15.04.2013 Views

Sacramentos - Unidade Pastoral dos Santos

Sacramentos - Unidade Pastoral dos Santos

Sacramentos - Unidade Pastoral dos Santos

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

RITUAIS

I. SACRAMENTOS

DA INICIACIÓN CRISTIÁ

1. CATECUMENADO

E INICIACIÓN SACRAMENTAL

DE ADULTOS

743 PARA FACER CATECÚMENOS

PRIMEIRA Xén 12, 1-4a

Vaite da túa terra á terra que eu che mostrarei

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

Naqueles días, o Señor díxolle a Abram:

-Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan,

á terra que eu che mostrarei.

2Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un

nome sonado, que será exemplo de bendición.

3Bendicirei a quen te bendiga, maldicirei a quen te maldiga.

Os pobos todos da terra chamaranse benditos no teu nome.

4Abram púxose en camiño, conforme lle dixera o Señor.

SALMO RESPONSORIAL Sal 32, 4-5. 12-13. 18-19. 20 e 22

R/ (12b): Feliz o pobo que o Señor elixiu como herdade

Ou (22): Veña a nós, Señor, a túa misericordia,

como de ti o esperamos

4A palabra do Señor é recta

e tódalas súas obras son leais:

5El quere o dereito e a xustiza,

a súa misericordia enche a terra.

12Feliz a nación que ten a Deus por Señor,

o pobo que El elixiu como herdade.

13Desde o ceo mira o Señor,

olla para tódolos homes

18Os ollos do Señor miran polos seus fieis,

polos que esperan na súa misericordia,

19para libra-la súa vida da morte,

para os manter no tempo da miseria.

20Nós agardámo-lo Señor:

El é o noso socorro, o noso escudo.

22Veña a nós, Señor, a túa misericordia,

como de ti o esperamos.

ALELUIA E VERSO ANTES DO EVANXEO Xn 1, 41 e 17b

(R/ Aleluia). V/ Encontrámo-lo Mesías, que quere dicir Cristo;

a gracia e a verdade realizáronse por El.

EVANXEO Xn 1, 35-42

Velaquí o Año de Deus. Encontrámo-lo Mesías

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, estaba Xoán con dous dos seus discípulos

36e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo:

-Velaquí o Año de Deus.

37Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse

detrás de Xesús. 38Volveuse Xesús e, vendo que eles o

seguían, preguntoulles:

-¿Que buscades?

Eles respondéronlle:

-''Rabbí'' (que quere dicir ''mestre''), ¿onde paras?

39El díxolles:

-Vide e veredes.

E eles foron e viron onde paraba e quedaron con el aquel

día. Era contra as catro da tarde.

40Un dos dous que escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era

Andrés, o irmán de Simón Pedro. 41Vai e ó primeiro que atopa é

a Simón, o seu propio irmán, e dille:

-Encontrámo-lo Mesías (que quere dicir Cristo).

42E levouno onda Xesús. O velo, díxolle Xesús:

-Tí es Simón, o fillo de Xoán. Ti haste chamar Kefas (que

quere dicir Pedro).

744

NO DIA DA ELECCIÓN OU INSCRIPCIÓN DO NOME

Se a elección se fai no domingo I da Coresma, pódense toma-las lecturas de

calquera das series deste domingo.

Se se fai fora deste domingo e as lecturas do día non son apropiadas, escóllense

igualmente entre as que corresponden ó domingo I da Coresma (nn. 22-24), ou

tamén outras que sexan aptas.

((TEXTOS DO DOMINGO I DA CORESMA:

22 Ciclo A

PRIMEIRA Xén 2, 7-9; 3, 1-7

Creación e pecado dos primeiros pais

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

O Señor Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e

tornouse o home persoa viva.

8O Señor Deus plantou un xardín en Edén, cara a oriente, puxo nel ó home que formara.

9Fixo xermolar da terra árbores fermosas para a vista e boas para comer, e entre elas a

árbore da vida e a árbore do coñecemento do ben e do mal.

3 1A serpe era o máis arteiro de tódolos animais que o Señor Deus fixera. Díxolle á

muller: -¿Conque Deus vos prohibiu comer do froito das árbores do xardín?

2A muller respondeulle: -Podemos comer do froito das árbores todas do xardín.

3Soamente da árbore de alá no fondo nos mandou Deus: "Non comades dela nin a

toquedes, non sexa que morrades".

4A serpe insistiu: -De ningunha maneira morreredes. 5É que Deus sabe ben que o día en

que comades dela, se vos abrirán os ollos e seredes coma Deus, sabedores do ben e do

mal.

6A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir

entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén

el comeu.

7Entón abríronselle-los ollos ós dous e decatáronse de que estaban espidos. Entrelazaron

follas de figueira e cinguíronse con elas.

SALMO RESPONSORIAL Sal 50, 3-4. 5-6a. 12-13. 14 e 17

R/ (cf 3a): Apiádate, Señor, porque pecamos

V/ 3Apiádate de min, meu Deus, pola túa bondade,

pola túa misericordia, borra o meu pecado;

4lávame ben da miña iniquidade,

límpame da miña culpa.

5Eu recoñezo o meu pecado

e teño sempre presente a miña culpa.

6Contra ti, contra ti mesmo, eu pequei

e fixen o que é malo ós teus ollos

12Crea, Deus, en min un corazón puro,

renóvame por dentro cun espírito firme.

13Non me botes da túa presencia

e non tires de min o teu santo espírito.

14Devólveme a alegría da túa salvación,

sostenme co espírito xeneroso.

17Abre, Señor, os meus labios,

e a miña lingua pregoará a túa louvanza.

SEGUNDA Rm 5, 12-19 (máis longa) ou 12. 17-19 (máis breve)

Onde abundou o pecado, sobreabundou a gracia

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

O pecado entrou no mundo por un home só, pero como polo pecado entrou a morte, a

morte pasou a tódolos homes e, en consecuencia, todos quedaron incursos no pecado.

13Porque, de feito, antes da Lei había pecado no mundo; anque o pecado non se ten en

conta cando non hai Lei; 14a pesar diso, a morte dominou desde Adam ata Moisés,

mesmo sobre aqueles que non pecaron cunha transgresión semellante á de Adam. E

Adam é unha figura arquetípica daquel que está para vir.

15Pero de ningún modo hai comparanza entre o delito e o don. Porque, se polo delito

dun morreron tódolos demais, moito máis polo favor dun home, Xesús Cristo, a gracia e

o don de Deus rebordaron sobre todos. 16Nin pasou co don o mesmo que coas

consecuencias do pecado dun único home: porque o xuízo, partindo dunha soa

transgresión, rematou en condena; en troques, o don, partindo de tantos delitos, rematou

en absolución. 17Se, logo, pola transgresión dun home reinou a morte, e por culpa dun

só, ¡canto máis os que recibiron a abundancia da gracia e do don da benevolencia

reinarán na vida por medio dese un que é Xesús Cristo!

18Por tanto, como pola transgresión dun só veu a condenación sobre tódolos homes, así

tamén pola xustificación doutro só vén para tódolos homes a xustificación que dá a vida.

19Como a desobediencia dun único home volveu pecadores a tódolos homes, así tamén

a obediencia dun só volveu xustos a todos.

VERSO ANTES DO EVANXEO Mt 4, 4b

Non soamente de pan vive o home,

senón de toda palabra saída da boca de Deus.

EVANXEO Mt 4, 1-11

Xesús xexúa durante corenta días e é tentado

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

O Espírito conduciu a Xesús ó deserto, para que Satán o tentase. 2Despois de xexuar

corenta días e corenta noites, acabou por ter fame. 3O tentador, achegándose a el,

díxolle:

-Se es Fillo de Deus, manda que estas pedras se convertan en pan.

4Pero el respondeu:

-Está escrito:"Non soamente de pan vive o home, senón de toda palabra saída da boca de

Deus".

5Levouno logo o Satán á cidade santa, e púxoo na atalaia do templo, 6dicíndolle:

-Se e-lo Fillo de Deus, bótate de aquí embaixo, que está escrito: "Mandará os seus anxos

para que te coiden e te leven nas súas mans; e os teus pés non se mancarán nas pedras".

7Xesús respondeu:

-Tamén está escrito: "Non tentará-lo Señor, o teu Deus".

8Pero aínda o levou o Satán a un monte moi alto e, mostrándolle os reinos todos do

mundo enteiro, cheos de esplendor, 9díxolle:

-Heiche dar todo isto se te postras e me adoras.

10Entón replicoulle Xesús:

-Arreda, Satanás, porque está escrito: "Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás

culto".

11Deixouno o Satán, e achegáronse os anxos para o serviren.

23 Ciclo B

PRIMEIRA Xen 9, 8-15

Alianza de Deus con Noé, liberado das augas do diluvio

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

8Dille Deus a Noé:

-9Vou establece-la miña alianza convosco e cos vosos descendentes, 10con tódolos

animais que están convosco, os paxaros, os gandos e as feras todas do monte, cantos

saíron da arca e agora viven na terra. 11Fago convosco esta alianza: Endexamais será

outra vez destruída vida ningunha polas augas do diluvio; non haberá outro diluvio que

estrague a terra.

12E Deus engadiu: -Este será o sinal da alianza que eu fago convosco e con tódolos

seres vivos que vos fan compaña, para tódolos tempos: 13Poño o meu arco nas nubes,

sinal da miña alianza entre min e a terra. 14Cando amoree nubes sobre a terra e apareza

o arco nelas, 15lembrarei a miña alianza convosco e con tódolos seres vivos, e non

haberá máis augas de diluvio que destrúan a vida.

SALMO RESPONSORIAL Sal 24, 4bc-5ab. 6-7bc. 8-9

R/ (cf 10): Os camiños do Señor son todos amor e lealdade,

para os que gardan a súa alianza

4Móstrame, Señor, os teus camiños,

ensíname os teus sendeiros,

5diríxeme na túa verdade, apréndeme,

pois ti es, Deus, o meu salvador

e estoute a esperar todo o día.

6Lémbrate, Señor, da túa compaixón e do teu amor,

pois existen desde sempre.

7Acórdate de min segundo o teu amor,

Señor, pola túa bondade.

8O Señor é bo e recto:

por iso ensínalle-lo camiño ós extraviados,

9dirixe ós xustos no xuízo

e móstralles ós humildes o vieiro.

SEGUNDA 1 Pe 3, 18-22

Agora o bautismo sálvavos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PEDRO APÓSTOLO

Meus queridos amigos:

18Cristo morreu unha vez polos vosos pecados,

o xusto polos pecadores, para vos achegar a Deus;

sufriu a morte na carne, pero recibiu vida no espírito.

19Foi daquela cando lles foi proclama-la salvación

mesmo ós espíritos encadeados, 20que foran rebeldes,

cando, nos tempos de Noé,

Deus, cheo de paciencia,

estábaos agardando, mentres se construía a arca;

dentro dela, uns poucos,

en total oito persoas,

salváronse pola auga;

21esta auga simbolizaba o bautismo que vos salva a vós,

non por ser unha limpeza do corpo lixoso,

senón por se-lo compromiso con Deus dunha conciencia honrada,

pola mediación de Xesús Cristo resucitado,

22que subiu ó ceo e está á dereita de Deus,

despois que se lle someteron os anxos, os poderes e as forzas.

VERSO ANTES DO EVANXEO

Non soamente de pan vive o home,

senón de toda palabra saída da boca de Deus.

EVANXEO Mc 1, 12-15

Era tentado por Satanás, e os anxos servíano

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

O Espírito encamiñou a Xesús ó deserto. 13Alí permaneceu corenta días, alí o tentou

Satanás; vivía entre as feras, e servíano os anxos.

14Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea a anuncia-la Boa Nova de Deus,

15dicindo:

-O tempo está cumprido e chega o Reino de Deus; convertédevos e crede na Boa Nova

24.-

Ciclo C

PRIMEIRA Dt 26, 4-10

Confesión de fe do pobo elixido

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO

DEUTERONOMIO

Faloulle Moisés ó pobo dicindo:

4O sacerdote collerá a cesta da túa man e poraa diante do altar do Señor, o teu Deus.

5Entón ti tomara-la palabra e dirás diante do Señor, o teu Deus: "Meu pai era un arameo

errante, que baixou a Exipto, onde residiu como emigrante con pouquiña xente, que o

acompañaba. Alí converteuse nun pobo grande, poderoso e numeroso. 6Pero os exipcios

maltratáronnos, oprimíronnos e impuxéronnos cruel servidume. 7Entón chamamos polo

Señor, Deus de nosos pais, e o Señor escoitou o noso clamor e viu a nosa opresión e o

noso duro traballo. 8Logo o Señor fíxonos saír de Exipto con man forte e brazo

estendido, con grande terror, con sinais e con feitos marabillosos, 9e fíxonos entrar neste

santuario e entregounos esta terra, terra que deita leite e mel. 10Por isto, velaí que agora

eu trouxen as primicias dos froitos da terra que ti me deches, Señor".

Poralas na presencia do Señor, o teu Deus, postraraste na presencia do Señor, o teu

Deus, 11e farás festa por todo o ben que che concedeu o Señor, o teu Deus, ti e mailo

levita e o emigrante que vive contigo.

12Cando remates de repartir todo o décimo das túas colleitas, no ano terceiro, isto é, o

ano do décimo, e llo teñas xa dado ó levita, ó emigrante, ó orfo e mais á viúva, para que

coman nas túas cidades ata se fartaren, 13entón dirás na presencia do Señor, o teu Deus:

"Xa retirei da miña casa o que tiña que consagrar e xa llelo dei ó levita, ó emigrante, ó

orfo e mais á viúva, todo conforme o mandamento que ti me mandaches; non quebrantei

o teu precepto nin o esquecín. 14Non o comín estando en dó ritual nin o separei estando

impuro nin llo ofrendei a Mot. Fíxenlle caso á voz do Señor, o meu Deus, e

comporteime en todo tal como ti mo mandaches. 15Mira, pois, desde a túa santa

morada, desde o ceo, e bendí ó teu pobo, a Israel, e a terra de cultivo que nos deches, tal

como llelo xuraches a nosos pais, unha terra que deita leite e mel.

SALMO RESPONSORIAL Sal 90, 1-2. 10-11. 12-13. 14-15

R/ (cf 15b): Estate comigo, Señor, na tribulación

1O que habita ó agarimo do Altísimo

e mora á sombra do Omnipotente,

2dígalle ó Señor: "Meu refuxio, miña forza,

meu Deus, en quen confío".

10Ningún mal te tocará,

ningunha praga non se achegará á túa tenda.

11Pois El manda os seus anxos

para que te garden en tódolos camiños.

12Levarante nas palmas das mans,

para que non batan nas pedras os teus pés.

13Esmagarás áspides e serpes,

calcarás leóns e dragóns.

14Xa que me ten afecto, librareino,

poreino en seguro, xa que coñece o meu nome.

15Chamarame, e respondereille,

estarei con el nos apretos,

defendereino e honrareino.

SEGUNDA Rm 10, 8-13

Confesión de fe do crente en Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

8¿Que di, logo, positivamente a Escritura?

-''Cerca de ti está a palabra,

na túa boca e no teu corazón''.

Esa é a palabra da fe que anunciamos. 9Porque, se confesas coa túa boca que Xesús é

Señor e cres de corazón que Deus o resucitou dos mortos, serás salvo. 10Pois é crendo

co corazón como se chega á xustificación; e é confesando coa boca como se chega a

salvación. 11Porque di a Escritura: ''todo o que crea nel non quedará defraudado''.

12Pois non hai diferencia entre o xudeu e o grego, xa que un mesmo é o Señor de todos,

rico para tódolos que o invocan; 13porque ''todo o que invoque o nome do Señor será

salvo''.

VERSO ANTES DO EVANXEO

Non soamente de pan vive o home,

senón de toda palabra saída da boca de Deus.

EVANXEO Lc 4, 1-13

O Espírito levouno ó deserto e Satanás tentouno

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Xesús, cheo de Espírito Santo, voltou do Xordán, e o Espírito levouno deserto adiante,

2durante corenta días, onde o tentou o Satán. Naqueles días non probou bocado, pero ó

cabo deles sentiu fame. 3E díxolle o Satán:

-Se e-lo Fillo de Deus, manda que estas pedras se volvan pan.

4Respondeulle Xesús:

-Está escrito: "O home vive de algo máis ca de pan".

5Despois levouno a un outeiro e mostroulle nun intre tódolos reinos do mundo.

6Díxolle o Satán:

-Dareiche todo o seu poder e toda a súa gloria, porque mos entregaron a min e doullos

eu a quen quero: 7Se me adoras todo será teu.

8Respondeulle Xesús:

-Escrito está: 'Adorara-lo Señor, o teu Deus, e só a El darás culto'.

9Levouno logo a Xerusalén e plantouno no cumio do templo e díxolle:

-Se e-lo Fillo de Deus, bótate de aquí abaixo, 10que está escrito: 'Mandará ós seus anxos

para que te garden'; e tamén: 11'Levarate nas súas mans para que non se manquen os

teus pés nas pedras'.

12Xesús respondeulle:

-Está mandado:'Non tentara-lo Señor, o teu Deus'.

13E rematadas as tentacións, o Satán deixouno ata o tempo axeitado.))

NOS ESCRUTINIOS

745

I Escrutinio

As lecturas tómanse sempre do III domingo da coresma, serie A, cos seus cánticos

(n. 28)

((DO III DOMINGO DA CORESMA:

PRIMEIRA Éx 17, 3-7

Danos auga, para beber (Éx 17, 2)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

O pobo, sedento, seguía queixándose por auga a Moisés: -¿Por que nos sacaches de

Exipto, para facernos morrer de sede, a nós, ós nosos fillos e á nosa habenza?

4Moisés clamou entón cara ó Señor:

-¿Que podo facer con esta xente? Acabarán por acantazarme.

5O Señor respondeulle: -Pasa diante do pobo, toma contigo algúns dos anciáns de Israel,

leva na man a vara coa que vatéche-lo Nilo, e camiña. 6Eu presentareime diante túa, alá

no Horeb onda o penedo. Ti vatera-lo penedo, e sairá auga del para que o pobo beba.

Moisés fíxoo así, á vista dos anciáns de Israel. 7Chamáronlle a aquel lugar Masah e

Meribah, porque os israelitas contenderon co Señor e puxérono á proba, preguntando:

"¿Está o Señor connosco ou non?".

SALMO RESPONSORIAL Sal 94, 1-2. 6-7. 8-9

R/ (8): ¡Se escoitasedes hoxe a voz do Señor!

Non endurezáde-lo voso corazón

1Vide, cantémoslle ó Señor,

aclamémo-la nosa rocha salvadora;

2acheguémonos à súa presencia con louvanza,

aclamémolo con cancións.

6Vide, adorémolo postrados,

axeonllémonos ante o Señor, que nos creou.

7El é o noso Deus

e nós sómo-lo seu pobo,

o rabaño que guía a súa man.

¡Se escoitasedes hoxe a súa voz!

8Non endurezáde-lo corazón, coma en Meribah,

coma o día de Masah, no deserto,

9cando vosos pais me tentaron,

provocàronme aínda que viran os meus feitos.

SEGUNDA Rm 5, 1-2. 5-8

O amor foi difundido en nós polo Espírito que se nos deu

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

5 1Xustificados pola fe, estamos en paz con Deus, por medio do noso Señor Xesús

Cristo. 2Por El temos tamén entrada a esta gracia na que nos mantemos; e estamos

orgullosos coa esperanza de logra-la gloria de Deus.

5E a esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o

Espírito Santo, que se nos deu.

6De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo morreu

polos impíos. 7Non é fácil, en verdade, que alguén queira morrer por un home xusto

(anque por un home bo, quizais se atreva alguén a morrer); 8pero Deus demostróuno-lo

seu amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu por nós.

VERSO ANTES DO EVANXEO Cf Xn 4, 42. 15

Señor, ti es de verdade o Salvador do mundo;

dame auga viva para non ter sede nunca máis

EVANXEO Xn 4, 5-42 (longo) ou 5-15. 19b-26. 39a. 40-42 (máis breve)

Fonte de auga que salta ata a vida eterna

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, chegou Xesús a unha cidade da Samaría chamada Sicar, preto do terreo

que lle deixara Xacob a seu fillo Xosé. 6Estaba alí o pozo de Xacob. E Xesús, canso do

camiño, sentou onda o pozo. Era ó pé do mediodía. 7Chegou unha muller da Samaría

sacar auga. E Xesús díxolle:

-Dáme de beber.

8(Os seus discípulos foran á vila, mercar comida).

9Preguntoulle entón a muller samaritana:

-¿Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana, que che dea de

beber? (Porque os xudeus non se levan cos samaritanos).

10Respondeulle Xesús:

-Se coñecése-lo don de Deus e quen é o que che di ''dáme de beber'', ti mesma lle

pedirías a el e el daríache auga viva.

11Replicoulle a muller:

-Señor, se ti nin siquera tes caldeiro e o pozo é fondo. ¿De onde pensas quitar esa auga

viva? 12¿Seica es ti máis có noso pai Xacob, quen nos deu este pozo, do que beberon el,

seus fillos e mailo seu gando?

13Xesús contestoulle:

-Todo o que bebe auga desta, terá sede outra vez; 14pero o que beba da auga que eu lle

darei, nunca mais terá sede: a auga que eu lle darei, converterase dentro del nunha fonte

que saltará ata a vida eterna.

15A muller suplicou:

-Señor, dáme, logo, desa auga para non ter sede nin ter que vir aquí por ela.

16Díxolle Xesús:

-Vai chamar polo teu marido e volve aquí.

17A muller contestou:

-Non teño marido.

Xesús díxolle:

-Falaches ben, dicindo ''non teño marido''; 18tiveches cinco homes e o que tes agora non

é teu marido. Desta si que faláche-la verdade.

19A muller respondeu:

-Señor, vexo que ti es profeta. 20Os nosos pais adoraron neste monte e vós dicides que é

en Xerusalén onde hai que adorar.

21Xesús díxolle:

-Faime caso, muller: chega a hora en que nin neste monte nin en Xerusalén adoraréde-lo

Pai. 22Vós adoráde-lo que non coñecedes; nós adorámo-lo que coñecemos, pois a

salvación vén dos xudeus. 23Pero chega a hora -é xa agora- en que os verdadeiros

adoradores adorarán ó Pai en espírito e verdade, pois eses son os adoradores que procura

o Pai. 24Deus é espírito e cómpre que os que o adoran, o adoren en espírito e verdade.

25Respondeu a muller:

-Sei que está para vi-lo Mesías, o chamado Cristo. Cando el veña, hanos anunciar

tódalas cousas.

26Díxolle Xesús:

-Son eu, o que está falando contigo.

27Nisto chegaron os seus discípulos e chamóulle-la atención que falase cunha muller.

Pero ningún lle preguntou: "¿Que pretendes?" ou "¿De que falas con esa?".

28Entón, deixando a muller o seu cántaro, foi á vila e díxolles ós veciños:

-29Vinde ver un home que me dixo todo canto eu fixen. ¿Non será el o Mesías?

30Eles saíron da vila e viñeron onda el.

31Mentres, os seus discípulos insistíanlle:

-Rabbí, come.

32Mais el díxolles:

-Eu teño para xantar unha comida que vós non sabedes.

33Dicíanse entón os discípulos, uns ós outros:

-¿Traeríalle alguén de comer?

34Xesús díxolles:

-A miña comida é face-la vontade daquel que me mandou e levar a remate a súa obra.

35¿Non dicides vós que aínda faltan catro meses para que chegue a seitura? Ben, pois

mirade o que vos digo: erguede os vosos ollos e veredes que os campos están brancos

para a seitura. 36O que sega recibe a paga e recolle froito para a vida eterna; de xeito

que se alegran tanto quen sementa coma quen sega. 37Pois nisto e verdadeiro o dito de

que un é quen sementa e outro quen recolle. 38Eu mandeivos recolle-lo que vós non

traballastes: outros traballaron e vós recolléste-lo froito do seu traballo.

39Moitos samaritanos daquela vila creron nel, pola palabra da muller, que declaraba:

''díxome todo canto eu fixen''. 40Por iso os samaritanos chegados onda el, rogábanlle

que quedase con eles; e quedou alí dous días. 41E creron aínda moitos máis polo que el

lles dixo. 42Dicíanlle despois á muller:

-Xa non cremos polo que ti nos dixeches: nós mesmos o escoitamos e sabemos que este

é de verdade o Salvador do mundo.))

746

II Escrutinio

As lecturas tómanse sempre do IV domingo da coresma, serie A, cos seus cánticos

(n. 31)

((DO CUARTO DOMINGO DA CORESMA:

PRIMEIRA 1 Sam 16, 1b. 6-7. 10-13a

David é unxido coma rei de Israel

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DE

SAMUEL

Dille o Señor a Samuel:

Enche o corno de óleo e vaite, de parte miña, onda Ixaí, o de Belén, pois escollín un rei

entre os seus fillos.

6Cando chegou a Belén, viu a Eliab e pensou: De seguro que o Señor ten diante de si o

seu unxido. 7Pero o Señor díxolle a Samuel: Non te fixes no seu bo ver, nin na súa

estatura. Ese está excluído, pois Deus non olla coma os homes. Os homes ven as

aparencias, pero Deus ve o corazón.

10Ixaí fixo pasar a sete dos seus fillos á vista de Samuel, e Samuel dixo: Ningún destes

é o escollido do Señor.

11Samuel preguntoulle a Ixaí: ¿Xa non tes máis rapaces? E el respondeulle: Queda

aínda o pequeno, que está gardando as ovellas. Dixo entón Samuel a Ixaí: - Manda que o

traian, xa que non nos sentaremos á mesa ata que el chegue. 12Ixaí mandou que o fosen

buscar. Era loiro, de ollos fermosos e de bo parecer. O Señor dixo: Érguete e únxeo,

pois é este.

13Samuel colleu o corno do óleo e unxiuno diante dos seus irmáns. Desde aquel intre e

en adiante o espírito do Señor apoderouse de David.

SALMO RESPONSORIAL Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6

R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta

1O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Os pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

SEGUNDA Ef 5, 8-14

Érguete de entre os mortos e Cristo iluminarate

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

8Antes erades tebras pero agora sodes luz no Señor. Así que andade como fillos da luz,

9(porque a luz é toda bondade, xustiza e verdade), 10tendo en conta o que agrada ó

Señor. 11E non compartáde-las obras estériles das tebras; polo contrario, denunciádeas,

12que do realizado por eses tales ás agachadas dá vergonza mesmo falar. 13Pero todo

iso, cando o delata a luz, queda ó descuberto, 14pois todo o que se manifesta é luz. Por

iso dise:

Acorda, ti que estás a durmir,

érguete do medio dos mortos

e Cristo iluminarate.

VERSO ANTES DO EVANXEO Xn 8, 12

Eu son a luz do mundo, di o Señor;

quen me segue, terá a luz da vida.

EVANXEO Xn 9, 1-41 (longo) ou 1. 6-9. 13-17- 34-38 (máis breve)

Marchou, lavouse e, cando volveu, vía

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Ó pasar Xesús, viu a un cego de nacemento. 2Entón preguntáronlle os seus discípulos:

-Mestre, ¿quen pecou, para que nacese cego: el ou seus pais?

3Xesús respondeu:

-Nin pecou el nin os seus pais, senón que está cego para que se mostren nel as obras de

Deus. 4Precisamos face-las obras do que me mandou mentres é día; está a chega-la noite

e daquela ninguén pode traballar. 5Mentres eu estou no mundo, son a luz do mundo.

6Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego,

7dicíndolle:

-Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir ''enviado''). El foi, lavouse e volveu con

vista. 8Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban:

-¿Non é este o que estaba sentado pedindo?

9Uns decían: ''éche o mesmo''; outros, ''non, é un que se lle asemella''; e el dicía: ''son

eu''. 10Entón preguntábanlle:

-Daquela ¿como se che abriron os ollos?

11El respondeu:

-O home que se chama Xesús fixo lama, untoume os ollos, e díxome: ''Vai a Siloé e

lávate''. Entón fun e, ó que me lavei, comecei a ver.

12Preguntáronlle:

-¿Onde está ese?

El contestou:

-Non o sei.

13Levaron onda os fariseos o que fora cego. 14(Era sábado o día que Xesús fixera lama

e lle abrira os ollos). 15E outra vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a

ver. El respondeulles:

-Untoume lama polos ollos, laveime e vexo.

16Algúns dos fariseos dicían: ''Este home non vén de Deus, que non garda o sábado''.

Outros, en cambio, dicían: ''¿Como ía poder un home pecador facer estes sinais''? E

había división entre eles.

17Entón preguntáronlle outra vez ó cego:

-¿A ti que che parece ese home que lles deu a vista ós teus ollos?

El contestou:

-Que é un profeta.

18Os xudeus non lle creron que fora cego e que chegase a ver, ata que chamaron polos

seus pais 19e lles preguntaron:

-¿É este o voso fillo, o que vós dicides que naceu cego? Logo ¿como é que agora ve?

20Os pais responderon:

-Nós sabemos que este é o noso fillo e que naceu cego: 21como é que agora ve, non o

sabemos; nin sabemos tampouco quen lle deu a vista. Preguntádelle a el, que ten anos

para falar en por si.

22Isto dixérono os pais, porque lles tiñan medo ós xudeus, pois xa se puxeran de

acordo en que, se alguén o recoñecía como Mesías, botábano da sinagoga. 23Por isto

dixeron seus pais: ''Ten idade, preguntádelle a el''.

24Chamaron por segunda vez polo home que fora cego e dixéronlle:

-Dá gloria a Deus: nós sabemos que ese home é un pecador.

25El entón respondeu:

-Eu non sei se é un pecador; só sei unha cousa: que eu antes era cego e que agora vexo.

26Dixéronlle entón:

-Pero ¿que foi o que che fixo? ¿Como che deu a vista?

27Respondeulles:

-Xa volo dixen e non me fixestes caso. ¿Por que queredes oílo outra vez? ¿Ou é que

tamén queredes facervos discípulos del?

28Eles enchérono de aldraxes e dixéronlle:

-Serás ti discípulo del; nós somos discípulos de Moisés. 29Nós sabemos que a Moisés

lle falou Deus; deste, polo contrario, non sabemos de onde é.

O home replicoulles:

-Pois nisto precisamente está o admirable: en que vós non sabedes de onde é e el déullela

vista ós meus ollos. 31Sabemos que Deus non escoita ós pecadores, pero se un é

piadoso e fai a súa vontade, a ese escóitao. 32Endexamais non se soubo de ninguén que

dese vista a un cego de nacemento: 33se este non viñese de Deus, non podía facer nada.

34Respondéronlle eles:

-Ti naciches todo metido en pecados ¿e vasnos ensinar a nós?

E botárono fóra.

35Oíu Xesús que o botaran fóra, buscouno e preguntoulle:

-¿Cres ti no Fillo do Home?

36El respondeulle:

-¿E quen é, Señor, para que crea nel?

37Díxolle Xesús:

-Éche o mesmo que estás vendo e que está a falar contigo.

38El dixo:

-Creo, Señor.

E postrouse diante del.

39Entón dixo Xesús:

-Para realizar un xuízo vin eu a este mundo; para que os que non ven, vexan; e os que

ven, se volvan cegos.

40Oíron isto algúns dos fariseos que estaban onda el, e preguntáronlle:

-¿E, logo, nós tamén estamos cegos?

41Xesús contestoulles:

-Se estivesedes cegos, non teriades pecado; mais, como dicides que vedes, o voso

pecado permanece.))

747

III Escrutinio

As lecturas tómanse sempre do V domingo de coresma, serie A, cos seus cánticos

(n. 34)

((DO QUINTO DOMINGO DA CORESMA:

PRIMEIRA Ez 37, 12-14

Daréivo-lo meu Espírito e viviredes

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE

EZEQUIEL

Di o Señor Deus:

Velaí que eu vou abri-las vosas sepulturas,

e vouvos facer subir das vosas sepulturas, meu pobo,

e vouvos levar á terra de Israel.

13Recoñeceredes que eu son o Señor,

cando eu abra as vosas sepulturas,

e cando vos faga subir das vosas sepulturas, meu pobo.

14Vou poñer en vós o meu espírito

e vouvos facer revivir na vosa terra.

Así recoñeceredes que eu, o Señor, o digo e o fago

-é o Señor quen fala-.

SALMO RESPONSORIAL Sal 129, 1-2. 3-4ab. 4c-6. 7-8

R/ (7): No Señor está o amor

e a redención cumprida.

1Desde os abismos chàmote, Señor;

2escoita, Señor, a miña voz.

Ten atentos os oídos

ó clamor da miña súplica.

3Se ti levas conta dos pecados,

¿quen, Señor, se terà en pé?

4Mais en ti està o perdón,

para te faceres respetar.

5Eu espero no Señor, a miña alma espera;

eu confío na súa palabra.

6A miña alma vólvese ó Señor,

máis do que os vixías á aurora.

Se os vixías esperan a aurora,

7que Israel espere ó Señor,

pois no Señor està o amor

e a redención cumprida.

8El é quen redime a Israel

de tódolos pecados.

SEGUNDA Rm 8, 8-11

O Espírito do que resucitou dos mortos a Xesús habitará en vós

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

8Os que viven conforme a carne non poden agradar a Deus.

9Pero vós non vivides así, senón conforme o Espírito, posto que o Espírito de Deus

habita en vós: se algún non ten o espírito de Cristo, ese non é de Cristo. 10Se Cristo está

en vós, o voso corpo certamente está morto por culpa do pecado, mais o Espírito é vida

por causa da xustiza. 11Se o Espírito do que resucitou dos mortos a Xesús habita en vós,

o mesmo que resucitou a Cristo dos mortos vivificará os vosos corpos mortais polo seu

Espírito que habita en vós.

VERSO ANTES DO EVANXEO Xn 11, 25a. 26

Eu son a resurrección e a vida, dí o Señor;

quen cre en min non morrerá endexamais.

EVANXEO Xn 11, 1-45 (longo) ou 3-7. 17. 20-27. 33b-45 (máis breve)

Eu son a resurrección e a vida

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Había un enfermo, Lázaro de Betania, da aldea de María e da súa irmá Marta. 2María

fora a que unxira ó Señor con perfume e lle enxugara os pés cos seus cabelos; o seu

irmán Lázaro era o enfermo. 3Por iso, as irmás mandaron a dicirlle a Xesús:

-Señor, mira, o que amas está enfermo.

4O oílo, dixo Xesús:

-Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de Deus, a fin de que por ela

se glorifique ó Fillo de Deus.

5Xesús queríalles moito a Marta, á irmá dela, e mais a Lázaro. 6Anque oíu que este

estaba enfermo, deixouse estar aínda por dous días no sitio onde se atopaba. 7Despois

disto, díxolles ós discípulos:

-¡Vaiamos outra vez á Xudea!

8Os discípulos respondéronlle:

-Mestre, aínda non hai nada que te querían apedrexa-los xudeus, ¿e vas ir outra vez alí?

9Xesús replicou:

-¿Non hai doce horas de día? Se alguén camiña de día, non tropeza, pois ve a luz deste

mundo; 10mais se alguén camiña de noite, tropeza, pois non hai luz nel.

11En dicindo isto, proseguiu:

-Lázaro, o noso amigo, dorme; pero eu vouno espertar.

12Dixéronlle entón os discípulos:

-Señor, se dorme, curará.

13Xesús dicíao da morte. Pero eles coidaban que falaba do repouso do sono. 14Entón

Xesús díxolles abertamente:

-Lázaro morreu, 15e alégrome por vós de non estarmos alí, para que creades. ¡Así que

vamos onda el!

16Díxolles entón Tomé -o chamado Xemeo- ós outros discípulos:

-¡Vaiamos tamén nós morrer con el!

17Cando chegou Xesús, atopouse con que Lázaro xa levaba catro días no sepulcro.

18Betania estaba preto de Xerusalén, a uns tres quilómetros: 19moitos dos xudeus foran

onda Marta e María para lles daren o pésame polo irmán. 20Cando oíu Marta que Xesús

estaba chegando, saíulle ó encontro. María, en cambio, quedou na casa. 21Díxolle entón

Marta a Xesús:

-Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; 22pero eu sei que, aínda agora,

Deus che concederá calquera cousa que lle pidas.

23Xesús díxolle:

-Teu irmán resucitará.

24Marta respondeulle:

-Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro.

25Díxolle Xesús:

-Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, anque morra, vivirá; 26e todo o que

vive e cre en min, non morrerá endexamais ¿Cres ti isto?

27Ela respondeu:

-Si, Señor: eu creo que ti e-lo Cristo, o Fillo de Deus, que había de vir ó mundo.

28E, ditas estas cousas, saíu e chamou por María, súa irmá, dicíndolle polo baixo:

-O Mestre está aquí e chama por ti.

29Ela, ó oílo, ergueuse de contado e foi onda el. 30(Aínda non chegara Xesús á aldea,

senón que estaba no mesmo sitio onde o atopara Marta). 31Entón os xudeus que estaban

con ela na casa para lle daren o pésame, vendo a María que se ergueu de contado e saíu,

foron detrás dela, coidando que ía á sepultura para chorar alí. 32María chegou onde

estaba Xesús e, ó velo, caeu ós seus pés, dicíndolle:

-Señor, se ti estiveses aquí, non morrería meu irmán.

33O ver Xesús que ela estaba chorando, e tamén os xudeus que viñeran con ela,

apretóuselle o corazón e, profundamente conmovido, 34preguntou:

-¿Onde o puxestes?

Contestáronlle:

-Señor, ven ver.

35E Xesús botouse a chorar.

36Entón comentaban os xudeus: ''¡Ai que ver como o quería!''.

37Pero algúns deles dixeron: ''E logo este, que deu vista ós ollos dun cego, ¿non podía

facer que non morrese?''.

38Xesús estremecéndose de novo, chegou á sepultura. Era unha cova, e tiña unha pedra

por riba.

39Xesús ordenou:

-Arredade a pedra.

Marta, a irmá do finado, díxolle:

-Señor, xa cheira, que leva catro días.

40Xesús contestoulle:

-¿Non che dixen que se cres, vera-la gloria de Deus?

41Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os ollos e dixo:

-Meu Pai, douche gracias porque me escoitaches. 42Eu ben sabía que ti sempre me

escoitas, pero díxeno pola xente que está aquí, para que crean que ti me mandaches.

43E dito isto, gritou con voz forte:

-¡Lázaro, ven para fóra!

44Saíu o morto; tiña os pés e as mans atados con vendas e a cara envolta nun sudario.

Xesús ordenoulles:

-Desenleádeo e deixádeo ir.

45Entón, moitos dos xudeus que viñeran onda María, vendo o que fixo, creron nel.))

748

ENTREGA DO SÍMBOLO

PRIMEIRA Dt 6, 1-7

Escoita, Israel: Amara-lo Señor con todo o teu corazón

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO

DEUTERONOMIO

Dille Moisés ó pobo:

6 1Estes son os mandamentos, os preceptos e as ordes que o Señor, voso Deus, mandou

ensinarvos, para que os puxesedes en práctica no país ó que ides pasar, para collelo en

posesión; 2de xeito que respécte-lo Señor, o teu Deus, gardando tódolos seus preceptos

e os seus mandamentos que eu che ordenei ti e o teu fillo e mailo teu neto, tódolos días

da túa vida, para que se alonguen os teus días.

3Escoita, Israel, e ten coidado de o practicar para que sexas feliz e que te multipliques

moito, pois tal como cho falou o Señor, Deus dos teus pais, é unha terra que deita leite e

mel.

4Escoita, Israel: O Señor, o noso Deus, é o único.

5Amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con tódalas túas aspiracións e con

toda a túa forza. 6Os preceptos estes, que Eu che mando hoxe, estarán no teu corazón.

Inculcaráslle-los ós teus fillos e falarás deles estando na túa casa e indo polo teu camiño,

estando deitado e estando de pé

SALMO RESPONSORIAL Sal 18, 8. 9. 10. 11

R/ (Xn 6, 68c): Señor, Ti tes palabras de vida eterna

V/ 8A lei do Señor é perfecta:

reconforta a alma;

a declaración do Señor é firme:

fai sabio ó inxenuo;

9os mandatos do Señor son rectos:

aledan o corazón;

o precepto do Señor é limpo:

ilumina os ollos;

10o temor do Señor é puro:

permanece por sempre;

as decisións do Señor son verdadeiras:

enteiramente xustas.

11Son máis cobizables có ouro

máis có metal precioso;

son máis doces có mel,

máis có zume da antera.

SEGUNDA Rm 10, 8-13

Confesión de fe do crente en Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns irmás:

8¿Que di positivamente a Escritura?

-''Cerca de ti está a palabra,

na túa boca e no teu corazón''.

Esa é a palabra da fe que anunciamos. 9Porque, se confesas coa

túa boca que Xesús é Señor e cres de corazón que Deus o

resucitou dos mortos, serás salvo. 10Pois é crendo co corazón

como se chega á xustificación; e é confesando coa boca como se

chega a salvación. 11Porque di a Escritura: ''todo o que crea

nel non quedará defraudado''. 12Pois non hai diferencia entre o

xudeu e o grego, xa que un mesmo é o Señor de todos, rico para

tódolos que o invocan; 13porque ''todo o que invoque o nome do

Señor será salvo''.

Ou: 1 Cor 15, 1-8 (longa) ou 1-4 (máis breve)

Polo Evanxeo estádesvos salvando, se é que o gardades tal como volo anunciei

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

15 1Quero que vos acorde, irmáns, o Evanxeo que vos

prediquei, que vós aceptastes, no que ficades firmes 2e polo

que vos estades salvando (se é que o gardades tal como volo

anunciei; do contrario, a vosa fe sería inútil).

3Transmitinvos, xa que logo, antes de nada o que eu mesmo

recibín: que Cristo morreu polos nosos pecados conforme ás

Escrituras; 4que o sepultaron, que ó terceiro día resucitou

conforme ás Escrituras 5e que se apareceu a Cefas e despois ós

Doce. 6Máis tarde apareceuse dunha soa volta a máis de

cincocentos irmáns; moitos deles aínda viven, algúns xa

finaron. 7Despois apareceuse a Santiago e logo a tódolos

apóstolos. 8En derradeiro lugar aparecéuseme tamén a min, coma

ó nacido á deshora.

Ou máis breve: 1 Cor 15, 1-4

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

15 1Quero que vos acorde, irmáns, o Evanxeo que vos

prediquei, que vós aceptastes, no que ficades firmes 2e polo

que vos estades salvando (se é que o gardades tal como volo

anunciei; do contrario, a vosa fe sería inútil).

3Transmitinvos, xa que logo, antes de nada o que eu mesmo

recibín: que Cristo morreu polos nosos pecados conforme ás

Escrituras; 4que o sepultaron, que ó terceiro día resucitou

conforme ás Escrituras

VERSO ANTES DO EVANXEO Xn 3, 16

De tal xeito amou Deus o mundo,

que lle deu o seu Fillo Unixénito;

todo o que cre nel ten vida eterna.

EVANXEO Mt 16, 13-18

Sobre esta pedra vou edifica-la miña Igrexa

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Chegou Xesús á comarca de Cesarea de Filipo e facíalles esta pregunta ós seus

discípulos:

-¿Quen di a xente que é o Fillo do Home?

14Eles responderon:

-Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; outros, que

Xeremías ou algún dos profetas.

15Insistiu:

-E vós, ¿quen dicides que son?

16Respondeu Simón Pedro:

-Ti e-lo Mesías, o Fillo de Deus vivo.

17E Xesús contestoulle:

-Ditoso ti, Simón, fillo de Xonás; porque iso non cho

revelou ninguén de carne e sangue, senón meu Pai, que está no

ceo. 18E eu asegúroche que: "Ti es Pedro, a pedra, e sobre

esta pedra vou edifica-la miña Igrexa; e as portas do

Inferno non prevalecerán en contra dela.

Ou:

Xn 12, 44-50

Eu son a luz que veu ó mundo, para que todo o que cre

en min non permaneza nas tebras

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Di Xesús:

-Quen cre en min, realmente non cre en min, senón naquel que me

mandou; 45e quen me ve a min, ve a quen me mandou. 46Eu son a luz que veu ó

mundo, para que todo o que cre en min non permaneza nas tebras.

47Se alguén escoita as miñas palabras e non as garda, eu non o

xulgo, pois non vin para xulga-lo mundo, senón para o salvar.

48Quen me despreza e non recibe as miñas palabras, ten quen o

xulgue: a palabra que eu falei hao xulgar no derradeiro día.

49Porque eu non falei pola miña conta, senón que o mesmo

Pai, que me mandou, deume a encomenda do que debo dicir e

do que hei de falar. E eu sei que a súa encomenda é vida

eterna. Por iso, as cousas que eu falo, fáloas como mas

dixo o Pai.

749

NA ENTREGA DA ORACION DO SEÑOR

PRIMEIRA Os 11, 1. 3-4. 8c-9

Con brazos de amor acollereite

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE OSEAS

Dí o Señor:

11 1Cando Israel era escravo, eu ameino,

e de Exipto chamei ós seus fillos.

3Eu ensináralle a Efraím a camiñar,

tíñao collido nos meus brazos,

e non quería saber que eu era o seu médico.

4Coas cordas das miñas mans acollinos, con brazos de amor,

e fun para eles coma quen lles levanta o xugo do pescozo,

ligueinos a min e dáballes de comer.

8¿Como te vou entregar, Efraím? ¿Como te vou deixar, Israel?

¿Como te vou entregar igual ca Ademah?

¿Como te vou volver igual ca Seboim?

O meu corazón revólvese contra min,

ó mesmo tempo que a miña compaixón se conmove.

9Non provocarei o incendio da miña ira,

non volverei a destruír a Efraím,

pois son Deus, e non un home,

o Santo no medio de ti: non te volverei a destruir.

SALMO RESPONSORIAL Sal 22, 1-3. 4.5 . 6

R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta

V/ 1O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Os pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

Ou: Sal 102, 1-2. 8 e 10. 11-12. 13 e 18

R/ (13): Canto un pai ama ós seus fillos, así ama o Señor ós que o temen

V/ 1Alma miña, bendice ó Señor

e todo o meu ser, o seu santo nome.

2Alma miña, bendce ó Señor,

non esquéza-los seus beneficios.

8O Señor é misericordioso e clemente,

tardo á ira e rico en mercedes.

10Non nos trata conforme ós nosos erros

nin nos paga conforme ás nosas culpas.

11Canto se alza o ceo sobre a terra,

así é grande o seu amor para os que o temen;

12canto dista o nacente do poñente,

así arreda de nós as nosas culpas;

13canto un pai ama ós seus fillos,

así ama o Señor ós que o temen.

18dos que gardan a súa alianza,

dos que recordan os seus mandatos e os cumpren.

SEGUNDA Rm 8, 14-17. 26-27

Recibistes un espírito de fillos adoptivos, gracias ó que podemos gritar: ¡''Abbá'':

Pai!

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

14Cantos se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos

de Deus. 15Pois non recibistes un espírito de escravitude, para

volverdes ó medo. Non. Vós recibistes un espírito de fillos

adoptivos, gracias ó que podemos gritar: ¡''Abbá'': Pai! 16Este

mesmo Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos

fillos de Deus. 17E, se fillos, tamén herdeiros: herdeiros de

Deus e coherdeiros con Cristo; xa que, se padecemos con El, é

para sermos tamén despois glorificados con El.

26Do mesmo xeito, tamén o Espírito acode a axuda-la nosa

debilidade. Nós non sabemos como debemos orar para pedi-lo que

convén; pero o Espírito en persoa intercede por nós con xemidos

máis fondos cás palabras. 27E o Deus que escruta os corazóns,

coñece a intención do Espírito, pois El intercede polos crentes,

conforme á vontade de Deus.

Ou: Gál 4, 4-7

Deus infundiu nos vosos corazóns o Espírito do seu Fillo que clama ¡Abbá, Pai!

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

Irmáns e irmás:

Así que chegou o momento, Deus mandóuno-lo seu Fillo,

nacido de muller e suxeito á Lei, 5para rescatar ós que

estabamos baixo a Lei e para que recibisémo-la profillación. 6A

proba de que sodes fillos del é que Deus mandou ós vosos

corazóns o Espírito do seu Fillo que exclama ¡Abbá! (que quere

dicir ''¡meu Pai!''). 7Polo tanto, ti xa non es escravo, senón

fillo. E, por seres fillo, tamén, gracias a Deus, es herdeiro.

VERSO ANTES DO EVANXEO Rm 8, 15

Non recibistes un espírito de escravitude para volverdes ó medo,

senón que recibistes un espírito de fillos adoptivos,

gracias ó que podemos gritar: ¡Abbá, Pai!

EVANXEO Mt 6, 9-13

Mestre, apréndenos a rezar

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:

9Vós, rezade así:

Noso Pai que estás no ceo,

santificado sexa o teu nome;

10veña o teu Reino,

fágase a túa vontade,

así na terra coma no ceo.

11Dános hoxe o noso pan de cada día.

12E perdoa as nosas débedas,

como tamén nós perdoamos xa ós nosos debedores.

13E non nos sometas á tentación,

mais líbranos do Malo.

750

CELEBRACIÓN DO BAUTISMO NA VIXILIA PASCUAL

Cando se realiza a iniciación cristiá na vixilia pascual, escóllense Ex 14 (terceira),

Is 55 (quinta) e Ez 36 (séptima)

Éxodo 14, 15 - 15, 1

Pasaron os fillos de Israel polo medio da mar seca

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

15Dille o Señor a Moisés:

-¿Que queixas son esas cara a min? Manda ós israelitas que se poñan en marcha. 16Ti

ergue a vara, alonga a man sobre o mar e párteo en dous, de xeito que os israelitas pasen

polo medio a pé enxoito. 17Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán

perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos

seus cabaleiros. 18O mostra-la miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que eu

son Iavé.

19O anxo de Deus, que ía diante das hostes de Israel, cambiouse e púxose detrás. Tamén

se moveu de diante para detrás a columna de nube. 20Púxose entre os exércitos de

Exipto e os de Israel. A nube por unha banda era de tebra e pola outra alumaba a noite,

de xeito que en toda a noite non puideron aproximarse os uns ós outros.

21Moisés alongou a man sobre o mar, e o Señor removeuno cun vento forte do leste,

que soprou toda a noite, ata seca-lo mar, coas augas partidas. 22Os israelitas entraron

polo medio do mar a pé enxoito. As augas facían muros á súa dereita e á súa esquerda.

23Os exipcios que os perseguían, a cabalería do faraón, os carros e os cabaleiros,

entraron no mar tras deles.

24Cerca da madrugada, ollou o Señor desde a columna de nube e de lume para o

campamento exipcio e cubriuno de confusión. 25Pexou as rodas dos carros, de xeito que

non podían case que andar. Os exipcios entón dixeron: -Fuxamos dos israelitas, pois

Iavé loita por eles contra nós.

26O Señor díxolle a Moisés: -Estende a man cara ó mar, e as augas volveranse sobre os

exipcios, os seus carros e os seus cabaleiros. 27Moisés alongou a man cara ó mar e,

contra a mañá, este volveu ó seu sitio. Os 28exipcios, fuxindo, deron con el, e o Señor

alagounos nas súas augas. As augas, ó xuntárense, cubriron os carros, os cabaleiros e

todo o exército do faraón, que entrara no mar tras de Israel. Non quedou nin sequera un.

29Os israelitas pasaron a pé enxoito polo medio do mar, mentres as augas facían muro á

súa dereita e á súa esquerda. 30Aquel día salvou o Señor a Israel do poder dos exipcios.

Israel puido ver na beira do mar os exipcios mortos. 31Israel recoñeceu con que man

poderosa tratara o Señor ós exipcios. O pobo temeu ó Señor e creu nel e no seu servo

Moisés.

15 1 Entón Moisés e os israelitas cantaron este canto ó Señor:

-Cantarei ó Señor, que se cubriu de gloria,

cabalo e cabaleiro alagou no mar.

Isaías 55, 1-11

Vide onda min para que poidades vivir, e farei convosco un pacto para sempre

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

Di o Señor:

55 1¡Ouh, sedentos todos, vinde por auga!

Os que non tedes prata, vinde,

comprade comida e comede,

vinde e comprade comida;

sen prata e sen diñeiro (comprade) viño e leite.

2¿Por que cambiades prata polo que non é pan

e o voso xornal polo que non farta?.

Escoitádeme ben:

Comede ben e que a vosa gorxa se alegre coa graxa.

3Baixade o oído e vinde onda min,

facédeme caso e revivirán as vosas ilusións,

pois pactarei convosco unha alianza eterna,

os beneficios de David que se manteñen firmes.

4Velaí: fareino pregoeiro das nacións,

príncipe e lexislador das nacións.

5Convocarás a un pobo que non coñeces,

e un pobo que non te coñece correrá onda ti,

polo Señor, o teu Deus, e polo santo de Israel,

que ¡tanto te glorificou!

6Buscade ó Señor mentres se deixa atopar,

invocádeo mentres está cerca.

7Que o malvado deixe o seu vieiro,

e que o home pecador (deixe) os seus plans,

que se volva ó Señor para que teña misericordia del,

que (se volva) ó noso Deus

que ¡tanto engrandece ó perdoar!

8Pois si, os meus plans non son os vosos plans,

nin os vosos vieiros son os meus vieiros

-é o Señor quen fala-.

9¡Canto máis altos son os ceos cá terra!

Así son máis altos os meus plans cós vosos plans,

e os meus vieiros do que os vosos vieiros.

10Velaí: como a chuvia e a neve baixan do ceo

e non voltan alá sen enchoupa-la terra,

fecundala e facela brotar,

para que lle dea semente ó que sementou

e pan ó que come,

11así tamén será a miña palabra que sae da miña boca:

non voltará a min en van,

senón que fará o que eu queira,

e conseguirá aquilo para o que a mandei.

Ezequiel 36, 16-17a. 18-28

Derramarei sobre vós auga limpa, e dareivos un corazón novo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE

EZEQUIEL

16Veume a palabra do Señor nestes termos:

17-Fillo de Adam, cando a Casa de Israel habitaba na súa terra,

volvérona impura co seu comportamento e cos seus feitos

18Pero eu desafoguei o meu noxo neles polo sangue

que verteron sobre a terra,

e polos feitos cos que a mancharon.

19Entón eu esparexinos por entre os pobos

e dispersáronse polos países;

xulgueinos conforme o seu comportamento

e conforme os seus feitos.

20O entraren nas nacións onde foron,

profanaron o meu santo Nome,

e dicíase deles:

"Estes son o pobo do Señor,

e tiveron que saír da terra del".

21Entón eu tiven consideración co meu santo Nome,

o que profanara a Casa de Israel

entre os pobos onde fora.

22Por isto, dille á Casa de Israel:

Así fala o meu Señor, Iavé:

Casa de Israel, non por vós vou eu actuar,

senón por mor do meu santo Nome,

que vós profanastes entre as nacións onde fostes.

23Pois vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande nome,

profanado entre as nacións nas que vós o profanastes.

Entón recoñecerán estas nacións que eu son o Señor

-é o meu Señor, Iavé, quen fala-,

cando eu vos faga recoñece-la miña santidade na súa presencia.

24Recollereivos das nacións,

xuntareivos de tódolos países

e traereivos á vosa terra.

25Asperxerei sobre vós auga purificadora

e quedaredes puros;

de tódalas vosas impurezas

e de tódalas vosas idolatrías heivos purificar.

26Dareivos un corazón novo

e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo;

sacarei da vosa carne

o corazón de pedra

e poreivos un corazón de carne.

27Porei nas vosas entrañas o meu espírito

e farei que camiñedes conforme os meus preceptos,

e que gardéde-los meus mandamentos e os cumprades.

28Viviredes no país que lles dei a vosos pais:

seréde-lo meu pobo

e eu serei o voso Deus.

INICIACION CRISTIÁ

FORA DA VIXILIA PASCUAL

751

DO ANTIGO TESTAMENTO

1.

Xén 15, 1-6. 18a

Así terás de descendentes; ós teus descendentes dareilles esta terra

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

Abram oíu en visión a palabra do Señor:

-Non teñas medo, Abram; eu son para ti un escudo. O teu pago será moi grande.

2Abram preguntou: -Señor e dono meu, ¿que me darás, se vou

morrer sen fillos, e o damasceno Eliézer será o meu herdeiro?

3E insistiu: -Mira que non me deches descendencia e que un

criado da casa será o meu herdeiro.

4O Señor respondeulle: -Non será ese o teu herdeiro; será un fillo teu.

5Logo levouno fóra e prometeulle: -Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que podes.

Así terás de descendentes.

6Creulle Abram ó Señor, que llo tivo en conta para a xustificación.

18Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza:

-Os teus descendentes dareilles esta terra

2.

Xén 17, 1-8

Establezo a miña alianza, alianza perpetua, contigo e cos teus descendentes,

polas xeracións vindeiras

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

17 1Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o

Señor para lle dicir: -Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo

comigo e se perfecto. 2Eu establezo entre nós os dous unha

alianza. Fareite crecer moito.

3Abram postrouse por terra, e Deus díxolle: -4Esta é a alianza

que eu fago contigo: Serás pai de moitos pobos. 5Non te

seguirás chamando Abram; o teu nome será Abraham, porque te

fago pai de moitos pobos. 6Dareiche fecundidade, sacarei de ti

nacións, de ti sairán reis. 7Establezo a miña alianza,

alianza perpetua, contigo e cos teus descendentes,

polas xeracións vindeiras. Eu serei o teu Deus e o dos teus descendentes.

8Dareiche a ti e a eles, en posesión perpetua, a terra onde habitas, o país de Canaán.

Eu serei o teu Deus.

3.

Xén 35, 1-4. 6-7a

Retirade os deuses alleos que teñades

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

35 1Dille Deus a Xacob:

-Vai, sube a Betel, asenta alí e fai un altar ó Deus que se che apareceu, cando ías

fuxindo de teu irmán Esaú.

2Xacob mandoulles á súa familia e á toda a súa xente: -Retirade

os deuses alleos que teñades, purificádevos e mudádevos de

roupa. 3Imos subir a Betel, para levantar alí un altar ó Deus

que me gardou cando eu andaba apurado e que estivo comigo na

viaxe que fixen.

4A xente entregou a Xacob os deuses alleos que tiñan e os

brincos que levaban nas orellas, e Xacob enterrounos

debaixo do carballo que está onda Xequem.

6Xacob chegou a Luz, hoxe Betel, en terra de Canaán, e

con el a súa xente. 7Construíu alí un altar,

e púxolle ó altar o nome de Betel

4.

Dt 30, 15-20

Escolle a vida para vivires ti e a túa descendencia

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO

DEUTERONOMIO

Dille Moisés ó pobo:

15"Mira que eu poño hoxe diante de ti a vida e a felicidade, a

morte e a desgracia.

16Porque che mando hoxe, ama-lo Señor, o teu Deus, camiñar polos seus vieiros e

cumpri-los seus mandamentos, preceptos e decretos, para que vivas feliz e te

multipliques, e para que o Señor, o teu Deus, te bendiga no país onde vas entrar a

tomalo en posesión.

17Pero se o teu corazón se se aparta e se ti non lle fas caso e te extravías e te postras

ante deuses alleos e lles dás culto, 18eu declárovos

hoxe que pereceredes sen remedio e que non aumentaréde-los vosos días sobre a terra na

que, vós que estades cruzando o Xordán, ides entrar para tomala en posesión.

19Poño hoxe por testemuñas contra vós ó ceo e maila terra; poño diante de ti a vida e a

morte, a bendición e a maldición.

Escolle a vida, para que poidas vivir feliz ti e a túa descendencia, 20amando ó Señor, o

teu Deus, facendo caso á súa voz e apegándote a El -isto é a túa vida e o alongamento

dos teus días- habitando na terra que o Señor lles xurou a teus pais, a Abraham, a Isaac

e a Xacob, que llela daría.

5.

Xos 24, 1-2a. 15-17. 18b-25a

Servirémo-lo Señor, pois Él é o noso Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOSUÉ

24 1Xuntou Xosué a tódalas tribos de Israel en Xequem, e chamou ós anciáns de Israel,

ós xefes, ós xuíces e mais ós oficiais, e presentounos diante de Deus. 2E Xosué falou a

todo o pobo deste xeito:

15Se vos anoxa servir ó Señor, escollede hoxe a quen ides servir:

se ós deuses que serviron vosos pais na outra banda do río, ou

ós deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e maila

miña familia serviremos ó Señor.

16Respondeu o pobo:

-Lonxe de nós arredármonos do Señor para servir a outros

deuses, pois o Señor, o noso Deus, fíxonos subir a nós e a

nosos devanceiros da terra de Exipto, da casa do asoballamento,

e fixo diante de nós aqueles grandes prodixios e protexeunos ó

longo de todo o camiño que percorremos, e mais por tódolos

poboados por onde pasamos. 18Así que

tamén nós serviremos ó Señor, pois El é o noso Deus.

19E dixo Xosué ó pobo:

-Vós non sodes quen para servirdes ó Señor, pois El é un Deus

santo e dado ós celos e non aturaría as vosas rebeldías nin os

vosos pecados. 20Se vos arredades do Señor e servides a deuses

alleos, tornarase contra vós ata acarrexárvo-lo mal e esnaquizarvos despois de tanto ben

como vos fixo".

21Respondeulle o pobo a Xosué:

-"¡Non!, pois nós serviremos ó Señor".

22Dixo entón Xosué ó pobo:

-Vós sodes testemuñas contra vós mesmos de que escollestes servir ó Señor.

E dixeron eles:

-Certo somos testemuñas.

23Daquela -dixo Xosué- botade fóra os deuses alleos que hai entre vós, e apegade o

voso corazón ó Señor Deus, e escoitarémo-la súa voz.

24Respondeu o pobo:

Servirémo-lo Señor, o noso Deus, e escoitarémo-la súa voz.

25Selou así Xosué o pacto co pobo no día aquel.

6.

2 Re 5, 9-15a

Naamán baixou e bañouse sete veces no Xordán, e quedou limpo.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO SEGUNDO DOS

REIS

Naqueles días, 9 Naamán, xefe do exército do rei de Aram, foi cos seus cabalos e os

seus carros e parouse á entrada da casa de Eliseo. 10Eliseo mandoulle dicir, por medio

dun mensaxeiro:

-"Vai e lávate sete veces no Xordán; o teu corpo quedará limpo".

11Naamán en fadouse e marchábase, dicindo: "Eu pensei que sairía el mesmo ó meu

encontro, que se poría a invocar-lo nome do Señor, seu Deus; que pasaría logo a

súa man sobre a parte doente e que con iso me libraría da miña

enfermidade. 12¿Seica non valen máis os ríos de Damasco, o

Abanah e o Parpar, ca tódalas augas de Israel? ¿Non podo bañarme neles e así quedar

limpo?".

E con esas, deu volta e íase abufado.

13Entón chegáronse onda el os seus criados e dixéronlle:

"Señor, se o profeta che mandase algo difícil, ¿non o farías? Canto máis se só che

mandou: lávate e quedarás limpo.

14Baixou el entón ó Xordán e mergullouse na súa auga sete veces, segundo lle mandara

o home de Deus. A a súa carne tornouse entón coma a dun neno pequeno e quedou

limpo.

15Volveu Naamán con toda a súa compaña onda o home de Deus e presentóuselle

dicindo: "Agora recoñezo que non hai deus en toda a terra, fóra do Deus de Israel.

7.

Is 44, 1-3

Verterei o meu espírito sobre a túa descendencia

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

44 1Escoita, Xacob, meu servo e Israel, a quen eu escollín

2Así fala o Señor, que te creou, e que te formou, quen

desde o seo te vén axudando:

Non teñas medo, meu servo Xacob;

Iexurún, a quen eu escollín,

3porque eu verterei auga sobre o sedento,

e regueiros sobre a reseca.

Verterei o meu espírito sobre a túa descendencia, e a miña

bendición sobre os teus retoños

8.

Xer 31, 31-34

Escribirei a miña lei no seu corazón

Ou: A nova alianza

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE

XEREMÍAS

31Velaquí os días

-é o Señor quen fala-

nos que pactarei coa casa de Xudá e co reino de Israel

unha alianza nova;

32non coma a alianza que pactei cos seus pais,

o día no que os collín pola man

para os sacar do país de Exipto;

pois eles quebrantaron o meu pacto,

aínda que eu seguín sendo o seu Señor

-é o Señor quen fala-.

33Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel

despois deses días -é o Señor quen fala-:

Hei mete-la miña lei nas súas entrañas,

escribireina nos seus corazóns,

serei para eles o seu Deus,

e eles serán para min o meu pobo.

34Xa ninguén terá que instruí-lo compañeiro,

xa ninguén terá que instruí-lo seu irmán,

dicíndolle: "Respetade ó Señor";

senón que todos eles me farán caso,

desde o máis noviño ó máis grande

-é o Señor quen fala-,

pois eu perdoaréille-la súa iniquidade,

e xa non me lembrarei máis dos seus pecados.

9.

Ez 36, 24-28

Derramarei sobre vós auga limpa, e quedaredes purificados de tódalas vosas

iniquidades

Ou: Dareivos un espírito novo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE

EZEQUIEL

Veume esta palabra do Señor:

24Eu recollereivos das nacións,

xuntareivos de tódolos países

e traereivos á vosa terra.

25Asperxerei sobre vós auga purificadora

e quedaredes puros;

de tódalas vosas impurezas

e de tódalas vosas idolatrías heivos purificar

26Dareivos un corazón novo

e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo;

sacarei da vosa carne o corazón de pedra

e poreivos un corazón de carne.

27Porei nas vosas entrañas o meu espírito

e farei que camiñedes conforme os meus preceptos,

e que gardéde-los meus mandamentos e os cumprades.

28Viviredes no país que lles dei a vosos pais:

seréde-lo meu pobo e eu serei o voso Deus.

752

DO NOVO TESTAMENTO

1.

Feit 2, 14a. 36-40a. 41-42

Bautícese cada un de vós no nome de Xesús Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

(O día de Pentecostés) 14Pedro, de pé cos Once, levantou a voz e díxolles:

36-Saiba con certeza toda a casa de Israel que Deus

fixo Señor e Mesías a este Xesús a quen vós crucificastes.

37O sentiren isto, quedaron moi impresionados e dixéronlle a

Pedro e ós outros apóstolos:

-Irmáns, ¿que debemos facer?

38Pedro respondeulles:

-Arrepentídevos e cambiade, que cada un de vós se faga bautizar

no nome de Xesús para o perdón dos seus pecados, e

recibiréde-lo don do Espírito Santo. 39Porque a promesa é para

vós e mais para os vosos fillos e para tódolos que están lonxe,

tantos como queira chamar o Señor noso Deus.

40Con moitas outras palabras testificaba e animábaos.

41Os que recibiron a súa palabra foron bautizados: e ese mesmo

día xuntáronselles arredor de tres mil almas. 42Eran

perseverantes en escoita-la ensinanza dos apóstolos, na

comunión da vida, no rito de partiren o pan, e nas oracións.

2.

Feit 8, 26-38

Velaí auga; ¿qué me impide ser bautizado?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

Naqueles días, o anxo do Señor faloulle a Felipe deste xeito:

-Anda, diríxete cara ó sur polo camiño que baixa de

Xerusalén a Gaza, a través do deserto.

27Púxose en camiño e dirixiuse cara alá. Un etíope, eunuco,

funcionario de Candaces, raíña da Etiopía, que estaba encargado

de tódolos seus tesouros, fora a Xerusalén como peregrino. 28De

volta sentado no seu carro, ía lendo no profeta Isaías.

29Díxolle o Espírito a Felipe:

-Achégate e ponte a par dese carro.

30Correndo Felipe, sentiu que ía lendo no profeta Isaías e

preguntoulle:

-¿Enténde-lo que les?

31Contestoulle:

-¿Como o vou entender, se ninguén mo explica?

E convidou a Felipe a que subise a sentar con el. 32A

pasaxe da Escritura que lía era esta:

''Como ovella levárono ó matadoiro;

e coma año mudo diante de quen o rapa,

así El non abría a súa boca.

33Humillárono, negándolle a xustiza,

¿quen contará a súa descendencia?

A súa vida foi arrincada da terra''.

34Diríxíndose a Felipe, díxolle o eunuco:

-Por favor ¿de quen di isto o profeta? ¿De si mesmo ou

doutro?

35Felipe entón tomou a palabra e partindo desa pasaxe da

Escritura, anuncioulle a Boa Nova de Xesús. 36De camiño, chegaron a un

sitio con auga e dixo o eunuco:

-Aquí hai auga, ¿por que non me podo bautizar eu?

38E mandou para-lo carro. Baixaron os dous á auga, Felipe e

mailo eunuco, e Felipe bautizouno.

3.

Rm 6, 3-11 (longa) ou: 3-4. 8-11 (máis breve)

Consepultados con El, na súa morte, por medio do bautismo, camiñemos nunha vida

nova.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

3A cantos nos bautizaron

para Cristo Xesús, bautizáronos para unirnos á morte del

4Enterrámonos, logo, con El polo bautismo para a morte, para

que, como Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai,

así tamén nós camiñemos nunha vida nova. 5Pois se fomos

enxertados nel pola semellanza dunha morte coma a del, seguro

que tamén o seremos por unha resurrección semellante.

6Tendo en conta isto, o noso home vello foi crucificado, para

que fose destruído o corpo pecador, a fin de non servirmos máis

ó pecado. 7Porque o que morre queda liberado do pecado.

8Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El;

9e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre

máis, a morte xa non pode nada contra El. 10Porque o seu morrer

foi un morrer ó pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir

para Deus. 11Así tamén, vós considerádevos mortos ó pecado, pero

vivos para Deus en Cristo Xesús.

Ou, máis breve: Rm 6, 3-4. 8-11

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

3A cantos nos bautizaron

para Cristo Xesús, bautizáronos para unirnos á morte del.

4Enterrámonos, logo, con El polo bautismo para a morte, para

que, como Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai,

así tamén nós camiñemos nunha vida nova.

8Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El;

9e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre

máis, a morte xa non pode nada contra El. 10Porque o seu morrer

foi un morrer ó pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir

para Deus. 11Así tamén, vós considerádevos mortos ó pecado, pero

vivos para Deus en Cristo Xesús.

4.

Rm 8, 28-32. 35. 37-39

¿Quén nos separará do amor de Cristo?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

28Sabemos que todo colabora para o ben dos que aman a Deus, dos que foron

escolleitos segundo os seus designios.

29Pois El distinguiunos primeiro e predestinounos a reproducírmo-la imaxe do seu

Fillo, de tal maneira que El sexa o primoxénito entre moitos irmáns. 30E a eses que

predestinou, tamén os chamou; e a eses que chamou, tamén os xustificou; e a

eses que xustificou, tamén lles deu a súa gloria.

31¿Que máis se pode dicir despois disto? Se Deus está connosco, ¿quen contra nós?

32Aquel que non aforrou a seu propio fillo senón que o entregou por todos nós, ¿como

non nos vai regalar todo xunto con El?

35¿Quen nos pode arredar do amor de Cristo? ¿A tribulación, a angustia, a persecución,

a fame, a nudez, o perigo, ou a espada?

-37Pero en todas estas cousas vencemos coa axuda daquel que nos amou. 38Porque

estou seguro de que nin a morte nin a vida, nin os anxos nin os principados, nin o

presente nin o porvir, nin as potestades, 39nin a altura nin o abismo, nin calquera outra

criatura nos poderá afastar do amor que Deus nos ten en Cristo Xesús, noso Señor.

5.

1 Cor 12, 12-13

Bautizados nun só corpo pola acción dun único Espírito

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

12 Igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e

todos estes membros, con seren moitos, non fan máis dun corpo:

así tamén Cristo. 13Porque a todos nos bautizaron nun único

Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma

gregos, tanto escravos coma libres. E a todos se nos deu a

beber un único Espírito.

6.

Gál 3, 26-28

Cantos fostes bautizados, vestístesvos de Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

Irmáns e irmás:

26Todos vós sodes fillos de Deus pola fe en Cristo Xesús,

27porque ós que vos bautizaron en Cristo, vestíronvos de

Cristo. 28E todo iso de xudeus e gregos; de escravos e

libres, de homes e mulleres, todo iso acabou,

pois vós sodes coma un só en Cristo Xesús.

7.

Ef 1, 3-10. 13-14

Predestinounos para sermos fillos adoptivos por medio de Xesús

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

3¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por

medio de Cristo nos bendiciu no ceo con toda clase de bendicións

do Espírito! 4Porque nos escolleu antes da formación do mundo,

para que fosemos santos e sen mancha perante El polo amor.

5El decidiu xa daquela profillarnos por medio de Xesús Cristo,

para El, conforme o designio da súa vontade, 6para louvanza da

súa gloriosa benquerencia, coa que nos agraciou no Fillo amado,

7quen co seu sangue nos acadou a redención e o perdón dos

pecados, en proba da xenerosidade da súa gracia. 8E fíxoa

rebordar sobre nós con toda sabiduría e intelixencia, 9ó nos

descubri-lo misterio da súa vontade, conforme o designio que El

tiña 10para leva-la historia á súa plenitude e, por medio de

Cristo, levar a cabo a unidade do universo, do que hai no ceo e

do que hai na terra.

13Vós tamén, despois de escoitárde-la mensaxe da verdade, o

evanxeo da vosa salvación, e crerdes nel, quedastes selados

co Espírito Santo prometido, 14que é garantía da nosa herdanza,

para redención dos que chegamos a ser propiedade del, para

louvanza da súa gloria.

8.

Ef 4, 1-6

Un Señor, unha fe, un bautismo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

4 1 Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes

segundo a dignidade da chamada que recibistes, 2con total

humildade, sinxeleza e paciencia, aturándovos uns a outros con

amor, 3esforzándovos por mante--la unidade do espírito no

vínculo da paz. 4Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo

xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa

vocación. 5Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6e un

só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en

todos.

9.

Col 3, 9b-17

Vestídevos do home novo, coma elixidos de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS COLOSENSES

Irmáns e irmás:

9 Espístesvos do home vello cos seus malos feitos

10e vos revestistes do home novo, que se vai anovando, conforme

a imaxe de quen o creou, para chegar a un coñecemento total.

11Alí xa non hai máis nin grego nin xudeu, circuncisión nin non

circuncisión, estranxeiro nin bárbaro, escravo nin libre, senón

que Cristo é todo en todos.

12Vós, logo, coma elixidos de Deus, santos e benqueridos,

revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de

humildade, de sinxeleza, de tolerancia. 13Aturádevos uns ós

outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o Señor

vos perdoou, perdoádevos tamén vós. 14E, por riba de todo isto,

cinguídevos co amor, que é o lazo que todo o une e leva a

perfección. 15Que a paz de Cristo goberne os vosos corazóns, xa

que a ela vos chamaron coma membros dun mesmo corpo. Sede tamén

agradecidos.

16Que a Palabra de Cristo habite en vós con toda a súa riqueza.

Ensinádevos e alentádevos uns a outros o mellor que saibades.

Co corazón cheo de agradecemento cantádelle a Deus salmos,

himnos e cántigas inspiradas. 17E todo canto fagades, de

palabra ou de obra, facédeo para honra de Xesús, o Señor,

dándolle gracias a Deus Pai por medio del.

10.

Tit 3, 4-7

Salvounos por medio do baño da rexeneración e da renovación do Espírito Santo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO A TITO

Benquerido irmán:

4 Cando apareceu a bondade e a humanidade de Deus, o noso

Salvador, 5salvounos non polas obras boas que nós fixemos,

senón pola súa misericordia, por medio do baño do novo

nacemento e polo poder renovador do Espírito Santo. 6Ese

Espírito que verteu sobre nós con abundancia, por Xesús Cristo,

noso Salvador, 7a fin de que, xustificados pola súa gracia, nos

fixesemos herdeiros da vida eterna, conforme á esperanza.

11.

Heb 10, 22-25

Lavados os corazóns da conciencia mala e purificado o corpo con auga limpa

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

Irmáns e irmás:

22Manteñámonos con criterios sans na súa presencia con

plenitude de fe. Xa que estamos limpos por dentro de toda

consciencia de pecado e xa que estamos lavados por fóra con

auga limpa, 23manteñámo-la esperanza indefectible que

profesamos, pois quen prometeu é fiel. 24E considerémonos uns

ós outros de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e

para as boas obras. 25E non faltedes endexamais á nosa reunión,

como fan algúns, senón que nos animemos uns ós outros e tanto

máis canto que ollades que está a chegar aquel día.

12.

1 Pe 2, 4-5. 9-10

Pero vós sodes estirpe elixida, sacerdocio real

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PEDRO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns e irmás:

4O achegárdevos ó Señor, pedra vivificadora -de refugallo para

os homes, pero pedra escollida e aprezada ós ollos de Deus-,

5sede tamén vós, coma pedras vivas, parte da construcción do

templo espiritual: para os cultos dun sacerdocio santo e para

ofrecer ofrendas espirituais, aceptables a Deus por medio de

Xesús Cristo.

9Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de

reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para

pregoárde-las marabillas daquel que vos chamou das

tebras á súa luz admirable;

10Vós, os que antes non erades pobo,

agora sóde-lo pobo de Deus;

ninguén se compadecía de vós,

pero agora atopastes quen se compadeza de vós.

13.

Ap 19, 1. 5-9a

Felices os chamados á cea das vodas do Año

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

19 1Eu, Xoán, oín no ceo coma unha forte voz dunha gran

multitude, que dicía:

''¡Aleluia!

A salvación, a gloria e o poder son do noso Deus,

5E do trono saíu un berro que dicía:

''¡Louvade ó noso Deus,

tódolos seus servidores;

tamén os que o respetades,

pequenos e grandes!''.

6Logo oín algo coma o algareo dunha gran multitude, coma o

ruxido das augas abundantes e coma o estrondo dun forte trono,

que dicía:

''¡Aleluia!

Porque comeza o reino do Señor,

o noso Deus, que todo o sostén.

7Alegrémonos e relouquemos

e glorifiquémolo,

porque chegaron ás vodas do Año,

e a súa esposa xa se preparou.

8Concedéuselle vestir de liño fino, ben curado e limpo,

pois o liño fino son as obras boas do pobo santo''.

9Logo o anxo díxome: ''Escribe: ¡Benia os que están convidados

ó xantar das vodas do Año!''.

753 SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 8, 4-5. 6-7. 8-9

R/ (2): Señor, noso Señor, ¡que grande é o teu nome en toda a terra!

Ou: (Ef 5, 14): Acorda, ti que estás a durmir,

érguete do medio dos mortos

e Cristo iluminarate

V/ 4Cando vexo o ceo, feitura da túa man,

a lúa e as estrelas que fixaches alí,

5¿que é o home, para que o lembres,

o fillo do home, para que del te ocupes?

6Por pouco non o fixeches coma os anxos,

coroáchelo de honor e dignidade;

7décheslle mando sobre as obras das túas mans,

puxéchelo todo ós seus pés:

8rabaños de ovellas e touros,

e mesmo as bestas do monte,

9os paxaros do ceo e os peixes do mar,

que fan carreiros polas augas.

2.

Sal 22, 1-3. 4. 5. 6

R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta

Ou (1Pe 2, 25): Erades coma ovellas extraviadas,

pero agora volvéstesvos ó voso pastor

1O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Os pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

3.

Sal 26, 1. 4. 8b-9abc. 13-14

R/ (1a): O Señor é a miña luz e salvación

Ou (Ef 5, 14): Acorda, ti que estás a durmir

érguete do medio dos mortos

e Cristo iluminarate

V/ 1O Señor é a miña luz e salvación,

¿a quen hei de temer?

O Señor é o meu castelo,

¿ante quen hei de tremer?

4Unha cousa pídolle ó Señor,

unha cousa procuro:

habitar na casa do Señor,

tódolos días da vida,

para gozar da dozura do Señor,

visitando o seu templo.

8"Buscade a miña presencia".

A túa presencia eu busco, Señor.

9Non te escondas de min,

non me desbotes con ira.

Ti e-la miña axuda; non me deixes

13Eu espero gozar dos bens do Señor

na terra da vida.

14Espera no Señor;

ten corazón forte e valente

e espera no Señor.

4.

Sal 31, 1-2. 5. 11

R/ (1a): Feliz o que ten perdoada a súa culpa

Ou (11a): 11Alegrádevos no Señor e reloucade, os xustos.

1Feliz o que ten perdoada a súa culpa,

encuberto o seu pecado.

2Feliz aquel a quen o Señor

non lle ten en conta o seu pecado

e non leva fraude no espírito.

5Confeseiche o meu pecado,

non che escondín o meu delito;

dixen para min: "Confesarei os erros ó Señor",

e ti perdoáche-la miña culpa.

11Alegrádevos no Señor e reloucade, os xustos,

aclamádeo tódolos rectos de corazón.

5.

Sal 33, 2-3. 6-7. 8-9. 14-15. 16-17. 18-19

R/ (6a): Ollade para el e refulxide

V/ 2Eu bendigo ó Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa louvanza;

3gloríome no Señor,

e os humildes alégranse, ó escoitalo.

6Ollade para El e refulxide,

non poñades caras murchas.

7O Señor escoita ó pobre que o chama

e líbrao de tódolos apretos.

8O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis

e dálles seguridade.

9Gustade e vede que bo é o Señor:

feliz quen a El se acolle.

14Garda a túa lingua do mal,

os teus labios de falas enganosas.

15Arrédate do mal e fai o ben,

busca a paz, corre tras ela.

16Os ollos do Señor están cara ós xustos,

os seus oídos cara ó seu clamor;

17mais o Señor mira con enfado ós malvados,

para borrar da terra a súa memoria.

18Claman aqueles, e o Señor escoita,

líbraos de tódalas angustias.

19O Señor está preto do aflixido,

salva ó asoballado.

6.

Sal 41, 2-3; Sal 42, 3. 4.

R/ (41, 3a): A miña alma ten sede do Deus vivo

2Como devece a cerva pola auga dos regatos,

así devece por ti, meu Deus, a miña alma.

3A miña alma ten sede do Deus vivo:

¿cando verei o rostro de Deus?

3Manda a túa luz e a túa verdade,

que elas me guiarán;

levaranme ó teu monte santo,

á túa mesma morada.

4Achegareime ó altar de Deus,

do Deus da miña alegría,

e louvareite ó son da citola,

Deus, o meu Deus.

7.

Sal 50, 3-4. 8-9. 12-13. 14 e 17

R/ (12a): Crea, Deus, en min un corazón puro

Ou: (Ez 36, 26): Dareivos un corazón novo

e porei nas vosas entrañas un espírito novo

V/ 3Apiádate de min, meu Deus, pola túa bondade,

pola túa misericordia, borra o meu pecado;

4lávame ben da miña iniquidade,

límpame da miña culpa.

8e ti áma-la verdade no corazón

e no íntimo ensínasme sabiduría.

9Purifícame co hisopo, e serei limpo,

lávame ti, e quedarei branco coma a neve.

12Crea, Deus, en min un corazón puro,

renóvame por dentro cun espírito firme.

13Non me botes da túa presencia

e non tires de min o teu santo espírito.

14Devólveme a alegría da túa salvación,

sostenme co espírito xeneroso.

17Abre, Señor, os meus labios,

e a miña lingua pregoará a túa louvanza.

8.

Sal 62, 2. 3-4. 5-6. 8-9a

R/ (2b): De ti ten sede a miña alma, meu Deus

V/ 2Deus, meu Deus, por ti madrugo,

de ti ten sede a miña alma;

por ti devece o meu corpo,

en terra reseca, sedento e sen auga.

3Miro cara a ti no santuario,

para ve-lo teu poder e a túa gloria.

4O teu amor é mellor cá vida,

lóuvante os meus labios;

5toda a miña vida te bendigo

e levanto no teu nome as miñas mans.

6Como de graxa e manteiga, estou satisfeito,

con labios alegres lóuvate a miña boca.

8Ti e-lo meu auxilio,

á sombra das túas ás estou contento;

9a ti está unida a miña alma,

a túa dereita é o meu apoio.

9.

Sal 65, 1-3a. 5-6. 8-9. 16-17

R/ (1): Aclama a Deus, terra enteira

V/ 1Aclama a Deus, terra enteira,

2canta a gloria do seu nome;

réndelle o honor da louvanza,

3dille: ¡Que sorprendentes son as túas obras!

5Vinde e vede as obras do Señor,

os seus sorprendentes feitos entre os homes.

6El mudou o mar en terra seca

e pasaron o río a pé:

felicitémonos por iso.

8Bendicide, nacións, ó noso Deus,

facede resoa-la súa louvanza:

9El salva as nosas vidas

e non deixa cambalea-los nosos pés.

16Vide os que temedes ó Señor,

e contaréivo-lo que el fixo por min.

17Chameino coa miña boca

e louveino coa miña lingua.

10.

Sal 88, 3-4. 16-17. 21-22. 25 e 27

R/ (2a) Quero cantar por sempre o amor do Señor

V/ 3"Penso que o teu amor está fundado co mundo,

a túa fidelidade asentada cos ceos".

4Co meu elixido firmo unha alianza,

ó meu servo David fágolle un xuramento:

16Feliz o pobo que sabe aclamarte

e camiñar, Señor, na luz da túa presencia.

17O teu nome fai a súa ledicia o día enteiro,

a túa xustiza é a súa gloria.

21atopei o meu servo David

e unxino con óleo santo.

22A miña rexa man estará con el,

o meu brazo farao forte.

25A miña fidelidade e o meu amor irán con el

e no meu nome erguerá a testa.

27El dirame: "Ti es meu pai,

meu Deus, rocha da miña salvación".

11.

Sal 125, 1-2ab. 2cd-3. 4-5. 6

R/ (3) O Señor fai connosco cousas grandes,

estamos cheos de alegría.

1Cando vire o Señor a sorte de Sión,

estaremos coma en soños.

2Terémo-la boca chea de risos

e a lingua de cantares.

3Os pagàns diràn entón:

"O Señor fai con eles cousas grandes".

O Señor fai connosco cousas grandes,

estamos cheos de alegría.

4Vira, Señor, a nosa sorte,

coma os regatos no deserto.

5Os que entre bàgoas sementan,

entre cantares recollen.

6Cando van, van chorando

os que levan a semente.

O viren, veñen cantando

os que traen os monllos.

754 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

Mc 16, 15

Ide polo mundo enteiro, di o Señor;

predicade a Boa Nova a toda a creación

2.

Xn 3, 16

De tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito;

o que cre nel terá vida eterna

3.

Xn 8, 12

Eu son a luz do mundo, di o Señor;

quen me segue terá a luz da vida

4.

Xn 14, 6

Eu son o camiño, a verdade e a vida, di o Señor;

ninguén chega onda o Pai máis ca por min

5.

Ef 4, 5-6a:

Un só Señor, unha soa fe, un só bautismo;

un só Deus e Pai de todos

6.

Cf Col 2, 12

No bautismo somos consepultados con Cristo,

no que tamén somos conresucitados

7.

Col 3, 1

Se resucitastes con Cristo, buscade as cousas de alá enriba,

onde Cristo está sentado á dereita de Deus

8.

Cf 2 Tim 1, 10

O noso Salvador Cristo Xesús destruiu a morte

e deu a luz a vida por medio do Evanxeo

9.

1 Pe 2, 9

Vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa;

pregoade as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable

755 EVANXEOS

1.

Mt 16, 24-27

Se alguén quere vir comigo, renuncie a sí mesmo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

24Dilles Xesús ós seus discípulos:

-Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo,

cargue coa súa cruz e que me siga. 25Porque quenquera poñer

a salvo a súa vida, perderaa; pero quen a perda pola miña causa, poñeraa a salvo.

26Pois ¿de que lle serve ó home gaña-lo mundo enteiro se perde a súa vida?

E ¿que pode dar un home para recobra-la súa vida? 27Porque o Fillo do Home

ha vir coa gloria de seu Pai entre os anxos; entón pagará a

cadaquén conforme á súa conducta.

2.

Mt 28, 18-20

Facede discípulos meus a tódolos pobos,

bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

18Acercándose Xesús, faloulles ós once discípulos, dicindo:

-Déuseme todo poder no ceo e mais na terra. 19Ide, pois, e

facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome

do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; 20ensi-nándolles a

gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre

convosco ata a fin do mundo.

3.

Mc 1, 9-11

Xoán bautizouno no Xordán

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

9Por aqueles días, chegou Xesús desde Nazaret de Galilea, e Xoán bautizouno no

Xordán. 10E de seguida, mentres saía da auga, viu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma

unha pomba, o Espírito Santo. 11E unha voz deixouse oír desde o ceo:

-Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto.

4.

Mc 10, 13-16

Quen non reciba o Reino de Deus coma un neno, non entrará nel

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Leváronlle a Xesús uns nenos para que os tocase; pero os

discípulos rifábanlles. 14Mais a Xesús non lle gustou aquilo e dixo:

-Deixade que os nenos se acheguen a min; non llelo impidades,

porque deles é o Reino de Deus. 15Asegúrovos que aquel que non reciba coma un neno

o Reino de Deus, non entrará nel.

16E abrazounos, bendicíunos, e impúxolle-las mans

5. Mc 16, 15-16. 19-20

Quen crea e reciba o bautismo, será salvo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Aparecéuselles Xesús ós Once e díxolles:

-Ide polo mundo enteiro, anunnciando a Boa Nova a toda a

creación. 16Quen crea e se bautice, salvarase; quen non

crea, condenarase.

19O Señor, despois de lles falar así, elevouse ó ceo, e

sentou á dereita de Deus. 20Eles saíron a predicar por

todas partes, contando coa colaboración do Señor, que confirmaba a súa palabra

cos sinais que os acompañaban.

6.

Lc 24, 44-53

É necesario predicar no seu nome a penitencia

en remisión dos pecados para tódalas xentes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

44Dilles Xesús ós seus discípulos:

-A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía

que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de

Moisés, nos profetas e máis nos Salmos acerca de min.

45E abriu os seus entendementos para que comprendesen as

Escrituras. 46E engadiu:

-Así está escrito: O Mesías padecerá e resucitará de entre os

mortos no terceiro día, 47e predicarase no seu nome a

conversión e mailo perdón dos pecados a tódolos pobos,

empezando por Xerusalén. 48Vós seredes testemuñas de todo isto.

49E eu heivos mandar o don prometido por meu Pai. Mentres tanto

seguide na cidade, ata que se vos revista co poder que vén de

arriba.

50Despois levounos para fóra, a un lugar preto de Betania, e

alí, erguendo as mans, bendiciunos. 51E mentres os bendicía,

foise separando deles, e foi elevado ó ceo. 52Eles, despois de

se postraren ante el, voltaron para Xerusalén cheos de alegría.

53E seguían decote, no templo, bendicindo a Deus.

7.

Xn 1, 1-5. 9-14. 16-18

Deulles potestade de seren fillos de Deus, ós que crean no seu nome

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

1 1No principio existía a Palabra,

e a Palabra estaba onda Deus,

e a Palabra era Deus.

2Ela estaba no principio onda Deus.

3Todo foi feito por ela,

e sen ela non se fixo

nada do que foi feito.

4Nela estaba a vida,

e a vida era a luz dos homes;

5a luz aluma na tebra,

e a tebra non a deu apagado.

9(A Palabra) era a verdadeira luz

que aluma a todo home

que vén a este mundo.

10Ela estaba no mundo,

e o mundo foi feito por ela,

pero o mundo non a recoñeceu.

11Veu á súa propiedade,

e os seus non a acolleron.

12Pero a cantos a recibiron,

-ós que cren no seu nome-

déulle-lo poder

de seren fillos de Deus.

13Estes, non naceron do sangue,

nin da vontade da carne,

senón de Deus.

14E a Palabra fíxose carne,

e plantou entre nós a súa tenda,

e nós vímo-la súa gloria,

gloria coma de Unixénito

que vén do Pai,

cheo de gracia e de verdade.

16E da súa abundancia

recibimos todos nós:

gracia e máis gracia.

17Pois a Lei deuse

por medio de Moisés;

a gracia e a verdade

realizáronse por Xesús Cristo.

18A Deus ninguén o viu;

o Unixénito, que está no seo do Pai,

foi quen nolo revelou.

8.

Xn 1, 29-34

Velaí o Año de Deus o que arrinca o pecado do mundo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

29Vendo Xoán a Xesús, que viña cara a el, dixo:

-¡Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo! 30Este

é de quen eu dixen: ''Detrás miña vén un home que pasa diante

miña, pois existía primeiro ca min''. 31Eu non o coñecía, mais

para iso vin eu bautizar con auga: para mostralo a Israel. 32E

Xoán seguiu testemuñando:

-Eu vin o Espírito baixar do ceo como unha pomba e pousar

enriba del. 33Eu non o coñecía, pero o que me mandou bautizar

con auga, díxome: ''Cando véxa-lo Espírito baixar e pousar

sobre un, ese é o que bautiza co Espírito Santo''. 34E eu vino

e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.

9.

Xn 3, 1-6

Quen non nace do alto, non pode ve-lo Reino de Deus

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

3 1Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo,

maxistrado dos xudeus. 2Este veu onda el pola noite e

díxolle:

-''Rabbí'', sabemos que viñeches de Deus coma mestre; pois

ninguén pode facer estes signos que ti fas, non sendo que Deus

estea con el.

3Respondeulle Xesús:

-Con toda verdade cho aseguro: como un non naza de novo,

non pode ve-lo reino de Deus.

4Replicoulle Nicodemo:

-¿Como pode un home nacer, sendo vello? ¿Pode entrar outra vez

no seo da nai e nacer?

5Respondeulle Xesús:

-Con toda verdade cho aseguro: como un non renaza pola auga e o

Espírito, non pode entrar no reino de Deus. 6O que naceu da

carne, é carne; e o que naceu do Espírito, é espírito.

10.

Xn 3, 16-21

Para que todo o que cre nel teña vida eterna

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

16De tal xeito amou Deus ó mundo, que lle deu o

seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda,

senón que teña vida eterna.

17Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo,

senón para que por el se salve o mundo. 18O que cre nel, non é

xulgado; mais o que non cre, xa está xulgado, porque non creu

no Fillo Unixénito de Deus. 19Nisto consiste o xuízo: en que,

vindo a luz ó mundo, os homes escolleron a tebra en vez da luz,

pois as súas obras eran ruíns. 20Pois todo o que fai o mal,

odia a luz e non vén cara á luz, para que non o delaten as súas

obras. 21Polo contrario, o que obra a verdade vén cara á luz,

para que se vexan as súas obras porque están feitas como Deus

quere.

11.

Xn 12, 44-50

Eu vin ó mundo para ser luz

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

44Naquel tempo, Xesús gritou:

-Quen cre en min, realmente non cre en min, senón naquel que me

mandou. 46Eu son luz que veu ó mundo, para que todo o que cre

en min non permaneza nas tebras.

47Se alguén escoita as miñas palabras e non as garda, eu non o

xulgo, pois non vin para xulga-lo mundo, senón para o salvar.

48Quen me despreza e non recibe as miñas palabras, ten quen o

xulgue: a palabra que eu falei hao xulgar no derradeiro día.

49Porque eu non falei pola miña conta, senón que o mesmo

Pai, que me mandou, deume a encomenda do que debo dicir e

do que hei de falar. E eu sei que a súa encomenda é vida

eterna. Por iso, as cousas que eu falo, fáloas como mas

dixo o Pai.

12.

Xn 15, 1-11

Quen permanece en min, e Eu nel, ese é portador de froito abondoso

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

15 1Eu son a verdadeira vide, e meu Pai é o labrador. 2O

sarmento que en min non leva froito, arríncao; e o que leva

froito, límpao, para que leve máis froito aínda. 3Vós xa

estades limpos, pola palabra que vos teño falado. 4Permanecede

en min e eu en vós.

Así como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non

permanece na vide, vós tampouco, se non permanecedes en min.

5Eu son a vide; vós os sarmentos. Quen permanece en min e eu

nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non podedes

facer nada. 6Se alguén non permanece en min, é como os ramos

arrincados fóra, que secan; apáñanos, bótanos no lume e arden.

7Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós,

pedide o que queirades e hásevos facer. 8Nisto é glorificado

meu Pai: en que levedes froito abondoso e vos mostredes coma

discípulos meus.

9Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor.

10Se gardáde-los meus mandamentos, permaneceredes no meu amor,

como eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu

amor. 11Díxenvos estas cousas, para que a miña alegría estea en

vós, e a vosa alegría sexa plena.

2. NA CELEBRACIÓN

DO BAUTISMO DE NENOS

756.-

DO ANTIGO TESTAMENTO

1.

Éx 17, 3-7

Danos auga para beber

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

O pobo padecía a sede e murmuraba contra Moisés pola falta de auga:

-¿Por que nos sacaches de Exipto, para facernos morrer de sede, a nós, ós nosos fillos e

á nosa habenza?

4Moisés clamou entón cara ó Señor:

-¿Que podo facer con esta xente? Acabarán por acantazarme.

5O Señor respondeulle: -Pasa diante do pobo, toma contigo

algúns dos anciáns de Israel, leva na man a vara coa que

batéche-lo Nilo, e camiña. 6Eu presentareime diante túa, alá no Horeb onda o penedo.

Ti batera-lo penedo, e sairá auga del para que o pobo beba.

Moisés fíxoo así, á vista dos anciáns de Israel. 7Chamáronlle a aquel lugar Masah e

Meribah, porque os israelitas contenderon co Señor e puxérono á proba,

preguntando: "¿Está o Señor connosco ou non?".

2.

Ez 36, 24-28

Derramarei sobre vós auga limpa e quedaredes limpos de tódolos vosos delitos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE

EZEQUIEL

Veume esta palabra do Señor:

24Recollereivos das nacións,

xuntareivos de tódolos países

e traereivos á vosa terra.

25Asperxerei sobre vós auga purificadora

e quedaredes puros;

de tódalas vosas impurezas

e de tódalas vosas idolatrías

heivos purificar.

26Dareivos un corazón novo

e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo;

sacarei da vosa carne o corazón de pedra

e poreivos un corazón de carne.

27Porei nas vosas entrañas o meu espírito

e farei que camiñedes conforme os meus preceptos,

e que gardéde-los meus mandamentos

e os cumprades.

28Viviredes no país que lles dei a vosos pais:

seréde-lo meu pobo e eu serei o voso Deus.

3.

Ez 47, 1-9. 12

Vin auga que viña do templo e a tódolos que chegaba esta auga salvounos (Ant. "Vidi

aquam")

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE

EZEQUIEL

Por aqueles días, 47 1o anxo fíxome volver á entrada do templo, e velaí que de

baixo do vestíbulo do templo saía auga cara ó nacente, pois a

fachada do templo daba ó nacente e a auga baixaba polo lado

dereito do templo, ó sur do altar. 2Logo fíxome saír pola porta

do norte e da-la volta polo exterior ata a porta exterior, que

mira ó nacente, e velaí que a auga ía correndo pola ladeira

dereita. 3Cando o home saíu cara ó nacente, levaba un cordel na

súa man e mediu mil cóbados; logo fíxome atravesar pola auga,

que me chegaba ós nocelos. 4Volveu medir mil cóbados, e fíxome

atravesar polas augas, que me chegaban ata os xeonllos; volveu

medir mil cóbados, e fíxome atravesar: ¡a auga ata a cintura!

5Volveu medir mil cóbados: era un río que eu non era capaz de

cruzar. Tanto subiran as augas, que eran augas de nadar, un río

que non se podía cruzar. 6Entón díxome:

-¿Viches, fillo de Adam?

Logo fíxome da-la volta, e levoume á beira do río. 7E cando dei

a volta, velaí, á beira do río, unha enorme arboreda dun lado e

do outro. 8Entón díxome:

-Esta auga está correndo cara á bisbarra do nacente, e baixará

sobre a Arabah e entrará no mar Morto; estas augas conducidas

cara ó mar, quedarán de certo saneadas. 9E todo ser vivente,

que rebula en calquera lugar onde vai tal río, vivirá; peixes

haberaos abondo, pois estas augas chegarán alí e farán revivir

todo o lugar: onde desemboque o río haberá vida.

12A beira do río, nunha marxe e noutra

medrará toda clase de árbores froiteiras:

a súa follaxe non murchará,

e a súa froita non acabará,

senón que cada mes dará unha nova colleita,

pois as augas do río

son as que saen do santuario;

por isto a súa froita servirá para comer,

e as súas follas servirán para remedios.

757

DO NOVO TESTAMENTO

1.

Rm 6, 3-5

Consepultados con Él, coa súa morte, polo bautismo,

andemos en novidade de vida

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

3A cantos nos bautizaron

para Cristo Xesús, bautizáronos para unirnos á morte del.

4Enterrámonos, logo, con El polo bautismo para a morte, para

que, como Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai,

así tamén nós camiñemos nunha vida nova. 5Pois se fomos

enxertados nel pola semellanza dunha morte coma a del, seguro

que tamén o seremos por unha resurrección semellante.

2.

Rm 8, 28-32

Para conformarnos á imaxe do seu Fillo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

28Sabemos que todo colabora para o ben dos que aman a

Deus, dos que foron escolleitos segundo os seus designios.

29Pois El distinguiunos primeiro e predestinounos a

reproducírmo-la imaxe do seu Fillo, de tal maneira que El sexa

o primoxénito entre moitos irmáns. 30E a eses que predestinou,

tamén os chamou; e a eses que chamou, tamén os xustificou; e a

eses que xustificou, tamén lles deu a súa gloria.

31¿Que máis se pode dicir despois disto? Se Deus está connosco,

¿quen contra nós? 32Aquel que non aforrou a seu propio fillo

senón que o entregou por todos nós, ¿como non nos vai regalar

todo xunto con El?

3.

1 Cor 12, 12-13

Polo único Espírito todos nós fomos bautizados para formarmos un só corpo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

12Igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e

todos estes membros, con seren moitos, non fan máis dun corpo:

así tamén Cristo. 13Porque a todos nos bautizaron nun único

Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma

gregos, tanto escravos coma libres. E a todos se nos deu a

beber un único Espírito.

4.

Gál 3, 26-28

Os que fostes bautizados, vestístesvos de Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

Irmáns e irmás:

26Todos vós sodes fillos de Deus pola fe en Cristo Xesús,

27porque ós que vos bautizaron en Cristo, vestíronvos de

Cristo. 28E todo iso de xudeus e gregos; de escravos e

libres, de homes e mulleres, todo iso acabou,

pois sodes coma un só en Cristo Xesús.

5.

Ef 4, 1-6

Un só Señor, unha soa fe, un só bautismo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

4 1Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes

segundo a dignidade da chamada que recibistes, 2con total

humildade, sinxeleza e paciencia, aturándovos uns a outros con

amor, 3esforzándovos por mante--la unidade do espírito no

vínculo da paz. 4Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo

xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa

vocación. 5Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6e un

só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en

todos.

6.

1 Pe 2, 4-5. 9-10

Vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PEDRO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns e irmás:

4Ó achegárdevos ó Señor, pedra vivificadora -de refugallo para os homes, pero pedra

escollida e aprezada ós ollos de Deus-,

5sede tamén vós, coma pedras vivas, parte da construcción do

templo espiritual: para os cultos dun sacerdocio santo e para

ofrecer ofrendas espirituais, aceptables a Deus por medio de

Xesús Cristo.

9Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de

reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para

pregoárde-las marabillas daquel que vos chamou das

tebras á súa luz admirable;

10Vós, os que antes non erades pobo,

agora sóde-lo pobo de Deus;

ninguén se compadecía de vós,

pero agora atopastes quen se compadeza de vós.

758 SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 22, 1-3. 4. 5. 6

R/ (1): O Señor é o meu pastor, nada me faltará

V/ 1O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Os pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

2.

Sal 26, 1. 4. 8b-9abc. 13-14

R/ (1a): O Señor é a miña luz e a miña salvación

Ou: (Ef 5, 14): Acorda, ti que estás a durmir,

érguete do medio dos mortos

e Cristo iluminarate

V/ 1O Señor é a miña luz e salvación,

¿a quen hei de temer?

O Señor é o meu castelo,

¿ante quen hei de tremer?

4Unha cousa pídolle ó Señor,

unha cousa procuro:

habitar na casa do Señor,

tódolos días da vida,

para gozar da dozura do Señor,

visitando o seu templo.

8 "Buscade a miña presencia".

A túa presencia eu busco, Señor.

9Non te escondas de min,

non me desbotes con ira.

Ti e-la miña axuda; non me deixes,

13Eu espero gozar dos bens do Señor

na terra da vida.

14Espera no Señor;

ten corazón forte e valente

e espera no Señor.

3.

Sal 33, 2-3. 6-7. 8-9. 14-15. 16-17. 18-19

R/ (6a): Ollade para El e refulxide

Ou (9a): Gustade e vede qué bo é o Señor

V/ 2Eu bendigo ó Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa louvanza;

3gloríome no Señor,

e os humildes alégranse, ó escoitalo.

6Ollade para El e refulxide,

non poñades caras murchas.

7O Señor escoita ó pobre que o chama

e líbrao de tódolos apretos.

8O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis

e dálles seguridade.

9Gustade e vede que bo é o Señor:

feliz quen a El se acolle.

14Garda a túa lingua do mal,

os teus labios de falas enganosas.

15Arrédate do mal e fai o ben,

busca a paz, corre tras ela.

16Os ollos do Señor están cara ós xustos,

os seus oídos cara ó seu clamor;

17mais o Señor mira con enfado ós malvados,

para borrar da terra a súa memoria.

18Claman aqueles, e o Señor escoita,

líbraos de tódalas angustias.

19O Señor está preto do aflixido,

salva ó asoballado.

759 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

Xn 3, 16

De tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito;

todo aquel que cre nel ten vida eterna

2.

Xn 8, 12

Eu son a luz do mundo, di o Señor;

quen me segue terá a luz da vida

3.

Xn 14, 6

Eu son o camiño, a verdade e a vida, di o Señor;

ninguén chega onda o Pai máis ca por min

4.

Ef 4, 5-6a

Un só Señor, unha soa fe, un só bautismo;

un só Deus e Pai de todos

5.

Cf 2 Tim 1, 10

O noso Salvador Cristo Xesús destruiu a morte

e deu a luz a vida por medio do Evanxeo

6.

1 Pe 2, 9

Vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa;

pregoade as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.

760 EVANXEOS

1.

Mt 22, 35-40

Este é o mandamento primeiro e máis grande

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Un dos fariseos, doutor da lei,

preguntoulle a Xesús para poñelo a proba:

-36Mestre, ¿cal é o mandamento máis importante da lei?

37El respondeulle:

-"Amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con

toda a túa alma e con todo o teu entendemento;38este é o

mandamento primeiro e máis grande. 39O segundo é semellante

a el: "Amara-lo teu próximo como a ti mesmo". 40Destes dous

mandamentos dependen a Lei enteira e mailos profetas.

2.

Mt 28, 18-20

Facede discípulos a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do

Espírito Santo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Acercándose Xesús, faloulles ós once discípulos, dicíndolles:

-Déuseme todo poder no ceo e mais na terra. 19Ide, pois, e

facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome

do Pai e do Fillo e do Espírito Santo, 20ensi-nándolles a

gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre

convosco ata a fin do mundo.

3.

Mc 1, 9-11

Xoán bautizouno no Xordán

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

9Por aqueles días, chegou Xesús desde

Nazaret de Galilea, e Xoán bautizouno no Xordán. 10E de

seguida, mentres saía da auga, viu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma unha pomba, o

Espírito Santo. 11E unha voz deixouse oír desde o ceo:

-Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto.

4.

Mc 10, 13-16

Deixade que os nenos se acheguen a min

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Leváronlle a Xesús uns nenos para que os tocase. Pero os discípulos rifábanlles. 14Mais

a Xesús non lle gustou aquilo e dixo:

-Deixade que os nenos se acheguen a min; non llelo impidades,

porque deles é o Reino de Deus. 15Asegúrovos que aquel que non

reciba coma un neno o Reino de Deus, non entrará nel.

16E abrazounos e bendiciunos e impúxolle-las mans.

5.

Mc 12, 28b-34 (longo) ou 28b-31 (máis breve)

Escoita, Israel: amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Acercouse a Xesús un letrado e preguntoulle:

-¿Cal é o primeiro de tódolos mandamentos?

29Respondeu Xesús:

-O primeiro é: "Escoita, Israel: o Señor, é o noso Deus, o Señor é único.

30E amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu

corazón, con toda a túa alma, con todo o teu entendemento e con

tódalas túas forzas". 31O segundo é: "Amara-lo teu próximo coma

a ti mesmo". Non hai mandamentos máis importantes ca estes.

32O letrado replicou:

-Moi ben, Mestre, estás no certo cando dis que el é único e

non hai outro fóra del; 33e que amalo con todo o corazón,

con todo o entendemento e con tódalas forzas, é ó próximo

coma a un mesmo, é mais importante do que tódolos

sacrificios e holocaustos.

34Xesús, vendo que respondera con moito tino, díxolle:

-Non estás lonxe do Reino de Deus.

E ninguén se atreveu a facerlle máis preguntas.

Ou máis breve:

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

-¿Cal é o primeiro de tódolos mandamentos?

29Respondeu Xesús:

-O primeiro é: "Escoita, Israel: o Señor, é o noso Deus, o Señor é único.

30E amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu

corazón, con toda a túa alma, con todo o teu entendemento e con

tódalas túas forzas". 31O segundo é: "Amara-lo teu próximo coma

a ti mesmo". Non hai mandamentos máis importantes ca estes.

6.

Xn 3, 1-6

Se alguén non nace do alto, non pode ve-lo Reino de Deus

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

3 1Había entre os fariseos un home chamado Nicodemo,

maxistrado dos xudeus. 2Este veu onda el pola noite e

díxolle:

-''Rabbí'', sabemos que viñeches de Deus coma mestre; pois

ninguén pode facer estes signos que ti fas, non sendo que Deus

estea con el.

3Respondeulle Xesús:

-Con toda verdade cho aseguro: como un non naza de novo,

non pode ve-lo reino de Deus.

4Replicoulle Nicodemo:

-¿Como pode un home nacer, sendo vello? ¿Pode entrar outra vez

no seo da nai e nacer?

5Respondeulle Xesús:

-Con toda verdade cho aseguro: como un non renaza pola auga e o

Espírito, non pode entrar no reino de Deus. 6O que naceu da

carne, é carne; e o que naceu do Espírito, é espírito.

7.

Xn 4, 5-14

Fonte de auga que salta ata a vida eterna

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Chegou Xesús a unha cidade da

Samaría chamada Sicar, preto do terreo que lle deixara Xacob a

seu fillo Xosé. 6Estaba alí o pozo de Xacob. E Xesús, canso do

camiño, sentou onda o pozo. Era ó pé do mediodía. 7Chegou unha

muller da Samaría sacar auga. E Xesús díxolle:

-Dáme de beber.

8(Os seus discípulos foran á vila, mercar comida).

9Preguntoulle entón a muller samaritana:

-¿Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller

samaritana, que che dea de beber? (Porque os xudeus non se

levan cos samaritanos).

10Respondeulle Xesús:

-Se coñecése-lo don de Deus e quen é o que che di ''dáme de

beber'', ti mesma lle pedirías a el e el daríache auga viva.

11Replicoulle a muller:

-Señor, se ti nin siquera tes caldeiro e o pozo é fondo.

¿De onde pensas quitar esa auga viva? 12¿Seica es ti máis

có noso pai Xacob, quen nos deu este pozo, do que beberon

el, seus fillos e mailo seu gando?

13Xesús contestoulle:

-Todo o que bebe auga desta, terá sede outra vez; 14pero o que

beba da auga que eu lle darei, nunca mais terá sede: a auga que

eu lle darei, converterase dentro del nunha fonte que saltará

ata a vida eterna.

8.

Xn 6, 44-47

Quen cre, ten vida eterna

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dille Xesús á xente:

44Ninguén pode vir onda min, se

non o trae o Pai que me mandou e eu resucitareino no derradeiro

día. 45Está escrito nos profetas: ''todos serán ensinados por

Deus'': todo aquel que escoita ó Pai e aprende, vén onda min.

46Non porque alguén vise ó Pai; o único que viu ó Pai é o que

estaba onda Deus; 47Con toda verdade volo aseguro: quen cre,

ten vida eterna.

9.

Xn 7, 37b-39a

Manarán ríos de auga viva

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Di Xesús:

-Se alguén ten sede, que veña onda min e beba quen cre en

min. 38Como di a Escritura, deitaranlle do seu ventre

regueiros de auga viva. 39(Isto dicíao do Espírito que

habían recibir cantos creran nel).

10.

Xn 9, 1-7

Foi, lavouse e volveu vendo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

9 1ó pasar, viu Xesús a un cego de nacemento. 2Entón

preguntáronlle os seus discípulos:

-Mestre, ¿quen pecou, para que nacese cego: el ou seus

pais?

3Xesús respondeu:

-Nin pecou el nin os seus pais, senón que está cego para que se

mostren nel as obras de Deus. 4Precisamos face-las obras do que

me mandou mentres é día; está a chega-la noite e daquela

ninguén pode traballar. 5Mentres eu estou no mundo, son a luz

do mundo.

6Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna

polos ollos do cego, 7dicíndolle:

-Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir ''enviado'').

El foi, lavouse e volveu con vista.

11.

Xn 15, 1-11

Quen permanece en min, e Eu nel, ese leva froito abondoso

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

15 1Eu son a verdadeira vide, e meu Pai é o labrador. 2O

sarmento que en min non leva froito, arríncao; e o que leva

froito, límpao, para que leve máis froito aínda. 3Vós xa

estades limpos, pola palabra que vos teño falado. 4Permanecede

en min e eu en vós.

Así como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non

permanece na vide, vós tampouco, se non permanecedes en min.

5Eu son a vide; vós os sarmentos. Quen permanece en min e eu

nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non podedes

facer nada. 6Se alguén non permanece en min, é como os ramos

arrincados fóra, que secan; apáñanos, bótanos no lume e arden.

7Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós,

pedide o que queirades e hásevos facer. 8Nisto é glorificado

meu Pai: en que levedes froito abondoso e vos mostredes com

discípulos meus.

9Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor.

10Se gardáde-los meus mandamentos, permaneceredes no meu amor,

como eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu

amor. 11Díxenvos estas cousas, para que a miña alegría estea en

vós, e a vosa alegría sexa plena.

12.

Xn 19, 31-35

Abriu o seu costado e saíu sangue e auga

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

31Os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non

permanecesen os corpos na cruz durante o sábado -pois era

grande aquel día de sábado-, rogáronlle a Pilato que lles

rompesen as pernas e os retirasen.

32Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlle-las pernas ó

primeiro e mais ó outro que crucificaran con el. 33Pero ó

chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle

romperon as pernas, 34senón que un dos soldados

traspasoulle o costado cunha lanza; e no instante saíu

sangue e auga.

35Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el

sabe que di a verdade, para que tamén vós creades.

3. ADMISION DOS XA VALIDAMENTE BAUTIZADOS

NA PLENA COMUÑON DA IGREXA

[AS LECTURAS, SALMOS RESPONSORIAIS E VERSOS ANTES DO EVANXEO PÓDENSE

TOMAR, TOTALMENTE OU EN PARTE, OU BEN DA MISA DO DÍA, OU DA MISA POLA

UNIDADE DOS CRISTIÁNS (NN. 867-871), OU DA MISA DA INICIACIÓN CRISTIÁ (NN. 751-

755), OU DAS QUE SEGUEN]:

761

DO NOVO TESTAMENTO

1.

Rm 8, 28-39

Predestinounos a conformarnos á imaxe do seu Fillo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

28Sabemos ademais que todo colabora para o ben dos que aman a Deus, dos que foron

escolleitos segundo os seus designios. 29Pois El distinguiunos primeiro e

predestinounos a reproducírmo-la imaxe do seu Fillo, de tal maneira que El sexa o

primoxénito entre moitos irmáns. 30E a eses que predestinou, tamén os chamou; e a

eses que chamou, tamén os xustificou; e a eses que xustificou, tamén lles deu a súa

gloria.

31¿Que máis se pode dicir despois disto? Se Deus está connosco, ¿quen contra nós?

32Aquel que non aforrou a seu propio fillo senón que o entregou por todos nós, ¿como

non nos vai regalar todo xunto con El?

33¿Quen acusará ós escolleitos de Deus?

-Sendo Deus, o que perdoa,

34¿quen os vai condenar? ¿Cristo Xesús, o que morreu, mellor, o que resucitou, o que

está á dereita de Deus e que intercede por nós?

35¿Quen nos pode arredar do amor de Cristo? ¿A tribulación, a angustia, a persecución,

a fame, a nudez, o perigo, ou a espada? 36Porque está escrito:

''por causa túa estamos ás portas da morte o día enteiro, parecemos ovellas listas para o

sacrificio''.

-37Pero en todas estas cousas vencemos coa axuda daquel que nos amou. 38Porque

estou seguro de que nin a morte nin a vida, nin os anxos nin os principados, nin o

presente nin o porvir, nin as potestades, 39nin a altura nin o abismo, nin calquera outra

criatura nos poderá afastar do amor que Deus nos ten en Cristo Xesús, noso Señor.

2.

1 Cor 12, 31 - 13, 13

O amor non pasa endexamais

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

31 Cobizade os carismas mellores. Pero, ademais aínda vos vou mostra-lo camiño por

excelencia:

13 1Por moito que eu falase as linguas todas dos homes e as dos anxos, se non tiver

amor, non sería máis ca un bronce que resoa ou un pandeiro que repenica.

2Por moito que eu falase inspirado e comprendese tódolos misterios e mais toda a

ciencia e tivese tanta fe que movese os montes, se non tiver amor, non sería nada.

3Por moito que eu reparta todo o que teño e me deixe queimar vivo, se non tiver amor,

non me sería de proveito ningún.

4O amor é de corazón grande, é servicial. O amor non ten envexa, non ten fachenda,

non se ensoberbece; 5non é malcriado, non busca a súa comenencia, non se alporiza,

non garda malicia; 6non simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade.

7Disculpa sempre, fíase sempre, espera sempre, atura sempre.

8O amor non pasa endexamais; mentres que as profecías desaparecerán, as linguas

calarán, a ciencia acabará. 9Porque a nosa ciencia é limitada e limitada é a nosa

inspiración: 10e cando veña o perfecto, desaparecerá o limitado. 11Cando eu era neno,

falaba coma un neno, pensaba coma un neno, razoaba coma un neno; cando cheguei a

home, deixei de lado as cousas de neno. 12Igualmente: agora vemos nun espello,

escuramente; pero daquela habemos ver cara a cara. Agora coñezo dun modo

incompleto; pero daquela hei coñecer tan ben coma Deus me coñece a min. 13En

resumo: hai tres cousas que permanecen: a fe, a esperanza, e o amor. Pero delas a

meirande é o amor.

3.

Ef 1, 3-14

Elixiunos Deus para sermos santos e inmaculados no amor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

3¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que por medio de Cristo nos

bendiciu no ceo con toda clase de bendicións do Espírito! 4Porque nos escolleu antes da

formación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha perante El polo amor.

5El decidiu xa daquela profillarnos por medio de Xesús Cristo, para El, conforme o

designio da súa vontade, 6para louvanza da súa gloriosa benquerencia, coa que nos

agraciou no Fillo amado, 7quen co seu sangue nos acadou a redención e o perdón dos

pecados, en proba da xenerosidade da súa gracia. 8E fíxoa rebordar sobre nós con toda

sabiduría e intelixencia, 9ó nos descubri-lo misterio da súa vontade, conforme o

designio que El tiña 10para leva-la historia á súa plenitude e, por medio de Cristo, levar

a cabo a unidade do universo, do que hai no ceo e do que hai na terra.

11Por El tamén nós tivémo-la sorte de resultar preelixidos segundo o designio daquel

que activa todo conforme o proxecto da súa vontade, 12para sermos imaxe da súa gloria

os que xa antes tiñámo-la esperanza en Cristo.

13Vós tamén, despois de escoitárde-la mensaxe da verdade, o evanxeo da vosa

salvación, e crerdes nel, quedastes selados co Espírito Santo prometido, 14que é

garantía da nosa herdanza, para redención dos que chegamos a ser propiedade del, para

louvanza da súa gloria.

4. Ef 4, 1-7. 11-13

Un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, un só Deus e Pai de todos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

4 1 Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a dignidade da chamada que

recibistes, 2con total humildade, sinxeleza e paciencia, aturándovos uns a outros con

amor, 3esforzándovos por mante--la unidade do espírito no vínculo da paz. 4Hai un só

corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única esperanza na

vosa vocación. 5Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6e un só Deus e Pai de

todos, que está sobre todos, por todos e en todos.

7A cada un de nós déuseno-la gracia segundo a medida do don de Cristo.

11E a uns fíxoos apóstolos; a outros, profetas; a outros, mensaxeiros do Evanxeo; e a

outros, pastores e mestres, para fornecer cristiáns cara á tarefa do ministerio, para a

edificación do corpo de Cristo, 13ata que todos académo-la unidade na fe e no

coñecemento do Fillo de Deus, a madurez do home perfecto, o desenvolvemento propio

da plenitude de Cristo.

5.

Flp 4, 4-8

Que o voso pensamento sexa limpo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

Irmáns e irmás:

4Estade sempre alegres no señor. Repítovolo: estade alegres. 5Que todo o mundo vexa o

bos que sodes. O Señor está a chegar. 6Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo

presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de gracias. 7E a

paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vosos corazóns e os vosos

pensamentos en Cristo Xesús.

8Do resto, meus irmáns, todo o que sexa verdadeiro, todo o que sexa serio, todo o que

sexa xusto, todo o que sexa enxebre, todo o que sexa estimable, todo o que sexa

honroso, calquera virtude ou mérito que haxa, iso é o que debedes estimar.

6.

1 Tes 5, 16-24

Conservade o voso espírito, alma e corpo, para a vinda do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES

Irmáns e irmás:

16Estade sempre alegres. 17Orade constantemente. 18Dade gracias en tódalas ocasións:

que isto é o que Deus quere de vós como cristiáns. 19Non apaguéde-lo Espírito; 20non

desprecéde-las palabras inspiradas. 21Examinádeo todo e agarrádevos ó que é bo.

22Arredade de toda especie de mal.

23Que o Deus da paz vos santifique totalmente: que todo o voso ser -espírito, alma e

corpo- se conserve indemne na Parusía do noso Señor Xesús Cristo. 24Pois o que vos

chama é fiel, e hao facer.

762

SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 26, 1. 4. 8b-9abc. 13-14

R/ (1a): O Señor é a miña luz e a miña salvación

1O Señor é a miña luz e salvación,

¿a quen hei de temer?

O Señor é o meu castelo,

¿ante quen hei de tremer?

4Unha cousa pídolle ó Señor,

unha cousa procuro:

habitar na casa do Señor

tódolos días da vida,

para gozar da dozura do Señor,

visitando o seu templo.

8b"Buscade a miña presencia".

A túa presencia eu busco, Señor.

9Non te escondas de min,

non me desbotes con ira.

Ti e-la miña axuda; non me deixes,

13Eu espero gozar dos bens do Señor

na terra da vida.

14Espera no Señor;

ten corazón forte e valente

e espera no Señor.

2.

Sal 41, 2-3; 42, 3. 4

R/ (41, 3a): A miña alma ten sede do Deus vivo

2Como devece a cerva pola auga dos regatos,

así devece por ti, meu Deus, a miña alma.

3A miña alma ten sede do Deus vivo:

¿cando verei o rostro de Deus?

3Manda a túa luz e a túa verdade,

que elas me guiarán;

levaranme ó teu monte santo,

á túa mesma morada.

4Achegareime ó altar de Deus,

do Deus da miña alegría,

e louvareite ó son da citola,

Deus, o meu Deus.

3.

Sal 60, 2-3a. 3bc-4. 5-6. 9

R/ (4a): Ti e-la miña esperanza, Señor

2Escoita, Deus, a miña súplica,

atende a miña oración.

3Chámote desde o cabo da terra

co corazón desfalecido.

Lévame a unha rocha inacesible:

4ti e-lo meu refuxio,

a miña torre forte fronte ó inimigo.

5Quixera vivir por sempre na túa tenda,

esconderme ó agarimo das túas ás.

6Ti, Deus, acólle-los meus votos

e dásme o herdo dos que respetan o teu nome.

9Eu cantarei sempre o teu nome,

cumprirei a cotío os meus votos.

4.

Sal 62, 2. 3-4. 5-6. 8-9

R/ (2b): A miña alma ten sede de ti, Señor, meu Deus

2Deus, meu Deus, por ti madrugo,

de ti ten sede a miña alma;

por ti devece o meu corpo,

en terra reseca, sedento e sen auga.

3Miro cara a ti no santuario,

para ve-lo teu poder e a túa gloria.

4O teu amor é mellor cá vida,

lóuvante os meus labios;

5toda a miña vida te bendigo

e levanto no teu nome as miñas mans.

6Como de graxa e manteiga, estou satisfeito,

con labios alegres lóuvate a miña boca.

8Ti e-lo meu auxilio,

á sombra das túas ás estou contento;

9a ti está unida a miña alma,

a túa dereita é o meu apoio.

5.

Sal 64, 2-3a. 3b-4. 5. 6

R/ (2a): Deus, a Ti débeseche louvar en Sión

2Deus, a ti débeseche louvar en Sión,

a ti cúmprenseche os votos.

3A ti que escóita-la oración,

tódolos homes se achegan.

4Os nosos pecados oprímennos,

pero ti perdóa-las culpas.

5Feliz o que ti elixes e acolles

para morar nos teus adros.

Fartarémonos cos bens da túa casa

e coas ofertas sagradas do teu templo.

6Ti fasnos xustiza con prodixios,

Deus, o noso salvador,

esperanza dos confíns da terra

e das praias remotas.

6.

Sal 120, 1-2. 3-4. 5-6. 7-8

R/ (2a): O meu socorro vén do Señor

1Ergo os meus ollos cara ós montes:

¿de onde virà o meu socorro?

2O meu socorro vén do Señor,

que fixo o ceo e maila terra.

3El non deixa que esvare o teu pé,

o teu gardiàn non dorme;

4non dorme nin adormece

o gardiàn de Israel.

5O Señor é o teu gardiàn,

o teu arrimo, sempre á túa dereita

6O sol non che farà mal polo día

nin a lúa pola noite.

7O Señor gàrdate do mal,

el garda a túa vida.

8O Señor garda as túas idas e voltas,

agora e por sempre.

763 EVANXEOS

1.

Mt 5, 2-12a

Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos ceos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Ensinaba Xesús ós seus discípulos dicindo:

-3Ditosos os que teñen espírito de pobres,

porque deles é o Reino dos ceos.

4Ditosos os que choran,

porque eles serán consolados.

5Ditosos os non violentos,

porque eles herdarán a terra.

6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,

porque eles ficarán fartos.

7Ditosos os misericordiosos,

porque eles acadarán a misericordia.

8Ditosos os de corazón limpo,

porque eles verán a Deus.

9Ditosos os que traballan pola paz

porque eles serán chamados fillos de Deus.

10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,

porque deles é o Reino dos ceos.

11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña

causa: 12alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos

2.

Mt 5, 13-16

Alume así a vosa luz ós homes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Ensinaba Xesús ós seus discípulos dicindo:

13Vós sóde-lo sal da terra. Pero se o sal se volve insulso, ¿con que se vai salgar? Para

nada vale xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.

14Vós sóde-la luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade afincada na cima dun

monte. 15Tampouco se encende unha lámpada para poñela debaixo da artesa, senón

sobre o candeeiro, para que alume a tódolos da casa. 16Alume así a vosa luz ós homes,

para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos ceos.

3.

Mt 11, 25-30

Escondiches estas cousas ós sabios e reveláchelas ós humildes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Tomou Xesús a palabra e exclamou:

-Bendito sexas, meu Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas

cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde. 26Sí, meu Pai,

bendito sexas por che agradar iso así.

27Tódalas cousas ensinoume meu Pai; e ninguén coñece ó Fillo agás o Pai, nin coñece ó

Pai ninguén agás o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.

28Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.

29Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón, e

atoparedes acougo para as vosas almas; 30 porque o meu xugo é levadeiro e a miña

carga leviá.

4.

Xn 3, 16-21

Para que quen crea nel teña vida eterna

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

16De tal xeito amou Deus ó mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o

que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.

17Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que por el

se salve o mundo. 18O que cre nel, non é xulgado; mais o que non cre, xa está xulgado,

porque non creu no Fillo Unixénito de Deus. 19Nisto consiste o xuízo: en que, vindo a

luz ó mundo, os homes escolleron a tebra en vez da luz, pois as súas obras eran ruíns.

20Pois todo o que fai o mal, odia a luz e non vén cara á luz, para que non o delaten as

súas obras. 21Polo contrario, o que obra a verdade vén cara á luz, para que se vexan as

súas obras porque están feitas como Deus quere.

5.

Xn 14, 15-23. 26-27

Viremos onda el e faremos vida con el

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

15Se me amades, gardaréde-los meus mandamentos, 16e eu rogareille ó Pai, e daravos

outro Paráclito para que decote estea convosco: 17o Espírito da verdade. O mundo non

o pode acoller, pois non o ve nin o coñece; mas vós coñecédelo, pois permanece onda

vós e está en vós. 18Non vos deixarei orfos; logo volvo onda vós. 19Un pouquiño máis

e o mundo xa non me verá; pero vós habédesme ver, que eu vivo e tamén vós habedes

vivir. 20Naquel día coñeceredes que eu estou en meu Pai, e vós en min, e eu en vós.

21Quen ten os meus mandamentos e os garda, ese ámame; o que me ama será amado

por meu Pai, e eu amareino e manifestareime a el.

22Xudas, o outro, non o Iscariote, preguntoulle:

-¿Que pasou, para que ti vaias manifestarte a nós e non ó mundo?

23Xesús respondeulle:

-Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao, e viremos onda el, e

faremos vida con el.

26Pero o Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos

ensinar todo e traeravos á memoria canto eu vos dixen. 27Déixovo-la paz, dóuvo-la

miña paz: eu non vola dou coma o mundo a dá. Non vos angustiedes, nin teñades medo.

6.

Xn 15, 1-6:

Eu son a vide, vós os sarmentos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

15 1Eu son a verdadeira vide, e meu Pai é o labrador. 2O sarmento que en min non leva

froito, arríncao; e o que leva froito, límpao, para que leve máis froito aínda. 3Vós xa

estades limpos, pola palabra que vos teño falado. 4Permanecede en min e eu en vós.

Así como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non permanece na vide, vós

tampouco, se non permanecedes en min. 5Eu son a vide; vós os sarmentos. Quen

permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non podedes facer

nada. 6Se alguén non permanece en min, é coma os ramos arrincados fóra, que secan;

apáñanos, bótanos no lume e arden.

4. NA CELEBRACIÓN DA CONFIRMACIÓN

764

DO ANTIGO TESTAMENTO

1.

Is 11, 1-4a

Descansará sobre el o Espírito do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

Naquel día, 11 1sairá un retoño do pé da árbore de Ixaí

e un gromo brotará da súa raíz.

2Descansará sobre el o Espírito do Señor,

espírito de sabiduría e discernimento,

espírito de consello e fortaleza,

espírito de ciencia e temor do Señor.

3Sentirá a súa compracencia no temor do Señor.

Non xulgará conforme á aparencia dos seus ollos,

nin sentenciará conforme as faladurías dos seus oídos.

4Xulgará ó pobre conforme a xustiza,

e sentenciará con rectitude ós oprimidos da nación.

2.

Is 42, 1-3

Teño posto sobre el o meu espírito

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

Di o Señor:

42 1Velaí o meu servo, a quen teño collido da man;

velaí o meu escollido no que eu me comprazo.

Teño posto sobre el o meu espírito:

dictaralles sentencia xusta ás nacións.

2Non berrará,

non levantará a súa voz nin a fará oír nas rúas.

3Canivela fendida non a romperá,

e torcida esmorecente non a apagará.

Con fidelidade proclamará a xustiza

3.

Is 61, 1-3a. 6a. 8b-9

O Señor unxíume. Mándame anuncia-la boa nova ós pobres

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

61 1O Espírito do Señor está sobre min,

porque o Señor me unxiu.

Mándame anuncia-la boa nova ós pobres,

curar ós de corazón destrozado,

proclamarlles ós cativos a liberdade

e ós presos que abran os ollos,

2para proclamar un ano de gracia do Señor

e o día do rescate do noso Deus,

para consolar ós entristecidos,

3para agasallar ós tristes por Sión,

para darlles xoias en vez de po,

perfume de ledicia en vez de loito,

vestido de festa en vez de espírito amoucado.

6Vós seredes chamados sacerdotes do Señor,

8Si, eu daréille-la súa recompensa lealmente

e pactarei con eles unha alianza eterna.

9Será recoñecida entre os pobos a descendencia deles

e os seus renovos no medio das nacións.

Tódolos que os vexan recoñeceranos,

pois eles son a descendencia que o Señor bendixo.

4.

Ez 36, 24-28

Dareivos un espírito novo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE

EZEQUIEL

Veume esta palabra do Señor:

24Recollereivos das nacións,

xuntareivos de tódolos países

e traereivos á vosa terra.

25Asperxerei sobre vós auga purificadora

e quedaredes puros;

de tódalas vosas impurezas

e de tódalas vosas idolatrías heivos purificar.

26Dareivos un corazón novo

e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo;

sacarei da vosa carne

o corazón de pedra

e poreivos un corazón de carne.

27Porei nas vosas entrañas o meu espírito

e farei que camiñedes conforme os meus preceptos,

e que gardéde-los meus mandamentos e os cumprades.

28Viviredes no país que lles dei a vosos pais:

seréde-lo meu pobo

e eu serei o voso Deus.

5.

Xl 2, 23a. 26 - 3, 1-3a

Sobre os meus servos e servas verterei o meu Espírito

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XOEL

23Vós, fillos de Sión, brincade de alegría,

alegrádevos polo Señor, o voso Deus.

26Si, comeredes ata fartarvos, e louvaréde-lo Nome do Señor,

o voso Deus,

que actuou convosco facendo milagres,

deste xeito o meu pobo non se avergonzará endexamais.

27Entón recoñeceredes que eu estou no medio de Israel.

Si, eu, o Señor, o voso Deus, e ninguén máis ca min,

e o meu pobo non se avergonzará endexamais.

3 1Despois disto sucederá

que verterei o meu Espírito sobre toda carne,

e os vosos fillos e mailas vosas fillas

converteranse en profetas.

Os vosos anciáns soñarán soños,

os vosos mozos verán visións.

2Tamén sobre os servos e mailas servas

verterei naqueles días o meu Espírito.

3Farei prodixios no ceo e mais na terra

765

DO NOVO TESTAMENTO

1.

Feit 1, 3-8

Recibiréde-la forza do Espírito Santo que virá sobre vós e seredes miñas testemuñas

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

Xesús amosóuselle vivo ós seus apóstolos, con moitas probas

despois das súa paixón. Aparecéuselles durante corenta días e

faláballes das cousas referentes ó Reino de Deus. 4E comendo

con eles, encomendoulles que non se retirasen de Xerusalén,

senón que agardasen a promesa do Pai que me escoitastes a min:

5porque Xoán bautizou con auga, mais a vós bautizarásevos co

Espírito Santo, de aquí a poucos días.

6Os que estaban reunidos preguntábanlle:

-Señor, ¿é agora cando vas restablece-lo Reino de Israel?

7El respondeulles:

-Non vos acae a vós coñece-lo tempo ou a oportunidade que o Pai

fixou co seu propio poder. 8Pero recibiréde-la forza do

Espírito Santo, que virá sobre vós e seréde-las miñas

testemuñas en Xerusalén, en toda a Xudea e Samaría e ata os

confíns da terra.

2.

Feit 2, 1-6. 14. 22b-23. 32-33

Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

2 1Cando se cumpriron os días de Pentecostés, estaban todos

xuntos no mesmo sitio. 2De súpeto, veu do ceo un ruído coma dun

forte golpe de vento, que encheu toda a casa onde estaban; 3e

apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas,

foron pousando unha sobre cada un deles. 4Quedaron cheos do

Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme

lles concedía o Espírito.

5Había daquela en Xerusalén xudeus piadosos de tódalas nacións

da terra. 6O se producir aquel estrondo, xuntouse a xente e

ficou moi desconcertada, porque cada un os sentía falar na súa

propia lingua.

14Pero Pedro, de pé cos Once, levantou a voz e díxolles:

-Xudeus e tódolos que habitades en Xerusalén: entendede ben e

escoitade as miñas palabras:

22 fálovos de Xesús de Nazaret, home

acreditado por Deus ante vós por milagres, marabillas e sinais

que Deus fixo por El entre vós, como vós mesmos sabedes; 23a

este, entregado conforme ó plan establecido e á previsión de

Deus, matástelo crucificándoo por man de impíos.

32A este Xesús

resucitouno Deus, cousa da que todos nós somos testemuñas. 33E

agora, engrandecido pola dereita de Deus e recibido do Pai o

prometido Espírito Santo, espallouno, que é o que vós vedes e

sentides.

3.

Feit 8, 1. 4. 14-17

Impuxéronlle-las mans e recibían o Espírito Santo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

8 1 Aquel día levantouse unha grande

persecución contra a Igrexa de Xerusalén, e todos, agás os

apóstolos, dispersáronse polas terras da Xudea e da Samaría.

4Os que se dispersaron ían por todas partes, anunciando a

boa nova da Palabra.

14O sentiren dici-los apóstolos, que estaban en Xerusalén, que

Samaría acollera a palabra de Deus, mandáronlles a Pedro e a

Xoán. 15Baixaron logo alí, e oraron polos samaritanos, para que

recibisen o Espírito Santo, 16pois aínda non baixara sobre

ninguén deles: só os bautizaran no nome do Señor Xesús.

17Entón, fóronlles impoñendo as mans e recibiron o Espírito

Santo.

4.

Feit 10, 1. 33-34a. 37-44

Derramouse o Espírito Santo sobre tódolos que escoitaban a Palabra

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

10 1Había en Cesarea un home chamado Cornelio, capitán da

compañía chamada italiana, que lle dixo a Pedro:

33Mandeiche recado de contado e tivéche-la amabilidade de vir.

Agora, todos nós estamos na presencia de Deus para oírmos todo

o que o Señor che mandou.

34Tomou entón Pedro a palabra e dixo:

37Vós sabéde-lo que pasou en toda a Xudea,

comezando desde Galilea, despois do bautismo que Xoán predicou:

38como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de

Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a tódolos que

estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el. 39E nós

somos testemuñas de todo o que fixo no país dos xudeus e mais

en Xerusalén. Matárono, colgándoo dun madeiro. 40A este

resucitouno Deus ó terceiro día e concedeulle que se deixase

ver, 41non de todo o pobo, senón das testemuñas escollidas de

antemán por Deus: nós que comemos e bebemos con el, logo de que

resucitou de entre os mortos. 42E mandounos que predicasemos ó

pobo e atestemos que el é quen foi constituído por Deus xuíz de

vivos e de mortos. 43El é de quen tódolos profetas dan este

testemuño: tódolos que crean nel recibirán polo seu nome o

perdón dos pecados.

44Aínda Pedro estaba a dicir estas cousas, cando o Espírito

Santo veu sobre tódolos que escoitaban a palabra.

5.

Feit 19, 1b-6a

¿Recibíste-lo Espírito Santo con Fe?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

19 1Aconteceu que Paulo chegou a Éfeso. Encontrou

alí a algúns discípulos, e preguntoulles:

-¿Recibíste-lo Espírito Santo, cando abrazáste-la fe?

Eles respondéronlle:

-Nin sequera sentimos dicir que haxa un Espírito Santo.

3Díxolles:

-E logo, ¿que bautismo recibistes?

Eles responderon:

-O bautismo de Xoán.

4Entón díxolles Paulo:

-Xoán bautizaba cun bautismo de conversión, dicíndolle ó pobo

que cresen no que viña despois del, é dicir, en Xesús.

5Despois de sentiren isto, bautizáronse no nome do Señor

Xesús; 6e logo que Paulo lles impuxo as mans, veu sobre

eles o Espírito Santo.

6.

Rm 5, 1-2. 5-8

O Amor de Deus foi derramado nos nosos corazóns polo Espírito Santo que se nos

deu

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

5 1Xustificados pola fe, estamos en paz con Deus, por

medio do noso Señor Xesús Cristo. 2Por El temos tamén entrada a

esta gracia na que nos mantemos; e estamos orgullosos coa

esperanza de logra-la gloria de Deus.

5E a esperanza non falla,

porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o

Espírito Santo, que se nos deu.

6De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo

preciso, Cristo morreu polos impíos. 7Non é fácil, en verdade,

que alguén queira morrer por un home xusto (anque por un home

bo, quizais se atreva alguén a morrer); 8pero Deus

demostróuno-lo seu amor no feito de que, sendo aínda nós

pecadores, Cristo morreu por nós.

7.

Rm 8, 14-17

O Espírito rende testemuño co noso espírito de que somos fillos de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

14Cantos se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos

de Deus. 15Pois non recibistes un espírito de escravitude, para

volverdes ó medo. Non. Vós recibistes un espírito de fillos

adoptivos, gracias ó que podemos gritar: ¡''Abbá'': Pai! 16Este

mesmo Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos

fillos de Deus. 17E, se fillos, tamén herdeiros: herdeiros de

Deus e coherdeiros con Cristo; xa que, se padecemos con El, é

para sermos tamén despois glorificados con El.

8.

Rm 8, 26-27

O mesmo Espírito interpela con xemidos indescriptibles

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

26O Espírito acode a axuda-la nosa

debilidade. Nós non sabemos como debemos orar para pedi-lo que

convén; pero o Espírito en persoa intercede por nós con xemidos

máis fondos cás palabras. 27E o Deus que escruta os corazóns,

coñece a intención do Espírito, pois El intercede polos crentes,

conforme á vontade de Deus.

9.

1 Cor 12, 4-13

Un único Espírito, repartindo a cada un como a El lle parece

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

4Hai diversidade de dons, pero un mesmo Espírito. 5Hai

diversidade de servicios, pero un mesmo Señor. 6Hai diversidade

de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen realiza todo en

todos.

7A cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o ben

común. 8A un o Espírito dálle palabra de sabiduría; a outro

palabra de ciencia o mesmo Espírito; 9a aqueloutro o mesmo

Espírito concédelle fe. 10A un este mesmo Espírito dálle o don

de curacións; a outro, o don de facer milagres; a outro, o don

da profecía; a outro, discernimento de espíritos. A

un, don de falar distintas linguas; a outro, o saber interpretar

esas linguas. 11Pero todo isto é un e o mesmo Espírito quen o

realiza, repartindo a cada un en particular, como a El lle

parece.

12Porque igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e

todos estes membros, con seren moitos, non fan máis dun corpo:

así tamén Cristo. 13Porque a todos nos bautizaron nun único

Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma

gregos, tanto escravos coma libres. E a todos se nos deu a

beber un único Espírito.

10.

Gál 5, 16-17. 22-23a. 24-25

Se vivimos polo Espírito, andemos conforme ó Espírito

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

Irmáns e irmás:

16Quérovos dicir que vivades conforme o Espírito e, que

non lles deades polo pé ós proídos do instinto. 17Porque os

baixos instintos cobizan contra o Espírito e o Espírito contra

os baixos instintos: contraríanse entre eles tanto, que non

facéde-lo que de verdade queredes.

22En cambio o froito do Espírito é o amor, alegría, paz,

paciencia, agarimo, bondade, formalidade, 23mansedume e

dominio de si.

24Os de Cristo Xesús crucificaron os baixos instintos coas súas

paixóns e cobizas. 25Se vivimos no Espírito, sigamos como norma

ó Espírito.

11.

Ef 1, 3a. 4a. 13-19a

Quedastes selados co Espírito Santo prometido

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

3¡Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que nos escolleu antes da

formación do mundo.

13Nel tamén vós, despois de escoitárde-la mensaxe da verdade, o

Evanxeo da vosa salvación, e crerdes nel, quedastes selados

co Espírito Santo prometido, 14que é garantía da nosa herdanza,

para redención dos que chegamos a ser propiedade del, para

louvanza da súa gloria.

15Por iso, tamén eu, tendo oído falar da vosa fe no Señor Xesús

e do voso amor a tódolos crentes, 16non paro de lle dar gracias

a Deus por vós, recordándovos nas miñas oracións, 17de xeito

que o Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai glorioso, vos

conceda espírito de sabedoría e de revelación, para coñece-lo

ben; 18que manteña iluminados os ollos da vosa alma, para que

comprendáde-las esperanzas que abre a súa chamada, a riqueza

que supón a súa gloriosa herdanza destinada ós crentes, 19e

extraordinario portento que é o seu poder verbo de nós, os que

cremos.

12.

Ef 4, 1-6

Un corpo e un Espírito, un bautismo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

4 1Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes

segundo a dignidade da chamada que recibistes, 2con total

humildade, sinxeleza e paciencia, aturándovos uns a outros con

amor, 3esforzándovos por mante--la unidade do espírito no

vínculo da paz. 4Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo

xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa

vocación. 5Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6e un

só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en

todos.

766

SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 21, 23-24. 26-27. 28 e 31-32

R/ (23a): Falareilles de ti ós meus irmáns

Ou (Xoán 15, 26-27): Cando veña o Paráclito, daredes testemuño acerca de min

V/ 23Eu falareilles de ti ós meus irmáns,

louvareite no medio da asemblea.

24Servidores do Señor, louvádeo,

liñaxe de Xacob, glorificádeo,

liñaxe de Israel, temédeo.

26De ti vén a miña louvanza na asemblea;

cumprirei os meus votos, ante os que te temen.

27Os pobres comerán ata fartarse,

louvarán ó Señor os que o buscan

e disfrutarán de vida duradeira.

28Acordarán e volverán ó Señor

tódolos confíns da terra;

axeonllaranse na súa presencia

as familias todas dos pobos.

31A súa posteridade hao servir

e proclamará ó Señor polas xeracións.

32Cando veñan, cantarán a súa xustiza

e as súas obras, ós que nazan.

2.

Sal 22, 1-3. 4. 5. 6.

R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta

V/ 1O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Os pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

3.

Sal 95, 1-2a. 2b-3. 9-10a. 11-12

R/ (Cf 3): Cantade entre as xentes as marabillas de Deus

V/ 1Cantádelle ó Señor un cántico novo,

cántalle ó Señor, terra enteira;

2cantade ó Señor e bendicide o seu nome,

pregoade tódolos días a súa salvación;

3cantade entre as xentes a súa gloria;

ante tódolos pobos, as súas marabillas.

9adorade ó Señor con vestido sagrado,

treme na súa presencia a terra enteira.

10Dicide entre as xentes:

"O Señor reina,

11Alégrese o ceo, exulte a terra,

brúe o mar e canto o enche;

12rían os campos e o que hai neles,

rebrinquen as árbores do bosque

4.

Sal 103, 1ab e 24. 27-28. 30-31. 33-34

R/ (30): Mánda-lo teu Espírito, Señor, e renóva-la cara da terra

V/ 1Alma miña, bendí ó Señor.

Señor, meu Deus, ti es moi grande

24¡Cantas son, Señor, as túas obras,

todas feitas con saber!

A terra está chea das túas creaturas.

27Todos agardan de ti

que lles botes comida ó seu tempo.

28Cando a botas, atrápana;

ábre-la man, e fártanse de bens.

30Mánda-lo teu alento, e son creados

e renóva-la cara da terra.

31Gloria ó Señor por sempre,

alégrese o Señor coas súas obras.

33Cantarei ó Señor mentres viva,

salmearei ó meu Deus mentres exista.

34Que El acolla o meu cantar

e alegrareime eu no Señor.

5.

Sal 116, 1. 2

R/ Seréde-las miñas testemuñas ata os confins da terra

Ou: Aleluia

V/ 1Louvade ó Señor tódalas xentes,

aclamádeo tódolos pobos.

2O seu amor connosco é firme,

a súa fidelidade dura sempre.

6.

Sal 144, 2-3. 4-5. 8-9. 10-11. 15-16. 21

R/ Bendicirei o teu nemo, Señor, por sempre

V/ 2Bendicireite o día enteiro,

louvarei por sempre o teu nome.

3Grande é o Señor e digno de louvanza,

a súa grandeza é insondable.

4Unha xeración gáballe a outra os teus feitos

e cóntalle as túas fazañas.

5Falan da gloria da túa maxestade,

e eu refiro as túas marabillas.

8O Señor é clemente e compasivo,

tardo á ira e rico en amor.

9O Señor é bo para todos,

garimoso con tódalas súas obras.

10Lóuvente, Señor, as túas obras,

bendígante os teus amigos.

11Pregoen a gloria do teu reino,

proclamen as túas fazañas.

15Tódolos ollos cara a ti agardan

que ti lles déa-lo sustento ó seu tempo.

16Abres ti a túa man

e dáslle fartura a todo ser vivo.

21A miña boca pregoará as louvanzas do Señor

e tódolos seres vivos bendicirán o seu nome santo

polos séculos dos séculos

767

ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

Xn 14, 16

Rogareille ó Pai e daravos outro Paráclito

para que estea convosco eternamente

2.

Xn 15, 26b. 27a

O Espírito da Verdade dará testemuño acerca de min, di o Señor,

e tamén vós dades testemuño

3.

Xn 16, 13a; 14, 26d

Cando veña o Espírito da Verdade, havos encamiñar á verdade plena;

e traeravos á memoria canto eu vos dixen

4.

Ap 1, 5a. 6a

Xesús Cristo, testemuña fiel, primoxénito dos mortos,

convertíchenos nun reino, en sacerdotes para Deus o noso Pai

5.

Ven, Espírito Santo,

envíanos desde o ceo un raio da túa luz

6.

Ven, Espírito Santo, enche os corazóns dos teus fieis

e acende neles o lume do teu amor

768 EVANXEOS

1.

Mt 5, 1-12a

Déles é o Reino dos ceos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

5 1 Xesús, ó ve-la multitude, subiu ó monte e sentou.

Achegáronselle os seus discípulos; 2e el, tomando a palabra,

ensinábaos dicindo:

-3Ditosos os que teñen espírito de pobres,

porque deles é o Reino dos ceos.

4Ditosos os que choran,

porque eles serán consolados.

5Ditosos os non violentos,

porque eles herdarán a terra.

6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,

porque eles ficarán fartos.

7Ditosos os misericordiosos,

porque eles acadarán a misericordia.

8Ditosos os de corazón limpo,

porque eles verán a Deus.

9Ditosos os que traballan pola paz

porque eles serán chamados fillos de Deus.

10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,

porque deles é o Reino dos ceos.

11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de

calquera xeito pola miña causa: 12alegrádevos e reloucade,

porque grande será a vosa recompensa nos Ceos

2.

Mt 16, 24-27

Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

24Dilles Xesús ós seus discípulos:

-Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo,

que cargue coa súa cruz que me siga. 25Porque quen queira poñer

a salvo a súa vida, perderaa; pero quen a perda pola miña causa, poñeraa a salvo.

26Pois ¿de que lle serve ó home gaña-lo mundo enteiro

se perde a súa vida? E ¿que pode dar un home para recobra-la súa vida?

27Porque o Fillo do Home

ha vir coa gloria de seu Pai entre os anxos; entón pagará a

cadaquén conforme á súa conducta.

3.

Mt 25, 14-30

Xa que fuches fiel no puco, pasa a disfrutar da festa do teu Señor

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos esta parábola:

14Un home, tendo que saír de viaxe, chamou polos seus criados e déulle-lo coidado da

súa facenda. 15A un deulle cinco talentos, a outro dous e a outro un, a cadaquén

segundo a súa capacidade; despois marchou.

16De seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros cinco.

17Do mesmo xeito o que recibira dous, gañou outros dous. 18Pero o que recibira un foi

cavar un burato na terra e escondeu os cartos do seu amo.

19O cabo de moito tempo chegou o señor daqueles criados, pedíndolles contas. 20Chegou

o que recibira cinco talentos e presentoulle outros cinco dicindo: "señor, cinco

talentos me entregaches, velaquí outros cinco que gañei". 21Díxolle o señor: "Ben,

criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a

disfrutar da festa do teu señor". 22Chegou o que recibira dous talentos e dixo: "señor,

dous talentos me entregaches, velaquí outros dous que gañei". 23E díxolle o señor:

"Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito:

pasa a disfrutar da festa do teu señor".

24Chegou tamén o que recibira un talento e díxolle: "señor, sei moi ben que es un home

duro, que seituras onde non sementaches e recolles onde non botas. 25Por iso collín

medo, e fun agachar na terra o teu talento; aquí te-lo que é teu". 26Pero o señor

respondeulle: "¡Mal criado, lacazán! ¿Conque sabías que seituro onde non semento e

ecollo onde non boto? 27Pois, poñía-los meus cartos no banco e, así, cando eu volvese,

podía colle--los cartos e mailos intereses. 28Así que quitádelle o talento e dádello ó que

ten dez. 29Porque ó que ten, háselle dar e abondo; pero ó que non ten, aínda o que ten se

lle ha quitar. 30E ó criado inútil botádeo fóra á escuridade, onde será o pranto e mailo

renxer dos dentes".

4.

Mc 1, 9-11

Viu que o Espírito baixaba sobre el

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

9Por aqueles días chegou Xesús desde Nazaret de Galilea, e Xoán bautizouno no

Xordán. 10E de seguida, mentres saía da auga, viu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma

unha pomba, o Espírito Santo. 11E unha voz deixouse oír desde o ceo:

-Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto.

5.

Lc 4, 16-22a

O Espírito do Señor está sobre min

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

16Chegou Xesús a Nazaret, onde se criara, e o sábado entrou, como estaba afeito, na

sinagoga. Ergueuse para face-la lectura, 17e déronlle o libro do profeta Isaías. Abriuno e

atopou unha

pasaxe que dicía:

18O espírito do Señor está sobre min

porque El foi quen me unxiu

para proclamárlle-la Boa Nova ós pobres.

Mandoume para lles anuncia-la liberación ós secuestrados

e a vista ós cegos,

para lles dar liberdade ós asoballados,

19e proclama-lo ano de gracia do Señor.

20Pechando o libro, devolveullo ó encargado, e sentou. Tódolos

ollos da sinagoga enteira estaban fixos nel. 21Logo empezoulles

a dicir:

-Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da Escritura.

22E todos se lle puxeron á contra, estrañados polas

palabras de gracia que saían da boca del.

6

Lc 8, 4-10a. 11b-15

Os da boa terra son aqueles que reteñen a Palabra e producen froito coa súa

perseverancia

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

4Como se xuntaba moita xente e chegaran de moitas vilas xunto a Xesús, díxolles:

-5Unha vez saíu un labrador a sementar. E ó bota-la semente,

parte dela foi caendo polo camiño adiante, a xente pisouna e os

paxaros comérona. 6Outra caeu entre as pedras, pero anque

xermolou, secou, por non ter lentura. 7Outra caeu entre silvas,

pero ó medra-la silveira, afogouna. 8Outra caeu en boa terra, e

xermolou dando o cento por un.

A continuación exclamou:

-Quen teña oídos para oír, que escoite.

9Entón preguntáronlle os seus discípulos que significaba

aquela parábola. 10El respondeu:

11 A semente é a Palabra de Deus.

12Os do camiño son os que tan pronto como oen a Palabra, vén o

Satán e arrepáñallela do seu corazón, non vaia ser que crean e

se salven. 13Os das pedras son aqueles que cando a oen, acollen

con alegría a Palabra; pero, como non teñen raíz, cren por

certo tempo, mais, cando vén a tentación, abandonan. 14Os das

silvas son os que a escoitan; pero por mor das preocupacións,

riquezas e praceres da vida, non chega a madurecer. 15Os da

terra boa, son aqueles de bo e xeneroso corazón, que escoitando

a Palabra, retéñena, producindo froito coa súa perseverancia.

7.

Lc 10, 21-24

Bendito sexas, Pai, porque lle revelaches estas cousas ós humildes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

21Exclamou Xesús cheo de gozo do Espírito Santo:

-Bendito sexas, Pai, Señor do Ceo e mais da terra, porque

lles agachaches estas cousas ós sabios e ós prudentes,

e llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai,

bendito sexas por che agradar iso así.

22Meu Pai ensinoume tódalas cousas, e ninguén coñece ó Fillo a

non se-lo Pai, nin coñece ó Pai a non se-lo Fillo, e aquel a

quen o Fillo llo queira revelar.

23E volvéndose ós discípulos, díxolles á parte:

-Benia os ollos que ven o que vós vedes. 24Porque é ben certo

que moitos profetas e reis arelaron ve-lo que vós vedes, e non

o viron; e oí-lo que vós oídes, e non o oíron.

8.

Xn 7, 37b-39

Deitaranlle regueiros de auga viva

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Di Xesús:

-Se alguén ten sede, que veña onda min e beba quen cre en

min. 38Como di a Escritura, deitaranlle do seu ventre

regueiros de auga viva. 39(Isto dicíao do Espírito que

habían recibir cantos creran nel: pois aínda non había

espírito, porque Xesús non fora aínda glorificado).

9.

Xn 14, 15-17

O Espírito da verdade permanecerá convosco

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

15Se me amades, gardaréde-los meus mandamentos, 16e eu

rogareille ó Pai, e daravos outro Paráclito para que decote

estea convosco: 17o Espírito da verdade. O mundo non o pode

acoller, pois non o ve nin o coñece; mas vós coñecédelo, pois

permanece onda vós e está en vós.

10.

Xn 14, 23-26

O Espírito Santo havos ensinar todo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

-Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai

amarao, e viremos onda el, e faremos vida con el. 24O que

non me ama, non garda as miñas palabras; e a palabra que

escoitades de min, non é miña, é do Pai que me mandou.

25Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco; 26pero o

Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome,

ese havos ensinar todo e traeravos á memoria canto eu vos

dixen.

11.

Xn 15, 18-21. 26-27

O Espírito da verdade, que procede do Pai, dará testemuño acerca de min

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

18Se o mundo vos aborrece, sabede que me aborreceu a min antes

do que a vós. 19Se fosedes do mundo, o mundo amaríavos coma

cousa propia; pero, como eu vos escollín do mundo, por iso o

mundo aborrécevos. 20Lembrádevos da palabra que vos dixen: non

hai servo maior có seu señor; se a min me perseguiron, hanvos

perseguir tamén a vós;

se gardaron a miña palabra, tamén gardarán a vosa.

21Todo isto hánvolo facer por causa miña, pois non coñeceron a

quen me mandou.

26Cando veña o Paráclito que eu vos hei de mandar de onda o

Pai, o Espírito da Verdade que vén do Pai, dará testemuño

acerca de min; 27e tamén vós daredes testemuño, pois levades

comigo desde o comezo.

12.

Xn 16, 5-7. 12-13a

O Espírito da verdade havos encamiñar á verdade plena

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

5Agora voume onda o que me mandou e ningún de vós me

pregunta: ''¿Onde vas''? 6O contrario porque vos dixen estas

cousas, a tristura encheu os vosos corazóns.

7Pero eu dígovo-la verdade: convenvos que eu me vaia; pois, se

eu non me vou, non virá a vós o Paráclito; en cambio, se eu me

vou, mandareino onda vós.

12Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero non podedes con

elas agora. 13Cando veña El, o Espírito da Verdade, havos

encamiñar á verdade plena.

769 NA PRIMEIRA COMUÑON DOS NENOS

As lecturas pódense tomar, totalmente ou en parte, da Misa do día, ou da Misa Na

Iniciación Cristiá (nn. 751-755), ou da Misa votiva da Santísima Eucaristía (nn.

976-981)

VI. NA CELEBRACIÓN DO MATRIMONIO

801 DO ANTIGO TESTAMENTO

1.

Xén 1, 26-28. 31a

Creounos macho e femia

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

Dixo Deus: -Fagámo-lo home á nosa imaxe e á nosa

semellanza, e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo,

nos animais domésticos e nos reptís todos da terra.

27E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus,

creouno varón e femia. 28E bendíxoos así: -Reproducídevos,

crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do

mar, nos paxaros do ceo e nos reptís todos da terra.

31Viu Deus canto fixera e era de verdade moi bo.

2.

Xén 2, 18-24

E serán unha mesma carne

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

O Señor Deus pensou:

-Non está ben o home só. Vou facer

para el unha axuda ó seu xeito. 19O Señor Deus formou de

terra as feras do monte e os paxaros do ceo, e

presentoullos ó home, para ver que nomes lles puña. Cada

ser vivo levaría o nome que o home lle puxese. 20O home

púxolles nomes ós animais domésticos, ós paxaros do ceo e

ás feras do monte. Pero entre eles non había unha axuda ó

seu xeito.

21Entón infundiu o Señor Deus un sono profundo no home, e

este adormeceu. Tiroulle unha costela e cerrou con carne o

sitio. 22Da costela do home formou unha muller e

presentoulla ó home.

23O home exclamou: -Agora esta é coma min, o mesmo óso, a mesma

carne. Chamarase muller, porque foi tirada do home. 24Por iso

deixa o home seu pai e súa nai para xuntarse coa súa muller e

faceren un mesmo corpo.

3.

Xén 24, 48-51. 58-67

Amou Isaac a Rebeca e consolouse da morte de súa nai

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

Por aqueles días, o servo de Abraham díxolle a Laban:

Bendixen ó Deus do meu amo Abraham,

que me guiou polo bo camiño, ata atopar para muller de

seu fillo a filla de seu irmán. 49Agora, se pensades

comportarvos co meu amo con amor e lealdade, dicídemo; e se

non, dicídemo tamén, para que eu saiba o que hei facer.

50Labán e Betuel responderon: -A cousa vén de Deus. Nós nada

podemos xa dicirche, nin se está ben nin se está mal. 51Aí tes

a Rebeca diante túa. Tómaa e vaite, e sexa a muller do fillo do

teu amo, conforme dispuxo o Señor.

58Chamaron, pois, a Rebeca e preguntáronlle:

¿Queres ir con este home?

E ela dixo: -Quero.

59Entón despediron a Rebeca coa súa ama de leite e ó criado de

Abraham cos seus compañeiros. 60A Rebeca botáronlle este

bendición:

-Ti, nosa irmá,

que crezas por milleiros,

que os teus descendentes se adonen

das cidades dos teus inimigos.

61Rebeca e as súas servas montaron nos camelos e seguiron ó

home. Este fíxose cargo de Rebeca e púxose ó camiño.

62Isaac acababa de vir de onda o pozo de Lahai-roí e de se

asentar no Négueb. 63A caída da tarde saíu á campía caviloso.

Erguendo os ollos, viu vir unha caravana de camelos.

64Tamén Rebeca ergueu a vista e reparou en Isaac. Baixou do

camelo 65e preguntoulle ó criado: -¿Quen é aquel que vén pola

campía cara a nós?

O criado respondeulle: -É o meu amo.

Ela entón colleu o veo e cubriuse. 66O criado deu conta a

Isaac de todo o que lle acontecera. 67Isaac introduciu a

Rebeca na tenda de Sara súa nai, tomouna por súa muller e

amouna, ata consolarse da morte de súa nai.

4.

Tob 7, 6-14

Que o Señor do ceo dispoña o ben para vós, fillo, e vos manifeste a súa misericordia e a

súa paz

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE TOBÍAS

Por aqueles días, 6Reuel levantouse dun brinco e abrazouse a Tobías chorando. Logo

falou e díxolle:

-Sexas benvido, fillo. Tes un pai excelente. ¡Que mágoa que un home tan bo, que facía

tantas esmolas, quedase cego!

E botándose ó pescozo do seu irmán Tobías, volveu chorar. 7A súa muller Édnah

chorou tamén por Tobit, e a súa filla Sárah tamén empezou a chorar. 8Despois matou un

carneiro do rabaño e recibiunos con moito amor.

9Lavados xa e bañados, cando se foron sentar á mesa, Tobías dixo a Rafael:

-Irmán Azarías, pregúntalle a Reuel se me dá a miña irmá, Sárah.

10Reuel oíu isto e díxolle ó mozo:

-Come, bebe e aproveita a tarde, pois non lle corresponde a ninguén máis ca a ti, irmán,

casar coa miña filla, Sárah, nin eu podo darlla a outro que non sexas ti, pois e-lo parente

máis próximo. Sen embargo, meu fillo, vouche dicir toda a verdade. 11Xa llela dei a

sete homes de entre os nosos parentes, e todos morreron a noite mesma que ían con ela.

Pero agora come, fillo, e bebe e o Señor intervirá no teu favor. Mais Tobías dixo:

-Non comerei bocado nin beberei aquí cousa ningunha mentres non resolvas este

asunto.

Reuel díxolle:

-Moi ben, vouno facer. Xa que ela che pertence segundo a decisión do libro de Moisés;

é o Ceo quen decide que cha dea. Recibe, pois, a túa irmá. A partir deste momento, ti elo

seu irmán e ela a túa irmá. Entrégocha a partir de hoxe e para sempre. O Señor do ceo

fará que esta noite sexa boa para ámbolos dous, fillo. Que vos manifeste a súa

misericordia e a súa paz.

12Reuel chamou entón a Sárah, ela veu onda el. Tomándoa pola man, entregoulla a

Tobías dicindo:

-Recíbea segundo a Lei e segundo a decisión consignada no libro de Moisés, que cha

dá por muller. Tómaa e lévaa sen medo a teu pai. Que o Deus do ceo vos conduza en

paz.

13Despois chamou á nai de Sárah e mandoulle traer con que escribir. E redactou o

documento do contrato de matrimonio, no que se consignaba que lla daba por muller

segundo a decisión da Lei de Moisés. 14Só entón comezaron a comer e beber.

5.

Tob 8, 4b-8

Que cheguemos os dous sans á vellez

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE TOBÍAS

(A tarde da voda) Tobías díxolle a Sárah:

-Érguete, irmá, recemos e supliquemos ó Señor para que nos conceda a súa misericordia

e saúde.

5Ela ergueuse e puxéronse a rezar e a suplicar, para que se

lles concedese a saúde. E el dixo:

-Bendito sexas, ti, Deus de nosos pais.

Bendito o teu nome en tódalas xeracións do futuro.

Que te louven os ceos e toda a creación en tódolos séculos.

6Ti creaches a Adam,

e fuches ti quen lle deches unha axuda e sostén, a súa

muller Eva,

e de ambos naceu a raza dos homes.

Fuches ti quen dixeches:

Non está ben que o home viva só:

fagámoslle unha axuda semellante a el.

7Agora, pois, non é desexo ilexítimo o que me move a tomar

por esposa esta irmá que teño aquí; senón o amor de

verdade.

Ordena que se nos outorgue misericordia tanto a ela como a min,

e que cheguemos xuntos á vellez.

8Despois dixeron á vez:

-Amén, amén.

6.

Cant 2, 8-10. 14. 16a; 8, 6-7a

O amor e tan forte como a morte

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO CANTAR DOS

CANTARES

8¡Escoitade! ¡É o meu amigo! ¡Aí o vén!

¡Choutando polos montes, brincando por outeiros!

9Semella o meu amigo unha gacela

ou un cerviño novo.

¡Velaí que parou tralo noso muro,

albisca polas fiestras,

axexa polas reixas!

Aí vén o maio

10Faloume o meu amigo; así dicía:

-"¡Érguete, amada miña, fermosa miña,

ven xa!".

14¡Miña pomba, nas fendas dos penedos,

nos recantos das rochas,

faime ve-la túa figura,

faime oí-lo teu falar,

que é doce esa voz túa,

e o teu xeito, lanzal!

16Para min é o meu amigo e eu son para el.

6 (Díxome:)¡Márcame coma un selo no corazón,

coma un selo no teu brazo!

Pois é rexo como a morte o Amor,

duros coma o xeol son os celos;

son os seus lóstregos coruscar de lume,

divina labarada.

7Mil torrenteiras non o poden amatar

nin alagalo a riada.

7.

Eclo 26, 1-4. 16-21 (gr 1-4. 13-16)

Coma raiola o sol por riba dos cumios

así a beleza da muller na casa ben gobernada

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO

26 1Benia o marido de muller xeitosa:

vive días dobrados.

2A muller de valer engorda ó marido:

anos que viva, sempre andará ledo.

3Muller boa, boa partilla:

tócalle en sorte a quen teme ó Señor;

4sexa rico ou pobre sempre dá bo tempo

e en todo momento pon cara riseira.

16Coma raiola o sol por riba dos cumios

así a beleza da muller na casa ben gobernada.

17Candea que aluma no santo lampadario

é unha cara belida sobre un corpo xeitoso.

18Columnas de ouro baseadas en prata

son as pernas lanzais sobre pés ben plantados.

28Dúas cousas énchenme o ánimo de tristura

e unha terceira de carraxe:

o paladín impedido pola pobreza,

o desprezo de homes intelixentes,

e o que vira da virtude ó pecado;

o Señor resérvalle a espada.

8.

Xer 31, 31-32a. 33-34a

Pactarei coa casa de Xudá e co reino de Israel unha alianza nova

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

31Velaquí os días

-é o Señor quen fala-

nos que pactarei coa casa de Xudá e co reino de Israel

unha alianza nova;

32non coma a alianza que pactei cos seus pais,

o día no que os collín pola man

para os sacar do país de Exipto.

33Velaquí o pacto que eu hei pactar coa casa de Israel

despois deses días -é o Señor quen fala-:

Hei mete-la miña lei nas súas entrañas,

escribireina nos seus corazóns,

serei para eles o seu Deus,

e eles serán para min o meu pobo.

34Xa ninguén terá que instruír ó compañeiro,

xa ninguén terá que instruí-lo seu irmán,

dicíndolle: "Respectade ó Señor";

senón que todos eles me farán caso,

desde o máis noviño ó máis grande

-é o Señor quen fala-.

802 DO NOVO TESTAMENTO

1.

Rm 8, 31b-35. 37-39:

¿Quen nos pode arredar do amor de Cristo?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Se Deus está connosco, ¿quen contra nós? 32Aquel que non aforrou a seu propio fillo

senón que o entregou por todos nós, ¿como non nos vai regalar todo xunto con El?

33¿Quen acusará ós escolleitos de Deus? -Sendo Deus o que perdoa.

34¿Quen os vai condenar? ¿Cristo Xesús, o que morreu, mellor, o

que resucitou, o que está á dereita de Deus e que intercede por nós?

35¿Quen nos pode arredar do amor de Cristo? ¿A tribulación, a

angustia, a persecución, a fame, a nudez, o perigo, ou a espada?

-37Pero en todas estas cousas vencemos coa axuda daquel que nos

amou. 38Porque estou seguro de que nin a morte nin a vida, nin

os anxos nin os principados, nin o presente nin o porvir, nin

as potestades, 39nin a altura nin o abismo, nin calquera outra

creatura nos poderá afastar do amor que Deus nos ten en Cristo

Xesús, noso Señor.

2.

Rm 12, 1-2. 9-18 (máis loga) ou 1-2. 9-13 (máis breve)

Ofrecede os vosos corpos como sacrificio vivo, santo, grato a Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

12 1Rógovos, irmáns, pola misericordia de Deus, que

ofrezáde-los vosos corpos como sacrificio vivo, santo, grato a

Deus: como o voso culto espiritual. 2E non vos axustedes ó

mundo presente. Transformádevos, máis ben, pola renovación da

mente, para que poidades coñecer cal é a vontade de Deus: o bo,

o que lle agrada, o perfecto.

9Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e

apegádevos ó ben: 10sede cariñosos uns cos outros, coma

irmáns; competide na estima mutua; 11no traballo non

teñades preguiza; no espírito afervoados; para o Señor,

como escravos. 12Alegres na esperanza, con constancia no

sufrimento, afincados na oración; 13solidarios nas

necesidades dos santos e practicando a hospitalidade.

14Bendicide ós que vos perseguen, bendicide e non maldigades.

15Alegrádevos cos que están alegres, chorade cos que choran.

16Tédevos na mesma estima uns a outros: non vos deades aires de

grandeza, senón acomodádevos ós humildes. Non vos teñades por

moi sabidos.

17Non volvades mal por mal a ninguén: que todo o mundo vexa que

procuráde-lo ben. 18No posible, en canto dependa de vós,

mantede a paz con tódolos homes.

Ou máis breve

12 1Rógovos, irmáns, pola misericordia de Deus, que

ofrezáde-los vosos corpos como sacrificio vivo, santo, grato a

Deus: como o voso culto espiritual. 2E non vos instaledes no

mundo presente. Transformádevos, máis ben, pola renovación da

mente, para que poidades coñecer cal é a vontade de Deus: o bo,

o que lle agrada, o perfecto.

9Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e

apegádevos ó ben: 10sede cariñosos uns cos outros, coma

irmáns; competide na estima mutua; 11no traballo non

teñades preguiza; no espírito afervoados; para o Señor,

como escravos. 12Alegres na esperanza, con constancia no

sufrimento, afincados na oración; 13solidarizándovos coas

necesidades dos santos e practicando a hospitalidade.

3.

1 Cor 6, 13c-15a. 17-20

Os vosos membros son templo do Espírito Santo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

13O corpo non é para a fornicación, senón para o Señor; e o

Señor é para o corpo. 14E Deus, que resucitou xa a Cristo,

tamén nos ha resucitar a nós polo seu poder.

15¿Non sabedes que os vosos corpos son membros de Cristo?

17Pola contra, quen se xunta ó Señor, é un mesmo espírito con El. 18Fuxide da

fornicación. Calquera pecado que o home poida cometer, cae fóra do corpo; pero quen

fornica peca contra o seu propio corpo.

19¿Ou non sabedes que o voso corpo é templo do Espírito Santo

que está en vós, porque o recibistes de Deus e que polo tanto

non sodes donos de vós? 20Porque, en verdade, compróusevos a bo

prezo. Glorificade, por tanto, a Deus co voso corpo.

4.

1 Cor 12, 31 - 13, 8a

Se non tiver amor, nada me aproveitaría

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

31Cobizade os carismas mellores. Pero,

ademais aínda vos vou mostra-lo camiño por excelencia:

13 1Por moito que eu falase as linguas todas dos homes e as dos

anxos, se non tiver amor, non sería máis ca un bronce que resoa

ou un pandeiro que repenica.

2Por moito que eu falase inspirado e comprendese tódolos

misterios e mais toda a ciencia e tivese tanta fe que

movese os montes, se non tiver amor, non sería nada.

3Por moito que eu reparta todo o que teño e me deixe

queimar vivo, se non tiver amor, non me sería de proveito

ningún.

4O amor é de corazón grande, é servicial. O amor non ten

envexa, non ten fachenda, non se ensoberbece; 5non é malcriado,

non busca a súa comenencia, non se alporiza, non garda malicia;

6non simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade.

7Disculpa sempre, fíase sempre, espera sempre, atura sempre.

8O amor non pasa endexamais.

5.

Ef 5, 2a. 21-33 (máis longa) ou 2a. 25-32 (máis breve)

Grande misterio é este; e eu refíroo a Cristo e á Igrexa

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

2Camiñade no amor, igual ca Cristo, que vos

amou e que se entregou por nós

21Sede ben guiados uns cos outros por respeto a Cristo: 22as

mulleres sométanse ós propios maridos, como se fose o Señor,

23pois o marido é cabeza da muller, como tamén Cristo é cabeza

da Igrexa, o salvador do Corpo. 24E, como a Igrexa se somete a

Cristo, así tamén as mulleres ós seus maridos, en todo.

25Homes, amade as vosas mulleres, como tamén Cristo amou a

Igrexa e se entregou por ela 26para santificala, purificándoa

co baño de auga na palabra, 27e para presentala deste xeito

diante de si, radiante, sen lixo nin enruga nin cousa polo

estilo senón santa e inmaculada. 28Así deben tamén os maridos

ama-las súas mulleres coma os seus propios corpos. Quen ama a

súa muller, ámase a si mesmo, 29porque ninguén odiou endexamais

a súa propia carne senón que a mantén e aquece, como fai Cristo

coa Igrexa, 30porque somos membros do seu corpo.

31''Por iso deixará o home a seu pai e mais a súa nai e unirase

á súa muller e serán os dous un único ser''. 32Grande misterio

é este e eu refíroo a Cristo e á Igrexa. 33En calquera caso,

todos e cada un de vós, debe ama-la súa muller coma a si mesmo;

e a muller, que respete ó seu marido.

Ou máis breve:

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

2Camiñade no amor, igual ca Cristo, que vos

amou e que se entregou por nós

25Homes, amade as vosas mulleres, como tamén Cristo amou a

Igrexa e se entregou por ela 26para santificala, purificándoa

co baño de auga na palabra, 27e para presentala deste xeito

diante de si, radiante, sen lixo nin enruga nin cousa polo

estilo senón santa e inmaculada. 28Así deben tamén os maridos

ama-las súas mulleres coma os seus propios corpos. Quen ama a

súa muller, ámase a si mesmo, 29porque ninguén odiou endexamais

a súa propia carne senón que a mantén e aquece, como fai Cristo

coa Igrexa, 30porque somos membros do seu corpo.

31''Por iso deixará o home a seu pai e mais a súa nai e unirase

á súa muller e serán os dous un único ser''. 32Grande misterio

é este e eu refíroo a Cristo e á Igrexa.

6.

Col 3, 12-17

Por riba de todo, cinguídevos co amor que é o lazo da perfección

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS COLOSENSES

Irmáns e irmás:

12Vós, como elixidos de Deus, santos e benqueridos,

revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de

humildade, de sinxeleza, de tolerancia. 13Aturádevos uns ós

outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; como o Señor

vos perdoou, perdoádevos tamén vós. 14E, por riba de todo isto,

cinguídevos co amor, que é o lazo que todo o une e leva a

perfección. 15Que a paz de Cristo goberne os vosos corazóns, xa

que a ela vos chamaron coma membros dun mesmo corpo. Sede tamén

agradecidos.

16Que a Palabra de Cristo habite en vós con toda a súa riqueza.

Ensinádevos e alentádevos uns a outros o mellor que saibades.

Co corazón cheo de agradecemento cantádelle a Deus salmos,

himnos e cántigas inspiradas. 17E todo canto fagades, de

palabra ou de obra, facédeo para honra de Xesús, o Señor,

dándolle gracias a Deus Pai por medio del.

7.

1 Pe 3, 1-9

Andade todos de acordo e cos mesmos sentimentos,

querédevos coma irmáns

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PEDRO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns e irmás:

3 1No tocante ás mulleres, que se sometan ós seus homes; deste

xeito, se algúns non cren na Palabra, sen necesidade de palabra

ningunha poderamos gañar 2polo bo xeito de vida por respecto ó

Señor. 3Que os vosos adornos non sexan os exteriores dunha

trenza no pelo nin rodearvos de xoias de ouro ou vestirvos con

variedade de vestidos; 4senón que sexa a personalidade

escondida dentro, no corazón, co adorno indeformable dun

espírito agarimoso e sereo; isto si que é algo precioso ós

ollos de Deus. 5Así tamén se adornaban noutro tempo as santas

mulleres que esperaban en Deus, someténdose ós seus homes. 6Así

obedeceu Sara a Abraham, chamándolle ''o meu dono''. Vós, se

facéde-lo ben e non vos amedoñades por ningunha alarma, é

porque xa vos fixestes fillas de Sara.

7No tocante ós homes, convivide coas vosas mulleres con

comprensión, mostrándolle-lo debido respeto, tal como se lle

debe a un ser máis feble e como a herdeiras convosco do don

gratuíto da Vida; así seredes capaces de rezar sen estorbos.

8En fin, andade todos de acordo e cos mesmos sentimentos,

querédevos coma irmáns, tede un corazón compasivo e un xeito

humilde; 9non vos volvades mal por mal, nin insulto por

insulto; ó contrario, devolvede bendicións, porque para isto

vos chamaron: para serdes herdeiros dunha bendición.

8.

1 Xn 3, 18-24

Amemos con feitos e de verdade

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

XOÁN

18Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua,

senón con feitos e na verdade.

19Deste xeito saberemos que vivimos conforme a verdade e

asosegarémo-lo noso corazón diante do tribunal de Deus.

20Porque aínda que o noso corazón nos acuse, Deus é meirande có

noso corazón e coñece todo. 21Meus amigos, se o corazón non nos

acusa, temos confianza para nos achegar a Deus 22e El dáno-lo

que lle pidamos, porque cumprimos cos seus mandamentos e

facémo-lo que a El lle agrada.

23Isto é o que El manda: que creamos no seu Fillo Xesús Cristo

e que nos queiramos ben uns ós outros, como El nos mandou. 24O

que cumpre cos seus mandamentos, está en comuñón con Deus,

e Deus en comuñón con el: coñecemos que Deus está en comuñón

connosco polo Espírito que nos deu.

9.

1 Xn 4, 7-12

Deus é amor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

XOÁN APÓSTOLO

7Meus amigos, amémonos úns ós outros, porque o amor vén de

Deus; e todo aquel que ama naceu de Deus e coñece a Deus. 8O

que non ama, aínda non coñece a Deus, porque Deus é amor.

9O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo

o seu Fillo Unixénito, para que nos dese a súa vida. 10Hai amor

dentro de nós, non porque nós teñamos amado a Deus, senón

porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para que expiase

os nosos pecados.

11Meus amigos, se Deus nos amou tanto, tamén nós nos temos que

amar uns ós outros. 12A Deus non o deu visto nunca ninguén;

pero, se nós nos amamos uns ós outros, Deus está en comuñón

connosco e o seu amor faise realidade cumprida en nós.

10.

Ap 19, 1. 5-9a

Benia os que están convidados ó banquete de vodas do Año

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

19 1Eu, Xoán, oín no ceo coma unha forte voz dunha gran

multitude, que dicía:

''¡Aleluia!

A salvación, a gloria e o poder son do noso Deus,

5E do trono saíu un berro que dicía:

''¡Louvade ó noso Deus,

tódolos seus servidores;

tamén os que o respectades,

pequenos e grandes!''.

6Logo oín algo coma o algareo dunha gran multitude, coma o

ruxido das augas abundantes e coma o estrondo dun forte trono,

que dicía:

''¡Aleluia!

Porque comeza o reino do Señor,

o noso Deus, que todo o sostén.

7Alegrémonos e relouquemos

e glorifiquémolo,

porque chegaron as vodas do Año,

e a súa esposa xa se preparou.

8Concedéuselle vestir de liño fino, ben curado e limpo,

pois o liño fino son as obras boas do pobo santo''.

9Logo o anxo díxome: ''Escribe: ¡Benia os que están convidados

ó xantar das vodas do Año!''.

803 SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 32 , 12 e 18. 20-21. 22

R/ (5b): A misericordia do Señor enche a terra

V/ 12Feliz a nación que ten a Deus por Señor,

o pobo que El elixiu como herdade.

18Os ollos do Señor miran polos seus fieis,

polos que esperan na súa misericordia,

20Nós agardamos ó Señor:

El é o noso socorro, o noso escudo.

21Nel alégrase ó noso corazón

e confiamos no seu nome.

22Veña a nós, Señor, a túa misericordia,

como de ti o esperamos.

2.

Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9

R/ (2a): Eu bendigo ó Señor en todo instante

Ou (9a): Gustade e vede qué bo é o Señor

V/ 2Eu bendigo ó Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa louvanza;

3gloríome no Señor,

e os humildes alégranse, ó escoitalo.

4Exaltade comigo ó Señor,

louvemos xuntos o seu nome.

5Eu busco ó Señor, e El responde,

líbrame de tódolos temores.

6Ollade para El e refulxide,

non poñades caras murchas.

7O Señor escoita ó pobre que o chama

e líbrao de tódolos apretos.

8O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis

e dálles seguridade.

9Gustade e vede que bo é o Señor:

feliz quen a El se acolle.

3.

Sal 102, 1-2. 8 e 13. 17-18a

R/ (8a): O Señor é misericordioso e clemente

Ou (17): O amor do Señor dura por sempre para os que o temen

1Alma miña, bendice ó Señor

e todo o meu ser, o seu santo nome.

2Alma miña, bendice ó Señor,

non esquéza-los seus beneficios.

8O Señor é misericordioso e clemente,

tardo à ira e rico en mercedes.

13canto un pai ama ós seus fillos,

así ama o Señor ós que o temen.

17Mais para os que o temen, o amor do Señor dura por sempre,

a súa xustiza chega ós fillos e ós netos

18dos que gardan a súa alianza,

4.

Sal 111, 1-2. 3-4. 5-7a. 7bc-8. 9

R/ (cf 1): Ditoso o que ten gozo nos preceptos do Señor

Ou: Aleluia

V/ Ditoso o que teme ó Señor

e ten gozo nos seus preceptos.

2A súa descendencia será forte na terra,

a liñaxe dos rectos é bendita.

3Na súa casa hai bens abondo

e a súa prosperidade é duradeira.

4Nas tebras brilla unha luz para os rectos,

os xustos, os misericordiosos e os clementes.

5Benia quen se apiada e presta,

e goberna os seus bens con xustiza.

6Endexamais non perecerá,

pois de eterna lembranza son os rectos.

7Non terá medo de malas noticias,

pois o seu corazón confía no Señor.

8O seu corazón está firme e sen medo,

mentres olla os seus opresores na desfeita.

9Dálles xenerosamente ós pobres,

a súa prosperidade é duradeira:

erguerá con honor a súa fronte.

5.

Sal 127, 1-2. 3. 4-5

R/ (cf 1): Ditosos tódolos que temen ó Señor

Ou: (4): Así é bendito quen teme ó Señor

V/ 1Ditosos os que temen ó Señor

e van polos seus camiños.

2Cando comes do froito das túas mans,

ditoso ti e afortunado.

3A túa muller é coma parra fecunda

no medio da túa casa.

Os teus fillos coma gromos de oliveira

arredor da túa mesa.

4Así é bendito

quen teme ó Señor.

5Bendígate o Señor desde Sión,

que vexas na prosperidade a Xerusalén

tódolos días da túa vida,

6.

Sal 144, 8-9. 10 e 15. 17-18

R/ (9a): O Señor é garimoso para todos

V/ 8O Señor é clemente e compasivo,

tardo á ira e rico en amor.

9O Señor é bo para todos,

garimoso con tódalas súas obras.

10Lóuvente, Señor, as túas obras,

bendígante os teus amigos.

15Tódolos ollos cara a ti agardan

que ti lles déa-lo sustento ó seu tempo.

17O Señor é xusto nos seus camiños todos,

bo en tódolos seus feitos.

18O Señor está cerca dos que o chaman,

dos que sinceramente o invocan.

7.

Sal 148, 1-2. 3-4. 9-10. 11-13. 13c-14a

R/ (13a): Louven o nome do Señor

V/ Louvade ó Señor desde o ceo,

louvàdeo alà nas alturas.

2Louvàdeo os seus anxos,

louvàdeo os seus exércitos.

3Louvàdeo, sol e mais lúa,

louvàdeo, lucentes estrelas.

4Louvàdeo os ceos dos ceos

e as augas dos espacios celestes.

9montes e tódolos outeiros,

àrbores froiteiras e mais cedros,

10feras e gando todo,

reptís e mais paxaros;

11os reis e tódalas nacións,

os príncipes e os xuíces da terra,

12os mozos e mailas doncelas,

os vellos e mailos neniños.

13Louven o nome do Señor,

pois só o seu nome é excelso,

A súa maxestade cobre a terra e mailo ceo.

14El ergue a cabeza do seu pobo,

804 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

1 Xn 4, 7b

Todo aquel que ama, naceu de Deus e coñece a Deus

2.

1Xn 4, 8b e 11

Deus é amor;

amémonos uns ós outros, como Deus nos amou

3.

1 Xn 4, 12

Se nos amamos uns ós outros, Deus está en comuñón connosco

e o seu amor faise realidade cumprida en nós

4.

1 Xn 4, 16

Quen permanece no amor, permanece en Deus

e Deus permanece nel

805 EVANXEOS

1.

Mt 5, 1-12a

Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos ceos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentouse.

Achegáronselle os seus discípulos, 2e el, tomando a palabra,

ensinábaos dicindo:

-3Ditosos os que teñen espírito de pobres,

porque deles é o Reino do Ceo.

4Ditosos os que choran,

porque eles serán consolados.

5Ditosos os non violentos,

porque eles herdarán a terra.

6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,

porque eles ficarán fartos.

7Ditosos os misericordiosos,

porque eles acadarán a misericordia.

8Ditosos os de corazón limpo,

porque eles verán a Deus.

9Ditosos os que traballan pola paz

porque eles serán chamados fillos de Deus.

10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,

porque deles é o Reino do Ceo.

11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de

calquera xeito pola miña causa: 12alegrádevos e reloucade,

porque grande será a vosa recompensa nos Ceos.

2.

Mt 5, 13-16

Vós sóde-la luz do mundo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:

13Vós sóde-lo sal da terra. Pero se o sal se volve insulso,

¿con que se vai salgar? Para nada vale xa, senón para tirar

con el e que o pise a xente.

14Vós sóde-la luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade

afincada na cima dun monte. 15Tampouco se encende unha

lámpada para poñela debaixo da artesa, senón sobre o

candeeiro, para que alume a tódolos da casa. 16Alume así a

vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras,

glorifiquen a voso Pai que está no ceo.

3.

Mt 7, 21. 24-29 (máis longo) ou 21. 24-25 (máis breve)

Edificou a súa casa sobre rocha

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:

21Non todo o que me di: "¡Señor! ¡Señor!" entrará no Reino dos

Ceos, senón o que fai a vontade do meu Pai Celestial.

24Así pois, todo aquel que escoita as miñas palabras e as

pon en práctica será como o home asisado que edificou a súa

casa sobre rocha. 25Caeu a chuvia, veu a riada, bruou o

vendaval batendo na casa; pero non se derrubou porque estaba

asentada na rocha. 26Mais todo o que escoita as miñas

palabras e non as leva á práctica, pórtase como un tolambán

que edificou a súa casa sobre area. 27Caeu a chuvia, veu a

riada, bruou o vendaval, e batendo na casa derrubouna, sendo

grande a desfeita.

28E resulta que, rematando o seu discurso, a xente quedou

sorprendida pola súa doutrina; 29porque lles ensinaba con

autoridade e non coma os letrados.

Ou máis breve:

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:

21Non todo o que di: "¡Señor! ¡Señor!" entrará no Reino do

Ceo, senón o que fai a vontade do meu Pai Celestial.

24Así pois, todo aquel que escoita as miñas palabras e as

pon en práctica será como o home asisado que edificou a súa

casa sobre rocha. 25Caeu a chuvia, veu a riada, bruou o

vendaval batendo na casa; pero non se derrubou porque estaba

asentada na rocha.

4.

Mt 19, 3-6

Que o home non separe o que Deus uniu

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Chegaron onda Xesús uns fariseos e preguntáronlle para

poñéreno a proba:

-¿É lícito repudia-la muller por un motivo calquera?

4El respondeu:

-¿Seica non sabedes que o Creador os fixo varón e femia

desde o principio, 5e que dixo: "Por iso deixará o home a

seu pai e mais a súa nai, unirase coa súa muller, e serán os

dous unha soa carne"? 6De xeito que xa non son dous, senón

unha soa carne. Polo tanto, o que Deus xuntou, que non o

separe o home.

5.

Mt 22, 35-40

Este é o mandamento primeiro e máis grande.

O segundo é semellante a el

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Naquel tempo un dos fariseus, que era xurista,

preguntoulle a Xesús para poñelo a proba:

-36Mestre, ¿cal é o mandamento máis importante da Lei?

37El respondeulle:

-"Amarás ó Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con

toda a túa alma e con todo o teu entendemento". 38Este é o

mandamento primeiro e máis grande. 39O segundo é semellante

a el: "Amara-lo teu próximo como a ti mesmo". 40Destes dous

mandamentos dependen a Lei enteira e mailos profetas.

6.

Mc 10, 6-9

Non son dous, senón unha mesma carne

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Di Xesús:

6Desde o principio da creación,

fíxoos varón e femia. 7Por iso deixará o home a seu pai e

mais a súa nai, unirase coa súa muller, 8e serán os dous

unha soa carne. De xeito que xa non son dous, senón unha

soa carne. 9O que Deus uníu, que non o separe o home.

7.

Xn 2, 1-11

Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, houbo un casamento en Caná de Galilea, e

estaba alí a nai de Xesús. 2Tamén foi convidado Xesús e mailos

seus discípulos ó casamento. 3Chegou a falta-lo viño e a nai de

Xesús díxolle:

-Non che teñen viño.

4Replicoulle Xesús:

-Muller ¿que ten que ver iso comigo e contigo? Aínda non

chegou a miña hora.

5Súa nai díxolles entón ós servidores:

-Facede o que el vos diga.

6Había alí seis tinas de pedra para as purificacións dos

xudeus, que levaban ó pé de cen litros cada unha. 7E

ordenoulles Xesús:

-Enchede de auga as tinas.

Eles enchéronas de todo.

8Díxolles entón:

-Collede agora e levádelle a proba ó mestresala.

Eles levárona. 9E, cando o mestresala probou a auga volta

viño, sen saber de onda viña (os servidores si que o

sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo 10e

díxolle:

-Todo o mundo pon de primeiras o viño bo e, cando xa están

bébedos, o máis cativo; ti, en troques, deixáche-lo viño bo

para agora.

11Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de

Galilea; manifestou a súa gloria, e creron nel os seus

discípulos.

8.

Xn 15, 9-12

Permanecede no meu amor

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

9Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor.

10Se gardáde-los meus mandamentos, permaneceredes no meu amor,

como eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu

amor. 11Díxenvos estas cousas, para que a miña alegría estea en

vós, e a vosa alegría sexa plena.

12Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros como eu

vos amei.

9.

Xn 15, 12-16

Isto vos mando: que vos amedes uns ós outros

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

12Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros como eu

vos amei. 13Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa

vida polos amigos. 14Vós sodes amigos meus, se facedes canto eu

vos mando. 15Xa non vos chamo servos, que o servo non sabe o

que fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que

lle oín a meu Pai déivolo a coñecer. 16Non me escollestes vós a

min, senón que vos escollín eu a vós; e púxenvos para que

vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza; de xeito

que todo o que lle pidades ó Pai no meu nome, volo conceda.

10.

Xn 17, 20-26 (máis longo) ou 20-23 (máis breve)

Que cheguen á perfecta unidade

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, (mirando ó ceo orou Xesús, dicindo: Pai santo,)

non che rogo só por estes, senón tamén polos que han de

crer en min pola palabra deles; 21que todos sexan un, como ti,

Pai, en min, e eu en ti; que tamén eles sexan un en nós, para

que o mundo crea que ti me mandaches. 22E a gloria que ti me

deches, déillela a eles, para que sexan un como nós somos un.

23Eu neles e ti en min, para que cheguen á perfecta unidade, de

xeito que o mundo recoñeza que ti me mandaches e que os amaches

a eles, como me amaches a min.

24Pai, os que me deches, quero que, onde estou eu, estean tamén

eles comigo, para que contemplen a miña gloria, a que ti me

concediches, porque me amabas xa antes da fundación do mundo.

25Pai xusto, o mundo non te coñeceu, pero eu coñecinte, e estes

coñeceron que ti me mandaches. 26Eu manifestéille--lo teu nome

e llelo seguirei manifestando, para que o amor co que me

amaches estea neles, e tamén eu estea neles.

Ou máis breve:

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, (mirando óceo, orou Xesús dicindo: Pai santo,)

non che rogo só por estes, senón tamén polos que han de

crer en min pola palabra deles; 21que todos sexan un, como ti,

Pai, en min, e eu en ti; que tamén eles sexan un en nós, para

que o mundo crea que ti me mandaches. 22E a gloria que ti me

deches, déillela a eles, para que sexan un como nós somos un.

23Eu neles e ti en min, para que cheguen á perfecta unidade, de

xeito que o mundo recoñeza que ti me mandaches e que os amaches

a eles, como me amaches a min.

II. NA CELEBRACION DAS ORDES SAGRADAS

770 DO ANTIGO TESTAMENTO

1. (Para diáconos)

Núm 3, 5-9

Manda vir ós da tribo de Leví para que axuden ó sacerdote Aarón no seu servicio

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS NÚMEROS

5Díxolle o Señor a Moisés: 6-"Manda viren os da tribo de Leví á presencia de Aharón,

para que o axuden no seu servicio. 7Encargaranse de facer tódalas gardas que lles

correspondan a el e á comunidade reunida na Tenda do Testemuño e farán así tódolos

servicios do tabernáculo. 8Coidarán tódolos ornamentos e demais obxectos da Tenda da

Alianza e procurarán todo canto lles cumpra ós israelitas reunidos no tabernáculo.

9Pora-los levitas baixo as ordes de Aharón e de seus fillos, e serán como unha oblación

perfecta de entre os fillos de Israel para o seu servicio.

2. (Para presbíteros)

Núm 11, 11b-12. 14-17. 24-25a

Dareilles espírito do que hai en ti para que leven contigo o peso do pobo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS NÚMEROS

Moisés queixouse ó Señor con estas palabras:

-"¿Por que me tratas tan mal a min, o teu servo? E ¿por que non acado gracia ós teus

ollos? ¿Por que botas enriba de min o peso de todo este pobo? 12¿Son eu por ventura

quen concibiu a todo este pobo? ¿Son eu quen o deu a luz, para que me digas: Lévao no

teu seo, como leva unha ama o seu neno de peito, á terra que ti prometiches con

xuramento a seus pais? 14Eu só non podo soportar todo este pobo, pois é moito máis

pesado do que eu podo. 15Se ti me tratas a min así, é mellor que me mates, tírame a

vida, pídocho de favor, se atopei gracia ós teus ollos, para que deste modo non vexa eu

tanto mal".

16O Señor respondeulle a Moisés:

-"Xúntame setenta homes de entre os anciáns de Israel, dos que ti saibas que son anciáns

do pobo e conselleiros. Lévaos diante da Tenda do Encontro, e que estean contigo. 17Eu

baixarei e falarei contigo alí; tomarei do espírito que hai sobre ti e meteréillelo a eles,

para que leven contigo o peso do pobo, e non o leves ti só.

24Saíu Moisés entón e transmitiulle ó pobo as palabras do Señor. Logo xuntou setenta

homes dos anciáns do pobo e fíxoos pór de pé ó redor da Tenda. 25Descendeu o Señor

nunha nube e faloulle a Moisés; despois tomou do espírito que había nel e infundíullelo

ós setenta anciáns.

3. (Para bispos e presbíteros)

Is 61, 1-3a

O Señor unxiume. Mándame anunciala boa nova ós pobres

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

61 1O Espírito do Señor, Deus, está sobre min,

porque o Señor me unxiu.

Mándame anuncia-la boa nova ós pobres,

cura-los de corazón destrozado,

proclamarlles ós cativos a liberdade

e ós presos que abran os ollos,

2para proclamar un ano de gracia do Señor

e o día do rescate do noso Deus,

para consola-los entristecidos,

3para agasalla-los tristes por Sión,

para darlles xoias en vez de po,

perfume de ledicia en vez de loito,

vestido de festa en vez de espírito amoucado.

4.

Xr 1, 4-9

A onde Eu te mande, irás

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

4A palabra do Señor veume dicir:

5Antes de que te sacara do seo da túa nai, mireite;

antes de lle saíres das entrañas, consagreite;

constituínte profeta para as nacións.

6Entón eu díxenlle:

-¡Ai, meu Señor, Deus!

Repara en que non sei falar,

que son un rapaz.

7Logo o Señor respondeume:

-Non digas: "son un rapaz",

pois a onde eu te mande, irás;

o que eu che ordene, dirás.

8Non lles teñas medo,

Eu estou contigo para te salvar -é o Señor quen fala-.

9Alongou o Señor a súa man e tocou con ela na miña boca;

logo díxome:

-Fíxate: poño a miña palabra na túa boca,

771 DO NOVO TESTAMENTO

1. (Para diáconos)

Feit 6, 1-7b

Elixiron sete homes cheos do Espírito Santo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

6 1Por aqueles días, como ía medrando o número dos discípulos,

orixinouse un descontento dos helenistas contra os hebreos,

porque se desatendía ás viúvas de fala grega

no servicio diario. 2Entón os Doce reuniron a asemblea dos

discípulos e dixeron:

-Non está ben que deixémo-la palabra de Deus para nos dedicarmos

ó servicio das mesas. 3Polo tanto, irmáns, escollede de entre

vós sete homes de bo creto, cheos de Espírito e sabedoría, e

poñerémolos para este oficio. 4Nosoutros continuaremos dedicados

a oración e ó servicio da palabra.

5A proposta gustou á asemblea, e elixiron a Estevo, home cheo

de fe e do Espírito Santo, a Felipe e Prócoro, Nicanor, Timón,

Pármenas e Nicolás, prosélito de Antioquía; 6presentáronllelos

ós apóstolos, e, despois de orar, impuxéronlle-las mans.

7A palabra de Deus crecía, e medraba moito o número dos

discípulos en Xerusalén.

2. (Para diáconos)

Feit 8, 26-40

Partindo da pasaxe da Escritura, evanxelizouno falándolle de Xesús

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

26Un anxo do Señor faloulle a Felipe deste xeito:

-Anda, diríxete cara ó sur polo camiño que baixa de

Xerusalén a Gaza, a través do deserto.

27Púxose en camiño e dirixiuse cara alá. Un etíope, eunuco,

funcionario de Candaces, raíña da Etiopía, que estaba encargado

de tódolos seus tesouros, fora a Xerusalén como peregrino. 28De

volta sentado no seu carro, ía lendo no profeta Isaías.

29Díxolle o Espírito a Felipe:

-Achégate e ponte a par dese carro.

30Correndo Felipe, sentiu que ía lendo no profeta Isaías e

preguntoulle:

-¿Enténde-lo que les?

31Contestoulle:

-¿Como o vou entender, se ninguén mo explica?

E convidou a Felipe a que subise a sentar con el.

32A pasaxe da Escritura que lía era esta:

''Coma ovella levárono ó matadoiro;

e coma año mudo diante de quen o rapa,

así El non abría a súa boca.

33Humillárono, negándolle a xustiza,

¿quen contará a súa descendencia?

A súa vida foi arrincada da terra''.

34Diríxíndose a Felipe, díxolle o eunuco:

-Por favor ¿de quen di isto o profeta? ¿De si mesmo ou

doutro?

35Felipe entón tomou a palabra e partindo desa pasaxe da

Escritura, anuncioulle a Boa Nova de Xesús. 36De camiño, chegaron a un

sitio con auga e dixo o eunuco:

-Aquí hai auga, ¿por que non me podo bautizar eu?

38E mandou para-lo carro. Baixaron os dous á auga, Felipe e

mailo eunuco, e Felipe bautizouno. 39Cando subiron da auga, o

Espírito do Señor arrebatou a Felipe. O eunuco xa non o viu

mais, pero seguiu o seu camiño cheo de alegría.

40Felipe atopouse en Azoto e evanxelizaba tódalas vilas por

onde pasaba, ata chegar a Cesarea.

3.

Feit 10, 37-43

Nós somos testemuñas de todo o que fixo no país dos xudeus e mais en Xerusalén

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

Pedro púxose a falar e dixo:

37Vós sabéde-lo que pasou en toda a Xudea,

comezando desde Galilea, despois do bautismo que Xoán predicou:

38como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de

Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a tódolos que

estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el. 39E nós

somos testemuñas de todo o que fixo no país dos xudeus e mais

en Xerusalén. Matárono, colgándoo dun madeiro. 40A este

resucitouno Deus ó terceiro día e concedeulle que se deixase

ver, 41non de todo o pobo, senón das testemuñas escollidas de

antemán por Deus: nós que comemos e bebemos con el, logo de que

resucitou de entre os mortos. 42E mandounos que predicasemos ó

pobo e atestemos que el é quen foi constituído por Deus xuíz de

vivos e de mortos. 43El é de quen tódolos profetas dan este

testemuño: tódolos que crean nel recibirán polo seu nome o

perdón dos pecados.

4. (Para bispos e presbíteros)

Feit 20, 17-18a. 28-32. 36

Coidade de vós e de todo o rabaño do que o Espírito Santo vos constituiu bispos, para

pastoreárde-la Igrexa de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

17Desde Mileto, mandou Paulo chamar polos responsables da igrexa de Éfeso. 18Cando

chegaron cabo del, díxolles:

28Coidade de vós e

de todo o rabaño do que o Espírito Santo vos constituíu

inspectores, para pastoréarde-la igrexa que Deus comprou co

sangue do seu propio Fillo.

29Xa sei que despois da miña marcha se han meter entre vós

lobos carniceiros, que non terán mágoa do rabaño. 30E incluso

de entre vós mesmos sairán homes que ensinarán cousas

perversas, para arrastraren os discípulos tras eles. 31Por iso,

vixiade, lembrándovos que, por tres anos, día e noite, non

parei de vos aconsellar con bágoas a cada un de vós.

32Eu déixovos nas mans de Deus e da súa palabra de gracia: El

ten poder para construír e dárvo-la herdanza entre tódolos

santificados.

36En dicindo isto, axeonllouse con todos eles, e rezou.

5.

Rm 12, 4-8

Temos dons diferentes, conforme á gracia que recibimos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

4De igual xeito que nun só corpo temos moitos membros, e non

tódolos membros teñen a mesma función, 5así nós, con sermos

moitos, somos un só corpo en Cristo; e individualmente somos

membros uns dos outros. 6Pero, ó termos dons diferentes, hanse

exercer conforme á gracia que se nos concedeu: se temos don de

profecía, debe ser en harmonía coa fe; 7se de ministerio, no

servicio; se de ensinanza, no ensino; 8se de consolación, no

conforto; se de dar esmola, con xenerosidade; o que preside,

con solicitude; o que se compadece, con alegría.

6.

2 Cor 4, 1-2. 5-7

Anunciamos a Xesús Cristo como Señor; e nós

coma servos vosos por causa de Xesús

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

4 1 Exercendo este servicio pola misericordia de Deus,

non nos apoucamos; 2máis ben puxemos á parte todo tipo de

simulación, deixándonos de intrigas e evitando falsea-la

palabra de Deus. Ben ó contrario, manifestando a verdade,

recomendámonos nós mesmos á conciencia que todo home ten

diante de Deus. 5Porque nós non nos anunciamos a nós,

anunciamos a Xesús Cristo como Señor; e a nós

coma servos vosos por causa de Xesús. 6Pois o Deus que dixo

''brille a luz no medio das tebras'', alumeou nos nosos

corazóns, para que se manifestase o coñecemento da gloria de

Deus no rostro de Cristo.

7Mais levamos ese tesouro en vasos de barro. E así esa forza

tan extraordinaria aparece como forza de Deus, e non nosa.

7.

2 Cor 5, 14-20

Encomendóuno-lo ministerio da reconciliación

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

14É o amor de Cristo o que nos preme, cando pensamos que, ó

morrer un por todos, morreron todos; 15El morreu por todos, a

fin de que os que viven xa non vivan para si, senón para o que

morreu e resucitou por eles.

16Por iso, nós xa non aprezamos a ninguén conforme a criterios

mundanos; aínda que teñamos coñecido a Cristo conforme a eses

criterios, agora xa non o coñecemos así. 17Polo tanto, quen

estea en Cristo, é unha criatura nova: o que era vello, pasou.

¿Vedes? Hai unha realidade nova.

18E todo iso provén de Deus que nos reconciliou consigo por

medio de Cristo e nos encomendou o servicio da reconciliación.

19Pois Deus estaba en Cristo reconciliando o mundo consigo, non

levando conta dos delitos dos homes e poñendo en nós a mensaxe

da reconciliación. 20Somos, logo, embaixadores de Cristo; e é

coma se Deus vos exhortase por medio noso. Pedímovolo por

Cristo: deixádevos reconciliar con Deus.

8.

Ef 4, 1-7. 11-13

Para realiza-la tarefa do ministerio, para edificación do Corpo de Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS EFESIOS

Irmáns e irmás:

4 1Eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes

segundo a dignidade da chamada que recibistes, 2con total

humildade, sinxeleza e paciencia, aturándovos uns a outros con

amor, 3esforzándovos por mante-la unidade do espírito no

vínculo da paz. 4Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo

xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa

vocación. 5Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6e un

só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en

todos.

7A cada un de nós déuseno-la gracia segundo a medida do don de

Cristo.

11E a uns fíxoos apóstolos; a outros, profetas; a outros,

mensaxeiros do Evanxeo; e a outros, pastores e mestres, para

fornecer cristiáns cara á tarefa do ministerio, para a

edificación co corpo de Cristo, 13ata que todos académo-la

unidade na fe e no coñecemento do Fillo de Deus, a madurez do

home perfecto, o desenvolvemento propio da plenitude de Cristo.

9. (Para diáconos)

1 Tim 3, 8-10. 12-13

Conservando o misterio da fe nunha conciencia limpa

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

É necesario 8que os ''diáconos'' sexan serios, sen

retranca, nin moi amigos do viño nin dos negocios suxos,

9conservando o misterio da fe nunha conciencia limpa.

10Tamén a eles os hai que someter á proba primeiro;

despois, se están sen tacha, que exerzan o ministerio.

12Que os ''diáconos'' sexan homes dunha soa muller, que saiban

gobernar ben os seus fillos e as súas familias. 13Porque os que

exercen ben este ministerio, adquiren para si un posto nobre e

unha gran liberdade na fe que temos en Cristo Xesús.

10. (Para bispos)

1 Tim 4, 12-16

Non descóide-lo don que che se deu pola imposición de mans do presbiterio

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

Benquerido irmán:

12Que ninguén faga pouco de ti

por seres tan novo. Ti faite exemplo dos que cren: en ditos e

feitos, en caridade, en fe, en limpeza. 13Mentres non chego,

dedícate á lectura, á exhortación, ó ensino.

14Non descóide-lo carisma que hai en ti, que che se deu pola

profecía coa imposición das mans dos ''presbíteros''. 15Coida

estas cousas, mantente nelas, para que todos vexan como

progresas. 16Preocúpate de ti e da doutrina; mantente en todo

iso, que, facéndoo, te salvarás ti e salvara-los que che fagan

caso.

Ou: 4, 12b-16

Ti faite exemplo dos que cren: en ditos e

feitos, en caridade, en fe, en limpeza. 13Mentres non chego,

dedícate á lectura, á exhortación, ó ensino.

14Non descóide-lo carisma que hai en ti, que che se deu pola

profecía coa imposición das mans dos ''presbíteros''. 15Coida

estas cousas, mantente nelas, para que todos vexan como

progresas. 16Preocúpate de ti e da doutrina; mantente en todo

iso, que, facéndoo, te salvarás ti e salvara-los que che fagan

caso.

11. (Para bispos)

2 Tim 1, 6-14

Reaviva o don de Deus que hai en ti pola imposición das miñas mans

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

Benquerido irmán:

6Recórdoche que reavíve-lo carisma de

Deus, que hai en ti pola imposición das miñas mans. 7Porque

Deus non nos deu un espírito feble senón forte, de amor e de

sobriedade. 8Non teñas vergonza de noso Señor, nin de min,

preso por El; ó contrario, faite partícipe dos meus sufrimentos

polo Evanxeo, contando co poder de Deus. 9El vivificounos e

chamounos cunha vocación santa, non polas nosas obras, senón

polo seu designio e pola gracia que nos deu en Cristo Xesús

antes de tódolos tempos, 10e que se manifestou agora pola

aparición do noso Salvador, Cristo Xesús. El destruíu a morte e

alumeou a vida e a inmortalidade por medio do Evanxeo.

11Deste Evanxeo constituíronme a min pregoeiro, apóstolo e

mestre.

12Por esta causa precisamente padezo estas cousas. Pero non me

importa, porque sei de quen me fiei, e estou certo que é

podente para custodiar ata aquel día o depósito que me confiou.

13Mantén como regra as palabras saudables que me escoitaches

verbo da fe e da caridade de Cristo Xesús. 14Garda o precioso

depósito por medio do Espírito Santo, que mora en nós.

12.

Heb 5, 1-10

Cristo, proclamado por Deus sacerdote á maneira de Melquisedec

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

5 1Todo Sumo Sacerdote escóllese sempre entre os homes e

se constitúe Sumo Sacerdote para o ben dos homes nas súas

relacións con Deus, a fin de que ofreza oblacións e sacrificos

polos pecados. 2É capaz de tratar con indulxencia ós ignorantes

e ós descamiñados, porque tamén el está rodeado de fraquezas.

3Por mor destas fraquezas ten que ofrecer sacrificios polos

pecados, tanto polos pecados do pobo coma polos seus propios

pecados. 4Ora, ninguén pode coller en por si este honor, senón

que hai que ser chamado por Deus, como foi chamado Aharón.

5Do mesmo xeito, tampouco Cristo non procurou a súa gloria,

facéndose Sumo Sacerdote, senón que lla procurou o que lle

dixo:

''Ti e-lo meu Fillo,

hoxe enxendreite Eu''.

6Entendido conforme o que di noutro sitio:

''Ti es sacerdote para sempre,

á maneira de Melquisedec''.

7El nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas,

presentou oracións e súplicas a quen o podía salvar da morte e

Deus escoitouno por mor da súa submisión. 8Aínda que era Fillo,

aprendeu sufrindo o que é obedecer; 9e, consumada deste xeito a

súa consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación

eterna, para tódolos que lle obedecen, 10ó mesmo tempo que Deus

o proclamou Sacerdote á maneira de Melquisedec.

13.

1 Pe 4, 7b-11

Coma bos administradores da multiforme gracia de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PEDRO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns:

7Tede control e regra con vós mesmos para poderdes rezar. 8Antes que

nada, esforzádevos no amor duns ós outros, porque o amor tapa

moitos pecados. 9Dádevos pousada uns ós outros sen murmurar.

10Cada un esfórcese en servi-los outros cos seus dons,

os que de Deus recibiu, como corresponde a bos

administradores dos diferentes dons de Deus. 11Quen fala, que

sexa voceiro de Deus; quen sirva, que o faga coa forza que Deus

lle dá, para que en todo Deus reciba gloria por medio de Xesús

Cristo. A El pertencen a gloria e o poder polos séculos dos

séculos. Amén.

14.

1 Pe 5, 1-4

Coidade o rabaño de Deus, que está á vosa garda

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PEDRO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns:

5 1Ós responsables das vosas comunidades, exhórtoos eu,

responsable coma eles, que fun testemuña dos padecementos de

Cristo e que terei parte convosco na gloria que está para se

manifestar: 2coidade o rabaño de Deus, que está á vosa garda;

mirade por el, non por pura obriga senón, como Deus quere, de

boa gana; nin por baixos intereses de lucro senón porque vos

agrada; 3nin dándovolas de señores dos que se vos encomendaron

senón facéndovos exemplo para o rabaño. 4Así, cando apareza o

supremo Pastor, recibiréde-la coroa da gloria, que nunca

murcha.

772 SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 22, 1-3. 4. 5. 6

R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta

V/ 1O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Os pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

2.

Sal 83, 3-4. 5. 11

R/ (5a) Ditosos os que habitan na túa casa, Señor

V/ 3A miña alma ten saudade,

consómese polos teus adros;

o meu corazón e todo o meu corpo

reloucan polo Deus vivo.

4Mesmo o paxaro atopa casa,

a andoriña un niño

onde poñe-los filliños,

ó pé dos teus altares,

Señor dos exércitos,

meu rei e meu Deus.

5Ditosos os que habitan na túa casa

e decote te louvan.

11Un día nos teus adros vale por máis de mil:

eu prefiro o limiar da casa do meu Deus

que habitar na tenda dos malvados.

3.

Sal 88, 21-22. 25 e 27

R/ (cf 2a): Quero cantar por sempre o amor do Señor

V/ 3"Penso que o teu amor está fundado co mundo,

a túa fidelidade asentada cos ceos".

21atopei o meu servo David

e unxino con óleo santo.

22A miña rexa man estará con el,

o meu brazo farao forte.

25A miña fidelidade e o meu amor irán con el

e no meu nome erguerá a testa.

27El dirame: "Ti es meu pai,

meu Deus, rocha da miña salvación".

4.

Sal 95, 1-2a. 2b-3. 10

R/ (Mt 28, 19): Ide a todo o mundo, aleluia,

ensinando a tódolos pobos, aleluia

V/ 1Cantádelle ó Señor un cántico novo,

cántalle ó Señor, terra enteira;

2cantade ó Señor e bendicide o seu nome,

Pregoade tódolos días a súa salvación;

3cantade entre as xentes a súa gloria;

ante tódolos pobos, as súas marabillas.

10Dicide entre as xentes:

"O Señor reina,

asenta o mundo, e non se move,

goberna os pobos rectamente".

5.

Sal 99, 2. 3. 4. 5

R/ (Xn 15, 14): Vós sodes amigos meus,

se facedes canto eu vos mando, di o Señor

V/ 1Aclama ó Señor, terra enteira,

2servide ó Señor con alegría,

achegádevos con cántigas á súa presencia.

3Sabede que o Señor é Deus,

que El nos fixo e que del somos,

o seu pobo, o seu rabaño.

4Entrade polas súas portas con louvanzas:

polos seus adros con cántigas.

Celebrádeo e bendicide o seu nome,

5porque o Señor é bo.

O seu amor dura por sempre;

por xeracións a súa fidelidade.

6.

Sal 109, 1 . 2. 3. 4

R/ Cristo Señor, Sacerdote para sempre conforme ó rito de Melquisedec,

ofreceu o pan e o viño

Ou: (4b): Ti es sacerdote para sempre conforme ó rito de Melquisédec

V/ 1Palabra do Señor ó meu señor:

Senta á miña dereita

mentres poño os teus inimigos

por estrado dos teus pés.

2O cetro do poder

mándacho o Señor desde Sión:

domina nos teus inimigos.

3Es príncipe desde o día que naciches,

tes aura sagrada desde o seo,

desde o albor da túa infancia.

4O Señor xurouno, e non se arrepinte:

ti es sacerdote para sempre

conforme ó rito de Melquisédec.

7.

Sal 115, 12-13. 17-18

R/ (1 Cor 10, 16): O caliz de bendición, é comuñón co sangue de Cristo

Ou: Aleluia

V/ 12¿Con que lle pagarei ó Señor

todo o ben que me fai?

13Alzarei a copa da salvación,

invocando o nome do Señor;

17Ofrézoche sacrificios de louvanza,

invocando o nome do Señor.

18Cumprirei os meus votos ó Señor,

á vista de todo o seu pobo,

8.

Sal 116, 1. 2

R/ (Mc 16, 15) Ide ó mundo enteiro, predicade o Evanxeo

Ou: Aleluia

V/ 1Louvade ó Señor tódalas xentes,

aclamádeo tódolos pobos.

2O seu amor connosco é firme,

a súa fidelidade dura sempre.

773 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

Mt 28, 19a-20b

Ide e facede discípulos meus a tódolos pobos, di o Señor;

eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo

2.

Lc 4, 18

Mandoume o Señor para proclamárlle-la Boa Nova ós pobres,

para lles anuncia-la liberación ós secuestrados

3.

Xn 10, 14

Eu son o Bo Pastor, di o Señor;

e coñezo as miñas ovellas, e as miñas coñécenme a min

4.

Xn 15, 15b

A vós trateivos de amigos, di o Señor,

pois todo o que lle oín a meu Pai déivolo a coñecer

774 EVANXEOS

1.

Mt 5, 13-16

Vós sóde-la luz do mundo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:

13Vós sóde-lo sal da terra. Pero se o sal se volve insulso, ¿con que se vai salgar? Para

nada vale xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.

14Vós sóde-la luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade afincada na cima dun

monte. 15Tampouco se encende unha lámpada para poñela debaixo da artesa, senón

sobre o candeeiro, para que alume a tódolos da casa. 16Alumee así a vosa luz ós homes,

para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos ceos.

2.

Mt 9, 35-38

Rogádelle ó dono da sega que mande xornaleiros á súa ceifa

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

35Xesús percorría tódalas cidades e aldeas, ensinando nas sinagogas, anunciando a Boa

Nova do Reino e curando toda

enfermidade e toda doenza.

36Vendo a multitude, sentiu unha fonda compaixón por ela, porque estaban todos

derreados e esmorecidos coma ovellas sen pastor. 37Entón díxolles ós seus discípulos:

-A anada é ben boa, pero os xornaleiros son poucos; 38así que rogádelle ó dono da

colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.

3.

Mt 10, 1-5a

Xesús escolleu doce apóstolos para os enviar

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

10 1Chamou Xesús ós doce discípulos e deulles poder para botaren os espíritos malos e

curaren toda enfermidade e doenza. 2Estes son os nomes dos doce apóstolos: o

primeiro, Simón, chamado Pedro, e mais Andrés seu irmán, Santiago o do Zebedeo e

mais Xoán seu irmán, 3Felipe e Bartolomeo, Tomé e Mateo, o recadador de impostos,

Santiago o de Alfeo e mais Tadeo, 4Simón o Zelota e Xudas Iscariote o mesmo que o

entregou.

5A estes doce mandounos Xesús.

4.

Mt 20, 25b-28

Quen queira entre vós se-lo primeiro, ha de ser voso servo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:

-Xa sabedes que os xefes dos pobos os tiranizan, e os poderosos os asoballan. 26Pero

entre vós non pode ser así. Nin moito menos: quen queira ser importante, que sirva ós

demais; 27e quen queira se-lo primeiro, que sexa o máis servicial; 28porque o Fillo do

Home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entrega-la súa vida en rescate por todos.

5.

Lc 10, 1-9

A anada é ben boa, pero os xornaleiros son poucos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

10Designou o Señor a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante

del a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir. 2Díxolles:

-A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así que rogádelle ó dono da

colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.

3Ide e sabede que vos mando coma años entre lobos. 4Non levedes saco, nin alforxa,

nin calzado, nin vos paredes a parolar con ninguén polo camiño. 5Cando entredes nunha

casa, antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa". 6E se alí hai xente de paz, sobre ela

repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco. 7Permanecede na mesma casa,

comendo e bebendo do que teñan, que o obreiro ten dereito ó seu xornal. Non andedes

dunha casa para outra. 8Cando entredes nunha vila e vos acollan, comede do que vos

poñan, 9curade os enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega a vós o Reino de Deus".

6.

Lc 12, 35-44

Ditosos os criados a quen o amo atope agardando cando chegue

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Dilles Xesús ós seus discípulos:

35Tede posta a roupa de traballo e as lámpadas acesas; 36sédeme coma os que agardan

que volva o seu amo da voda, para que, cando chegue e chame, lle poidan abrir.

37Ditosos os criados a quen o amo atope agardando cando chega. Tede por certo que

poñerá a roupa de traballo, sentaraos na mesa e serviraos un por un. 38Sexa pola

anoitecida ou sexa pola alborada, se os atopa así, felices eles. 39Entendede ben: se o

dono da casa soubese a que hora vai chega-lo ladrón, non permitiría que lle asaltasen a

casa. 40Así tamén: estade vós preparados, porque á hora menos pensada ha vi-lo Fillo

do Home.

41Díxolle Pedro:

-Señor, ¿a parábola que acabas de contar vai por nós ou por todos en xeral?

42Contestoulle o Señor:

-¿Quen é, logo, o administador fiel e prudente, a quen o seu señor encargará o coidado

de dar no seu tempo a ración de trigo á servidume? 43¡Ditoso o criado aquel, a quen o

seu amo, cando chega, o atopa cumprindo coa súa tarefa! 44Tende por seguro que lle

encomendará toda a facenda.

7.

Lc 22, 14-20. 24-30

Facede isto en memoria de min. Eu estou entre vós coma quen serve

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

14Cando chegou a hora, púxose Xesús á mesa cos seus apóstolos. 15Díxolles:

-¡Moito levo desexado comer esta Pascua convosco antes de eu padecer! 16Porque vos

digo que xa non a volverei comer ata que chegue o seu cumprimento no Reino de Deus.

17E collendo unha copa, deu gracias e dixo:

-Tomade e repartídea entre vós, 18pois asegúrovos que non volverei a beber do

producto da viña ata que chegue o Reino de Deus.

19E collendo pan, deu gracias, partiuno e déullelo, dicindo:

-Este é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en min.

20E despois de cear, fixo o mesmo coa copa, dicindo:

-Esta copa é a Nova Alianza, selada co meu sangue, que se verte por vós.

24Armouse tamén unha discusión entre eles sobre a quen deles debían considerar máis

importante. Pero el díxolles:

-25Os reis dos xentís asobállanos, e os tiranos fanse chamar benfeitores. 26Pero vós non

fagades iso; non: que o maior entre vós sexa como o máis pequeno, e o que goberna,

coma quen serve. 27Pois, ¿quen é máis importante, o que está á mesa ou quen o serve?

¿Acaso non é o que está na mesa? Pero eu ando entre vós coma quen serve.

28Pois vós sóde-los que quedastes comigo nas miñas probas. 29E, como o meu pai o

dispuxo para min, así eu teño disposto para vós un reino, 30para que, cando eu sexa rei,

comades e bebades na miña mesa, e sentedes en tronos para xulga-las doce tribos de

Israel.

8.

Xn 10, 11-16

O Bo Pastor da a súa vida polas ovellas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Di Xesús:

11Eu son o Bo Pastor. O Bo Pastor dá a súa vida polas ovellas. 12O criado, que non é

pastor, de quen non son as ovellas, cando ve vi-lo lobo, deixa as ovellas e foxe e o lobo

rapínaas e dispérsaas; 13porque el anda ó xornal e as ovellas non lle importan. 14Eu son

o Bo Pastor: coñezo as miñas e as miñas coñécenme a min. 15Igual que o Pai me coñece

a min e eu coñezo ó Pai. E dou a miña vida polas ovellas. 16Teño ademáis outras

ovellas que non son deste curro: tamén a esas as teño que guiar e escoitarán a miña voz

e farase un único rabaño e un único pastor.

9.

Xn 12, 24-26

Se alguén quere servirme, que me siga

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, respondeulles Xesús a Andrés e Felipe:

24Évos ben certo: se o gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se

morre, dará froito abondoso. 25Quen ama a súa vida, pérdea; mais quen aborrece a súa

vida neste mundo, poñeraa a salvo para unha vida eterna. 26Se alguén quere servirme,

que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao

honra-lo Pai.

10.

Xn 15, 9-17

Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:

9Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor. 10Se gardáde-los

meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu gardei os mandamentos de

meu Pai, e permanezo no seu amor. 11Díxenvos estas cousas, para que a miña alegría

estea en vós, e a vosa alegría sexa plena.

12Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros como eu vos amei.

13Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos. 14Vós sodes

amigos meus, se facedes canto eu vos mando. 15Xa non vos chamo servos, que o servo

non sabe o que fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu

Pai déivolo a coñecer. 16Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós;

e púxenvos para que vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza; de xeito que

todo o que lle pidades ó Pai no meu nome, volo conceda. 17Mándovos isto: que vos

amedes uns a outros.

11.

Xn 17, 6. 14-19

Por eles conságrome eu, para que tamén eles sexan consagrados na verdade

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Mirando ó ceo, Xesús orou dicindo: Pai santo, eu manifesteite ós homes que me

escolliches do mundo. Eran teus, e déchesmos, e gardaron a túa palabra.

14Eu déille-la túa palabra, e o mundo aborreceunos, pois eles non son do mundo, como

tampouco eu non son do mundo. 15Non che pido que os tires do mundo, senón que os

gardes do malo. 16Eles non son do mundo, como eu tampouco non son do

mundo.17Conságraos na verdade: a túa palabra é verdade. 18Coma ti me mandaches ó

mundo, así os mando eu a eles; 19e por eles conságrome eu, para que tamén eles sexan

consagrados na verdade.

12.

Xn 20, 19-23

Como o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

19Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban

os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús e poñéndose no medio, díxolles:

-Paz convosco.

20Dito isto, mostróulle-las mans e mailo costado. Os discípulos alegráronse, vendo o

Señor. 21El díxolles outra vez:

-Paz convosco: como o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.

22E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:

-Recibide o Espírito Santo: 23a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlles perdoados;

a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.

13.

Xn 21, 15-17

Apacenta os meus años, apacenta as miñas ovellas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

15Cando (Xesús se manifestara ós seus discípulos e) xa comeran, preguntoulle a Simón

Pedro:

-Simón de Xoán ¿ámasme mais ca estes?

El contestoulle:

-Si, Señor, ti sabes que te quero.

Xesús díxolle:

-Apacenta os meus años.

16E de novo preguntoulle por segunda vez:

-Simón de Xoán, ¿ámasme?

El respondeulle:

-Si, Señor, ti sabes que te quero.

Xesús díxolle:

-Apacenta as miñas ovellas.

17E preguntoulle por terceira vez:

-Simón de Xoán, ¿quéresme?

Entristeceuse Pedro de que lle preguntase por terceira vez ''¿quéresme?'', e

respondeulle:

-Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero.

Xesús díxolle:

-Apacenta as miñas ovellas.

III ADMISION ENTRE OS CANDIDATOS O

DIACONADO E PRESBITERADO

775 DO ANTIGO TESTAMENTO

1.

Dt 1, 9-14

Escollédevos homes de experiencia e eu poreinos á fronte de vós

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO

Naqueles días, faloulle Moisés ó pobo:

9Daquela díxenvos deste xeito: "Non son capaz eu só de vos rexer; 10o Señor, voso

Deus, multiplicouvos e velaí que hoxe sodes unha multitude coma as estrelas do ceo.

11Que o Señor, Deus dos vosos pais, vos aumente mil veces máis e que vos bendiga tal

e como volo prometeu. 12Pero, ¿como poderei aguantar eu só as vosas dificultades, os

vosos problemas e os vosos litixios? 13 Procurádevos para as vosas tribos homes de

experiencia, intelixentes e instruídos, e eu poreinos á fronte de vós".

14Entón vós respondéstesme: "Está ben o plan que nos propuxeches facer".

2.

Eclo 39, 1b. 5-8

Desde o amencer diríxese con todo o seu ánimo ó Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO

Esculca na Sabedoría dos devanceiros,

dá tempo ó estudio das profecías.

5Desde o amencer diríxese con todo o seu ánimo

ó Señor que o creou

e suplica na presencia do Altísimo;

abre a boca cunha pregaria

e roga perdón polos pecados.

6Se o grande Señor quixese,

será colmado dun espírito intelixente;

faralle orballar verbas sabias

de xeito que confese ó Señor na súa pregaria;

7dirixiralle o querer e o saber

para que abonde nos seus segredos;

8revelaralle a doutrina do seu ensino

para que teña o seu orgullo na Lei da alianza do Señor.

3.

Is 6, 1-2a. 3-8

¿A quen mandarei? ¿Quen irá da nosa parte?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

6 1O ano da morte do rei Ozías, vin o Señor sentado nun trono alto e levantado. A orla

do seu manto enchía o santuario.

2De pé na súa presencia estaban dous serafíns.

3Exclamaban un cara ó outro: "¡Santo, Santo, Santo, o Señor dos Exércitos: a terra toda

está chea da súa gloria!".

4Estremecían os marcos das portas da entrada co seu clamor, e o santuario estaba cheo

de fume.

5Eu dixen: "¡Ai de min! ¡Estou perdido!

Pois sendo un home de labios lixados,

e que vive entre un pobo de labios lixados,

vin cos meus ollos o mesmo Rei, o Señor dos Exércitos".

6Entón un dos serafíns voou onda min;

tiña na súa man unha brasa que collera de enriba do altar cunhas tenaces,

7e achegouna á miña boca, dicíndome:

"Olla: isto tocou os teus labios,

a túa culpa desapareceu, o teu pecado está perdoado".

8Entón escoitei a voz do Señor que dicía:

"¿A quen mandarei? ¿Quen irá da nosa parte?".

Entón díxenlle: "Aquí estou, mándame a min".

4.

Xer 1, 4-9

A onde eu te mande, irás

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

4A palabra do Señor veume dicir:

5Antes de que te sacara do seo da túa nai, mireite;

antes de lle saíres das entrañas, consagreite;

constituínte profeta para as nacións.

6Entón eu díxenlle:

-¡Ai, meu Señor, Deus!

Repara en que non sei falar,

que son un rapaz.

7Logo o Señor respondeume:

-Non digas: "son un rapaz",

pois a onde eu te mande, irás;

o que eu che ordene, dirás.

8Non lles teñas medo,

Eu estou contigo para te salvar -é o Señor quen fala-.

9Alongou o Señor a súa man e tocou con ela na miña boca; logo díxome:

-Fíxate: poño a miña palabra na túa boca,

776 DO NOVO TESTAMENTO

1.

Feit 14, 21-23

Ordenaron presbíteros en cada Igrexa

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

Naqueles días, Paulo e Bernabé, 21logo de anunciaren a boa nova naquela cidade e de

faceren bastantes discípulos, volveron para Listra, Iconio e Antioquía, 22enfortecendo o

espírito dos discípulos e animándoos a persevararen na fe, porque -dicíanlles- temos de

pasar por moitos traballos, para entrarmos no Reino de Deus. 23E despois de

designarlles presbíteros en cada Igrexa, oraban, xexuaban e encomendábanos ó Señor,

en quen creran.

2.

1 Cor 9, 16-19. 22-23

¡Pobre de min se non predico o Evanxeo!

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

16O mero feito de predica-lo Evanxeo non é para min gloria ningunha: é unha

necesidade que teño enriba de min. ¡Pobre de min se non predico o Evanxeo! 17Pois

así: se fago isto polo meu gusto, xa teño premio; pero, se o fago a contragusto, é un

simple cargo que estou obrigado a administrar. 18¿Onde está, logo, o meu premio? -En

que, cando predico o Evanxeo, fágoo gratuitamente, renunciando ós dereitos que este

Evanxeo me confire.

19Pois, sendo como son libre con respecto a todos, de todos me fixen escravo para

gaña-los máis posibles.

22Cos débiles fíxenme débil, para gaña-los débiles. Fíxenme todo con todos, para salvar

algúns a toda costa. 23Todo o fago polo Evanxeo, para ter algunha parte nel.

3.

1 Cor 12, 4-11

A cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o ben común

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

4Hai diversidade de dons, pero un mesmo Espírito. 5Hai diversidade de servicios, pero

un mesmo Señor. 6Hai diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen

realiza todo en todos.

7A cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o ben común. 8A un o Espírito

dálle palabra de sabedoría; a outro dalle palabra de ciencia o mesmo Espírito; 9a

aqueloutro o mesmo Espírito concédelle fe. 10A un este mesmo Espírito dálle o don de

curacións; a outro, o don de facer milagres; a outro, o don da profecía; a outro,

discernimento de espíritos. A un, don de falar distintas linguas; a outro, o saber

interpretar esas linguas. 11Pero todo isto é un e o mesmo Espírito quen o realiza,

repartindo a cada un en particular, como a El lle parece.

4.

2 Tim 3, 10-12. 14-15

Mantente no que aprendiches

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

Benquerido irmán:

10Ti seguíchesme a min na doutrina, no xeito de vida, nos meus plans, na fe, na

paciencia, na caridade, na resistencia 11ás persecucións e ós sufrimentos (como os que

aturei en Antioquía, en Iconio, en Listra). ¡Que grandes persecucións soportei e de todas

me librou o Señor! 12E tódolos que queiran vivir como bos cristiáns padecerán

persecución.

14Ti mantente no que aprendiches e no que criches, e que non che esqueza quen cho

aprendeu. 15Porque xa desde neno coñéce-las letras santas, que son podentes para che

facer sabe-lo camiño da salvación pola fe de Cristo Xesús.

777 SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 15, 1-2a e 5. 7-8. 11

R/ (cf 5a): Ti es, Señor, a miña herdade

1Gárdame, Deus, que en ti busco agarimo.

2Eu dígolle ó Señor: "Ti e-lo meu dono,

só ti e-lo meu ben".

5Ti es, Señor, a miña herdade e a miña sorte,

ti coidas do meu porvir.

7Bendigo ó Señor que me guía

e mesmo de noite me ensina no meu íntimo.

8Teño ó Señor sempre diante;

con El á dereita non caerei.

11Mostrarasme o camiño da vida:

a túa presencia éncheme de alegría

a túa dereita, de gozo eterno.

2.

Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6

R/ (cf 6): Esta é a liñaxe dos que buscan a túa presencia, Señor

1Do Señor é a terra e canto a enche,

o orbe e canto nel habita.

2El é quen a fundou sobre os mares

e quen a asegurou sobre as correntes.

3¿Quen poderá subir ó monte do Señor?

¿Quen poderá quedar no seu santuario?

4O que ten as mans limpas e puro o corazón,

o que non pon a mente en cousas vas

5Ese recibirá do Señor bendición

e xustiza de Deus, o seu salvador.

6Así é a liñaxe dos que o buscan,

dos que buscan a presencia do Deus de Xacob.

3.

Sal 97, 1. 2-3ab. 3c-4. 5-6

R/ (2b): O Señor revela a súa xustiza ante os pobos

1Cantàdelle ó Señor un càntico novo,

pois fixo marabillas,

a súa dereita e o seu brazo

déronlle a victoria.

2O Señor dà a coñece-la súa salvación,

revela a súa xustiza ante os pobos.

3Lembra o seu amor e a súa fidelidade

coa casa de Israel.

Os pobos todos verán

a salvación do noso Deus.

4Aclama ó Señor, terra enteira,

rompede a cantar e a tocar.

5Tocade para o Señor a cítara,

a cítara e o salterio;

6con claríns e con trompetas

aclamade ó Señor, noso rei.

778 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

Mc 1, 17

Vide comigo, di o Señor,

e fareivos pescadores de homes

2.

Lc 4, 18

O Señor mandoume proclamárlle-la Boa Nova ós pobres,

predicarlle-la liberación ós secuestrados

3.

Xn 12, 26

Se alguén quere servirme, que me siga, di o Señor;

e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor

779 EVANXEOS

1.

Mt 9, 35-38:

Rogádelle ó dono da sega que mande xornaleiros á súa ceifa

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

35Xesús percorría tódalas vilas e aldeas, ensinando nas sinagogas, anunciando a Boa

Nova do Reino e curando toda

enfermidade e toda doenza.

36Vendo a multitude, sentiu unha fonda compaixón por ela, porque estaban todos

derreados e esmorecidos coma ovellas sen pastor. 37Entón díxolles ós seus discípulos:

-A anada é ben boa, pero os xornaleiros son poucos; 38así que rogádelle ó dono da

colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.

2.

Mc 1, 14-20

Fareivos pescadores de homes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

14Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea a anuncia-la Boa Nova de Deus,

15dicindo:

-O tempo está cumprido, e chega o Reino de Deus; convertédevos, e crede na Boa Nova.

16Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a Simón e mais a Andrés, seu irmán,

largando o aparello no mar: eran pescadores. 17Díxolles Xesús:

-Vide comigo, e fareivos pescadores de homes.

18E deixando de contado o aparello, seguírono. 19Un pouco máis adiante viu a

Santiago, fillo de Zebedeo e mais a Xoán, seu irmán; estaban arranxando o aparello na

arca. E de seguida os chamou. 20Eles, deixando a seu pai, Zebedeo, e mailos seus

tripulantes na barca, seguírono.

3.

Lc 5, 1-11

Xa que ti o dis, largarei o aparello

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

5 1Estando Xesús á beira do lago Xenesaret, mentres a xente se amoreaba ó seu arredor,

escoitando a Palabra de Deus, 2viu dúas lanchiñas que estaban na beira do lago. Os

pescadores que desembarcaran delas lavaban o aparello. 3Subiu a unha barca, que era de

Simón, rogoulle que se apartase un pouco da terra, e desde a barca, sentado, ensinaba á

xente. 4Cando acabou de falar, díxolle a Pedro:

-Voga lago adentro, e larga o aparello para pescar.

5Respondeu Simón:

-Mestre, pasámo-la noite faenando e non demos collido un rabo de peixe, pero, xa que ti

o dis, largarei o aparello.

6Así o fixeron, e colleron tal cantidade de peixe que o aparello rebentaba. 7Fixéronlle

entón acenos ós compañeiros da outra lancha para que lles fosen botar unha man. Foron

e encheron as dúas lanchas tanto que, a pouco máis, van a pique. 8Vendo isto, Simón

Pedro botóuselle ós pés a Xesús, dicindo:

-Señor, arreda de min, que eu son un pecador.

9Porque tanto el coma os seus compañeiros quedaron parvos con tanto peixe como

colleran naquel lance. 10O mesmo lles pasaba a Santiago e mais a Xoán, fillos de

Zebedeo, que eran compañeiros de Simón. E díxolle Xesús a Simón:

-Tranquilo, desde agora vas ser pescador de homes.

11Varando as barcas en terra e deixándoo todo, seguírono.

4.

Xn 1, 35-42

Velaquí o Año de Deus. Encontrámolo Mesías

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

35Estaba Xoán con dous dos seus discípulos 36e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo:

-Velaquí o Año de Deus.

37Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús. 38Volveuse

Xesús e, vendo que eles o seguían, preguntoulles:

-¿Que buscades?

Eles respondéronlle:

-''Rabbí'' (que quere dicir ''mestre''), ¿onde paras?

39El díxolles:

-Vinde e veredes.

E eles foron e viron onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da

tarde.

40Un dos dous que escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón

Pedro. 41Vai e ó primeiro que atopa é a Simón, o seu propio irmán, e dille:

-Encontrámo-lo Mesías (que quere dicir Cristo).

42E levouno onda Xesús. O velo, díxolle Xesús:

-Tí es Simón, o fillo de Xoán. Ti haste chamar Kefas (que quere dicir Pedro).

5.

Xn 1, 45-51

Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Naquel tempo, 45atopou Felipe a Natanael e díxolle:

-Encontramos a aquel de quen escribiu Moisés na Lei e mailos profetas: a Xesús, o fillo

de Xosé, o de Nazaret.

46Contestoulle Natanael:

-¿E de Nazaret pode saír algo bo?

Felipe díxolle:

-Ven e verás.

47Viu Xesús a Natanael, que se achegaba e dixo del:

-Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez.

48Preguntoulle Natanael:

-¿E de que me coñeces?

Contestoulle Xesús:

-Antes de que Felipe chamase por ti, xa eu te vira, cando estabas debaixo da figueira.

49Respondeulle Natanael:

-Rabbí, ti e-lo fillo de Deus, ti e-lo rei de Israel.

50Díxolle entón Xesús:

-¿Porque che dixen que te vin debaixo da figueira, xa cres? Pois cousas máis grandes

has ver.

51E concluíu:

-Con toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo

e baixando onda o Fillo do Home.

IV PARA CONFERIR MINISTERIOS

1. NA INSTITUCION DE LECTORES

780 DO ANTIGO TESTAMENTO

1.

Dt 6, 3-9

Estas palabras estarán no teu corazón

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO

3Escoita, Israel, e ten coidado de o practicar, para que sexas feliz e que te multipliques

moito, pois tal como cho falou o Señor, Deus dos teus pais, é unha terra que deita leite e

mel.

4Escoita, Israel: O Señor, o noso Deus, é Iavé, o único. 5Amara-lo Señor, o teu Deus,

con todo o teu corazón, con tódalas túas aspiracións e con toda a túa forza. 6Os

preceptos estes, que eu che mando hoxe, estarán no teu corazón; 7inculcarásllelos ós

teus fillos e falarás deles estando na túa casa e indo polo teu camiño, estando deitado e

estando de pé: 8ataralos á túa man coma sinal, e servirán de adorno entre os teus ollos,

9escribiralos nos marcos da túa casa e nas túas portas.

2.

Dt 30, 10-14

A palabra está moi cerca de ti para que a cumpras

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO

Faloulle Moisés ó pobo dicindo:

10Si, faille caso á voz do Señor, o teu Deus, gardando os seus mandamentos e os seus

preceptos, o escrito no libro desta lei. Si, convértete ó Señor, o teu Deus, con todo o teu

corazón e con todo o teu ser.

11Si, este mandamento que eu che mando hoxe non é imposible para ti nin che resulta

inaccesible. 12Non está no ceo para dicires: ¿Quen subirá por nós ó ceo e nolo collerá e

nolo fará escoitar, para que nós o cumpramos? 13Tampouco está da outra banda do mar

para dicires: ¿Quen cruzará por nós ó outro lado do mar e nolo collerá e nolo fará

escoitar, para que nós o cumpramos? 14Si, a palabra está moi cerca de ti: na túa boca e

no teu corazón, para a cumprires.

3.

Neh 8, 2-4a. 5-6. 8-10

Os levitas lían libro da Lei e explicaban o que lían

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE NEHEMÍAS

O sacerdote Esdras trouxo a Lei diante da asemblea, onde se atopaban os homes,

mulleres e todos cantos eran capaces de comprende-lo que oían. Era o primeiro día do

sétimo mes.

3El leu no libro, desde o amañecer ata o mediodía, ós homes, mulleres e a cantos tiñan

uso de razón. Os oídos de todo o pobo estaban atentos ó libro da Lei.

4O escriba Esdras estaba en pé sobre unha tarima de madeira, preparada con esta

ocasión. 5Abriu o libro á vista de todo o pobo, pois colocárase por cima da

comunidade, e cando o abriu, o pobo púxose en pé. 6Entón Esdras bendiciu ó Señor, o

gran Deus, e todo o pobo respondeu: -"Amén, amén", levantando as mans. Despois

inclináronse e prosternáronse diante do Señor, rostro en terra.

8Lían no libro da Lei de Deus, traducíndoo e facendo comprende-lo que lían.

9Entón o gobernador Nehemías, o sacerdote-escriba Esdras e os levitas que explicaban a

Lei ó pobo, dixeron a toda a asemblea:

-"Este día está consagrado ó Señor, o voso Deus. Polo tanto, cesade no voso pranto e

non choredes máis" (pois todo o pobo choraba ó oí-las palabras da Lei).

10El díxolles:

-"Idevos e comede ben, e bebede excelentes viños, e levádelles tamén ós que non teñen

nada preparado, pois este día está consagrado ó noso Señor. Nin sigades tristes, porque o

gozo do Señor é a vosa forza".

4.

Is 55, 10-11

A chuvia fecunda a terra

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

Di o Señor:

10 Como a chuvia e a neve baixan do ceo

e non voltan alá sen enchoupa-la terra,

fecundala e facela brotar,

para que lle dea semente ó que sementou

e pan ó que come,

11así tamén será a miña palabra que sae da miña boca:

non voltará a min en van,

senón que fará o que eu queira,

e conseguirá aquilo para o que a mandei.

781 DO NOVO TESTAMENTO

1.

1 Cor 2, 1-5

Anunciándovo-lo misterio de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

Cando cheguei onda vós, non cheguei exhibindo elocuencia

nin saber para anunciárvo-lo misterio de Deus.

2Nada pretendín saber entre vós fóra de Xesús Cristo;

e Cristo crucificado. 3E eu presenteime

diante vosa cunha sensación de impotencia e tremendo de

medo; 4e a miña palabra e maila miña predicación non se

apoiaban en argumentos persuasivos e sabios, senón que

constituían unha demostración do poder do Espírito: 5todo

para que a vosa fe non se apoie na sabedoría dos homes,

senón no poder de Deus.

2.

2 Tim 3, 14-17

Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

Benquerido irmán:

14 mantente no que aprendiches e no que criches, e

que non che esqueza quen cho aprendeu. 15Porque xa desde neno

coñéce-las letras santas, que son podentes para che facer

sabe-lo camiño da salvación pola fe en Cristo Xesús.

16Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para

ensinar, para corrixir, para enmendar, para educar na

xustiza. 17Dese xeito, o home de Deus tórnase perfecto e

competente para toda obra boa.

3.

2 Tim 4, 1-5

Fai obra de evanxelista, cumpre ben o teu servicio

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO A TIMOTEO

Benquerido irmán:

4 1 pídoche por favor unha cousa diante de Deus e de Cristo

Xesús, que ha vir xulgar a vivos e mortos, pola súa vinda

gloriosa e polo seu reinado: 2pregoa a palabra, insiste a tempo

e a destempo, corrixe, reprende, aconsella con toda a paciencia

que require a doutrina.

3Porque virán tempos nos que non escoitarán a verdadeira

doutrina, senón que, conforme os seus caprichos, amorearán

mestres que lles agarimen os oídos. 4Afastaranse de escoita-la

verdade e extraviaranse polo terreo dos mitos.

5Ti, en troques, mantente sobrio en todo, soporta o mal, fai obra de

evanxelista, cumpre ben o teu servicio.

4.

Heb 4, 12-13

A palabra de Deus xulga os proxectos e os pensamentos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

12A Palabra de Deus é viva e dinámica,

máis cortante do que unha espada de dobre fío e que

penetra mesmo alí onde se diferencian a alma e o espírito, as

xuntas e a médula. Ela xulga os proxectos e os pensamentos.

13Non hai cousa que se lle esconda, todo está nu e penetrable

ós seus ollos: é a ela a quen lle hemos de dar contas.

5.

1 Xn 1, 1-4

O que temos visto e oído, tamén volo anunciamos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

XOÁN

Benqueridos irmáns e irmás:

1 1O que pasou desde o comezo,

o que temos oído,

o que teñen visto os nosos ollos,

o que contemplamos nós e palparon as nosas mans,

a saber, a Palabra que é a vida

2(porque a vida manifestouse

é nós vímola e damos testemuño dela,

e anunciámosvola a vós: a vida eterna,

que estaba na intimidade do Pai

e que se nos amosou a nós):

3iso que temos visto e oído

agora tamén volo anunciamos a vós,

para que tamén vós teñades parte connosco;

pois compartir connosco

é compartir co Pai e co seu Fillo Xesús Cristo.

4Escribímosvos isto

para que a nosa alegría sexa ben cumprida.

782 SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 18, 8. 9. 10. 11

R/ (cf Xn 6, 63c): As túas Palabras, Señor, son espírito e vida

V/ 8A lei do Señor é perfecta:

reconforta a alma;

a declaración do Señor é firme:

fai sabio ó inxenuo;

9os mandatos do Señor son rectos:

aledan o corazón;

o precepto do Señor é limpo:

ilumina os ollos;

10o temor do Señor é puro:

permanece por sempre;

as decisións do Señor son verdadeiras:

enteiramente xustas.

11Son máis cobizables có ouro

máis có metal precioso;

son máis doces có mel,

máis có zume da antera.

2.

Sal 118, 9. 10. 11. 12

R/ (12b): Ensíname, Señor, a túa vontade

V/ 9¿Como atinará un mozo no camiño?

Gardando a túa palabra.

10Eu búscote de todo corazón,

non me deixes desviar dos teus mandatos.

11No meu corazón escondo os teus ditos,

para non pecar ante ti.

12Bendito es ti, Señor:

ensíname a túa vontade.

3.

Sal 147, 15-16. 17-18. 19-20

R/ (12): Glorifica ó Seño, Xerusalén

V/ 15El manda á terra a súa mensaxe

e a súa palabra corre lixeira.

16Produce neve coma la

e espalla xeada coma cinsa;

17esparexe coma faragullas o carambelo

e de frío xéanse as augas.

18Manda a súa palabra e derrétense,

sopra co seu alento e corre a auga.

19El anuncia a Xacob os seus proxectos,

os seus estatutos e mandatos a Israel.

20Non fai así con outros pobos

que descoñecen as súas decisións.

783 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

Cf Lc 4, 18

O Espírito do Señor está sobre min;

mandoume evanxeliza-los pobres

2.

Xn 6, 63c. 68c

As túas palabras, Señor, son espírito e vida;

ti tes palabras de vida eterna.

3.

Cf Feit 16, 14b

Abre, Señor, o noso corazón,

para que fagamos caso das palabras do teu Fillo

4. A semente é a palabra de Deus, quen semanta é Cristo;

quen o encontra, durará eternamente

784 EVANXEOS

1.

Mt 5, 14-19

Vós sóde-la luz do mundo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:

14Vós sóde-la luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade

afincada na cima dun monte. 15Tampouco se encende unha

lámpada para poñela debaixo da artesa, senón sobre o

candeeiro, para que alume a tódolos da casa. 16Alume así a

vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras,

glorifiquen a voso Pai que está no ceo.

17Non pensedes que vin derroga-la Lei e os Profetas; non vin

para derrogar, senón para dar cumprimento. 18Porque vos

aseguro: mentres non pasen o ceo e maila terra non pasará

nin unha letra nin un til da Lei ata que todo se cumpra. 19E

quen falte a un destes mandamentos máis pequenos e así

llelo ensine a facer ós outros, será declarado o máis

pequeno no Reino dos ceos; pero quen os cumpra e ensine,

será declarado grande no Reino dos ceos.

2.

Mc 1, 35-39

E marchou e ía predicando nas sinagogas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Moi cedo, aínda de noite, Xesús ergueuse e saíu para un lugar

arredado, onde se puxo a orar. 36Simón e mailos seus compañeiros fórono seguindo,

37e cando o atoparon, dixéronlle:

-Todos te andan a buscar.

38El respondeu:

-Vaiamos a outro sitio, ás aldeas veciñas, para predicarmos tamén alí, pois para isto vin.

39E foi predicando polas sinagogas de Galilea, botando fóra os demos

3.

Lc 4, 16-21

O Espírito do Señor está sobre min

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

16Chegou Xesús a Nazaret, onde se criara, e o sábado entrou, como estaba afeito, na

sinagoga. Ergueuse para face-la lectura, 17e déronlle o libro do profeta Isaías. Abriuno e

atopou unha pasaxe que dicía:

18O espírito do Señor está sobre min

porque El foi quen me unxiu

para proclamárlle-la Boa Nova ós pobres.

Mandoume para lles anuncia-la liberación ós secuestrados

e a vista ós cegos,

para lles dar liberdade ós asoballados,

19e proclama-lo ano de gracia do Señor.

20Pechando o libro, devolveullo ó encargado, e sentou. Tódolos

ollos da sinagoga enteira estaban fixos nel. 21Logo empezoulles

a dicir:

-Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da Escritura.

4.

Lc 24, 44-48

Mandou Xesús ós apóstolos predica-la penitencia para remisión dos pecados

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Dilles Xesús ós seus discípulos:

-A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía

que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de

Moisés, nos profetas e máis nos Salmos acerca de min.

45E abriu os seus entendementos para que comprendesen as

Escrituras. 46E engadiu:

-Así está escrito: O Mesías padecerá e resucitará de entre os

mortos no terceiro día, 47e predicarase no seu nome a

conversión e mailo perdón dos pecados a tódolos pobos,

empezando por Xerusalén. 48Vós seredes testemuñas de todo isto.

5.

Xn 7, 14-18

A miña doutrina non é miña, senón de Aquel que me enviou.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

14A iso da metade da festa, subiu Xesús ó templo e púxose a

ensinar.

15Admirábanse entón os xudeus, dicindo:

-¿Como é que este sabe todo o que sabe sen estudialo?

-16Respondeulles Xesús:

-A miña doutrina non é miña, senón de Aquel que me mandou.

17Se alguén quere face-la vontade de Deus, distinguirá se esta

doutrina vén de Deus ou se é que eu falo pola miña conta.

18Quen fala pola súa conta, busca a propia gloria; polo

contrario, quen procura o prestixio de quen o mandou, ese é

veraz e non hai inxustiza nel.

2. PARA A INSTITUCION DE ACOLITOS

785 DO ANTIGO TESTAMENTO

1.

Xén 14, 18-20

Presentou pan e viño

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

18Melquisédec, rei de Salem, sacerdote do Deus Altísimo, sacou pan a viño 19e

bendiciu a Abram con estas

palabras:

-Bendito sexa Abram polo Deus Altísimo, que fixo ceo e

terra.

20Bendito sexa o Deus Altísimo,

que puxo os teus inimigos na túa man.

Abram deulle a Melquisédec o décimo de toda a súa presa.

2.

Éx 16, 2-4. 12-15

Vou facer chover do ceo pan para vós

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

Naqueles días, 2toda a comunidade dos israelitas murmuraba no deserto contra Moisés e

Aharón; 3dicían:

-¡Sequera morresemos pola man do Señor na terra de Exipto, sentados ó redor dos potes

de carne e con pan a fartar!. Trouxéstesnos a este deserto, para matar de fame a toda esta

comunidade.

4O Señor díxolle a Moisés: -Vou facer chover un pan do ceo para

vós. O pobo sairá e collerá o que lle cumpra para o día. Quero

poñelo á proba, para ver se anda ou non coa miña lei. 12-Oín as murmuracións dos

israelitas. Dilles isto: "O anoitecer teredes carne que

comer e pola mañá pan a fartar; e saberedes que eu son o

Señor, o voso Deus".

13O serán, viñeron paspallás e cubriron o campamento; pola mañá había nos arredores

unha capa de orballo. 14Cando esvaeu o orballo, apareceu no deserto unha capa miúda,

coma escamas miúdas, que semellaba xeada sobre o chan. 15Os israelitas, ó que o viron,

preguntábanse uns ós outros: -¿Que é isto? Pois non sabían o que era aquilo.

Respondeulles Moisés: -Este é o pan que o Señor vos da para comer

3.

Éx 24, 3-8

Este é o sangue da alianza que o Señor fai convosco

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

3Moisés veu e expúxolle ó pobo as palabras do Señor e as súas decisións, e o pobo a

unha respondeu: -"Faremos todo o que dixo o Señor". 4Moisés puxo por escrito tódalas

palabras do Señor.

O día seguinte Moisés ergueuse cedo, construíu un altar na aba da montaña e chantou

doce estelas, polas doce tribos de Israel. 5Despois mandou a algúns mozos israelitas que

ofrecesen holocaustos e sacrificios de comunión ó Señor. 6Moisés colleu a metade do

sangue e botouna en recipientes, e a outra metade asperxeuna no altar. 7Despois colleu o

libro da alianza e leullo en voz alta ó pobo. Este respondeu: -"Faremos todo o que dixo

o Señor, e obedeceremos". 8Entón colleu Moisés o sangue e asperxiu ó pobo con el,

dicindo: -"Este é o sangue da alianza que o Señor fai convosco, conforme as palabras

lidas".

4.

Dt 8, 2-3. 14b-16a

Deuche de come-lo maná, que non coñecías ti nin coñecían teus pais

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO

Faloulle Moisés ó pobo e díxolle:

2Has de te lembrar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, te fixo camiñar polo

deserto durante estes corenta anos para aflixirte e pórte a proba e sabe-lo que hai nas

túas intencións: se ti querías garda-los seus mandamentos, ou non. 3El aflixiute,

facéndote pasar fame, e logo deuche de come-lo maná, que nin coñecías ti nin coñecían

teus pais, co fin de che dar a coñecer que non soamente do pan vive feliz o home, senón

que o home vive feliz con todo o que sae da boca do Señor, o teu Deus, que foi quen te

sacou do país de Exipto, da casa da escravitude; 15foi quen te fixo camiñar polo deserto

grande e terrible, por culpa das serpentes de mordedura queimante, dos escorpións e da

sequidade (pois non había auga); foi El quen fixo saír para ti auga da pedra de granito;

16foi El quen che deu a comer no deserto o maná, que teus pais non coñecían.

5.

1 Re 19, 4-8

Coa forza daquel sustento, andou ata o monte de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO PRIMEIRO LIBRO DOS REIS

Naqueles días, Elías 4seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar debaixo

dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: -"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non

vallo eu máis cós meus pais".

5Deitouse á sombra da xesta e durmiuse. Un anxo tocouno e díxolle: -"Érguete e come".

6Mirou Elías e viu á súa cabeceira unha bica cocida no rescaldo e un xerro de auga.

Comeu e bebeu daquilo e volveuse deitar.

7Tornou de segundas o anxo do Señor e tocouno, dicíndolle: -"Érguete e come, que che

queda moito camiño". 8Ergueuse Elías, comeu e bebeu e, coa forza daquel sustento,

andou corenta días coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.

6.

Prov 9, 1-6

Comede do meu pan e bebede do viño que mesturei para vós

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS PROVERBIOS

9 1A Sabedoría construíu a súa casa

tallou as súas sete columnas,

2fixo a matanza do gando, mesturou o seu viño,

e preparou a súa mesa;

3despachou as súas criadas a anuncia-lo convite

polos altos da cidade:

4"Quen sexa inxenuo, que se achegue aquí";

ó que carece de siso dille:

5"Vinde, comede do meu pan

e bebede do viño que mesturei,

6deixade a vosa inxenuidade e viviredes,

camiñade pola vía da intelixencia".

786 DO NOVO TESTAMENTO

1.

Feit 2, 42-47

Eran perseverantes na comuñón, na fracción do pan

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

42Os discípulos eran

perseverantes en escoita-la ensinanza dos apóstolos, na

comuñón da vida, no rito de partiren o pan, e nas oracións.

43Apoderouse de todos o respecto, pois os apóstolos facían

moitas marabillas e sinais. 44Tódolos crentes vivían unidos e

tiñan todo en común: 45vendían os seus bens e propiedades, e

repartíanos entre eles, conforme ás necesidades de cada un.

46Todos a unha asistían diariamente ó templo, partían o pan nas

casas, comendo con alegría e sinxeleza de corazón; 47louvaban a

Deus, e eran ben vistos por todo o pobo. Cada día o Señor

aumentaba o número dos salvos e xuntábaos ó grupo.

2.

Feit 10, 34a. 37-43

Comemos e bebemos con el despois de resucitar de entre os mortos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

34Tomou Pedro a palabra e dixo:

37Vós sabéde-lo que pasou en toda a Xudea,

comezando desde Galilea, despois do bautismo que Xoán predicou:

38como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de

Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a tódolos que

estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el. 39E nós

somos testemuñas de todo o que fixo no país dos xudeus e mais

en Xerusalén. Matárono, colgándoo dun madeiro. 40A este

resucitouno Deus ó terceiro día e concedeulle que se deixase

ver, 41non de todo o pobo, senón das testemuñas escollidas de

antemán por Deus: nós que comemos e bebemos con el, logo de que

resucitou de entre os mortos. 42E mandounos que predicasemos ó

pobo e atestemos que el é quen foi constituído por Deus xuíz de

vivos e de mortos. 43El é de quen tódolos profetas dan este

testemuño: tódolos que crean nel recibirán polo seu nome o

perdón dos pecados.

3.

1 Cor 10, 16-17

Sendo moitos, formamos un único pan, un único corpo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

16A copa da bendición que bendicimos, ¿non é unha comuñón

co sangue de Cristo? O pan que partimos, ¿non é unha comuñón co

corpo de Cristo? 17E como hai un único pan, tamén nós, sendo

moitos, formamos un único corpo, porque todos participamos dese

único pan.

4.

1 Cor 11, 23-26

Cada vez que comedes este pan e bebedes este caliz, anunciáde-la morte do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN

PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

23 Eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que

o Señor Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan e,

despois de dar gracias, partiuno e dixo: ''Isto é o meu corpo,

que se entrega por vós; facede isto en lembranza miña''. 25Do

mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo: ''Esta copa

é a Nova Alianza, no meu sangue; cada vez que bebades, facédeo

en lembranza miña''.

26Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta

copa, anunciáde-la morte do Señor, ata que El volte.

5.

Heb 9, 11-15

O sangue de Cristo purificará a nosa conciencia

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

11O presentarse Cristo como sumo sacerdote dos auténticos

bens, entrando a través dunha tenda-santuario maior e máis

perfecta, non de feitío humano, isto é, non deste mundo, 12e

ofrendando o seu propio sangue, non o sangue de carneiros ou de

becerros, entrou dunha vez para sempre no santuario e, deste

xeito, conseguiu unha redención definitiva. 13Se o sangue de

carneiros e de touros e a cinsa dunha xuvenca asperxida polos

impuros consagra a estes, dándolles unha pureza corporal, 14moito

máis o sangue de Cristo (que movido polo Espírito que animou

toda a súa vida, se ofreceu a si mesmo a Deus, como víctima sen

mancha) limpará a nosa conciencia das obras de morte, para así

servírmo-lo Deus vivo.

15Por iso é mediador dunha nova alianza, xa que morreu para

redimir dos pecados cometidos baixo a primeira alianza, a fin

de que os que están chamados á herdanza eterna, poidan

recibi-lo cumprimento desta promesa.

787 SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6

R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta

V/ 1O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Os pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

2.

Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9. 10-11

R/ (9a): Gustade e vede qué bo é o Señor

V/ 2Eu bendigo ó Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa louvanza;

3gloríome no Señor,

e os humildes alégranse, ó escoitalo.

4Exaltade comigo ó Señor,

louvemos xuntos o seu nome.

5Eu busco ó Señor, e El responde,

líbrame de tódolos temores.

6Ollade para El e refulxide,

non poñades caras murchas.

7O Señor escoita ó pobre que o chama

e líbrao de tódolos apretos.

8O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis

e dálles seguridade.

9Gustade e vede que bo é o Señor:

feliz quen a El se acolle.

10Temede ó Señor os seus devotos,

pois nada lles falta ós que o temen.

11Empobrecen os ricos, pasan fame,

pero ós que buscan ó Señor ningún ben lles faltará.

3.

Sal 77, 3 e 4bc. 23-24. 25. 54

R/ (24b): O Señor deulles pan do ceo

V/ 3O que oímos e sabemos,

o que os pais nos contaron,

4non llelo podemos calar a seus fillos;

témolo que contar ás xeracións vindeiras:

as glorias do Señor, o seu poder,

e os milagres que fixo.

23Ordenou logo ás nubes desde arriba,

abriu as portas do ceo,

24e fixo chover maná para comeren;

deulles trigo do ceo.

25Comeu o home pan dos fortes,

deulles sustento a fartar.

54Levounos á súa terra santa,

ó monte que adquirira coa súa dereita.

4.

Sal 109, 1. 2. 3. 4

R/ (4b): Ti es sacerdote para sempre, conforme ó rito de Melquisedec

V/ 1Palabra do Señor ó meu señor:

Senta á miña dereita

mentres poño os teus inimigos

por estrado dos teus pés.

2O cetro do poder

mándacho o Señor desde Sión:

domina nos teus inimigos.

3Es príncipe desde o día que naciches,

tes aura sagrada desde o seo,

desde o albor da túa infancia.

4O Señor xurouno, e non se arrepinte:

ti es sacerdote para sempre

conforme ó rito de Melquisédec.

5.

Sal 115, 12-13. 15 e 16bc. 17-18

R/ (13): Alzarei a copa da salvación, invocando o nome do Señor

V/ 12¿Con que lle pagarei ó Señor

todo o ben que me fai?

13Alzarei a copa da salvación,

invocando o nome do Señor

15Moi custosa é ós ollos do Señor

a morte dos seus amigos.

16¡Ai, Señor, que eu son o teu servo,

servo teu e fillo da túa serva,

a quen ti rompíche-las cadeas!

17Ofrézoche sacrificios de louvanza,

invocando o nome do Señor.

18Cumprirei os meus votos ó Señor,

á vista de todo o seu pobo

6.

Sal 144, 10-11. 15-16. 17-18

R/ (cf 16): Abres ti a túa man e dasnos fartura

V/ 10Lóuvente, Señor, as túas obras,

bendígante os teus amigos.

11Pregoen a gloria do teu reino,

proclamen as túas fazañas.

15Tódolos ollos cara a ti agardan

que ti lles déa-lo sustento ó seu tempo.

16Abres ti a túa man

e dáslle fartura a todo ser vivo.

17O Señor é xusto nos seus camiños todos,

bo en tódolos seus feitos.

18O Señor está cerca dos que o chaman,

dos que sinceramente o invocan.

7.

Sal 147, 12-13. 14-15. 19-20

R/ (Xn 6, 5): Quen coma este pan, vivirá para sempre

V/ 12Glorifica ó Señor, Xerusalén,

louva ó teu Deus, Sión.

13El reforza os ferrollos das túas portas

e bendí ós teus fillos no teu seo.

14Establece a paz nos teus confíns

e fártate de flor de trigo.

15El manda á terra a súa mensaxe

e a súa palabra corre lixeira.

19El anuncia a Xacob os seus proxectos,

os seus estatutos e mandatos a Israel.

20Non fai así con outros pobos

que descoñecen as súas decisións.

788 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

Xn 6, 35

Eu son o pan da vida: quen vén onda min non pasará fame

e quen cre en min, endexamais non terá sede, di o Señor

2.

Xn 6, 51

Eu son o pan vivo que baixou do ceo, di o Señor;

se alguén come deste pan, vivirá para sempre

3.

Xn 6, 56

Quen come a miña carne e bebe o meu sangue,

permanece en min e eu nel, di o Señor

4.

Xn 6, 57

Así coma o Pai, que me mandou, vive e eu vivo polo Pai,

así tamén quen me coma vivirá por min, di o Señor

789 EVANXEOS

1.

Mc 14, 12-16. 22-26

Isto é o meu corpo. Este é o meu sangue

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

12No primeiro día da festa dos Azimos, cando se sacrificaba o año pascual,

preguntáronlle os seus discípulos:

-¿Onde queres que vaiamos prepara-la Cea Pascual?

13El mandou a dous discípulos, dicíndolles:

-Ide á cidade, e havos saír ó paso un home, cunha sella de auga. 14Ide tras el e onde

entre, dicídelle ó dono da casa: "O Mestre pregunta: ¿onde está o lugar no que podo

come-la Pascua cos meus discípulos?" 15El havos mostrar no sobrado unha grande sala,

xa disposta e arranxada. Vós preparade o que faga falta.

16Marcharon os discípulos e, chegando á cidade, atoparon todo tal como llelo el dixera.

E prepararon a Pascua.

22Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan, deu gracias, partiuno e déullelo, dicindo:

-Tomade, isto é o meu corpo.

23E collendo unha copa, dando gracias, pasóullela, e todos beberon dela. 24E díxolles:

-Isto é o meu sangue, da Alianza, vertido por todos. 25Asegúrovos que xa non volverei

beber do producto da viña ata o día que o beba, noviño, no Reino de Deus.

26Despois de cantaren os Salmos, saíron para o Monte das Oliveiras.

2.

Lc 9, 11b-17

Comeron todos a fartar

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Xesús faláballe á xente do Reino

de Deus e curaba a cantos o necesitaban. 12E como empezaba a

cae-lo día, achegáronse os Doce e dixéronlle:

-Despide a xente, para que vaian ás vilas e aldeas próximas en

procura de sitio para se hospedaren e para que poidan tamén

comprar algo que levar á boca, porque aquí estamos nun

descampado.

13Pero el replicoulles:

-Dádelles vós de comer.

Eles contestaron:

-Pero ¡se non temos máis ca cinco bolos de pan e mais dous

peixes! A non ser que vaiamos nós mercar mantenza para toda

esta xente.

14Eran uns cinco mil homes. Mais el díxolles ós seus

discípulos:

-Colocádeos en grupos de cincuenta

15Dixéronllelo, e sentaron todos. 16El, colleu os cinco

bolos e mailos dous peixes, ergueu a vista ó ceo,

bendiciunos, partiunos e déullelos ós discípulos, para que

llelos servisen á xente. 17Comeron todos a fartar, e coas

sobras encheron aínda doce cestas.

3.

Lc 24, 13-35

Recoñecérono na fracción do pan

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Dous dos discípulos de Xesús ían camiño de Emaús, unha aldea

que está a uns dez quilómetros de Xerusalén. 14Ian falando de

canto pasara. 15E resulta que mentres parolaban e discutían,

Xesús en persoa, achegouse e camiñaba canda eles. 16Pero os

seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren. 17Entón

preguntoulles:

-¿De que ides falando polo camiño?

Eles pararon cun semblante moi tristeiro, 18e Cleofás, un

deles, respondeulle:

-¿Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non sabe

nada do que pasou alí durante estes días?

19El preguntou:

-¿De que, logo?

Eles contestaron:

-Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en

obras e palabras, ante Deus e ante o pobo todo; 20de como os

nosos sumos sacerdotes e demais xefes o condenaron á morte e o

crucificaron. 21Nós esperabamos que el fose quen liberase a

Israel; pero xa van alá tres días desde que pasaron estas

cousas. 22Claro que algunhas mulleres das nosas déronnos un

susto, porque foron ó risca-lo día ó sepulcro. 23E, ó non

atoparen o corpo, volveron falando dunha visión de anxos, que

lles aseguraron que el vive. 24E algúns dos nosos alá foron ó

sepulcro, atopando todo como as mulleres dixeran; pero a el non

o viron.

25Entón díxolles:

-¡Que parvos e lentos sodes para crer todo o que anunciaron os

profetas! 26E logo ¿non cumpría que o Cristo padecese todo

isto, antes de entrar na súa gloria?

27E comezando por Moisés e tódolos profetas, foilles

interpretando o que as Escrituras falaban del.

28O entraren na aldea onde ían fixo coma quen quería seguir

para adiante. 29Pero eles porfiáronlle, dicindo:

-Quédate connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase

enriba.

Quedou con eles. 30E mentres estaban na mesa, colleu o pan,

bendíxoo e partiuno e déullelo. 31Entón abríronselle-los ollos

e recoñecérono; pero el desapareceu. 32E dixeron:

-¿Non ardía o noso corazón, cando nos falaba polo camiño,

interpretándono-las Escrituras?

33E levantándose axiña, volveron a Xerusalén. Alí

atoparon ós Once reunidos cos seus acompañantes, 34que

dicían:

-É certo, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón.

35Eles tamén contaron o que lles pasara polo camiño, e como o

recoñeceran no parti-lo pan.

4.

Xn 6, 1-15

Repartiu ós sentados canto quixeran

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Foi Xesús á outra banda do Mar de Galilea (o

de Tiberíades). 2Seguíao unha chea de xente, porque viran os

sinais que facía nos enfermos. 3Subiu Xesús ó monte e sentou

alí cos seus discípulos. 4Estaba a chega-la Pascua, a festa dos

xudeus. 5Levantou a vista Xesús e, vendo vir tanta xente cara a

el, díxolle a Felipe:

-¿Onde imos mercar pan, para que coma esta xente? 6(Isto

decíao para tantealo, que el ben sabía xa o que ía facer).

7Respondeulle Felipe:

-Nin medio ano de xornal chega para que cada un deles

reciba un codelo.

8Un dos seus discípulos, Andrés, o irmán de Simón Pedro,

díxolle:

-9Hai aquí un rapaz que ten cinco bolos de pan de cebada e dous

peixes. Claro que, ¿que é iso para tantos?

10Xesús ordenou:

-Facede senta-la xente.

Había moita herba naquel sitio. E sentaron como uns cinco

mil hombres. 11Entón colleu Xesús os pans e, dando

gracias, repartiu ós sentados canto quixeron e o mesmo os

peixes. 12Cando se fartaron, díxolles ós seus discípulos:

-Recollede os anacos sobrantes, para que non se estrague

nada.

13Entón xuntáronos e encheron doce cestas cos anacos dos

cinco bolos de pan de cebada, que lles sobraran ós que

comeron. 14O veren aqueles homes o sinal que fixera,

dicían: ''Este si que é o profeta que había de vir ó

mundo''.

15Entón Xesús, decatándose de que o ían vir coller para

proclama-lo rei, retirouse só outra vez ó monte.

5.

Xn 6, 24-35

Quen vén onda min, non pasará fame

e quen cre en min, endexamais non terá máis sede

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

En vendo a xente que Xesús non estaba alí, nin

tampouco os seus discípulos, montaron nos botes e chegaron a

Cafarnaúm buscando a Xesús. 25Atopárono na outra banda do mar e

dixéronlle:

-Rabbí ¿cando chegaches aquí?

26Xesús contestoulles:

-Con toda verdade volo aseguro: buscádesme non porque

vistes sinais, senón porque comestes pan ata vos fartar.

27Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que

dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home:

pois el é a quen o Pai Deus marcou co seu selo.

28Eles preguntáronlle:

-¿Que temos que facer para realiza-las obras de Deus?

29Respondeu Xesús:

-Esta é a obra de Deus: que creades naquel que El mandou.

30Replicáronlle:

-¿Que sinal fas ti, para que véndoo creamos en ti? ¿Que

podes facer? 31Os nosos pais comeron o maná no deserto,

conforme está escrito: ''deulles a comer pan do ceo''.

32Entón díxolles Xesús:

-Con toda verdade volo aseguro: non foi Moisés quen vos deu o

pan do ceo; meu Pai é quen vos dá o verdadeiro pan do ceo:

33pois o pan de Deus é o que baixa do ceo e que lle dá vida ó

mundo.

34Dixéronlle entón:

-Señor, dános sempre dese pan.

35Xesús respondeulles:

-Eu son o pan da vida: quen vén onda min, non pasará fame e

quen cre en min, endexamais terá sede.

6.

Xn 6, 41-51

Eu son o pan vivo, que baixou do ceo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Os xudeus comezaron a murmurar de Xesús, porque dixera

''Eu son o pan que baixou do ceo'', 42e dicían:

-¿Non é este Xesús, o fillo de Xosé? ¿Non lle coñecémo-lo

pai e maila nai? ¿Como di, logo ''Eu baixei do ceo''?

43Xesús respondeulles:

-Non esteades aí a murmurar. 44Ninguén pode vir onda min, se

non o trae o Pai que me mandou e eu resucitareino no derradeiro

día. 45Está escrito nos profetas: ''todos serán ensinados por

Deus'': todo aquel que escoita ó Pai e aprende, vén onda min.

46Non porque alguén vise ó Pai; o único que viu ó Pai é o que

estaba onda Deus; 47Con toda verdade volo aseguro: quen cre,

ten vida eterna.

48Eu son o pan da vida. 49Os vosos pais comeron o maná no

deserto, pero morreron. 50Este é o pan que baixa do ceo,

para que quen coma del non morra. 51Eu son o pan vivo que

baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para

sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida

do mundo.

7.

Xn 6, 51-59

A miña carne é verdadeira comida, e o meu sangue é verdadeira bebida

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós xudeus:

51Eu son o pan vivo que

baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para

sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida

do mundo.

52Discutían entón entre eles os xudeus:

-¿Como pode este darnos a come-la súa carne?

53Díxolles entón Xesús:

-Con toda verdade volo aseguro: se non coméde-la carne do Fillo

do Home e non bebéde-lo seu sangue, non teredes vida en vós.

54Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e

eu resucitareino no derradeiro día. 55Pois a miña carne é

verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. 56Quen

come a miña carne e bebe o meu sangue, permanece en min e eu

nel. 57Así como o Pai, que me mandou, vive e eu vivo polo Pai,

así tamén quen me coma vivirá por min. 58Este é o pan que

baixou do ceo; non coma o que comeron os Pais que mesmo así

morreron: quen come este pan, vivirá para sempre.

59Dixo estas cousas ensinando na sinagoga, en Cafarnaúm.

8.

Xn 21, 1-14

Xesús tomou o pan e déulle-lo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Aparecéuselles outra vez Xesús ós seus

discípulos onda o lago de Tiberíades. Foi deste xeito: 2Estaban

xuntos Simón Pedro, Tomé o chamado Xemeo, Natanael o de Caná de

Galilea, os do Zebedeo, e mais outros dous discípulos seus.

3Simón Pedro díxolles:

-Vou pescar.

Eles contestaron:

-Imos nós contigo tamén.

Saíron, e subiron a bordo. Pero aquela noite non colleron

nada. 4Xusto cando acababa de rompe-lo día, presentouse

Xesús na ribeira do lago. Pero non se decataron os

discípulos de que era Xesús. 5Xesús preguntoulles:

-Rapaces, ¿tedes algo que comer?

Eles responderon:

-Non.

6Díxolles entón:

-Largade o aparello por estribor e atoparedes.

Eles largárono, e xa non podían halalo a bordo, de tanto peixe.

7Daquela, aquel discípulo a quen amaba Xesús díxolle a Pedro:

-É o Señor.

Entón Simón Pedro, o escoitar que era o Señor, cinguiu o

vestido -pois estaba espido- e botouse ó mar. 8Os outros

discípulos chegaron no bote, porque non estaban lonxe de terra

senón a menos de cen metros, remolcando o aparello cos peixes.

9Cando vararon en terra, viron que había unhas brasas cun peixe

enriba, e mais pan.

10Xesús díxolles:

-Traede peixes dos que acabades de coller.

11Simón Pedro subiu ó bote e arrastrou para terra o aparello

cheo de cento cincuenta e tres peixes grandes; e, con seren

tantos, non rachou o aparello.

12Xesús díxolles:

-Vinde comer.

Ningún dos seus discípulos se atrevía a preguntarlle ''ti

quen es'', sabedores de que era o Señor. 13Foi Xesús,

colleu o pan e déullelo, e igualmente o peixe.

14Esta foi a terceira vez que Xesús se manifestou ós seus

discípulos resucitado de entre os mortos.

V. SACRAMENTOS

PARA OS ENFERMOS E MORIBUNDOS

1. UNCIÓN DE ENFERMOS

790 DO ANTIGO TESTAMENTO

1.

1 Re 19, 1-8

Elías fatigado no camiño é confortado polo Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS

REIS

19 1Acab contoulle a Iezabel o que Elías fixera e como pasara a

tódolos profetas polo gume da espada. 2Ela mandou entón un

mensaxeiro, que lle fose dicir a Elías: "Que os deuses me

traten do peor, se mañá destas horas non teño feito contigo o

que fixeches ti con eles".

3Elías tivo medo e fuxiu, buscando salva-la súa vida.

Chegado á Beerxeba de Xudá, deixou alí a seu criado. 4El

seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foise sentar

debaixo dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: "Xa chega,

Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós meus

pais".

5Deitouse á sombra da xesta e durmiuse. Un anxo tocouno e

díxolle: "Érguete e come". 6Mirou Elías e viu á súa cabeceira

unha bica cocida no rescaldo e un xerro de auga. Comeu e bebeu

daquilo e volveuse deitar.

7Tornou de segundas o anxo do Señor e tocouno, dicíndolle:

"Érguete e come, que che queda moito camiño". 8Ergueuse Elías,

comeu e bebeu e, coa forza daquel sustento, andou corenta días

coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.

2.

Xob 3, 1-3. 11-17. 20-23

¿Por qué lle deron ó coitado a luz?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

Abriu Xob a boca, maldicindo o seu día, 2deste xeito:

3-¡Pereza o día en que nacín

e a noite que dixo: "Concebiuse un varón"!

11¿Por que non morrín eu fóra do seo,

ó saír do útero non expirei?

12¿Por que me atoparon uns xeonllos

e por que houbo peitos dos que mamase?

13Pois agora durmindo descansaría

e no meu sono xa tería acougo,

14xunto cos reis e ministros do país

que se constrúen mausoleos

15ou cos príncipes que arrecadan ouro,

e encheron de prata os seus pazos.

16Ou ben xa coma o aborto non vivise,

coma os meniños que non ollan a luz.

17Alí remata o rebulir dos impíos

e repousan tamén os esgotados.

20¿Por que lle deron ó coitado a luz

e a vida ó corazón amargurado,

21ós que anceian a morte e non lles vén,

que sachan por ela coma por un tesouro;

22ós que se alegran coa cova

e reloucan ó atoparen unha tumba;

23ó home a quen lle choen o vieiro

e arredor del é Deus quen fai o valo?

3.

Xob 7, 1-4. 6-11

Recorda que a miña vida é vento

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

Naqueles días, dixo Xob:

7 1O home ten na terra unha dura laboura;

os seus días son coma os do xornaleiro.

2Coma o escravo que anceia a sombra,

coma o xornaleiro que agarda o que gañou:

3así herdei eu meses baldeiros

e tocáronme en sorte noites de angustia.

4Penso para min ó deitarme: ¿cando me hei erguer?

e desde o mesmo serán énchome de inquedanza ata o abrente.

6Os meus días correron máis axiña cá lanzadeira de tecer

e foxen sen esperanza.

7¡Recorda ben que a miña vida é vento,

e que o meu ollo non verá máis a ledicia!

8Pois non me dará visto un ollo humano,

e cando ti me espreites, xa non estarei.

9Coma unha nube que se desfai e pasa,

así non sobe o que baixa para o xeol.

10Non voltará de novo ós seus eidos

e o seu lar non saberá máis del.

11Non hei, por iso, de pórlle freo á boca,

e falarei con ánimo angustiado;

voume laiar desde o amargor da alma

4. (Para moribundos)

Xob 7, 12-21

¿Qué é o home para que o consideres tanto?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

Naqueles días, Xob dixo:

12¿Son eu o mar ou o dragón mariño

para que poñas vixía contra min?

13Cando penso: Vaime alivia-lo leito,

a miña cama amainará o meu choro,

14vés ti e arrepíasme cos soños,

espántasme con visións de pesadelo;

15tal que case escollera eu morrer aforcado

e prefiren a morte os meus ósos.

16¡Xa estou canso! Non vou vivir para sempre:

¡Déixame xa, que son un sopro os meus días!

17¿Que é o home para que tanto o consideres,

para que del así te ocupes,

18para que o poñas á proba cada mañá,

para estares controlándoo a cada intre?

19¿Cando vas tira-la vista de riba de min

e me deixarás sequera traga-lo cuspe?

20Se por caso pequei, ¿que é o que che fixen a ti,

"Garda-homes"?

¿Para que me apuntas coma un branco?

¿Por que son para ti unha carga?

21¿Por que non perdóa-la miña culpa

e deixas pasa-lo meu pecado?

Entón podería deitarme no po

e por máis que me procurases, xa non existiría.

5.

Xob 19, 23-27a

Sei que o meu redentor vive

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

Naqueles días, Xob dixo:

23¡Se algún día se escribisen as miñas palabras!

¡Oxalá fixesen delas unha inscrición!

24¡Que con cicel e chumbo

se labrasen para sempre nun penedo!

25Con todo, eu sei: O meu Liberador está vivo

e ó remate hase erguer sobre a terra;

26despois de ter esgazada a miña pel,

aínda sen carnes hei ver a Deus.

27Eu mesmo o hei ver;

han velo os meus ollos, non os doutro.

¡Esmoréceme o corazón nas entrañas!

6.

Sab 9, 9-11. 13-18

¿Quen coñecerá o teu plan se ti non lle das Sabedoría?

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA

Contigo está a Sabedoría, (Señor da misericordia)

que ben coñece as túas obras

e estaba ó teu lado cando fixéche-lo mundo

e moi ben sabe ela o que aleda os teus ollos

e canto vai conforme ós teus mandados.

10Envíaa desde os sagrados ceos,

mándaa desde o teu trono glorioso

para que me asista nos traballos

e me ensine o que sexa máis do teu agrado;

11pois ela, que todo o sabe e comprende,

hame guiar axeitadamente nas miñas empresas

protexéndome co seu prestixio.

13¿Que home de feito poderá coñece-lo plan de Deus

ou quen se decatará do que quere o Señor?

14Abofé, os pensamentos dos mortais son cobardes

e inseguros os nosos proxectos.

15Porque o corpo corruptible pesa na alma

e a tenda terrestre oprime a mente cavilosa.

16Se con dificultade imaxinámo-lo que hai sobre a terra

e con traballo atopámo-lo que está a man,

¿quen pescudará o que hai no ceo?

17¿Quen coñecerá o teu consello se ti non lle dás sabiduría

mandando o teu espírito santo desde o alto?

18Soamente deste xeito se endereitaron os vieiros dos

terrestres,

aprenden os homes o que é do teu gusto

e son salvados pola Sabedoría.

7.

Is 35, 1-10

Fortalecede as mans adormecidas

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

35 1¡Que se alegren o deserto e maila terra reseca,

que brinque de ledicia a estepa e que floreza!

¡Que, coma a lis, 2floreza abundantemente,

que brinque en exultante danza!

Concedéuselle a gloria do Líbano,

o esplendor do Carmelo e do Xarón.

Eles mesmos verán a gloria do Señor,

o esplendor do noso Deus.

3Fortalecede as mans adormecidas,

e ponde firmes os xeonllos que tremen.

4Dicídelles ós de corazón tímido:

"Collede ánimo, non temades.

Velaí o voso Deus.

Chega a vinganza, a recompensa de Deus.

Chega El mesmo, e salvaravos.

5Entón abriranse os ollos dos cegos,

e os oídos dos xordos destaparanse.

6Entón o coxo saltará coma un corzo

e a lingua do mudo cantará xubilosa.

Si, saen á luz augas no deserto e ríos na estepa:

7a terra reseca convértese nunha lagoa,

e a terra sedenta en manantiais de auga.

No campo onde os chacais se tumban,

a herba converterase en canivelas e xuncos.

8Alí haberá unha calzada, unha verea,

e á calzada chamaráselle Vía Sacra.

Nada impuro pasará por ela:

O mesmo Señor camiñará con eles,

e os homes non se desviarán.

9Non haberá alí león, e ningún animal salvaxe subirá,

ningún se atopará.

Por alí camiñarán os redimidos,

10e os rescatados do Señor volverán por ela,

entrarán en Sión con xúbilo,

felicidade eterna sobre as súas cabezas.

Conseguirán ledicia e felicidade,

pois o sufrimento e o pranto fuxirán.

8.

Is 52, 13 - 53, 12

El cargou coas nosas debilidades

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

13Velaí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle éxito ó

seu servo.

14A grande multitude quedará abraiada ante el,

pois o seu aspecto non parecía o dun home,

a súa figura non parecía a dun fillo de Adam.

15Pero agora fará conmover a pobos numerosos:

por causa del os reis pecharán a súa boca,

porque contemplarán o que nunca se lles contou, e

comprenderán o que nunca escoitaron.

53 1¿Quen creu o que lle dixemos?

¿A quen se lle revelou o brazo do Señor?

2El subiu coma tenro gromo na súa presencia,

coma raíz en terra reseca.

Non tiña beleza nin esplendor;

vímolo, e o seu aspecto non era atraente.

3Desprezado, o máis rexeitado dos homes,

varón de sufrimentos, familiarizado coa dor.

Coma alguén de quen se esconde a cara,

desprezado, non lle tivemos aprezo.

4El cargou coas nosas dores,

el soportou os nosos sufrimentos.

Nós considerámolo ferido,

castigado por Deus e aflixido.

5Pero foi ferido por causa das nosas rebeldías,

foi esmagado polas nosas iniquidades.

O castigo que nos trouxo a paz caeu sobre el,

a súa ferida foi a nosa curación.

6Todos nós coma rabaño andabamos perdidos,

cada un polo seu camiño.

Pero o Señor puxo nel a iniquidade de todos nós.

7Foi oprimido, foi aflixido;

pero el non abriu a súa boca.

Foi levado como unha res á matanza,

e, coma ovella muda ante o tosquiador,

non abriu a súa boca.

8Foi levado cun xuízo perverso,

ninguén se preocupou da súa vida.

El foi arrincado do mundo dos vivos,

para o noso ben foi ferido pola rebeldía do seu pobo.

9Puxeron a súa sepultura entre os malvados,

e a súa tumba entre os ricos,

aínda que non cometeu violencia,

nin houbo fraude na súa boca.

10O Señor quixo esmagalo co seu sufrimento:

"Si, entrega a túa vida en expiación polo pecado".

Pero el verá descendencia, alongará os seus días

e por medio del cumprirase a salvación do Señor.

11Polos traballos da súa vida verá a luz,

alcanzará a sabiduría.

O Xusto volverá xusto ó seu servo

para o ben de moitos

e as iniquidades destes el soportará.

12Por isto repartirei con el xunto cos grandes,

e cos poderosos terá parte no botín,

porque entregou a súa vida á morte

e foi contado cos malvados.

Si, el foi o que cargou co pecado de moitos

e fai a intercesión polos malvados.

9.

Is 61, 1-3a

O Espírito do Señor mandoume para consolar a tódolos entristecidos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

61 1O Espírito do Señor, Iavé, está sobre min,

porque o Señor me unxiu.

Mándame anuncia-la boa nova ós pobres,

cura-los de corazón destrozado,

proclamarlles ós cativos a liberdade

e ós presos que abran os ollos,

2para proclamar un ano de gracia do Señor

e o día do rescate do noso Deus,

para consolar ós entristecidos,

3para agasallar ós tristes por Sión,

para darlles xoias en vez de po,

perfume de ledicia en vez de loito,

vestido de festa en vez de espírito amoucado.

791 DO NOVO TESTAMENTO

NO TEMPO PASCUAL

1.

Feit 3, 1-10

No nome de Xesús, érguete e anda

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

3 1Pedro e Xoán subían ó templo para a oración das tres da

tarde. 2Había alí un home tolleito de nacemento, que levaban e

poñían tódolos días cabo da porta chamada ''Fermosa'', para que

pedise esmola ós que entraban no templo. 3Vendo que Pedro e

Xoán estaban para entrar, pediulles esmola. 4Pedro -e o mesmo

fixo Xoán- reparou nel e díxolle:

-Mira ben para nós.

5El ollaba para eles, esperando recibir algunha cousa.

6Entón Pedro díxolle:

-Non teño prata nin ouro, pero douche o que teño: en nome

de Xesús Cristo de Nazaret, érguete e anda.

7Colleuno pola man dereita e levantouno. No instante,

afirmáronselle os pés e os nocelos; 8dun brinco púxose en pé e

camiñaba. Entrou con eles no templo, andando, choutando e

louvando a Deus. 9Todo o pobo o viu camiñar louvando a Deus,

10e, recoñecendo que era o mesmo que se sentaba na porta

Fermosa pedindo esmola, ficaron pasmados e desconcertados polo

que lle acontecera.

2.

Feit 3, 11-16

Pola fe naquel a quen Deus resucitou acadou a curación

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

11Como o coxo sanado non deixaba a Pedro nin a Xoán,

toda a xente, fóra de si, correu tras eles ó pórtico chamado de

Salomón.

12Visto isto, Pedro dirixiuse ó pobo:

-Israelitas, ¿por que vos admirades disto? ¿Por que mirades así

para nós, como se fixesemos camiñar a este home polo noso

propio poder ou santidade? 13O Deus de Abraham, de Isaac e de

Xacob, o Deus de nosos pais, glorificou ó seu servo Xesús, a

quen vós entregastes e negastes diante de Pilato, cando este

estaba decidido a deixalo en liberdade. 14Pero vós

rexeitaste-lo Santo e o Xusto; pedistes que indultasen a un

asasino, 15mentres que matastes ó dono da vida, a quen Deus

resucitou de entre os mortos; disto nós somos testemuñas.

16Pola fe no seu nome, ese mesmo nome enforteceu a este que

vedes e coñecedes: esa fe que obra por el, restableceuno

completamente diante de vós.

3.

Feit 4, 8-12

Non hai ningún outro nome no que nos poidamos salvar

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

Pedro, cheo do Espírito Santo, dixo:

-Xefes do pobo e anciáns, 9xa que nos demandades polo favor

feito a un enfermo e sobre o xeito como se curou, 10sabede

todos vós e sáibao o pobo de Israel que é no nome de Xesús

Cristo de Nazaret, a quen vós crucificastes e Deus resucitou de

entre os mortos: por El está este home en pé e san diante de

vós. 11El é a pedra que refugastes vós, os constructores, e que

se converteu en pedra esquinal. 12En ningún outro hai

salvación, porque non hai ningún outro nome baixo do ceo, dado

ós homes, no que nos poidamos salvar.

4.

Feit 13, 32-39

Quen foi resucitado por Deus, non viu a corrupción

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS

APÓSTOLOS

Naqueles días, Paulo dixo:

32Nós anunciámosvo-la boa nova de que a promesa feita ós

nosos pais 33a cumpriu en nós, os seus fillos,

resucitando a Xesús, conforme estaba escrito no salmo segundo:

''Ti e-lo meu Fillo: eu enxendreite hoxe''.

34E que o resucitou de entre os mortos, para non voltar

nunca mais á morte, díxoo así: ''Heivos concede-los

beneficios asegurados a David''. 35Por iso di noutra

pasaxe: ''non permitirás que o teu Santo experimente a

corrupción''. 36Ora ben, David, logo de cumprir no seu

tempo o plan de Deus, morreu, xuntouse cos seus pais e

experimentou a corrupción, 37mentres que aquel que Deus

resucitou non coñeceu corrupción ningunha.

38Sabede, logo, irmáns, que por medio del se vos anuncia o

perdón dos pecados, e que de todo aquilo do que vós non vos

puidestes xustificar mediante a Lei de Moisés, 39pode, mediante

El, xustificarse todo o que cre.

792 DO NOVO TESTAMENTO

FORA DO TEMPO PASCUAL

1.

Rm 8, 14-17

Se padecemos con el, tamén seremos glorificados con el

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

14Cantos se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos

de Deus. 15Pois non recibistes un espírito de escravitude, para

volverdes ó medo. Non. Vós recibistes un espírito de fillos

adoptivos, gracias ó que podemos gritar: ¡''Abbá'': Pai! 16Este

mesmo Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos

fillos de Deus. 17E, se fillos, tamén herdeiros: herdeiros de

Deus e coherdeiros con Cristo; xa que, se padecemos con El, é

para sermos tamén despois glorificados con El.

2.

Rm 8, 18-27

Esperando a redención do noso corpo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

18Penso que non hai comparanza entre os padecementos da

vida presente e a gloria vindeira, que se vai revelar en nós.

19Pois a esperanza viva da creación agarda arelante a

revelación dos fillos de Deus. 20Porque a creación está

sometida ó fracaso; non pola propia vontade, senón polo poder

daquel que a someteu, anque coa esperanza 21de que tamén a

mesma creación será liberada da escravitude da corrupción e

levada á salvación gloriosa dos fillos de Deus.

22Pois sabemos que toda creación vén xemendo ata hoxe e coma

con dores de parto. 23E non só isto, senón que nós mesmos, que

temos xa as primicias do Espírito, xememos dentro de nós,

degorando pola filiación, pola liberación do noso corpo. 24Pois

é en esperanza como estamos salvados. Ora, a esperanza do que

se ve non é esperanza, pois o que un xa ve ¿como o pode

esperar? 25Pero, se esperámo-lo que non vemos, demostramos

esperar con constancia.

26Do mesmo xeito, tamén o Espírito acode a axuda-la nosa

debilidade. Nós non sabemos como debemos orar para pedi-lo que

convén; pero o Espírito en persoa intercede por nós con xemidos

máis fondos cás palabras. 27E o Deus que escruta os corazóns,

coñece a intención do Espírito, pois El intercede polos santos,

conforme á vontade de Deus.

3.

Rm 8, 31b-35. 37-39

¿Quen nos separará do amor de Cristo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

Se Deus está connosco, ¿quen contra nós? 32Aquel que non aforrou a seu propio fillo

senón que o entregou por todos nós, ¿como non nos vai regalar todo xunto con El?

33¿Quen acusará ós escolleitos de Deus? -Deus, o que perdoa.34¿Quen os vai

condenar? ¿Cristo Xesús, o que morreu, mellor, o que resucitou, o que está á dereita de

Deus e que intercede por nós?

35¿Quen nos pode arredar do amor de Cristo? ¿A tribulación, a angustia, a persecución,

a fame, a nudez, o perigo, ou a espada?

37Pero en todas estas cousas vencemos coa axuda daquel que nos amou. 38Porque estou

seguro de que nin a morte nin a vida, nin os anxos nin os principados, nin o presente nin

o porvir, nin as potestades, 39nin a altura nin o abismo, nin calquera outra

creatura nos poderá afastar do amor que Deus nos ten en Cristo Xesús, noso Señor.

4.

1 Cor 1, 18-25

A debilidade de Deus é máis forte ca toda a fortaleza dos homes

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

18A palabra da cruz é loucura para os que se perden,

pero para nós, os que nos salvamos, é poder de Deus. 19Pois

está escrito:

''Desmontarei a sabiduría dos sabios

e derrubarei a intelixencia dos intelixentes''.

20¿Onde está o sabio? ¿Onde o letrado? ¿Onde está o

investigador conforme ós criterios deste mundo?

¿É que non mostrou Deus que a sabiduría do mundo é unha

parvada? 21Mirade, xa que o mundo con todo o seu saber non

recoñeceu a Deus na súa Sabiduría, tivo Deus a ben salvar coa

loucura da predicación ós que teñen fe. 22Así os xudeus piden

signos e os gregos buscan a sabiduría; 23pero nós predicamos un

Mesías crucificado: e isto para os xudeus é un escándalo e para

os pagáns é unha loucura. 24Pero para os chamados, tanto xudeus

coma gregos, El é Cristo, marabilla do poder e da sabiduría de

Deus. 25Porque a loucura de Deus é máis sabia ca toda a

sabiduría dos homes e a debilidade de Deus é máis forte ca toda

a fortaleza dos homes.

5. (Para moribundos)

1 Cor 12, 12-22. 24b-27

Se un membro padece, tódolos membros padecen con el

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

Igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e

todos estes membros, con seren moitos, non fan máis dun corpo:

así tamén Cristo. 13Porque a todos nos bautizaron nun único

Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma

gregos, tanto escravos coma libres. E a todos se nos deu a

beber un único Espírito.

14Pois ben, o corpo non está formado por un único membro

senón por moitos. 15Se o pé dixer: ''como non son man, eu

non son do corpo'', non por iso deixaba de ser do corpo.

16E se o oído dixer: ''como non son ollo, eu non son do

corpo'', non por iso deixaba ser do corpo. 17Se todo o

corpo for ollo, ¿onde estaría o oído? Se for todo oído,

¿onde estaría o ulido?

18Ora, foi Deus quen puxo os membros, colocando cada un deles

no corpo como El quixo. 19Se todo for un único membro, ¿onde

estaría o corpo? 20En realidade, hai moitos membros, pero un

corpo só. 21O ollo non lle pode dicir á man: ''Non preciso de

ti'', nin a cabeza ós pés: ''non preciso de vós''. 22Todo o

contrario: os membros do corpo que parecen máis débiles son os

máis necesarios.

Deus dispuxo o corpo, dándolle máis honor ó máis privado del,

25para que non haxa discordia no corpo;

senón que, ó revés, os membros se preocupen por igual uns dos outros. 26E así, cando

padece un membro, todos padecen con el;

cando a un membro o tratan ben, todos se alegran con el.

27Ben, pois vós sodes corpo de Cristo e tamén membros, cada un

pola súa parte.

6.

1 Cor 15, 12-20

Se non existe a resurrección dos mortos, tampouco Cristo foi resucitado

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

12Se se predica que Cristo resucitou dos mortos, ¿como é

que andan algúns de entre vós dicindo que non hai resurrección

dos mortos? 13Se non hai resurrección dos mortos, tampouco

Cristo está resucitado. 14E, se Cristo non está resucitado,

baleira é a nosa predicación, e baleira tamén a vosa fe.

15Resultaría, ademais, que nós acabamos sendo falsas testemuñas

contra Deus, pois levantámoslle a Deus o testemuño de que

resucitou a Cristo, sendo así que non o resucitou, caso de que

efectivamente os mortos non resuciten. 16Pois, se os mortos non

resucitan, tampouco Cristo está resucitado. 17E, se Cristo non

está resucitado, a vosa fe é unha ilusión: estades aínda nos

vosos pecados.

18Resultaría tamén que os que finaron en Cristo pereceron

completamente. 19Ora, se a esperanza que temos en Cristo é

soamente para esta vida, nós sómo-los máis dignos de compaixón

entre tódolos homes.

20Pero non: Cristo resucitou dos mortos, como primicia dos que

adormecen.

7. (Para moribundos)

2 Cor 4, 16-18

O noso interior vaise renovando de dia en día

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

16Non nos apoucamos: aínda que o noso exterior vai

esmorecendo, o interior, todo o contrario: renóvase de días a

días. 17Os sufrimentos transitorios e leves prepárannos unha

inmensa carga de gloria eterna por riba de toda medida. 18Non

poñémo-las nosas olladas nas cousas que se ven, senón nas que

non se ven; porque as que se ven son efímeras, mentres que as

que non se ven son eternas.

8.

2 Cor 5, 1. 6-10

Temos no ceo morada para sempre

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA SEGUNDA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

5 1Sabemos que, se a nosa morada terrestre -que vén ser coma

unha cabana-, se derrubase, contamos cunha edificación de Deus,

unha casa eterna no ceo, non feita por mans de homes.

6Así que estamos sempre cheos de ánimo por sabermos que,

mentres o corpo sexa o noso domicilio, vivimos coma desterrados

lonxe do Señor, 7e seguimos camiñando guiados pola fe, non polo

que se ve. 8E con este ánimo, preferimos desterrarnos do corpo

e habitar a carón do Señor. 9En todo caso, ora continuemos neste

domicilio ora nos afastemos del, anceiamos agradarlle.

10Porque todos teremos que comparecer tal como somos perante o

tribunal de Cristo, para que cada un recolla o seu merecido

polo que teña feito mentres vivía no corpo: ben ou mal.

9.

Gál 4, 12-19

Por mor da miña doenza evanxeliceivos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS GÁLATAS

12Meus irmáns, rógovos que vos fagades coma min, que tamén eu

me fixen coma vós. Non me ofendestes en nada. 13Lembrade que,

da primeira volta que vos prediquei o Evanxeo, eu andaba un

pouco cativo; 14así e todo, vós non me desprezastes nin

cuspistes no chan por mor daquela miña doenza (que para vós

fora unha tentación), senón que aínda me acollestes coma se eu

fose un anxo do ceo, como se fose Cristo Xesús. 15¿Onde vai,

logo, todo aquel voso contento? Porque vos podo asegurar que

daquela, se for posible, erades capaces de vos arrincárde-los

ollos para mos dar a min. 16¿Seica me volvín inimigo voso por

vos dicir toda a verdade?

17Eses que tanto miran por vós, fano raposeiramente, porque o

que queren é arredarvos de min, para que os rodeedes de

atencións a eles. 18Pero, ben mellor será que me atendades con

sinceridade e sempre, non só cando estou aí. 19¡Ai, meus

filliños! Que me volven a aguilloa-las dores do parto por vós,

mentres non vos conformedes segundo a fasquía de Cristo!

10.

Flp 2, 25-30

Enfermou, pero Deus tivo misericordia del

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

Irmáns e irmás:

25Coidei que cumpría mandarvos de volta a

Epafrodito, irmán, colaborador e camarada meu, que vós me

mandastes para atenderme na miña necesidade. 26El tiña morriña

de todos vós e andaba amolado porque chegastes a saber da súa

doenza. 27Pois enfermou e mesmo houbo de morrer. Pero Deus tivo

dó del. Vaia, non só del, senón de min tamén, para que non me

viñese unha desgracia enriba da outra. 28Así que volo mando ben

axiña, para que, ó velo, volvades a estar alegres e eu me sinta

máis acougado. 29Recibídeo, logo, no Señor con toda alegría e

estimade a homes coma el, 30que estivo a piques de morrer pola

causa de Cristo, arriscando a súa vida para me prestar na vosa

ausencia os servicios que vós non me podiades prestar.

11.

Col 1, 22-29

Completo na miña carne o que lles falta ás penalidades de Cristo polo

seu corpo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO

APÓSTOLO ÓS COLOSENSES

Irmáns e irmás:

22Agora Deus reconciliouvos

pola morte do corpo perecedeiro do seu fillo,

para vos presentar santos diante del, sen tacha e

irreprensibles ós seus ollos. 23Unicamente que debedes seguir

cimentados e firmes na fe e non vos arredar da esperanza que

escoitastes no Evanxeo; ese Evanxeo que se lles predicou a

tódalas criaturas, debaixo do ceo, e do que a min, Paulo, me

fixeron servidor.

24Agora alégrome do que teño que padecer por vós; así completo

na miña carne o que lles falta ás penalidades de Cristo polo

seu corpo, que é a Igrexa. 25Desta Igrexa fíxoseme servidor

cando Deus me encomendou para o voso ben esta misión: predicar

cumpridamente a palabra de Deus, 26ese misterio escondido desde

séculos e xeracións, pero que agora se manifesta ó seu pobo

santo. 27A este pobo quíxolle Deus amosa-la espléndida

riqueza que representa para os pagáns este segredo: ¡que Cristo, a

gloria esperada, tamén é para vós! 28El é a quen nós

anunciamos, aconsellando a todos, adoutrinándoos o mellor que

sabemos para facer cristiáns como é debido. 29Por isto é polo

que eu peno e loito coa axuda da súa forza que traballa en min

abondosamente.

12

Heb 4, 14-16; 5, 7-9

Non temos un Sacerdote que non se poida compadecer das nosas debilidades

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS

Irmáns e irmás:

14Xa que temos un gran sumo sacerdote

que xa penetrou no ceo,

Xesús, o Fillo de Deus, manteñámo-la

esperanza que profesamos.

15Pois así é: nós non temos un Sumo Sacerdote, que non se

poida compadecer das nosas debilidades, senón un Sumo

Sacerdote probado en todo coma nós, fóra do pecado.

16Acheguémonos, con liberdade ó trono da gracia, para

conseguirmos misericordia e atoparmos gracia para unha

axuda no seu debido tempo.

7El nos días da súa vida mortal, a fortes gritos e con bágoas,

presentou oracións e súplicas a quen o podía salvar da morte e

Deus escoitouno por mor da súa submisión. 8Aínda que era Fillo,

aprendeu sufrindo o que é obedecer; 9e, consumada deste xeito a

súa consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación

eterna, para tódolos que lle obedecen

13.

Sant 5, 13-16

A oración da fe salvará ó enfermo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SANTIAGO

APÓSTOLO

Benqueridos irmáns e irmás:

13¿Anda magoado algún de vós? Que rece. ¿Séntese alegre? Que

cante salmos. 14¿Algún de vós ten unha doenza? Faga traer ós

anciáns da comunidade, para que recen por el, unxíndoo con

aceite no nome do Señor. 15E a oración feita na fe salvará ó

enfermo; o Señor fará que se erga e, se tiver pecados,

perdoaránselle. 16Así que confesádevos mutuamente os vosos

pecados e rezade uns polos outros para que teñades saúde. Moito

pode a oración teimosa do xusto. 17

14.

1 Pe 1, 3-9

Saltades de alegría, ainda que agora teñades que sufrir un pouquiño

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

PEDRO APÓSTOLO

3¡Louvado sexa o Deus e Pai do Noso Señor Xesús Cristo!

Que pola súa grande compaixón,

resucitou a Xesús Cristo da morte

e nos fixo renacer a unha vida que se nos dá en esperanza,

4a unha herdanza que non se corrompe

nin se afea

nin murcha,

predestinada por Deus para vós;

5gracias á fe que vós tedes,

estades protexidos polo poder de Deus

en vistas á salvación

que está para se manifestar, no intre final.

6Por iso brincades de alegría anque agora, se fai falta,

teñades que sufrir por un pouco tempo diferentes probas. 7Deste

xeito, o xenuíno da vosa fe ten máis valía do que o ouro -que,

a pesar de ser pasadío, se aquilata no lume- e considérase

merecente de louvanza, gloria e honra cando se revele Xesús

Cristo. 8A quen amades sen o terdes visto; en quen credes,

aínda sen o ver; e brincades, cheos dunha alegría indicible e

gloriosa, 9porque conseguíste-lo froito da vosa fe, a vosa

salvación persoal.

15.

1 Xn 3, 1-2

Ainda non se manifestou o que realmente seremos

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN XOÁN

Benqueridos irmáns e irmás:

3 1Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos

de Deus e sérmolo de verdade. Por iso o mundo non nos recoñece:

porque tampouco non o recoñeceu a El. 2Meus amigos, xa somos

fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos;

sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma El, xa que o

veremos tal e como é.

16. (Para os moribundos)

Ap 21, 1-7

A morte xa non existirá máis, nin haberá máis loito nin pranto nin dor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

21 1Eu Xoán vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo

e a primeira terra xa pasaran; e o mar xa non existía. 2Tamén

vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de

onda Deus, preparada coma esposa que está engalanada para o seu

esposo. 3E sentín unha forte voz que desde o trono dicía:

''Velaquí a tenda de Deus onda os homes.

Acampará entre eles:

eles serán o seu pobo

e El será o seu Deus e compañeiro.

4Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos,

e a morte xa non existirá máis.

Nin haberá máis loito nin pranto nin dor,

porque as primeiras cousas pasaron xa''.

5O que estaba sentado no trono dixo: ''Vede que volvo novas

tódalas cousas''. E mandóuseme: ''Escribe, porque estas

palabras merecen fe e din a verdade''. 6E seguiu dicindo: ''Xa

están renovadas: Eu son o Alfa e o Omega, o Principio e a Fin.

A quen teña sede, heille dar de beber gratis auga das fontes da

vida. 7O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el

o seu Deus e el será para min o meu fillo.

17.

Ap 22, 17. 20-21

¡Ven, Señor Xesús!

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

17O Espírito e a esposa din: ''Ven''.

Quen escoita, que diga: ''Ven''.

Quen teña sede, que veña;

e o que queira, que colla de balde auga da vida.

20Quen testemuña estas cousas, di: ''Si, vou axiña''.

¡Amén! ¡Ven, Señor Xesús! 21¡A gracia do Señor Xesús vos

acompañe a todos!

793 SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Is 38, 10. 11. 12bcd.16

R/ (cf 17b): Ti, Señor, preserváche-la miña vida

V/ 10Eu pensaba: teño que marchar na metade dos meus días,

estou posto ás portas do Xeol para o resto dos meus anos.

11Pensei: Xa non poderei ve-lo Señor, o Señor que está no

país da vida, xa non volverei a contempla-la terra,

estarei cos que moran no mundo dos mortos.

12A miña morada éme arrancada e enrolada, coma a miña tenda de

pastor. Estendín coma unha tea a miña vida, pero córtanme a urdime.

Abandonáchesme desde o día ata a noite, 13pido auxilio ata a mañanciña.

16Ti, Señor, estás por enriba das amarguras; volveranse felicidade,

e a felicidade do meu espírito será superior a todo o que hai nelas.

Si, volverasme san e farasme feliz:

2.

Sal 6, 2-4a. 4b-6. 9-10

R/ (3a): Apiádate, Señor, que estou esmorecido

V/ 2Señor, non me reprendas con ira

nin me corrixas con asaño.

3Apiádate, Señor, que estou esmorecido,

sáname, Señor, que tremen os meus ósos.

4A miña alma treme,

E ti, Señor, ¿a que esperas?

5Volve, Señor, sálvame a vida,

líbrame, pola túa misericordia.

6Non hai entre os mortos quen te lembre,

e no abismo ¿quen te louva?

9Arredádevos de min, os malfeitores,

pois o Señor escoita o meu salouco;

10O Señor escoita a miña súplica,

acolle a miña oración.

3.

Sal 24, 4bc-5ab. 6-7bc. 8-9. 10 e 14. 15-16

R/ (1b): Cara ti ergo, Señor, a miña alma

V/ 4Móstrame, Señor, os teus camiños,

ensíname os teus sendeiros,

5diríxeme na túa verdade, apréndeme,

pois ti es, Deus, o meu salvador

e estoute a esperar todo o día.

6Lémbrate, Señor, da túa compaixón e do teu amor,

pois existen desde sempre.

7Acórdate de min segundo o teu amor,

Señor, pola túa bondade.

8O Señor é bo e recto:

por iso ensínalle-lo camiño ós extraviados,

9dirixe ós xustos no xuízo

e móstralles ós humildes o vieiro.

10Os camiños do Señor son todos amor e lealdade,

para os que gardan a súa alianza e as súas instruccións.

14O segredo do Señor é para os que o temen,

e instrúeos coa súa alianza.

15Teño sempre postos os ollos no Señor,

pois El tira da rede os meus pés.

16Vóltate cara a min e tenme compaixón,

pois estou só e aflixido.

4.

Sal 26, 1. 4. 5. 7-8a. 8b-9ab. 9cd-10

R/ (14): Espera no Señor; ten corazón forte e espera no Señor

V/ 1O Señor é a miña luz e salvación,

¿a quen hei de temer?

O Señor é o meu castelo,

¿ante quen hei de tremer?

4Unha cousa pídolle ó Señor,

unha cousa procuro:

habitar na casa do Señor,

tódolos días da vida,

para gozar da dozura do Señor,

visitando o seu templo.

5Na hora mala escóndeme na súa tenda,

acólleme na súa morada,

érgueme enriba dunha rocha,

7Escoita, Señor, a voz que chama,

ten piedade e respóndeme.

8Por ti dime o corazón:

"Buscade a miña presencia".

A túa presencia eu busco, Señor.

9Non te escondas de min,

non me desbotes con ira.

Ti e-la miña axuda; non me deixes,

non me abandones, Deus, meu salvador.

10Se meu pai e miña nai me abandonan,

acollerame o Señor.

5.

Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 10-11. 12-13. 17 e 19

R/ (19a ou 9a) O Señor está preto do aflixido

Ou: Gustade e vede qué bo é o Señor

V/ 2Eu bendigo ó Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa louvanza;

3gloríome no Señor,

e os humildes alégranse, ó escoitalo.

4Exaltade comigo ó Señor,

louvemos xuntos o seu nome.

5Eu busco ó Señor, e El responde,

líbrame de tódolos temores.

6Ollade para El e refulxide,

non poñades caras murchas.

7O Señor escoita ó pobre que o chama

e líbrao de tódolos apretos.

10Temede ó Señor os seus devotos,

pois nada lles falta ós que o temen.

11Empobrecen os ricos, pasan fame,

pero ós que buscan ó Señor ningún ben lles faltará.

12Vinde, fillos; escoitade:

ensinaréivo-lo temor do Señor.

13¿Quen ama a vida

e arela días de prosperidade?

17mais o Señor mira con enfado ós malvados,

para borrar da terra a súa memoria.

19O Señor está preto do aflixido,

salva ó asoballado.

6.

Sal 41, 3. 5bcd; Sal 42, 3. 4

R/ (Sal 41, 2): Como devece a cerva pola auga dos regatos,

así devece por ti, meu Deus, a miña alma

V/ 3A miña alma ten sede do Deus vivo:

¿cando verei o rostro de Deus?

5"Eu marchaba á fronte do pobo

cara á casa de Deus,

entre voces de xúbilo e louvanza

de xentío en festa".

3Manda a túa luz e a túa verdade,

que elas me guiarán;

levaranme ó teu monte santo,

á túa mesma morada.

4Achegareime ó altar de Deus,

do Deus da miña alegría,

e louvareite ó son da citola,

Deus, meu Deus.

7.

Sal 62, 2-3. 4-6. 7-9

R/ (2b): De ti ten sede a miña alma, meu Deus

V/ 2Deus, meu Deus, por ti madrugo,

de ti ten sede a miña alma;

por ti devece o meu corpo,

en terra reseca, sedento e sen auga.

3Miro cara a ti no santuario,

para ve-lo teu poder e a túa gloria.

4O teu amor é mellor cá vida,

lóuvante os meus labios;

toda a miña vida te bendigo

e levanto no teu nome as miñas mans.

6Como de graxa e manteiga, estou satisfeito,

con labios alegres lóuvate a miña boca.

7No leito relémbrote,

nas vixilias da noite penso en ti.

8Ti e-lo meu auxilio,

á sombra das túas ás estou contento;

9a ti está unida a miña alma,

a túa dereita é o meu apoio.

8.

Sal 70, 1-2. 5-6ab. 8-9. 14-15ab

R/ (12b ou 23): Meu Deus, date presa en axudarme

Ou: (23): Aclamarante os meus labios e a miña alma que redimiches

V/ 1En ti, Señor, acóllome,

que endexamais non me vexa confundido.

2Pola túa xustiza, líbrame, deféndeme,

inclina o teu oído e sálvame.

5Ti es, Señor, a miña esperanza,

a miña confianza, Señor, desde a mocidade.

6Desde o nacemento apóiome en ti,

desde o seo materno ti e-lo meu amparo,

8Da túa louvanza está chea a miña boca,

e da túa glorificación, o día enteiro.

9Non me rexeites na vellez,

non me abandones cando me faltan as forzas,

14Eu sigo sempre esperando,

engadindo louvanza á túa louvanza.

15A miña boca pregoa a túa xustiza,

a túa salvación, o día enteiro.

9.

Sal 85, 1-2. 3-4. 5-6. 11. 12-13. 15-16ab

R/ (1a): Abaixa, Señor o oído e aténdeme

Ou (15a e 16a): Deus compasivo e clemente: mira para min e apiádate

V/ 1Señor, abaixa o oído e aténdeme,

que son pobre e coitado;

2gárdame, que son amigo teu,

salva, meu Deus, a este servo

que confía en ti.

3Apiádate, Señor,

que te estou a chamar o día enteiro;

4alegra o meu espírito

que se dirixe a ti.

5Ti, Señor, es bo e indulxente,

cheo de amor para aqueles que te invocan.

6Escoita, Señor, a miña súplica,

atende a miña pregaria.

11Ensíname, Señor, os teus camiños,

e andarei coa túa verdade;

recolle o meu corazón

no temor do teu nome.

12Eu louvareite, Señor, meu Deus, de todo corazón,

glorificarei decote o teu nome,

13pois o teu amor comigo é moi grande,

ti líbrasme do abismo.

15Pero ti, Señor, es Deus compasivo e clemente,

tardo á ira, grande en amor e lealdade.

16Mira para min, apiádate,

dálle forzas ó teu servo,

10.

Sal 89, 2. 3-4. 5-6. 9-10ab. 10cd e 12. 14 e 16

R/ (1): Señor, ti fúche-lo noso agarimo ó longo das xeracións

2Primeiro que os montes xurdisen,

e que fosen formados a terra e o mundo,

desde sempre e por sempre es ti Deus.

3Ti podes volver en po os mortais,

con dicirlles: "Fóra, homes".

4Mil anos ante ti

son coma o onte que pasou

e coma unha vixilia da noite.

5Ti falos pasar, e son coma sono mañanceiro,

coma herba que agroma:

6de mañá florece e verdea

e á tarde ségana e seca.

9Os nosos días esvaecen na túa indignación,

acabamos coma un suspiro os nosos anos.

10A nosa vida é de setenta anos,

de oitenta a dos máis fortes;

e os máis deles son de traballos e miserias:

esvaecen de présa, e nós voamos.

12Ensínanos a conta-los nosos días,

para que aprendamos a ser asisados.

14Dános axiña a fartura da túa misericordia,

para que a nosa vida teña felicidade e ledicia.

16Que se vexa a túa obra nos teus servos

e a túa gloria nos teus fillos.

11.

Sal 101, 2-3. 24-25. 26-28. 19-21

R/ (2): Señor, escoita a miña súplica,

chegue a ti o meu clamor

V/ 2Señor, escoita a miña súplica,

chegue a ti o meu clamor.

3Non me escónda-lo teu rostro

no día do apreto.

Pon cara a min o oído

e, cando te chame, respóndeme axiña.

24A miña forza deveceu no camiño,

os meus días minguaron.

25E digo: "Meu Deus,

non me leves no medio dos meus días;

os teus anos duran por tódalas idades".

26O comezo asentáche-la terra

e os ceos son obra das túas mans.

27Eles pasan, mais ti quedas;

gástanse coma a roupa,

coma un traxe que se muda;

28pero ti e-lo mesmo,

os teus anos non acaban.

19Isto escribirase para as xeracións vindeiras,

e o pobo entón creado louvará ó Señor.

20O Señor olla desde o seu santuario excelso,

desde o ceo mira para a terra.

21Escoita o pranto dos cativos,

libra os condenados á morte.

12.

Sal 102, 1-2. 3-4. 11-12. 13-14. 15-16. 17-18

R/ (1a): Bendice, alma miña ó Señor

Ou (8): O Señor é misericordioso e clemente , constante e de moita misericordia

V/ 1Alma miña, bendice ó Señor

e todo o meu ser, o seu santo nome.

2Alma miña, bendice ó Señor,

non esquéza-los seus beneficios.

3El perdoa as túas culpas

e sanda as túas doenzas;

4rescata a túa vida da morte

e coróate de amor e de ternura;

11Canto se alza o ceo sobre a terra,

así é grande o seu amor para os que o temen;

12canto dista o nacente do poñente,

así arreda de nós as nosas culpas;

13canto un pai ama ós seus fillos,

así ama o Señor ós que o temen.

14El sabe de que estamos feitos,

recorda que somos lama.

15Os días do home son coma o feno,

o seu florecer coma o da flor:

16aínda non a roza o vento, xa se foi,

e o seu sitio xa non a volve a ver.

17Mais para os que o temen, o amor do Señor dura por

sempre,

a súa xustiza chega ós fillos e ós netos

18dos que gardan a súa alianza,

dos que recordan os seus mandatos e os cumpren.

13.

Sal 122, 1-2a. 2bcd

R/ (2cd): Os nosos ollos están no Señor ata que se apiade de nós

V/ 1Cara a ti alzo os meus ollos,

cara a ti que moras no ceo.

2Coma os ollos do servo no seu señor,

Coma os ollos da serva na súa señora,

así están os nosos ollos en ti, Señor, noso Deus,

en tanto El non se apiade de nós.

14.

Sal 142, 1-2. 5-6. 10

R/ (1a): Escoita, Señor a miña oración

Ou (11a): Polo teu nome, Señor, consérvame a vida

V/ 1Escoita, Señor a miña oración,

pola túa fidelidade, atende a miña súplica,

respóndeme, pola túa xustiza.

2Non veñas a xuízo co teu servo,

pois ningún home vivo é xusto ante ti.

5Eu recordo os tempos pasados,

considero os teus feitos

e medito as accións das túas mans.

6Estendo as mans cara a ti:

coma terra reseca, a miña alma ten sede de ti.

10Apréndeme a face-la túa vontade,

pois ti e-lo meu Deus.

Que o teu alento bo me guíe

por unha terra cha.

794 ALELUIA E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

Sal 32, 22

Veña a nós, Señor, a túa misericordia,

como de ti o esperamos

2.

Mt 5, 4

Ditosos os que choran,

porque eles serán consolados

3.

Mt 8, 17

Cristo apandou coas nosas doenzas

e cargou coas nosas enfermidades

4.

Mt 11, 28

Achegádevos a min

tódolos que estades cansos e oprimidos,

que eu vos aliviarei

5.

2 Cor 1, 3b-4a

Bendito sexa o Pai misericordioso

e Deus de toda consolación,

que nos anima en tódalas nosas tribulacións

6.

Ef 1, 3

Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo,

que por Cristo nos bendiciu con toda clase de bendicións do Espírito

7.

Sant 1, 12

Benia o home que resiste na tentación,

porque, como a supere,

recibirá o premio da vida

795 EVANXEOS

1.

Mt 5, 1-12a

Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos ceos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

5 1Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentouse.

Achegáronselle os seus discípulos, 2e el, tomando a palabra,

ensinábaos dicindo:

-3Ditosos os que teñen espírito de pobres,

porque deles é o Reino dos Ceos.

4Ditosos os que choran,

porque eles serán consolados.

5Ditosos os non violentos,

porque eles herdarán a terra.

6Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,

porque eles ficarán fartos.

7Ditosos os misericordiosos,

porque eles acadarán a misericordia.

8Ditosos os de corazón limpo,

porque eles verán a Deus.

9Ditosos os que traballan pola paz

porque eles serán chamados fillos de Deus.

10Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,

porque deles é o Reino do Ceo.

11Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de

calquera xeito pola miña causa: 12alegrádevos e reloucade,

porque grande será a vosa recompensa nos Ceos

2.

Mt 8, 1-4

Señor, se queres, podes limparme

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

8 1Cando Xesús baixou do monte foino seguindo moita xente.

2E nestas achegouse a el un gafo, que, postrándose ante el,

díxolle:

-Señor, con só que queiras pódesme limpar.

3El estendeu a man e tocouno, dicindo:

-Quero, queda limpo.

E, coa mesma, quedou limpo da lepra. 4E díxolle Xesús:

-Mira, non digas nada; pero vai, preséntate ó sacerdote, e

ofrece o donativo que prescribiu Moisés para que lles sirva

de testemuño.

3.

Mt 8, 5-17 (máis longo) ou 5-13 ou 14-17 (máis breve)

El soportou as nosa debilidades

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

((Ó entrar Xesús en Cafarnaúm,

achegóuselle un centurión que lle suplicou 6dicindo:

-Señor, o meu criado xace tolleito na casa e padece moito.

7Díxolle Xesús:

-Eu irei e curareino.

8Replicoulle o centurión:

-Señor, non son merecente de que entres baixo o meu teito,

abonda cunha palabra túa para que o meu criado cure. 9Que

eu, anque son un subordinado, tamén teño homes baixo as

miñas ordes; e dígolle a este: "Vai", e vai; a aqueloutro:

"ven", e vén; e ó meu criado: "fai isto", e faino.

10A Xesús chamoulle moito a atención oír aquilo, e díxolles

ós que o seguían:

-Asegúrovos que non atopei a ninguén cunha fe tan grande en

todo Israel. 11E dígovos que moitos de oriente e mais de

occidente virán sentar na mesa de Abraham, Isaac e Xacob, no

Reino dos Ceos. 12Pero ós fillos do Reino botaranos para fóra,

á escuridade; alí será o pranto e o trisca-los dentes.

13E Xesús díxolle ó centurión:

-Vaite, que se cumpra segundo a túa fe.

E naquela hora curou o criado.))

Ou:

((14En chegando Xesús á casa de Pedro atopou á sogra deste

deitada con febre. 15Tocoulle na man e fóiselle a febre. Ela

ergueuse e púxose a servilo.

16Contra a tardiña leváronlle moitos endemoniados, e coa súa

palabra botoulles fóra os espíritos e curou os enfermos

todos. 17Así cumpriuse o que deixara dito o profeta Isaías:

"Apañou coas nosas doenzas

e cargou coas nosas enfermidades".))

4.

Mt 11, 25-30

Achegádevos a min tódolos que estades cansos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

25Di Xesús:

-Bendito sexas, meu Pai, Señor do Ceo e mais da terra,

porque lles escondiches estas cousas ós sabios e ós

prudentes e llas revelaches á xente humilde. 26Si, meu Pai,

bendito sexas por che agradar iso así. 27Meu Pai ensinoume

tódalas cousas e ninguén coñece ó Fillo agás o Pai, nin

coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo queira

revelar.

28Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos,

que eu vos aliviarei. 29Cargade co meu xugo e aprendede de

min, que son bo e humilde de corazón e atoparedes acougo

para as vosas almas;30 porque o meu xugo é levadeiro e a miña

carga leviá.

5.

Mt 15, 29-31

Xesús sana a moitos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Marchou Xesús daquela terra e chegou onda o mar de

Galilea. Subiu a un monte e sentou alí. 30E veu a pé del un

mundo de xente, traendo consigo coxos, cegos, eivados,

xordos e outros moitos; botábanos ós pés de Xesús e el

curábaos a todos. 31De xeito que a xente ficaba pasmada

vendo os mudos falar, curados os eivados, os coxos andar e

os cegos ver; e glorificaban ó Deus de Israel.

6.

Mt 25, 31-40

Canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos, fixéstelo comigo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Dilles Xesús ós seus discípulos:

31Cando veña o Fillo do Home na súa gloria e tódolos anxos

con el, sentarase no seu trono glorioso. 32Diante del

xuntaranse tódalas nacións; e separará uns dos outros, como

xebra o pastor as ovellas das cabras. 33E poñerá as

ovellas á súa dereita e as cabras á súa esquerda. 34Entón

dirá o Rei ós da súa dereita:

-Vinde, benditos do meu Pai; recibide a herencia do Reino

preparado para vós desde a creación do mundo. 35Porque tiven

fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme de beber;

fun forasteiro e acolléstesme; 36estiven espido e

vestístesme; enfermo e visitástesme; estiven na cadea e

viñéstesme ver.

37Entón preguntaranlle os xustos:

-Señor, ¿cando te vimos famento e che demos de comer; ou

sedento e che demos de beber? 38¿Cando te vimos forasteiro e

te acollemos; ou espido e te vestimos? 39¿Cando te vimos

enfermo ou na cadea e te visitamos?

40O rei contestaralles:

-Asegúrovos que canto fixestes cun destes irmáns meus máis

pequenos fixéstelo comigo.

7.

Mc 2, 1-12

Vendo a súa fe, dixo: quédanche perdoádo-los teus pecados

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Entrou Xesús en Cafarnaúm, e sóubose que

estaba na casa; 2tantos se xuntaron que nin diante da porta

había xa sitio. El expoñíalle-la Palabra. 3En-tón, entre catro,

trouxeron un home tolleito. 4Pero, non podendo chegar ó pé del,

pola moita xente que había, levantaron o teito onde el estaba,

e abriron un furado ata poderen mete-lo leito co enfermo, e

descolgalo. 5Xesús, vendo a fe que tiñan, díxolle ó tolleito:

-Meu fillo, quédanche perdoados os teus pecados.

6Pero alí sentados estaban algúns letrados, que matinaban

para os seus adentros:

-7Pero, ¿que está a dicir este home? Está blasfemando.

¿Quen pode perdoa-los pecados, senón unicamente Deus?

8Xesús, decatándose axiña do que estaban cavilando,

díxolles:

-¿Por que razoades así nos vosos adentros? 9¿Que é máis fácil:

dicirlle a este tolleito: "quedan perdoados os teus pecados",

ou dicirlle: "érguete, colle a padiola e vaite"? 10Pois para

que vexades que o Fillo do Home ten poder para perdoa-los

pecados 11-dille ó tolleito-, colle a padiola, e vaite á túa

casa.

12E así foi: no instante, ergueuse, colleu o leito, e foise

diante de todos; de tal modo que todos ficaron pasmados, e

daban gloria a Deus dicindo:

-Nunca tal cousa vimos.

8.

Mc 4, 35-41

-¿Por que tendes tanto medo? ¿Seica aínda non tendes fe?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Á caída da noite, díxolles Xesús ós seus discípulos:

-Ora, vamos para a banda de alá.

36Eles, deixando a xente, levárono no bote onde estaba sentado;

e ían seguidos por outras barcas. 37E formouse tal turbillón de

vento que os salseiros caían enriba do bote e enchíano de auga.

38El, entrementres, estaba na popa durmindo sobre un cabezal.

Fórono espertar, berrándolle:

-Mestre, ¿seica non che importa que afoguemos?

39Entón el, espertando, increpou ó vento, e díxolle ó mar:

-¡Silencio, e acouga!

O vento amainou, e veu unha gran calma.

40Despois díxolles:

-¿Por que tendes tanto medo? ¿Seica aínda non tendes fe?

41Eles, cheos dun medo enorme, comentaban entre si:

-Pero, ¿quen será este, que mesmo o vento e o mar o

obedecen?

9.

Mc 10, 46-52

Xesús, fillo de David, ten misericordia de min

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Naquel tempo, chegou Xesús a Iericó.

Cando saía cos seus discípulos e outra moita xente,

Bartimeo, o fillo de Timeo, un cego pobre de

pedir, estaba sentado a carón do camiño. 47Oíndo que pasaba

Xesús o Nazareno, empezou a berrar:

-¡Fillo de David, ten piedade de min!

48Moitos mandábano calar; pero el berraba aínda máis alto:

-¡Fillo de David, ten piedade de min!

49Deténdose Xesús, dixo:

-Dicídelle que veña aquí.

E chamaron polo cego, dicíndolle:

-¡Veña, érguete, que te chama!

50El, ceibándose do manto, veu dando brincos ata onde

estaba Xesús. 51Este preguntoulle:

-¿Que queres que che faga?

O cego respondeu:

-Mestre, que volva a ver.

52Xesús díxolle:

-Ve, salvoute a túa fe.

E no instante comezou a ver, e seguiuno polo camiño.

10.

Mc 16, 15-20

Imporánlle-las mans ós enfermos e estes curarán

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Naquel tempo (aparecéndose Xeús ós Once) díxolles:

-Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a toda a

creación. 16Quen crea e se bautice, salvarase; quen non

crea, condenarase. 17Os que crean irán acompañados destes

sinais: no meu nome botarán demos, falarán linguas novas;

18collerán serpes coas mans, e se chegan a beber algún

veleno, non lles fará mal ningún; imporánlle-las mans ós

enfermos, e estes curarán.

19O Señor, despois de lles falar así, elevouse ó ceo, e

sentou á dereita de Deus. 20Eles saíron a predicar por

todas partes, contando coa colaboración do Señor, que

confirmaba a súa palabra cos sinais que os acompañaban.

11.

Lc 7, 19-23 (gr 18b-23)

Contádelle a Xoán canto vistes e oístes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Xoán, chamando a dous dos seus discípulos, 19mandounos onda o Señor a lle preguntar:

-¿Es ti o que ten que vir, ou esperaremos por outro?

20Presentáronse, logo, onda el os dous homes e dixeron:

-Xoán Bautista mándanos a ti, para preguntarche: "¿Es ti

quen ten que vir, ou esperaremos por outro?".

21Naquela mesma hora curou a moitos de doenzas,

padecementos e malos espíritos, e devolvéulle-la vista a

moitos cegos. 22E logo déulle-la resposta:

-Ide e contádelle a Xoán o que acabades de ver e oír: os

cegos ven, os coxos andan, os gafos fican limpos, e os

xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles

anunciando a Boa Nova. 23E ditoso quen non se escandalice

de min.

12.

Lc 10, 5-6. 8-9

Curade ós enfermos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Dilles Xesús ós seus discípulos:

5Cando entredes nunha casa, antes de máis

nada dicide: "Paz a esta casa". 6E se alí hai xente de paz,

sobre ela repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco.

8Cando entredes nunha vila e vos acollan, comede do que

vos poñan, 9curade os enfermos que haxa e dicídelles: "Xa chega

a vós o Reino de Deus".

13.

Lc 10, 25-37

¿Quen é o meu próximo?

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Ergueuse certo xurista

e preguntoulle a Xesús para o poñer á proba:

-Mestre, ¿que teño que facer para herda--la vida eterna?

26El respondeulle:

-¿Que pon a Lei? ¿Que les?

27Contestou:

-"Amara-lo Señor teu Deus con todo o teu corazón, con toda a

túa alma, toda a túa forza e con todo o teu entendemento, e ó

próximo como a ti mesmo".

28El díxolle:

-Contestaches perfectamente; cúmpreo e vivirás.

29Pero o xurista, querendo xustificarse, preguntoulle a

Xesús:

-¿E quen é o meu próximo?

30Xesús replicou:

-Dunha vez un home baixaba de Xerusalén a Iericó, e asaltárono

uns bandidos, que, despois de o roubaren e bouraren nel,

deixárono medio morto. 31Cadrou a baixar polo mesmo camiño un

sacerdote, que, ó velo, deu un rodeo e pasou de largo. Igual

fixo un clérigo, que pasaba por alí; ó chegar e ve-lo, deu un rodeo.

33Pero un samaritano, que ía de camiño polo mesmo lugar, ó velo, sentiu lástima; 34e

achegándose a el, curoulle as feridas con aceite e viño e

vendoullas. Logo, montouno na súa cabalgadura, levouno a unha

pousada e coidouno. 35O outro día colleu dous denarios, deullos

ó pousadeiro, e díxolle: "Coida del, e cando volva xa che

pagarei o que gastes de máis".

-36¿Quen dos tres che parece que foi próximo do que caeu

nas mans dos bandidos?

37El respondeu:

-O que practicou a misericordia con el.

Díxolle Xesús:

-Pois ti vai e fai outro tanto.

14.

Lc 11, 5-13

Pedide, e darásevos

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Dilles Xesús ós discípulos:

-Botade de conta que un de vós ten un amigo, que vos

presentades na casa del pola noite, fóra, e que lle dicides:

"Amigo, déixame tres bolos de pan, 6que me veu un amigo de

viaxe, e non teño nada que lle poñer diante". 7E que aquel,

desde dentro, responde: "Non me amoles, está a porta pechada,

eu e mailos nenos estamos na cama: non me podo erguer agora

para chos dar". 8Desde logo que, se non se levanta para llos

dar por se tratar dun amigo, alomenos por ser teimudo,

erguerase e hallos dar.

9Por iso dígovos: "Pedide e recibiredes, buscade e

atoparedes, petade a abrirásevos. 10Que todo o que pide,

recibe; o que busca, atopa; e a quen peta, abriráselle".

11Ou logo, ¿que pai hai entre vós que, se o seu fillo lle pide

un peixe, lle dá unha cobra? 12¿Ou se lle pide un ovo, dálle un

alacrán? 13Porque se vós, sendo ruíns, ben lles sabedes dar

cousa boas ós vosos fillos, ¡canto máis o Pai Celestial dará o

Espírito Santo ós que llo pidan!

15.

Lc 12, 35-44

Ditosos aqueles criados a quen o señor encontre vixiantes

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Dilles Xesús ós seus discípulos:

35Tede posta a roupa de traballo e as lámpadas acesas; 36sédeme

coma os que agardan que volva o seu amo da voda, para que,

cando chegue e chame, lle poidan abrir. 37Ditosos os criados a

quen o amo atope agardando cando chega. Tede por certo que

poñerá a roupa de traballo, sentaraos na mesa e serviraos un

por un. 38Sexa pola anoitecida ou sexa pola alborada, se os

atopa así, felices eles. 39Entendede ben: se o dono da casa

soubese a que hora vai chega-lo ladrón, non permitiría que lle

asaltasen a casa. 40Así tamén: estade vós preparados, porque á

hora menos pensada ha vi-lo Fillo do Home.

41Díxolle Pedro:

-Señor, ¿a parábola que acabas de contar vai por nós ou por

todos en xeral?

42Contestoulle o Señor:

-¿Quen é, logo, o administador fiel e prudente, a quen o seu

señor encargará o coidado de dar no seu tempo a ración de trigo

á servidume? 43¡Ditoso o criado aquel, a quen o seu amo, cando

chega, o atopa cumprindo coa súa tarefa! 44Tende por seguro que

lle encomendará toda a facenda.

16. (Para moribundos)

Lc 18, 9-14

Deus, ten piedade de min, que son un pecador

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Di Xesús, dirixíndose a uns que estaban moi

seguros de si mesmos, créndose perfectos e desprezando ós

demais:

-10Dous homes subiron ó templo a orar; un era fariseo e

outro recadador de impostos.

11O fariseo, de pé, oraba para os seus adentros deste xeito:

"Meu Deus, douche gracias porque non son coma os demais:

ladrón, inxusto e adúltero; nin coma ese recadador. 12Gardo o

xexún dúas veces por semana e pago o dezmo de todo canto gaño".

13O recadador, en troques, manténdose a distancia, non se

atrevía nin a levanta-los ollos ó ceo, senón que petando no

peito dicía: "Meu Deus, ten compaixón de min, que son un

pecador".

14Asegúrovos que este baixou reconciliado con Deus para a súa

casa e, en cambio, o outro non. Porque a todo o que se teña por

moito rebaixarano e a todo o que se rebaixe enaltecerano.

17. (Para moribundos)

Xn 6, 35-40

Esta é a vontade do meu Pai, que non perda a ningún dos que me deu

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Di Xesús:

-Eu son o pan da vida: quen vén onda min, non pasará fame e

quen cre en min, endexamais non terá sede. 36Pero xa vos dixen que,

aínda que vistes, non credes. 37Tódolos que o Pai me entregou,

virán onda min. E a quen vén onda min, non o botarei fóra.

38Pois eu baixei do ceo non para face-la miña vontade, senón a

vontade daquel que me mandou. 39Esta é a vontade daquel que me

mandou: que non perda a ningún dos que me entregou, senón que

os resucite no derradeiro día. 40Esta é, polo tanto, a vontade

do meu Pai: que todo aquel que ve ó Fillo e cre nel, teña vida

eterna e eu resucitareino no derradeiro día.

18.

Xn 6, 53-58

Quen coma deste pan, vivirá para sempre

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Di Xesús:

-Con toda verdade volo aseguro: se non coméde-la carne do Fillo

do Home e non bebéde-lo seu sangue, non teredes vida en vós.

54Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e

eu resucitareino no derradeiro día. 55Pois a miña carne é

verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. 56Quen

come a miña carne e bebe o meu sangue, permanece en min e eu

nel. 57Así como o Pai, que me mandou, vive e eu vivo polo Pai,

así tamén quen me coma vivirá por min. 58Este é o pan que

baixou do ceo; non coma o que comeron os Pais que mesmo así

morreron: quen come este pan, vivirá para sempre.

19.

Xn 9, 1-7

Non pecou, senón que é para que se mostren nel as obras de Deus

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Ó pasar, viu Xesús a un cego de nacemento. 2Entón

preguntáronlle os seus discípulos:

-Mestre, ¿quen pecou, para que nacese cego: el ou seus

pais?

3Xesús respondeu:

-Nin pecou el nin os seus pais, senón que está cego para que se

mostren nel as obras de Deus. 4Precisamos face-las obras do que

me mandou mentres é día; está a chega-la noite e daquela

ninguén pode traballar. 5Mentres eu estou no mundo, son a luz

do mundo.

6Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna

polos ollos do cego, 7dicíndolle:

-Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir ''enviado'').

El foi, lavouse e volveu con vista.

20.

Xn 10, 11-18

O Bo Pastor da a súa vida polas ovellas

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Di Xesús:

11Eu son o Bo Pastor. O Bo Pastor dá a súa vida polas ovellas.

12O criado, que non é pastor, de quen non son as ovellas, cando

ve vi-lo lobo, deixa as ovellas e foxe e o lobo rapínaas e

dispérsaas; 13porque el anda ó xornal e as ovellas non lle

importan. 14Eu son o Bo Pastor: coñezo as miñas e as miñas

coñécenme a min. 15Igual que o Pai me coñece a min e eu coñezo

ó Pai. E dou a miña vida polas ovellas. 16Teño ademáis outras

ovellas que non son deste curro: tamén a esas as teño que guiar

e escoitarán a miña voz e farase un único rabaño e un único

pastor.

17Por iso ámame o Pai: porque eu dou a miña vida, para

tomala de novo. 18Ninguén ma quita; non, eu douna

voluntariamente. Teño poder para dala e teño poder para

tomala de novo. Este mandato recibino do meu Pai.

2. NA ADMINISTRACION DO VIATICO

796 DO ANTIGO TESTAMENTO

1.

1 Re 19, 4-8

Coa forza daquel sustento, andou ata o monte de Deus

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS

REIS

Elías seguiu polo deserto, un día de camiño.

Alí foise sentar debaixo dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: "Xa chega, Señor.

Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós meus

pais".

5Deitouse á sombra da xesta e durmiuse. Un anxo tocouno e

díxolle: "Érguete e come". 6Mirou Elías e viu á súa cabeceira

unha bica cocida no rescaldo e un xerro de auga. Comeu e bebeu

daquilo e volveuse deitar.

7Tornou de segundas o anxo do Señor e tocouno, dicíndolle:

"Érguete e come, que che queda moito camiño". 8Ergueuse Elías,

comeu e bebeu e, coa forza daquel sustento, andou corenta días

coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.

2.

Xob 19, 23-27a

Sei que o meu redentor vive

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DE XOB

Por aqueles días, dixo Xob:

23¡Se algún día se escribisen as miñas palabras!

¡Oxalá fixesen delas unha inscrición!

24¡Que con cicel e chumbo

se labrasen para sempre nun penedo!

25Con todo, eu sei: O meu Liberador está vivo

e ó remate hase erguer sobre a terra;

26despois de ter esgazada a miña pel,

aínda sen carnes hei ver a Deus.

27Eu mesmo o hei ver

797 DO NOVO TESTAMENTO

1.

1 Cor 10, 16-17

Sendo un único pan, moitos formamos un único corpo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

16A copa da bendición que bendicimos, ¿non é unha comuñón

co sangue de Cristo? O pan que partimos, ¿non é unha comuñón co

corpo de Cristo? 17E como hai un único pan, tamén nós, sendo

moitos, formamos un único corpo, porque todos participamos dese

único pan.

2.

1 Cor 11, 23-26

Cantas veces comedes e bebedes, anunciáde-la morte do Señor

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE

SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

23Eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que

o Señor Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan e,

despois de dar gracias, partiuno e dixo: ''Isto é o meu corpo,

que se entrega por vós; facede isto en lembranza miña''. 25Do

mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo: ''Esta copa

é a Nova Alianza, no meu sangue; cada vez que bebades, facédeo

en lembranza miña''.

26Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta

copa, anunciáde-la morte do Señor, ata que El volte.

3.

Ap 3, 14b. 20-22

Cearei con el, e el comigo

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

Isto di o Amén, a testemuña fiel e lexítima, o comezo da

creación de Deus

20Mira que hai tempo

que estou a petar na túa porta. Se alguén escoita a miña voz e

abre a porta, eu entraría cabo del e cearía con el e el comigo.

21O vencedor outorgareille sentar onda min no meu trono, do

mesmo xeito que tamén eu vencín e sentei cabo do meu Pai no seu

trono.

22Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás

igrexas.

4.

Ap 22, 17. 20-21

¡Ven, Señor Xesús!

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE

17O Espírito e a esposa din: ''Ven''.

Quen escoita, que diga: ''Ven''.

Quen teña sede, que veña;

e o que queira, que colla de balde auga da vida.

20Quen testemuña estas cousas, di: ''Si, veña axiña''.

¡Amén! ¡Ven, Señor Xesús! 21¡A gracia do Señor Xesús vos

acompañe a todos!

798 SALMOS RESPONSORIAIS

1.

Sal 22, 1-3. 4. 5. 6

R/ (4ab): Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo

Ou: O Señor é o meu pastor: nada me falta

V/ 1O Señor é o meu pastor: nada me falta.

2Os pastos verdecentes lévame a repousar,

lévame a beber ás augas tranquilas:

3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,

por mor do seu nome.

4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,

ningún mal temería, pois ti vas comigo:

o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,

á cara dos meus inimigos;

únxesme con perfume a cabeza,

e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo

tódolos días da vida.

Eu habitarei na casa do Señor

ó longo dos meus días.

2.

Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 10-11

R/ (9a): Gustade e vede qué bo é o Señor

V/ 2Eu bendigo ó Señor en todo instante,

teño sempre na boca a súa louvanza;

3gloríome no Señor,

e os humildes alégranse, ó escoitalo.

4Exaltade comigo ó Señor,

louvemos xuntos o seu nome.

5Eu busco ó Señor, e El responde,

líbrame de tódolos temores.

6Ollade para El e refulxide,

non poñades caras murchas.

7O Señor escoita ó pobre que o chama

e líbrao de tódolos apretos.

10Temede ó Señor os seus devotos,

pois nada lles falta ós que o temen.

11Empobrecen os ricos, pasan fame,

pero ós que buscan ó Señor ningún ben lles faltará.

3.

Sal 41, 2. 3. 5bcd; Sal 42, 3. 4. 5

R/ (Sal 41, 3): A miña alma ten sede do Deus vivo:

¿cando verei o rostro de Deus?

V/ 2Como devece a cerva pola auga dos regatos,

así devece por ti, meu Deus, a miña alma.

3A miña alma ten sede do Deus vivo:

¿cando verei o rostro de Deus?

5"Eu marchaba á fronte do pobo

cara á casa de Deus,

entre voces de xúbilo e louvanza

de xentío en festa".

3Manda a túa luz e a túa verdade,

que elas me guiarán;

levaranme ó teu monte santo,

á túa mesma morada.

4Achegareime ó altar de Deus,

do Deus da miña alegría,

e louvareite ó son da citola,

Deus, meu Deus.

5¿Por que desacougas, miña alma,

e por que andas inqueda?

Espera en Deus.

Volverei aínda a louvalo:

miña salvación, meu Deus.

4.

Sal 115, 12-13. 15 e 16bc. 17-18

R/ (Sal 114, 9): Camiñarei á vista do señor na terra da vida

Ou (Sal 115, 13): Alzarei o caliz da salvación, invocando o nome do Señor

Ou: Aleluia

V/ 12¿Con que lle pagarei ó Señor

todo o ben que me fai?

13Alzarei a copa da salvación,

invocando o nome do Señor;

15Moi custosa é ós ollos do Señor

a morte dos seus amigos.

16¡Ai, Señor, que eu son o teu servo,

servo teu e fillo da túa serva,

a quen ti rompíche-las cadeas!

17Ofrézoche sacrificios de louvanza,

invocando o nome do Señor.

18Cumprirei os meus votos ó Señor,

á vista de todo o seu pobo,

5.

Sal 144, 10 e 14. 15-16. 17-18

R/ (18): O Señor está cerca dos que o invocan

V/ 10Lóuvente, Señor, as túas obras,

bendígante os teus amigos.

14O Señor sostén a tódolos que caen

e endereita ós que se dobran.

15Tódolos ollos cara a ti agardan

que ti lles déa-lo sustento ó seu tempo.

16Abres ti a túa man

e dáslle fartura a todo ser vivo.

17O Señor é xusto nos seus camiños todos,

bo en tódolos seus feitos.

18O Señor está cerca dos que o chaman,

dos que sinceramente o invocan.

799 ALELUIAS E VERSOS ANTES DO EVANXEO

1.

Xn 6, 51

Eu son o pan vivo que baixou do ceo, di o Señor;

se alguén come deste pan, vivirá para sempre

2.

Xn 6, 54

Quen come a miña carne e bebe o meu sangue,

ten vida eterna, di o Señor;

e eu resucitareino no derradeiro día

3.

Xn 10, 9

Eu son a porta, di o Señor;

se alguén entra por min, salvarase

e atopará pasto

4.

Xn 11, 25; 14, 6

Eu son a resurrección e a vida, di o Señor;

ninguén chega onda o Pai máis ca por min

800 EVANXEOS

1.

Xn 6, 41-51

Eu son o pan vivo que baixou do ceo

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Os xudeus comezaron a murmurar de Xesús,

porque dixera ''Eu son o pan que baixou do ceo'', 42e dicían:

-¿Non é este Xesús, o fillo de Xosé? ¿Non lle coñecémo-lo

pai e maila nai? ¿Como di, logo ''Eu baixei do ceo''?

43Xesús respondeulles:

-Non esteades aí a murmurar. 44Ninguén pode vir onda min, se

non o trae o Pai que me mandou e eu resucitareino no derradeiro

día. 45Está escrito nos profetas: ''todos serán ensinados por

Deus'': todo aquel que escoita ó Pai e aprende, vén onda min.

46Non porque alguén vise ó Pai; o único que viu ó Pai é o que

estaba onda Deus; 47Con toda verdade volo aseguro: quen cre,

ten vida eterna.

48Eu son o pan da vida. 49Os vosos pais comeron o maná no

deserto, pero morreron. 50Este é o pan que baixa do ceo,

para que quen coma del non morra. 51Eu son o pan vivo que

baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para

sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida

do mundo.

2.

Xn 6, 51-58

Quen come a miña carne, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Di Xesús:

51Eu son o pan vivo que

baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para

sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida

do mundo.

52Discutían entón entre eles os xudeus:

-¿Como pode este darnos a come-la súa carne?

53Díxolles entón Xesús:

-Con toda verdade volo aseguro: se non coméde-la carne do Fillo

do Home e non bebéde-lo seu sangue, non teredes vida en vós.

54Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e

eu resucitareino no derradeiro día. 55Pois a miña carne é

verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida. 56Quen

come a miña carne e bebe o meu sangue, permanece en min e eu

nel. 57Así como o Pai, que me mandou, vive e eu vivo polo Pai,

así tamén quen me coma vivirá por min. 58Este é o pan que

baixou do ceo; non coma o que comeron os Pais que mesmo así

morreron: quen come este pan, vivirá para sempre.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!