

os seus pais traballar nunha casa de Madrid. Alí viviu

ata que casou con 25 anos e en pouco tempo tivo 4

fillas. Tendo a pequena poucos meses, comezou a

guerra civil (1936).

Nesta situación comían apenas nada (graxa con auga

quente). Ao seu marido enviárono a un campo de

concentración durante toda a guerra e ela marchou

coas súas fillas nun tren de mercadorías con outras

mulleres e nenos ata Murcia. Alí tivo que loitar para

evitar que mandaran ás súas fillas a Rusia.

Traballou servindo durante toda a guerra civil na

localidade de Rafelguaraf (Valencia). Cando soltaron ao seu

marido do campo de concentración, tivo que soportar e sufrir

durante varios anos o seu alcoholismo e a enfermidade

mental ata que ingresou no hospital psiquiátrico de

Ciempozuelos en Madrid durante dous anos.

Dende entón, levantou a súa familia, deu estudos ás

súas fillas e criou a case tódolos seus netos.

Morreu no ano 1986 en Madrid e doou os seus ollos (

moi bos, porque ela cosía) ao banco de ollos de Madrid.

Considéroa unha muller extraordinaria por ser quen

de superar tódalas dificultades e lograr saír adiante con toda

a súa familia nunha época moi difícil no noso país.

Miguel Serrulla Blanco 2º ESO D

“ MIÑA BISAVOA”

Miña bisavoa chámase Kabi e viviu a guerra da

independencia que tivo lugar en Mozambique, Cimbabue,

Bostwana, Namibia, etc.

Ela tiña sete fillas, unha das fillas chamada Ema era a

miña avoa que tamén tiña unha filla chamada Branca que

é miña nai.

Miña avoa e miña nai tiveron que fuxir a Suazilandia para

ir directas a Portugal por mor da guerra, xa que a miña

nai era de raza branca (como o meu avó), a miña avoa

tivo que escondela para que non a mataran. Miña avoa

quedou na casa para protexer ao resto da familia e dicía

que de ter que morrer facelo con dignidade.

A miña bisavoa de madrugada ía ata o río, escondida

para procurar alimentos que lle proporcionaba un primo

seu, pero un mal día collérono as tropas e matárono.

Miña bisavoa desolada sabía que sen a súa axuda

morrería e choraba e choraba.

Por fin, un día deixaron de escoitarse as balas, os gritos

de tortura e a xente chorando, o único que se oía eran as

tropas abandonando o poboado e a alegría para todos os

veciños era inenarrable.

Esta historia contouma miña avoa e eu ben sei que é

verdade, por iso e pola súa valentía é digna de recordar e

facerlle unha homenaxe.

Favio Zúñiga Rojas 1º ESO A

13

Os alumnos de 2º Curso de ESO despois de ler “O Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry e

traducido á Lingua Galega por Carlos Casares, fixeron unha recompilación dos pensamentos

que máis lles gustaron e este foi o resultado.

o principiño

14

“ Tódalas persoas maiores foron nenos antes. (Pero poucas se lembran)

ilustracións:1º ESO D

“As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas

e é molesto para os nenos

terlles que andar dando

sempre explicacións”.

“ Cando o misterio é demasiado impresionante, non se atreve un a desobedecer”.

“Camiñando todo dereito para adiante non pode ir moi lonxe...

“Ás persoas maiores gústanlles as cifras. Cando lles falades dun novo amigo, nunca din: Como é a súa voz? Que

xogos lles gustan máis? Colecciona bolboretas? Non, as persoas maiores preguntan: Cal é a súa idade? Cantos

irmáns ten? Canto pesa? Canto gaña seu pai? Pensan que soamente así o poden coñecer.

“ Soamente se lle pode pedir a un o que un pode dar”

“A autoridade descansa sobre todo na razón”

“ É ben máis difícil xulgarse un a si mesmo que xulgar ós

demais. Se consegues xulgarte ben, é que es un

verdadeiro sabio”.

“ Soamente os nenos saben o que buscan”.

“ O que fai máis fermoso ó deserto é que esconde un pozo en calquera parte”.

“ O esencial é invisible para os ollos”.

“ Soamente se coñecen ben as cousas que se domestican... Os homes non teñen tempo de

coñecer nada. Mercan todo xa feito nas tendas, pero como non hai ningunha onde se vendan

amigos, os homes non teñen amigos.”

“ Os ollos están cegos, hai que buscar co corazón”.

“ No planeta do principiño sempre

houbera flores moi simples,

adornadas coa súa fila de pétalos,

que apenas ocupaban sitio e

apenas molestaban a ninguén”

“ Aínda que un vaia morrer é bo ter un amigo”.

“ É o tempo que perdiches con ela o que fai a túa rosa tan importante”

“ Ao longo da miña vida

tuven montóns de

contactos con montóns de

xente seria. Vivín moito

entre persoas maiores e

téñoas visto moi de perto.

Non milloréi gran cousa a

miña opinión sobre elas.”

15

16

A MÚSICA NO CINEMA: FUNCIÓNS QUE DESEMPEÑA.

Alumnos de 4º ESO coa materia “Música”

Cando dicimos dunha película que nos encanta son moitos os aspectos que nos seduciron: a interpretación dos actores

e actrices, o coidado dos escenarios e a fotografía, o argumento e os enredos, os diálogos e o guión... pero sen dúbida

un dos elementos constituvivos de maior calado nunha película é a banda sonora, é dicir: a súa música.

De feito, son moitas as significacións que a música engade ó filme: pode subliñar o estado de ánimo dun personaxe (por

exemplo nunha película romántica onde un personaxe se desilusiona e a música acompáñao no seu pesar sendo moi

triste e lenta), pode crear tensión (por exemplo nunha película de terror onde non vemos que ocorre pero a música non

presaxia nada bo), pode sorprendernos (o famoso “acorde aguillón”, que é ese acorde que soa de súpeto cando algo

aparece sen previo aviso e quedamos estupefactos, cravados no sillón), pode anticipar o desenlace dunha situación

determinada (nunha película do Oeste na que os vaqueiros están a ser rodeados polos indios e de súpeto oímos o ta-tataríííí

dunha trompeta, que sinala a chegada dos reforzos e anticipa o final feliz), pode contextualizar a escena nunha

época ou ambiente determinado (se oímos música oriental nunha película ambientada no Lonxano Oriente) ou mesmo

pode estar asociada a un personaxe ou situación, de xeito que sempre que apareza o malo (por exemplo) soe a mesma

melodía (este recurso é moi habitual nos debuxos animados, pensade nos Simpson cando aparece o veciño pailán e

sempre soa un banxo).

Á hora de analizarmos a banda sonora dunha película, cómpre termos en conta tres cuestións: en primeiro lugar,

aparece na imaxe cinematográfica a fonte sonora? Quero dicir, se oímos unha trompeta soar somos quen de vela na

imaxe? Se a resposta é SÍ, a música forma parte do relato fílmico, é dicir, é MÚSICA DIEXÉTICA. Se a resposta é NON,

trátase dun engadido posterior á rodaxe, e polo tanto é MÚSICA EXTRADIEXÉTICA. A segunda cuestión que temos que

tratar é: ten relación a música que escoitamos coas imaxes que vemos? Se a resposta é SÍ, trátase de MÚSICA

INTEGRADA, se é NON trátase de MÚSICA NON INTEGRADA, e neste segundo caso normalmente o que se busca é

provocar un contraste no espectador (é o que se chama música diverxente). Por exemplo, cando en A lista de Schindler

aparece un hospital no que arrasan a centos de xudeus, a música que escoitamos é moi bonita e non suxire a violencia a

que acompaña: produce en nós o desacougo e o absurdo que busca o director. En terceiro lugar, a música que se

emprega nunha película pode ser CREADA expresamente para esa película ou ser un PRÉSTAMO, pertencente ou ben

á música popular urbana (coma nas películas O gran Lebowsky ou Pulp fiction) ou á música chamada culta (coma en

Barry Lindon).

Unha vez que temos en conta estas apreciacións, podemos afrontar a análise da banda sonora das películas que nos

interesen. Toda análise busca unhas conclusións, e para iso descompón un todo nas súas partes máis simples. Faremos

a análise da música de varios fragmentos das seguintes películas: O gran dictador e Persépolis.

A película O gran dictador, de Charles Chaplin, é unha reflexión ante o fenómeno nazi nun momento no que Hitler

estaba no poder, o cal supón toda unha heroicidade por parte do xenial director e actor. As dúas escenas máis

celebradas do filme, despois do portentoso discurso final do barbeiro confundido co dictador e defendendo a paz no

mundo, son a escena da barbería e a escena do globo terráqueo. Na primeira temos un barbeiro que traballa ao son da

Danza húngara nº 5 de Brahms, obra moi coñecida que o personaxe escoita pola radio mentres atende a un cliente.

Chama a atención como axusta a súa velocidade ós continuos cambios de tempo da obra (que comeza rápido, logo vai

lento, volve rápido, lento e remata rápido). No que dura a música asistimos a un perfecto afeitado. Temos, pois, música

diexética (forma parte do discurso fílmico: vemos a radio, que é a fonte sonora), integrada (xa que non só encaixa coa

acción, senón que incluso a condiciona) e préstamo da música clásica. A súa función neste caso non está clara: quizais

serve como contrapunto cómico nun entorno dominado polo temor ante os nazis, ou quizais como un xogo poético no

que vemos como os cidadáns vivían dominados incluso pola radio.

música e cinema

A escena do globo terráqueo é outro caso de adecuación imaxe-son, pero neste caso ó revés: oímos o preludio da

ópera wagneriana Lohengrin mentres o dictador Hynkel (imitando a Hitler) xoga co globo terráqueo que ten no seu

despacho. Deste xeito fai unha metáfora fermosísima do megalómano nazi, que a pesar de aparecerse ante os demais

como un adulto poderoso e temible, é no fondo un neno xogando coas vidas dos demais nun intento de dominar o

mundo. Por certo, o globo estóupalle nos fuciños ó final da escena, quizais anticipando o resultado das aspiracións de

Hitler. Aquí a música é extradiexética (non podemos localizar na imaxe a procedencia da mesma), integrada (acompaña

os movementos do personaxe) e tamén é un préstamo da música chamada culta. A función é subliñar un estado de

ánimo, neste caso a ensoñación de Hynkel ante o dominio do mundo.

A película Persépolis, de Marjian Satrapi, é unha reflexión en debuxos animados da historia de Irán desde os anos

setenta. Parte da homónima banda deseñada (da mesma autora) e, cunha estética en branco e negro, con poucas

sombras nos debuxos e unha ausencia de volume nos personaxes (aparecen planos, sen sombras e luces), quere

transmitir a dor e os padecementos do seu pobo a mans do sha e da república islámica.

Nesta historia, a música adquire un papel importante na medida en que supón para a protagonista, a propia Marjian

Satrapi, unha burbulla de osíxeno nun mundo oprimido polo peso do veo, do Islam, do odio a Occidente e das accións

policiais impunes contra unha poboación mermada e practicamente enterrada en vida. Así, discos de Michael Jackson,

Abba, os Bee Gees ou mesmo Julio Iglesias, aparecen na lista de prohibicións, e ela escóitaos para escapar e sentirse

libre.

Do mesmo xeito, as festas clandestinas servían para relaxarse e coñecerse, e nelas a música é fundamental (para

bailar). Analizaremos, pola contra, unha escena na que a música é a típica música iraní: a escena na que o seu pai lle

explica á pequena Margie a evolución de Irán desde o primeiro sha ata o seu fillo. As imaxes están feitas ao xeito dun

teatriño de marionetas, e a música é moi lonxana para nós. Trátase, pois, de música EXTRADIEXÉTICA (non vemos a

fonte sonora), INTEGRADA (ten senso nese contexto) e é un PRÉSTAMO da música popular tradicional de Irán. A súa

función é a de ambientar a escena no mundo iraní.

Polo tanto, vemos que a música no cine non é un adorno, senón unha parte esencial na película, que nos dá información

sobre os sentimentos dos personaxes, sobre as intencións do director, sobre o entorno no que se desenvolve a acción e

o que vai acontecer xusto despois.

17

OBRADOIRO DE HIP HOP

Alumnos de 4º ESO coa materia “Música”

Aquí vos ofrecemos algunhas das mellores letras que fixeron os vosos compañeiros.

hip hop

18

EL MUNDO DE LOS SUEÑOS (con estribillo)

(Raúl Suárez, 4º B)

En todos mis sueños

el mundo está al revés:

los colores confundidos

y todo bajo mis pies.

El pez pesca al pescador,

el tigre doma al domador,

las armas se han tirado

y se ha jubilado el cazador.

Se camina en los mares:

que en las montañas tú nades;

los ricos son pobres,

los pobres no tienen hambre.

Los breakers ya no bailan:

ahora cantan en coros;

las putas son actrices

y las actrices son strippers.

Lo ves, lo ves,

el mundo está al revés,

el Infierno en lo alto

y el Edén bajo mis pies.

En los cuentos de hadas

ya no quedan brujas

porque para querer alguna

ya están las vecinas marujas.

Que sólo saben decir,

pero eso es cantar,

pero no saben que sus nietas

van de pub en pub.

Los ciegos pueden ver,

los mudos hablar,

pero no como otros

que sólo han hecho maldad.

Si me dices que estoy loco

tendrás mucha razón

porque esto es un sueño,

una simple ilusión.

Lo ves, lo ves,

el mundo está al revés,

el Infierno en lo alto

y el Edén bajo mis pies.

ilustracións:4º ESO A

PALABRAS (só coa vocal A)

(Ruth Medeiros, 4º B)

Andan apagadas

las baladas,

chavalas asaltadas,

atrapadas, acosadas.

Las caras aplacadas,

ablandadas,

dañadas tras la casa,

falladas, masacradas.

Las máscaras atacan,

jamás las pararán:

atrapan malas rachas,

las palabras calmarán.

Las llamadas nada aclaran,

marchan tras la casa,

asaltan las manadas

A chavalas atrapadas.

SEN TÍTULO (forma libre)

(Iria Couto e Esther García, 4º D)

Cuántas veces me he caído

a lo largo de esta vida.

Me miro las venas:

pero de qué serviría.

He aprendido a levantarme

de esta eterna caída:

no me aliviaría el alma

ese acto de cobardía.

Creí en el infinito

por una vez en mi vida

y vi cómo su fin llegaba

y abría mucho más mi herida.

Buscando mi camino,

quién habrá escrito mi destino...

Quien lo haya hecho es un

cabronazo:

no creo en seres divinos.

No tengo pruebas de que existo:

mi corazón sigue muerto, por lo

visto,

y siento que ya no puedo...

voy sintiendo cómo me muero.

No tengo pruebas de que existo:

mi corazón sigue muerto, por lo

visto,

y siento que ya no puedo...

voy sintiendo cómo me muero.

19

tradición en Laza

20

A FESTA DO SANTO CRISTO TRES DE MAIO- Laza

A festa do tres de maio,celébrase en Laza cada ano e está dedicada ao santo Cristo. É unha festa relixiosa

que posiblemente proceda dunha cerimonia anterior de caracter pagán ou agrario.

Segundo Xesús Taboada Chivite, no seu libro “ Etnografía Galega” a festa ten cinco compoñentes:

1. . Adán e Eva.

2. O Maio

3. Sacrificio de Isaac.

4. Os Danzantes .

5. Loita de Mouros e Cristiáns.

Adán e Eva:

Son o rei e a raíña de maio que simbolizan o espírito da

vexetación.

O Adán é un home de certa idade. A Eva, pola contra,

dende sempre era unha guapa moza do pobo. Os dous

son escollidos polos mordomos da festa coa obriga de

gardar o segredo.

A vestimenta de Adán é sinxela: unha túnica ata os

xeonllos e unha aixada ó ombreiro.

A Eva leva un vestido adornado con flores de maceira.

Sobre a súa longa melena leva unha coroa, e tamén

leva outras alfaias. Na man esquerda leva unha roca

cunha estriga de liño que vai fiando, facendo bailar o

fuso coa man dereita . No brazo esquerdo leva tamén

unha cestiña con laranxas.

Segundo Xesús Taboada Chivite : “O Maio, Adán e a

Eva son ingredentes axustados ó cerimonial cristián,

que constitúen claras supervivencias de ritos agrarios”.

( Etnografía Galega, páx. 68-69)

O Maio: É unha gran árbore (O de 1953 medido por

Xesús Taboada Chivite medía 20 metros de altura). Os

mozos acostuman ir a buscalo uns días antes da festa

a partir das doce da noite. Ao carro de vacas apértanlle

ben as treitoiras para que cante e así saiba o pobo que

xa regresan co maio que se coloca preto da praza da

Picota. Antigamente púñanse catro destes Maios, aínda

que o principal era o da Picota. O de levantar o maio é

todo un ritual que congrega a tódolos homes do pobo.

Normalmente o levantamento faise con escadas de

madeira.

O Maio é un elemento incorporado ao cerimonial

cristián, sendo unha clara supervivencia de ritos

agrarios propios dos pobos sedentarios cultivadores da

terra que dependen das colleitas e dos fenómenos

naturais coma o paso das estacións, os cales

pretenden asegurar con rituais simbólico-máxicos . este

aspecto así aseguran autores como: Maunhart,

Filgueira Valverde, Frazer e outros.

Segundo Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no B.R.A.G .

Tomo XXIV : “......O Maio de Laza, que alí semella ter

conservado un caraute mais colectivamente popular,

poderíamos dicir mais tribal -Pol-a participación de

tódolos veciños- que noutras partes”.

Carmen Rivero Gallego.

Adán e Eva de maio do 2007

O sacrificio de Isaac: é unha representación sacra medieval. Os personaxes son: Abraham,

Isaac, O anxo e o narrador.

Abraham: leva un manto vermello e unha túnica branca. Na man leva un coitelo.

Isaac, un neno de cinco ou seis anos, vestido cunha túnica branca. Ao lombo, atado cun

cordel, leva un mollo de videira, que é a leña para o sacrificio .

O anxo.- Leva unha túnica branca, un par de ás e unha coroa.

O narrador.- o que antigamente se lle chamaba predicador, vai narrando o episodio bíblico do

sacrificio de Isaac. Mentres el narra a escena vaise desenvolvendo seguindo sempre as verbas

do narrador. Despois intervén o anxo para impedir que Abraham mate ó seu fillo, e o narrador

continúa ata rematar a representación.

Os danzantes: seis mozos

vestidos con pantalón e camisa

brancos, levan unha faixa

vermella cinguida á cintura,

unha cinta de cor azul a modo

de banda ,gravata e un especie

gorro branco na cabeza

(antigamente era diferente, na

cabeza levaban un pucho de

forma ovoide feito con papel

rosa) . Os dous danzantes de

adiante levan espadas na man

dereita e unhas castañolas na

esquerda, mentres que os outros

danzantes so levan castañolas en

ámbalas duas mans.

A loita de mouros e cristiáns: é representada polos mesmos danzantes con un diálogo entre os dous bandos, un

pequeno roce de espadas e finalmente a victoria do bando cristián.

Segundo Vicente Risco e Xaquín Lorenzo no B.R.A.G . Tomo XXIV , páx. 263: “ As loitas de mouros e cristiaos

relacionadas Pol-a tradición popular co Apóstolo Sant´Iago......... mais importanza que a loita das armas ten a disputa

teológica , os parlamentos, como din na Sainza , que enantes da batalla sosteñen o mouro e mais o cristiao...”

Esta loita de mouros e cristiáns non te que ver cos ritos agrarios de maio.

Segundo os autores antes mencionados, na festa do tres de maio de Laza, atopamos tres aspectos diferentes:

1. Un rito agrario de orixe prehistórico relacionado coa primavera, que son “ O Maio” ( árbore de maio) e O Adán e

maila Eva ( antigos reis de maio que se mudaron por personaxes da biblia).

“....hai motivos para matinar nunha contamiñación da representación relixiosa cunha cerimonia anterior de caraute

pagán ou agrario, na que os que agora son Adán e Eva serían unha parexa de Reis de Maio... ” (B.R.A.G. Tomo XXIV

páx. 261. Vicente Risco e x. Lourenzo))

2. Un misterio medieval: sacrificio de Isaac.

3. Unha representación sacro-popular de mouros e cristiáns. ( A danza puido pertencer o primeiro ou o terceiro

apartado).

A FESTA

O nome da persoa que representa a Eva permanece en segredo ata o día da festa na que aparece ante o público

despois de que os danzantes e Adán a vaian buscar. Cando Eva se atopa co Adán tenta meterlle unha laranxa na boca

e despois achégaa ó seu bico. Os dous xuntos ruben pola Picota arriba coa comitiva detrás ata a igrexa.

Seguidamente ten lugar a procesión onde atopamos os seguintes elementos:

- O ramo de loureiro que leva penduradas varias laranxas, unha rosca e un galo.

- A cruz da parroquia.

- A virxe do rosario.

- O Cristo na cruz.

- Os danzantes

- Adán e Eva.

- Os cregos

- Abraham , Isaac e o anxo.

- A banda e a xente.

A procesión recorre algunhas rúas dáo pobo e volta á Picota . seguidamente ten lugar o auto sacramental do Sacrificio

de Isaac. O Narrador empeza deste xeito :

“ Muy afligido va subiendo por el monte Moria aquel anciano, abrumado con el peso de los años y aún más todavía con

el de alguna grave desventura...”

Rematado este a procesión continúa ata a igrexa . No adro ten lugar a representación da loita do Mouro e o cristián.

Empeza con un diálogo:

Cristián:- Ánimo, soldados míos,

que nadie pierda el aliento,

que vamos a defender

el Divino sacramento.

Mouro : -Al rigor de esta mi espada

tengo que ganar la batalla,

o la muerte será mía,

o la victoria ganada.

Seguidamente empeza a misa.

Pola tarde os danzantes van buscar á Eva a súa casa para acompañala á praza da Picota onde terá lugar o baile.

21

para fomentar a calidade literaria dos estudantes, o Concello de Verín convocou aos centros de ensino da comarca a

participar no “Certama de poesía Xose Carlos Caneiro Pérez”, onde se premiaron algúns dos alumnos do noso centro:

premios poesía e relato

22

Camiño,

Agardando sorrisos no sendeiro,

Observando o brillar de mil estrelas,

Escoitando o ouvear dun can prendido,

Camiño,

Perseguindo un sono esnaquizado,

Unha regra de tres inacabada,

Un mal día no encerado;

Camiño,

Botando pedriñas polo río,

Buscando unha moeda no peto,

Botando de menos ós meus amigos.

Camiño,

Esquecendo os días malogrados,

As vacacións que xa se me acabaron,

E os días de sol non aproveitados.

Camiño,

Polos versos dos poetas máis antigos,

Polos soños, polos bicos,

Polos contos contados ós meniños.

Camiño,

Sempre camiño.

Iván Hervella (2º ESO C)

1º PREMIO POESÍA (1º CICLO ESO)

Amor…

Que é ese sentimento?

Que expresa?, Quen o sinte?

Porque existe?

Porque…

Porque de todo,

porque do medo, porque da existencia,

Sempre porque.

Sempre…

Sempre fala,

sempre rí, sempre incordia,

nunca estuda.

Nunca…

nunca digas nunca,

nunca fales sin saber, nunca te fíes de ninguén,

nunca todo o poderás ver…

Todo…

Todo é todo,

todo é a xente, todo é o mundo,

todo é a fala

Falar…

Falar de que?

falar de política, falar de ríos, falar de montes…

Falar nun mundo… no que ninguén escoita.

Pablo Rodríguez González (2º ESO D)

2º PREMIO POESÍA (1º CICLO ESO)

Había unha vez un conto; un conto que non podía falar, que non podía camiñar, nin tan sequera podía abrirse e cerrarse

el só.

Sen embargo ensináballe a moitos cativos, e non tan cativos, moitas cousas.

El sempre quería que alguén o collese da repisiña daquela vella biblioteca que el tiña por fogar e comezase a lelo.

Durante moito tempo, ensinoulle unha morea de cousas, segredos e misterios a varias xeracións de nenos.

Pero, co paso do tempo, chegou o momento no que quedou esquecido, ninguén recordaba ese libro, nin tan sequera ía

a xente ás bibliotecas; nese tempo a xente prefería estar todo o tempo conectado a unha morea de trebellos inútiles, que

os robotizaban: falaban por eles, pensaban por eles e incluso opinaban por eles.

Pero había un rapaciño, que quizais fose pola falta de diñeiro, non vivía conectado a esas máquinas, senón que lle

gustaba xogar, pasear, debuxar na area… e ler; devecía por ler, era a cousa que máis lle gustaba.

Sempre que podía, collía anacos de papel que atopaba cando ía de paseo e púñase a ler neles.

Un día lendo un panfleto que atopara no chan, descubriu que existía un lugar no que tiña libros e aínda por riba eran

gratuitos, polo que podería lelos cando quixese.

Ao día seguinte camiñou todo decidido cara a biblioteca, pero atopouse cun lugar baleiro, o desinterese da xente

obrigara ó bibliotecario a retirar tódolos libros e a substituílos por máquinas electrónicas.

Cando ía marchar, o rapaciño deuse conta de que aínda quedaba un libro, un pequeño libro desexoso de ser lido. O

rapaz colleuno e levouno para a súa casa, e esa mesma noite comezouno a ler; deuse conta de que non era capaz de

parar aínda que quixese, porque aquel conto era tan fermoso engaiolante coma unha

rosa acabada de abrir co seu inconfundible aroma.

Tamén se decatou de que os libros eran os obxectos máis marabillosos que podían

existir, uns compañeiros fieis, sempre ó carón dun.

Cada vez que este rapaciño, agora home, lía e volvía ler ese conto, sentíase triste;

triste, non polo conto en si, senón porque sentía moita mágoa o que a xente

esquecera, os marabillosos contos e relatos que moitas persoas se esforzasen por

escribir nun pasado, e hoxe servían de alimento para os vermes.

Alfonso Rúa Martínez (2º ESO D) 2º PREMIO RELATO (1º CICLO ESO)

A PREGUNTA

Ninguén foi capaz de responder a miña pregunta. Tan complicada é? Eu non quero sorrisos, tampouco que a xente desvíe a

mirada cando pregunto. Só quero a resposta que nunca recibín, e que a este paso nunca atoparei.

Estou sentado no parque, non teño ganas de xogar. Un balón de fútbol estragado polo tempo, pasa ao meu carón, mais non

teño ningunha intención de moverme. Ao cabo dun anaco aparece un rapaz da miña idade, recolle o balón e bótame unha

ollada curiosa. Cando nota que lle devolvo a mirada, aparta a vista nervioso, e desaparece. Si, desde logo tiña a mesma idade

ca min, seis anos, mais era diferente. El sabía de onde era, eu non.

Todo comezou hai uns días. Xogaba cuns nenos que coñecera hai uns días no parque. Todo ía ben, até que apareceron uns

rapaces algúns anos maiores ca nós. Non sei de onde saíu a manía dos maiores de meterse cos demais, mais desde logo,

espero non ser así ao medrar. Despois de aguantar un pouco as burlas dos rapaces, decidín responder, pero a resposta de un

deles, deixoume confuso. Aínda a lembro perfectamente, podería repetila á perfección unhas cantas veces:

- Ti cala, que nin sequera es de aquí. Volve ao lugar do que vés, e déixame en paz.

Desde entón xa non sei de onde son, nin de onde veño. Como que non son de aquí? Eu nacín nesta vila, e aquí é onde vivín

toda a miña vida. Entón, a que viña a resposta daquel rapaz? Cando llelo preguntei aos meus paios non me dixeron nada. É

que eles tampouco sabían onde estaba o meu lugar? Xa que non me responderon, decidín preguntarllo á xente descoñecida.

Así que desde aquel día, dediqueime a facer a mesma pregunta:

- Vostede sabe onde está oo meu lugar?

Nunca me responderon. Parece ser que ninguén o sabe, ou quizais é que non me queren dicir nada.

Acábome de dar conta de que as nubes taparon o sol, parece que vai chover. Unha señora maior para diante de min, e

pregúntame:

- Non tes frío, rapaz?

- Non, non teño respondínlle, ao que rápido engadín-. Unha pregunta, eu son igual que

ese rapaz de alí? E sinaleille coa cabeza o neno que antes recolleu o balón.

- Claro que si, por que o preguntas?

- Non o sei, a miña pel non é da mesma cor ca del. Quizais por iso un rapaz díxome

que eu non era de aquí. Vostede sabe onde está o meu lugar?

- Pois es igual que ese rapaz, parece mentira que preguntesiso. A señora pareceu

molestarse coa miña pregunta, aínda así, eu non parei de falar.

- Entón, sabe onde está o meu lugar?

- O teu lugar é este. Non lle fagas caso ao outro rapaz, que aos maiores gústanos

moito dicirlles parvadas aos demais.

O sol volveu a saír tras as nubes, e arrincoulle uns destelos prateados ao cabelo da señora coa que estaba a falar. Eu sorrín.

Si, ela tiña razón, non era máis que unha parvada. Como puiden preocuparme tanto por iso? Volvín mirar o céspede no que

xogaban os demais rapaces, e de repente, entráronme ganas de unirme a eles. Como un neno de seis anos máis.

Iria Francisco (4º ESO) 2º PREMIO RELATO (2º CICLO ESO)

no certame de relato curto “Antonio Fernández Pérez” os nosos premiados foron:

23

premios poesía e relato

24

3º PREMIO RELATO (BACHARELATO)

SOÑOS ROTOS

Camiñei con paso rápido e vacilante por aquela rúa deserta, inhóspita, sen afondar nos pensamentos

que me afogaban e apreixaban o peito despois de coñecer unha noticia que xamais desexara oír.

Continuei correndo, sen rumbo fixo e aínda que sabía que non ía cambiar o sucedido nin volver atrás

no tempo, tan só quería afastarme do agobio dunha cidade empozoñada polos problemas e as

preocupacións da xente. Pobreza, inseguridade, enfermidades incurábeis… eu nunca pensei que

algo así puidese golpear a miña familia. Non é xusto.

Recordo aquela mañá de primavera na que acompañamos a miña avoa ao neurólogo, aquel home

alto e robusto que non mostrou nada de delicadeza á hora de comunicarnos a enfermidade que esta

padecía. A palabra perfecta para describilo é rudo, sen sentimentos. Como era posible que non

pensase na dor que unha familia enteira estaba a atravesar? Naquel momento no que os resultados

da resonancia magnética chegaron a nós a través daquel individuo, o mundo caeu coma unha lousa

sobre os nosos corpos danados, feridos, mutilados… é moi difícil plasmar as sensacións e os

pensamentos que intentan cruzar, non só a miña mente, senón tamén a dos meus, naquel momento.

A escuridade tinguía cada recuncho da sala 202, un lugar tan frío que calaba os ósos. Un lugar que

viu seguramente pasar a moitas persoas cos mesmos problemas ante a mirada basta e indiferente do

suxeito da bata branca. Tan só puxeramos a primeira pedra no duro camiño que tiñamos que

percorrer. A enfermidade neurodexenerativa que caeu sobre un membro da miña familia pasaría a

formar parte dela e compartiría os últimos anos de vida da miña avoa. Unha vida que iría arrebatando

pouco a pouco.

Primeiro, fíxolle perder a memoria. Comezou por cousas sinxelas e nun principio intrascendentes ata

facerse co control pleno das súas facultades, aniquilou todas as lembranzas que a facían sorrir.

Tamén acompañou os seus movementos, cada vez menos concretos e impediulle falar e comunicarse

cos seus seres queridos coa destreza coa que nos tiña acostumados. Rouboulle non só o vocabulario

e as aptitudes, senón tamén a vellez. O que peor levamos a miña familia e eu non é isto, xa que non

deixa de ser algo máis ou menos normal nunha persoa da súa idade, que pouco a pouco vai

apagando a súa chama. O que verdadeiramente nos flaxela e nos fai dano é o que esta terrible

enfermidade lle arrebata sen que poidamos facer nada. Nós.

Dun tempo aquí xa non sabe quen somos, non coñece os seus propios fillos nin os seus netos,

sobriños… para ela son descoñecidos que a perturban e molestan na residencia na que pasa os seus

últimos anos. Xente común que decide ir visitala no lugar no que a deixamos cando xa non era ela,

senón un reflexo do que sucedía no seu interior. Eramos incapaces de coidala as vinte e catro horas

do día. Sempre tiña que estar alguén de nós con ela para que comera, tomara os medicamentos, non

acendera o lume ou non fuxira… Era realmente insoportable e canso levar ese ritmo de vida onde

non tiñas tempo para ti mesmo. Deunos pena deixala alí, pero tamén sabiamos que era a única forma

de que mellorara a vida de todos. Non ía ser a solución á enfermidade, xa que non existe cura

ningunha que a poida facer fuxir do corpo das persoas. Sabiamos que ía estar presente ata a fin,

coma una marca indeleble na súa vida, pero eramos conscientes tamén de que na nosa man estaba

facer feliz a miña avoa nos derradeiros momentos, aínda que tiveramos que loitar contra ela mesma.

Había ocasións nas que, ao non saber quen eramos, adoptaba unha actitude violenta e desafogaba

os seus profundos medos e temores en nós. Naqueles momentos non sabiamos que facer, quedar

ata que se tranquilizara, marchar e volver ao día seguinte… era unha situación desagradable e

incómoda, pero non podiamos facer nada. A impotencia que sentiamos nubraba a nosa mente, cubría

de néboa as nosas reflexións e tan só nos quedaba pensar en todas as persoas que vivían situacións

parecidas, de desamparo, tristura, amargura. Eles e só eles, que o sufrían nas súas propias carnes

podían entender como se vive cando unha persoa á que queres vai perdendo o que é propio de cada

ser humano: recordos, emocións, sentimentos, vivencias, ideas. Todo iso pertence ao mundo

individual de cada un, algo que tería que permanecer inviolable durante a existencia dos seres

humanos, xa que é o que vai configurando quen somos e por que.

Aínda nos quedan anos por percorrer, loitando para recuperar a aquela persoa alegre, que non só

nos facía rir, senón que nos incorporaba diariamente á súa mente e nos permitía viaxar a través dela

compartindo momentos de verdadeira felicidade.

“Non te preocupes avoa, a fin de semana vimos outra vez, todos.” Silencio.

Pasos que se escoitan no chan enmoquetado. Unha porta que se abre.

Volvemos mirar atrás e somos agasallados co mellor e máis fermoso dos

regalos: un sorriso cómplice dunha persoa que, a pesar da enfermidade,

continúa obsequiándonos con eses momentos de doce felicidade. A

mesma porta que se pecha. Non sabemos canto nos queda por camiñar,

nin todo o que pouco a pouco a enfermidade lle irá roubando á miña avoa,

pero estamos completamente convencidos de que non permitiremos que

aquela doenza chamada alzheimer lle arrebate o seu fermoso e cálido

sorriso.

Lara Salgado Santos (1º Bacharelato)

CONCURSO DE POEMAS DA AXENDA 21

PARABÉNS MARLENE!

A Axenda 21 escolar é un programa pensado para facilitar a

implicación dos centros educativos na educación para a

sostibilidade, coa finalidade de imaxinar e de construír un mundo

mellor e máis sostible, comezando pola intervención no noso

contorno máis inmediato.

Realizouse o I Concurso de Mascotas, lemas e poemas co

obxectivo de dotar dunha mascota identificativa, un lema e un

poema ao Programa Axenda 21 escolar de Galicia. Neste

concurso MARLENE GARCÍA DE JESÚS de 1ºESO B gañou o 3º

premio ( marco de fotos dixital) co seguinte poema titulado “AS

ÁRBORES”:

AS ÁRBORES

Cando penses nuha árbore

recorda isto sempre ben

aínda que ti non o vexas

cada día queiman cen.

Todos xuntos imos lograr

que as árbores non se queimen

se contribúes imos gañar

e xa verás como renden.

A clase de primeiro B

vai vencer e

o IES Chivite

vaillo agradecer.

Marlene García de Jesús (1º ESO B)

axenda 21

25

26

DEGUSTACIÓN E EXPOSICIÓN DE EMPANADAS E EMPANADILLAS

As primeiras referencias que temos da empanada datan de séculos antes de Cristo na antiga Persia,

pero xa no século XII era un prato típico na gastronomía galega como nolo mostra o ilustre mestre

Mateo nas esculturas do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Tamén no Pazo

de Xelmírez podemos contemplar aos peregrinos degustando este delicioso manxar.

Loxicamente nos seus comezos non contaba coa variedade de hoxe, pois houbo unha evolución

tanto na masa coma no recheo e varía tamén segundo o lugar sexa costeiro ou terra adentro.

EMPANADA DE CHOCOS

Ingredientes:

1kg. de chocos

2 cebolas

½ pemento vermello

½ pemento verde

Aceite de oliva

Sal

Elaboración:

A coordinadora: Concha Fernández Álvarez

1-Nunha mesa limpa pomos ½ kg. de fariña en forma de volcán.

2-No centro do volcán metemos un ovo batido e ½ vaso de aceite de oliva.

3-Botamos o lévedo diluído en ½ vaso de auga morna con sal.

4-Mesturase todo ata conseguir unha masa.

5-Deixamos repousar a masa, tapándoa cun pano.

6-Límpanse os chocos e gárdase a tinta.

7-Picamos os chocos en cadrados.

8-Bótanse na tixola a cebola e os pementos picados. Deixámolo a fogo lento e cando a cebola

estea transparente bótanse os chocos e un chisco de sal.

9-Deixámolos 10 min. , engadimos a tinta, remexemos e despois dun min. apagamos.

10- Collemos a masa estirámola e dividímola en dúas partes.

11- Estiramos unha parte da masa e botamos os chocos.

12- Estiramos a outra parte de masa e tapamos.

13- Facemos unha trenza arredor para que non saia o recheo.

14- Métese ¾ de hora no forno ata que quede dourada.

Colaboradores:

Manuel Baladrón

Paula Castro

M·Teresa González

Víctor Rodríguez

Alejandro Portomeñe González 2º ESO D

2º PREMIO

Iván Hervella Tuñas 2º ESO C

1º PREMIO

Paula Pardo Pardo 2º ESO C

2º PREMIO

Adrián Rodríguez García 2º ESO D

3º PREMIO

EMPANADILLAS DE MAZÁ

Ingredientes:

Elaboración:

Unha bandexa de

masa de follado

3 mazás reineta

Azucre

1.- Póñense a cocer as mazás cun pouco de auga e azucre para facer

unha compota.

2.- Cando está feita a compota deixamos que arrefríe.

3.- Cortamos a masa e enchémola coa compota

4.- Finalmente frítense.

EMPANADILLAS DE CHAMPIÑÓNS CON GAMBAS E VIEIRAS

Ingredientes:

Elaboración:

250 g de fariña

12 g de lévedo

125 g de auga quente

Cebola

Champiñóns

Gambas e vieiras

Xamón

Pemento en po

1º.- Facer a masa. Xuntamos a fariña co lévedo, facemos un oco no medio e ímoslle botando a

auga quente.Amasamos ben e esperamos a que levede.

2º.- Poñemos unha tixola no lume e fritimos a cebola lentamente.

3º.- Cando estea pasada a cebola engadimos os champiñóns, as gambas e as vieiras, por

último o xamón e todo cortado miúdo.

4º.-Ao cabo de dez minutos engadímoslle o pemento en po e comprobamos o sal.

5º.- Estiramos a masa que estará xa levedada, cortámola e colocamos no medio unha

cullerada do preparado, cerrámola e fritímola en abundante aceite.

EMPANADA DE CARNE DE VITELA

Ingredientes:

Para a masa:

Para o recheo:

½ kg. de fariña de trigo

½ kg. de carne de vitela

50 g . de lévedo

Un chourizo

2 culleriñas de sal

2 pementos verdes

Un vaso de auga morna

2 cebolas

3 culleradas de aceite de oliva Un ovo cocido

Elaboración:

Desfacer o lévedo en auga morna con sal. Colocar a fariña en forma de volcán e facer un oco no medio para

botar a auga e ir amasando collendo pouco a pouco a fariña dos lados. Botar as tres culleradas de aceite e

amasar ben.

Deixar repousar a masa durante unha hora tapada cun pano en lugar tépedo.

Dividir a masa en dúas metades e estirala cun rolo. Colocar na primeira metade o recheo previamente

rustrido. Tapar coa outra metade de masa e meter no forno a 200º C durante 40 minutos.

27

clube de lectura

28

este curso uns cantos invasores entraron na

biblioteca, dun xeito diferente nos animaron a ler, a

admirar a imaxinación dos compañeiros e a crear

novos protagonistas das nosas historias...

...planetas, maruxiñas,vacas, bonecas,dragóns...

...tamén nos visitou a bolboreta doreta, coa súa historia de xardín...

29

30

...aproveitouse San Valentín para encher o centro de corazóns...

...e a árbore vermella subía polas

escaleiras cara a biblioteca para

contarnos unha historia de moitas

maneiras...

31

III ENCONTRO LUSO-GALAICO

Tras uns meses intercambiando cartas cos portugueses, o día 22 de abril os alumnos de 4ºESO

fomos a Chaves, á escola Fernão Magalhães, a coñecer en persoa os alumnos portugueses cos que

nos carteamos.

Ao chegar á escola, dirixímonos ao salón de actos. Alí xa estaban esperándonos algúns alumnos

lusos, outros viñeron despois e algúns incluso bastante tarde. En primeiro lugar fixeron unha

presentación sobre a escola e intercambiaronse uns agasallos. Cómpre sinalar que os alumnos

portugueses fixeron bastante barullo durante esta recepción. A continuación, presentáronnos o

itinerario do encontro, que consistía no seguinte: en grupos de 8 persoas (4 portugueses e os seus

correspondentes españois) tiñamos que realizar unha serie de actividades de todo tipo.

1. BOLLEYBALL: no que debiamos conseguir dez toques seguidos sen que o balón caese ó

chan.( En canto menos tempo se fixera mellor)

2. BALONCESTO: escóllese un portugués e un español do equipo para facer un circuíto, e ó

acabar estes todos os compoñentes do equipo tiñan que tirar dous tiros libres.

3. FÚTBOL: tamén hai que seleccionar outros dous representantes para facer o circuíto e

despois todos os membros do equipo tiñan que tirar á porta e íanse sumando puntos(na escuadra 5,

no medio 3: e nos laterais abaixo 2).

4. TRIVIAL: consistía en pórnos imaxes de personaxes famosos portugueses e españois e

había que adiviñar quen eran, tamén adiviñanzas en galego e portugués, un encrucillado e ó final

encher os ocos baleiros dunha canción en portugués e outra en español.

5. VISITA Á BIBLIOTECA DE CHAVES: na que había unha exposición dun pintor portugués moi

coñecido.

6. RASTREO: no que por grupos tiñamos que marcar un papel cuns trades que se atopaban por

distintos puntos da cidade. O primeiro atopábase no río e tivemos que montar nunha canoa para

marcalo. Os seguintes puntos atopábanse polo paseo do río e en dirección ó colexio.

Á fin destas actividades fomos comer á cantina do instituto. A comida non triunfou moito entre certos

españois.

Despis de rematar de comer despedímonos dos nosos compañeiros coa esperanza de volver velos

en Verín.

encontros

32

Seguímonos carteando con eles ata que viñeron o día 20 de maio ó noso centro. Cando chegaron o centro Conchita foi

dicindo o noso nome e o do noso portugués e sentámonos xuntos por orde de lista. Fixeron unha pequena presentación

de Verín, os lugares máis emblemáticos e falaron do entroido de Verín, tamén unha presentación do noso centro e das

actividades que realizamos nel.

Os alumnos de 4ºESO deron un recital de música cos xilófonos, e Adrián Martínez Abel (4º ESO C) e Daniel Fernández

Alves (4º ESO B) tocaron cinco cancións coas guitarras e con voz e en dúas delas acompañáronos alumnos de 1º

BACHARELATO con frautas e na outra cantaron con eles dúas alumnas Rocío e Nerea facéndolles os coros. Andrea

Fuentes (4º ESO A) tocou dúas pezas ó piano.

Ó acabar a actuación formáronse grupos de seis persoas (tres españois e tres portugueses) e saímos cada dous

minutos un grupo a facer un rastreo por Verín e tiñamos que marcar en cada punto sinalado no mapa a resposta correcta

á pregunta que se nos facía. O que tivera todas as respostas correctas levaría un premio, pero ó final todos levamos un

premio; unha camiseta do centro, un bolígrafo e un pin de Verín.

Á unha tivemos unha pequena comida na que o que máis triunfou foi o xamón e a coca-cola.

Despois dun descanso e da comida os alumnos portugueses despedíronse e marcharon coller o seu autobús para volver

ó seu centro.

Durante ambas as viaxes os profesores non paraban de sacar fotos coa cámara.

33

34

CURSO DE HIPOTERAPIA ESCOLAR

Departamento de orientación

Queremos contarvos cal é a finalidade que pretendemos, como nos organizamos e en que consiste o curso de

hipoterapia que se iniciou o día 4 de maio e no que participan inicialmente seis alumnos do noso centro acompañados

polos mestres de apoio (Sofía, Carmen, Antonio), o coidador (Emilio) e a orientadora (Mercedes). O curso está

organizado polo Club Hípico Monterrei, ten lugar no Centro Ecuestre Cigarrón e pretendemos desenvolvelo ao longo

desta primavera e prolongalo previsiblemente durante o outono.

Que pretendemos?

Traballar dun xeito sistemático e continuado no centro ecuestre para o beneficio do desenvolvemento global dos

alumnos que inicialmente participan nesta actividade.

Como obxectivos específicos, pretendemos:

- Desenvolver hábitos de autonomía cara o coidado dos animais

- Traballar a comunicación e a intención comunicativa

- Desenvolver a capacidade de imitación

- Fomentar o respecto e coidado cara os demais

- Favorecer as relacións sociais

- Mellorar a capacidade de atención mediante a diminución da ansiedade e a tensión e o aumento da relaxación

dos alumnos.

- Mellorar nos aspectos relacionados coa motricidade fina e grosa

- Aumentar o nivel de coordinación e equilibrio

Como decidimos organizarnos?

Saímos do centro de ensino ás 9:45 e desplazámonos ata o centro ecuestre camiñando e do mesmo xeito volvemos

sobre as 12:00 H. Contamos coa colaboración dunha nai (Josefa) para facer ocasionalmente o percorrido de ida en

coche con dous alumnos aos que se lles anticiparán actividades máis individualizadas, mentres o resto dos alumnos fará

o percorrido a pé, sempre e cando o tempo nolo permita.

A experiencia do primeiro día!!

O primeiro día foi unha toma de contacto: presentámonos todos os participantes ao equipo de monitores (David e

Miguel), coñecemos a “Príncipe”, o noso principal “terapeuta”. Percorremos as instalacións do centro e presentáronnos

ao resto da corte, un total de 21 cabalos. Pero non foron os únicos animais que coñecemos, tamén a “lúa“ unha cadeliña,

a dous gatiños xoguetóns, e a “troi“ un pastor alemán. Ao principio da actividades estabamos un pouco retraídos,

desconfiados e incluso tiñamos algo de medo ao acercarnos aos cabalos, pero pouco a pouco fomos coñecendo, como

hai que acariñarlos , como observalos para saber se lle gustan ou non os aloumiños que lles damos, como darlles de

comer nas nosas mans, como cepillalos, como se chamas as distintas partes do seu corpo e mesmo houbo valentes

xinetes que se atreveron a montar a “Príncipe”.

Por suposto, despois de tantas emocións en tan pouco tempo, repuxemos forzas e papámonos un bó bocata, non sen

antes lavar ben as mans. E para rematar relaxámonos un pouco botando unha partidiña ao “pimpón”, que por certo,

temos que practicar un tanto.

E entre unha cousa e outra pasóusenos o tempo nun pis pás, despedímonos de David e Miguel ata o próximo luns e

regresamos camiñando para o Insti, claro, esta vez máis paseniño…

En fin, esperamos que no próximo número desta revista vos poidamos contar a historia completa desta pequena

aventura que, coidamos, vainos gustar moito.

hipoterapia

Actividades con asistencia animal. Un pouco de historia.

Antigas civilizacións, entre elas exipcios e gregos, atribuían ós animais a capacidade de curar

diferentes doenzas. Hipócrates, médico grego (460-377 a.C.) consideraba que a actividade con

cabalos era “moi relaxante” para os seus pacientes.

No S. XVII institucións mentais de Europa incorporaban o gato porque tranquilizaba aos

pacientes internados. Tamén asumiuse a compañía de animais nas escolas e garderías de

Estados Unidos e Europa polos seus beneficios.

Sigmund Freud, médico e psiquiatra austriaco, (1850-1937) realizaba as súas consultas

acompañado polo seu can porque lle facilitaba a comunicación co paciente.

Boris Levinson, médico e psiquiatra estadounidense, baseado nas súas experiencias, remarcou

a importancia do uso de animais na psicoterapia de nenos e avaliou os seus efectos positivos

na recuperación e/ou mantemento da saúde e plantexou as bases da Terapia Asistida ou

facilitada por Animais (A.A.T). En 1962, publicou o seu primeiro traballo sobre o tema: “El perro

como Co-terapeuta”.

A partir dese momento a terapia asistida con animais comezou a utilizarse en Estados Unidos,

Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia e Canadá, países que investigaron os beneficios físicos,

psicolóxicos e sociais do vínculo human-animal, e a súa influenza positiva no tratamento de

múltiples patoloxías físicas e/ou mentais.

En xeral, a compañía dun animal mellora a calidade de vida do home, aumenta a lonxevidade

e preserva o equilibrio físico e mental. Facilita a recreación, reduce a tensión, e diminúe o

índice de depresión.

O animal de compañía é importante para o desenvolvemento emocional saudable do neno nas

distintas etapas do seu crecemento. Facilita a adquisición de confianza e autoestima, o sentido

de responsabilidade e competencia, xenera sentimentos de empatía cara os demais e fomenta

a autonomía.

Respecto ás orixénes da TACA (Terapia Asistida Con Animais) é preciso destacar o labor que realizou o

psiquiatra Boris M. Levinson, en 1953, grazas a un golpe do destino. O seu can Jingles, que sempre

estaba con él máis nunca con pacientes, un día escapouse e foi a porta a recibir a un paciente que

Levenson estaba esperando. Tratábase dun neno que ía acompañado da súa nai ao que tiña que

diagnosticar. O rapaz pasara un longo proceso terapéutico sen lograr ningún éxito, amosando síntomas de

retraimento crecente. Sen embargo, ise día pasou algo sorprendente, o neno e o can conectaron e

interactuaron de tal xeito que Jingles, sesións máis tarde, exercería de coterapeuta no tratamento do

neno.

35

hipoterapia

36

í

Que son as terapias ecuestres? Cales son as finalidades principais? Cales son os principais tipos de terapias? Que é a

hipoterapia?

As terapias ecuestres son todas aquelas actividades que se realizan co cabalo ( xa sexa montado ou pé a terra), coa

finalidade de rehabilitar, reeducar, normalizar, integrar e socializar ás persoas con algún tipo de discapacidade física,

psíquica, sensorial ou con algún problema social ou de comportamento.

Cando falamos de terapias ecuestres podemos distinguir facilmente tres tipos:

-Hipoterapia: é unha actividade fisioterapéutica e psicomotriz orientada á rehabilitación onde o xinete non ten ningún

control sobre o cabalo.

-Equitación terapéutica: tratamiento psicosocial- emocional orientada a discapacitados ou inadaptados sociais onde o

xinete exerce o control total ou parcial sobre o animal.

-Equitación adaptada: práctica deportiva para rehabilitar e integrar socialmente á persoa.

Todo isto ten que estar apoiado no traballo coordinado e cualificado de diferentes especialistas , e a súa vez estar

supervisado por un técnico deportivo en equitación.

O termo hipoterapia deriva do grego “hippos”que significa cabalo e de “teraphus”que se traduce como terapia ou

tratamento. Os beneficios do cabalo e o seu entorno, como xa dixemos anteriormente, foron xa recoñecidos en Grecia

nos anos 460 a.C. cando Hipócrates aconsellaba a práctica da equitación para mellorar o estado anímico das persoas

con enfermidades incurables.

No século XVII, algúns médicos recomendaban montar a cabalo diariamente para combatir a enfemidade da gota.

Esta terapia ten beneficios tanto a nivel físico como mental. No primeiro deles , os movementos do animal provocan á

súa vez oscilacións no xinete a nivel muscular e óseo, ademáis de activar o aparato dixestivo e urinario. Por outra parte,

a transmisión de calor, debido a que o cabalo poúe unha temperatura máis elevada que o xinete lévanos cara á

relaxación. Só a presenza do animal axúdanos a captar a atención e estimula diferentes canles sensoriais (tacto, olfacto,

oído), o que vai fomentar positivamente a concentración e no aspecto psicoeducativo, xa que a actividade está

relacionada co ocio e a diversión. A terapia ó aire libre, en contacto coa natureza é motivadora de cara a aprendizaxe

dos obxectivos.

Os principais efectos que imos percibir no xinete son a mellora no equilibrio e a movilidade, favorece a comunicación, a

estimulación da linguaxe e a socialización. Corrixe problemas de conduta, favorece a circulación sanguínea, estimula a

memoria a través da atención e desenvolve o respecto o cariño cara os animais.

O cabalo é un animal afectivo, son sinceros e entregados, non fan distincións entre as persoas o que propicia que

calquera individuo se sinta querido incondicionalmente á hora de traballar con eles.

Ademais dos cabalos, existen outros animais que poden utilizarse como tratamento terapéutico, como poden ser: os

cans, gatos, golfiños, paxaros, peixes e tartarugas. En concreto, os cabalos han de ser dóciles, de idades medias, tendo

en conta o seu carácter, sendo a raza un factor poco importante cara a súa elección.

37

debuxo

38

O guernica

O guernica é un cadro de óleo sobre tea de grandes

dimensions(3,51 x 7,82) pintado por Picasso en 1877 e

pertenece a época do cubismo.

A composición está distribuída a maneira dun tríptico.

De dereita a esquerda aparece unha muller que berra

cos seus brazos implorantes cara o ceo e unha muller

portadora dunha lámpada que aparece de maneira

surrealita como un vento que sae dunha ventá

deixando pegados alí os seus peitos e baixo ela outra

muller avanza con actitude de arrastrarse.

.No centro o cabalo e baixo el o guerreiro caído que

ocupa máis da metade do cadro.

Finalmente un touro envolvendo a muller que

desagradablemente berra co seu fillo morto entre

brazos.

Picasso fai de cada figura un símbolo, e algúns dos

símbolos ofrecen un significado directo:

•As mulleres e o neno representan as víctimas da

guerra, o guerreiro representa aos soldados mortos,

amuller coa lámpada simboliza a esperanza, o touro

como alegoría da morte e o cabalo unha imaxe heroica

do pobo español.

Durante parte deste curso estivemos traballando sobre este cadro. Primeiro debuxamos unha parte do cadro no block e

pintámolo, logo fixemos un pequeño traballo sobre Picasso e o Guernica.

Por turnos, no ordenador, recalcamos o debuxo e o profe despois imprimiuno a escala 1:10.

Agora estámolo representando a escala 1:1 en papel para empregar de plantilla e pasalo a cartón con diferentes

texturas.

Leticia Álvarez Fernández 4°A

iguales

iguais

Os alumnos de 4°A instalaron un stand cos seus

traballos na feira do San Lázaro.

Alí expuxeron imaxes, debuxos e textos nos que

se falaba sobre a igualdade de xénero.

Foi unha moi boa experiencia de traballo en grupo.

a reproducción do corpo masculino e feminio axuda

a tomar conciencia do corpo, a establecer

proporcións e sombras, a modular, a dominar a

técnica de carboncillo. É de destacar o traballo de

Jorge López Dobarrio, de 2º de ESO, que de modo

voluntario veu nos recreos a debuxar esta estatua,

cun nivel tan bo coma os de 4 º .

39

círculo de ramas, premio coag de arquitecturas efémeras

´Logo de dous anos trraballando conceptos de Land Art e practicando no patio do centro decidin presentar este traballo á

decimoterceira convocatoria dos premios coag do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Fomos premiados na categoría de arquitecturas efémeras. Contei todas as experiencias desenvolvidas neste espazo, un

espazo de conexión coa natureza, de observación, de aprendizaxe. aprendimos a movernos, plantar, cavar, estercar,

traballar en grupo, sementar,...

non sempre o que plantamos medra, e moitas especies medran de xeito espontáneo, O tempo sigue marcando os ritmos

no círculo, mellor ou peor coidado según a temporada.

Destacan dous arces, que medran dende o ano pasado, saidos das sementes das árbores do patio.

Algúns alumnos preguntan cál é o significado deste círculo, tan innecesario como positivo para mellorar a convivencia en

comunidade, cando sachamos e estendemos o esterco os rapaces protestaban polo traballo e o cheiro, e poderíamos

pensar por qué estamos tan lonxe da terra, do esforzo, das tarefas comunitarias da tradición rural, tan próximas no

tempo e no espazo e xa tan lonxanas ó noso xeito de vida...

40

instalamos un

pequeno círculo de ramas

na entrada do instituto, no que

fumos colgando as actividades

realizadas durante o

este círculo está sempre aberto aás propostas de todo o mundo e espera seguir contando coa vosa participación

curso: visitas,

exposicións, e a SEMANA

DA PAISAXE, onde fixemos un

t r a b a l l o c o n x u n t o d e

cooperativismo, no que

participaron 1° e

4°de ESO en diferentes

actividades no centro, no bosque,

na praza de García Barbón e

nunha viaxe a Vigo.

proxecto interdisciplinar

41

lembranza

42

Querida Alba,

compañeira e amiga:

Agora que o curso está a punto de rematar, sinto a necesidade de

recordarte porque é unha forma de agradecerche os momentos especiais

que pasamos xuntas e que saibas que sempre estarás presente nos nosos

pensamentos.

Deixáchesnos sen darnos tempo a unha despedida, non puideches dicir

nada, a túa marcha foi tan rápida como a velocidade que te levou. Tiveches

unha vida moi curta pero suficiente para demostrar unha grande calidade

como filla, irmá , compañeira e amiga.

Todos quedamos con moita tristeza porque a morte é fría, egoísta e cruel,

por iso te levou, pero o que non pode arrebatarnos é o recordo do teu

sorriso, da túa dozura eses quedarán gravados para sempre na nosa

memoria.

O día que nos deixaches, non podía crelo , non podía ser verdade, era

demasiado forte, seguro que se confundiron e non é ela... pensaba; de

súpeto, veume á imaxinación un de tantos ditos que teñen as persoas

maiores:” as malas noticias sempre son certas”, e así foi, como de costume

tamén niso teñen razón.

Máis tarde xuntámonos todos os teus compañeiros e amigos, que son

moitos , xa o sabes, e a anguria , a impotencia, a incredulidade eran

sentimentos compartidos.

Foi entón cando entendín o auténtico significado da canción :

“Algo se muere en el alma

Cuando un amigo se va

Y va dejando una huella

Que no se puede borrar.

Ese vacío que deja

El amigo que se va

Es como un pozo sin fondo

Que no se vuelve a llenar”

Onte riamos xuntas, hoxe choramos soas, sabemos que ten que pasar

moito tempo para acostumarnos á túa ausencia, alí onde esteas recorda

que sempre te levaremos no corazón.

Bicos

Alba, nome feminino de orixe latina, cos significados de “branca e luminosa

coma a aurora”, “aquela que naceu coa primeira luz da alba”, “flor do

mencer”, ”lucente coma a aurora”, ”de pel branca”.

O día 28 de maio, no salón de actos do noso Instituto os alumnos de 2º de Bacharelato celebraron a

súa despedida.

Foi unha xornada moi especial pois a maioría estiveron seis anos connosco (algúns menos e outros

máis) e iso provoca que as vivencias sexan moitas tanto positivas como negativas.

O acto foi moi familiar pero non faltou a entrega de orlas, un vídeo realizado por Nuria con fotos do

alumnado dende a etapa infantil ata a actualidade, discursos por parte de profesores e alumnos, uns

divertidos, outros irónicos, pero todos, cheos de bos desexos , entre eles cabe destacar o de Joaquín

que talvez pola súa carga de emotividade tocounos aos presentes a fibra máis sensible e por iso

queremos compartilo con vós.

Moita sorte para todos na nova etapa que agora comezan.

Hola!

La experiencia de ser un emigrante es mucho más dura de lo que parece, pero gracias a Dios o al

destino, me encontré con vosotros alumnos compañeros míos y profesores; que no sólo habéis

44

conseguido que me integrara sino también que me sintiera como uno más.

fin deestudos

Por eso, con esta nota quiero mostrar mi agradecimiento a todos vosotros. A los profesores que en los

tres años académicos que he cursado aquí me han impartido clases, no sólo con profesionalidad sino

también con afecto como grandes personas que sois.

Con el perdón de los demás profesores quiero mostrar un especial agradecimiento a la profesora Nuria, a

Bernardo y a César, que aunque yo no supe estar a la altura de las exigencias de sus asignaturas son

con los que en realidad me sentía como en mi casa, o sea muy a gusto.

También os debo mi más sincero agradecimiento a vosotros, compañeros, que conmigo estuvisteis desde

cuarto de ESO hasta hoy y que me fuisteis integrando entre vosotros a pesar de mi carácter un poquito

introvertido y poco expresivo. “Un agradecimiento especial a Mónica”.

Ahora mismo me gustaría llorar para liberar las emociones que llevo dentro de mi, pero nunca he sabido

llorar, mis expresiones emocionales se limitan en una tímida sonrisa o en una carcajada espontánea y en

caso contrario en justificación o rabia.

Bueno que sepáis que nunca os olvidaré compañeros y que siempre permanecerán en mi vuestros

recuerdos, como los chistes espontáneos, las acampadas de verano o las burlas a Luis.

Gracias por ser como sois.

Muchas gracias

Joaquín Mbomio Mzang

mellorando...

OS PAXAROS

Un disparo,voa

coma un paxaro

sen casa nin amparo.

Os paxaros voan

sen descanso,e

as veces con

fracasos.

Os paxaros sofren

fracasos, alguhas das

veces como os humanos

sen pernas nin brazos.

Os paxaros ,son

como os irmans

que fan as cousas

coa cabeza e

non coas mans.

Os paxaros, son

iguais, como os osos

que andan coxos

polo medio dos

toxos.

IVÁN GARCÍA SAMAMEDE 1º ESO B

este poema é o que para min ten mais mérito de todo o que aqui aparece, porque significa un cambio fundamental

na actitude de Ivan, un alumno a que todos os que demos clase lembraremos as veces que lle tivemos que

chamar a atención, botar de clase, amonestar,...Dende hai uns meses Ivan traballa, atende, e fai un monton de

traballos voluntarios, ven visitarme no recreo e sigue traballando, di que non se quere meter en líos...

...e todos estamos moi contentos coa súa actitude, faltalle moito por facer, pero vai por bo camiño.

É un exemplo de que todos podemos mellorar, e sentirnos mellor se o facemos, e facer sentir mellor ós demais.

...de víctor

45

pasatempos

46

Symbols of the United Kingdom

Colour and join:

ENGLAND

SCOTLAND

IRELAND

WALES

England: St. George, 23rd April, rose, white

Scotland: St. Andrew, 30th November, thistle, blue

Wales: St. David, 1st March,leek and daffodil, red

Ireland: St. Patrick, 17thMarch, shamrock, green

COLOUR

Union Jack

(United Kingdom flag)

FLAG

St. Andrew’s Cross

St. Patrick’s Cross

Dragon of Cadwallader

St. George’s Cross

NATIONAL

FLOWER/ PLANT

Rose

Thistle

Leek and daffodil

Shamrock

TEST:

Which is the patron Saint of England?

(a) St. Patrick

(b) St. George

(c) St. Andrew

Which is the national flower/plant of Ireland?

(a) shamrock

(b) thistle

(c) rose

When is St Patrick’s Day?

(a) 23 rd April

(b) 1 st March

(c) 17 th March

When is St George’s Day?

(a) 23 rd April

(b) 1 st March

(c) 30 th November

Which is the colour of Wales?

(a) red

(b) green

(c) blue

Which is the national flower/plant of Scotland?

(a) rose

(b) thistle

(c) daffodil

Which flags/crosses make up the Union Jack?

(a) Lion rampant, St Patrick’s Cross, St. Andrew’s Cross

(b) Dragon of Cadwallader, St. George’s Cross, Lion Rampant

(c) St. George’s Cross, St. Andrew’ Cross, St. Patrick’s Cross

Which is the national flower/plant of Wales?

(a) shamrock

(b) rose

(c) leek/daffodil

When is St Andrew’s Day?

(a) 23 rd April

(b) 30 th November

(c) 17 th March

Which is the colour of England?

(a) red

(b) blue

(c) white

Which is the colour of Scotland?

(a) white

(b) green

(c) blue

47

48

Answers:

Which is the patron Saint of England?

(a) St Patrick

(b) St George

(c) St Andrew

Which is the national flower /plant of Ireland ?

(a) shamrock

(b) thistle

(c) rose

When is St Patrick’s Day?

Which flags/crosses make up t

(a) Lion rampant, St Patrick ’s Cross,

(b) Dragon of Cadwall ader, St George

(c) St George’s Cross, St A ndrew’

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!